DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 23 de agosto de 2005 Páx. 14.602

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 390/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en interpretación da lingua de signos.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2060/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en interpretación da lingua de signos e as súas correspondentes ensinanzas mínimas e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que han rexer a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do títu

lo. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles han permitir realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en interpretación da lingua de signos, regulado polo Real decreto 2060/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacio

nadas no presente título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación: interpretación da lingua de signos.

Nivel: formación profesional de grao superior.

Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son: interpretar desde a lingua de signos española e desde o sistema de signos internacional ás linguas orais oficiais do Estado español, e viceversa, e realizar as actividades de guía e interpretación de persoas xordocegas, utilizando correctamente os sistemas lingüísticos que interveñen no proceso de comunicación e aplicando as técnicas adecuadas de interpretación segundo o modelo e o tipo de servizo.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar da lingua de signos española e/ou da lingua de signos da comunidade autónoma correspondente, cando exista, ao castelán oral e á lingua oral da comunidade autónoma correspondente, e viceversa.

* Interpretar, do sistema de signos internacional ao castelán oral e á lingua oral da comunidade autónoma correspondente, e viceversa, mensaxes referidas á temática das persoas xordas e xordocegas.

* Interpretar do castelán oral, da lingua de signos española, do SSI (sobre temas referidos ás comunidades xorda e xordocega) ou das linguas oral e/ou de signos da comunidade autónoma correspondente aos diferentes sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e viceversa, e de dous destes sistemas entre eles.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Aplicar técnicas de interpretación directa ou inversa en situacións nas que o proceso de interpretación se produza de xeito simultáneo ou consecutivo.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a dos outros, identificando os procedementos adecuados dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións afecten a outros ámbitos ou outras áreas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Realizar as actividades propias do labor de guía para persoas xordocegas.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, responsabilizándose dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, colaborando en tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Utilizar os recursos adecuados para obter a información necesaria para o desenvolvemento do servizo.

* Preparar os materiais e os elementos oportunos para o desenvolvemento do seu traballo comprobando a adecuación dos espazos e dos medios técnicos dispostos para a actividade.

* Posuír unha visión global dos ámbitos nos que se pode inserir a súa actividade profesional, que lle permita adaptarse a distintas situacións de traballo presentes ou futuras e aos cambios económicos ou organizativos que se produzan, implicándose na prestación dun servizo fiable e de calidade de cara aos usuarios e aplicando en todo momento o código deontolóxico profesional.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Interpretar desde a lingua de signos española ao galego e castelán orais, e viceversa.

* Interpretar desde o SSI ao galego e castelán orais, e viceversa, mensaxes referidas á temática das persoas xordas e xordocegas.

* Interpretar entre dous sistemas de comunicación empregados polas persoas xordocegas, así como desde eles ao galego e castelán orais, á lingua de signos española e ao SSI, e viceversa, realizando as actividades propias do labor de guía.

2.4. Unidades de competencia.

1. Interpretar desde a lingua de signos española e desde a lingua de signos da comunidade autónoma á lingua oral, e viceversa.

2. Realizar as actividades de guía-intérprete de persoas xordocegas.

3. Interpretar desde o sistema de signos internacional (SSI) á lingua oral, e viceversa.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: interpretar desde a lingua de signos española e desde a lingua de signos da comunidade autónoma á lingua oral, e viceversa.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Preparar as actividades de interpretación, co fin de mellorar o resultado da comunicación.* Obtense, polos procedementos adecuados, a información necesaria e suficiente para definir o servizo.

* A interpretación da información recibida permite identificar todos os aspectos necesarios para definir a actividade de interpretación, nomeadamente aqueles aspectos referidos a:-Tipo de servizo.

-Características e necesidades do usuario.
-Códigos lingüísticos para empregar.
-Técnicas de interpretación que se deben desenvolver.
-Medios de apoio e axudas técnicas posibles.
-Duración da sesión.
-Normas profesionais e laborais para aplicar.
* A interpretación da información do servizo requirido permite:-Establecer, de ser o caso, procedementos de colaboración con outros intérpretes.
-Establecer as quendas e as pausas necesarias para o desenvolvemento da actividade.
-Identificar as necesidades de vocabulario específico.
-Determinar os procedementos e medios de obtención de información adicional.
* Realízanse as adaptacións necesarias nos signos que se vaian utilizar no proceso de interpretación cos procedementos adecuados, e consúltase, de ser o caso, cos usuarios do servizo.
* Realízase a determinación de procedementos de uso de medios auxiliares sobre vocabulario, tendo en conta criterios de economía e claridade.
* A selección da técnica de toma de notas e do sistema de transcrición de signos, para a recollida de información en sesións de interpretación consecutiva, permite dispor e elaborar os materiais adecuados ao código lingüístico que se vaia empregar.
* A ordenación espacial e a posta a punto dos materiais necesarios no lugar de traballo asegura o desenvolvemento previsto para a sesión.
* Determínase a indumentaria a partir das normas establecidas, co fin de favorecer a recepción e a transmisión de mensaxes na comunicación con persoas xordas.
* A verificación dos medios de emisión e recepción e, de ser o caso, audiovisuais, necesarios para o desenvolvemento da sesión de interpretación simultánea asegura as condicións de ton e volume adecuadas, así como a correcta dispoñibilidade e o perfecto estado dos instrumentos específicos.
* A comprobación das condicións de iluminación e da distribución espacial das persoas e dos obxectos integrantes da sesión permítelle ao intérprete asegurar a correcta visibilidade das persoas xordas que van emitir mensaxes en linguaxe de signos.
* A supervisión da posta a punto dos medios audiovisuais asegura o desenvolvemento da sesión.
* A achega de solucións ás continxencias detectadas permítelles aos responsables dos medios a súa resolución, co fin de mellorar o proceso de interpretación.

1.2.Interpretar desde a lingua de signos española ao galego e castelán orais, utilizando técnicas e recursos adecuados, co fin de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para a lingua ou as linguas de signos, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

RealizaciónsCriterios de realización

* A translación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias da lingua oral de destino, e asegúralle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, con aplicación, de ser o caso, dos acordos establecidos co usuario.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos (entoación, ritmo e vocalización) propios da lingua oral de destino, o que asegura a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal por parte do receptor.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

1.3.Interpretar desde o galego e o castelán orais á lingua de signos española.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para linguas orais, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.
* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.
* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias da lingua de signos de destino, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, con aplicación, de ser o caso, dos acordos establecidos co usuario.
* Utilízase correctamente o sistema dactilolóxico, con adecuación ás necesidades comunicativas.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos propios da lingua de signos de destino (expresividade, corrección cinética e ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con discreción e corrección as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

Dominio profesional

* Información utilizada.

Información sobre o servizo que se vaia realizar. Información técnica ou científica sobre o tema ou o contexto en que se desenvolva o servizo.

* Materiais e produtos intermedios.

Materiais para a toma de notas ou transcrición de signos. Glosarios ou medios de recollida de vocabulario específico. Medios audiovisuais para a interpretación. Procedementos de colaboración con outros intérpretes. Determinación de procedementos de procura de información adicional. Determinación de condicións para a disposición e o funcionamento dos medios técnicos.

* Principais resultados do traballo.

Emisión de mensaxes en lingua de signos española, e en galego e castelán orais. Emisión de mensaxes de xeito simultáneo ou consecutivo en calquera contexto de interpretación.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de percepción, análise e reprodución de mensaxes emitidas en lingua de signos (tradución directa). Técnicas de percepción, análise e reprodución de mensaxes emitidas en lingua oral (tradución inversa). Técnicas de interpretación simultánea. Técnicas de interpretación consecutiva. Procedementos para a supervisión de medios e espazos de actividades de interpretación. Código deontolóxico.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Usuarios (individuais ou colectivos) de servizos de interpretación en linguaxe de signos, sexan oíntes, xordos ou xordocegos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realizar as actividades de guía-intérprete de persoas xordocegas.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Preparar as actividades de interpretación, coa finalidade de mellorar o resultado da comunicación.* Obtense polos procedementos adecuados a información necesaria e suficiente para definir o servizo.

* A interpretación da información recibida permite identificar todos os aspectos necesarios para definir a actividade de interpretación, nomeadamente aqueles aspectos referidos a:-Tipo de servizo.

-Características e necesidades do usuario.
-Códigos lingüísticos para empregar.
-Técnicas de interpretación que se deban desenvolver.
-Medios de apoio e axudas técnicas posibles.
-Duración da sesión.
-Normas profesionais e laborais para aplicar.
* A interpretación da información do servizo requirido permite:-Establecer, de ser o caso, procedementos de colaboración con outros intérpretes.
-Establecer as quendas e as pausas necesarias para o desenvolvemento da actividade.
-Identificar as necesidades de vocabulario específico.
-Determinar os procedementos e os medios de obtención de información adicional.
* Realízanse cos procedementos adecuados as adaptacións necesarias nos signos que se van utilizar no proceso de interpretación, e consúltase, de ser o caso, cos usuarios do servizo.
* Determínanse os procedementos de uso de medios auxiliares sobre vocabulario, tendo en conta criterios de economía e claridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* A selección da técnica de toma de notas e do sistema de transcrición de signos, para a recollida de información en sesións de interpretación consecutiva, permite dispor e elaborar os materiais adecuados ao código lingüístico que se vaia empregar.
* A ordenación espacial e a posta a punto dos materiais necesarios no lugar de traballo asegura o desenvolvemento previsto para a sesión.
* Determínase a indumentaria a partir das normas establecidas, co fin de favorecer a recepción e a transmisión de mensaxes na comunicación con persoas xordas e xordocegas.
* A verificación dos medios de emisión e recepción e, de ser o caso, audiovisuais necesarios para o desenvolvemento da sesión de interpretación simultánea asegura as condicións de ton e volume adecuadas, así como a correcta dispoñibilidade e o perfecto estado dos instrumentos específicos.
* A comprobación das condicións de iluminación e da distribución espacial das persoas e dos obxectivos integrantes da sesión permítelle ao intérprete asegurar a correcta visibilidade das persoas xordocegas que van emitir mensaxes nos distintos sistemas de comunicación utilizados por este colectivo.
* A supervisión da posta a punto dos medios audiovisuais asegura o desenvolvemento da sesión.
* A achega de solucións ás continxencias detectadas permítelles aos responsables dos medios a súa resolución, co fin de mellorar o proceso de interpretación.

2.2.Interpretar desde o galego e o castelán orais aos distintos sistemas de comunicación de persoas xordocegas, utilizando técnicas e recursos adecuados, para mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para linguas orais, e permite o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, con aplicación, de ser o caso, dos acordos establecidos co usuario ou outros recursos de comunicación adecuados.
* En situacións de interpretación onde se utilice o braille ou outros códigos similares, o uso respecta as regras establecidas.
* En situacións de interpretación onde se utilicen sistemas de comunicación táctiles, utilízanse correctamente os recursos expresivos propios deses sistemas (expresividade, corrección cinética, presión táctil e ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse os medios técnicos e tecnolóxicos segundo procedementos establecidos.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.

RealizaciónsCriterios de realización

* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.3.Interpretar desde os distintos sistemas de comunicación das persoas xordocegas ao galego e castelán oral, utilizando técnicas e recursos adecuados, co fin de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para os sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias da lingua oral de destino, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos propios da lingua oral de destino (entoación, ritmo e vocalización), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.4.Interpretar desde a lingua de signos española aos distintos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, utilizando as técnicas e os recursos adecuados, para mellorar o proceso de comunicación.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para a lingua de signos correspondente e permite o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou outros recursos de comunicación adecuados.
* En situacións de interpretación onde se utilice o sistema braille ou outros códigos similares, o uso respecta as regras establecidas.
* En situacións de interpretación onde se utilicen sistemas de comunicación táctiles, utilízanse correctamente os recursos expresivos propios deses sistemas (expresividade, corrección cinética, presión táctil e ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse os medios técnicos e tecnolóxicos segundo procedementos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.5.Interpretar desde os distintos sistemas de comunicación das persoas xordocegas á lingua de signos española, utilizando técnicas e recursos adecuados, coa finalidade de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución son as apropiadas para os sistemas de comunicación das persoas xordocegas, co fin de permitir o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias da lingua de signos de destino, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal están adecuadas ao contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos propios da lingua de signos de destino (expresividade, corrección e ritmo), co fin de lle permitir ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.6.Interpretar entre dous sistemas de comunicación propios das persoas xordocegas, utilizando técnicas e recursos adecuados, co fin de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para os sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas de comunicación de persoas xordocegas, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal están adecuadas ao contexto, aplicando, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou outros recursos de comunicación adecuados.
* En situacións de interpretación onde se utilice o sistema braille ou outros códigos similares, o uso respecta as regras establecidas.

RealizaciónsCriterios de realización

* En situacións de interpretación onde se utilizan sistemas de comunicación táctiles, utilízanse correctamente os recursos expresivos propios deses sistemas (expresividade, corrección cinética, presión táctil e ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse os medios técnicos e tecnolóxicos segundo procedementos establecidos.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.7.Interpretar mensaxes relacionadas coa temática das persoas xordas e xordocegas do SSI a algúns dos sistemas de comunicación usados polas persoas xordocegas, utilizando as técnicas e os recursos adecuados, co fin de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización da técnica de concentración necesaria para o desenvolvemento da actividade permite o correcto desempeño profesional do traballo encomendado.

* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para os sistemas de comunicación de persoas xordocegas, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.
* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son adecuadas ao contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou outros recursos de comunicación adecuados.
* En situacións de interpretación onde se utiliza o sistema braille ou outros códigos similares, o uso é o adecuado para as regras establecidas.
* En situacións de interpretación onde se utilizan sistemas de comunicación táctiles, utilízanse correctamente os recursos expresivos propios de deses sistemas (expresividade, corrección cinética, presión táctil e ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse os medios técnicos e tecnolóxicos segundo procedementos establecidos.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

RealizaciónsCriterios de realización

2.8.Interpretar desde algúns sistemas de comunicación usados polas persoas xordocegas ao SSI mensaxes relacionadas coa temática das persoas xordas ou xordocegas, utilizando as técnicas e os recursos adecuados, para mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para os sistemas de comunicación de persoas xordocegas, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse con corrección as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas de comunicación de persoas xordocegas, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son adecuadas ao contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou outros recursos de comunicación adecuados.
* En situacións de interpretación onde se use o sistema braille ou outros códigos similares, o uso respecta as regras establecidas.
* En situacións de interpretación onde se utilicen sistemas de comunicación táctiles, utilízanse correctamente os recursos expresivos propios deses sistemas (expresividade, corrección cinética, presión táctil, ritmo), co que se lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse os medios técnicos e tecnolóxicos segundo procedementos establecidos.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

2.9.Transmitir a información do contorno necesaria para lle permitir á persoa xordocega comprender a situación e a mensaxe comunicativa, e para poder desenvolverse por si mesma.* Selecciónase o sistema de comunicación, de acordo co usuario e a situación de comunicación.

* Selecciónase a información percibida polo intérprete pola canle visual ou auditiva, segundo a relevancia para o usuario, en función da situación de comunicación.

* Utilízase o sistema de comunicación seleccionado mediante o uso correcto dos códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias dos sistemas, e utilízanse os recursos expresivos adecuados.
* Utilízanse elementos e recursos táctiles ou outros recursos comunicativos (espaciais, gráficos, etc.), segundo as necesidades do usuario e a situación da comunicación.
* A información transmitida permítelle á persoa xordocega comprender con exactitude o contexto e a situación de comunicación, así como adecuar a súa actuación, en calquera momento, ás exixencias do proceso comunicativo.
* A aplicación das normas deontolóxicas e profesionais establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades do usuario durante a actividade.

2.10.Realizar as actividades de guía, segundo as características do usuario.* As actividades de acompañamento permiten realizar os desprazamentos do usuario de xeito seguro e fiable.

* As actividades de acompañamento permítenlle ao usuario a atención das necesidades que manifeste durante o desenvolvemento do servizo.

RealizaciónsCriterios de realización

* As actividades de acompañamento permítenlle ao usuario o acceso aos obxectos, aos elementos ou aos servizos que permiten cubrir as súas necesidades básicas.
* Realízanse as comunicacións durante o desprazamento co sistema de comunicación adecuado, respectando as súas regras lingüísticas, utilizando adecuadamente os recursos expresivos e dándolle prioridade á seguridade do usuario.
* As comunicacións co usuario permítenlle a comprensión dos elementos e das características dos contextos ou as situacións en que se desenvolve o servizo.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades do usuario durante a actividade.

Dominio profesional

* Información utilizada.

Información sobre o servizo que se vai realizar. Información técnica ou científica sobre o tema ou contexto no que se desenvolve o servizo.

* Materiais e produtos intermedios.

Materiais para a toma de notas ou transcrición de signos. Glosarios ou medios de recollida de vocabulario específico. Procedementos de colaboración con outros intérpretes. Determinación de procedementos de procura de información. Determinación de condicións para a disposición e o funcionamento dos medios técnicos. Axudas técnicas e tecnolóxicas.

* Principais resultados do traballo.

Emisión de mensaxes en lingua de signos española, en galego e castelán orais, no SSI e nos sistemas específicos utilizados polas persoas xordocegas. Emisión de mensaxes de xeito simultáneo ou consecutivo en calquera contexto de comunicación. Atención das necesidades persoais de desprazamento e de comunicación á persoa xordocega.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de percepción, análise e reprodución dos sistemas de comunicación específicos utilizados con persoas xordocegas (tradución directa). Técnicas de percepción, análise e reprodución de mensaxes emitidas en lingua oral, lingua de signos española e SSI (tradución inversa). Procedementos para supervisión de medios e espazos de actividades de interpretación. Código deontolóxico e normas profesionais. Técnicas de contextualización. Técnicas de guía. Normas de uso das axudas técnicas e tecnolóxicas.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Usuarios (individuais ou colectivos) de servizos de guía e interpretación, sexan estes xordocegos, oíntes ou xordos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: interpretar desde o sistema de signos internacional (SSI) á lingua oral, e viceversa.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar as actividades de interpretación, co fin de mellorar o resultado da comunicación que se pretende realizar.* Obtense, polos procedementos adecuados, a información necesaria e suficiente para definir o servizo.

* A interpretación da información recibida permite identificar todos os aspectos necesarios para definir a actividade de interpretación, especialmente aqueles aspectos referidos a:-Tipo de servizo.

-Características e necesidades do usuario.
-Códigos lingüísticos para empregar.
-Técnicas de interpretación para desenvolver.
-Medios de apoio e axudas técnicas posibles.
-Duración da sesión.
-Normas profesionais e laborais para aplicar.
* A interpretación da información do servizo requirido permite:-Establecer, de ser o caso, procedementos de colaboración con outros intérpretes.
-Establecer as quendas e as pausas necesarias para o desenvolvemento da actividade.
-Identificar as necesidades de vocabulario específico.
-Determinar os procedementos e os medios de obtención de información adicional.
* Realízanse as adaptacións necesarias nos signos que se van utilizar no proceso de interpretación cos procedementos adecuados, e consúltase, de ser o caso, cos usuarios do servizo.
* Determínanse os procedementos de uso de medios auxiliares sobre vocabulario, tendo en conta criterios de economía e claridade.
* A selección da técnica de toma de notas e do sistema de transcrición de signos para a recollida de información en sesións de interpretación consecutiva permite dispor e elaborar os materiais adecuados ao código lingüístico que se vaia empregar.
* A ordenación espacial e a posta a punto dos materiais necesarios no lugar de traballo asegura o desenvolvemento previsto para a sesión.
* Determínase a indumentaria a partir das normas establecidas, co fin de favorecer a recepción e a transmisión de mensaxes na comunicación con persoas xordas.
* A verificación dos medios de emisión e recepción e, de ser o caso, audiovisuais necesarios para o desenvolvemento da sesión de interpretación simultánea asegura as condicións de ton e volume adecuadas, así como a correcta dispoñibilidade e o perfecto estado dos instrumentos específicos.
* A comprobación das condicións de iluminación e da distribución espacial das persoas e dos obxectos integrantes da sesión permítelle ao intérprete asegurar a correcta visibilidade das persoas xordas que van emitir mensaxes en linguaxe de signos.
* A supervisión da posta a punto dos medios audiovisuais asegura o desenvolvemento da sesión.
* A achega de solucións ás continxencias detectadas permítelles aos responsables dos medios a súa resolución, co fin de mellorar o proceso de interpretación.

3.2.Interpretar desde o SSI ao galego, castelán e inglés orais mensaxes referidas á temática das persoas xordas e xordocegas, utilizando técnicas e recursos axeitados, co fin de mellorar a fiabilidade e a exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para o SSI, e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse correctamente as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

RealizaciónsCriterios de realización

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias da lingua oral de destino, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou con outros intérpretes.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos propios da lingua oral de destino (entoación, ritmo e vocalización), o que lle asegura ao receptor a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal.
* Utilízanse correctamente e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

3.3.Interpretar desde o galego, castelán e inglés orais ao SSI mensaxes relacionadas coa temática das persoas xordas e xordocegas, utilizando técnicas e recursos axeitados, co fin de mellorar a fiabilidade e exactitude da interpretación realizada.* A utilización das técnicas de percepción, análise e reprodución é a apropiada para linguas orais e asegura o desenvolvemento correcto do proceso de interpretación.

* Utilízanse con corrección as técnicas de interpretación consecutiva ou simultánea, e axústanse ao tipo de servizo de que se trate.

* A interpretación da mensaxe asegura a correspondencia entre o percibido e o transmitido, utilizando correctamente os códigos, as estruturas e as regras gramaticais propias do SSI, e garántelle ao receptor a comprensión fidedigna e ordenada da mensaxe orixinal.
* As adaptacións ou as correccións realizadas sobre a mensaxe orixinal son as adecuadas para o contexto, e aplícanse, de ser o caso, os acordos establecidos co usuario ou con outros intérpretes.
* De ser o caso, utilízanse correctamente os signos dactilolóxicos, consonte as necesidades comunicativas.
* Utilízanse correctamente os recursos expresivos propios da lingua de signos de destino (expresividade, corrección cinética e ritmo), co que se asegura a comprensión clara e contextualizada da mensaxe orixinal por parte do receptor.
* Utilízanse con corrección e no momento adecuado os recursos de apoio definidos, co fin de evitar interferencias na comunicación.
* Comunícanse con prontitude e discreción as deficiencias detectadas nos medios técnicos e nos recursos ambientais, co fin de lles permitir aos seus responsables a súa resolución, sen interromper o proceso de comunicación.
* A aplicación das normas deontolóxicas establecidas permite atender con profesionalidade as indicacións e as necesidades dos usuarios durante a actividade.

Dominio profesional

* Información.

Información sobre o servizo que se vaia realizar. Información técnica ou científica sobre o tema ou contexto en que se desenvolve o servizo.

* Materiais e produtos intermedios.

Materiais para a toma de notas ou transcrición de signos. Glosarios ou medios de recollida de vocabulario específico. Medios audiovisuais para a interpretación. Procedementos de colaboración con outros intérpretes. Determinación de procedementos de procura de información. Determinación de condicións para a disposición e o funcionamento dos medios técnicos.

* Principais resultados do traballo.

Emisión de mensaxes en galego, castelán e inglés orais e no SSI. Emisión de mensaxes de xeito simultáneo ou consecutivo en calquera contexto de comunicación, relacionadas coa temática das persoas xordas e xordocegas.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de percepción, análise e reprodución de mensaxes emitidas en SSI (tradución directa). Técnicas de percepción, análise e reprodución de mensaxes emitidas en lingua oral (tradución inversa). Técnicas de interpretación simultánea. Técnicas de interpretación consecutiva. Procedementos para a supervisión de medios e espazos de actividades de interpretación. Código deontolóxico e normas profesionais.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Usuarios (individuais ou colectivos) de servizos de interpretación en linguaxe de signos, sexan xordocegos, oíntes ou xordos.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A evolución dos medios audiovisuais aplicados á interpretación vaille exixir ao profesional un maior coñecemento deles e unha maior precisión na definición de criterios e procedementos de selección, verificación e posta a punto dos equipamentos.

O acceso e a utilización de redes informáticas e autoestradas da información virán determinados polo incremento e a diversificación dos ámbitos e dos contextos de interpretación, que levan aparellada unha maior necesidade de información para a preparación das actividades e o uso de vocabulario específico.

O recoñecemento académico desta profesión leva consigo unha mellora dos servizos que se prestan, e o intérprete sitúase en estruturas organizativas máis definidas nas institucións que neste momento facilitan os seus servizos (Confederación Nacional de Xordos de España -CNSE- e Organización Nacional de Cegos de España -ONCE-). Dáse tamén un interese crecente do sector privado en crear servizos de interpretación para persoas xordas e xordocegas, polo que o profesional debe estar preparado para o seu encadramento nos sistemas organizativos en que desenvolva a súa actividade profesional.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A comunidade xorda foi unha das primeiras en tomar conciencia das súas peculiaridades como tal e en recorrer á constitución de organizacións que a repre

galega. Isto incluíu a necesidade de formar intérpretes que fixesen posible o intercambio comunicativo, no marco das actividades persoais e profesionais desa comunidade. Neste momento, a CNSE, desde as súas distintas asociacións e federacións, é a única entidade que forma os intérpretes e os capacita profesionalmente. Así mesmo, unha vez que a comunidade xordocega tomou conciencia como colectivo das súas necesidades neste sentido, empezou, a través da ONCE e en colaboración coa CNSE, a lles impartir formación aos guías-intérpretes de persoas xordocegas.

A necesidade de recoñecer as súas actividades profesionais, dado o progreso na investigación da lingua de signos nos países máis avanzados e o constante incremento do número de profesionais da interpretación nas distintas linguas de signos, levou á sinatura dun convenio entre o Ministerio de Educación e Ciencia e a CNSE para a creación, entre outros acordos, dun título de formación profesional de grao superior que recollese as ensinanzas necesarias para a realización desta actividade profesional.

Os profesionais serán requiridos para interpretar unha maior diversidade de temas e nun número maior de situacións, tanto a título individual como integrados en ámbitos institucionais ou empresariais. Xa que logo, ha aumentar o número de profesionais contratados por institucións específicas que necesiten cubrir as necesidades de comunicación das persoas xordas e xordocegas (xulgados, centros educativos, comisarías, medios de comunicación, etc.) para que estas poidan acceder aos seus servizos, co que ha variar a súa situación profesional.

A comunicación crecente entre persoas xordas e xordocegas de distintos países pode derivar nun maior dominio do SSI para os servizos de interpretación, e dalgunha lingua estranxeira para a obtención ou o intercambio de información para a prestación dos servizos.

No caso concreto de Galicia, a existencia dunha lingua e cultura propias fai necesario por parte do intérprete o seu dominio para un posterior desenvolvemento en todos os ámbitos da sociedade galega.

2.6.3. Cambios na formación.

A linguaxe de signos e outros sistemas de comunicación para persoas xordocegas son ámbitos do coñecemento que están a tomar cada vez maior relevancia no ámbito lingüístico, polo que se deberían incorporar á súa formación os coñecementos necesarios de lingüística.

O intérprete deberá dominar o SSI a un nivel suficiente para poder intervir en servizos de carácter internacional, cunha temática que estea relacionada coas persoas xordas e xordocegas.

O coñecemento dunha lingua estranxeira (inglés) será obrigatorio, debido ao aumento das necesidades de información e das relacións con profesionais e usuarios doutros países.

A posible aparición de contratantes distintos aos constituídos polas institucións que ata o de agora canalizan os seus servizos exixe unha formación nos aspectos de estrutura económica, organización empresarial e relacións laborais.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico ha exercer a súa actividade en empresas privadas de oferta de servizos de interpretación, organismos públicos que requiran os seus servizos de forma permanente e, fundamentalmente (polo menos na actualidade), en organizacións non gobernamentais que traballen con persoas desfavorecidas do ámbito da xordeira e a xordocegueira, especialmente aquelas específicas deste colectivo no ámbito do Estado (CNSE e ONCE) e territoriais, dentro do sector de servizos á comunidade ou de servizos persoais.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Este técnico desenvolve a función de interpretar mensaxes emitidas por persoas xordas, xordocegas ou oíntes, nos distintos códigos lingüísticos que se utilicen neses procesos de comunicación, de xeito tanto directo como inverso.

Estas funcións pódense desenvolver en calquera organismo público, privado ou non gobernamental que ofreza servizos para as persoas xordas ou xordocegas, especialmente naqueles de interese xeral (sistema educativo, servizos de asistencia social, servizos sanitarios, sistema xudicial, etc.) que requiran un profesional para favorecer a comunicación coas ditas persoas.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos que están ligados ás funcións e subfuncións anteriores de carácter común son:

* Interpretación de calquera mensaxe desde a lingua de signos española á lingua oral, e viceversa, co coñecemento profundo das linguas implicadas.

* Interpretación desde SSI á lingua oral e á lingua de signos española, e viceversa, de calquera mensaxe, aplicando as técnicas de interpretación adecuadas e coñecendo o SSI.

* Interpretación desde os distintos sistemas de comunicación empregados por persoas xordocegas (lingua de signos adaptada, dactiloloxía adaptada, braille, etc.) á lingua oral ou lingua de signos española e viceversa.

* Interpretación desde os distintos sistemas entre si e desde algúns deses sistemas ao SSI, e viceversa, de mensaxes relacionadas coa temática das persoas xordas e xordocegas, coñecendo os mencionados sistemas de comunicación.

* Procesos e técnicas de interpretación (directa, inversa, consecutiva e simultánea), e dos medios técnicos necesarios para o seu desenvolvemento.

* Capacidades para a adaptación e, de ser o caso, xeración de vocabulario especializado (xurídico, científico nos seus distintos ámbitos, etc.).

* Técnicas e procedementos para a guía de persoas xordocegas.

* Aplicación do código deontolóxico e das normas profesionais, que aseguran un trato adecuado e un servizo fiable para o cliente ou usuario.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional, enuméranse a seguir ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados cando se adquira a competencia profesional que expresa o perfil do título.

* Intérprete das linguas de signos española (LSE).

* Intérprete do SSI.

* Guía-intérprete de persoas xordocegas.

Posibles especializacións:

A especialización virá determinada polo ámbito de intervención (xurídico, económico, científico, etc.), para o que se requiriría unha actualización permanente no vocabulario específico, ou pola técnica de interpretación (directa ou inversa) máis necesaria nas situacións de interpretación.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Comprender as características psicosociolóxicas das persoas xordas e xordocegas.

* Comprender as características e os ámbitos da comunicación entre as persoas xordas e xordocegas, e as persoas oíntes.

* Coñecer e utilizar a lingua de signos española (LSE) en todas as súas funcións e todos os seus usos.

* Coñecer e utilizar, en todas as súas funcións e todos os seus usos, os distintos sistemas de comunicación que empregan as persoas xordocegas.

* Coñecer e utilizar o SSI en todas as súas funcións e nos usos relacionados coa temática das persoas xordas e xordocegas (educación, psicosocioloxía, linguaxe de signos, etc.).

* Coñecer e aplicar as técnicas de interpretación que se empregan para facilitar a comunicación entre persoas xordas, xordocegas e oíntes.

* Aplicar as pautas de actuación que lle permitan transmitir á persoa xordocega toda a información do contorno que necesite para se pór en situación e se desenvolver nela.

* Adaptar as pautas de actuación na comunicación con persoas xordocegas para asumir funcións de guía.

* Interpretar desde o galego e desde o castelán orais á LSE calquera mensaxe, e viceversa.

* Interpretar desde o galego e desde o castelán orais a algún dos sistemas de comunicación empregados polas persoas xordocegas calquera mensaxe, e viceversa.

* Interpretar calquera mensaxe desde a LSE a calquera dos sistemas empregados polas persoas xordocegas, e viceversa.

* Interpretar calquera mensaxe entre distintos sistemas de comunicación empregados polas persoas xordocegas e desde estes á lingua oral e/ou á lingua de signos.

* Interpretar desde o SSI á lingua oral calquera mensaxe, e viceversa.

* Interpretar calquera mensaxe desde o SSI aos sistemas de comunicación de persoas xordocegas, e viceversa.

* Propiciar as condicións necesarias para o desenvolvemento dos procesos de interpretación entre persoas xordas, xordocegas e oíntes.

* Seleccionar e aplicar as técnicas de recollida de información (fichas documentais, lectura de información, anotacións, resumos, entrevistas ou tomas de contacto previas, medios informáticos, etc.) que un intérprete necesita para a preparación das súas actividades de interpretación.

* Interpretar e aplicar o código deontolóxico que regula os procesos de interpretación.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión.

* Desenvolver a capacidade de autoaprendizaxe a partir de fontes de información relacionadas coa súa profesión.

* Adaptar as capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (LSE).

Asociado á unidade de competencia 1: interpretar desde a lingua de signos española e desde a lingua de signos da comunidade autónoma á lingua oral, e viceversa.

Capacidades terminais elementais

* Seleccionar os procedementos e os instrumentos máis axeitados para unha correcta interpretación, dependendo do contexto.

* Describir as diferentes modalidades da interpretación: directa, inversa, consecutiva e simultánea.

* Recoñecer os conceptos básicos do proceso de interpretación para saber aplicar os principios teóricos no desenvolvemento da súa función.

* Distinguir dentro do proceso xeral da comunicación os mecanismos que interveñen nos diferentes sistemas lingüísticos relacionados coa interpretación.

* Coñecer e aplicar as normas do código deontolóxico referidas ao proceso de interpretación.

* Identificar e describir as normas propias do sector, tendo presentes os dereitos do usuario.

* Diferenciar comportamentos correctos e incorrectos no exercicio da interpretación.

* Describir as normas profesionais referidas á presentación do intérprete e ao seu trato co usuario.

* Elaborar a información sobre o tema do servizo documentándose canto ao contido e ao vocabulario específico.

* Adaptar a información ás necesidades e ao contorno do usuario.

* Seleccionar os medios técnicos adecuados para levar a cabo o servizo de interpretación.

* Escoller os aspectos idóneos para unha correcta posta en escena, de acordo coas características do lugar e do servizo.

* Organizar e coordinar, de ser o caso, o traballo determinando descansos, funcións e quendas.

* Transmitir con corrección e fidelidade en LSE calquera mensaxe emitida en galego e en castelán orais.

* Transmitir con corrección e fidelidade en galego e en castelán orais calquera mensaxe emitida en LSE.

* Utilizar correctamente os recursos expresivos da LSE e das linguas orais para mellorar o proceso de comunicación.

* Aplicarlle ao proceso de interpretación as diversas técnicas de percepción, retención e memoria máis axeitadas.

* Diferenciar e executar fielmente os procesos de interpretación simultánea e consecutiva, directa e inversa.

* Avaliar o traballo desenvolvido desde a planificación ata a súa conclusión para mellorar a calidade do servizo.

* Detectar os posibles erros no proceso de interpretación para os corrixir.

* Contribuír ao desenvolvemento da profesión de intérprete, a nivel tanto individual como colectivo.

* Participar, dentro da súa asociación profesional, nas actividades orientadas á formación continua do intérprete.

* Seleccionar posibles vías de especialización, tendo en conta as necesidades do usuario para posibilitar unha mellor integración social.

* Identificar os principais factores de risco dentro do exercicio profesional para previr as posibles doenzas.

Contidos (duración: 270 horas)

Contidos procedementais

Teoría e metodoloxía da interpretación.

* Definición dos conceptos básicos da interpretación e enumeración das súas características.

* Escenificación de diferentes procesos interpretativos.

* Estudo e análise das etapas históricas da interpretación.

* Análise dos mecanismos lingüísticos do proceso comunicativo relacionados coa interpretación.

Técnicas de interpretación.

* Selección de técnicas para a percepción, a retención, a memoria e os recursos expresivos.

* Prácticas de control do contorno físico para acadar a mellora da posición e do rendemento da interpretación.

* Prácticas das diferentes modalidades de interpretación: directa, inversa, simultánea e consecutiva.

* Utilización dos recursos e dos medios técnicos de apoio.

Documentación aplicada á interpretación.

* Exercicios de obtención da información necesaria sobre o servizo de interpretación que se vaia realizar.

* Realización de adaptacións tendo en conta o contexto persoal e da situación.

Avaliación.

* Análise e crítica de situacións interpretativas gravadas previamente, co fin de corrixir os erros cometidos.

Recursos profesionais.

* Estudo e análise do código deontolóxico e das normas que rexen a profesión de intérprete.

* Prácticas de organización de servizos de interpretación tendo en conta o contexto xeopolítico europeo.

* Participación en actividades organizadas pola asociación de intérpretes da localidade.

* Elección das vías de formación máis axeitadas para mellorar o servizo de intérpretes.

Contidos conceptuais

Teoría e metodoloxía da interpretación.

* Conceptos básicos: definición e características. Modalidades, tipos, clases e métodos.

* Proceso interpretativo.

* Nocións de historia da interpretación.

* Mecanismos lingüísticos do proceso comunicativo relacionados coa interpretación.

Técnicas de interpretación.

* Técnicas de percepción, retención e memoria.

* Recursos expresivos.

* Instrumentos.

* Control do contorno físico: posición, vestimenta, localización e iluminación.

* Interpretación inversa, directa, consecutiva e simultánea.

Documentación aplicada á interpretación.

* Fontes de información e de formación previa. Funcionamento e uso.

* Transmisión e análise da información: textos orais e escritos.

* Situacións e contextos; a súa relación coa interpretación.

* Medios técnicos adecuados ao servizo de interpretación.

Avaliación.

* Técnicas de avaliación e autoavaliación aplicadas á interpretación.

Recursos profesionais.

* Código deontolóxico e normas profesionais.

* Organización dos servizos de interpretación en España e noutros países.

* Asociacións de intérpretes.

* Vías de formación e actualización.

Contidos actitudinais

* Reacción crítica ante os problemas detectados, co fin de mellorar o proceso de interpretación.

* Aceptación do código ético e das normas profesionais establecidas para atender con profesionalidade os usuarios.

* Fomentar a colaboración con outros intérpretes.

* Capacidade crítica e autocrítica do traballo desenvolvido.

* Valoración da importancia do labor do intérprete como elo entre as persoas xordas e a sociedade.

* Desinhibición no desenvolvemento do proceso interpretativo, co fin de o mellorar.

3.2.2. Módulo profesional 2: guía e interpretación de persoas xordocegas.

Asociado á unidade de competencia 2: realizar as actividades de guía-interprete de persoas xordocegas.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar calquera das mensaxes emitidas polas persoas xordocegas.

* Extraer a idea global e as específicas das mensaxes emitidas en calquera dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas.

* Transmitir con fluidez mensaxes propias das persoas xordocegas en calquera dos seus sistemas.

* Utilizar correctamente a posición corporal, o ritmo, a velocidade e os medios técnicos e tecnolóxicos para lograr unha óptima eficacia na emisión de mensaxes.

* Aplicar as técnicas de interpretación (directa, inversa, simultánea e consecutiva) na comunicación entre persoas xordas, xordocegas e oíntes.

* Utilizar os recursos e os medios técnicos propios de cada un dos sistemas de comunicación das persoas xordas, xordocegas e oíntes.

* Interpretar correcta e fielmente mensaxes emitidas nos sistemas de comunicación das persoas xordocegas a calquera dos sistemas empregados por persoas xordas e oíntes, e viceversa.

* Aplicar as técnicas de interpretación correspondentes a cada situación, tendo en conta o código deontolóxico e as normas profesionais do sector.

* Utilizar os recursos axeitados para ofrecer a información necesaria para a comprensión do contexto.

* Describir as funcións de guía de persoas xordocegas.

* Realizar servizos de guía a persoas xordocegas en distintas situacións, tendo en conta os criterios e as estratexias para previr e resolver as posibles situacións de risco.

Contidos (duración: 125 horas)

Contidos procedementais

Sistemas de comunicación de persoas xordocegas e as súas adaptacións.

* Realización de exercicios de interpretación utilizando e combinando os diversos sistemas de comunicación das persoas xordocegas.

-Tradución do sistema braille ao dactilolóxico e viceversa.

* Realización de exercicios de resumo nos diversos sistemas, extraendo e transmitindo a información global e específica.

Coñecemento das axudas técnicas e tecnolóxicas para a comunicación.

* Estudo das diferentes características técnicas das tecnoloxías empregadas na comunicación de persoas xordocegas: opticón, teletacto e comunicador Canon.

* Utilización e manexo das técnicas máis frecuentes.

Aplicación das técnicas e das pautas específicas para a interpretación destinada a persoas xordocegas.

* Preparación dunha sesión de guía dunha persoa xordocega:

-Obtención da información necesaria sobre o servizo: tipo, características e duración da sesión.

-Selección de código ou códigos lingüísticos que permitan unha mellora da interpretación.

-Adaptacións necesarias no proceso de interpretación: vocabulario específico, simplificación e resumos de mensaxes, e alfabeto dactilolóxico.

Pautas e recursos para a contextualización.

* Exercicios de orientación persoal con respecto ao contorno físico dunha persoa xordocega.

* Exercicios de recoñecemento e situación de obxectos do contorno físico dunha persoa xordocega.

* Exercicios de contextualización a través de recursos táctiles.

Técnicas de guía.

* Preparación dunha sesión de guía dunha persoa xordocega:

-Espazo, orientación e movemento.

-Prevención e solución das posibles situacións de risco.

-Contextualización: información global e específica.

* Realización de exercicios de guía, tendo en conta os criterios e as estratexias e normas profesionais do código deontolóxico que fagan óptimo o servizo.

Contidos conceptuais

Sistemas de comunicación de persoas xordocegas e as súas adaptacións.

* Sistema braille.

* Dactiloloxía.

Axudas técnicas e tecnolóxicas para a comunicación.

* Opticón.

* Teletacto.

* Comunicador Canon.

Técnicas e pautas específicas para a interpretación destinada a persoas xordocegas.

* Posición corporal, ritmo e velocidade.

* Técnicas de interpretación directa e inversa.

* Técnicas de interpretación simultánea e consecutiva.

Pautas e recursos para a contextualización: espaciais, táctiles e corporais.

Técnicas de guía.

* Funcións.

* Información previa ao servizo.

* Estratexias para resolver situacións de risco.

* Técnicas de orientación.

Normas profesionais e deontolóxicas específicas.

* Código deontolóxico do guía-intérprete.

* Normas profesionais do sector.

Contidos actitudinais

* Capacidade crítica e autocrítica do traballo desenvolvido.

* Valoración da importancia do labor do guía-intérprete como elo entre as persoas xordocegas e a sociedade.

* Aceptación do código ético e das normas profesionais establecidas.

* Fomento da colaboración con outros guías-intérpretes

* Respecto polas peculiaridades culturais das persoas xordocegas.

3.2.3. Módulo profesional 3: interpretación no sistema de signos internacional (SSI).

Asociado á unidade de competencia 3: interpretar desde o sistema de signos internacional (SSI) á lingua oral, e viceversa.

Capacidades terminais elementais

* Comprender mensaxes emitidas no SSI, e extraer a súa información global e específica.

* Extraer as ideas principais das mensaxes emitidas en SSI, en calquera contexto e situación.

* Producir mensaxes en SSI con corrección, propiedade, axilidade, coherencia e creatividade.

* Aplicar as técnicas de interpretación e recursos necesarios para unha correcta transmisión de mensaxes.

* Interpretar fielmente desde o SSI á LSE e viceversa.

* Interpretar fielmente desde o SSI ao galego e ao castelán orais, e viceversa.

* Interpretar fielmente desde o SSI a calquera dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e viceversa.

* Utilizar a dactiloloxía internacional con corrección e axilidade, facendo a súa correspondencia coa dactiloloxía da LSE e dos sistemas de comunicación das persoas xordocegas.

* Seleccionar e utilizar os medios técnicos e a información necesaria para levar a cabo o proceso de transmisión de mensaxes en SSI.

Contidos (duración: 75 horas)

Contidos procedementais

Situacións da vida cotiá.

* Realización de exercicios de recreación de situacións da vida cotiá:

-Saúdos e presentacións.

-Intercambio de información.

-Petición de axuda.

Cultura e lingua das persoas xordas e xordocegas.

* Participación en actividades culturais organizadas polos colectivos de persoas xordas e xordocegas.

* Realización de exercicios de reflexión metalingüística do SSI.

Dactiloloxía internacional.

* Prácticas de dactiloloxía de SSI.

Aplicación das técnicas de interpretación ao SSI.

* Preparación previa da actividade de interpretación.

-Obtención da información necesaria sobre o servizo: tipo, características e duración da sesión.

-Axudas e medios técnicos necesarios.

-Adaptacións necesarias no proceso de interpretación: vocabulario específico, neoloxismos, simplificacións e resumos.

* Realización de exercicios de tradución do SSI á LSE e viceversa.

* Realización de exercicios de tradución do SSI ao galego e ao castelán orais, e viceversa.

* Realización de exercicios de tradución do SSI aos distintos sistemas de comunicación das persoas xordocegas, e viceversa.

Medios técnicos necesarios na interpretación de SSI.

* Estudo das diferentes características técnicas das tecnoloxías empregadas na interpretación do SSI: internet, videoconferencia, correo electrónico, etc.

Orixe, características e usos do SSI.

* Descrición das características e dos usos do SSI, partindo da súa orixe.

Normas profesionais e deontolóxicas específicas.

* Análise do código deontolóxico vixente para o SSI.

Contidos conceptuais

Situacións da vida cotiá.

* Saúdos e presentacións.

* Descricións.

* Contextualizacións.

Cultura e lingua das persoas xordas e xordocegas.

* Trazos comúns nas diversas culturas das persoas xordas e xordocegas.

* Reflexión metalingüística sobre a lingua de signos internacional.

Dactiloloxía internacional.

* Orixe.

* Usos.

* Características.

Técnicas de interpretación ao SSI.

* Aplicación das técnicas de interpretación ao SSI: directa, inversa, simultánea e consecutiva.

Medios técnicos necesarios na interpretación de SSI.

Orixe, características e usos do SSI.

Normas profesionais e deontolóxicas específicas.

Contidos actitudinais

* Capacidade crítica e autocrítica do traballo desenvolvido.

* Valoración da importancia do labor do intérprete de SSI como elo entre as persoas xordas e xordocegas de todo o mundo, e deles coa sociedade.

* Aceptación do código ético e das normas profesionais establecidas.

* Fomento de colaboración con outros intérpretes de SSI

* Valoración e respecto polas peculiaridades culturais das persoas xordas e xordocegas doutras nacionalidades.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 4: lingua de signos española (LSE).

Capacidades terminais elementais

* Expresar en LSE calquera mensaxe con corrección e coherencia.

* Servíndose dos diversos recursos expresivos, empregar correctamente os distintos rexistros da LSE.

* Utilizar os parámetros e as regras de articulación dos signos.

* Desenvolver distintos tipos de discurso en LSE: narración, descrición, diálogo, etc.

* Construír as mensaxes en LSE tendo en conta o espazo e o contexto como medios estruturadores e empregando, de ser o caso, distintas variantes articulatorias.

* Asimilar todo tipo de mensaxes emitidas en LSE, atendendo ás variedades diafásicas, diastráticas e diatópicas.

* Reproducir fielmente mensaxes de distinta extensión emitidas en LSE.

* Extraer a idea global das mensaxes emitidas en LSE, e analizar a súa estrutura.

* Extraer a idea principal e os detalles máis relevantes dun discurso signado: disertación, conferencia, debate, etc.

* Desenvolver estratexias e os recursos para resolver situacións de bloqueo comunicativo.

* Comprender e utilizar a dactiloloxía con corrección e axilidade para a aplicar no proceso de interpretación cando cumpra.

Contidos (duración: 270 horas)

Contidos procedementais

Situacións da vida cotiá.

* Elaboración de resumos de mensaxes longas de situacións da vida cotiá desde a lingua oral á LSE, e viceversa.

-Ditados de signos a lingua escrita e de lingua oral a signos.

* Realización de prácticas de saúdos, presentacións, descricións e intercambio de información e axuda.

Cultura.

* Participación en actividades culturais organizadas polos colectivos de persoas xordas.

* Análise ponderada da idiosincrasia das persoas xordas e as súas diferenzas coas persoas oíntes.

Lingua.

* Realización de exercicios comunicativos de expresión corporal e facial.

* Realización de exercicios comunicativos de destreza manual.

* Repetición de signos e frases signadas, respectando os parámetros de formación.

* Realización de debates sobre a situación gramatical da LSE, aproximando posibles solucións aos problemas formulados.

* Desenvolvemento de distintos tipos de discursos en LSE, atendendo aos diversos rexistros lingüísticos: narración, descrición, diálogo e conferencia.

* Organización e ampliación de campos semánticos de signos previas a un acto de comunicación.

* Análise de actos comunicativos en LSE recollidos en soporte audiovisual e posterior reprodución imitativa.

* Gravación de secuencias signadas e posterior corrección.

Contidos conceptuais

Situacións da vida cotiá.

* Saúdos e presentacións.

* Descricións

* Intercambio de información.

* Petición e ofrecemento de axuda.

* Outros.

Cultura.

* Persoas xordas.

* Sociedade actual.

* Interrelación dos dous mundos coas afinidades e diferenzas.

Lingua.

* Terminoloxía lingüística xeral aplicada á LSE.

* Dactiloloxía.

* Reflexión metalingüística da LSE.

* Funcións comunicativas da LSE.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da LSE como sistema de comunicación e como elo entre a comunidade xorda e a cultura.

* Actitude positiva cara á integración das comunidades xorda e xordocega en todos os ámbitos da sociedade.

* Disposición cara á curiosidade investigadora da LSE co obxectivo de fomentar o seu propio progreso.

3.3.2. Módulo profesional 5: expresión corporal aplicada á linguaxe de signos.

Capacidades terminais elementais

* Explicar os elementos auditivos, orais e temporais da linguaxe oral.

* Explicar os elementos visuais, xestuais e espaciais da LSE.

* Identificar e definir as diferenzas e as semellanzas entre a percepción visual e a percepción auditiva.

* Recoñecer as diversas posibilidades comunicativas da expresión corporal.

* Empregar correctamente a expresión facial e corporal para emitir mensaxes que conteñan diversos estados de ánimo.

* Utilizar o espazo como recurso expresivo para unha correcta produción na lingua de signos.

* Recoñecer distintas situacións e estados de ánimo transmitidos mediante a expresión facial e corporal.

* Aplicar as habilidades de coordinación manual necesarias para unha correcta produción de signos.

* Reproducir series de imaxes, obxectos, signos ou expresións completas emitidas en LSE, SSI ou lingua de signos adaptada a persoas xordocegas.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Percepción visual e auditiva.

* Explicación dos elementos visuais, xestuais e espaciais da linguaxe signada.

* Explicación dos elementos auditivos, orais e temporais da linguaxe oral.

Discriminación visual.

* Prácticas e adestramento da discriminación visual.

Memoria visual.

* Exercicios de memoria visual.

Técnicas de desinhibición.

* Prácticas de expresión corporal orientadas á desinhibición do individuo.

* Realización de xogos de natureza mímica que axuden a perder o sentido do ridículo.

Esquema corporal.

* Exercicios de coñecemento das posibilidades expresivas do corpo humano.

Espazo como recurso expresivo.

* Utilización da posta en escena e do espazo como recursos da lingua de signos.

Coordinación e axilidade motriz.

* Realización de exercicios de repetición de imaxes gravadas en soporte audiovisual.

* Desenvolvemento das habilidades dos dedos das mans necesarias para unha correcta realización dos signos.

Mimo e expresión corporal.

* Aplicación das habilidades expresivas faciais e corporais para unha correcta produción de signos.

* Expresión de diferentes estados de ánimo usando só a expresión corporal.

* Identificación de diferentes estados de ánimo a partir da observación da expresión corporal.

Contidos conceptuais

Percepción visual e auditiva.

* Elementos visuais da linguaxe signada.

* Elementos auditivos da linguaxe oral.

Discriminación visual.

* Centro de atención e interese visual.

Memoria visual.

Técnicas de desinhibición.

* Mimo.

Esquema corporal.

* Cara.

* Tronco.

* Brazos.

Espazo como recurso expresivo.

* Estruturación.

* Funcións.

Coordinación e axilidade motriz.

Mimo e expresión corporal.

* Transmisión de información.

* Usos e funcións na contextualización.

Contidos actitudinais

* Valoración das expresións facial e corporal como ferramentas fundamentais na interpretación da LSE.

* Comprensión da linguaxe signada como un conxunto de elementos visuais e espaciais.

* Actitude desinhibida para o uso do corpo como instrumento de comunicación.

3.3.3. Módulo profesional 6: psicosocioloxía da poboación xorda e xordocega.

Capacidades terminais elementais

* Clasificar as etioloxías dos distintos tipos de xordeira e xordocegueira.

* Describir os distintos aspectos do desenvolvemento das persoas xordas e xordocegas nos ámbitos psicolóxico, comunicativo, afectivo e social.

* Identificar e manexar as principais axudas técnicas que precisan as persoas xordas e xordocegas.

* Explicar o papel da familia no desenvolvemento afectivo e social, e na educación das persoas xordas e xordocegas diferenciando se os pais teñen ou non a mesma discapacidade.

* Asimilar o papel dos xordos e xordocegos adultos na formación dos menores pertencentes a estes colectivos.

* Explicar as estratexias metodolóxicas que se deben utilizar na interacción didáctica con alumnos xordos e xordocegos.

* Identificar valores e costumes propios das persoas xordas e xordocegas, e diferencialos dos doutros colectivos.

* Identificar a orixe e a evolución das asociacións que agrupan estas persoas.

* Recoñecer os diferentes servizos da Administración pública que se ocupen destes colectivos, e indicar as axudas e as prestacións ás que teñen dereito.

* Detectar actitudes positivas e negativas cara ás persoas xordas e xordocegas por parte das persoas oíntes.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Xordeira.

* Clasificación das causas máis frecuentes da xordeira.

* Clasificación dos tipos de xordeira.

Xordocegueira.

* Clasificación das causas máis frecuentes da xordocegueira.

* Clasificación dos tipos de xordocegueira.

Educación das persoas xordas e xordocegas.

* Estudo histórico da educación dos xordos en España e noutros países.

* Estudo comparativo actual da educación dos xordos nos países desenvolvidos.

Familia e discapacidade.

* Descrición das distintas reaccións familiares respecto aos seus membros xordos e xordocegos.

* Lectura e comentario das distintas publicacións editadas por FIAPAS.

Axudas técnicas e tecnolóxicas para a vida cotiá.

* Explicación do manexo e das funcións das principais axudas técnicas que melloren a calidade de vida das persoas xordas e xordocegas.

* Lectura e comentario de diferentes catálogos referidos ás axudas técnicas.

Implicacións da discapacidade auditiva e da xordocegueira no desenvolvemento global das persoas xordas.

* Descrición das implicacións da xordeira e da xordocegueira nos campos psicolóxico, comunicativo e sociolaboral.

* Estudo das realizacións da integración no sistema educativo e no mercado laboral.

Socioloxía das persoas xordas e xordocegas.

* Identificación e comentario dos costumes, os valores e os trazos diferenciadores dos colectivos de xordos e xordocegos.

* Descrición das principais organizacións, sinalando os seus obxectivos e funcións.

Servizos sociais: axudas e prestacións que ofrecen ás persoas xordas e xordocegas.

* Enumeración das diferentes administracións no terreo dos servizos sociais.

* Identificación das prestacións que ofrecen ás persoas xordas e xordocegas.

Contidos conceptuais

Xordeira.

* Etioloxía.

* Diferentes criterios de clasificación.

Xordocegueira.

* Etioloxía.

* Diferentes criterios de clasificación.

Educación das persoas xordas e xordocegas.

* Enfoques educativos coas persoas xordas e xordocegas.

* Estudo diacrónico e pedagoxía comparada.

Familia e discapacidade.

* Papel da familia na educación destas discapacidades.

* Principais asociacións: FIAPAS

Axudas técnicas e tecnolóxicas para a vida cotiá.

Implicacións da discapacidade auditiva e da xordocegueira no desenvolvemento global das persoas xordas.

* Implicacións destas discapacidades nos aspectos persoal, social e laboral.

Socioloxía das persoas xordas e xordocegas.

* Principais organizacións: CNSE e ONCE.

Servizos sociais: axudas e prestacións que ofrecen ás persoas xordas e xordocegas.

* Servizos oficiais das diferentes administracións públicas.

* Axudas e prestacións que afectan a persoas xordas e xordocegas.

Contidos actitudinais

* Comprensión e apoio a todos os colectivos de persoas con problemas de comunicación.

* Respecto por todas as persoas distintas, sexa cal sexa a súa deficiencia.

* Valoración positiva do papel das asociacións de pais de nenos con estas discapacidades.

* Colaboración coas diferentes organizacións que agrupen adultos xordos e xordocegos.

3.3.4. Módulo profesional 7: lingüística aplicada ás linguas de signos.

Capacidades terminais elementais

* Utilizar os coñecementos básicos de lingüística, psicolingüística e sociolingüística para comprender mellor a estrutura interna da LSE.

* Describir os distintos niveis e as diferentes funcións da linguaxe, incluíndo variedades diafásicas, diastráticas e diatópicas.

* Describir as características das situacións resultantes da convivencia entre dúas linguas: pidginización, crioulización e argotización.

* Definir as principais características estruturais da LSE.

* Aplicar os principais mecanismos semánticos, morfolóxicos e sintácticos da LSE.

* Enumerar e describir as funcións dos parámetros formativos da LSE como base para a produción de mensaxes.

* Describir a función da dactiloloxía na LSE como recurso lingüístico na comunicación coas persoas xordas e xordocegas.

* Describir a diacronía da LSE para producir mensaxes correctas desde o punto de vista sincrónico.

* Realizar análises morfosintácticas de mensaxes emitidas en LSE para mellorar o seu dominio.

* Describir as diferenzas entre un sistema lingüístico auditivo-oral-temporal e un sistema lingüístico visual-xestual-espacial, a nivel morfolóxico, semántico e sintáctico.

* Analizar comparativamente os recursos expresivos da LSE cos das linguas orais.

* Empregar axeitadamente os mecanismos lingüísticos para solucionar posibles carencias conceptuais de tipo semántico na LSE.

Contidos (duración: 165 horas)

Contidos procedementais

Historia da linguaxe de signos.

* Análise e reflexión diacrónica da LSE.

Gramática da lingua de signos española.

* Exercitación de mecanismos básicos de morfoloxía en LSE.

* Sistematización das estruturas sintácticas básicas de LSE que compoñen a base da comunicación.

* Aplicación dos sistemas semánticos básicos de sinonimia, polisemia, homonimia, antonimia, etc.

* Elaboración de mensaxes signadas lingüisticamente correctas.

* Elaboración de mensaxes signadas en distintos rexistros lingüísticos, atendendo ao contexto en que se encadran.

* Elaboración de vocabulario específico e de neoloxismos, tendo en conta as regras lingüísticas da LSE

* Elaboración de mensaxes que se orienten ás distintas funcións da linguaxe.

Dactiloloxía na linguaxe de signos. Funcións e usos.

* Realización de exercicios de dactiloloxía con intencións lingüísticas.

Sistemas de transcrición de signos.

* Realización dunha transcrición dos signos da LSE a soporte escrito.

Conceptos básicos de lingüística xeral aplicados á LSE.

* Realización de exercicios prácticos de lingüística xeral.

Conceptos básicos de lingüística comparada aplicados á LSE.

* Realización de exercicios de comparación global da estrutura lingüística de LSE coa estrutura das linguas orais.

* Investigación e conclusións das influencias da lingua oral na LSE.

Conceptos básicos de sociolingüística aplicados á LSE.

* Descrición e aplicación práctica dos conceptos básicos de sociolingüística aplicados á LSE.

Conceptos básicos de psicolingüística aplicados á LSE.

* Descrición e aplicación práctica dos conceptos básicos de psicolingüística aplicados á LSE

Orixe, características e usos do sistema de signos internacional.

* Realización de prácticas de diacronía e sincronía do SSI.

Investigación lingüística nas linguas de signos.

* Análise das investigacións lingüísticas nas linguas de signos.

* Descrición dos diversos sistemas de comunicación das persoas xordocegas.

Contidos conceptuais

Historia da linguaxe de signos.

* Xénese.

* Diacronía.

Gramática da lingua de signos española.

* Aproximación gramatical á LS.

-Morfoloxía: parámetros de formación do signo; significante e significado en LSE; clases de signos pola forma; composición, derivación e parasíntese.

-Sintaxe: estruturas simples e complexas.

-Semántica: sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia; campos semánticos; neoloxismos e valor semántico dos signos.

-Elementos extralingüísticos.

Dactiloloxía na linguaxe de signos.

* Orixe.

* Funcións.

Sistemas de transcrición de signos.

* Glosas.

* Outros sistemas.

Conceptos básicos de lingüística xeral aplicados á LSE.

Conceptos básicos de lingüística comparada aplicados á LSE.

* Interrelacións e influencias das linguas orais coa LSE.

Conceptos básicos de sociolingüística aplicados á LSE.

Conceptos básicos de psicolingüística aplicados á LSE.

Orixe, características e usos do sistema de signos internacional.

Investigación lingüística nas linguas de signos.

* Diversos sistemas de comunicación das persoas xordocegas.

Contidos actitudinais

* Valoración da LSE como un sistema de comunicación plenamente lingüístico.

* Valoración da LSE e dos seus distintos recursos como un sistema de comunicación plenamente lingüístico.

* Valoración da necesidade da maior corrección lingüística posible na transmisión de mensaxes, co fin de que estas fagan óptimo o proceso comunicativo.

* Valoración do feito lingüístico como algo fundamental no mellor rendemento na produción de mensaxes e na comunicación en xeral.

3.3.5. Módulo profesional 8: ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española.

Capacidades terminais elementais

* Recoñecer a terminoloxía específica dos diferentes ámbitos nos que se pode desenvolver a interpretación, tendo en conta as circunstancias que a rodean.

* Detectar e corrixir axeitadamente as deficiencias existentes á vista da interpretación nos diversos ámbitos profesionais.

* Utilizar con axilidade mental os recursos da LSE e da interpretación para resolver autonomamente diferentes situacións de interpretación.

* En determinados contextos, propor termos específicos utilizando calquera tipo de recursos para solucionar posibles lagoas conceptuais de tipo semántico na LSE.

* Completar bancos terminolóxicos para a interpretación en todos os ámbitos da sociedade que solucionen carencias semánticas posibles.

* Analizar a función interpretativa en ámbitos específicos como un proceso cara á especialización profesional.

* Participar en procesos de reciclaxe para a especialización nos ámbitos profesionais como a educación, a medicina, o dereito e a economía.

Contidos (duración: 165 horas)

Contidos procedementais

Terminoloxía específica dos ámbitos profesionais.

* Realización de supostos prácticos nos que cumpra unha terminoloxía específica en campos distintos.

* Creación e organización de campos semánticos específicos acordes cos distintos ámbitos.

Recursos propios da LSE para resolver problemas terminolóxicos.

* Exercicios de creatividade interpretativa e signada que conteñan problemas terminolóxicos.

Recursos propios da interpretación para resolver problemas terminolóxicos.

* Elaboración de termos específicos para os distintos ámbitos profesionais onde poden existir lagoas que dificulten o proceso comunicativo.

Interpretación nos ámbitos profesionais estudados.

* Exercicios de interpretación dos diversos campos de especialización profesional.

Especialización profesional.

* Simulación de especializacións nas interpretacións en ámbitos distintos.

Contidos conceptuais

Terminoloxía específica dos ámbitos profesionais.

* Terminoloxía específica dos ámbitos profesionais de demanda máis frecuente.

Recursos propios da LSE para resolver problemas terminolóxicos.

* Peculiaridades e exixencias de cada un dos ámbitos profesionais á hora de condicionar o uso de LSE

Recursos propios da interpretación para resolver problemas terminolóxicos.

Interpretación nos ámbitos profesionais estudados.

Especialización profesional.

* Posibilidades de especialización profesional.

Contidos actitudinais

* Boa disposición para unha correcta adaptación aos distintos ámbitos profesionais.

* Valoración da importancia do coñecemento do medio para un óptimo rendemento na interpretación.

* Axilidade e dilixencia no coñecemento e na preparación do léxico específico de cada ámbito.

3.3.6. Módulo profesional 9: lingua estranxeira (inglés).

Capacidades terminais elementais

* Transferir a información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral, e viceversa.

* Transferir dun código escrito a un oral, e viceversa, a información que se deba comunicar en lingua estranxeira.

* Interpretar a información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de xeito presencial, telefónico ou escrito, tendo en conta o contexto e a situación.

* Aplicar as estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, e interpretar e transmitir a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional máis usual.

* Producir mensaxes escritas relacionadas coas operacións do contorno profesional, co léxico preciso e os aspectos formais exixidos pola normativa e o protocolo de cada país.

* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de xeito ordenado, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

* Seleccionar a lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.

* Redactar na lingua propia unha tradución que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de tradución asistida e automatizada de textos.

* Resolver autonomamente os problemas de comprensión e de expresión relacionados cos contidos lingüísticos e comunicativos do contorno profesional.

* Respectar as actitudes e os comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ao que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións internacionais.

* Valorar a importancia da lingua como vehículo de comunicación e entendida no ámbito das relacións comerciais internacionais, da tecnoloxía, da cultura e do coñecemento.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral.

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo aos distintos códigos (verbal, xestual e icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira.

-Selección e baleirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introdución das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos clave da mensaxe.

-Dedución do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou da información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* Negociación na lingua estranxeira.

-Análise dos intereses de ambas as partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, o estilo e o contido.

-Intercambio de opinións.

-Produción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Pechamento e acordos.

Comunicación escrita.

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de tradución.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, as expresións e os formulismos.

* Produción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Tradución directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, con identificación dos elementos e das relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais.

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fale a lingua estranxeira.

* Introdución das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e de protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral.

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticas no ámbito profesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* Atención presencial e telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso e recursos.

Comunicación escrita.

* Elementos formais e estrutura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, e normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación adecuada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Relevancia dos datos e evitación da ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Tradución directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estrutura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional: fórmulas de tratamento persoal, estrutura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais.

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais e papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral.

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía para procurar o xeito de interpretar, expresar e descodificar a información.

* Valorar a capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese por participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia na procura da significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polos nosos interlocutores.

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e na produción de mensaxes.

Comunicación escrita.

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, na produción e na revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por procurar ou completar a información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traducións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender todos os seus elementos.

* Procura da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

Aspectos socioprofesionais.

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ao tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, na xestión e na realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e dos procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.7. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Relacionar as aprendizaxes adquiridas nos distintos módulos co proceso de actuación no servizo profesional, utilizando os recursos necesarios.* Aplicar a teoría á práctica concreta dun servizo de interpretación.

* Utilizar os recursos precisos para mellorar o servizo.

* Relacionar as aprendizaxes dos diferentes módulos na práctica profesional.

2.Planificar o servizo recollendo documentación, vocabulario e información para desenvolver un traballo eficaz, tendo en conta as circunstancias concretas de actuación.* Expor os obxectivos que se queren acadar na realización do servizo.

* Elaborar fichas de traballo para recoller información sobre o servizo que se vaia realizar.

* Recoller vocabulario especializado sobre o tema que se vaia desenvolver no servizo.

* Superar as posibles carencias de signos con elementos novos que resulten produtivos para a comunicación.
* Usar toda a documentación recollida cara ao ámbito concreto de actuación.

3.Adecuar tempos, quendas, espazos, indumentaria e iluminación ao tipo de servizo que se vaia realizar.* Establecer os tempos de intervención de cada intérprete, así como os relevos correspondentes, tendo en conta as normas establecidas para tal fin no código deontolóxico.
* Describir os espazos e a iluminación idóneos para o mellor desenvolvemento do proceso interpretativo.
* Escoller a localización adecuada do intérprete, tendo en conta que o foco de atención do usuario debe estar onde se produza a emisión da mensaxe.
* Adecuar a indumentaria ao tipo de servizo que se vaia realizar e ás circunstancias que o rodean.

4.Definir as operacións encamiñadas á consecución do proceso interpretativo, tendo en conta todos os aspectos da planificación realizada.* Realizar o proceso interpretativo coas técnicas máis axeitadas para o levar a cabo.

* Aplicar todos os aspectos planificados con anterioridade ao proceso de interpretación.

* Determinar medidas concretas para garantir a viabilidade do proceso.

5.Determinar os sistemas de avaliación do proceso interpretativo, tendo en conta os obxectivos previstos.* Avaliar o proceso interpretativo realizado.

* Comparar os resultados obtidos cos obxectivos previstos.

* Introducir medidas correctoras de cara á mellora de servizos no futuro.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Elaborar un informe do servizo realizado, detallando o proceso.

6.Valorar a viabilidade da creación de empresas encamiñadas á prestación de servizos a persoas xordas e xordocegas, así como da súa promoción.* Estudar os medios adecuados para a creación dunha empresa de prestación de servizos deste tipo.

* Planificar a promoción da empresa, empregando sistemas de márketing.

* Describir os pasos necesarios para a constitución dunha empresa destas características.

7.Coñecer as normas do código deontolóxico e normas profesionais referidas á presentación do intérprete e trato co usuario.* Aplicar as normas do código deontolóxico da profesión.

* Executar fielmente todas as normas profesionais referidas á presentación e ao trato cos usuarios.

8.Contribuír ao desenvolvemento da profesión de intérprete a nivel individual e colectivo.* Participar activamente na formación e na reciclaxe que implica o bo facer da profesión.
* Promover o asociacionismo dos profesionais da interpretación para a súa mellora colectiva.
* Afondar, a través do código deontolóxico, no espírito de servizo que implica esta profesión como garante do seu desenvolvemento.

9.Sinalar posibles vías de especialización dependendo das necesidades.* Detectar, por medio das necesidades, aqueles campos específicos nos que desenvolver a profesión.
* Contactar cos campos profesionais específicos da sociedade co fin de facilitar e enriquecer as vías de especialización.
* Elaborar, dentro de cada ámbito traballado, un arquivo lexicográfico que posibilite unha comunicación fluída e o achegamento doutras persoas.
* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Realizar as tarefas específicas de organización e preparación dos servizos de interpretación.* Dada unha situación determinada para a que cumpra organizar un servizo de interpretación:-Recoller información necesaria documentándose sobre o tema ou asunto que haxa que tratar.
-Repasar signos específicos adaptados ao campo semántico que se vaia traballar.
-Analizar o espazo físico tendo en conta a localización dos interlocutores, os intérpretes e as persoas xordas destinatarias.
-Analizar as zonas de preparación e descanso como zonas exclusivas para o servizo de intérpretes.
-Analizar os tempos e as posibles quendas de intervención de cada un dos intérpretes que interveñan no servizo.
-Verificar o correcto funcionamento de todos os medios técnicos que se vaian empregar no proceso de interpretación.
-Preparar e presentar o orzamento do servizo, de ser o caso.

2.Realizar servizos de interpretación (directa, inversa, simultánea e consecutiva) en situacións de servizo tanto individual como colectivo.* Nunha situación calquera de comunicación entre persoas xordas e/ou xordocegas e oíntes:-Interpretar exactamente, fielmente e coherentemente as mensaxes emitidas polos diferentes interlocutores.
-Utilizar correctamente as técnicas de interpretación directa simultánea, directa consecutiva, inversa simultánea e inversa consecutiva.
-Controlar o axeitado desenvolvemento de todas as actividades de interpretación.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

3.Aplicar as formas de comunicación (LSE e SSI) e as diferentes modalidades empregadas polas persoas xordocegas, adaptándoas ás distintas situacións que se produzan.* Nunha hipotética situación de establecemento de relacións de interpretación con persoas xordas e/ou xordocegas:-Transmitir fielmente e coherentemente a información.
-Recoller fielmente e coherentemente a información.
-Prestar o servizo acordado.
-Comentar posteriormente a prestación do servizo cos seus destinatarios.
-Recoller suxestións.

4.Participar e colaborar na organización e no desenvolvemento das actividades que se realicen no seo das comunidades xorda e xordocega, e nas diferentes asociacións que as agrupan.* Despois de colaborar na organización dunha actividade e participar no seu desenvolvemento, realizar un informe para a avaliación do servizo prestado, que inclúa, polo menos:-Cuestións relativas á organización da actividade.
-Grao de comunicación e de comprensión logrado.
-Autonomía obtida polos destinatarios do servizo.
-Dificultades atopadas para a prestación do servizo.
-Erros detectados e suxestións para a súa corrección.

5.Actuar, na prestación de todos os servizos, de acordo coas normas deontolóxicas e de seguridade tanto das persoas como dos materiais, os equipamentos e as instalacións que se utilizan nas actividades propias da profesión de intérprete de persoas xordas e xordocegas.* Cumprir estritamente, en calquera momento, as normas existentes de seguridade e hixiene, tanto persoais como colectivas, no desenvolvemento das diferentes actividades de interpretación.

* Respectar absolutamente a norma de segredo profesional.

* Identificar os posibles conflitos asociados ao desenvolvemento da actividade de interpretación.
* Valorar as situacións de conflito e suxerir ou achegar as medidas oportunas para a súa solución.
* Aplicar as normas que regulan a profesión de intérprete de lingua de signos.
* Manifestar unha actitude de respecto, comprensión e apoio nas relacións coas persoas xordas e xordocegas.

6.Realizar unha memoria final que recolla as actividades desenvolvidas durante o tempo de formación en centros de traballo.* Elaborar un informe ou memoria que, polo menos, recolla:-Centro ou centros de traballo onde se desenvolvera o módulo de FCT.
-Actividades desenvolvidas: preparación, organización, recollida de información, técnicas empregadas e valoración.
-Suxestións e achegas para a mellora do servizo de intérpretes.
-Actividades de perfeccionamento e/ou especialización.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, e identificar as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada calquera modalidade de bacharelato.

* O expediente académico do alumno, no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de Interpretación da lingua de signos.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (LSE)(1)(1)

2Guía e interpretación de persoas xordocegas(1)(1)

3Interpretación no sistema de signos internacional (SSI)(1)(1)

4Lingua de signos española (LSE)(1)(1)

5Expresión corporal aplicada á linguaxe de signos(1)(1)

6Psicosocioloxía da poboación xorda e xordocega(1)(1)

7Lingüística aplicada ás linguas de signos(1)(1)

8Ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española(1)(1)

9Lingua estranxeira (inglés)InglésProfesorado de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(1) Para a impartición deste módulo cómpre profesorado especialista do previsto no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de interpretación da lingua de signos require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Obradoiro de servizos sociais120 m90 m80%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (LSE).

* Guía e interpretación de persoas xordocegas.

* Interpretación no sistema de signos internacional (SSI).

* Lingua de signos española (LSE).

* Expresión corporal aplicada á linguaxe de signos.

* Ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (LSE).

* Guía e interpretación de persoas xordocegas.

* Interpretación no sistema de signos internacional (SSI).

* Lingua de signos española (LSE).

* Expresión corporal aplicada á linguaxe de signos.

* Ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Licenciatura en filoloxía (todas as especialidades).

* Licenciatura en tradución e interpretación.

* Mestre (todas as especialidades).

* Diplomatura en educación social.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en traballo social.

* Diplomatura en turismo.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

270Aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (LSE)

270Lingua de signos española (LSE)

130Expresión corporal aplicada á linguaxe de signos

80Psicoloxía da poboación xorda e xordocega

130Lingua extranxeira (inglés)

4º, 5º e 6º trimestre

125Guía e interpretación de persoas xordocegas

75Interpretación no sistema de signos internacionais (SSI)

165Lingüística aplicada ás linguas de signos

165Ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española

75Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.