DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 18 de agosto de 2005 Páx. 14.354

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 331/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en animación sociocultural.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía, de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2058/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en animación sociocultural e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que deben rexer a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que per

mita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos,

habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en animación sociocultural, regulado polo Real decreto 2058/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo

formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación: animación sociocultural.

Nivel: formación profesional de grao superior.

Duración (1.700 horas):

Da formación no centro educativo: 960 horas.

Da formación en centros de traballo: 740 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son: programar, organizar e avaliar proxectos de intervención social encamiñados ao desenvolvemento social, aplicando técnicas de dinámica de grupos e utilizando recursos comunitarios, culturais, e de lecer e tempo libre.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de licenciados ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Programar intervencións de animación sociocultural a partir da información sobre o colectivo, tanto recibida da empresa ou do organismo contratante como xerada por el mesmo, interpretando os obxectivos da entidade e os dos clientes e participantes, e extraer as conclusións e os datos necesarios para o desenvolvemento das actividades a que dará lugar a dita programación.

* Organizar os recursos socioculturais que se lle asignen no marco dun proxecto de intervención facendo cumprir as normas e a lexislación establecida, así como realizar as modificacións necesarias para mellorar o seu rendemento e elaborar os informes pertinentes que se lle soliciten.

* Aplicar as técnicas de dinamización de grupos e adecualas ao tipo de actividade que realiza, de xeito que se lle asegure a plena integración das persoas, tanto no contorno da actividade como no contorno sociocultural dos participantes ou clientes, favorecendo o desenvolvemento da autonomía e da madureza das persoas na súa inserción en comunidades ou grupos, así como no uso de seu tempo de lecer.

* Programar e dinamizar as actividades asignadas e guialas cando sexa oportuno, motivando as persoas a participaren activamente tanto na súa preparación como no seu desenvolvemento, ofrecéndolles o apoio e a asistencia técnica cando se requiran ou cando a actividade así o demande, así como informarse e controlar o uso dos materiais e dos equipamentos empregados.

* Aplicar os plans de avaliación de intervencións e atención ao usuario valorando o desenvolvemento e o resultado das actividades, e comprobar a súa adecuación ao programa establecido.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e das persoas participantes, aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia e informando as persoas competentes cando a emerxencia supere as súas competencias.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, responsabilizándose dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos participantes.

* Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel inferior ao seu ou de persoal colaborador, dando instrucións sobre o control das actividades en caso de modificacións derivadas dos programas de intervención ou prestación de servizos, así como decidir actuacións en casos imprevistos.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia, e consultando as ditas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Posuír unha visión global dos ámbitos en que se pode encadrar a súa actividade profesional e que lle permita inserirse nos contornos e nos cambios económicos ou organizativos que se produzan, implicándose na consecución dos obxectivos previstos, participando activamente nas actividades que se lle encomenden e atendendo ás persoas de forma personalizada, con corrección e coas actitudes e os medios

de axuda requiridos polo seu sistema de comunicación, a súa condición sociocultural e o seu estado persoal.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle, nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía para:

* Participar na definición de programas de intervención sociocomunitaria, colaborando no traballo dos equipos multiprofesionais e achegando métodos e procedementos de intervención colectiva.

* Obter e analizar información de contornos delimitados orientada á formulación de hipóteses de intervención, e establecer proxectos de actuación co colectivo ou co contorno asignado.

* Avaliar proxectos de intervención e aplicar as medidas de avaliación de prestación de servizos aos usuarios ou clientes.

* Organizar os recursos de intervención aplicando os instrumentos de xestión económico-administrativa axeitados.

* Desenvolver proxectos de intervención en desenvolvemento comunitario, animación cultural e de lecer e tempo libre, guiando as actividades en que se requira a súa intervención directa.

* Preparar contornos de actividade axeitados, cos medios ao seu dispor, en colaboración cos participantes.

* Organizar e supervisar o traballo realizado polo persoal ao seu cargo, profesional ou voluntario, e emitir instrucións escritas sobre estratexias, métodos e procedementos de intervención e execución de actividades.

* Prever actuacións alternativas ante continxencias no desenvolvemento da intervención.

* Emitir instrucións sobre avaliación da intervención ou actividade en caso de modificacións do programa ou do proxecto.

* Elaborar informes sobre o resultado e a evolución do desenvolvemento da intervención en que se acheguen solucións ás desviacións detectadas, así como calquera outra información técnica que lle requiran os seus superiores ou os equipos adscritos á intervención.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

2. Organizar, dinamizar e avaliar proxectos de intervención comunitaria.

3. Organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación cultural.

4. Organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación de lecer e tempo libre.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obter, organizar e valorar a información necesaria para realizar estudos que permitan avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa, área ou departamento do sector e/ou o establecemento de obxectivos e actividades que se poidan ofrecer, aplicando técnicas e procedementos adecuados.* Identifícanse as necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afectan ao sector.

* Identifícanse os parámetros e as variables que afectan á decisión de implantación, ao establecemento de obxectivos e á selección das actividades que se vaian ofrecer.

* Identifícanse e selecciónanse as fontes de información máis fiables que proporcionen datos representativos do obxecto de estudo e necesarias para a toma de decisións e o funcionamento normal da empresa.

* Realízanse os trámites oportunos para a obtención de información das fontes secundarias e, de ser necesario, aplícase a técnica de recollida de información para as fontes primarias que, dentro do orzamento e do tempo dispoñibles, proporcione as maiores vantaxes e os datos máis fiables e representativos.
* Procésase a información obtida e aplícanse as técnicas adecuadas, de xeito que permitan a súa interpretación e a posterior toma de decisións.
* Detéctase a competencia e a concorrencia do sector e determínanse, entre outros parámetros, os segmentos de poboación aos que dirixir os servizos, a época adecuada para os ofrecer, as actividades que se van ofrecer e os obxectivos xerais da empresa, da área ou do departamento.
* Prevense as necesidades de recursos humanos, en función das actividades que se vaian realizar e os obxectivos establecidos.
* Identifícanse os recursos financeiros dispoñibles e, de ser o caso, as necesidades de financiamento.
* Valórase a posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínanse a composición e o investimento óptimos en inmobilizado, tendo en conta as características da actividade para desenvolver, do tipo de usuarios, dos obxectivos e dos recursos financeiros dispoñibles.
* Valórase a garantía económica do desenvolvemento da actividade da empresa, en función da demanda potencial e da previsión de gastos e ingresos.
* Determínase a estrutura organizativa que fixe as funcións e as actividades que se deban desenvolver para lograr os obxectivos previstos.
* Elabórase un informe que, de xeito estruturado e homoxéneo, presente as conclusións obtidas da análise da información recollida.
* Confecciónase un arquivo documental coa información ou a documentación recollida, aplicando criterios de organización e facilitando o acceso a ela.
* O sistema de arquivo permite a conservación dos documentos en estado íntegro e seguro.
* Os procedementos de actualización de arquivo permiten coñecer a vixencia da documentación existente.

1.2.* Determinar e xestionar a constitución dunha pequena empresa do sector, cumprindo a lexislación vixente.Selecciónase a forma xurídica máis adecuada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos previstos e ás características da empresa.

* Identifícase a normativa que regula a constitución e a posta en marcha dunha pequena empresa do sector, establécense a documentación e os trámites necesarios e identifícanse os organismos oficiais que o xestionan.

* Realízanse as xestións necesarias para a obtención da documentación exixida pola lexislación vixente.

* Realízanse, en tempo e forma, os trámites oportunos ante os organismos públicos para a iniciación da actividade, de acordo cos requisitos legais.

1.3.Definir o programa xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e os recursos dispoñibles.* Identifícase a regulamentación do sector relativa a requisitos do persoal, do material e das instalacións.

* Na programación xeral defínense:-Os obxectivos que se pretenden lograr.-As estratexias de intervención.-As actividades que se van ofrecer e a poboación obxectivo.

-As adaptacións e as axudas técnicas necesarias cando a poboación obxectivo estea formada por persoas ou colectivos con necesidades especiais.
-As fases do desenvolvemento do programa.

RealizaciónsCriterios de realización

-A distribución temporal das actividades, establecendo unha orde de prioridade e unha coordinación entre elas.
-A organización e os recursos humanos necesarios.
-As necesidades de espazo e recursos materiais.
-As técnicas máis relevantes e as adaptacións referidas ao colectivo e ás actividades a que se destina, así como os recursos necesarios.
-Os criterios de avaliación do programa.
-Os procesos de retroalimentación.
-Os medios administrativos.
-O orzamento, consignando os recursos dispoñibles e as distintas partidas de gasto.-Os criterios de avaliación.
* O programa xeral de actividades ofrece unha garantía económica en función da demanda prevista e os custos asociados ao desenvolvemento do programa.
* Prevense as posibles continxencias que se poidan presentar na realización do programa, así como as distintas solucións alternativas.
* Establécese a coordinación para a utilización de servizos complementarios, tendo en conta as características da actividade e do grupo de usuarios.
* Defínese a información xeral que deben recibir os destinatarios das actividades.
* Determínanse os criterios para a selección do persoal, as responsabilidades de cada traballador e a modalidade de contratación idónea, en función dos obxectivos previstos e as formas de contratación máis habituais do sector.
* Prevense os recursos humanos, materiais e loxísticos de seguridade, así como a utilización, en caso necesario, de asistencia médica.
* Determínase a contratación de servizos complementarios e de seguros e tramítanse, de ser o caso, os permisos necesarios.

1.4.Organizar e xestionar os recursos humanos, materiais e económicos, cunha óptima relación entre a súa asignación e os obxectivos establecidos.* Establécese a distribución do traballo, a asignación de funcións e as directrices de funcionamento, tendo en conta as características dos medios dispoñibles, e os coñecementos e as habilidades das persoas adscritas ao programa, para mellorar e racionalizar o desenvolvemento da actividade.
* Selecciónase, de ser o caso, a fonte de financiamento allea máis adecuada ás necesidades previstas, a partir da análise da información subministrada polas entidades de crédito e realizando os cálculos oportunos.

* Xestiónase a modalidade de contratación de persoal seleccionada, en función dos obxectivos previstos e os xeitos de contratación máis habituais do sector.

* Supervísanse as condicións e a documentación dos contratos, segundo a lexislación laboral vixente.
* Determínase a localización dos elementos materiais, de acordo con criterios de rendibilidade e óptimo aproveitamento da súa utilización.
* Xestiónase a compra ou uso do material e, de ser o caso, a utilización dos servizos complementarios necesarios para o desenvolvemento da actividade, de acordo coas condicións pactadas.
* Na contratación de produtos e servizos, aplícanse as técnicas de negociación, tendo en conta as marxes establecidas.
* Realízanse os inventarios de acordo co procedemento e o tempo establecidos.
* A xestión de almacén, de ser o caso, garante a dispoñibilidade de materiais e equipos en tempo e forma, e cumpre a normativa de seguridade e hixiene.
* Elabórase un orzamento de acordo coa previsión de gastos e ingresos.
* Prevense as posibles continxencias que se poden presentar e as alternativas para as solucionar.

1.5.Xestionar e organizar a documentación xerada polo desenvolvemento da actividade, aplicando procedementos administrativos, de acordo coa lexislación vixente.* Identifícase o calendario fiscal e os impostos que afectan á actividade e á renda.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais:-Altas e baixas.-Nóminas.-Seguros sociais.

* Identifícanse a documentación e os datos necesarios para a realización en tempo e forma das liquidacións de impostos.
* Identifícase a lexislación que regula os requisitos que deben cumprir a documentación e os impresos de xestión administrativa.

RealizaciónsCriterios de realización

* Elabóranse os pedidos, as facturas, as letras de cambio, os cheques e os recibos, con corrección nos cálculos e de acordo coa lexislación vixente.
* Contrólanse as liquidacións dos gastos correntes, saliéntanse, de ser o caso, desviacións respecto ao orzamento, e realízanse as xestións oportunas para as corrixir.
* Compróbase que os datos que conteñen as nóminas e os documentos de cotización á Seguridade Social sexan correctos.
* Establécense coas entidades de crédito as condicións adecuadas para regular a utilización de medios de pagamento electrónicos, domiciliación bancaria, liñas de crédito e desconto de efectos.
* Confecciónase un arquivo documental e rexístranse entradas e saídas, aplicando criterios de organización da información.

1.6.Controlar e avaliar o programa de actividades, asegurando a súa correcta execución e a calidade do servizo prestado.* Organízase o proceso de control do desenvolvemento do programa de actividades, definindo métodos para detectar rapidamente calquera anomalía, tendo en conta os indicadores previstos e os medios dispoñibles, co fin de mellorar a consecución dos obxectivos previstos.
* De ser o caso, valóranse en termos de custos as incidencias que xurdan e establécense as medidas que solucionen a situación favorablemente.

* Obtense periodicamente información sobre a situación e a rendibilidade do programa de actividades a través do cálculo de proporcións específicas (entre obxectivos e logros, entre actividade e poboación obxectivo, entre gastos e ingresos, etc.) para adoptar posibles medidas correctoras, cando as desviacións non estean dentro da marxe aceptable.

* Obtense a información necesaria para coñecer o grao de satisfacción da demanda a través de técnicas de recollida de datos, establecendo criterios de avaliación sobre:-A adecuación da actividade á demanda ou necesidade da poboación tipo.-O cumprimento do programa e dos horarios.-A seguridade das actividades.-A calidade do proceso.-A relación entre prezo e calidade, se procede.
* Organízase e procésase a información recollida, aplicando técnicas de arquivo, técnicas estatísticas e de tratamento informático, de ser o caso, para facilitar a análise posterior dos datos.
* Analízanse as características do servizo prestado e compáranse coas necesidades e as demandas dos usuarios para adoptar posibles modificacións no nivel do servizo.
* Elabóranse informes sobre as conclusións obtidas de satisfacción dos usuarios, nos cales se acheguen medidas que, de ser o caso, poidan mellorar a calidade do servizo.
* Na valoración global do programa contémplanse factores relacionados co persoal, a conservación do medio, as instalacións e a infraestrutura, o material e a seguridade.
* Elabórase unha memoria do programa de actividades que, de xeito claro, estruturado e homoxéneo, recolla unha información detallada cualitativa e cuantitativa da súa realización e avaliación, e as conclusións obtidas, e preséntanse propostas de mellora.

1.7.Xestionar e controlar as accións promocionais, de acordo co orzamento e cos obxectivos establecidos.* Obtense información sobre as principais características (custo, alcance xeográfico, audiencia, etc.) dos soportes que se poidan utilizar en cada medio publicitario.
* Determínanse os medios, os soportes e a duración da promoción de acordo co modelo de campaña que se pretenda e o público obxectivo a que vaia dirixido.
* Selecciónase a forma publicitaria que máis se adapte ao obxectivo da acción promocional e ao orzamento establecido.
* Identifícase o tipo de accións promocionais do contorno para aplicar, de ser o caso, as variacións oportunas nas propias.
* Realízanse os trámites oportunos, co medio seleccionado, para a contratación da acción publicitaria definida.
* Calcúlase a rendibilidade da execución da acción publicitaria, aplicando os métodos adecuados.
* Obtéñense as desviacións, comparando os logros cos obxectivos perseguidos pola acción publicitaria en relación principalmente co público obxectivo e o número de usuarios reais, para adoptar, de ser o caso, medidas eficaces de corrección.

RealizaciónsCriterios de realización

* Contrólase a correcta aparición, coa frecuencia e o tempo contratados, dos elementos publicitarios nos distintos medios.
* Realízase un informe que, en tempo e forma, recolla a valoración da acción publicitaria, para adoptar, cando proceda, medidas correctoras.

Dominio profesional

* Medios para o tratamento de información.

Equipamentos de oficina. Equipamentos informáticos. Programas: contornos de usuario, follas de cálculo, estatística, bases de datos, procesadores de texto, xestión administrativa, deseño gráfico, etc.

* Principais resultados do traballo.

Constitución e posta en marcha dunha pequena empresa. Base documental con información sobre o sector e de programas de actividades. Documentación administrativa. Programa xeral de actividades. Informes de análise de contornos. Documentos de información para os destinatarios. Orzamentos elaborados. Xestión e contratación de persoal e servizos. Contrato de produtos e servizos. Obtención de permisos. Enquisas de valoración. Memorias.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas cuantitativas e cualitativas de recollida de información. Técnicas de programación. Técnicas estatísticas básicas. Métodos de valoración da eficacia de accións promocionais. Estudos de mercado. Constitución e posta en marcha de empresas. Procesos administrativos. Técnicas de arquivo. Procedementos de planificación e xestión dunha pequena empresa. Técnicas de comunicación. Xestión e tratamento da información. Técnicas de negociación. Técnicas de avaliación. Técnicas de investigación social e de mercados.

* Información, documentación (natureza, tipos e soportes).

Información do sector e do contorno. Estudos de mercado. Enquisas e valoración da demanda. Catálogos e revistas especializadas. Información económica da empresa. Información sobre financiamento alleo. Impresos oficiais. Información sobre recursos humanos, materiais e servizos para contratar. Memorias. Lexislación sobre constitución de empresas. Regulamentación do sector relativa a requisitos dos técnicos, material e instalacións. Lexislación xeral da actividade. Normativas laborais e fiscais. Documentación administrativa.

* Persoal e organizacións destinatarias.

Provedores. Clientes e usuarios. Xestorías. Entidades financeiras. Organismos oficiais. Axencias comerciais. Equipos de profesionais. Entidades e empresas de esparexemento. Institucións locais. Empresas ou organismos de actividades de carácter social, cultural, deportivo ou recreativo.

2.5.2. Unidade de competencia 2: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de intervención comunitaria.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Definir e adaptar proxectos de intervención comunitaria e programar o seu desenvolvemento, asegurando a adecuación ao colectivo de destino e ás características e condicións do ámbito ou da institución en que se vaia desenvolver.* Compróbase que as necesidades e as demandas do colectivo ou dos colectivos de destino estean claramente definidas na información ou proxecto de entrada e, de ser o caso, solicítanse ou conséguense coas técnicas adecuadas os datos complementarios que se precisen para a organización e o desenvolvemento da intervención.

* Determínanse, a partir do programa ou proxecto previsto e da información analizada do contorno e do grupo:-Obxectivos.-Secuencia e tempos das actividades.

-Técnicas e recursos necesarios.-Procedementos e medios de avaliación.
* Realízase a preparación e a implicación dos participantes e dos axentes de intervención coas técnicas e os instrumentos adecuados, asegurando a posta en marcha do proxecto.
* Faise a previsión de gastos e do seu control de acordo co orzamento asignado e os procedementos establecidos.
* A definición en tempo e forma dos medios necesarios garante a posta en marcha e o desenvolvemento do proxecto.
* A determinación das tarefas e a asignación de responsabilidades ten en conta as características das persoas que participan na actividade (equipo de profesionais, voluntarios e participantes) e a obtención dun óptimo desenvolvemento do proxecto.

2.2.Preparar, dinamizar e xestionar campañas de sensibilización cidadá, sesións formativas e informativas ou outras iniciativas sociais, no marco dun programa de intervención sociocultural propio ou de nivel superior.* A determinación dos medios, os tempos, e os procedementos de recollida e procesamento de información permite a avaliación inicial da actividade.

* A selección das mensaxes ten en conta os obxectivos previstos, o colectivo de destino e os recursos necesarios.

* As mensaxes seleccionadas permiten lograr un nivel óptimo de comprensión e participación por parte do colectivo de destino no programa ou proxecto.

* Contáctanse, selecciónanse e, de ser o caso, contrátanse os recursos humanos e os medios de difusión adecuados ao proxecto, e realízanse as xestións oportunas.
* A asignación e a aceptación de tarefas e de responsabilidades por parte dos animadores ou das persoas implicadas facilitan o desenvolvemento do programa.
* O seguimento e a verificación da aplicación das medidas de difusión seleccionadas permiten comprobar que os contratos efectuados e as responsabilidades asumidas polos integrantes da actividade cumpren, en tempo e forma, os procedementos previstos.
* Rexístrase a información obtida segundo o procedemento establecido.
* A determinación de medios, tempos e procedementos de recollida e procesamento da información permite contextualizar a sesión ou as sesións que se deben realizar.
* Aplícanse as estratexias de dinamización máis adecuadas para obter a máxima implicación dos participantes nas sesións previstas.
* Selecciónanse os recursos para o desenvolvemento das sesións a partir da información obtida e das estratexias aplicadas.
* A distribución espacial permite a participación e implicación dos usuarios, facilita o desenvolvemento da sesión e adáptase a circunstancias especiais.
* A posta a punto e a utilización dos equipos necesarios realízase segundo procedementos previstos e adáptase aos usos establecidos.
* A información estrutúrase para a súa transmisión segundo o auditorio previsto e o tempo establecido.
* Contrólanse as intervencións dos participantes na sesión coas técnicas e os procedementos adecuados.
* A aplicación dos procedementos de retroalimentación cumpre o establecido en tempo e método, e permite a toma de decisións.
* A aplicación e o control das medidas de seguridade establecidas ante emerxencias e situacións de alarma permiten evitar riscos e situacións de alarma innecesarios.

2.3.Prestar apoio técnico a grupos, asociacións e colectivos sobre a súa organización, constitución, posta en marcha e xestión, de xeito que poidan conseguir o seu funcionamento autónomo.* Realízase a preparación das sesións de recoñecemento e a valoración da situación inicial do grupo segundo o procedemento e os obxectivos establecidos.

* O desenvolvemento das actividades de dinamización e integración de grupos previstas está axustado ao establecido, de maneira que resolva as continxencias que se presenten, co fin de que o grupo adquira as competencias necesarias para a súa autorregulación e o seu funcionamento colectivo.

RealizaciónsCriterios de realización

* A supervisión dos procedementos de filiación do grupo permite comprobar a adecuación das actuacións á lexislación establecida e informar o grupo sobre os erros detectados ou os procedementos correctos.
* Supervísanse os mecanismos de obtención e xestión de fondos do grupo cos procedementos adecuados, e achégase apoio técnico ao grupo cando se precise.
* Establécense os criterios de organización e xestión do grupo a partir da información obtida, adaptados ao modelo de asociación seleccionado e aos obxectivos do grupo.
* Realízanse as sesións de adestramento de tarefas de responsabilidade asociativa segundo o procedemento previsto, asegurándose de que son comprendidas polo grupo e de que as pode realizar cada un dos seus membros.
* Realízase coas técnicas adecuadas a comprobación das canles e dos procedementos de recollida de información do grupo.
* Realízanse os informes destinados ao grupo a partir da información obtida, de maneira que faciliten a toma de decisións.
* Aplícanse técnicas de traballo de grupo segundo o establecido na programación, e realízanse as adaptacións oportunas que favorezan a evolución de cada grupo.
* Supervísanse coas técnicas adecuadas as programacións que confecciona o grupo, compróbase que se axusten aos obxectivos e ás posibilidades do grupo, e achégase apoio técnico, cando cumpra.
* Supervísanse segundo o previsto as actividades realizadas polo grupo.
* Aplícanse os procedementos de retroalimentación segundo criterios establecidos, de xeito que se favoreza a toma de decisións co grupo sobre a marcha da actividade.

2.4.Avaliar o desenvolvemento do proxecto, segundo o procedemento definido, co fin de garantir a toma de decisións e a continuación ou modificación do proxecto.* As actividades e técnicas de avaliación permiten identificar as necesidades e os logros obtidos e levar a cabo o proceso de toma de decisións.

* Aplícanse os instrumentos de avaliación cos procedementos adecuados e nos momentos establecidos, utilizando, se é o caso, as axudas técnicas previstas e aproveitando convenientemente a información obtida.

* A análise da información recollida permite valorar os logros obtidos.
* A valoración realizada permite a toma de decisións respecto á marcha, a modificación ou o cambio do proxecto ou da actividade.
* Prepárase a información de avaliación cos medios e métodos previstos.
* Preséntase a información de avaliación destinada ás instancias superiores definidas pola institución co procedemento establecido e nos prazos previstos.
* Preséntaselles a información de avaliación aos participantes segundo o procedemento previsto, facilitando a súa participación na toma de decisións respecto ao futuro do programa ou proxecto.

Dominio profesional

* Materiais.

Equipos de tratamento de información. Software aplicado. Materiais de promoción: carteis, mensaxes audiovisuais, follas e boletíns informativos. Materiais e recursos didácticos diversos. Escalas e materiais de recollida de información. Escalas, cuestionarios e outros medios de observación e recollida de datos. Documentos de rexistro de asociacións. Libros de contas, actas de reunións e calquera outro documento de uso interno de grupos e asociacións. Documentación administrativa sobre axudas ou recursos sociais.

* Principais resultados do traballo.

* Desenvolvemento de comunidades autosuficientes e do tecido asociativo.

* Procesos, métodos e procedementos.

Procesos de intervención en desenvolvemento comunitario. Procesos e técnicas de comunicación. Pro

cedementos para o tratamento e a organización de información. Procedementos de adaptación didáctica. Técnicas e procedementos de estimulación da creatividade. Técnicas de investigación e acción participativa. Técnicas de dinámica de grupos. Métodos e procedementos de programación e avaliación de proxectos de intervención.

* Información (natureza, tipos e soportes).

Información social obtida por diversas fontes (bibliografía, programas de intervención de organismos públicos ou privados, redes informáticas e bases de datos de interese social), e información obtida por contacto directo coa poboación de destino. Documentación gráfica diversa. Lexislación de integración social. Informes de situación social provenientes de servizos sociais. Plans de calidade de servizo. Rexistros de asociacións e grupos. Lexislación e informes sobre asociacionismo. Información e lexislación sobre axudas e recursos sociais.

* Persoal e organizacións destinatarias dos servizos.

Equipos multiprofesionais de intervención social. Poboación en situación de marxinación (drogodependencias, inmigrantes, minorías étnicas, discapacitados, etc.). Comunidades desestruturadas nun ámbito restrinxido (concellos, pobos e lugares) ou poboación en xeral do dito ámbito. Usuarios dos servizos sociocomunitarios. Grupos, asociacións e colectivos de diverso tipo en fase de constitución ou en funcionamento. Servizos sociais ou culturais do seu ámbito de intervención.

2.5.3. Unidade de competencia 3: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación cultural.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Definir e adaptar proxectos de animación cultural e programar o seu desenvolvemento, asegurando a adecuación ao colectivo de destino e ás características e condicións do ámbito ou da institución en que se vaian desenvolver.* Compróbase que as necesidades e as demandas do colectivo ou dos colectivos de destino estean claramente definidas na información ou no proxecto de entrada e, de ser o caso, solicítanse ou conséguense, coas técnicas adecuadas, os datos complementarios que se precisen para a organización e o desenvolvemento da intervención.

* Determínanse, a partir do programa ou do proxecto previsto, e da información analizada do contorno e do grupo:-Os obxectivos.-A secuencia e os tempos das actividades.

-As técnicas e os recursos necesarios.-Os procedementos e os medios de avaliación.
* A preparación e a implicación dos participantes e dos axentes de intervención realízase coas técnicas e os instrumentos adecuados, de maneira que se garanta a posta en marcha do proxecto.
* A previsión de gastos e do seu control faise de acordo co orzamento asignado e os procedementos establecidos.
* A definición en tempo e forma dos medios necesarios garante a posta en marcha e o desenvolvemento do proxecto.
* A determinación das tarefas e a asignación de responsabilidades ten en conta as características das persoas que participan na actividade (equipo de profesionais, voluntarios e participantes) e a obtención dun óptimo desenvolvemento do proxecto.
* A determinación de actividades preparatorias axústase ao tipo de actividade e dota os participantes dos recursos e da información necesarios para o seu desenvolvemento.

3.2.Organizar o desenvolvemento do proxecto, a partir da programación realizada, co fin de asegurar a súa posta en marcha.* A comprobación das condicións de seguridade e de accesibilidade dos espazos permite dispor os medios necesarios para garantir a participación plena dos usuarios, segundo a súa condición e as súas características.

RealizaciónsCriterios de realización

* A comprobación da dispoñibilidade e da posta a punto de materiais e equipamentos para a organización de espectáculos (maquillaxes, materiais para escenografías e decoracións, vestiario, equipos de luz e son, equipos de proxección, etc.) e de exposicións (materiais para ordenación e paneis, iluminación, vitrinas, etc.), tanto propios como alleos, permite asegurar a factibilidade e a calidade da actividade.
* En caso de saídas, visitas ou excursións:-Formalízase a contratación de servizos de transporte e compróbanse as normas de seguridade e a lexislación aplicables.
-Realízanse as xestións necesarias (entradas, horarios, permisos, aloxamentos, comidas, etc.) para o desenvolvemento da actividade.
-Prepáranse os materiais, realízanse as sesións previas necesarias e infórmanse os participantes dos obxectivos, os procedementos e os requisitos técnicos que precisan.
* Realízanse a formalización e a adquisición de pases, entradas ou calquera documento de acceso para os participantes segundo o procedemento e o prazo establecidos, asegurando a súa distribución e a adquisición polos participantes.
* A recepción de materiais literarios ou artísticos, no caso de certames, concursos ou exposicións, está axustada ao procedemento establecido, de xeito que asegure a correcta participación dos aspirantes.
* Os materiais e as actividades de promoción cumpren os criterios previstos.

3.3.Dinamizar as actividades previstas, co fin de promover a participación e a satisfacción dos participantes, e de cumprir os logros previstos.* A aplicación das técnicas de motivación previstas permite fixar os intereses dos participantes.

* Aténdense con dilixencia os requisitos dos participantes, informándoos sobre os aspectos comentados ou derivándoos cara ás entidades ou persoas que poidan solucionar a consulta, consonte as normas de atención establecidas.

* Os contactos entre persoas do contorno e os profesionais que interveñen nas actividades permítenlles aos primeiros atoparen fórmulas para canalizaren as súas aspiracións persoais ou artísticas.
* A selección de premios cumpre as normas establecidas, co que garante a fiabilidade e a transparencia do certame ou concurso.
* A resolución e a comunicación de premios ou outro tipo de estímulos para os participantes están axustadas ao procedemento e ás normas establecidas.
* A presentación e dinamización dos actos de entrega de premios atense ao previsto.
* A aplicación das técnicas de dinamización realízase segundo o previsto.
* A resolución das continxencias detectadas permite asegurar o cumprimento da actividade e determinar as modificacións necesarias para satisfacer as demandas do grupo.
3.4.Supervisar as actividades de taller e dirixir, de ser o caso, as actividades previstas, co fin de obter os logros de dinamización e aprendizaxe previstos.* Desenvólvese segundo a información obtida a posta a punto dos materiais e dos equipamentos de actividade, de maneira que se asegura a posta en marcha da actividade.

* A supervisión das actividades de taller permite comprobar a evolución do desenvolvemento do grupo, e aplícanse as técnicas e os procedementos adecuados para solucionar desviacións do previsto.

* O control dos procedementos técnicos da actividade permite comprobar a súa adecuación ao programa establecido e verificar a satisfacción dos usuarios.
* O control dos materiais e dos equipamentos permite comprobar a súa seguridade e asegurar a reposición dos consumidos.
* As axudas técnicas empregadas axústanse ao programa establecido, e permiten comprobar a súa adecuación e o cumprimento das normas de uso.
* Cando así proceda, diríxese o taller, asegurando o logro dos obxectivos previstos, a atención individualizada dos participantes ou usuarios e a satisfacción colectiva, tendo en conta:-A selección e a preparación dos medios didácticos necesarios.
-A atención ás demandas e ás necesidades dos usuarios.-A utilización das técnicas axeitadas de motivación.

3.5.Avaliar o desenvolvemento do proxecto, segundo procedemento definido, co fin de garantir a toma de decisións e a súa continuación ou modificación.* As actividades e as técnicas de avaliación permiten identificar as necesidades e os logros obtidos e levar a cabo o proceso de toma de decisións.

* Aplícanse os instrumentos de avaliación cos procedementos e nos momentos establecidos, utilizando, de ser o caso, as axudas técnicas previstas, co fin de mellorar a información obtida.

RealizaciónsCriterios de realización

* A análise da información recollida permite valorar os logros obtidos.
* A valoración realizada permite a toma de decisións respecto á marcha, a modificación ou o cambio do proxecto ou da actividade.
* Prepárase cos medios e os métodos previstos a información de avaliación.
* Realízase a presentación da información de avaliación destinada ás instancias superiores definidas pola institución, co procedemento establecido e nos prazos previstos.
* Preséntaselles a avaliación aos participantes segundo o procedemento previsto, e facilítaselles a súa participación na toma de decisións respecto ao futuro do programa ou proxecto.

Dominio profesional

* Materiais.

Materiais para a realización de talleres artesanais, segundo o tipo de actividade. Equipamentos audiovisuais diversos. Materiais gráficos. Arquivos ou rexistros de actividades. Guións, esquemas de actividade ou ferramenta similar. Material formalizado de rexistro de información. Materiais complementarios para o rexistro de imaxes e son (cintas, películas, líquidos fotográficos, etc.). Materiais de expresión plástica (para debuxo, pintura, etc.). Instrumentos musicais. Materiais para a decoración e a ambientación de espazos. Materiais para vestiario e maquillaxe de participantes en actividades de representación. Produtos culturais diversos.

* Principais resultados do traballo.

Desenvolvemento de actitudes e valores sociais de utilización creativa do tempo de lecer, empregando recursos culturais.

* Procesos, métodos e procedementos.

Métodos e procedementos de programación e avaliación de proxectos de intervención. Procedementos de uso de materiais audiovisuais. Procedementos para a organización de recursos de ambientación e uso persoal. Procedementos de organización e guía de talleres. Procedementos de confección de materiais de expresión e representación. Procedementos para a guía e o acompañamento de grupos. Procedementos para a organización e a dinamización de certames e concursos. Técnicas de estimulación da creatividade. Procesos e técnicas de comunicación. Técnicas de dinamización de grupos.

* Información (natureza, tipos e soportes).

Bibliografía específica. Información social de diverso tipo. Documentación gráfica, en distintos soportes. Redes e bases de datos. Programas de intervención social e cultural. Plans de calidade de servizo. Información sobre recursos culturais de diverso tipo. Normativa sobre responsabilidade civil. Normativa sobre seguridade en edificios e instalacións. Lexislación sobre patrocinio e mecenado. Documentación técnica sobre modalidades de actividade diversas.

* Persoal e organizacións destinatarias dos servizos.

Entidades ou empresas promotoras. Xerentes, directores e xefes de departamento da empresa ou institución. Participantes ou clientes da actividade. Equipos multiprofesionais. Equipos de animadores ou colaboradores. Servizos culturais (centros cívicos, bibliotecas, museos, etc.).

2.5.4. Unidade de competencia 4: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación de lecer e tempo libre.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Definir e adaptar proxectos de animación de lecer e tempo libre, e programar o seu desenvolvemento, asegurando a adecuación ao colectivo de destino e ás características e condicións do ámbito ou da institución en que se vaian desenvolver.* Compróbase que as necesidades e as demandas do colectivo ou dos colectivos de destino estean claramente definidas na información ou no proxecto de entrada e, de ser o caso, solicítanse ou conséguense, coas técnicas adecuadas, os datos complementarios que se precisen para a organización e o desenvolvemento da intervención.

* Determínanse, a partir do programa ou proxecto previsto e da información do contorno e grupo analizada:-Obxectivos.-Secuencia e tempos das actividades.

-Técnicas e recursos necesarios.-Procedementos e medios de avaliación.
* Realízase a preparación e a implicación dos participantes e dos axentes de intervención coas técnicas e os instrumentos adecuados, garantindo a posta en marcha do proxecto.
* Faise a previsión de gastos e do seu control de acordo co orzamento asignado e os procedementos establecidos.
* A definición en tempo e forma dos medios necesarios garante a posta en marcha e o desenvolvemento do proxecto.
* A determinación das tarefas e a asignación de responsabilidades ten en conta as características das persoas que participan na actividade (equipo de profesionais, voluntarios e participantes) e a obtención dun óptimo desenvolvemento do proxecto.
* A determinación de actividades preparatorias axústase ao tipo de actividade e dota os participantes dos recursos e da información que se precisan para o seu desenvolvemento.

4.2.Organizar e xestionar servizos de lecer e tempo libre, asegurando a satisfacción e o acceso adecuados por parte dos usuarios.* A organización do espazo permite o acceso seguro e rápido aos materiais por parte de profesionais, voluntarios ou usuarios, segundo criterios previstos.

* A supervisión de almacén permite comprobar existencias e o estado dos materiais, así como solicitar reaparicións, reposicións ou novas adquisicións, segundo o procedemento establecido.

* A información ofrecida aos usuarios permítelle seleccionar o material adecuado á súa demanda, asegurando o uso correcto dos materiais ao seu dispor.
* Realízase o préstamo dos materiais cos procedementos e a documentación adecuada, e compróbase o perfecto estado do material solicitado.
* Realízase o control dos materiais e do servizo prestado coa documentación adecuada e elabóranse, de ser o caso, os documentos oportunos.
* O control dos préstamos permite comprobar a súa localización e a súa devolución nas condicións e no prazo previstos, e indica, en caso contrario, os procedementos establecidos.
* Realízase a tramitación de demandas realizadas polos usuarios de acordo co procedemento establecido, procurando, en todo caso, lograr a súa plena satisfacción.

4.3.Preparar e dinamizar as actividades de lecer e tempo libre previstas, asegurando a dispoñibilidade dos materiais e dos equipamentos, e a participación dos usuarios.* Realízanse segundo o previsto as actividades de promoción da actividade, axustadas ao tipo de actividade e ao contorno de realización.

* Os guións, ou outros medios similares, e as instrucións impartidas facilitan a comprensión dos papeis e das pautas de execución que deben desenvolver os participantes durante a actividade.

* Desenvólvense segundo o previsto as sesións preparatorias ou os ensaios, motívase a participación na actividade e recóllense, cos medios adecuados, as suxestións e as achegas dos participantes.
* A preparación dos medios técnicos necesarios axústase aos criterios establecidos para a actividade, comprobando a súa adecuación e posta punto.
* Selecciónanse os elementos de ambientación a partir do tipo de actividade, dos intereses e das circunstancias detectadas.
* Realízase a confección, a procura ou a adquisición dos materiais necesarios para a ambientación da actividade seguindo criterios de economía, creatividade e, de ser o caso, facilidade de confección, asegurando a súa dispoñibilidade e o seu acabamento no tempo establecido.

RealizaciónsCriterios de realización

* Empréganse segundo o previsto os elementos de decoración persoal, dirixindo as tarefas asignadas aos participantes.
* Realízase a presentación ou a condución das actividades aplicando as técnicas de dinamización fixadas, facilitando a participación e a satisfacción dos participantes.
* As actividades axústanse ao previsto, e compróbase a súa idoneidade, especialmente nas de integración de distintas idades ou sectores.
* As técnicas de expresión, de representación e/ou lúdicas axústanse ao previsto ou ao ensaiado na preparación, e achegan información aos usuarios ou participantes cando así o demanden ou cando se detecten desviacións dos usos ou dos resultados previstos para as técnicas.
* A resolución de continxencias permite mellorar a satisfacción e a participación dos usuarios.

4.4.Avaliar o desenvolvemento do proxecto segundo o procedemento definido, co fin de garantir a toma de decisións e a continuación ou modificación do proxecto.* As actividades e as técnicas de avaliación permiten identificar as necesidades e os logros obtidos e levar a cabo o proceso de toma de decisións.

* Aplícanse os instrumentos de avaliación cos procedementos e nos momentos establecidos e, de ser o caso, utilízanse as axudas técnicas previstas, co fin de mellorar a información obtida.

* A análise da información recollida permite valorar os logros obtidos.
* A valoración realizada permite a toma de decisións respecto á marcha, a modificación ou o cambio do proxecto ou da actividade.
* Realízase cos medios e os métodos previstos a preparación da información de avaliación.
* Realízase a presentación da información de avaliación destinada ás instancias superiores definidas pola institución, co procedemento establecido e nos prazos previstos.
* Realízase segundo o procedemento previsto a presentación da información de avaliación aos participantes, facilitando a súa participación na toma de decisións respecto ao futuro do programa ou proxecto.

Dominio profesional

* Materiais e produtos intermedios.

Medios formalizados de recolección de información. Documentos de especificación de uso dos materiais. Material de rexistro audiovisual. Documentación de rexistro de información. Material deportivo diverso, segundo o tipo de actividade (terreos da aventura, campamentos, instalacións deportivas comunitarias ou de lecer, comercial, etc.). Material de xogos de diverso tipo (de rol, de mesa, educativos, etc.). Xoguetes de diverso tipo, seleccionados segundo as persoas a que se destinan e os intereses coñecidos. Materiais e equipamentos audiovisuais. Materiais e equipamentos de ambientación de espazos.

* Principais resultados do traballo.

Desenvolvemento de actitudes e valores sociais para a utilización creativa do tempo libre, manexando recursos de lecer.

* Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos de programación e avaliación de proxectos de intervención. Procedementos de intervención con recursos lúdicos. Procesos e técnicas de comunicación. Técnicas de dinamización de grupos. Técnicas de expresión e representación. Procedementos de organización de recursos de ambientación e uso persoal. Procedementos para a organización de servizos de lecer.

* Información (natureza, tipos e soportes).

Bibliografía específica. Programas de intervención social. Plan xeral de obxectivos empresariais. Normas de seguridade para a utilización de espazos natu

rais. Normativa específica do sector (responsabilidade civil, seguridade de edificios e instalacións, etc.). Normas de seguridade de uso de materiais deportivos cunha práctica que implique risco para os participantes. Documentación de regulamentación de xogos e actividades deportivas.

* Persoal e organizacións destinatarias dos servizos.

Clientes, usuarios ou participantes nos proxectos e nas actividades. Instalacións e empresas de actividades deportivas. Fundacións ou organismos empresariais con programas de lecer. Servizos sociais ou culturais con programa de lecer (residencias de anciáns, residencias de discapacitados, centros de menores, hospitais, centros cívicos, centros culturais, etc.). Servizos ou departamentos de empresas comerciais de lecer ou turísticos (servizos de bar, de restaurante, de venda de artigos diversos, etc.).

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia deste técnico:

* Prevese unha maior presenza de empresas de servizos socioculturais, requiridas por contratación ou subcontratación de programas e actividades, destinados tanto ao sector privado como ao público.

* Incrementarase o peso das actividades de lecer, co que o mercado se orienta á oferta de actividades destinadas á poboación en xeral.

* O incremento de programas de atención de comunidades residenciais ou terapéuticas vai incrementar os seus ámbitos de intervención a residencias de anciáns, hospitais ou similares.

* O incremento de actividades vai aumentar o volume dos equipos de educadores e animadores, que tenderán á xerarquización funcional e laboral.

* A lei de mecenado pode provocar o pulo de programas de xestión cultural.

* Incrementaranse os equipamentos específicos para unha idade evolutiva determinada ou para actividades concretas de tempo libre.

* Os cambios no sector da comunicación poden derivar nun maior coñecemento e manexo, no relativo ao usuario, aos equipamentos e aos materiais novos.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O pulo da animación comunitaria como servizo complementario ás ofertas asistenciais e das actividades socioculturais das empresas, a evolución da crise económica e os orzamentos da Administración pública xeran un ámbito de traballo de fortes altibaixos, onde a contratación sofre unha forte variabilidade.

Os programas de desenvolvemento local e de xeración de actitudes cívicas levan emparellado un incre

mento de actividades de promoción, con utilización de medios de comunicación de masas.

Os programas de integración e de igualdade de oportunidades han exixir un importante labor de adaptación didáctica das súas actividades.

O incremento da competencia entre empresas de servizos ha obrigar a unha continua posta ao día sobre situacións e actividades de intervención, así como a unha valoración maior da avaliación das técnicas e da calidade dos programas e das actividades.

Semella probable que o crecemento do tecido asociativo determine a aparición de actividades específicas de auditoría e de asesoría a asociacións e a colectivos.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación en estratexias de intervención deste técnico débese enfocar a conseguir unha concepción global do proceso de intervención, valorando os aspectos educativos e un coñecemento amplo de distintas modalidades e actividades de intervención que lle permitan actuar neste campo de xeito sistemático e cunha conciencia permanente de actualización profesional.

Deberá ampliar o coñecemento dos sectores sociais cara aos cales pode orientar o seu traballo e as dinámicas que xeran, debido á ampliación das actividades culturais e de lecer e tempo libre en todo o tecido social.

A exixencia de maior presenza das persoas e dos grupos a que destina a súa actividade e o incremento dos sectores sociais afectados ha exixir un maior coñecemento das técnicas necesarias para a recollida e a análise de información social.

A cada vez maior utilización dos medios de comunicación de masas ha provocar un maior grao de coñecemento sobre o funcionamento e as posibilidades de aplicación.

O crecemento de empresas privadas e a prestación de servizos a través das fundacións levan emparellado un maior coñecemento dos procedementos e métodos de xestión económica e administrativa.

A maior competencia ha exixir un maior rigor e coñecemento das técnicas, dos métodos e os procedementos de avaliación de intervencións sociocomunitarias.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico poderá exercer a súa actividade nos sectores de intervención social, turismo e actividades recreativas, e nas áreas de programación, organización, desenvolvemento, seguimento e avaliación de proxectos de animación sociocultural, así como colaborar na elaboración de programas de intervención sociocomunitaria.

Os principais subsectores en que pode desenvolver a súa actividade son:

* Actividades de servizos sociais, con ou sen aloxamento, actividades asociativas, servizos culturais,

actividades de feiras e parques de atraccións e outras actividades de espectáculos.

* En xeral, poderase integrar en calquera estrutura ou organización empresarial que contemple a realización de actividades de intervención comunitaria, traballo con grupos, colectivos ou asociacións, programas de dinamización cultural ou de lecer e tempo libre.

* Poderá participar na realización de programas diversos de asistencia social ou motivación de comportamentos cidadáns, sempre baixo a supervisión de persoas de niveis superiores, das cales recibirá instrucións e a quen informará.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo xeral da intervención comunitaria e actividades de lecer e tempo libre. Están ligados directamente a:

* Métodos e instrumentos de obtención e almacenaxe de información e análise de realidades sociocomunitarias.

* Metodoloxía de intervención e procedementos de elaboración e avaliación de programas destinados a distintos sectores, ámbitos e contextos de intervención. Aplicacións didácticas.

* Xestión dos recursos e equipamentos socioculturais: xestión de recursos humanos. Procedementos de xestión económico-administrativa. Procedementos de xestión de almacén. Procedementos de xestión de contratos. Procedementos de aplicación de seguros.

* Procedementos de programación, organización e dinamización de actividades de intervención en desenvolvemento comunitario: campañas e actividades de promoción de actitudes e valores comunitarios. Características, organización e posibilidades de uso dos medios de comunicación de masas. Técnicas de investigación-acción participativa. Asesoramento e traballo asociativo.

* Procedementos de programación, organización e dinamización de actividades culturais: técnicas de expresión e representación. Procedementos de utilización plástica de medios audiovisuais. Organización de acontecementos. Organización de talleres artesáns e de expresión plástica.

* Procedementos de programación, organización e dinamización de actividades de lecer e tempo libre: aspectos lúdicos das actividades humanas. Xogos diversos. Actividades de aire libre e deportivo-recreativas. Técnicas de expresión e representación.

* Coñecementos transversais: dinámica de grupos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competen

cia profesional definida no perfil do título: coordinación de programas de intervención específicos (por idade ou sectores de intervención); animación de equipamentos especializados (ludotecas, centros culturais e cívicos, albergues e campamentos, etc.); animación comunitaria; animación ou monitorado cultural; animación ou monitorado de tempo libre; animación hospitalaria.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Aplicar os fundamentos científicos apropiados para a intervención social á análise de contornos, necesidades e demandas de intervención de distintos colectivos, utilizando técnicas apropiadas de obtención de información.

* Caracterizar e valorar a profesión de animación sociocultural no ámbito da intervención social e a pedagoxía do tempo libre.

* Programar e organizar as súas intervencións utilizando técnicas e instrumentos adecuados, adaptándose aos contextos en que actúa e favorecendo a participación das persoas que integran os proxectos.

* Organizar os recursos metodolóxicos para os proxectos de intervención identificando os presentes, os ausentes e os posibles, ou xeralos cando non existan, utilizando técnicas e procedementos adecuados.

* Desenvolver proxectos de desenvolvemento comunitario, animación cultural e animación de tempo libre, aplicando estratexias de dinamización adecuadas que permitan a implicación das persoas que integren o proxecto e o desenvolvemento de valores e actitudes sociais que favorezan as relacións e integración de persoas, grupos e comunidades.

* Guiar as actividades cuxa preparación o acredite para desenvolver, utilizando os recursos e as técnicas asociadas de forma adecuada ao contexto, favorecendo a participación e a concienciación fronte aos problemas sociais e a utilización grata, participativa e creativa dos recursos culturais e de tempo libre.

* Avaliar proxectos e procesos de intervención, así como da súa propia actuación, utilizando técnicas e instrumentos axeitados, favorecendo a toma de decisións e modificando a súa intervención e as súas actitudes segundo a evolución do proxecto e das persoas que o integran.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula as actividades profesionais da animación sociocultural, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e adquirindo as capacidades de comprender os procedementos habituais e de actuar con eficacia ante as continxencias que se poidan presentar.

* Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir unha correcta información e resolver situacións conflitivas, tanto no ámbito das relacións no contorno de

traballo como nas relacións cos participantes e os usuarios.

* Utilizar e procurar fontes de información e de formación relacionadas co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento do sector da intervención social e da animación sociocultural, e a súa inserción nel, así como a evolución e a adaptación das capacidades profesionais propias aos cambios tecnolóxicos e organizativos que se han producir ao longo de toda a súa vida activa.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar, planificar e xestionar unha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

Capacidades terminais elementais

* Aplicar os procedementos e as técnicas adecuadas para a obtención e a valoración da información necesaria na realización de estudos do sector referentes a pequenas empresas, organismos e colectivos.

* Analizar os procedementos para a constitución dunha pequena empresa do sector de acordo coa lexislación vixente.

* Interpretar a lexislación vixente que regula a posta en marcha dunha pequena empresa do sector.

* Analizar a organización de recursos na prestación de servizos dunha pequena empresa de actividades do sector.

* Definir, analizar e precisar as variables na xestión dunha empresa de actividades do sector.

* Precisar as variables laborais dun empresario do sector.

* Determinar, a partir de diferentes ofertas de produtos ou servizos existentes no mercado, cal delas é a máis vantaxosa en función duns parámetros dados.

* Analizar, a partir dun programa de actividades perfectamente caracterizado, a súa estrutura organizativa, os seus recursos humanos e demais características.

* Analizar os procedementos de administración básicos relativos á xestión dunha pequena empresa.

* Elaborar a documentación xerada a partir dos procedementos administrativos básicos relativos á xestión dunha pequena empresa.

* Analizar e describir os distintos instrumentos ou medios promocionais utilizados no sector e relacionalos cos obxectivos propostos e cos destinatarios.

Contidos (duración: 110 horas)

Contidos procedementais

Identificación das fases dun estudo de investigación.

Utilización das técnicas ou os procedementos de obtención de información adecuados a cada caso.

Comprobación das aplicacións da estatística á investigación social e de mercados.

Simulación da creación dunha pequena empresa do sector.

Manexo e aplicación de conceptos relacionados coa empresa: xestión, posta en marcha, legalización, etc.

Análise dos trámites e dos documentos necesarios para a posta en práctica da xestión e legalización dunha pequena empresa do sector.

Realización da liquidación do IVE e do IRPF.

Identificación das técnicas de negociación na compravenda e de atención ao cliente más importantes nunha xestión comercial.

Utilización dos instrumentos e dos métodos de control promocional máis adecuados a cada caso nas accións promocionais.

Establecemento dos criterios e dos procedementos na elaboración dunha oferta de actividades.

Establecemento dos métodos de control na valoración da calidade do servizo prestado.

Utilización de programas informáticos de xestión de empresa e tratamento da información.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Concepto xurídico-económico de empresa.

* Definición da actividade.

* Estrutura organizativa e funcional.

* Regulación aplicable ao sector.

Investigación social e de mercados.

* Obtención de información: observación, enquisa e cuestionario.

Creación e legalización de pequenas empresas do sector.

* Formas xurídicas de empresa.

* Elementos patrimoniais.

* Recursos humanos, materiais e económicos.

Regulamento das relacións laborais.

* Convenio do sector.

* Tipos de contratos laborais.

* Nóminas e seguros sociais.

Xestión administrativa.

* Documentación administrativa.

* Libros mercantís.

Servizos bancarios para a pequena empresa.

Compravenda e alugamento de bens inmobles.

Obrigas fiscais.

* Impostos máis importantes que afectan á actividade da empresa.

* Fontes de financiamento.

* Préstamos bancarios a curto e a longo prazo.

* Ratios económico-financeiras do sector.

Accións promocionais: instrumentos e métodos de control.

Oferta xeral de actividades. Elaboración.

Valoración da calidade do servizo prestado.

* Conceptos básicos de calidade de prestación dun servizo e o seu control.

Contidos actitudinais

Recoñecemento e valoración da importancia de todos os pasos para a creación dunha empresa de servizo.

Respecto pola lexislación vixente.

3.2.2. Módulo profesional 2: desenvolvemento comunitario.

Asociado á unidade de competencia 2: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de intervención comunitaria.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e definir as necesidades e demandas dun determinado colectivo para poder facer unha intervención comunitaria.

* Determinar, a partir duns proxectos de desenvolvemento comunitario, os seus elementos máis salientables.

* Describir contextos e organizacións comunitarias, mediante documentación gráfica, e indicar posibles procesos de intervención.

* Preparar e motivar os distintos participantes, voluntarios e profesionais que interveñan nun proxecto de desenvolvemento comunitario para asegurar a súa marcha.

* Comprobar que o orzamento asignado para o desenvolvemento dun proxecto cubra a previsión de gastos e, de non ser así, facer os axustes pertinentes.

* Describir o marco legal que regula a creación, a xestión e o funcionamento das distintas asociacións.

* Identificar necesidades e demandas características de colectivos con dificultades especiais para a súa integración comunitaria, e indicar as axudas técnicas e as adaptacións que precisen os proxectos e as actividades de desenvolvemento comunitario.

* Describir as distintas modalidades de recursos de desenvolvemento comunitario, e indicar as súas características e as institucións que as ofrecen.

* Establecer os recursos dispoñibles e os criterios de selección e de utilización aplicables en distintos contextos de animación sociocultural.

* Elaborar mensaxes e establecer os medios de difusión que se deban utilizar nunha campaña de sensibilización cidadá, para un colectivo e nun contexto determinado.

* Asignarlles as tarefas e as responsabilidades aos membros participantes para levar a cabo un programa determinado.

* Determinar o espazo e os equipos necesarios onde se vaian desenvolver as sesións informativas no marco dun programa de intervención.

* Definir as pautas de participación e intervención, e o tempo de duración, así como realizar os axustes necesarios en supostos de sesións informativas.

* Establecer as adaptacións necesarias na utilización de recursos para colectivos con necesidades especiais.

* Definir obxectivos, xeitos de intervención e actividades para o desenvolvemento dun proxecto de animación comunitaria.

* Supervisar as programacións, comprobar que se axusten aos obxectivos e prestar apoio técnico ao grupo cando o precise.

* Determinar os recursos e os medios necesarios para o desenvolvemento dun proxecto dunha campaña informativa.

* Seleccionar e elaborar as mensaxes e as canles de difusión adecuadas para a divulgación da campaña informativa.

* Definir criterios de uso, accesibilidade e dispoñibilidade de recursos comunitarios para o desenvolvemento dun proxecto.

* Seleccionar os recursos necesarios para a xeración de mensaxes, materiais e actividades de promoción de valores e actitudes sociais.

* Procurar información social nas diversas fontes: programas de intervención nos organismos públicos e privados, lexislación de integración social e asociacionismo, redes informáticas, rexistros de asociacións e grupos para desenvolver proxectos de intervención comunitaria, etc.

* Aplicar as diversas técnicas avaliativas para identificar as necesidades e os logros obtidos, e poder facer unha valoración do proxecto.

* Realizar informes de avaliación co fin de continuar ou modificar o proxecto intervención comunitaria.

Contidos (duración: 160 horas)

Contidos procedementais

Intervención comunitaria.

* Identificación das necesidades e das demandas de colectivos específicos para poder levar a cabo intervencións comunitarias.

* Selección e aplicación das estratexias de dinamización para aplicar aos participantes que interveñen nun proceso de desenvolvemento comunitario.

* Procura e compilación de organizacións comunitarias, colectivos e contextos onde se poidan desenvolver procesos de intervención comunitaria.

* Análise dos contextos e dos sectores do contorno onde se poida facer un proceso de intervención.

* Identificación dos valores sociais das estruturas comunitarias contemporáneas.

Desenvolvementos de proxectos de intervención comunitaria.

* Análise das estruturas comunitarias do noso contorno.

* Selección das distintos instrumentos metodolóxicos para a planificación de proxectos de grupo.

* Identificación das necesidades e das demandas características de colectivos con dificultades específicas, indicando as axudas técnicas e as adaptacións que precisen os proxectos de intervención comunitaria.

* Descrición de diversas técnicas e de métodos específicos de animación no desenvolvemento comunitario.

* Determinación do espazo para poder levar a cabo unha sesión informativa nun proxecto de intervención comunitaria.

* Aplicación de técnicas e procedementos adecuados ante situacións de alarma en sesións informativas de programas de intervención sociocultural.

* Identificación das técnicas e das funcións avaliativas para garantir a continuación dun proxecto.

* Selección dunha posible resposta con capacidade de resolución ante un problema presentado por un colectivo ou unha asociación.

Recursos de desenvolvemento comunitario.

* Investigación dos recursos sociocomunitarios e económicos existentes para un programa de desenvolvemento comunitario.

* Identificación dos recursos etnográficos e históricos para poder levar a cabo un programa de desenvolvemento comunitario.

* Identificación e clasificación das características dos recursos de expresión gráfica.

* Selección dos recursos de difusión para un determinado proxecto de desenvolvemento comunitario.

* Elaboración de criterios de exclusión para a organización e utilización dos recursos a partir de proxectos de desenvolvemento comunitario.

* Realización e análise das condicións básicas de calidade, valores e posibilidades dun determinado recurso para o desenvolvemento comunitario.

* Definición de adaptacións na utilización dos recursos para colectivos con dificultades especiais.

Contidos conceptuais

Intervención comunitaria.

* Análise de comunidades: conceptos fundamentais.

* Estruturas e organizacións comunitarias na sociedade actual.

* Contextos, ámbitos e sectores de intervención: ámbitos socioeducativos, sociolaborais, socioculturais e sanitarios.

* Proceso de intervención comunitaria.

* Valores actuais nas estruturas comunitarias contemporáneas.

Desenvolvemento de proxectos de intervención comunitaria.

* Análise das estruturas comunitarias: grupos, organizacións e institucións.

* Instrumentos metodolóxicos para a planificación de proxectos de grupos.

* Necesidades especiais en colectivos específicos.

* Técnicas e métodos específicos de animación no desenvolvemento comunitario.

* Elementos avaliativos.

* Problemas operativos na práctica.

Recursos no desenvolvemento comunitario.

* Recursos socioeconómicos e comunitarios.

* Recursos etnográficos e históricos.

* Recursos de expresión gráfica.

* Recursos de comunicación.

* Medios non formables.

* Organización dos recursos: campañas informativas e formativas e traballo asociativo (pasos previos, recursos humanos e recursos materiais).

Contidos actitudinais

Interese por coñecer os termos específicos relacionados co desenvolvemento comunitario.

Valoración das funcións, as aptitudes e as actitudes do animador sociocultural.

Consciencia da necesidades dos distintos colectivos humanos.

Valoración das características da organización comunitaria na sociedade e a súa incidencia no desenvolvemento social actual e futuro.

Interese por coñecer o marco legal que regula a creación, a xestión e o funcionamento das asociacións.

Toma de conciencia da importancia da actuación do voluntariado social nos programas de desenvolvemento comunitario.

Valoración da importancia dos recursos materiais e humanos nos proxectos de desenvolvemento comunitario para colectivos con necesidades especiais.

Rigor e decisión para a resolución de conflitos ante un problema determinado.

Interese por coñecer os diversos recursos gráficos e a súa aplicación no desenvolvemento comunitario.

Valoración da importancia da organización dos recursos para poder desenvolver unha campaña informativa nun programa de desenvolvemento comunitario.

Consciencia da importancia dos instrumentos e das técnicas de avaliación no desenvolvemento dun proxecto determinado.

3.2.3. Módulo profesional 3: animación cultural.

Asociado á unidade de competencia 3: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación cultural.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describir as demandas culturais dos colectivos da sociedade.

* Analizar as actitudes dun determinado colectivo fronte a unha actividade cultural e identificar as características significativas do ámbito cultural na sociedade.

* Identificar as implicacións do ámbito cultural no desenvolvemento social actual e futuro.

* Definir programas de animación cultural achegando métodos e procedementos de intervención.

* Obter a información de contornos delimitados, orientada á formulación de hipóteses de intervención cultural.

* Identificar proxectos de animación cultural establecendo os obxectivos, os tempos das actividades, e as técnicas e os recursos necesarios.

* Desenvolver proxectos de animación cultural relativos a teatro, música, lírica, danza, artes plásticas, etc.

* Adaptar obxectivos de proxectos segundo o grupo a que vaian dirixidos.

* Establecer os tempos de realización, as técnicas e os recursos necesarios.

* Describir as condicións de seguridade que deben reunir os espazos que o proxecto cultural necesite.

* Manexar os materiais audiovisuais para o rexistro de imaxes e sons que cada proxecto requira.

* Describir os materiais, os servizos de contratación, a lexislación aplicable e os procedementos que cada proxecto requira.

* Seleccionar os medios de seguridade máis axeitados ante o desenvolvemento de programas culturais, segundo a normativa vixente.

* Identificar as principais institucións e os organismos que achegan recursos para o desenvolvemento de programas de animación cultural.

* Seleccionar a lexislación que regula a intervención nos programas de animación cultural.

* Relacionar os procesos para seguir no desenvolvemento de programas de animación sociocultural de índole variada.

* Identificar centros de interese e seleccionar as técnicas de motivación aplicables a un grupo definido para poder desenvolver un proxecto.

* Identificar as principais fontes e técnicas de obtención de información dos participantes.

* Elaborar programas de selección e concursos, e analizar as normas e os procedementos relativos á resolución de premios.

* Determinar as modificacións necesarias para satisfacer as demandas do grupo de intervención.

* Seleccionar axudas técnicas e detectar as adaptacións necesarias que se deban realizar nas actividades culturais en que interveñan colectivos con necesidades especiais.

* Confeccionar ou procurar os materiais necesarios para a ambientación dunha actividade cultural previamente deseñada.

* Definir os criterios de adquisición e mantemento dos recursos de animación cultural.

* Organizar e clasificar os recursos de xeito que permitan comprobar a cantidade e o estado dos materiais.

* Describir os criterios e pór en práctica os procedementos de préstamo e devolución dos recursos de animación.

* Seleccionar os instrumentos de avaliación que se deben aplicar para a valoración tanto interna como externa do proxecto.

* Aplicar os instrumentos de avaliación que permitan identificar as necesidades e os logros obtidos, e introducir as modificacións necesarias para que o proxecto sexa viable.

* Elaborar informes segundo o procedemento establecido en que recollan os resultados acadados.

Contidos (duración: 160 horas)

Contidos procedementais

Pedagoxía da intervención cultural.

* Análise dos antecedentes históricos da animación cultural.

* Identificación das características da cultura na sociedade actual.

* Procura e selección dos distintos campos de intervención cultural e das diversas fontes e técnicas de obtención de información.

* Selección, entre a lexislación vixente, da normativa que afecte á intervención cultural.

* Identificación dos valores dun grupo social para unha posible intervención cultural.

Desenvolvemento de proxectos de animación cultural.

* Identificación ou detección das necesidades e dos intereses de animación cultural no noso contorno.

* Elaboración de proxectos de animación cultural.

* Identificación de colectivos específicos con necesidades culturais especiais.

* Elaboración de proxectos de animación cultural para colectivos con necesidades especiais.

* Detección de problemas que xorden como consecuencia da posta en marcha do proxecto de animación cultural, e aplicación de medidas correctoras.

Recursos de animación cultural.

* Análise dos antecedentes históricos das artes escénicas.

* Clasificación das características específicas das artes escénicas (teatro, mimo, monicreques, etc.) e indicación da súa contribución á animación cultural.

* Selección de recursos das linguaxes, as artes literarias e os medios audiovisuais, xornais populares, xornais murais, talleres literarios, uso de medios de comunicación de masas, etc., para animación cultural.

* Identificación das achegas da artesanía á animación cultural: cerámica, traballo en barro, talla de madeira, bordado, macramé, encaixe, croché, cestaría, traballo en pel, xoguetes e monecos, etc.

* Clasificación das características específicas do folclore.

* Selección e adaptación dos recursos de animación citados para a aplicación a grupos específicos con necesidades especiais.

* Organización e clasificación dos recursos materiais: material funxible, instrumentos materiais, ferramentas, equipamentos, etc.

Contidos conceptuais

Pedagoxía da intervención cultural.

* Concepto de cultura. Antecedentes.

* Características da cultura na sociedade actual.

* Democratización e democracia cultural.

* Campos e contextos de intervención cultural.

* Marco legal.

* Cultura e valores.

Desenvolvemento de proxectos de animación cultural.

* Animación cultural: modelos de intervención.

* Fundamentación do proxecto.

Instrumentos metodolóxicos para a planificación de proxectos de animación cultural.

* Elementos avaliativos.

* Informe final.

* Necesidades especiais no campo cultural con colectivos específicos.

* Técnicas e métodos específicos de animación no campo cultural.

* Problemas operativos da práctica.

Recursos da animación cultural.

* Artes escénicas: concepto, antecedentes, clases e características específicas.

* Artes plásticas: concepto, clases e características específicas.

* Linguaxes e medios audiovisuais: clases e características específicas.

* Artes literarias: concepto, clases e recursos culturais específicos.

* Artesanía: concepto, clases e recursos culturais específicos.

* Folclore: concepto e antecedentes históricos.

* Fondos de produtos culturais como recurso.

* Recursos tecnolóxicos.

* Organización dos recursos: acontecementos, obradoiros e outras formas de achegamento á cultura e á creatividade cultural (pasos previos e recursos humanos e materiais).

Contidos actitudinais

Animación cultural.

* Toma de conciencia da importancia da animación cultural como un factor de cambio na sociedade.

* Interese por coñecer as características da cultura no noso contorno.

* Apreciación da necesidade de coñecer o desenvolvemento de proxectos de animación cultural.

* Interese polo coñecemento das necesidades culturais dos colectivos con necesidades especiais.

* Interese polo coñecemento de métodos específicos de animación no campo cultural.

* Consciencia da importancia de aplicar con rigor elementos avaliativos.

* Interese por coñecer diferentes recursos de animación cultural.

* Valoración dos fondos de recursos culturais como medios para a animación cultural.

3.2.4. Módulo profesional 4: animación de lecer e tempo libre.

Asociado á unidade de competencia 4: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación de lecer e tempo libre.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describir as demandas de lecer dos distintos colectivos da sociedade occidental.

* Analizar criticamente as actitudes dun determinado colectivo fronte a unha actividade de lecer.

* Identificar as características significativas dos conceptos de lecer e tempo libre.

* Identificar as implicacións que as formas de vida actual xeran no desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre.

* Compilar as distintas institucións, os servizos e os contextos de lecer e tempo libre a partir de documentación específica en diversos soportes.

* Analizar documentación específica sobre proxectos de lecer e tempo libre, e destacar os seus aspectos máis salientables.

* Xustificar as diversas actividades dun proxecto de lecer e tempo libre aplicado a un colectivo determinado.

* Elaborar propostas que cubran as necesidades de lecer e tempo libre de distintos colectivos segundo idade e outras características relevantes.

* Ofrecer actividades de animación para colectivos e clasificalas segundo os grupos de idade a que vaian destinadas.

* Seleccionar os instrumentos de reflexión individual ou colectiva para diagnosticar necesidades de lecer e tempo libre.

* Seleccionar as axudas técnicas e detectar as adaptacións necesarias que se deban realizar nas actividades de lecer e tempo libre en que interveñan colectivos con necesidades especiais.

* Efectuar as adaptacións necesarias nos recursos para poderen ser utilizados por usuarios con necesidades especiais.

* Deseñar actividades de lecer e tempo libre indicando os diferentes recursos que se precisan para o seu desenvolvemento e os espazos en que se deben realizar.

* Compilar os recursos necesarios para actividades previamente caracterizadas, e valorar a súa idoneidade.

* Confeccionar e/ou procurar os materiais necesarios para a ambientación dunha actividade de lecer ou tempo libre previamente caracterizada.

* Definir os criterios de adquisición e mantemento dos recursos lúdicos e de animación.

* Organizar e clasificar os recursos de forma que permitan comprobar a cantidade e o estado dos materiais.

* Describir os criterios e o procedemento de préstamo e devolución dos recursos de animación.

* Realizar préstamos, segundo procedementos establecidos, e comprobar a súa devolución no prazo fixado e nas condicións establecidas.

* Programar proxectos de animación de lecer e tempo libre definindo a secuencia dos obxectivos e as actividades para realizar.

* Determinar os recursos e os medios humanos que deban intervir nun determinado proxecto, e asignarlles tarefas e responsabilidades.

* Elaborar materiais informativos sobre proxectos programados, para a súa divulgación a través de diversos medios.

* Seleccionar os instrumentos de avaliación que se deban aplicar para a valoración do proxecto, tanto interna como externa.

* Aplicar plans de avaliación que permitan identificar as necesidades e os logros obtidos, e introducir as modificación necesarias para que o proxecto sexa viable.

* Elaborar informes, segundo o procedemento establecido, en que se recollan os resultados logrados.

Contidos (duración: 160 horas)

Contidos procedementais

Pedagoxía do lecer e do tempo libre.

* Análise dos factores que influíron na aparición do lecer e do tempo libre.

* Investigación da evolución histórica do lecer e do tempo libre.

* Identificación das características do lecer na sociedade actual.

* Compilación dos distintos servizos e das institucións de animación sociocultural no noso contorno.

* Identificación dos valores dun grupo social para unha posible intervención de lecer e tempo libre.

Desenvolvemento de proxectos de lecer e tempo libre.

* Adaptación de programas a contextos e a colectivos específicos de lecer e de tempo libre.

* Elaboración de proxectos de lecer e tempo libre.

* Identificación das diversas técnicas da animación no campo do lecer e o tempo libre.

* Elaboración de respostas creativas que dean solución a problemas puntuais.

* Análise das funcións da avaliación en animación sociocultural (ASC) e clasificación das diversas técnicas.

Recursos de lecer e tempo libre.

* Selección de xogos para desenvolver actividades en colectivos específicos.

* Detección de necesidades e demandas no noso contorno social.

* Análise da importancia do teatro como instrumento de ASC.

* Deseño dun taller adaptado a colectivos con necesidades especiais.

* Clasificación dos recursos humanos e materiais para desenvolver actividades de ASC.

Contidos conceptuais

Pedagoxía do lecer e do tempo libre.

* Lecer e tempo libre: concepto, antecedentes e características.

* Lecer e valores.

* Campos e contextos de intervención sociocultural.

Desenvolvemento de proxectos de lecer e tempo libre.

* Instrumentos metodolóxicos para a planificación de proxectos de grupo.

* Necesidades especiais, no campo do lecer, en colectivos específicos.

* Técnicas e métodos específicos de animación no campo do lecer e o tempo libre.

* Elementos de avaliación dos proxectos.

* Problemas operativos do desenvolvemento dos proxectos.

Recursos de lecer e tempo libre.

* Festas e xogos.

* Natureza: recurso e obxecto de animación.

* Expresión e representación como recursos de animación.

* Outros recursos de lecer e tempo libre (tecnoloxía, maquetismo, vida social, etc.).

* Organización dos recursos: programas de actividades, centros de recursos, pasos previos, recursos humanos e recursos materiais.

Contidos actitudinais

Consciencia da importancia do lecer e do tempo libre como factores de transformación do individuo e da sociedade.

Toma de conciencia da importancia da intervención sociocomunitaria como un factor de integración social.

Interese por coñecer as diferentes características do lecer e o tempo libre.

Actitude respectuosa cos diferentes colectivos humanos con necesidades específicas.

Potenciación da solidariedade e da igualdade social a través da intervención do lecer e do tempo libre.

Toma de conciencia das necesidades específicas de lecer e de tempo libre no noso contorno.

Valoración da importancia das axudas materiais e humanas no campo da ASC para colectivos especiais.

Apreciación da avaliación como proceso de cambio.

Apreciación da importancia da capacidade de respostas creativas na resolución de problemas.

Valoración da importancia do xogo como elemento integrador.

Toma de conciencia da importancia de respectar e conservar o medio, e de cooperar na súa recuperación.

Apreciación da necesidade de colaboración para poder desenvolver diversas actividades no campo da ASC.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 5: animación e dinámica de grupos.

Capacidades terminais elementais

* Identificar as características fundamentais das diferentes etapas do desenvolvemento humano co fin de as adecuar ás programacións e ás estratexias de animación e dinámica de grupos.

* Analizar a influencia dos factores sociolóxicos nas condutas específicas de diferentes colectivos.

* Identificar os diferentes contextos en que se pode desenvolver a animación sociocultural, para elaborar programas de intervención axeitados ás características dun determinado grupo.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións no ámbito da educación para o tempo libre e o lecer.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións problemáticas derivadas da sociedade actual.

* Analizar proxectos de animación de grupos en función da súa tipoloxía e dos seus obxectivos, co fin de elaborar propostas axeitadas a un grupo ou colectivo concretos.

* Aplicar en situacións simuladas distintas técnicas de dinámica de grupos e procedementos de animación.

* Identificar os diferentes elementos e as estratexias empregadas segundo a etapa educativa para conseguir unha boa comunicación.

* Identificar as interferencias que poidan dificultar a comprensión da mensaxe e propor un programa alternativo, valorando a súa eficacia na animación e na dinámica de grupos.

* Seleccionar e deseñar diferentes recursos comunicativos tendo en conta as características do medio en que se vaian aplicar, a finalidade e os recursos económicos dispoñibles.

* Utilizar as técnicas de comunicación verbal e xestual adecuadas a unha etapa educativa, contextualizando a actuación pola tipoloxía do grupo e os obxectivos propostos.

Contidos (duración: 110 horas)

Contidos procedementais

Animación como educación non formal.

* Procura, selección e análise de bibliografía relacionada co ámbito da animación.

* Comparación da situación da animación á infancia en Galicia e nos países do noso contorno.

* Comparación da lexislación sobre animación sociocultural de Galicia coa dos países do noso contorno.

Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación.

* Análise das principais características da personalidade humana.

* Identificación das características comúns e das peculiaridades psicolóxicas de determinados colectivos.

* Identificación dos diferentes papeis que xogan as persoas que integran un grupo.

* Emprego axeitado de técnicas sociométricas.

Proceso e métodos de intervención.

* Identificación das diferentes fases do proceso de planificación social.

* Análise de plans de intervención social.

Proxecto de animación.

* Realización de proxectos de animación en función dos contextos específicos.

* Avaliación de proxectos de animación.

* Utilización dos recursos axeitados en cada unha das fases da elaboración dun proxecto.

* Planificación de reunións de traballo.

* Dirección de reunións de traballo.

Animador: modelos e situacións de traballo.

* Identificación das diferentes situacións en que pode desenvolver o seu traballo o animador sociocultural.

* Elaboración de propostas de intervención para as diferentes situacións en que pode desenvolver o seu traballo.

* Avaliación de propostas de traballo para a animación sociocultural.

Dinámica e dinamización de grupos.

* Selección da técnica de animación de grupos axeitada en función das súas características.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de animación de grupos.

* Emprego axeitado de cuestionarios e técnicas de observación do funcionamento en grupo.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de resolución de conflitos en función das diferentes situacións de partida.

* Utilización de recursos gráficos e audiovisuais para a transmisión de información complementaria a unha actividade.

* Identificación das interferencias que dificultan a comprensión dunha mensaxe.

Contidos conceptuais

Animación como educación non formal.

* Animación sociocultural. Obxectivos e modalidades.

* Antecedentes históricos da animación sociocultural.

* Situación da animación sociocultural en Galicia e nos países do noso contorno.

* Lexislación específica sobre a animación sociocultural no noso país.

* Educador infantil como axente de animación.

Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación.

* Personalidade. A súa implicación na animación.

* Motivación.

* Formación de actitudes.

* Socioloxía do lecer e do tempo libre.

* Individuo e grupo.

* Tipos de grupos.

* Distribucións de funcións dentro dos grupos.

* Técnicas de análise sociométrica.

Proceso e métodos de intervención.

* Diferentes fases do proceso de planificación social: plans, programas e proxectos.

* Diferentes esquemas de planificación da intervención social.

Proxecto de animación.

* Elementos na elaboración do proxecto.

* Reunións de traballo: elementos da súa planificación e desenvolvemento.

Animador: modelos e situacións de traballo.

* Diferentes modelos de animador sociocultural.

* Intervención do animador no marco da educación social.

* Formación do animador sociocultural.

* Diferentes situacións de traballo do animador sociocultural.

Dinámica e dinamización de grupos.

* Diferentes técnicas de animación de grupos.

* Diferentes técnicas de resolución de conflitos.

* Principais técnicas de transmisión de información a grupos.

Contidos actitudinais

Animación como educación non formal.

* Interese polo mundo da animación sociocultural.

* Valoración dos programas de animación sociocultural como un progreso social.

Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación.

* Valoración do contexto social como propiciador de diferentes necesidades socioeducativas.

* Interese polos aspectos psicolóxicos e sociolóxicos relacionados coa animación.

Proceso e métodos de intervención.

* Capacidade de cooperación e de traballo en equipo.

* Curiosidade polo coñecemento de procesos e métodos de intervención social.

Proxecto de animación.

* Valoración da planificación como condición fundamental do éxito das reunións.

* Actitude positiva cara ao traballo en grupo.

* Actitude de respecto ante as opinións diferentes.

Animador: modelos e situacións de traballo.

* Valoración da especificidade das propostas de intervención para unha maior efectividade delas.

* Interese polo coñecemento de diferentes situacións de traballo do animador social.

Dinámica e dinamización de grupos.

* Sensibilidade para a intervención en grupos sociais.

* Interese polos aspectos relacionados coa dinámica e a dinamización de grupos.

* Valoración da importancia do coñecemento da dinámica e a dinamización de grupos como fundamental para o traballo con diferentes colectivos sociais.

3.3.2 Módulo profesional 6: metodoloxía da intervención social.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describir os antecedentes da intervención social para seguir a súa evolución histórica.

* Asociar a evolución da intervención social en España ao momento histórico-político e socioeconómico.

* Describir as tendencias internacionais en materia de intervención sociocultural.

* Analizar as teorías da intervención social para as comparar cos distintos modelos de intervención social.

* Seleccionar documentación e identificar teorías de intervención nos diferentes campos da animación social.

* Seleccionar as técnicas que permitan o axuste das metas que se deben conseguir en aspectos de planificación concretos.

* Explicar a relación entre os distintos elementos da programación e as teorías e modelos da intervención social.

* Elaborar supostos de proxectos de intervención social e especificar os elementos da súa programación.

* Aplicar e seleccionar distintas estratexias de intervención con persoas que interveñen nun proxecto.

* Comparar as relacións entre os elementos dun proxecto e a súa cohesión interna cos fins perseguidos.

* Elaborar propostas para a utilización de medios e materiais no desenvolvemento dun proxecto.

* Desenvolver proxectos de animación, aplicando os coñecementos da avaliación de intervencións sociais.

* Explicar os principais tipos e tipoloxías de animadores e seleccionar os papeis, as funcións e as tarefas do animador na intervención social.

* Identificar a importancia da empatía e tolerancia do animador na intervención social.

* Valorar os proxectos da avaliación como un elemento fundamental nos proxectos de intervención social.

* Identificar e seleccionar as principais fontes e técnicas de obtención de información no ámbito da intervención social.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Modelos e programas de intervención social en distintos ámbitos.

* Análise da política social na constitución española de 1978.

* Describir as orixes da intervención e o estado do benestar.

Programación.

* Identificación das técnicas e instrumentos da programación.

* Análise dos elementos da programación: formulación de obxectivos, metas e indicadores. Selección da metodoloxía. Criterio para temporalización de proxectos e actividades.

* Deseño de programas e proxectos de intervención social.

* Selección, a partir de supostos ou programacións reais, do xeito de utilización de dinámica de grupos na intervención social.

Avaliación.

* Identificación das características da avaliación na intervención social diferenciándoa doutras formas de avaliación.

* Identificación das diferenzas entre a avaliación experimental e a avaliación cualitativa.

* Análise das estratexias da avaliación desde a perspectiva do animador sociocultural.

* Análise das estratexias de autoavaliación do grupo.

* Clasificación das técnicas e os instrumentos de avaliación: observación formal e informal, entrevista, cuestionarios de avaliación e compilación documental.

* Selección das técnicas e os criterios de avaliación en supostos de planificación concretos.

* Proposta dun modelo de avaliación, experimental ou cualitativo, nun proxecto dado, e xustificación da selección realizada.

* Deseño de estratexias de avaliación adecuadas a distintos tipos de proxectos, razoando a selección dunha delas.

Outros instrumentos da intervención: investigación e acción.

* Procura, recollida e clasificación de información referidas ao marco xurídico e administrativo da intervención social.

* Selección dos distintos instrumentos da intervención social.

* Utilización dos medios audiovisuais na obtención e rexistros das informacións.

Valores dos profesionais da intervención social.

* Análise das actitudes e os valores que debe amosar o animador no seu traballo con colectivos con necesidades especiais.

* Identificación das características que deben reunir os distintos profesionais ao servizo da intervención social.

Contidos conceptuais

Modelos e programas de intervención social en distintos ámbitos.

* Evolución histórica da intervención social.

* Modelos de intervención social no noso país.

* Modelos de intervención social no ámbito da Unión Europea e noutros países relevantes.

Programación.

* Modelos.

* Tipos.

* Elementos que a integran.

Avaliación.

* Modelos de avaliación e teorías que os avalan.

* Tipos.

* Instrumentos.

Outros instrumentos da intervención.

* Técnicas de investigación na intervención da ASC.

-Técnicas de diagnóstico.

-Técnicas de definición de obxectivos.

-Técnicas de programación da acción.

-Técnicas de xestión de recursos.

-Técnicas de relación e comunicación.

-Técnicas de feed-back.

-Técnicas de avaliación.

Valores dos profesionais da intervención social.

* Perfil profesional do técnico en ASC.

* Funcións do técnico en ASC.

* Funcións e valores doutros profesionais: voluntariado social, axentes da intervención, etc.

Contidos actitudinais

Interese polo coñecemento das achegas históricas e as innovacións na intervención social.

Curiosidade polos factores que influíron na aparición e na evolución da intervención social.

Sensibilidade ante as necesidades específicas dos diferentes sectores evolutivos da sociedade actual.

Conciencia da necesidade da aplicación de programas de intervención social en sectores evolutivos.

Toma de conciencia da necesidade da aplicación de programas de intervención en colectivos específicos con necesidades especiais.

Interese polas técnicas, os instrumentos e os elementos da programación.

Preocupación polos programas e os proxectos de intervención social.

Toma de conciencia da importancia da dinámica de grupos na animación sociocultural.

Interese polo deseño de estratexias de avaliación adecuadas aos distintos tipos de proxectos.

Rigor na aplicación de técnicas de avaliación e de reformulación de obxectivos segundo os resultados.

Xustificación da necesidade do traballo en equipo no campo da animación sociocultural.

3.3.3. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 55 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Elaborar guións de traballo para a realización do proxecto de animación nos diferentes campos e contextos da animación sociocultural.* Seleccionar, dentro do ámbito da animación sociocultural, o sector e o contexto específicos en que se vaia desenvolver o proxecto.

* Procurar información específica sobre o sector e o contexto en que se vaia desenvolver o proxecto.

* Especificar o colectivo a que se dirixa o proxecto e describir a súa organización.
* Establecer o plan de traballo e a secuencia para seguir.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

2.Analizar as características e as necesidades do contexto e dos colectivos a que vai dirixido o proxecto, empregando as estratexias e os instrumentos adecuados.* Analizar as características específicas e as necesidades dos usuarios.

* Identificar e analizar as variables e os contextos para o desenvolvemento do proxecto: demográficos, socioeconómicos, culturais, xeográficos, etc.

* Analizar os recursos dispoñibles do contorno para o desenvolvemento do proxecto.

3.Definir a proposta de animación, tendo en conta a análise de necesidades e os recursos dispoñibles.* Definir os obxectivos do proxecto.

* Elaborar as fases do proxecto de animación e concretar as accións principais para cada unha delas.

* Concretar as necesidades e as estratexias de colaboración con outros profesionais e outras entidades colaboradoras.

4.Organizar os espazos, os tempos, os recursos materiais e humanos, e as axudas técnicas que cumpra para a posta en práctica do proxecto, atendendo a criterios de funcionalidade, seguridade, hixiene, normalización e integración.* Concretar os criterios de asignación de tarefas e funcións do persoal que participa no proxecto.

* Organizar os espazos en que se deban desenvolver as actividades previstas no proxecto.

* Deseñar as actividades.

* Elaborar un calendario de actividades, así como os horarios do persoal e dos destinatarios.

5.Elaborar o estudo económico do proxecto e analizar a súa viabilidade.* Calcular os requisitos económicos necesarios para a execución do proxecto.

Analizar os posibles recursos económicos dispoñibles.

* Procurar información sobre as posibles fontes de ingresos: subvencións, axudas da empresa privada, etc.
* Determinar a viabilidade económica do proxecto en función do orzamento.
6.Seleccionar os pasos necesarios para a adecuación do proxecto á normativa legal establecida.* Seleccionar a forma xurídica máis adecuada.

* Identificar a formalización da documentación legal específica para a regularización do proxecto nas administracións pertinentes.

7.Deseñar as estratexias e seleccionar os medios máis axeitados para a difusión do proxecto.* Seleccionar os medios máis apropiados para promocionar o proxecto.

* Deseñar materiais estratéxicos para a difusión do proxecto entre os colectivos a que pode ir dirixido.

8.Establecer criterios de avaliación apropiados que permitan facer un seguimento e unha avaliación do proxecto.* Elaborar ou seleccionar protocolos de avaliación.

* Modificar os aspectos necesarios tendo en conta os resultados obtidos na avaliación.

* Deseñar modelos de informes e memorias.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 740 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Participar no deseño de programas de intervención sociocultural dirixidos a destinatarios, colaborando de xeito responsable no centro de traballo.* Analizar as características propias do centro de traballo e o programa que se leve a cabo.

* Colaborar no desenvolvemento do programa de intervención adaptándoo aos destinatarios aos que vaia dirixido.

* Seleccionar as estratexias de intervención tendo en conta os obxectivos e os medios dispoñibles.

* Programar actividades tendo en conta os recursos humanos e materiais necesarios para o seu desenvolvemento.
* Achegar iniciativas para a resolución de problemas e unha mellora no desenvolvemento das actividades.
* Avaliar o programa de intervención sociocultural que se estea a levar a cabo.

2.Procurar e analizar información relativa aos destinatarios dos proxectos de intervención sociocultural.* Identificar as características propias dos destinatarios asignados.

* Colaborar na elaboración do protocolo de observación partindo das necesidades detectadas.

* Recoller e organizar información de xeito que se permita a toma de decisión do equipo de traballo e a súa intervención nos destinatarios.

3.Integrarse no equipo de traballo asignado de xeito activo e responsable, coordinándose con outros profesionais e mantendo relacións fluídas cos compañeiros.* Analizar os programas e as propostas de traballo, e identificar as funcións e as responsabilidades no equipo a que está adscrito.

* Participar nas estruturas sociais intervindo na dinámica do equipo, así como na formación do usuario.

* Manter unha actitude aberta e flexible ante as achegas dos integrantes do equipo, e proporcionar posibles solucións ante situacións conflitivas que afecten ao equipo de traballo.
* Seleccionar e aplicar as técnicas de dinámica de grupo que favorezan as relación do equipo de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Participar nas reunións organizadas polo equipo de traballo.
* Manter relacións fluídas na planificación e no desenvolvemento das actividades co titor do centro de traballo.

4.Realizar tarefas específicas de programación e intervención en proxectos de animación sociocultural, tendo en conta os recursos de espazo e tempo.* Realizar unha avaliación inicial do contexto onde se vaia desenvolver a intervención do proxecto utilizando as técnicas e os medios adecuados.

* Elaborar a programación do proxecto de intervención de ASC asignado.

* Organizar e implicar o persoal colaborador no proxecto de intervención.
* Elaborar os medios materiais, de ser preciso, para o desenvolvemento do proxecto de intervención.
* Organizar os espazos e os tempos previstos para poder levar a cabo adecuadamente o programa de intervención no campo da ASC.

5.Realizar actividades propias dun proxecto de ASC aplicado a un colectivo nun contexto determinado, tendo en conta os usuarios con necesidades educativas especiais.* Seleccionar e utilizar os recursos propios do modelo de intervención que se elixa.

* Resolver os conflitos ou as continxencias que se presenten, utilizando as técnicas máis adecuadas.

* Elaborar e aplicar os instrumentos de avaliación previstos modificando, de ser preciso, o plan de intervención.

* Colaborar con outros profesionais ou voluntarios, en caso necesario, para o desenvolvemento das actividades.
* Comunicarlles aos participantes, cos procedementos adecuados, as conclusións obtidas.

6.Avaliar a práctica realizada no centro de traballo, destacando os aspectos máis relevantes.* Elaborar os informes de avaliación onde se reflictan os cambios producidos nos grupos a raíz da súa intervención.

* Determinar os instrumentos de avaliación axeitados e os momentos da súa aplicación.

* Recoller nun documento a información técnica e práctica sobre o modelo de intervención e as técnicas de dinamización empregadas.
* Reflexionar sobre a súa propia intervención valorando a aplicación dos coñecementos, e as habilidades e actitudes desenvolvidas, e informar sobre as necesidades de capacitación profesional futura, segundo se requira.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

Respecto pola saúde persoal e colectiva.

Interese polas condicións de saúde no traballo.

Valoración do medio como patrimonio común.

Interese por coñecer e respectar as disposicións legais por que se rexen os contratos laborais.

Valoración e cumprimento da normativa laboral.

Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

Toma de conciencia dos valores persoais.

Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

Preocupación polo mantemento da ética profesional.

Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como os bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

Valoración crítica dunha economía de mercado.

Valoración da actuación do traballo en equipo.

Toma de consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Humanidades e ciencias sociais.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no cal se valorará a nota media.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de animación sociocultural.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativasFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

2Desenvolvemento comunitarioIntervención sociocomunitariaProfesorado de ensino secundario

3Animación culturalIntervención sociocomunitariaProfesorado de ensino secundario

4Animación de lecer e tempo libreServizos á comunidadeProfesorado técnico de FP

5Animación e dinámica de gruposIntervención sociocomunitariaProfesorado de ensino secundario

6Metodoloxía da intervención socialIntervención sociocomunitariaProfesorado de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Intervención sociocomunitaria-Mestre-Diplomatura en educación social-Diplomatura en traballo social

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de animación sociocultural require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Taller de servizos sociais120 m90 m80%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Animación cultural.

* Animación de lecer e tempo libre.

* Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Animación cultural.

* Animación de lecer e tempo libre.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Licenciatura en psicoloxía.

* Licenciatura en socioloxía.

* Licenciatura en pedagoxía.

* Diplomatura en educación social.

* Diplomatura en traballo social.

* Diplomatura en biblioteconomía e documentación.

* Mestre.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en turismo.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

160Desenvolvemento comunitario

160Animación cultural

160Animación de lecer e tempo libre

80Metodoloxía da intervención social

110Animación e dinámica de grupos

110Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

55Formación e orientación laboral

55Proxecto integrado

4º trimestre

740Formación en centro de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 70, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA