DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 18 de agosto de 2005 Páx. 14.354

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 330/2005, do 17 de agosto, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do falecemento de dezasete militares españois destinados en Afganistán.

Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento de dezasete militares españois destinados en Afganistán, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns.

É polo que

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Decláranse tres días de loito oficial en Galicia desde as 0.00 horas do día 18 de agosto ata as 24.00 horas do día 20 de agosto.

2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA