DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 17 de agosto de 2005 Páx. 14.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 2005 pola que se autoriza o cambio de denominación do CRA de Tui (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8.1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Código do centro: 36024112.

Denominación: Colexio Rural Agrupado de Tui.

Nova denominación: Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.