DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 12 de agosto de 2005 Páx. 14.186

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Publicado o Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, cómpre fixar a das distintas consellerías, que se estruturan nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Na súa virtude e segundo o disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada

pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

a) A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Secretaría Xeral de Relacións Institucionais.

3. Secretaría Xeral da Igualdade.

4. Secretaría Xeral do Benestar.

4.1. Dirección Xeral de Acción Social.

4.2. Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

b) Queda adscrito á Vicepresidencia o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 2º

a) A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral da Función Pública.

3. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

4. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

5. Dirección Xeral de Xustiza.

6. Dirección Xeral de Interior.

7. Dirección Xeral de Protección Civil.

8. Dirección Xeral de Administración Local.

b) Quedan adscritos a esta consellería os organismos autónomos:

1. Escola Galega de Administración Pública.

2. Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

Artigo 3º

a) A Consellería de Economía e Facenda estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

3. Dirección Xeral de Tributos.

4. Dirección Xeral de Orzamentos.

5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

2. O organismo autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

3. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

4. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

Artigo 4º

a) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Urbanismo.

3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

4. Dirección Xeral de Transportes.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O ente público Portos de Galicia.

2. O Xurado de Expropiación Forzosa, cuxa presidencia terá rango de dirección xeral.

Artigo 5º

a) A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

3. Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

4. Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

5. Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

b) Queda adscrito a esta consellería o ente público Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional.

Artigo 6º

a) A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

3. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

4. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

5. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

6. Dirección Xeral de Turismo.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

2. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 7º

a) A Consellería do Medio Rural estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

3. Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

4. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

5. Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

6. Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

2. O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Artigo 8º

a) A Consellería de Cultura e Deporte estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

3. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Dirección Xeral para o Deporte.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

Artigo 9º

a) A consellería de Sanidade estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Saúde Pública.

3. Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.

b) O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, estará adscrito organicamente a esta consellería e estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.

2. División de Asistencia Sanitaria.

3. División de Recursos Económicos.

4. División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

Artigo 10º

a) A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca.

4. Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

b) Queda adscrito a esta consellería o ente público Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Artigo 11º

a) A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

3. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

4. Centro de Desenvolvemento Sostible.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Augas de Galicia.

2. O ente público Obras e Servizos Hidráulicos.

Artigo 12º

A Consellería de Traballo estrutúrase nos seguintes órganos superiores.

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

3. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 13º

a) A Consellería de Vivenda e Solo estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Disposicións adicionais

Primeira.-As secretarías xerais das respectivas consellerías previstas neste decreto asumen as funcións e competencias atribuídas ás secretarías xerais técnicas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro. As demais secretarías xerais exercerán as funcións e competencias que lles sexan atribuídas en cada caso polos respectivos decretos que regulen as estruturas orgánicas dos departamentos aos que organicamente figuren adscritas segundo o establecido neste decreto.

Segunda.-En todas as consellerías existirá unha delegación provincial na que se integrarán os órganos e servizos existentes en cada provincia. Na Consellería de Economía e Facenda e na de Pesca e Asuntos Marítimos as delegacións serán territoriais.

Terceira.-Créanse as delegacións provinciais do Benestar Social, dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Cuarta.-As referencias contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, en canto ao conselleiro e á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, deberán entenderse referidas ao vicepresidente e á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Quinta.-As referencias contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, en canto ao conselleiro e á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, deberán entenderse referidas ao conselleiro e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sexta.-As referencias contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Augas de Galicia, en canto ao conselleiro e á Consellería de Medio Ambiente, deberán entenderse referidas ao conselleiro e á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Sétima.-As referencias contidas na normativa reguladora do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, en canto ao conselleiro e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, deberán entenderse referidas ao conselleiro e á Consellería de Vivenda e Solo.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mediante as disposicións oportunas dos conselleiros respectivos determinarase a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais e direccións xerais suprimidas, como consecuencia da estrutura orgánica que se fixa nos artigos precedentes, aos centros directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estrutura orgánica no nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes dos centros directivos que non fosen obxecto de supresión manterán a súa estrutura e funcións ata que se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto.

Disposición derrogatoria

Primeira.-Queda derrogado o artigo 4.3º do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

Segunda.-Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao disposto

neste decreto e, en particular, aquela normativa que regule estruturas orgánicas a nivel de dirección xeral non recollidas neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dite as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estrutura administrativa, sen que en ningún caso se poida orixinar incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para lle dar cumprimento ao disposto neste decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas

e Xustiza