DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 11 de agosto de 2005 Páx. 14.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Senax UTE 2 (Maessa-Lainsa).

Visto o expediente convenio colectivo de Senax UTE 2 (Maessa-Lainsa) (código de convenio 1504082), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-6-2005, e subscrito pola parte económica pola representación de Senax UTE 2 e pola parte social polo delegado de persoal o día 3-5-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xullo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de Senax UTE 2 (Maessa-Lainsa)

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo será de aplicación ao persoal de UTE (Maessa-Lainsa), adicado á limpeza industrial da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2006.

Quedará automaticamente denunciado a partir do día 1 de novembro de 2006, podendo iniciar a partir desa data a negociación dun novo convenio.

Será prorrogado en todos os seus conceptos mentres non se acade un acordo expreso nas novas negociacións.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas neste convenio forman un todo orgánico indivisible para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual, sen que caiba a aplicación illada dalgunha das súas partes.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensan e absorben todas as existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe das mesmas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás pactadas neste convenio, cando consideradas en cómputo anual, superen estas.

En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de interpretación.

Para a correcta interpretación e vixilancia do convenio crearase unha comisión mixta de interpretación formada polo comité de empresa e a representación dela que tomou parte nas deliberacións. A comisión será presidida por quen a mesma designe en cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez en cada unha das dúas representacións.

A comisión reunirase no prazo máximo de quince días desde a súa convocatoria e cantas veces sexa mester para resolver os problemas referentes á aplicación e interpretación do convenio, tendo as súas resolucións carácter vinculante.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas da seguinte forma:

-Xornada continuada: de luns a mércores de 7.00 a 15.00 horas; xoves e venres de 7.00 a 14.00 horas.

-Xornada partida: de luns a mércores de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 18.00 horas; xoves e venres de 8.30 a 13.15 e 14.45 a 17.00 horas.

O persoal en xornada partida pasará a xornada continuada durante o período do 15 de xuño ao 14 de setembro.

O persoal a xornada continuada disporá de 20 minutos de descanso para bocadillo, que terá a consideración de tempo traballado.

Os traballadores afectados por este convenio disporán de 15 minutos á saída do traballo para asearse.

Se durante a vixencia deste convenio se reducira a xornada semanal de Endesa (As Pontes de García Rodríguez), e sempre que esta non sexa inferior a 37 horas semanais, adaptaríase a xornada en base a tal redución.

Artigo 7º.-Retén de garda.

Os sábados, domingos e festivos haberá un retén de persoal de garda, nomeado pola empresa, caso de non existir voluntarios suficientes, con horario de 7.00 a 13.00 horas e descanso luns e martes.

Por cada sábado, domingo ou festivo traballado percibirán unha prima segundo o anexo, se ben, poderán optar por percibir a prima e dous días de descanso ou só tres días de descanso. O terceiro día de descanso cobrarase da mesma forma que un dos outros dous.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal terá unhas vacacións anuais retribuídas de 32 días naturais. Os maiores de 50 anos terán 33 días.

Estas vacaciones distribuiranse de tal forma que en todo momento estean traballando na C.T. As Pontes de García Rodríguez un mínimo de 17 persoas (60% do cadro de persoal).

A retribución será a do salario real correspondente á xornada ordinaria, exceptuando os complementos de distancia e transporte. Empresa e comité confeccionarán un calendario de vacacións procurando que todos os traballadores as collan entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Os traballadores que se incorporen á empresa ao longo do ano terán a parte proporcional de vacacións que lles correspondan. Obrigatoriamente colleranse dentro do ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

Artigo 9º.-Licenzas retribuídas.

O traballador, avisando coa debida antelación e posterior xustificación, terá dereito a licenzas retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días por enfermidade grave de familiar de primeiro grao. Asimílase a primeiro grao a parella con quen se conviva.

c) 5 días por falecemento de familiar en primeiro grao.

2 días por falecemento de familiar en segundo grao.

1 día por falecemento de familiar en terceiro grao.

d) 6 días por nacemento de fillo.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) A ter os permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudos para la obtención dun título académico ou profesional.

g) Ao tempo imprescindible para recibir asistencia sanitaria, debendo xustificarse adecuadamente o tempo de permanencia. O traballador terá dereito ao cobro dos complementos polo tempo que xustifique de permanencia en consulta.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) 1 día para a renovación do permiso de conducir.

j) 1 día para a renovación do DNI.

k) 1 día para o recoñecemento médico anual.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base é o que se establece para cada categoría na táboa salarial anexa. O salario base devéngase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento persoal por antigüidade consistirá en tres bienios do 5% do salario base e posteriores quinquenios do 7% do salario base. Respectarase o establecido no Decreto lexislativo 1, do 24-3-1995 que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo traballador afectado por este convenio terá dereito a percibir 2 pagas extraordinarias por importe segundo o anexo, ou a parte proporcional ao tempo traballado segundo o seu período de devengo. Estas pagas denominaranse de verán e Nadal.

A paga de verán devengarase proporcionalmente ao tempo traballado no primeiro semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de xuño.

A paga de Nadal devengarase proporcionalmente ao tempo traballado no segundo semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de decembro.

Artigo 13º.-Participación nos beneficios.

Coa nómina do mes de febreiro percibirase unha gratificación por participación nos beneficios consistente na cantidade que figura no anexo.

Devengarase do día 1 de xaneiro ao 31 de decembro, proporcionalmente ao tempo traballado.

Artigo 14º.-Complemento de actividade.

Percibirase para cada categoría, segundo a táboa salarial e por día efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Complemento de transporte e distancia.

Por día efectivo de traballo percibirase o complemento extrasalarial denominado complemento de transporte e distancia, na contía establecida na táboa salarial anexa.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade.

O traballador que realice a súa xornada de traballo entre as 22.00 e as 6.00 horas, percibirá en concepto de nocturnidade a cantidade establecida na táboa salarial anexa, por xornada efectivamente traballada.

Artigo 17º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

Pola excepcional toxicidade, penosidade e perigosidade que concorra en determinados postos de traballo percibirase un complemento na cuantía establecida na táboa salarial anexa, por xornada efectivamente traballada. Aboarase a parte proporcional no que exceda de 8 horas.

Percibirase o complemento nos seguintes traballos:

-Limpeza interior do silo de cinzas.

-Conduto de gases de saída e circulación.

-Limpeza interior de caldeira.

-Manta e alimentadores.

-Colectores e precipitadores.

-Prequentadores.

Así como en todos aqueles que legalmente se determine o dereito á súa percepción.

Artigo 18º.-Complemento de instrumentación.

O persoal que realice traballos de instrumentación percibirá por cada xornada de traballo un complemento que será equiparable ao complemento de pistola.

Artigo 19º.-Complemento de central.

O persoal que preste os seus servizos na central térmica percibirá un complemento por día traballado establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 20º.-Complemento de pistola.

Por día efectivamente traballado con pistola de auga a presión percibirase un complemento establecido na táboa salarial anexa.

Os seguintes traballos equipararanse, para efectos económicos, ao manexo de pistola de auga a presión:

-Aspirado de caldeira.

-Aspirado con equipo Munkero.

-Pistoleado con hidrolimpadora de presión.

Artigo 21º.-Complemento de varredora e outros complementos.

Os peóns que manexen varredoras automóbiles percibirán por día efectivo de traballo no dito posto un complemento establecido na táboa salarial anexa.

Os traballos realizados nos postos denominados, planta 2 de trituración, pozo de trituración, galerías (desde trituración a planta 6, e desde trituración a separación magnética), varanda de control, gorros chineses de cinza e cintas transversais de parque de carbóns, devengarán un complemento por día traballado establecido na táboa salarial anexa.

Pola excepcional toxicidade, o complemento devengado na planta 6, por día traballado, será o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 22º.-Traballos especiais e paradas programadas.

1. Caldeiras.

Os traballos especiais de caldeira realizaranse en dúas quendas de traballo diarias. Pola limpeza interior da caldeira completa percibirase unha prima establecida na táboa salarial anexa, ou a parte proporcional ao tempo traballado na dita limpeza. Independentemente percibirase o complemento de tóxico, penoso e perigoso.

2. Chemineas.

Establécese unha prima establecida na táboa salarial anexa por todos os conceptos. Se a limpeza se realiza fóra da xornada ordinaria, pagaranse as horas extras que correspondan.

3. Manta e alimentadores.

Establécese unha prima establecida na táboa salarial anexa por operario e servizo completo.

4. Colectores e condutos de gases de saída e circulación.

Establécese unha prima establecida na táboa salarial anexa por estes traballos.

5. Precipitadores.

Establécese unha prima establecida na táboa salarial anexa por liña completa realizada.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias exixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxentes: realización.

3. Horas extraordinarias estruturais e as necesarias por ausencias imprevistas: realización sempre e cando non sexa posible a substitución das mesmas por

contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

4. As horas extras aboaranse segundo a táboa salarial anexa e poderanse compensar a razón de 1 día de descanso por cada 5 horas extras realizadas.

5. As horas extras en sábado, domingo ou festivo aboaranse segundo a táboa salarial anexa, podéndose compensar a razón de 1 día de descanso por cada 4 horas realizadas.

En caso de ser chamado para a realización de horas extraordinarias aboarase un mínimo de 3 horas.

Mensualmente pasarase ao comité de empresa unha relación nominativa das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 24º.-Axuda de comida.

En concepto de suplidos establécese unha axuda de comida segundo a táboa salarial anexa por día traballado, para o persoal en xornada partida.

No caso de seguir facendo traballos despois da xornada laboral, aboarase este complemento. Non se aboará a dita axuda de comida cando:

-Sexa período de parada.

-Sexa sábado, domingo e festivo, se se aboa a hora de comida, como hora extra.

-Sexa día laboral, e se chame o persoal operario ao seu domicilio, para realizar traballos extraordinarios.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

O importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza laboral é segundo a táboa salarial anexa.

Artigo 26º.-Pagamento de salarios.

Os salarios serán aboados nos tres primeiros días do mes, dispoñendo o traballador dunha hora de permiso para cobrar sempre que o pagamento se realice por cheque ou transferencia bancaria.

Artigo 27º.-Organización do traballo.

Tendo en conta da obrigatoriedade da empresa de realizar todos os traballos establecidos nos contratos subscritos con Endesa para a limpeza industrial de central e mina, en particular os que merecen especial mención no artigo 22º, e a adscrición do persoal afectado por este convenio aos mesmos, convense a execución, aínda fóra da xornada normal de traballo.

A realización dos traballos fóra da xornada ordinaria de traballo farase con persoal voluntario dentro da cada categoría e especialidade, completando con traballadores de libre designación cando os voluntarios non foran suficientes.

Ambas as dúas partes comprométense para que, tanto dentro da voluntariedade como na designación, se rote entre todos os traballadores salvando as diferenzas propias de categoría e profesión.

A empresa, sen prexuízo da capacidade de organización que lle é propia, procurará rotar os traballadores por todos os postos de traballo propios da súa categoría.

Artigo 28º.-Traballos de superior categoría.

Todo traballador que realice traballos de superior categoría por espazo de catro meses consecutivos ou SEIS alternos nun período dun ano, consolidará a retribución económica ao dito posto.

Artigo 29º.-Promoción.

A empresa realizará cursos de formación e perfeccionamento do persoal, organizando os mesmos a través dos representantes dos traballadores. Estes cursos, no caso de ser superados, servirán de mérito para valorar ascensos.

Independentemente do anterior, a empresa virá obrigada a convocar prazas de ascenso, cando existan vacantes, mantendo unha relación porcentual entre as diferentes categorías. Acórdase crear unha comisión formada por dous representantes de cada unha das partes negociadoras do convenio para, conxuntamente, definir porcentaxes.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes coa seguinte cobertura:

Por falecemento derivado de accidente laboral ou enfermidade profesional segundo a táboa salarial anexa.

Por incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional segundo a táboa salarial anexa.

A empresa, no prazo dun mes a contar desde a sinatura deste convenio, actualizará ás pólizas de referencia.

Artigo 31º.-Anticipos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos á conta do traballo realizado, podendo chegar ata o 90% do salario mensual devengado. Considéranse datas hábiles para a súa solicitude os días 15 a 20 de cada mes, debéndose solicitar con, polo menos, un día laborable de antelación.

Artigo 32º.-Incapacidade temporal.

1. Aboamento incapacidade temporal por E.C. ou A.T.

En caso de IT por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100%, a partir do 8º día, dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, complementos de actividade, complemento de mina e/ou de central, pagas extraordinarias e de participación en beneficios.

O complemento procederá efectos sempre que as ausencias por IT non superen o 3%, en caso contrario o complemento aplicarase a partir do 15º día de baixa.

No suposto de baixa por accidente de traballo ou enfermidade profesional, darase o mesmo tratamento desde o primeiro día, pero respectando, en todo caso, as condicións máis favorables economicamente, se a achega da S.S. supera a garantía anterior. Este mesmo criterio aplicarase nos casos de baixa con hospitalización, mentres permaneza internado.

2. Incapacidade permanente.

O persoal que cause baixa na empresa por incapacidade permanente, total ou absoluta, será substituído por outro traballador co mesmo carácter.

Artigo 33º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa facilitará a todos os traballadores desde o primeiro día de traballo as pezas de roupa de protección e hixiene necesarias. Estas pezas de roupa daránselle igualmente ao persoal que estea de baixa por enfermidade ou accidente. A cada traballador faráselle entrega de:

1 chaqueta de auga acolchada.

2 fundas.

1 traxe de faena.

2 toallas de baño.

12 pastillas de xabón Heno de Pravia de 125 gramos.

1 par de zapatos de seguridade de coiro, cada seis meses.

1 camisa de verán.

Entregarase unha funda a cada traballador que realice unha caldeira completa.

Artigo 34º.-Xubilación.

Establécese a idade de 65 anos como xubilación obrigatoria, o persoal que se xubile coa citada idade será substituído por outro traballador contratado con carácter estable.

No relativo á xubilación aos 64 anos rexerá o establecido na lexislación vixente, sendo compensada segundo a táboa salarial anexa.

Establécese un premio por xubilación anticipada para os traballadores cunha antigüidade mínima de sete anos que decidan xubilarse voluntariamente de acordo coa táboa salarial anexa, sempre que a xubilación supoña a amortización do posto de traballo.

Artigo 35º.-Préstamos reintegrables.

O persoal fixo poderá solicitar da empresa a concesión de préstamos reintegrables.

Estes préstamos terán como finalidade axudar aos traballadores nos supostos de gastos imprevistos ou extraordinarios e para tal efecto dotarase un fondo social segundo a táboa salarial anexa.

Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán un límite de 1.200 A por traballador.

Quedará a criterio da empresa a concesión ou non dos préstamos, así como o prazo de amortización, que non poderá superar os dous anos.

Artigo 36º.-Garantías sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán da reserva de horas mensuais que establezan as leis para o desenvolvemento das súas funcións de representación.

As horas poderán acumularse nun ou en varios membros do comité non computándose dentro do crédito horario as investidas na negociación de convenio ou a petición da empresa.

Artigo 37º.-Cota sindical.

A empresa, por petición dos traballadores afiliados a unha central sindical, descontará en nómina o importe da cota mensual de afiliación, que será posta á disposición das centrais por esta. A solicitude será por escrito e permanecerá vixente mentres non se comunique o contrario.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun máximo de 5 horas ao ano para asembleas, dúas das cales non poderán coincidir en ningún caso en xoves ou venres.

Artigo 39º.-Emprego.

En tanto en canto se manteña a actual carga de traballo derivada da relación contractual con Endesa para a limpeza industrial da central térmica e a mina, garantirase ad personam o emprego ao persoal procedente de FCC, durante a vixencia deste convenio.

En todo caso, a empresa comprométese a empregar os mecanismos establecidos no Decreto lexislativo 1, do 24-3-1995, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

O incremento pactado para os dous anos de vixencia deste convenio será do IPC, previsto para o ano 2005 e 2006, máis 1 punto.

Páctase unha cláusula de revisión salarial que será de aplicación sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro do 2004 e 31 de decembro de 2005, e que consistirá na diferenza entre o IPC real dos anos 2005 e 2006, e o IPC previsto para os devanditos anos. A revisión terá efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2005 e a 31 de xaneiro de 2006.

Artigo 41º.-Seguridade e hixiene.

En materia de prevención de riscos e saúde laboral rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 42º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade a este convenio, viñeran gozando de mellores condicións consideradas no seu conxunto en cómputo anual que as aquí pactadas, conservarán as mesmas.

Cláusulas adicionais

Primeira-Para o non previsto neste convenio rexerá o disposto no convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da Coruña.

Segunda.-Os atrasos que se deriven da aplicación deste convenio serán satisfeitos como máximo coa nómina do mes de abril.

Terceira.-No suposto de negociarse e que se chegue a asinar un convenio colectivo das empresas auxiliares de Endesa das Pontes de García Rodríguez, no que participe na comisión negociadora a parte empresarial de UTE Maessa-Senusa, producirase a adhesión ao mesmo, sempre que así o decida a asemblea de traballadores deste centro de traballo, respectándose as condicións máis beneficiosas que a xuízo dos traballadores existan no actual convenio.

Beneficios sociais ano 2005:

-Xubilación anticipada.

Aos 60 anos: 4.247,80 A.

Aos 61 anos: 3.823,03 A.

Aos 62 anos: 3.399,98 A.

Aos 63 anos: 2.973,47 A.

Aos 64 anos: 2.548,67 A.

-Préstamos reintegrables.

Fondo: 19.709,68 A.

Importe: 988,41 A.

-Axudas de custo.

Axuda de custo completa: 42,10 A.

Xantar + cea: 25,26 A.

Xantar ou cea: 14,20 A.

-Seguro de accidentes.

Falecemento: 29.645,73 A.

Invalidez permanente: 33.880,84 A.

ANEXO

Táboa salarial ano 2005

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial de 1ªOficial de 2ªPeón especialPeón ordinario

Salario base26,2125,1425,1424,2823,4022,50

Complemento de actividade11,9111,9111,9111,9111,6411,64

Complemento distancia-transporte6,686,686,686,686,686,68

Complemento de central 3,673,673,673,673,67

Complemento de instrumentación 3,963,963,963,963,96

Pagas extras 765,49765,49765,49765,49765,49

Paga de beneficios 765,49765,49765,49765,49765,49

Retén fin de semana 27,5727,5727,5727,5727,57

Complemento de nocturnidade 7,407,407,407,407,40

Complemento tóxico, P. e perig. 14,1214,1214,1214,1214,12

Complemento pistola presión 3,963,963,963,963,96

Complemento varredora 2,492,49

Complemento tituración, art. 21 1,651,651,651,651,65

Complemento especial planta 6 2,552,552,552,552,55

Prima caldeira completa 529,39529,39529,39529,39529,39

Prima chemineas 61,7961,7961,7961,7961,79

Prima manta e aliment. 21,1821,1821,1821,1821,18

Prima traballos art. 22.5º 54,3654,3654,3654,3654,36

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial de 1ªOficial de 2ªPeón especialPeón ordinario

Prima precipitadores 81,4481,4481,4481,4481,44

Axuda de xantar 6,886,886,886,886,88

Hora extra normal 9,569,569,569,569,56

Hora extra festiva 11,9511,9511,9511,9511,95