DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 11 de agosto de 2005 Páx. 14.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 15 de febreiro de 2005 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (04-03) do Concello do Barco de Valdedorras (Ourense). (Expediente OU-04008-03).

O planeamento urbanístico vixente no Concello do Barco de Valdeorras (Ourense) é o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente o 27 de xuño de 2003.

O dito concello formula unha modificación puntual do referido plan xeral vixente, que ten por obxecto a fixación do fondo de edificación e do interior do cuarteirón definido polas rúas Manuel Quiroga e Los Molinos.

Terminada a fase de elaboración da modificación puntual e inmediatamente antes da súa aprobación inicial o concello remite o expediente a informe preceptivo desta consellería, que foi emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo o 29 de abril de 2004, ao abeiro do disposto no artigo 85.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro) (desde agora, Louga).

O Pleno da Corporación, en sesión do 3 de xuño de 2004, acordou a aprobación inicial da modificación puntual, que posteriormente foi sometida a información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncios publicados o ano 2004 nos xornais La Región, do 18 e 19 de xuño, e La Voz de Galicia, do 11 e 12 de xullo, así como no Diario Oficial de Galicia do 5 e 12 de xullo. Tras iso, logo do acordo municipal do 2 de setembro de 2004 e do informe da Dirección Xeral de Urbanismo do 27 de igual mes e ano, o Pleno da Corporación acordou, na súa sesión do 27 de setembro de 2004, a aprobación provisional da modificación. Así mesmo, constan no expediente os informes do arquitecto e da secretaría municipal do 31 de agosto de 2004.

De conformidade co recollido na disposición transitoria primeira 1 g) da Louga, as modificacións do planeamento vixente á entrada en vigor desa lei deben axustarse, en todo caso, ao disposto nela, polo que consonte o sinalado nos seus artigos 89.1º, e 93.4º, as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas se suxeitarán ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación, correspondéndolle ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a súa aprobación definitiva cando, como sucede neste caso, tales modificacións afecten plans xerais de ordenación.

En mérito do predito, de conformidade co establecido na dita Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e por proposta, desta mesma data, da Dirección Xeral de Urbanismo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (04-03) do Concello do Barco de Valdeorras (Ourense), que fora aprobada provisionalmente por tal concello o 27 de setembro de 2004.

Artigo 2º.-De conformidade co disposto nos artigos 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa e ordenanzas da modificación que se aproba no BOP de Ourense.

Disposición derradeira

Segundo o disposto no artigo 85.9º da citada Lei 9/2002, contra esta orde non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2005.

Alberto Nuñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL