DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 10 de agosto de 2005 Páx. 14.014

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de xullo de 2005 pola que se establecen os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Lei 2/2004, do 31 de abril, creou o Servizo de Gardacostas de Galicia, configurado como un servizo público e integrado por membros con dependencia funcional da consellería competente en materia de pesca, asignándolle funcións que exceden do mero control dunha actividade profesional ou económica e da inspección que necesariamente puidera derivar do control administrativo debendo realizar tarefas materiais para auxiliar e protexer a vida das persoas, os bens e os recursos naturais, desenvolvidas máis amplamente polo Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A propia Lei 2/2004 ten en conta que as actuacións que vai desenvolver o Servizo de Gardacostas de Galicia debido á súa heteroxeneidade requiren distintas cualificacións do seu persoal e diferentes niveis de responsabilidade, establecendo tres escalas e a participación da unidade policial adscrita ao Servizo de Gardacostas de Galicia, coas mesmas premisas, o Decreto 308/2004, do 11 de novembro, polo que se crea a Escola Galega de Gardacostas establece unha formación diferenciadora en congruencia coas funcións que vai desempeñar por cada escala, co cal as normas consideran as necesidades reais da sociedade, establecendo e organizando os servizos da administración de forma que poidan dar resposta eficaz ás demandas dos cidadáns garantindo o exercicio pacífico dos seus dereitos e actividades profesionais ou recreativas dentro do marco legal.

A especificidade de certas funcións ou das condicións nas que se desenvolven comporta necesariamente por parte de quen as realiza someterse a uns principios específicos e formalidades que reforzan a súa actuación, tanto a Lei 2/2004, coma o Decreto 157/2005, establecen para o Servizo de Gardacostas de Galicia o uso de uniforme e outros elementos identificativos, co que os seus membros transmitirán a imaxe da institución á que pertencen antes que a súa persoal, percibindo e valorando os cidadáns aquela e non esta, o que significa que ao comportamento individual e social de quen forma o servizo teñen que seguir determinadas pautas en beneficio da personalidade colectiva da institución á que pertencen.

O uniforme por si mesmo xa identifica os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, pero tamén é necesario exteriorizar tanto ante os cidadáns coma

entre os membros do servizo, distinto nivel de responsabilidade ou cualificación especialmente durante o desenvolvemento de determinadas actuacións que exixen a concorrencia de persoal que aínda pertencendo ao mesmo servizo, ten que realizar diferentes tarefas de forma coordinada para lograr a unidade do resultado final. Xunto ás funcións propias do ámbito de potestades da administración preséntanse outras que tamén teñen que realizar para o eficaz cumprimento daquelas, a actividade de tripular unha embarcación que é cotiá no Servizo de Gardacostas de Galicia e complementaria da súa función principal, lévase a cabo individualizando funcións e responsabilidades, sendo así no accesorio non pode omitirse no principal. É por iso que teñen que establecerse elementos diferenciadores que co uniforme exterioricen a identificación das escalas, categorías e especialidades.

O uso do uniforme constitúe a norma xeral no Servizo de Gardacostas de Galicia, sendo o primeiro elemento identificativo que se amosa aos cidadáns. Non obstante, a Lei 2/2004 e o Decreto 157/2005 prevén que en determinadas circunstancias o Servizo de Gardacostas actúe sen uniforme, nestes casos os seus membros identificaranse coa placa insignia e o carné profesional, cuxas características tamén se regulan.

Mediante esta orde dáse cumprimento ao mandato da Lei 2/2004 e do Decreto 157/2005 no referente a establecer a uniformidade e elementos identificativos das diferentes escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, así coma as demais cuestións inherentes a uso, cuxa observancia contribúe a formar e amosar a homoxeneidade do servizo.

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia en situación de activo ou de segunda actividade con destino no servizo, actuarán con ou sen uniforme en función das circunstancias do servizo que desenvolvan. A valoración de tales circunstancias e a conseguinte decisión corresponde aos xefes de servizo.

Artigo 2º.-No Servizo de Gardacostas de Galicia utilizaranse os uniformes de gala ou de traballo.

O uniforme de gala vestirase nos actos oficiais e públicos nos que se exixa. Tamén poderá usarse nos actos sociais cuxa significación ou realce o aconselle.

O uniforme de traballo utilizarase con carácter xeral en todos os servizos, sen prexuízo de que con este uniforme se poida autorizar o uso doutras pezas de roupa específicas para a realización de determinados traballos, adoptará as modalidades necesarias en relación a determinados cometidos específicos.

Artigo 3º.-Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia cando vistan uniforme levarán as divisas da súa categoría nos lugares e na forma que se establece para cada peza de roupa.

Ademais dos emblemas, divisas e distintivos de uso obrigatorio, no uniforme do Servizo de Gardacostas de Galicia poderán exhibirse condecoracións que foran outorgadas por entidades ou organismos do Estado español, de Estados estranxeiros ou por organizacións de dereito público internacional.

Sen prexuízo do que dispoña o regulamento propio de cada condecoración, o seu uso no uniforme do Servizo de Gardacostas de Galicia axustarase ás seguintes prescricións:

a) Situaranse no dianteiro superior esquerdo da peza de roupa exterior por enriba da liña do peto.

b) No uniforme de traballo unicamente se poderá usar o prendedor forrado coa cinta da condecoración, no uniforme de gala poderán exhibirse no seu tamaño natural.

Non se usarán no uniforme outros distintivos, emblemas, insignias ou condecoracións que non foran autorizadas expresamente pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Artigo 4º.-Os distintivos de identificación dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia son o carné profesional e a placa insignia.

Todos os uniformes levarán obrigatoriamente a placa insignia de Gardacostas de Galicia na parte superior dereita do peito da peza de roupa exterior, con indicación do número de identificación persoal.

Artigo 5º.-Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia que presten servizo sen uniforme identificaranse e acreditarán a súa condición de axentes da autoridade mediante o seu carné profesional e a súa placa insignia, cando sexan requiridos para identificarse polos cidadáns ou cando sexa necesario realizar algún servizo.

Os que realicen o servizo de uniforme, acreditarán a súa condición de axentes da autoridade con este, non obstante levarán obrigatoriamente o carné profesional que será exhibido cando sexan requiridos para identificarse polos cidadáns.

Artigo 6º.-O uso indebido do uniforme, divisas ou distintivos profesionais será sancionado disciplinariamente.

Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia cando usen uniforme, manterán un aspecto persoal aseado, evitando os homes o cabelo longo, as mulleres levarano recollido. Cando usen uniforme, non portarán aneis, pendentes ou outros aditamentos que resulten rechamantes ou que poidan dificultar as actuacións profesionais, nin debuxos ou tatuaxes visibles na pel.

Artigo 7º.-Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia cando vistan uniforme, saudarán os cidadáns con quen se relacionen coa fórmula de cortesía habitual, acompañada do xesto de levar a man dereita estendida ata tocar co dedo medio o lado dereito da viseira na súa unión co cinto da gorra.

Obrigatoriamente utilizarán esta fórmula de saúdo coas autoridades, cos membros do Parlamento e cos membros do Servizo de Gardacostas de escalas superiores á que eles pertencen, cos xefes operativos da súa propia escala e os superiores destes.

A iniciativa do saúdo partirá do de inferior categoría e responderálle o superior.

Capítulo II

Distintivos de identificación

Sección primeira

Carné profesional

Artigo 8º.-O carné profesional dos membros do «Servizo de Gardacostas de Galicia» en activo, conterá no anverso o anagrama da Xunta de Galicia, a lenda Gardacostas de Galicia e o seu emblema, a fotografía do titular, a súa categoría e o número de identificación. No reverso o nome do titular, a data de expedición, a inscrición «Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos» e o anteasinado e asinado do conselleiro.

A forma, tamaño e demais características do carné profesional dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia detállanse no anexo I.

Sección segunda

Emblema e placa insignia

Artigo 9º.-A placa insignia dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, conterá elementos alusivos ao Servizo formando conxunto co escudo de Galicia, a lenda «Gardacostas de Galicia» na parte superior e o número de identificación persoal na base.

A forma, medidas e demais características da placa ingisnia que se portará co carné profesional para identificación ou formando parte do uniforme, detállanse no anexo II.

Artigo 10º.-Soamente portarán a placa insignia os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia que se atopan en situación de activo ou de segunda actividade con destino no mesmo servizo.

Sección terceira

Carteira portadistintivos

Artigo 11º.-O carné profesional e a placa insignia dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia irán colocados no soporte tipo carteira que se detalla no anexo III.

Sección cuarta

Divisas e distintivos

Artigo 12º.-Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, exhibirán no uniforme as divisas correspondentes á súa categoría. Na roupa que teñan

ombreiras, sobre estas; na chaqueta de gala, no puño; nas demais pezas de uniforme no lugar que se determine na descrición de cada unha delas.

Ademais, levarán un distintivo común a todos os integrantes do Servizo de Gardacostas de Galicia situado na manga esquerda das prendas do uniforme.

Cada especialidade do Servizo de Gardacostas de Galicia terá un distintivo que representará o nivel adquirido, este poderá exhibirse no lado dereito do uniforme, debaixo da placa insignia. As medidas non excederán de 35 mm de alto e de 25 mm de largo.

A especialidade de salvamento e seguridade represéntase por dous remos dispostos en aspa formando ángulo recto, sobre eles un aro salvavidas.

A especialidade de actividades subacuáticas representase por un escafandro de mergullador.

A especialidade da loita contra a contaminación represéntase por un hexágono alusivo da cadea de enlaces da química do carbono cunha gota de hidrocarburo no seu interior, todo iso sobre liñas azuis representativas da superficie do mar.

Artigo 13º.-En cada unha das tres escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, establécense dúas categorías que se identificarán coas súas correspondentes divisas.

As divisas das diferentes categorías terán en común un distintivo consistente nunha áncora dourada tipo almirantado coa súa rabiza, inscrita nun óvalo con fondo negro, de 35 mm o eixo maior e 25 mm o eixo menor.

As divisas das categorías comprendidas nas tres escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia son as seguintes:

1. Escala Técnica.

a) A primeira categoría, dous galóns de 14 mm cubertos na súa parte central polo distintivo común inscrito nun óvalo e sobre estes un galón de 7 mm.

b) A segunda categoría, dous galóns de 14 mm cubertos na súa parte central polo distintivo común.

2. Escala executiva.

a) A primeira categoría, un galón de 14 mm cuberto na parte central polo distintivo común e sobre este un galón de 7 mm.

b) A segunda categoría, un galón de 14 mm cuberto na parte central polo distintivo común.

3. Escala básica.

a) A primeira categoría, un galón de 7 mm cuberto na parte central polo distintivo común.

b) A segunda categoría, unicamente o distintivo común.

4. Divisas de postos singularizados.

a) Subdirector xeral, un galón trenzado de 33 mm, cuberto na súa parte central polo distintivo común e sobre este un galón de 14 mm, a continuación e centrado dous bastóns de mando de 28 mm dispostos en aspa formando ángulo recto.

b) Xefes de servizo, a continuación das divisas da súa categoría, levará tres rombos confeccionados con galón dourado de 5 mm sobre fondo vermello que soamente será visible na parte central do rombo.

c) Xefes de sección e xefes operativos, coas divisas da súa categoría levarán dous rombos das características descritas no punto anterior.

d) Xefe de sala de operacións, coas divisas da súa categoría levarán un rombo das características descritas no punto b).

5. O deseño e demais características das divisas de cada categoría, do distintivo común e das especialidades detállanse no anexo IV.

Sección quinta

Uniformes

Artigo 14º.-O uniforme dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia terá as modalidades de inverno e verán.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos determinará as datas nas que se usará unha ou outra modalidade.

Artigo 15º.-O uniforme de gala na modalidade de inverno componse das seguintes pezas de roupa:

a) Para o persoal masculino:

Gorra de prato.

Luvas.

Chaqueta cruzada.

Gravata.

Camisa de manga longa.

Cinto.

Pantalón.

Calcetíns.

Zapatos.

b) Para o persoal feminino:

O pantalón pode ser substituído por saia recta e os calcetíns por medias panti.

A modalidade de verán comprende as mesmas pezas, confeccionadas en tecido adecuado para usar durante o estío.

Artigo 16º.-O uniforme de traballo na modalidade de inverno componse das seguintes pezas:

Para o persoal masculino e feminino.

Gorra de viseira.

Anorak chuvasqueiro.

Chaleco.

Xersei.

Camisa de manga longa.

Gravata.

Cinto.

Pantalón.

Calcetíns.

Zapatos.

A modalidade de verán comprende as mesmas pezas excepto o xersei e a gravata, a camisa de manga longa substitúese pola de manga curta.

A descrición, color, deseño e características das diferentes pezas de roupa dos uniformes especifícanse nos anexos V e VI.

Disposición transitoria

A implantación da uniformidade que se establece nesta orde, realizarase de forma progresiva, mentres tanto, os membros do Servizo de Gardacostas seguirán utilizando o uniforme do extinguido Servizo de Protección de Recursos, no que non se opoña ao establecido nesta orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2005.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

Carné de identificación profesional.

Axustarase ao modelo que se reproduce na figura I-1 e ás seguintes características:

Dimensións: 86 mm de alto por 55 de largo.

Anverso: Sobre fondo branco levará impreso na parte superior a lenda «Gardacostas de Galicia», distribuída en tres liñas, á esquerda o anagrama da Xunta de Galicia e á dereita o emblema do Servizo de Gardacostas.

Centrado levará un recadro taladrado de 36 x 28 milímetros para a colocación da fotografía do titular, que será en cor, de fronte, sen lentes escuras e con uniforme.

Na parte inferior en dúas liñas constará a categoría e o número de identificación.

Reverso: Sobre fondo branco levará impreso na parte superior a lenda «Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos». A continuación os seguintes datos, cada un deles nunha liña:

-Primeiro apelido.

-Segundo apelido.

-Nome.

-Número do documento nacional de identidade.

-Data de expedición.

Debaixo, a continuación, o anteasinado coa lenda «O Conselleiro».

ANEXO II

Emblema.

1. O emblema ou escudo do Servizo de Gardacostas de Galicia componse dos elementos que se describe a continuación, organizados conforme se representa graficamente na figura II-1.

2. A parte central está formada pola bandeira e escudo de Galicia nas súas cores, rodeadas dun cordón marrón disposto de forma ovalada; na parte inferior simetricamente ao eixo vertical, cortando o cordón, dúas áncoras de patente en bronce; a ambos os lados do conxunto, dúas pólas verde unidas polos seus tallos na parte inferior; sobre todo iso a coroa real nas súas cores.

3. Este emblema poderá usarse en todos os medios e efectos adscritos ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Tipos de emblemas.

Placa insignia.

1. Será dunha peza metálica, a fronte pulida e esmaltadas as cores da bandeira e do escudo de Galicia, o resto do conxunto en cor ouro sobre fondo azul mariña. Na parte superior levará a lenda Gardacostas de Galicia e na inferior o número de identificación, segundo se representa na figura II-A-1.

Usarase no uniforme de gala e cando non se vista este uniforme, na carteira portadistintivos co carné profesional. A fixación será mediante alfinete con peche de suxeición ou outro dispositivo que a asegure convenientemente.

2. As dimensións serán as seguintes:

-Altura: 70 mm.

-Anchura: 53 mm.

-Grosor máximo: 2 mm.

-Franxa da lenda: 5 mm de ancho.

-Franxa do numero de identificación: 5 mm de ancho.

Emblema para uniforme.

1. Estará confeccionado en PVC inxectado ou similar para o seu uso nas pezas de roupa exteriores de materiais sintéticos e en bordado industrial ou similar sobre un soporte de feltro, plástico ou outro semellante para as demais pezas de roupa.

Usarase no uniforme de traballo e a fixación á peza será por fusión, pegado ou cosido.

2. As dimensións e demais características serán iguais ás que se expresan no punto A deste anexo.

Emblema para prendas de cabeza.

1. Será bordado e irá montado nunha galleta soporte na gorra de prato, será bordado industrial, PVC ou similar, aplicado directamente sobre a gorra de viseira. En ambas as dúas irá centrado na parte dianteira, a altura será de 50 mm. Represéntase na figura II-C-1.

ANEXO III

Carteira portadistintivos.

1. Estará confeccionada en coiro, polipel ou similar, de color negra, disporá de dous espazos, un para o carné profesional e outro para a placa insignia.

O espazo destinado ao carné profesional terá un protector de material plástico transparente; os vértices irán convenientemente reforzados.

A forma e dimensións exprésanse a continuación na figura III-1.

ANEXO IV

Divisas para os integrantes do Servizo de Gardacostas de Galicia:

1. Poderán confeccionarse en PVC inxectado, bordado ou similar, en color dourada, situaranse nas ombreiras no uniforme de traballo, no puño de gala, e no lugar que se determine nas pezas de roupa de uniforme especiais, en todo caso deberán colocarse en lugar visible e de fácil identificación.

2. No puño colocaranse na metade exterior directamente sobre o tecido da chaqueta, nas ombreiras sobre o manguito soporte de color azul mariña de 100 milímetros de longo e 60 milímetros de largo, representado na figura IV-1.

As divisas e distintivos das diferentes categorías e postos do Servizo de Gardacostas de Galicia represéntanse nas figuras seguintes:

3. O distintivo común do uniforme estará composto pola lenda «Gardacostas de Galicia» disposta en forma de semianel circular, debaixo unha composición formada pola bandeira de Galicia, a continuación e centrado baixo este conxunto o gallardete de inspección pesqueira.

O contorno do conxunto irá fileteado, tanto a lenda coma o contorno irán en color ouro.

Colocarase na manga esquerda, a parte superior do distintivo a 50 milímetros da costura de suxeición da manga, a fixación será por termo-fusión, pegado ou cosido.

As dimensión do conxunto, o seu deseño forma e proporcións represéntanse na figura IV-3.

ANEXO V

Uniforme de gala do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A) Gorra de prato.

O tecido principal será das mesmas características que o do uniforme, de color branca o prato e nesgas, as partes restantes azul mariña, componse de prato, nesgas, cinto, viseira, barbiqueixo, forro, botóns, galleta co emblema de Gardacostas de Galicia.

O prato lixeiramente armado, de forma oval, o eixo maior 45 mm menos que a semimedida periférica da cabeza do usuario, e o eixo menor 60 mm menos. O tecido se disporase ou montarase de maneira que non se deforme. Para todas as escalas levará un soutache branco no seu contorno.

Nesgas, formadas por catro tiras, dispostas para evitar a deformación, unidas entre si e armadas con material plástico na parte dianteira. Nas costuras levará un soutache branco.

Cinto, formado por unha tira de tecido armado sobre unha cinta de lona. No contorno superior levará un soutache de color branco.

Viseira, de dobre tecido entreforrado con material plástico, e unha pestana reberetada interiormente a 5 mm do canto. A escala técnica levará sobre a parte superior da viseira un galón labrado dourado de 10 mm. O subdirector xeral un conxunto representando follas de loureiro douradas.

Barbiqueixo, estará suxeito ao cinto da gorra por botóns laterais con pasadores. Para o subdirector, a escala técnica e a executiva será unha cinta dourada en fío lurex de 15 mm de largura, con dous pasadores da mesma cinta. Para a escala de axentes, unha cinta negra de 15 mm con dous pasadores.

Galleta, de forma ovalada, de 60 e 50 mm de eixes, do mesmo tecido que a gorra, entreforrada cunha lámina de plástico servirá de soporte ao emblema de Gardacostas de Galicia bordado en fío de ouro.

Botóns, de metal dourado, tamaño pequeno, co escudo de Galicia en relevo.

Sudario, de badana marrón, reforzado na parte dianteira.

Forro, en tecido de raión azul mariño.

Subdirector Xeral.

B) Luvas. (Figura V-B-1).

1. Descrición: color branca, cerrados, formados por unha peza unida pola parte lateral oposta ao

dedo polgar, leva tres pezas nos dedos para darlle amplitude e dobras de 17 mm de largura.

As costuras serán reviradas, con pespunte de 7 a 8 puntadas/centímetro, debidamente rematadas. Cada par entregarase unido mediante puntada con nós nos extremos e a unha etiqueta indicando a talla.

2. Características técnicas:

Materia prima, fibra poliamidica 100%

Ligamento, punto por urdidura en tricot dobre.

Densidade, 25 fíos/centímetro e 20 pasadas/centímetro.

Peso por metro cadrado, 200 gramos.

Resistencia ao rebentado, 25 kg. Con bóla de 10 mm de diámetro.

Perdas ao lavado, en lonxitude, largo e peso 1 %

Fío para costuras, poliéster 100% de color branca.

C) Chaqueta cruzada. (figura V-C-1).

1. Descrición: color azul mariña, cruzada, entreforrada e forrada.

Dianteiros, o dianteiro esquerdo leva tres ollais xastre horizontais de 25 mm de luz, abertos a 15 mm do canto. O primeiro ollal está situado debaixo do quebre da lapela, no interior un botón para abotoar no ollal do extremo do dianteiro dereito. O dianteiro dereito leva un ollal a 15 mm do canto na fila central que se corresponde co botón interior do dianteiro esquerdo, e os correspondentes botóns de metal dourado co escudo de Galicia en relieve, en tamaño mediano. O emblema situarase de forma que distancia entre a súa parte superior e a punta da lapela sexa o dobre da existente entre a súa parte inferior e a primeira fila de botóns. Ambos dianteiros entreforrados e pulidos con vistas internas do mesmo tecido. Forman lapelas cun cran de 40 mm e a entradiña 70 mm pespuntados ao canto.

Costas, formada por dúas pezas centrais e dúas pezas costado, con costura central sen aberturas.

Mangas, tipo xastre no puño levarán as divisas e sobre a manga esquerda leva o distintivo xeral do Gardacostas de Galicia.

Colo, a tapa cunha largura de 65 mm irá entreforrada, pulida cunha tapa inferior, pespuntado o canto e levará unha presilla para colgar a peza de roupa.

Petos exteriores, dous na parte inferior, rectos e con tapa.

Forro, toda a prenda vai forrada e armados con guata os ombros, leva tres petos interiores tipo ollal, un no dereito con 130 mm de abertura, peche con presilla triangular e ollal vertical abotoado a un botón plano, outro peto igual e simétrico no dianteiro esquerdo, e tamén un inferior de 105 mm de abertura. Sobre un dos petos superiores levará a etiqueta identificativa da peza de roupa e as instrucións de limpeza.

2. Características técnicas do uniforme de inverno.

Tecido principal:

Composición, mínimo do 45% de la e 55% poliéster.

Ligamento, cadi.

Peso, 350 gr/ml para o largo de 150 cm.

Densidade, urdidura, 34 fíos/centímetro; trama 24 pasadas centímetro.

Resistencia á tracción, urdidura 75 kg; trama 57 kg.

Perdas por lavado, 1% máximo.

Resistencia ao engurrado, 85% mínimo de desengurrabilidade.

Propensión á formación de pelusiña (pilling), ningunha.

Acabado anticaruncho, si.

Color, azul mariña.

Solidez tintura:

Degradación e descarga:

Luz solar: 6 e 5.

Lavado: 4/5 e 5.

Auga fría: 6 e 5.

Lavado en seco: 4/5 e 5.

Pasado a ferro: 6 e 5.

Suor: 6 e 5.

Forro:

Materia prima: raión.

Ligamento: tafetá.

Color: azul mariña.

Solidez tintura: igual ao tecido principal.

Encollemento ao lavado: nulo.

Resistencia ao engurrado: 100%.

Fíos:

Poliéster 100%.

Color: acorde ao tecido principal.

Entreforros:

De algodón 100% denominadas termoadhesivas e poliuretano como adhesivo

3. Características técnicas do uniforme de verán.

Tecido principal:

Composición, 60% la e 40% poliéster.

Ligamento, cadi.

Peso, 330 gr/ml con largo 150 cm.

Densidade, urdidura 36 fíos/cm; trama 24 pasadas/cm.

Resistencia á tracción, urdidura 75 kg. trama 50 kg.

Perdas ao lavado, 1% máximo.

Solidez:

Degradación e descarga:

Luz solar: 6 e 5.

Lavado: 4/5 e 5.

Auga fría: 6 e 5.

Lavado en seco: 4/5 e 5.

Pasado a ferro: 6 e 5.

Suor: 6 e 5.

D) Gravata. (figura V-D-1.).

1. Descrición: co deseño habitual no uso social, a lonxitude será de (1300) mm o largo da pa maior (80) mm o da menor (35) mm.

2. Características técnicas:

Materia principal, poliéster 70% e fibrana 30%.

Densidade, urdidura 22 fíos/centímetro, e trama 19 pasadas/centímetro.

Título do fío, urdidura 20 TEX 2/C e trama 40 TEX 1/C.

Torsión, urdidura 550 v/m Z, retorsión 500 v/m S, trama 550 v/m Z.

Ligamento, tafetá 1 e 1.

Peso por metro cadrado, 180 gramos en ambiente normal.

Color, negra brillante

Solidez á tintura:

Degradación e descarga:

Luz: 7 e -.

Lavado normal: 4-5 e 4-5.

Lavado en seco: 4-5 e 4-5.

Á suor: 5 e 5.

Entreforro, tea sen tecer, prensada, 30% de viscosa e 70% de poliamida, de color branca ou gris.

E) Camisa de manga longa. (figura V-E-1.)

1. Descrición, peza de roupa composta por dianteiros, costas, canesú, colo e puños.

Dianteiros, son dous, cortados na súa lonxitude ao fío, a vista de ambos os dous leva dobrado o tecido cara a dentro nun largo de 40 mm. No dianteiro dereito leva os botóns e no esquerdo os ollais verticais e adecuados para acoller un botón de 11,5 mm de diámetro, ambos dianteiros pola súa parte inferior van pespuntados a 7 mm do baixo.

Canesú, de dobre tea nas costas, ambas as dúas teas cortadas ao fío, van cosidas coa parte superior das costas mediante pespunte interno, na parte superior vai cosido entre as teas do pé do colo.

Colo, camiseiro con pé, pechado e construído con tecido entreforrado, no extremo esquerdo vai un ollal horizontal que se abotoa cun botón cosido no outro extremo. Confecciónase cosido, revirado e pespuntado.

Mangas, dunha peza, cortadas na súa lonxitude ao fío e unidas por costura interior remallada, con carteiriñas de 130 mm de lonxitude 28 mm de largura e tres pregas de 15 mm de profundidade.

Puños, de dobre tecido, entreforrados, formados por un rectángulo de 60 mm de altura e lonxitude segundo a talla, provistos de ollal no centro da súa altura e próximo ao canto para cerrarse có botón correspondente, terminación en puntas vivas, a manga vai introducida entre as dúas telas do puño suxeitada con dous pespuntes exteriores, un ao canto e outro a 10 mm deste.

Botóns, de 11,5 mm de diámetro e color a ton coa camisa.

Costuras, de 5 a 6 puntadas/cm nos pespuntes exteriores e as de unión mediante costura interior revirada e remallada con puntada de seguridade.

Etiqueta, será de tea remetida coa pregadura do colo, determinará a talla e prevencións

2. Características técnicas.

Materia prima, algodón peiteado 65%, poliéster 35%.

Densidade, urdidura 50 fíos/cm a 1/c e trama, 28 pasadas/cm a 1/c.

Resistencia á tracción, urdidura 100 kg. e trama 61 kg.

Ligamento, tafetá 1 e 1.

Encollemento máximo ao lavado, 1%.

Resistencia ao engurrado, mínimo 70% de desengurrabilidade.

Peso por metro cadrado, 135 gramos.

Alongamento á rotura, urdidura 25% e trama 20%.

Formación de pelusiña, nula.

Color, branca.

Solidez da tintura:

Degradación e descarga:

Luz natural: 5-6 e -.

Lavado a 40º: 4-5 e 4-5.

Pasado a ferro: 4-5 e -.

Fregamento seco e húmido: 4-5 e 4-5.

Suor: 4-5 e 4-5.

F) Cinto. (Figura V-F-1).

1. Descrición, a cincha será unha peza de coiro de (30) mm de largo, rematada en forma de pico, a cincha suxeitarase e pecharase mediante una fibela rectangular.

2. Características técnicas.

Materia prima, coiro.

Color, negra.

Peche, metálico.

G) Pantalón e faldra. (Figuras V-G-1 y V-G-2).

1. Descrición do pantalón, con pregas nos dianteiros, sen volta e largura no baixo de 220 a 280 mm segundo a talla.

Petrina, de dúas pezas forradas, dunha largura de 40 mm con seis pontes de 40 mm de luz para o paso do cinto, distribuídos proporcionalmente.

Perneiras, unidas pola súa parte posterior de petrina a entreperna, con carteiras reforzadas en ambas as dúas.

Petos, nos costados, de corte vertical, de 160 mm de abertura, con vistas de reforzo en ambos os dous lados, situados a 30 mm da costura do costado.

A 60 mm da costura posterior central, levará outros petos de boca horizontal de 140 mm.

Na parte dianteira dereita, a costura de petrina interromperase formando un peto de reloxo de 80 mm de boca.

Cordón, ao longo da costura exterior da perna levará un cordón de contraste de color negra.

2. Descrición da faldra, de corte recto con abertura de 10 a 15 cm na parte baixa central posterior, con cordón de contraste nos costados, petrina dunha peza con cinco pontes para o paso do cinto, peche con cremalleira e o longo de 100 mm por debaixo do xeonllo.

Dianteiros e traseiros, no centro traseiro levará unha cremalleira de 180 mm de lonxitude.

Petos, no costado, oblicuos de 180 mm de boca.

3. Características técnicas.

Tecido principal, iguais ás descritas nos puntos C 2 e C 3 deste anexo.

Forro, a materia prima algodón 35% e poliéster 65%.

Color, a ton co tecido principal.

Fíos, poliéster 100% de color a ton có tecido principal.

Entreforros, dos denominados termoadhesivas de algodón 100% e poliuretano coma adhesivo.

H) Calcetíns e medias panti. (Figuras V-H-1 e V-H-2).

1. Descrición, os calcetíns da forma corrente, constarán de puño elástico, cana e pé con punto reforzado e punteira.

As panti constarán de perna, braga, rombo, calcañar e punteira.

2. Características técnicas.

2.1 Dos calcetíns.

Materia prima, la 65% e poliamida 6,6 o 35% restante.

Color, negra.

Densidade das mallas, 15 carreiras por centímetro e 14 pasadas por centímetro

2.2 Das medias panti.

Materia prima, fío poliamida 100%, de 17 a 20 deniers na perna e 40 na braga, rombo, calcañar e punteira.

Color, gris fume.

I) Zapatos. (Figuras V-I-1 y V-I-2).

1. Descrición, serán de dous tipos, para home de tipo denominado blucher e para muller tipo mocasín.

1.1 Zapato de home, formado por pala lisa forrada, canas forradas, contrafortes termofundidos e tira de reforzo; o peche das canas será por medio de catro ollais polos que discorre un cordón; na parte traseira, entre o forro e o corte, levará aloxado un contraforte de reforzo termofundido. O piso estará formado por vira de coiro, soleta de fibra sintética, sola intermedia de ferro, sola de coiro e taco formado por tapas de caucho e coiro.

1.2 Zapato de muller, formado por bandeleta lisa, capote ou mocasín forrado, traseira con contraforte de material termofusible e banda de peche; o piso composto de vira de coiro, soleta e sola de fibra

sintética, sola intermedia de ferro de ferro, sola de coiro e tacón formado por tapas de caucho e coiro.

2. Características técnicas.

Materia prima, cana e palas de pel do país de primeira calidade.

Curtidura, ao cromo.

Resistencia á tracción, 1,8 quilogramos/milímetro cadrado como mínimo.

Resistencia ao desgarramento, 6 quilogramos/milímetro, como máximo.

Absorción de auga, máximo 80% en 24 horas.

Color, negra.

ANEXO VI

Uniforme de traballo do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A) Gorra de viseira. (Figura VI-A-1).

1. Descrición, componse de casquete, viseira e galleta con emblema do Servizo.

O casquete fórmano cinco pezas con costuras internas pespuntadas a ambos os dous lados da costura, a peza frontal e as dúas laterais serán rectangulares e arqueadas; as dúas superiores rectangulares, forman unha ventá semicircular traseira viveada e con cinta de velcro para axustamento; a parte inferior interna leva unha banda suaeiro de tea con base de friselina; a parte frontal vai foamizada interiormente.

A viseira de forma semicircular con dous pespuntes paralelos a (10 e 20) mm do borde exterior, levará un reforzo interior de materia plástica de 1,5 mm de groso.

A galleta con emblema irá situada no centro da peza frontal, do mesmo tecido que a gorra co emblema do Servizo de Gardacostas de Galicia en PVC inxectado.

2. As características técnicas do tecido serán as mesmas que as do tecido principal do uniforme.

B) Anorak chuvasqueiro. (Figura VI-B-1).

1. Descrición, peza de roupa ampla a modo de chaquetón para usar en condicións de chuvia e vento.

A parte superior está constituída polo canesú que se prolonga formando as mangas, as partes dianteiras do canesú en forma de pico servirán de tapa aos petos superiores.

Os dianteiros rectos, unidos á parte superior, pechados por cremalleira exterior con dous cursores e cremalleira interior con separador e cursor simple.

As costas rectas, dunha soa peza, unida pola súa parte superior ao canesú, no centro leva un elástico de goma unido ás costuras laterais.

Dous petos á altura do peito e outros dous por debaixo da liña do talle, un interno á altura do peito no dianteiro esquerdo.

A carapucha unida á peza de roupa por corchetes.

As mangas dunha soa peza e do tipo raglan, prolongación do canesú, con puños de falsa abertura en forma de triángulo.

O forro de tecido con íllante térmico.

As costuras termoseladas para garantir a impermeabilidade.

2. Características técnicas.

Materia prima, poliamida 100%.

Título da fiadura, urdidura e trama 100 deniers.

Densidade, urdidura 45 fíos/centímetro e trama 30 pasadas/centímetro.

Ligamento, tafetá lel.

Peso por metro cadrado, 96 gramos tecido e 200 gramos tecido resinado.

Resistencia á tracción, urdidura 125 quilogramos e trama 80 quilogramos.

Impermeabilidade, resistirá cando a lo menos 90 cm de columna de auga en proba progresiva.

Color, azul mariña.

Solidez da tinguidura:

Degradación y descarga:

Á luz solar: 4-5 e -.

Ao lavado: 4-5 e 4-5.

Á suor: 4-5 e 4-5.

Á gota de auga:4 e -.

C) Chaleco.

1. Descrición, color azul mariña, entreforrado e lixeiramente acolchado e forrado composto por dous dianteiros, as costas e o colo.

Dianteiros, o dianteiro esquerdo na parte superior e cara ao exterior presenta un peto exterior de fol con tapa, de medidas, alto 14 cm, largo 6,5 cm, altura tapa 5,5 cm. Ao lado cara á parte central da peza de roupa, disporase dun dispositivo adherente, tipo velcro, en vertical con medidas de 10 cm

por 6 cm, coa finalidade de colocar as divisas correspondentes.

Baixo deles disporase dun peto interior, horizontal, pechado con cremalleira de 16 cm de lonxitude baixo o cal se situará outro peto exterior de fol, de 20 cm de altura, 18 cm de largo e tapa de 7 cm.

O dianteiro dereito presenta os mesmos compoñentes que o esquerdo, sendo imaxe especular deste, coa excepción de que na parte superior en lugar de peto e o dispositivo adherente, presentarase o emblema para uniforme previsto no anexo II punto B.

As costas formadas por un canesú na parte superior de aproximadamente 15 cm medidos desde o colo e outra peza inferior con catro costuras horizontais na inferior das cales se disporá a ambos os lados dun sistema de axustamento por fruncido.

A parte posterior da peza de roupa será 6 cm máis longa que a anterior.

O colo será redondo, de 7 cm de altura en todo o seu contorno.

Na parte correspondente ao arranque das mangas, disporase dun sistema de axuste tipo fol.

O peche efectuarase por un sistema de cremalleira escamoteada da vista e un total de catro peches tipo corchete, máis un no colo.

2. Características técnicas.

Materia prima, poliamida 100%

Título da fiadura, urdidura e trama 100 deniers.

Densidade, urdidura 45 fíos/centímetro e trama 30 pasadas/centímetro.

Ligamento, tafetá lel.

Peso por metro cadrado, 96 gramos tecido e 200 gramos tecido resinado.

Resistencia á tracción, urdidura 125 quilogramos e trama 80 quilogramos.

Impermeabilidade, resistirá cando a lo menos 90 cm de columna de auga en proba progresiva.

Color, azul mariña.

Solidez da tinguidura:

Degradación e descarga:

Á luz solar: 4-5 e -.

Ao lavado: 4-5 e 4-5.

Á suor: 4-5 e 4-5.

Á gota de auga: 4 e -.

D) Xersei. (Figura VI-D-1).

1. Descrición, de punto groso, formado polo colo, corpo, mangas e peto, o colo cosido ao escote con punto elástico 2x2 de tipo caixa pechada e ampla que permita a visibilidade duns 60 mm de gravata.

O corpo constitueno dúas pezas, unha traseira e outra dianteira, calcetado en punto elástico retorcido; cinxe á cintura cun elástico de 100 mm de altura, realizado en punto de 1x1; no lado dereito da parte dianteira á altura da liña dos telios leva o emblema do Servizo de Gardacostas de Galicia. A ambos lados de cada ombro leva un reforzo do mesmo tecido que o principal do uniforme con dimensións de 180 mm de alto por 130 mm de largo.

As mangas dunha peza de tipo pegado, con sisas amplas, realizadas no mesmo punto que o corpo e axustadas cun puño de 100 mm de altura. Levarán reforzo nas codeiras do mesmo tecido que o utilizado nos reforzos do corpo. Na manga esquerda levará colocado o distintivo do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Levará un peto con tapa, de 155 mm de alto e 145 de largo, dividido en dúas partes; na parte superior leva unha tira rectangular de 145 mm de largo e 30 mm de alto. Do mesmo tecido dos reforzos e situado no lado esquerdo do corpo.

As ombreiras de forma rectangular rematada en pico, de 50 mm de largo e como mínimo 135 de longo, da mesma tea dos reforzos, pespuntadas en todo o seu contorno a 5 mm do borde, cun ollal de 20 mm de luz, centrado e a 15 mm do pico, abotoarán en botóns de pasta sobre o ombro.

2. Características técnicas.

Materia prima, la 50% e acrílica 50%.

Resistencia ao perforado, superior a 40 quilogramos, bóla 20 mm.

Color, azul mariña.

Solidez de tintura:

Degradación e descarga:

Luz: 6-5 e-.

Ácidos: 4-5 e-.

Álcalis: 4-5 e -.

Suor: 4-4 e 4-5.

Lavado: 4-5 e 4-5.

E) Camisas. (Figuras VI-E-1 y VI-E-2).

1. Descrición da camisa de manga longa, camisa recta, aberta no centro dos dianteiros.

Dous dianteiros con vistas de 40 mm de ancho, formadas co tecido dobrado cara ao interior.

As costas dunha soa peza, con táboa de 30 mm de largo no centro e costura próxima ao borde.

Levará canesú soamente nas costas, de dobre tea e recto na súa parte inferior, desde o pé do colo ata a liña de encontro medirá 80 mm.

As mangas dunha soa peza, unidas por costura inferior remallada, levarán carteiriñas de 145 mm de longo, 23 de largo e 100 de abertura.

Os puños de dobre tea e entreforrados, de 60 mm de altura e coas puntas matadas.

As ombreiras de forma trapezoidal rematadas en pico, de 45 mm de largo e longo segundo talla, non menos de 120 mm, serán de dobre tea con entreforro inencollible, rematadas cun pespunte en todo o seu contorno a 5 mm do borde, uniranse á camisa remetidas na costura de montaxe da manga sobre a liña do ombro, no extremo do pico abotoará mediante botón.

O colo será do tipo camiseiro, con pe de colo e entreforrado, as puntas medirán 55 mm e no centro das costas 30 mm, o pe de colo 29 mm no centro e de 18 mm nos extremos. Confeccionarase cosido e revirado cun pespunte a 5 mm dos bordes libres.

Os petos de parche, cunha táboa central de 40 mm e puntas matadas, medirán 148 mm de largo e 166 mm de alto, levarán tapas de dobre tea entreforradas e rematadas en pico, medirán 40 mm de alto nos extremos e 50 no centro.

Os botóns en color a ton coa camisa.

2. Descrición da camisa de manga curta, terá iguais características á de manga longa excepto nas mangas e no colo.

As mangas serán cortadas cunha lonxitude de 250 mm aproximadamente dende a costura o ombro ata o seu extremo en talla media, levará no puño unha volta de 28 mm de largo con pestana de 5 mm.

O colo dos denominados convertibles para ser empregado aberto ou con gravata, de dobre tecido, entreforrado, sen pé no colo, medirá 30 mm no centro das costas e 60 mm a lonxitude dos picos.

3. Características técnicas.

Tecido principal:

Materia prima, 33% de algodón peiteado e 67% de poliéster.

Densidade, urdidura 50 fíos/centímetro a 1/c e trama 28 pasadas/centímetro a 1/c.

Resistencia á tracción, urdidura 100 daN e trama 61 daN.

Ligamento, tafetá lel.

Peso, 135 gramos/metro cadrado en ambiente normal.

Color, branco agrisada.

Entreforros:

Materia prima, algodón 100%.

Peso, 85 gramos/metro cadrado.

Densidade, urdidura 28 fíos/centímetro e trama 19 pasadas/centímetro.

Recubrimento termoadhesivo de polietileno de alta densidade de 20 gramos/metro cadrado.

D) Gravata.

Das mesmas características expresadas no punto D do anexo V.

G) Cinto. (Figura VI-G-1).

O cinto do uniforme de traballo será de nailon trenzado, de color azul mariña, a cincha de tres centímetros de largo. O peche será de presión, en PVC o material similar de cor negra con dous dentes de enganche. Os estremos da cincha de nailon irán rematados de forma que se facilite o seu uso e impida o efecto de desflecado.

H) Pantalón de uso habitual.

Coas mesmas características descritas no punto G do anexo V.

H.1 Pantalón de uso específico (figura VI H 1).

Pantalón recto con reforzos, peche de bragueta mediante cremalleira, seis petos, dous de tipo francés un en cada dianteiro, dous nos costados de tipo parche con peche de carteira por sistema velcro ou similar, dous deste mesmo tipo na parte traseira. Reforzos de dobre tecido liso na parte traseira. Cinco pontes con ollal e botón para uso do cinto descrito na letra G deste anexo.

Color: azul mariña.

Composición: loneta tipo raso 50% poliéster e 50% algodón.

I) Calcetíns.

Coas características que figuran no punto H do anexo V.

J) Zapatos.

Das características expresadas no epígrafe I do anexo V coas seguintes modificacións:

1. Características técnicas con membrana impermeable e transpirable de sympatex, piso de goma de caucho expandido.

O corte, está formado por pala, canas, fol de pel, contraforte, traseira de reforzo e vivo cosido e revirado na boca-cana, a parte das canas leva un almofadillado de espuma así como a parte superior do fol para maior comodidade. O corte do zapato vai forrado en toda a súa extensión, a excepción da parte superior do fol e as vistas da boca-cana que van forradas en pel gris, por unha membrana transpirable e hidrófuga que permite ao usuario que non se lle molle o pé nunha estandía prolongada na auga e ao mesmo tempo ten unha traspirabilidade moi alta. Os ollais con baño antioxidante, polos que discorre un cordón de poliéster cuxos extremos se rematan con cabete de material plástico. Entre o corte e o forro van colocados a punteira, o tope e o contraforte, ambos materiais son de tecido termofusible.

A pel, de vacún de primeira calidade e acabado natural de curtidura ao cromo, a resistencia á penetración de auga nesta pel é como mínimo de 7 horas.

Grosor: de 1,5 a 1,6 mm.

Resistencia agretamento da flor: 35.000 flexións sen dano apreciable.

Resistencia á suor: boa.

Humidade: 18% máximo.

Contido en óxido de cromo: 3% mínimo.

Porcentaxe de alargamento: 85% máximo.

Permeabilidade ao vapor de auga: 5 mg. cm2 hora.

Piso, consta de sola, soleta de montaxe con sola intermedia, entresola e vira.

Primeira materia: goma de caucho s.b.r. expandido.

Resistencia á flexión: 25 quilociclos.

Desgarramento b kg/cm: ) 17.

Densidade: 0,85+- 0,02.

Pérda por abrasión mm3: ' 250.

Dureza shore: 45 +-3

Soleta de montaxe

Grosor: 2,5mm.

Composta de tecido aglomerado con látex, sendo o contido de látex dun 30% e o de tecido do 70%.

Leva unha soleta almofadillada e forrada de pel para contacto co pé.

Entresola, de caucho microporo expandido de 3 mm. de grosor.

Vira de coiro curtición vexetal, de uns 2,5 mm. de grosor.

J.1 Zapatos tipo náutico.

Zapato náutico de color azul escura de pala lisa con cosido a dobre pespunte, illamento fronte ao frío e á calor, piso de goma cosido e pegado.

Composición: pel flor.

Piso: monobloque de goma antiesvarante.

Soleta interior: media soleta traseira de color azul

Peche: de cordóns con tres ollais.

J.2 Botas (figura VI J 2).

Bota de media cana de traballo de color negra, con illamento para frío e calor, sola con resaltes, resistente á calor por contacto e reforzo no calcaño.

Composición: Tan calf EN 347.

Piso: monobloque de caucho vulcanizado.

Soleta interior: media soleta traseira de color negra.

Forro: badana.

Peche: de cordóns, con ollais e fibelas metálicas.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA