DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 05 de agosto de 2005 Páx. 13.774

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 26 de xullo de 2005 pola que se dispón o cesamento dunha vogal do Consello de Administración das autoridades portuarias da Coruña e de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a petición realizada ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Beatriz Mato Otero como vogal do Consello de Administración das autoridades portuarias da Coruña e de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2005.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos