Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, alínea 1, do mesmo texto legal, e para establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,
DISPOÑO:
Artigo 1º
A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:
-Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
-Consellería de Economía e Facenda.
-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
-Consellería de Innovación e Industria.
-Consellería do Medio Rural.
-Consellería de Cultura e Deporte.
-Consellería de Sanidade.
-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
-Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
-Consellería de Traballo.
-Consellería de Vivenda e Solo.
Artigo 2º
A orde de prelación das consellerías é a que se establece no artigo anterior.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos
distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da política de racionalización e redución do gasto público.
Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.
Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente