DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 02 de agosto de 2005 Páx. 13.563

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.

Advertidos erros no texto de devandito decreto publicado no DOG número 138, do 19 de xullo, cómpre efectuar as oportunas correccións.

1º Na páxina 12.809 columna segunda, artigo 3º, onde di: «requisitos para súa posta en funcionamento», debe dicir: «requisitos para a súa posta en funcionamento».

2º Na páxina 12.811, columna segunda, artigo 8º, número 1, letra e), onde di: «a devandita certificación debera facer constar...», debe dicir: «a devandita certificación deberá facer constar...».

3º Na páxina 12.811, columna segunda, artigo 9º, número 3, onde di: «... se ben deberá emitir informe

preceptivo á Inspección de Traballo e Seguridade Social.», debe dicir: «... se ben deberá emitir informe preceptivo a Inspección de Traballo e Seguridade Social.».