DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 28 de xullo de 2005 Páx. 13.295

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 205/2005, do 9 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2034/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en produción de audiovisuais, radio e espectáculos e as súas correspondentes ensinanzas mínimas e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do títu

lo. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e a destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en produción de audiovisuais, radio e espectáculos, regulado polo Real decreto 2034/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacio

nadas no presente título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación: produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

Nivel: formación profesional de grao superior.

Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, radio e/ou espectáculos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción no tempo e as condicións de custo e calidade establecidas.

Este técnico actuará baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Analizar e interpretar adecuadamente a documentación dos proxectos de produción de audiovisuais, radio e espectáculos (guións, escaletas, libretos, etc. ) identificando as súas características formais e expresivas, e os recursos necesarios para a súa realización.

* Planificar ao seu nivel a produción, aproveitando convenientemente os recursos, asegurando a súa dispoñibilidade no tempo previsto, prevendo continxencias e cumprindo os obxectivos de custo establecidos.

* Organizar e supervisar ao seu nivel as distintas fases da produción de audiovisuais, radio e espectáculos, aproveitando convenientemente os tempos, os esforzos, os custos e as calidades, coa autonomía e a eficacia requiridas.

* Avaliar ao seu nivel as fórmulas e fontes de financiamento para a produción de audiovisuais, radio e espectáculos, e propor as máis efectivas segundo as características de cada proxecto.

* Calcular custos de produción de obras ou programas audiovisuais, de radio e espectáculos para a elaboración de orzamentos, e facer propostas que rendibilicen tempos e custos.

* Interpretar e aplicar o marco legal que regula os medios de comunicación e espectáculos, cumprindo e facendo cumprir a lexislación vixente para cada medio de comunicación e expresión.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Resolver problemas organizativos e laborais que xurdan nos procesos de produción de audiovisuais, radio e espectáculos, diagnosticar as súas causas e adoptar as medidas oportunas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Xestionar e organizar a dispoñibilidade e o aprovisionamento dos recursos materiais, técnicos e humanos, asegurando a subministración e, de ser o caso, o funcionamento, así como elaborar o programa de contratacións, compras e/ou alugamentos.

* Ter unha visión global e integrada dos procesos de produción de audiovisuais, radio e espectáculos nos seus diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos, relacionando os recursos e as tecnoloxías necesarias en cada unha das súas fases.

* Coordinar un grupo de traballo de maneira eficiente, analizando e avaliando os requisitos dos distintos postos de traballo, así como as necesidades e o rendemento do persoal, de xeito que se rendibilice a actuación dos recursos humanos.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou inferior nivel de cualificación.

* Intervir nos procesos de decisión de xeito creativo e positivo, achegando solucións alternativas e desenvolvendo un espírito crítico e construtivo.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais relacionados co desenvolvemento da súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e os obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Interpretación da información inicial do proxecto (guións, libretos, escaletas, etc.) e dos procesos de produción nas súas distintas fases.

* Identificación dos recursos necesarios para a produción.

* Xestión e elaboración da documentación dos procesos de produción.

* Elaboración de ordes, citacións e fichas de traballo.

* Control e administración dos recursos económicos.

* Control dos recursos materiais e técnicos.

* Máximo aproveitamento e control dos recursos humanos e rendemento do traballo.

* Resolución de anomalías e continxencias, no ámbito da súa responsabilidade.

* Organización da produción, achegando solucións creativas, planificando e elaborando a documentación necesaria, a partir do guión ou proxecto.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar, supervisar e xestionar a produción de produtos audiovisuais.

2. Organizar, supervisar e xestionar a produción de programas radiofónicos.

3. Organizar, supervisar e xestionar a produción de representacións escénicas e espectáculos.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar, supervisar e xestionar a produción de produtos audiovisuais.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Identificar os recursos necesarios para a realización de programas audiovisuais, así como obter, organizar e analizar a información, a documentación e os obxectivos do proxecto. * A análise e a interpretación da documentación do proxecto e a información recompilada nas reunións do equipo de dirección e realización e, de ser o caso, de produción, permiten identificar:-O medio técnico en que se vai realizar a obra audiovisual e as súas características tecnolóxicas específicas.
-O xénero da obra, a súa intencionalidade comunicativa e a súa finalidade.
-Os aspectos formais, expresivos e estéticos da obra.
-O método de traballo: directo, diferido ou retransmisión.
* A lectura e comprensión do guión ou da escaleta permiten identificar e relacionar:-As necesidades de equipamentos, maquinaria e materiais, en número e características.
-As necesidades de recursos humanos técnicos e as súas especialidades.
-As necesidades de recursos humanos artísticos, as súas características e a súa caracterización.
-As necesidades e características dos espazos escénicos.
-Os recursos propios e alleos.
-A documentación visual, gráfica e sonora.
* Nas follas de desagregación, dependendo do medio, do procedemento ou do xénero, detállanse e especifícanse os recursos necesarios seguindo os criterios establecidos.
* Elabóranse as listaxes necesarias agrupando a información afín das distintas secuencias ou fases da obra ou do programa.
* Contrástase a identificación do equipamento e do material técnico coas propostas dos distintos profesionais implicados.
* Identifícanse as fontes e os xeitos de financiamento, e os procedementos de acceso a elas que permitan obter os recursos económicos necesarios.
* Elabóranse os documentos utilizando as técnicas e os códigos apropiados.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Elaborar o plan de traballo ou as súas partes, para conseguir a execución do proxecto audiovisual, aproveitando ao máximo os recursos e cumprindo as condicións de tempo, calidade e custo establecidas. * A planificación da execución da obra ou do programa audiovisual conxuga adecuadamente as fases e os procesos dos distintos medios audiovisuais e os seus procedementos, segundo os xéneros, e asegura os obxectivos do proxecto audiovisual.

* Planifícanse as distintas fases de elaboración do produto audiovisual (preparación da produción, rodaxe ou gravación, e montaxe ou posprodución), distribuíndo os recursos necesarios en cada fase.

* Elabórase un plan de traballo da rodaxe ou da gravación, clasificando por escenarios as distintas secuencias, os bloques da obra ou do programa audiovisual, agrupando e distribuíndo os recursos necesarios.
* Detéctanse posibles imprevistos e prevense solucións alternativas: dificultade das localizacións e condicións climáticas; prazos de execución e entrega de produtos intermedios e produtos finalizados; dispoñibilidade de persoal técnico e artístico; dificultade de execución de elementos escénicos, produtos intermedios e produtos finalizados.
* O plan de traballo aproveita ao máximo os tempos e os recursos humanos, técnicos e materiais, asegurando o cumprimento dos prazos establecidos.

1.3.Elaborar partidas orzamentarias dun proxecto audiovisual, determinando os recursos económicos necesarios e facendo unha asignación racional deles, de acordo cos obxectivos establecidos ou as especificacións recibidas.* A elaboración do orzamento ten en conta as formas de produción de obras ou programas audiovisuais (produción asociada, coprodución, etc.).

* O orzamento recolle a dispoñibilidade de recursos propios e a necesidade de recursos externos.

* Distribúense as cargas económicas en función da importancia das distintas fases do proceso e das características narrativas e expresivas determinadas no guión ou na escaleta.

* Especifícase o número, as características e o custo de cada unha das partidas do orzamento, de acordo cos distintos capítulos da produción dunha obra ou dun programa audiovisual.
* Avalíanse os custos das distintas partidas orzamentarias tendo en conta a oferta e os prezos de mercado, para rendibilizar economicamente a produción.
* O orzamento axústase á intencionalidade narrativa da obra audiovisual e fai unha asignación racional dos recursos en calidade e custo.

1.4.Xestionar a selección e contratación dos recursos humanos (artísticos e técnicos) necesarios nas distintas fases do proceso, asegurando a súa dispoñibilidade, capacidade e idoneidade, para garantir a realización do proxecto, cos custos e os prazos establecidos. * A selección do equipo técnico ten en conta todas as fases do proceso e as características específicas de capacitación de cada profesional.

* O número de traballadores do equipo técnico asegura a correcta realización da obra audiovisual, e mellora os prazos e as calidades.

* A selección do persoal artístico (actores, figurantes, especialistas, presentadores, etc.) conxuga axeitadamente as súas características e a súa cantidade, en función das necesidades do guión, de maneira que permita a correcta realización da obra audiovisual.

* Contáctase cos axentes ou representantes dos artistas e/ou coas axencias especializadas para establecer a dispoñibilidade do persoal artístico e asegurar que a súa selección responda ás características do programa.
* Organízanse as probas para a selección de persoal artístico, cos técnicos e o equipamento necesario.
* Axústase o orzamento dispoñible para que os contratos se adapten ás tarifas dos artistas e dos técnicos, tendo en conta os convenios colectivos, en caso de os haber.

1.5.Xestionar a localización, a compra ou o alugamento dos recursos materiais e técnicos necesarios, asegurando calidades, prazos e mantemento, en función dos criterios e os custos establecidos. * O equipamento técnico e os materiais son os apropiados para o logro da intencionalidade narrativa do produto audiovisual que se vaia realizar.

* O equipamento técnico necesario para a realización do produto audiovisual é o establecido, e está dispoñible e operativo nos prazos prefixados e en cada fase do proceso.

* Os materiais (cintas de vídeo, cintas de audio, película virxe, etc.) son os determinados, cumpren as normas técnicas estandarizadas e están dispoñibles nos prazos prefixados nas distintas fases do proceso.
* Distribúese e mantense o equipamento técnico e os materiais necesarios de acordo coas distintas fases da realización do produto audiovisual.
* Xestiónase con prontitude e eficacia o aprovisionamento dos equipamentos e dos materiais, aplicando as técnicas de negociación e os procedementos administrativos, e achéganse solucións alternativas ás posibles continxencias.

RealizaciónsCriterios de realización

1.6.Xestionar a localización, a dispoñibilidade, a construción ou o alugamento dos espazos e dos materiais escénicos, garantindo que as súas calidades se correspondan coa intencionalidade narrativa do produto audiovisual e se respecten os prazos e os custos establecidos. * Os estudios de gravación están dispoñibles nos prazos estipulados e a súa dotación técnica é a adecuada para a realización do produto audiovisual.

* Encárganse os decorados e os elementos escénicos necesarios para a realización do produto audiovisual, determinando características, calidades e prazos de entrega, con aplicación das técnicas de negociación.

* Os decorados e os escenarios son os previstos, responden ás características estéticas e técnicas determinadas e foron instalados nos prazos estipulados.

* Xestionáronse os permisos e logrouse que as localizacións foran as necesarias e as estipuladas para a realización do produto.
* Os elementos de atrezzo son os adecuados para cada escena, están dispoñibles e responden aos criterios estéticos e funcionais establecidos.
* Os efectos materiais e os equipamentos de efectos especiais axústanse aos custos previstos e son os estipulados en características, prestacións e calidades.

1.7.Xestionar e controlar os recursos económicos de xeito que se asegure a finalización do proxecto audiovisual nos prazos e coas calidades requiridas, e dentro do orzamento establecido, e propor, de ser o caso, medidas correctoras.* Xestiónase a solicitude de subvencións e/ou axudas á produción ofrecidas polas diferentes administracións públicas, consonte o procedemento establecido.

* Xestiónase a obtención de financiamento, cubrindo a documentación necesaria e aplicando o procedemento administrativo que proceda, en función da fonte e a forma seleccionada.

* O control dos gastos asegura o cumprimento dos prazos establecidos para a realización do produto audiovisual coas calidades requiridas, en función do orzamento establecido.

* Realízanse puntualmente os pagamentos, de acordo coas condicións establecidas e seguindo a normativa vixente.
* Aplícanse os procedementos administrativos e contables que aseguren o control dos recursos económicos, dentro da legalidade vixente.
* Realízase un balance cuantitativo para comparar os recursos económicos, comparando as realizacións coas previsións, e propóñense accións correctoras cando as desviacións non estean dentro dunha marxe aceptable.
* Elabórase de xeito claro e preciso a documentación administrativa xerada no proceso de produción.

1.8.Realizar o seguimento da produción de forma que se cumpran os prazos e se obteñan as calidades establecidas, e propor solucións alternativas ás posibles incidencias que puidesen xurdir. * O seguimento das distintas fases da realización do produto audiovisual permite o seu desenvolvemento segundo os prazos previstos no plan de traballo.

* Realízanse as citacións coa suficiente antelación e no xeito convido, e asegúrase a súa recepción polos membros de cada equipo.

* As solucións alternativas ás posibles continxencias que puideran xurdir son adecuadas e fan óptimo o custo e o tempo de resposta.
* No decorrer da produción, de ser o caso, xestiónase con prontitude e eficacia o aprovisionamento dos equipamentos e materiais aos lugares de rodaxe ou gravación, e achéganse solucións alternativas ás posibles continxencias.
* Os efectos especiais, de os haber, están operativos e cumpren coas normas de seguridade.

1.9.Xestionar, contratar e coordinar os medios necesarios para asegurar a loxística (transporte, aloxamento e manutención de persoal, equipamentos e materiais), en caso necesario, de xeito que se cumpran os prazos de execución establecidos. * Contrátanse os servizos necesarios para o transporte, o aloxamento e a manutención, asegurando a súa dispoñibilidade e calidade, axustándose ao orzamento establecido e utilizando as técnicas de negociación.

* Asegúrase o transporte, a manutención e o aloxamento, en caso necesario, dos membros do equipo técnico e artístico, no xeito e cos medios máis adecuados.

* Asegúrase o transporte do equipamento e materiais necesarios para a realización do produto no xeito e cos medios máis adecuados.
* Almacénanse e mantéñense os equipamentos técnicos e os materiais coas condicións de seguridade apropiadas.
* Achéganse solucións alternativas ás posibles continxencias que puidesen xurdir.

1.10.Cumprir e facer cumprir a lexislación vixente e a normativa de seguridade, hixiene e protección ambiental.* Cúmprese a lexislación individual (dereito á propia imaxe, intimidade, etc.) relacionada coa produción de obras ou programas audiovisuais.

* Respéctase a lexislación vixente en torno aos dereitos de autor e á propiedade intelectual.

* Respéctase a lexislación xeral vixente en torno ao audiovisual.
* Determínase a necesidade de servizos de seguridade, organízase a súa actividade, solicítanse os servizos das forzas públicas ou contrátanse os servizos de empresas especializadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Asegúrase o cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade e hixiene do traballo, e de protección ambiental.
* Prevese a toma de medidas oportunas ante a aparición dunha emerxencia.

Dominio profesional

* Medios de produción e/ou tratamento da información.

Estudios de gravación de cine, vídeo e televisión; decorados e escenarios; equipamentos e maquinaria de captación, rexistro, reprodución e tratamento de imaxe; equipamentos e maquinaria de captación, rexistro, reprodución e tratamento de son; equipamentos e maquinaria de iluminación; equipamentos e maquinaria de efectos especiais; laboratorios de cine; estudios de montaxe, sonorización e posprodución; soportes de imaxe e de son; medios informáticos e programas aplicados á produción.

* Principais resultados do traballo.

Desagregacións de guión, listaxes de necesidades, permisos de localización e rodaxe ou gravación, plan de traballo, pagamentos e control de gastos, valoración de partidas orzamentarias, citacións e control do persoal, xestión do avituallamento, desprazamentos e aloxamentos, xestión do aprovisionamento de recursos materiais e técnicos, xestión e contratación do persoal técnico e artístico e xestión do financiamento.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de planificación da produción, de supervisión e control da produción, de xestión económica e administrativa, e de negociación.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Guións, escaletas, catálogos de equipamentos técnicos e de persoal técnico, relación de persoal técnico de estudios e de empresas auxiliares, información e formularios administrativos e contables, lexislación específica, contratos tipo, orzamentos tipo e bibliografía técnica.

2.5.2. Unidade de competencia 2: organizar, supervisar e xestionar a produción de programas radiofónicos.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Identificar os recursos necesarios para a realización de programas radiofónicos e obter, organizar e analizar a información e os obxectivos do programa. * A análise e a interpretación do guión radiofónico permite identificar:-O xénero do programa: informativo, musical, revista e deportivo. -As características técnicas e os métodos operativos do programa: directo, gravado ou retransmisión, etc.
-As necesidades de equipamentos e materiais, en número e características.
-As necesidades de recursos humanos.
-Os recursos propios e alleos.
* Contrástase a identificación do equipamento e material técnico coas propostas dos distintos profesionais implicados.
* Elabóranse listaxes agrupando os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios.
* Establécense as necesidades económicas do programa en función das características do programa ou da emisora, cando sexa necesario.
* Elabóranse os documentos utilizando códigos e técnicas apropiados.

RealizaciónsCriterios de realización

2.2.Localizar, xestionar e elaborar a documentación necesaria (sonora e escrita) para o desenvolvemento dun programa radiofónico. * A documentación necesaria para o desenvolvemento do programa está localizada e dispoñible nos soportes adecuados.

* A documentación seleccionada correspóndese coa intencionalidade narrativa do programa.

* Na procura e na localización de documentación detéctanse as posibles necesidades futuras de documentación.
* Identifícanse e elabóranse os documentos de utilidade nos soportes adecuados.
* Utilízase o persoal técnico e os equipamentos adecuados para a procura e a elaboración de documentación.

2.3.Localizar e xestionar os recursos técnicos necesarios para a elaboración de programas radiofónicos en exteriores e en estudio, cando as súas características así o requiran. * Os recursos técnicos son os adecuados en características e en número para a realización do programa.

* Cóbrense as necesidades de transmisión do son dos puntos de información á emisora.

* O persoal técnico auxiliar, cando é preciso, é o adecuado e o necesario.

2.4.Xestionar e coordinar a participación de personaxes e invitados, asegurando a súa presenza ou dispoñibilidade, e propor alternativas ás posibles continxencias. * O mantemento actualizado da documentación permite acceder aos posibles participantes nun programa radiofónico, de xeito rápido e efectivo.

* Contáctase cos invitados e/ou representantes e axentes, de ser o caso, coa suficiente antelación, para os informar do contido e as características do programa.

* Negócianse as condicións económicas de participación, de ser o caso, de acordo coas directrices da dirección do programa ou a emisora, e en función do orzamento dispoñible.
* Confírmase a asistencia de invitados nos prazos e nas condicións establecidas.
* Prevense as continxencias que puidesen xurdir e elabórase unha listaxe de posibles substitutos.
* Facilítase, cos medios dispoñibles, a presenza de invitados no programa.
* Realízanse as xestións con prontitude, con eficacia e con respecto ás opinións e aos dereitos dos invitados.

2.5.Comprobar a dispoñibilidade de todos os elementos expresados no guión, realizando o seu seguimento durante o desenvolvemento do programa, así como propor e xestionar solucións alternativas ante posibles continxencias. * Antes do comezo do programa compróbase que todos os puntos consignados no guión estean dispoñibles.

* O seguimento do guión durante o programa permite comprobar o seu correcto desenvolvemento, e xestiónanse alternativas ás posibles continxencias que puidesen xurdir.

* Durante a realización do programa xestiónase a intervención de novos participantes ou invitados se o desenvolvemento do programa así o require.

2.6.Cumprir e facer cumprir a normativa laboral, de seguridade, de hixiene e de protección ambiental, de acordo coa legalidade vixente. * Respéctase a lexislación vixente sobre os dereitos de autor e a propiedade intelectual.

* Respéctase a normativa vixente sobre a radio.

* Determínase a necesidade de servizos de seguridade, organízase a súa actividade, solicítanse os servizos das forzas públicas ou contrátanse os servizos de empresas especializadas.

* Asegúrase o cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo, e de protección do medio.
* Prevese a toma de medidas oportunas ante a aparición dunha emerxencia.

Dominio profesional

* Medios de produción e/ou tratamento da información.

Estudios radio; equipamentos e maquinaria de captación, rexistro, reprodución e tratamento de son; documentación sonora e escrita.

* Principais resultados do traballo.

Listaxes de necesidades; permisos e credenciais; plan de traballo; pagamentos e control de gastos; citacións e control do persoal; xestión do avituallamento, desprazamentos e aloxamentos; documentación sonora e escrita.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de planificación da produción, de supervisión e control da produción, de xestión económica e administrativa, e de negociación.

* Información (natureza, tipo e soportes).

Guións e escaletas; catálogos de equipamentos técnicos e de persoal técnico; relación de persoal técnico, de estudios e de empresas auxiliares; información e formularios administrativos e contables; lexislación específica, contratos tipo, orzamentos tipo e bibliografía técnica.

2.5.3. Unidade de competencia 3: organizar, supervisar e xestionar a produción de representacións escénicas e espectáculos.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Identificar os recursos necesarios para a realización de representacións escénicas e/ou espectáculos, obtendo, organizando e analizando a información, a documentación e os obxectivos do proxecto, así como establecer e programar as distintas fases do seu desenvolvemento. * A análise e a interpretación do libreto ou da escaleta da obra ou do espectáculo permite identificar:-O xénero da obra: dramático, comedia, informativo, de variedades, deportivo, etc. -Os aspectos formais, expresivos e estéticos da obra: épocas e estilos históricos e artísticos, aspectos expresivos da luz, do son, da escenografía, etc. -As necesidades de equipamentos, maquinaria e materiais, en número e características.
-As necesidades de recursos humanos técnicos e as súas especialidades.
-As necesidades de recursos humanos artísticos, as súas características e a súa caracterización.
-As necesidades e as características dos espazos escénicos.
* Elabóranse as listaxes necesarias agrupando a información afín das distintas secuencias ou fases do programa.
* Contrástase a identificación do equipamento e do material técnico coas propostas dos distintos profesionais implicados.
* Elabóranse os documentos utilizando os códigos adecuados e as técnicas apropiadas.
* Identifícanse as fontes e as formas de financiamento que permitan obter os recursos económicos necesarios, así como os procedementos de acceso a elas.
* Planifícanse as distintas fases para a montaxe da obra ou do espectáculo:-Ensaios.
-Contratación de persoal artístico e técnico.
-Construción de decorados.
* Elabórase un plan de traballo que aproveite convenientemente os tempos e os recursos humanos, técnicos e materiais, asegurando o cumprimento dos prazos establecidos.

3.2.Elaborar partidas orzamentarias dun proxecto de obra de teatro ou espectáculo, determinando os recursos económicos e adecuando convenientemente a súa asignación de acordo cos obxectivos establecidos e coas especificacións recibidas. * O orzamento recolle a dispoñibilidade de recursos propios e a necesidade de recursos externos.

* Distribúense as cargas económicas en función da importancia das distintas fases do proceso e das características narrativas e expresivas determinadas no libreto.

* Especifícase o número, as características e o custo de cada unha das partidas do orzamento, de acordo cos distintos capítulos da produción dunha obra teatral ou espectáculo.

* Avalíanse os custos das distintas partidas orzamentarias tendo en conta a oferta e os prezos de mercado, para rendibilizar economicamente a produción.
* O orzamento axústase á intencionalidade narrativa da representación ou do espectáculo, e adapta convenientemente a asignación dos recursos en calidade e custo.
* Identifícanse as distintas formas e fontes de financiamento de obras de teatro e de espectáculos, para xestionar e aplicar as máis idóneas para a consecución da intencionalidade da obra.

3.3.Xestionar a selección e a contratación dos recursos humanos necesarios (artísticos e técnicos) nas distintas fases do proceso, asegurando a súa dispoñibilidade, a capacitación e a idoneidade, para garantir a realización do proxecto, co custo e nos prazos establecidos. * A selección do equipo técnico ten en conta todas as fases do proceso e as características específicas de capacitación de cada profesional.

* O número de persoas do equipo técnico asegura a correcta realización da obra ou do espectáculo, e cumpre os prazos e as calidades.

* A selección do persoal artístico (actores, figurantes, especialistas, presentadores, etc.) ten en conta as súas características e a cantidade, en función das necesidades do guión, de xeito que permita a correcta realización da obra audiovisual.

* Contáctase cos axentes ou os representantes dos artistas e/ou coas axencias especializadas para establecer a dispoñibilidade do persoal artístico e asegurar que a súa selección responda ás características da obra ou do espectáculo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Organízanse as probas para a selección de persoal artístico, cos técnicos e o equipamento necesario.
* Os contratos axústanse ás tarifas dos artistas e dos técnicos, tendo en conta os convenios colectivos, de os haber, aproveitando ao máximo o orzamento dispoñible.

3.4.Identificar as necesidades de caracterización do persoal artístico e xestionar a súa manufactura, a adquisición ou o alugamento, seguindo os criterios do director da obra (director de escena) ou director artístico. * Establécense as necesidades de vestiario, complementos, maquillaxe, perrucaría e accesorios dos participantes na obra ou no espectáculo.

* O vestiario, os elementos de maquillaxe, a perrucaría e outros seleccionados son os adecuados para as características da obra ou do espectáculo, e teñen a calidade necesaria.

* As probas permiten axustarlle a cada intérprete a súa indumentaria.
* Determínase a necesidade de alugar, adquirir ou confeccionar o vestiario e os complementos en función de:-As características especiais de deseño do vestiario, complementos e materiais de confección.
-A dispoñibilidade de stock propio ou en empresas especializadas.

3.5.Xestionar a dispoñibilidade, a localización, a construción ou o alugamento dos espazos e dos materiais escénicos, garantindo que as súas calidades se correspondan coa intencionalidade narrativa e expresiva da representación ou do espectáculo, de xeito que se respecten os prazos e os custos establecidos. * Os teatros ou os espazos de representación están dispoñibles nos prazos estipulados e dispoñen dunha dotación técnica adecuada para a realización do produto audiovisual.

* Encárganse os decorados e os elementos escénicos necesarios para a realización do produto audiovisual, con determinación das características, as calidades e os prazos de entrega, aplicando as técnicas de negociación.

* Os decorados e os escenarios son os previstos, responden ás características estéticas e técnicas determinadas, e foron instalados nos prazos previstos.

* As localizacións necesarias para a realización da representación ou do espectáculo son as estipuladas, e os permisos foron xestionados.
* Os elementos de atrezzo son os adecuados para cada escena, están dispoñibles e responden aos criterios estéticos e funcionais establecidos.
* Os efectos especiais, de os haber, están operativos e cumpren coas normas de seguridade.

3.6.Xestionar a localización, a compra ou o alugamento dos recursos materiais e técnicos necesarios, asegurando calidades, prazos e mantemento, en función dos criterios e os custos establecidos. * O equipamento técnico e os materiais son os apropiados para o logro da intencionalidade narrativa e expresiva da representación ou do espectáculo.

* O equipamento técnico necesario para o desenvolvemento da representación ou do espectáculo é o establecido, e está dispoñible e operativo nos prazos prefixados e en cada fase do proceso.

* O equipamento técnico está dispoñible coa suficiente antelación para realizar as probas e os ensaios, e está operativo para a representación.
* Realízase a adquisición ou o alugamento do equipamento técnico, asegurando as características técnicas especificadas e as calidades determinadas, de xeito que se adapte ao orzamento dispoñible.
* Distribúese e mantense o equipamento técnico e os materiais necesarios de acordo coas distintas fases de desenvolvemento da representación ou do espectáculo.
* Xestiónase con prontitude e eficacia o aprovisionamento dos equipamentos e dos materiais, e achéganse solucións alternativas ás posibles continxencias.

3.7.Xestionar e controlar os recursos económicos de xeito que se asegure a finalización e o desenvolvemento da representación ou do espectáculo nos prazos previstos, coas calidades requiridas e dentro do orzamento establecido, e propor, de ser o caso, medidas correctoras. * Xestiónase a solicitude de subvencións e/ou axudas á produción ofrecidas polas diferentes administracións públicas, aplicando o procedemento establecido.

* Xestiónase a obtención de financiamento, formalizando a documentación necesaria e aplicando o procedemento administrativo que proceda, en función da fonte e da forma seleccionada.

* O control dos gastos asegura o cumprimento dos prazos establecidos para a realización do produto audiovisual coas calidades requiridas, en función do orzamento establecido.

* Realízanse puntualmente os pagamentos, de acordo coas condicións establecidas e seguindo a normativa vixente.
* Aplícanse os procedementos administrativos e que aseguren o control dos recursos económicos, dentro da legalidade vixente.
* Realízase un balance cuantitativo para comparar os recursos económicos, contrastando as realizacións coas previsións, e propóñense accións correctoras cando as desviacións non estean dentro da marxe aceptable.

RealizaciónsCriterios de realización

* Elabórase de xeito claro e preciso a documentación administrativa xerada no proceso de produción.

3.8.Coordinar e supervisar as xiras e os desprazamentos da obra ou do espectáculo, asegurando prazos e compromisos establecidos. * Realízase nos tempos estipulados a montaxe e a desmontaxe de escenarios e decorados.

* Prevense coa suficiente antelación as necesidades de aloxamento, desprazamentos, etc., dos equipos humanos, técnicos e materiais, e xestiónanse e contrátanse os servizos necesarios.

* Asegúranse os desprazamentos de todos os participantes na obra ou no espectáculo, na forma e cos medios máis adecuados.
* Xestiónase a contratación de persoal técnico e artístico nos lugares de representación, de ser necesario.
* Xestiónase a contratación de medios especializados para o transporte de escenarios, decorados, maquinaria escénica e técnica, de ser necesario.
* Almacénanse e mantéñense os equipamentos técnicos e os materiais coas condicións de seguridade apropiadas.

3.9.Intervir na coordinación da promoción da obra ou do espectáculo, supervisando o cumprimento do plan de promoción. * A promoción e a difusión da obra ou do espectáculo son as establecidas, nos medios predeterminados e nos tempos e cos soportes adecuados.

* A identificación da obra ou do espectáculo no seu lugar de representación é a acordada.

* A supervisión da campaña de relacións públicas (invitacións, entrevistas, mencións nos medios de comunicación, etc.) permite a adecuada difusión e promoción da obra ou do espectáculo.

3.10.Cumprir e facer cumprir a normativa laboral, de seguridade, de hixiene e de protección do medio, de acordo coa legalidade vixente. * Respéctase a lexislación vixente sobre os dereitos de autor e á propiedade intelectual.

* Respéctase a normativa vixente sobre o espectáculo.

* Determínase a necesidade de servizos de seguridade, organízase a súa actividade e solicítanse os servizos das forzas públicas ou os servizos de empresas especializadas.

* Asegúrase o cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo, e de protección do medio.
* Prevese a toma de medidas oportunas ante a aparición dunha emerxencia.

Dominio profesional

* Medios de produción e/ou tratamento da información.

Teatros, decorados, escenarios, maquinaria teatral e de espectáculos; equipamentos de iluminación, de son, de vídeo e de proxección; equipamentos e maquinaria de efectos especiais; vestiario e caracterización.

* Principais resultados do traballo.

Desagregacións de libreto ou da escaleta; listaxes de necesidades; permisos de representación; plan de traballo; pagamentos e control de gastos; valoración de partidas orzamentarias; citacións e control do persoal; xestión de avituallamento, desprazamentos e aloxamentos; xestión da contratación do persoal técnico e artístico; xestión do financiamento.

* Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de planificación da produción; técnicas de supervisión e control da produción; técnicas de xestión económica e administrativa; técnicas de negociación.

* Información (natureza, tipo e soportes).

Libretos e escaletas; catálogos de equipamentos técnicos e de persoal artístico; relacións de persoal técnico e de empresas auxiliares; información e formularios administrativos e contables; lexislación específica; contratos tipo; orzamentos tipo; bibliografía técnica.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Este sector sofre unha complexa mutación por efectos da evolución tecnolóxica e a interacción dos compoñentes culturais, tecnolóxicos e industriais. Entre os cambios que é previsible que inflúan na competencia desta figura cómpre sinalar:

* A tecnoloxía dixital e a dispoñibilidade dos satélites de comunicación que permiten a instantaneidade das comunicacións internacionais ou a interactividade da comunicación son cambios tecnolóxicos que permitirán novas formas de comunicación e de lecer no marco da apertura de mercados internacionais.

* A tecnoloxía multimedia e a masificación do uso do ordenador como ferramenta profesional e obxecto familiar abre un mercado de novos produtos audiovisuais.

* A incorporación das novas tecnoloxías, a diversificación dos soportes e a aparición do consumidor activo irán xerando unha demanda de novos produtos e servizos de información que se axusten ás necesidades individualizadas e poidan permitir a interactividade do usuario final.

* A cantidade e a diversidade de información e dos programas de lecer que implican as novas redes das telecomunicacións potenciará a tendencia á creación de canles de televisión monotemáticas, como fórmula de adecuar e rendibilizar a súa oferta, polo que cumprirá a creación e a potenciación das empresas independentes dedicadas á produción de programas para televisión.

* A regulación e o crecemento das emisoras de radio e televisión locais, e a teledistribución por cable, han determinar un crecemento de producións audiovisuais e de empresas do sector.

* O sector cinematográfico evoluciona cara á procura de novas estratexias de financiamento e novos mercados de distribución e comercialización, á potenciación da promoción dos seus produtos, así como á modernización progresiva dos recursos técnicos.

* A aplicación de novas tecnoloxías na produción de espectáculos, coa concorrencia multidisciplinar de técnicas e de equipamentos, ha modificar a oferta e as técnicas de produción deste tipo de produtos.

* A tendencia cara á especialización e a diversificación das empresas do sector ha incrementar a demanda de profesionais cun alto nivel de cualificación e capacidade de adaptación a novas tecnoloxías e procesos de produción, e aos novos produtos.

* A incorporación de aplicacións informáticas ha facilitar a planificación, a xestión e a supervisión das producións audiovisuais, radiofónicas e de espectáculos.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A reconfiguración do sector, o ritmo do cambio tecnolóxico e o aumento dos custos de produción han obrigar á adaptación desta figura profesional a funcións e actividades non estritamente técnicas que requiran mentalidade comercial, capacidade asesora e de comunicación e traballo con equipos doutros países, dispondo dunha cultura transnacional no marco europeo.

A polivalencia funcional deste técnico débelle permitir a intervención no desenvolvemento, a xestión, a promoción e a comercialización de producións e servizos de comunicación e espectáculos, facendo propostas que melloren o proceso de produción e proxectos que respondan ás novas demandas de audiencia e usuarios.

2.6.3. Cambios na formación.

As necesidades de formación dedúcense dos previsibles cambios tecnolóxicos, a aparición de novos produtos e as políticas de produción transnacionais. Detéctanse necesidades formativas para:

* Poder adaptarse ás novas formas de organización da produción, promoción e comercialización de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.

* Coñecer e avaliar os novos produtos e servizos do sector.

* Identificar as prestacións e as posibilidades comunicativas e expresivas das novas tecnoloxías.

* Integrarse en estruturas transnacionais de produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

* A utilización de ferramentas informáticas e programas específicos aplicados á súa actividade que lle permitan unha organización, unha xestión e un control adecuados da produción.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

As empresas onde este profesional poderá desenvolver o seu labor localízanse nos sectores da produción audiovisual, radiofónica e de espectáculos, en empresas coas actividades seguintes:

* Produción e emisión de programas de televisión.

* Produción e emisión de programas de radio.

* Produción de obras videográficas.

* Produción de obras cinematográficas.

* Produción de espectáculos e obras teatrais.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Este profesional localízase nas funcións de organización, administración e supervisión da produción, así como da promoción de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen os campos de:

* Distribución e organización, coordinación dos procesos, calidade e normativa específica dos audiovisuais e os espectáculos.

* Interpretación e elaboración de documentación.

* Xestión e control de recursos materiais e técnicos.

* Xestión e administración de recursos económicos.

* Control da promoción de audiovisuais e espectáculos.

* Coordinación de equipos profesionais.

* Colaboración con outros profesionais.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a seguir un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Técnico en produción de programas de televisión.

* Técnico en produción de obras cinematográficas.

* Técnico en produción de obras videográficas.

* Técnico en produción de programas radiofónicos.

* Técnico en produción de espectáculos e obras teatrais.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Coñecer e interpretar as estruturas organizativas, funcionais e produtivas do sector audiovisual, radiofónico e de espectáculos.

* Analizar e interpretar adecuadamente a documentación dos proxectos de produción audiovisual, radiofónica ou de espectáculos (guión literario, guión técnico, escaletas, libretos, etc.), identificando as súas características formais, narrativas e expresivas, e os recursos necesarios para a súa realización.

* Comprender as bases tecnolóxicas dos equipamentos técnicos que interveñen na produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

* Identificar e relacionar os recursos materiais, técnicos e humanos que interveñen na produción de obras ou de programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.

* Describir e relacionar as distintas fases da produción de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos, diferenciando as formas de organizar e supervisar a produción.

* Elaborar a documentación precisa para a planificación, a administración e o control da produción, mediante a utilización das ferramentas informáticas máis adecuadas aos casos propostos.

* Avaliar os recursos materiais, técnicos e humanos que interveñen nas distintas fases da produción de audiovisuais, radio e espectáculos, para asegurar a súa realización, de xeito que se adapten convenientemente os esforzos, os tempos, os custos e as calidades.

* Avaliar as variables financeiras e orzamentarias da produción de audiovisuais, radio e espectáculos, identificando e comparando as máis efectivas para cada tipo de produción, segundo as características do proxecto.

* Describir e interpretar as formas de promoción de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.

* Coñecer as técnicas aplicadas á coordinación de grupos de traballo, e analizar e avaliar os requisitos e os rendementos nos distintos postos de traballo.

* Resolver problemas organizativos e laborais característicos dos procesos da produción de audiovisuais, radio e espectáculos, diagnosticando as súas causas e indicando as medidas adecuadas para a súa resolución.

* Interpretar a lexislación específica relativa aos medios de comunicación e espectáculos.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións do contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Procurar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da produción de audiovisuais, radio e espectáculos, e lle posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar nos procesos de comunicación que se dan entre áreas das empresas, con clientes e con provedores.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: produción de cine e vídeo.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar, supervisar e xestionar a produción de produtos audiovisuais.

Capacidades terminais elementais

* Clasificar as principais características específicas da produción audiovisual en relación coa produción industrial.

* Relacionar de xeito xeral as tarefas e os procesos das fases de desenvolvemento, preprodución, posprodución e comercialización para a elaboración dun programa videográfico ou cinematográfico.

* Seleccionar e organizar os recursos humanos dun equipo de produción de programas audiovisuais en cine ou vídeo.

* Describir a tipoloxía e os valores de produción dun proxecto audiovisual e relacionalos co público de destino (target), formato, estándares, intencionalidade formal e expresiva e modo de produción.

* Identificar a finalidade da obra, as súas posibles características técnicas, artísticas e organizativas, a valoración do seu interese comercial e artístico, e a súa viabilidade a partir da análise da documentación dun proxecto audiovisual.

* Relacionar os diferentes tipos de obras cinematográficas e videográficas coas empresas que interveñen no seu proceso produtivo e a súa estrutura organizativa e funcional.

* Recoñecer as principais compañías produtoras e os principais produtores executivos internacionais, españois e galegos.

* Recompilar información actualizada das institucións públicas e privadas sobre axudas, subvencións e condicións de financiamento de produtos audiovisuais a partir da consulta de fontes e canles habituais do sector.

* Enumerar formas de financiamento de obras cinematográficas ou videográficas en función da tipoloxía e o fin.

* Xustificar o xeito de produción escollida (asociada, coprodución, etc.) en función do custo da obra, do tipo e a capacidade produtiva da empresa, do mercado de explotación previsto e da viabilidade de obtención de financiamento.

* Comparar os principais mercados audiovisuais do mundo coas súas características e os obxectivos específicos.

* Identificar o segmento de mercado ou a feira audiovisual potencialmente máis atractivos, e a canle de distribución máis doada en función do tipo de obra audiovisual.

* Calcular o plan de recuperación de investimentos realizados para producir produtos audiovisuais a partir dos datos de explotación comercial.

* Describir as principais medidas lexislativas de apoio ao sector audiovisual, así como as principais convocatorias de axudas a nivel europeo, español, galego, provincial e local.

* Planificar a temporalización das diferentes actividades de preparación, rodaxe ou gravación e posprodución, así como as loxísticas, con criterios de eficiencia, rendibilidade e seguridade, en función dos prazos de execución.

* Realizar mediante aplicacións informáticas documentos de planificación (desagregacións, listaxes, etc.) seguimento e control de produción (formularios, citacións, ordes, etc.).

* Seleccionar as localizacións necesarias para a realización do proxecto audiovisual en función da intencionalidade narrativa, requisitos de produción (accesos, servizos, etc.), e custos asumibles polo orzamento.

* Deducir a tipoloxía, a cantidade e as características técnicas e estéticas dos materiais técnicos e escenográficos necesarios nas diferentes secuencias dunha obra videográfica ou cinematográfica en función das necesidades do guión, os requisitos do

proxecto, as localizacións, o orzamento e o xeito de produción.

* Describir os recursos necesarios e a metodoloxía para a realización de probas de selección (casting) en función do plan de traballo, os representantes de artistas, as necesidades do guión e o orzamento dispoñible.

* Identificar o persoal artístico idóneo necesario, en función das necesidades do guión, as características do produto e a dispoñibilidade orzamentaria a partir da valoración de probas de selección e axencias especializadas.

* Combinar as datas, os materiais seleccionados, as condicións de aprovisionamento de materiais escénicos ou de dispoñibilidade de espazos necesarios nos diferentes sets ou localizacións con criterios de rendibilidade, oportunidade e eficacia, e en función do plan de traballo e o orzamento dispoñible.

* Identificar as modalidades máis idóneas de transporte, aloxamento e manutención do persoal técnico e artístico, así como o transporte e a almacenaxe de equipamentos e materiais, en función dos requisitos do plan de traballo, os medios loxísticos dispoñibles, a calidade e o orzamento establecidos.

* Realizar a documentación ou os requisitos necesarios para tramitar permisos e autorizacións para a disposición de localizacións, espazos e materiais escénicos.

* Deducir as características, a tipoloxía e o número de recursos humanos idóneos e necesarios para a realización dunha obra cinematográfica ou videográfica nas súas diferentes fases de execución, con criterios de eficiencia e calidade, e segundo os requisitos do guión, o plan de traballo e os custos establecidos.

* Contrastar o contido e as condicións variables dos diferentes tipos de contratos do persoal técnico e artístico, en función da súa tarifa, os requisitos do plan de traballo e, de ser o caso, os convenios colectivos ou a normativa laboral.

* Relacionar o tipo e as características dos medios técnicos espaciais e materiais escénicos coa estrutura funcional e operativa dos recursos humanos existentes nunha empresa produtora.

* Calcular o custo de cada unha das partidas do orzamento dun proxecto audiovisual en función do plan de traballo, o xeito de produción, os recursos dispoñibles e as características narrativas e expresivas determinadas no guión ou na escaleta, así como da oferta de prezos de mercado.

* Realizar por procedementos informáticos os orzamentos económicos de xeito rigoroso e preciso, e con toda a información necesaria.

* Comparar os orzamentos estimativos, os preventivos e o final, extraendo gráficas e estatísticas que permitan analizar a evolución económica do proceso de produción.

* Explicar o sistema de control e seguimento da produción dun produto audiovisual en función das especificacións do proxecto e dos requisitos do plan de traballo.

* Realizar procesos de control diario nas fases de rexistro e acabado da produción mediante o uso de programas informáticos de xestión e axuda á produción, técnicas gráficas e cadros de seguimento.

* Identificar os recursos, os servizos e as persoas que cumpran para garantir a seguridade dos equipos de produción en función das características da produción e as normas de seguridade vixentes.

* Contrastar as posibles desviacións ou continxencias que se poidan producir no transcurso da preprodución e rodaxe dunha obra cinematográfica ou videográfica coas súas causas, a partir da análise e a avaliación de informes e resumos periódicos de control e seguimento da produción, das especificacións do proxecto e do plan de traballo establecido.

* Realizar un calendario de posprodución, seguimento e control de todos os procesos ata a obtención da copia estándar ou máster.

* Valorar as medidas e as accións que se deben tomar para corrixir ou aumentar os niveis de produtividade, calidade e rendibilidade dunha produción audiovisual en función das desviacións ou dos aspectos que se deben mellorar, as especificacións do proxecto, os orzamentos establecidos e o plan de traballo, sen se desvirtuar a intencionalidade narrativa e expresiva da obra.

* Diferenciar os soportes de márketing da obra audiovisual.

* Describir os medios, os soportes e as fases dunha campaña de promoción, desde a estrea ata a xira promocional, tendo en conta o tipo de produto e o seu público obxectivo de destino.

* Descubrir e realizar directorios de servizos de produción na rede a partir de navegacións por internet.

* Resumir as principais aplicacións informáticas relacionadas coa produción audiovisual.

* Coñecer os aspectos básicos da produción multimedia, particularmente aqueles en que o principio de interactividade afecte especificamente ao deseño e á elaboración destes produtos.

* Organizar o proceso de produción dun proxecto multimedia.

* Describir as principais tipoloxías e os modos de produción de programas audiovisuais e vídeo empresarial e institucional, anuncios publicitarios, audiovisuais de animación e programas documentais.

Contidos (duración: 265 horas)

Contidos procedementais

Características e funcións da produción audiovisual.

* Elaboración de cadros relacionais coas diferenzas dos procesos de produción audiovisual e outros produtos industriais.

* Determinación do tempo de realización de cada unha das fases de produción, mediante gráficos ou diagramas de tempo.

* Elaboración de listaxes de recursos humanos do equipo de produción con funcións concretas, segundo o tipo de proxecto e o orzamento dispoñible.

Construción do proxecto de desenvolvemento.

* Enumeración dos valores de produción de diferentes producións audiovisuais e identificación das tecnoloxías, o tipo de empresa e os recursos humanos que interveñen neles.

* Selección de temas para producir documentais extraídos de diferentes fontes e descrición do concepto ou proposta, o formato, o target, o estándar e a duración.

* Valoración das necesidades xerais de financiamento, viabilidade económica e determinación do modo de produción máis axeitado segundo o tipo de proxecto.

* Inscrición dun proxecto no rexistro da propiedade intelectual.

Historia da produción.

* Identificación e diferenciación dos métodos de traballo das principais compañías produtoras no cine clásico.

* Estudo crítico dos modos de produción a través das películas sobre o cine.

* Identificación e elaboración de bases de datos de compañías produtoras e de servizos en Galicia e en España.

Financiamento do proxectos.

* Obtención de información sobre fontes e xeitos de financiamento existentes, públicos ou privados, e análise e valoración das condicións e dos requisitos exixidos (normas, xuro, vantaxes fiscais, obrigas contractuais, etc.).

* Elaboración dun plan financeiro e dun estudo de viabilidade.

* Elaboración de cartas de interese.

* Confección do informe completo requirido segundo o financiamento escollido e formalización da documentación cos trámites administrativos e as autorizacións requiridas.

Mercado audiovisual.

* Identificación do target e do impacto de mercado dun produto audiovisual segundo as diferentes fiestras de explotación dos produtos audiovisuais.

* Identificación de catálogos de distribución e realización de cadros e táboas cos principais mercados e festivais do mundo, segundo tipoloxías.

* Deseño da campaña de promoción dun produto audiovisual.

Política audiovisual.

* Realización de informes comparativos sobre organigramas e convocatorias das institucións do sector audiovisual.

* Identificación das políticas de fomento do sector audiovisual nas diferentes opcións políticas a través dos seus programas electorais.

Preprodución.

* Elaboración de desagregacións previas e de listaxes xerais de necesidades a partir dun guión literario e un guión técnico ou story-board.

* Elaboración da documentación (formularios) de planificación e seguimento do proceso de produción.

* Procura, documentación e planificación das localizacións, tendo en conta o orzamento dispoñible, os requisitos do director, do produtor executivo ou do director artístico, e as necesidades técnicas específicas do proxecto.

* Determinación de recursos humanos (equipos técnicos e artísticos), fontes de documentación sonora e visual, espazos escénicos e material escenográfico, e medios técnicos necesarios en cada una das fases da produción.

* Identificación de elementos ou situacións susceptibles de produciren continxencias no desenvolvemento da produción e determinación de solucións alternativas.

* Elaboración das secuencias operativas nun plan de traballo.

* Elaboración e sistematización da documentación final nunha memoria de produción.

Recursos humanos.

* Identificación de recursos humanos segundo as necesidades de guión, o tipo de proxecto e o orzamento dispoñible, segundo as fases do proxecto audiovisual e o plan de traballo.

* Elaboración de diferentes organigramas en diferentes supostos, con relación detallada de funcións.

* Valoración da viabilidade de contratación do persoal: dispoñibilidade efectiva, custo, etc. Consenso sobre o contido e as condicións contractuais.

* Elaboración e formulación de contratos cos recursos humanos necesarios.

* Seguimento e valoración da eficacia e a eficiencia dos recursos humanos.

Orzamento.

* Agrupación de necesidades en partidas orzamentarias.

* Identificación e valoración económica de ofertas para cubrir necesidades de recursos humanos, materiais e loxísticos, e selección de ofertas de provedores.

* Identificación e selección do modelo orzamentario máis axeitado.

* Selección de paquete informático ou procedementos de cálculo Excell e Budgeting.

* Elaboración e presentación formal do orzamento preventivo.

* Validación e control do orzamento na fase de execución.

* Comparación de custos reais con previsións orzamentarias e determinación de causas de desequilibrio entre orzamento preventivo e consuntivo.

* Confección da memoria económica coa comparativa entre orzamento estimativo, preventivo e consuntivo.

Produción na rodaxe ou na gravación.

* Selección de técnicas, documentos ou aplicacións informáticas de control.

* Xestión de todos os permisos e as acreditacións para o desenvolvemento correcto da produción.

* Organización de grupos de traballo mediante citacións, ordes de traballo e convocatorias.

* Detección de disfuncións ou anomalías para mellorar o proceso de produción.

Produción na posprodución.

* Elaboración dun plan de posprodución e sonorización.

* Identificación dos principais bancos de imaxes e sons cos seus servizos e as súas tarifas.

* Identificación e cuantificación en tempo, calidades e orzamento dos diferentes procesos do laboratorio cinematográfico e sistemas de posprodución.

* Elaboración de materiais de promoción dun produto audiovisual.

* Identificación e seguimento dos requisitos para legalizar unha produción audiovisual.

* Organización da estrea dun produto audiovisual.

Produción aplicada: vídeo empresarial e institucional.

* Análise comparativa das diferentes tipoloxías dos vídeos empresarial e institucional.

* Deseño dun proxecto de vídeo empresarial e institucional, desde a idea inicial ata o orzamento preventivo.

Produción aplicada: publicidade.

* Creación de bases de datos de empresas galegas que invisten en publicidade en televisión.

* Deseño de produción dun anuncio de publicidade.

Produción aplicada: documentais.

* Análise comparativa da evolución tecnolóxico-expresiva do xénero documental.

* Creación dun concepto-proposta de documental.

Produción aplicada: animación.

* Análise comparativa da evolución tecnolóxico-expresiva da animación.

* Deseño e planificación dun proxecto de animación.

Contidos conceptuais

Características e funcións da produción audiovisual.

* Industrias audiovisuais.

* Características da produción audiovisual.

* Fases e etapas da produción de programas audiovisuais.

* Definicións e acepcións de produtor.

* Creatividade da produción executiva.

* Equipo humano de produción.

Fase de desenvolvemento de proxectos: construción do proxecto.

* Selección e análise de ideas na fase de desenvolvemento de proxectos.

* Elaboración de package: criterios, target, estándar, valores de produción e aspectos formais do proxecto audiovisual.

* Guión. Equipo de guión. Relación entre produción e guión. Contratos co guionista.

* Dereitos de autor e propiedade intelectual.

* Construción profesional dun guión. Análise do guión.

* Relación entre produción e dirección. Selección de protagonistas.

* Orzamento estimativo. Definición global e viabilidade do proxecto.

* Informe de proxecto e pitching. Técnicas de presentación.

Breve historia da produción.

* Orixe e evolución das empresas de produción.

* Nacemento e decadencia das Majors (1910-1960).

* Produtores independentes en Estados Unidos.

* Novo poder de Hollywood.

* Paradigmas dos noventa.

* Produtoras do resto do mundo.

* Características da produción independente.

* Empresas de servizos de produción.

* Empresas de produción en Galicia e en España. Estruturas e tipoloxías.

* Asociacións profesionais do ámbito da produción.

Fase de desenvolvemento de proxectos: procura de financiamento.

* Consideracións iniciais. Plan de financiamento.

* Axudas públicas: subvencións, fondos de garantía, incentivos fiscais, créditos oficiais, etc.

* Contratos coa televisión. Modalidades: produción propia e allea.

-Propia: interna e externa.

-Externa: financiada, asociada, coprodución e dereitos de antena.

* Empresas comerciais: patrocinio, localización de produto e licensing.

* Créditos bancarios.

* Asociación limitada e cooperativas.

* Financiamento indirecto: capitalización polo traballo, participación en beneficios e pagamentos diferidos.

Mercado audiovisual.

* Empresas do sector audiovisual. Poder da distribución.

* Marco conceptual do mercado audiovisual.

* Produción en Estados Unidos versus produción en Europa.

* Vantaxes de explotación. Amortización do produtor.

* Tipoloxías dos mercados audiovisuais segundo produción.

* Definición e tipoloxías de empresas de distribución: multinacionais e independentes.

* Actividades de empresas de distribución: catálogos, mercados, axentes de vendas, etc.

* Relación entre distribución e produción.

* Relación entre distribución e exhibición.

* Política comunitaria e cotas de distribución.

* Promoción, márketing e estrea.

* Sistemas de distribución.

* Empresas de exhibición: condicionantes da súa actividade.

* Novas formas do espectáculo audiovisual.

Política audiovisual.

* Lexislación e ámbito audiovisual.

* Políticas ofensivas e políticas defensivas.

* Funcións do avogado na produción audiovisual.

* Textos lexislativos específicos sobre o audiovisual en Galicia.

* Convocatorias oficiais. Requisitos.

* Políticas audiovisuais en España nos últimos anos.

* Institucións europeas, españolas e galegas con competencias no audiovisual.

* Lei do audiovisual. Alternativas das diferentes forzas políticas en España e en Galicia.

Preprodución.

* Fases da preprodución.

* Metodoloxía da desagregación.

* Preparación: investigación, documentación, listaxes e desagregacións previas.

* Preprodución.

-Localizacións e permisos.

-Intendencia e loxística de gravación e rodaxe.

-Criterios e elaboración do plan de traballo.

-Plan de transporte e intendencia.

-Burocracia administrativa de produción.

* Preprodución inmediata.

-Tipoloxías e características de actores. Probas de selección, contratos, relacións con axentes e representantes, etc.

-Material virxe.

-Escenografía e atrezzo.

-Vestiario e maquillaxe.

-Efectos especiais.

-Medios técnicos.

-Empresas, ofertas e prezos do mercado de equipamentos e servizos de produción.

* Posprodución na preprodución.

* Aplicacións informáticas na planificación da produción audiovisual.

Recursos humanos.

* O factor humano no traballo en equipo. Estereotipos.

* Criterios de valoración na selección de persoal.

* Relacións económicas co persoal técnico-artístico.

* Contratos máis habituais no sector audiovisual.

* Equipo grande versus equipo pequeno. Organigramas.

* Equipos de dirección, de fotografía, de dirección artística, de son, de montaxe e de posprodución.

* Outros equipos. Semovientes. Persoal ocasional e complementario.

* Estratexias do traballo en equipo.

Orzamento.

* Conceptos previos.

* Tipos de orzamento: estimativo, preventivo e consuntivo.

* Custos relacionados coa liña.

* Custos fixos e custos variables.

* Custos internos e custos externos.

* Outros conceptos orzamentarios.

* Principais factores do custo de produción. Criterios de optimización.

* Análise orzamentaria dunha produción audiovisual. Modelos oficiais. Aplicacións informáticas.

* Control orzamentario informático.

* Relación co plan xeral de contabilidade.

* Reflexións sobre o incremento de custos de produción.

* Memoria económica.

Produción na rodaxe ou na gravación.

* Axustes e modificacións do plan de traballo.

* Ordes de traballo e programa de citacións.

* Medidas de seguridade na rodaxe ou na gravación. Riscos. Seguros.

* Burocracia e seguimento diario da produción.

* Partes de produción.

* Control do plan de pagamentos e gastos.

Produción na posprodución.

* Posprodución segundo o soporte de gravación.

* Calendario de posprodución.

* Procesos de laboratorio.

* Actividades de produción na montaxe ou na edición.

* Normas técnicas estandarizadas.

* Produción da sonorización.

* Dereitos de imaxe e son. Principais bancos de imaxes e sons.

* Memoria administrativa do produto audiovisual.

* Legalización dunha produción audiovisual.

* Principais elementos do márketing e promoción da produción.

* Técnicas de presentación do produto.

Produción aplicada: vídeo empresarial e institucional.

* Aproximación xeral ao cine e ao vídeo empresarial e institucional.

* Evolución do xénero.

* Tipoloxías do vídeo empresarial e institucional.

* Creatividade no vídeo empresarial e institucional.

* Proceso de produción do vídeo empresarial e institucional.

* Distribución e difusión do vídeo empresarial e institucional.

* Festivais, mostras e canles de difusión e distribución do vídeo empresarial e institucional en Galicia.

Produción aplicada: publicidade.

* Conceptos básicos.

* Soportes publicitarios e empresas relacionadas.

* Tipos de publicidade. Formatos.

* Lexislación sobre publicidade.

* Proceso de produción dun anuncio publicitario.

* Banda sonora na publicidade.

* Festivais e difusión dos anuncios publicitarios.

* Publicidade en Galicia: axencias e empresas produtoras.

Produción aplicada: documentais.

* Conceptos básicos.

* Tipoloxías dos documentais.

* Concepto-proposta no documental.

* Infraestrutura técnica necesaria.

* Organización dos recursos humanos.

* Documentais de natureza.

* Orzamentos nos documentais.

* Principais festivais, mostras e canles de distribución do documental.

Produción aplicada: animación.

* Conceptos básicos.

* Tipoloxías da animación.

* Material técnico en animación.

* Organización dos recursos humanos.

* Orzamentos de animación.

* Principais festivais, mostras e canles de distribución da animación.

Novas tecnoloxías e produción.

* Informatización das tarefas e servizos no sector audiovisual.

* Aplicacións informáticas da industria audiovisual: equipamentos e paquetes máis usuais.

* Desenvolvemento de proxectos multimedia: principio de interactividade, dereitos e documento-proposta.

* Produción multimedia. Soportes e produtos.

* Dixitalización de equipamentos e sistemas de produción e distribución.

* Modificación das vendas de explotación.

* Produción de CD ROM: equipo humano e plan de traballo.

* Orzamento.

* Aplicacións da internet á produción audiovisual.

* Produción de páxinas web.

* Mercado multimedia.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Actitude razoable na toma de decisións para organizar plans de traballo axustados aos requisitos de calidade e aos custos emanados dos estudos do proxecto.

* Interese pola comprobación sistemática de resultados e opcións tomadas na etapa de preparación do proxecto e no control e a xestión da súa aplicación.

* Preocupación pola autocorrección de erros, desviacións ou disfuncións.

Rendemento óptimo do traballo.

* Interese pola procura da máxima produtividade e o máximo aproveitamento dos recursos nas tarefas de planificación e de control.

* Comportamento responsable e eficiente nas tarefas de preparación e aplicación dos proxectos.

* Eficiencia nas relacións contractuais establecidas con persoas e provedores.

Orde e método no traballo.

* Rigor na análise da viabilidade dun proxecto e a organización do proxecto ata a súa copia final.

* Consciencia da importancia da pulcritude e a eficiencia na elaboración, a síntese e a presentación da información do proceso de produción.

Dirección de recursos humanos.

* Valoración da importancia da coordinación dos equipos de traballo coa intención de aproveitar convenientemente os recursos para lograr os obxectivos do proxecto.

* Delegación noutras persoas daquelas actividades que non sexan prioritarias desde o punto de vista da dirección e a aplicación do plan de traballo.

* Capacidade de liderado e mando dos membros do equipo de traballo, tendo en conta a súas funcións de control da produción.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Preocupación pola puntualidade na execución dos traballos encomendados.

* Actitude de respecto e conservación do estado operativo dos equipamentos e as máquinas empregadas no proceso de produción.

* Hábito de compostura, limpeza, presenza física axeitada, puntualidade, responsabilidade e educación.

* Interese pola conservación da información técnica e administrativa do proceso.

* Rigor no cumprimento dos requisitos do proxecto canto á calidade, orzamento, normativa laboral e seguridade.

Independencia na execución do traballo.

* Rigor na determinación da viabilidade dos proxectos na planificación e na xestión executiva.

* Autosuficiencia na aplicación das técnicas de valoración de proxectos e a súa xestión executiva.

* Valoración da importancia de improvisar ante situacións non previstas.

Interese polas relacións humanas e polo traballo en equipo.

* Cordialidade, cooperación e amabilidade no trato cos demais.

* Respecto persoal e profesional ás persoas implicadas na produción.

* Tolerancia coas ideas, os pensamentos e as actitudes das outras persoas, procurando o consenso entre diferentes puntos de vista.

* Espírito aberto ás experiencias humanas e profesionais que poidan enriquecer as propias.

* Actitude de compañeirismo, interpretando o traballo como a suma das achegas das diferentes persoas.

Mentalidade emprendedora e creativa nas tarefas e accións.

* Rigor na procura e na mellora de métodos orixinais e innovadores que permitan reducir o tempo e os custos, e aumentar a calidade e a produtividade nos procesos de produción.

* Motivación por emprender tarefas ou accións novas co fin de aproveitar convenientemente os recursos.

* Valoración da importancia da creatividade na mellora dos resultados dos procesos de produción.

Apertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos directa ou indirectamente aplicables á mellora nos procesos de produción.

* Asimilación dos novos métodos de traballo consecuencia da evolución tecnolóxica.

* Interese polo coñecemento do contorno social, económico e laboral, así como pola conservación do medio.

* Espírito crítico ao valorar os cambios tecnolóxicos para decidir a súa posible aplicación ao seu campo laboral.

* Vontade de aprender e de se adaptar ás novas condicións de traballo.

Actualización do contexto social e artístico.

* Interese pola información mediática.

* Interese polas diferentes formas de expresión artística: literatura, cine, teatro, pintura, música, ballet, etc.

Respecto pola saúde, a seguridade laboral e ambiental e as diferenzas socioculturais.

* Consciencia da importancia do cumprimento das normas de seguridade nos procesos de produción.

* Consideración pola saúde propia e a dos demais.

* Valoración da importancia do medio.

* Trato non discriminatorio e respecto polas diferenzas culturais ou de sexo.

Valoración de resultados.

* Preocupación por achegar argumentacións rigorosas á hora de valorar a consecución ou non dos resultados estimados.

* Espírito crítico sobre o grao de adecuación do proceso ao método produtivo seguido.

* Compromiso para emitir xuízos de avaliación e resultado final dos procesos de produción.

* Autovaloración e confianza en si mesmo.

3.2.2. Módulo profesional 2: produción de televisión.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar, supervisar e xestionar a produción de produtos audiovisuais.

Capacidades terminais elementais

* Describir as grandes liñas de traballo, os obxectivos e as características das emisoras de televisión.

* Recoñecer os principais criterios de organización dunha emisora de televisión, así como o seu equipamento e servizos xerais.

* Distinguir os grandes criterios de programación das emisoras de televisión.

* Describir as bases para o estudo das audiencias e interpretar os datos obtidos polas empresas especializadas.

* Identificar os distintos tipos de programas de televisión en función do seu contido, o xeito de emisión, o xénero, o formato e a estrutura de produción, atendendo á clasificación de programas establecida polo organismo competente.

* Identificar a organización e o funcionamento das empresas de produción para televisión en función das súas distintas tipoloxías.

* Describir as bases das relacións contractuais e laborais entre as emisoras de televisión e as empresas de produción de programas.

* Identificar a normativa legal que intervén no exercicio da actividade televisiva.

* Valorar o concepto global de servizo público aplicado á televisión, tanto nas disposicións legais como no seu exercicio profesional.

* Enumerar as vías habituais de financiamento dos programas de televisión.

* Xustificar a forma de produción escollida en función do custo, os recursos dispoñibles e a viabilidade de obtención de financiamento.

* Valorar a incidencia da publicidade no financiamento das empresas e das producións televisivas.

* Deseñar o plan de financiamento dun programa de televisión.

* Identificar as grandes citas anuais e as liñas xerais da promoción e compravenda de produtos e formatos audiovisuais nos mercados internacionais.

* Valorar os principais mecanismos de promoción dos programas de televisión.

* Xustificar a especificidade e a integración dos distintos recursos técnicos e humanos precisos para a produción dun programa de televisión.

* Elaborar e formalizar todos os documentos precisos dun programa de televisión nos seus aspectos formais e de contido (os recursos técnicos e humanos dispoñibles en cada unha das fases de preparación, preprodución, rexistro, emisión e posprodución dun programa de televisión).

* Calcular o custo de cada unha das partidas do orzamento dun programa de televisión, en función da tipoloxía do programa, o plan de traballo, os recursos dispoñibles e as características narrativas ou expresivas determinadas no guión ou na escaleta, e dependendo da oferta de prezos de mercado.

* Comparar os orzamentos preventivo e final e extraer gráficas e estatísticas que permitan analizar as desviacións de gastos e a evolución do orzamento.

* Realizar o proceso de produción específico de programas informativos, retransmisións, revistas, dramáticos, etc.

Contidos (duración: 240 horas)

Contidos procedementais

Emisoras de televisión.

* Elaboración de esquemas de funcionamento e organigramas de diferentes emisoras de televisión segundo a propiedade, a partir da información obtida na prensa, en revistas especializadas, en redes telemáticas, etc.

* Identificación e elaboración da documentación organizativa, administrativa e económica da práctica diaria dos traballadores nunha emisora de televisión.

* Selección dos trazos definitorios e das características da programación global das principais emisoras.

Programas de televisión.

* Análise comparativa das ofertas de programación en diversas emisoras de televisión.

* Obtención de información sobre as audiencias das principais emisoras de televisión.

* Elaboración e aplicación de formularios de medición de audiencias (cualitativa e cuantitativa).

* Análise comparativa das características dos paquetes de canles das diferentes plataformas de televisión por satélite, cable, etc.

* Identificación dos diversos tipos de programas de televisión, en función dos seus contidos, os obxectivos e o xeito de produción e de emisión.

Empresas de produción de programas de televisión.

* Identificación de diversas fórmulas de funcionamento empresarial para a produción de programas de televisión.

* Obtención de información sobre as prácticas máis comúns na relación empresarial.

* Elaboración de documentos e modelos de contratos para a produción e a contratación de programas.

Lexislación televisiva.

* Elaboración de resumos e cadros sinópticos das fontes legais europeas, españolas e galegas que afecten o funcionamento da televisión.

* Análise comparativa das lexislacións televisivas de países da Unión Europea.

Desenvolvemento de programas de televisión.

* Confección da package dun programa de televisión en función da identificación do xénero, a intencionalidade comunicativa, os aspectos formais e estéticos do programa, e o segmento da audiencia ao que vai dirixido.

* Selección do xeito de produción, tendo en conta os recursos técnicos e humanos dunha televisión, así como o tipo de programa que se pretende producir e as posibilidades de financiamento.

* Elaboración dun plan de traballo durante as fases de preparación, preprodución, rexistro, emisión e posprodución do programa.

* Deseño de sinopses e ideas de programas televisivos atendendo á emisora, a duración da emisión, os valores de produción e a audiencia.

Financiamento de programas de televisión.

* Obtención de información e confección de informes sobre fontes e formas de financiamento de programas de televisión.

* Análise e valoración das condicións exixidas polas fontes de financiamento.

* Análise e valoración de contratos de programas de televisión con fórmulas de márketing.

* Elaboración do plan de financiamento dun programa tipo de televisión.

Mercados da televisión.

* Identificación dos principais mercados televisivos.

* Elaboración de materiais promocionais con destino ao mercado audiovisual.

* Formalización de diversos contratos de venda atendendo á variedade de posibilidades que ofrece o mercado televisivo.

* Aplicación das medidas necesarias para a óptima conservación e o axeitado transporte dos soportes televisivos.

* Xestión da adquisición e da venda de materiais de arquivo para a produción dun programa de televisión.

Trazos específicos da produción televisiva.

* Valoración das principais diferenzas entre a produción televisiva seriada e a produción cinematográfica.

* Identificación das necesidades de equipamento técnico, loxística e recursos humanos a partir do guión ou da escaleta, mediante listaxes e desagregacións de produción.

* Identificación, selección e contacto coas axencias ou os representantes do persoal artístico.

* Xestión de procesos de construción, compra ou alugamento de materiais escenográficos.

* Realización dun plan completo de traballo de programas de televisión.

* Formalización de contratos co equipo técnico e artístico segundo os convenios colectivos do sector.

* Elaboración de convocatorias, formularios, ordes e partes de traballo, segundo a planificación do traballo por medios informáticos.

Orzamentos de programas de televisión.

* Formalización de diversos modelos de orzamento e de control orzamentario para a produción dun programa de televisión.

* Análise de necesidades e agrupación por partidas orzamentarias.

* Elaboración e presentación formal do orzamento de programas de televisión.

* Valoración económica das ofertas dos provedores dos recursos humanos, materiais e loxísticos que integran o orzamento.

* Seguimento do gasto orzamentario.

* Elaboración da memoria económica.

Tipoloxías de produción televisiva.

* Identificación das características formais do xénero.

* Definición dos requisitos técnicos e humanos para a produción dos diferentes xéneros televisivos.

* Produción de programas de televisión segundo as diferentes tipoloxías.

Contidos conceptuais

Emisoras de televisión.

* Tipoloxía das emisoras.

* Organigramas de dirección característicos.

* Centro de produción e emisión.

* Liña editorial dunha emisora de televisión.

* A televisión en Galicia: evolución e situación actual.

Programas de televisión.

* Conceptos básicos.

* Ofertas de programación.

* Televisión dixital.

* Programas de televisión: tipoloxías e características.

Empresas de produción para televisión.

* Tipoloxía das empresas.

* Relacións contractuais entre empresas emisoras de televisión e empresas de produción: produción interna e externa, propia e allea, asociada e contratada; coprodución e precompra.

Lexislación televisiva.

* Concepto de servizo público aplicado á televisión.

* Marco lexislativo aplicable en Galicia.

Desenvolvemento de programas de televisión.

* Produtor en televisión: perfil profesional e funcións.

* Package televisiva e valores de produción.

* Modos de produción.

* Contratación de recursos externos.

* Localización.

* Documentación do proxecto.

Financiamento de programas de televisión.

* Plan de financiamento.

* Coproducións.

* Publicidade: fórmulas de financiamento.

* Apoios institucionais e subvencións públicas.

* Márketing.

Mercados de televisión.

* Características dos principais mercados de televisión.

* Estratexias de presenza nos mercados.

* Contratos de venda.

* Materiais de arquivo. Bancos de imaxes.

Trazos específicos da produción televisiva.

* Produción seriada e produción de prototipos.

* Estrutura da oficina de produción.

* Recursos humanos internos e externos.

* Escenografía e posta en escena.

* Convenios colectivos e contratos en televisión.

* Recursos técnicos e infraestruturas en televisión.

* Documentación de planificación dos programas de televisión.

Orzamento en programas de televisión.

* Modelos orzamentarios segundo as diversas empresas produtoras ou emisoras de televisión.

* Taxas. Custos internos e custos externos.

* Técnicas de control orzamentario.

* Memoria económica de produción.

Produción de programas informativos.

* Características dos programas informativos.

* Estrutura organizativa.

* Reportaxe televisiva.

* Documentación específica.

Produción de retransmisións.

* Estrutura organizativa.

* Unidades móbiles.

* Características técnicas.

* Transporte dos sinais.

* Documentación específica.

Produción de revistas e outros programas en estudio.

* Tipoloxías dos programas en estudo.

* Estrutura organizativa e documentación específica.

* Equipamento técnico e equipo humano.

* Público no estudio.

Produción de programas dramáticos.

* Xéneros dramáticos en televisión: evolución e tipoloxías.

* Equipo de guión.

* Equipo artístico.

* Estrutura organizativa e documentación específica.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Actitude razoable na toma de decisións para organizar plans de traballo axustados aos requisitos de calidade e aos custos.

* Interese pola comprobación sistemática de resultados e das opcións tomadas na produción de televisión.

* Preocupación pola autocorrección de erros, desviacións ou disfuncións.

Rendemento óptimo do traballo.

* Interese pola procura da máxima produtividade e do máximo aproveitamento dos recursos nas tarefas de planificación e de control.

* Comportamento responsable e eficiente nas tarefas de preparación e xestión da produción televisiva.

* Eficiencia nas relacións contractuais establecidas con persoas e provedores.

Orde e método no traballo.

* Rigor na secuencia e na ordenación das accións de produción de televisión.

* Comportamento pulcro e eficiente na elaboración, síntese e presentación da información do proceso de produción televisiva.

Dirección de recursos humanos.

* Valoración da importancia da coordinación dos equipos de traballo coa intención de aproveitar convenientemente os recursos para lograr os obxectivos previstos.

* Delegación noutras persoas daquelas actividades que non sexan prioritarias desde o punto de vista da dirección e a aplicación do plan de traballo.

* Valoración da importancia da capacidade de liderado e mando dos membros do equipo de traballo, tendo en conta a súas funcións de control da produción de televisión.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Asunción da necesidade de executar os traballos encomendados nos prazos establecidos.

* Actitude de respecto e conservación do estado operativo dos equipamentos e das máquinas que se empregan no proceso de produción de televisión.

* Hábito de compostura, limpeza, presenza física axeitada, puntualidade, responsabilidade e educación.

* Interese pola conservación da información técnica e administrativa do proceso.

* Rigor no cumprimento dos requisitos do proxecto en canto á calidade, orzamento, normativa laboral e seguridade.

Independencia na execución do traballo.

* Rigor na realización de orzamentos e na formalización da documentación que leva asociada.

* Valoración da importancia de improvisar ante situacións non previstas.

Interese polas relacións humanas e polo traballo en equipo.

* Cordialidade, cooperación e amabilidade no trato coas demais persoas.

* Respecto persoal e profesional polas persoas implicadas na produción televisiva.

* Tolerancia coas ideas, os pensamentos e as actitudes das outras persoas, procurando o consenso entre diferentes puntos de vista.

* Espírito aberto ante as experiencias humanas e profesionais que poidan enriquecer a propia.

* Actitude de compañeirismo, interpretando o traballo como a suma das achegas das diferentes persoas.

Mentalidade emprendedora e creativa nas tarefas e nas accións.

* Rigor na procura e na mellora de métodos orixinais e innovadores que permitan reducir o tempo e os custos, e aumentar a calidade e produtividade nos procesos de produción televisiva.

* Motivación por emprender tarefas ou accións novas co fin de aproveitar ao máximo os recursos.

* Valoración da importancia da creatividade na mellora dos resultados dos procesos de produción de televisión.

Apertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos directa ou indirectamente aplicables á mellora nos procesos de produción televisiva.

* Asimilación dos novos métodos de traballo consecuencia da evolución tecnolóxica.

* Interese polo coñecemento do contorno social, económico e laboral, así como pola conservación ambiental.

* Espírito crítico ao valorar os cambios tecnolóxicos para decidir a súa posible aplicación ao seu campo laboral.

* Vontade de aprender e de se adaptar ás novas condicións de traballo.

Actualización do contexto social e artístico.

* Interese pola información mediática.

* Interese polos principais mecanismos de promoción dos programas televisivos.

Respecto pola saúde, a seguridade laboral e ambiental e as diferenzas socioculturais.

* Aplicación nos procesos de produción das normas de seguridade.

* Consideración pola saúde propia e a dos demais.

* Valoración da importancia do medio.

* Trato non discriminatorio e respecto polas diferenzas culturais ou de sexo.

Valoración de resultados.

* Preocupación por achegar argumentacións rigorosas á hora de valorar os resultados estimados.

* Espírito crítico sobre o grao de adecuación do proceso ao método produtivo seguido.

* Compromiso para emitir xuízos de avaliación e resultado final dos procesos de produción.

* Autovaloración e confianza en si mesmo.

3.2.3. Módulo profesional 3: produción de radio.

Asociado á unidade de competencia 2: organizar, supervisar e xestionar a produción de programas radiofónicos.

Capacidades terminais elementais

* Describir as grandes liñas de traballo, os obxectivos e os límites das emisoras radiofónicas, distinguindo a especificidade de cada emisora en fun

ción do seu financiamento, a súa programación, o seu sistema de difusión, os criterios de produción e o ámbito de cobertura.

* Valorar formas de financiamento dos programas radiofónicos en función da tipoloxía e as características da emisora radiofónica á que pertence.

* Sintetizar as principais fontes legais que interveñen no exercicio da actividade radiofónica.

* Valorar as relacións entre a programación radiofónica e a audiencia, segundo os xéneros, a localización na oferta de programación e a adecuación a un público obxectivo determinado.

* Distinguir os criterios de programación das emisoras radiofónicas en función das franxas horarias e os ciclos semanais e anuais, interpretando os informes das audiencias.

* Identificar os distintos espazos radiofónicos e as súas variacións xenéricas.

* Describir a estrutura técnica e organizativa dunha emisora de radio integrando as funcións das distintas áreas, os departamentos e o persoal, tendo en conta as características técnicas da emisión radiofónica.

* Identificar e clasificar todos os recursos técnicos e humanos necesarios para a realización dun programa de radio en función do xénero e a tipoloxía da empresa radiofónica.

* Contrastar as distintas fases de produción de diferentes programas de radio, identificando áreas e departamentos, persoal técnico e tecnoloxías empregadas en cada unha das fases.

* Elaborar e formalizar todos os documentos formais e de contido necesarios nas fases de preparación, preprodución, rexistro, emisión e posprodución dun programa radiofónico.

* Describir os procesos de localización, selección e contratación dos recursos, identificando os departamentos e as empresas tipo que interveñen.

* Realizar plans de traballo de programas de radio, diferenciando e analizando os distintos métodos de planificación da produción segundo o xénero, o tipo de programa e a emisora.

* Ordenar e xustificar documentación sonora e escrita necesaria e legal para a realización dun programa radiofónico en función das características do programa, o tipo de emisora e a dispoñibilidade orzamentaria.

* Calcular o custo de cada unha das partidas do orzamento dun programa de radio, en función da tipoloxía do programa, o plan de traballo e os recursos dispoñibles.

* Realizar o orzamento de programas radiofónicos aplicando técnicas de control orzamentario.

* Confeccionar a memoria económica dun programa radiofónico.

* Realizar proxectos de programas radiofónicos informativos, revistas, dramáticos, musicais etc., a partir dos seus elementos básicos e definitorios: cap

tación do persoal e de material creativo, planificación de recursos técnicos dispoñibles, posibilidades do orzamento e situación na oferta radiofónica.

* Describir a estrutura técnica e organizativa dun estudio de gravación sonora, integrando as funcións das distintas áreas e departamentos e identificando todos os recursos humanos necesarios para a gravación dun disco.

* Realizar plans de traballo e orzamentos para a gravación de produtos discográficos e sonoros en xeral.

* Explicar as principais secuencias do proceso de produción musical na industria discográfica, valorando a coordinación do director de produción do estudio de gravación ou a casa discográfica.

* Describir a estrutura técnica e organizativa dunha empresa de dobraxe integrando as funcións das distintas áreas e dos departamentos e identificando todos os recursos humanos necesarios.

* Realizar plans de traballo e orzamentos para a dobraxe de producións audiovisuais.

* Explicar as principais secuencias do proceso de produción na industria da dobraxe, valorando as funcións do director de produción do estudio de dobraxe.

Contidos (duración: 185 horas)

Contidos procedementais

Industria radiofónica.

* Elaboración de cadros comparativos dos principais grupos de radio que operan en España segundo a súa adscrición empresarial e territorial e o tipo de programación.

* Identificación e clasificación dos diferentes tipos de programas radiofónicos, describindo as súas características e relacionándoas cos sistemas de financiamento.

* Elaboración de esquemas e organigramas comparativos da estrutura organizativa, funcional, programática e produtiva das emisoras de radio.

* Elaboración e formalización de documentos e modelos de contratos para a produción de programas radiofónicos.

* Elaboración de catálogos coas taxas de publicidade das principais emisoras de radio.

* Identificación das empresas publicitarias susceptibles de investir en programas radiofónicos segundo a tipoloxía de emisora e o ámbito de cobertura, etc.

* Elaboración de informes, resumos e cadros sinópticos sobre fontes legais europeas, españolas e galegas.

Radio e sociedade.

* Descrición de sistemas de medición e obtención de datos de audiencia radiofónica.

* Análise comparativa das ofertas de programación e dos programas de diversas emisoras de radio e explicar a influencia dos factores que interveñen na súa elaboración.

* Identificación dos diversos tipos de programas de radio en función dos seus contidos, os obxectivos e o xeito de produción e emisión.

Infraestrutura e loxística dunha emisora de radio.

* Identificación e descrición dos recursos técnicos necesarios para a produción de diferentes programas radiofónicos.

* Descrición das formas de consecución e contratación de sistemas de contribución.

* Realización de organigramas funcionais dos recursos humanos más usuais que interveñen nun programa de radio, identificando as técnicas e os xeitos de localización e contratación.

* Petición de ofertas ás empresas provedoras para cubrir necesidades materiais e loxísticas.

Proceso de produción de programas radiofónicos.

* Confección dun anteproxecto de programa de radio en función do xénero, a intencionalidade comunicativa, os aspectos formais e estéticos do programa e o segmento da audiencia.

* Descrición das principais fases na produción dun programa, con asignación de tempos e técnicas de planificación.

* Elaboración e formalización dos documentos necesarios para a xestión dos recursos humanos da emisora radiofónica.

* Selección e consecución dos invitados e o persoal artístico máis axeitado en función dos obxectivos do programa e das posibilidades económicas da emisora.

* Elaboración e formalización dos documentos necesarios para a xestión dos recursos humanos da emisora radiofónica.

* Identificación das necesidades de equipamento técnico a partir do guión ou da escaleta, mediante listaxes e desagregacións de produción.

* Realización dun plan de traballo para a realización do programa, incluíndo solucións alternativas para as continxencias que puidesen xurdir.

* Elaboración de documentación específica de planificación e seguimento do proceso de produción.

Supervisión e control na produción de programas radiofónicos.

* Descrición dos contidos e funcións dos formularios e das ordes de traballo que se empregan no control e no seguimento do proceso de produción.

* Formalización de contratos co equipo técnico-artístico.

* Elaboración de catálogos de gabinetes de prensa e comunicación, representantes artísticos, casas discográficas e empresas de apoio.

Arquivo e documentación nos programas radiofónicos.

* Identificación das fontes de documentación sonora e escrita máis habituais na produción de programas de radio.

* Descrición de técnicas e sistemas para identificar, clasificar e conservar os documentos sonoros.

* Identificación dos sistemas de contratación máis comúns para a adquisición de materiais sonoros.

* Confección de informes de documentación en función dos obxectivos requiridos polo programa.

Conceptos orzamentarios na produción radiofónica.

* Identificación, selección e deseño de modelos normativos para a elaboración de orzamentos utilizados nas emisoras radiofónicas.

* Agrupación de necesidades en partidas orzamentarias a partir do plan de traballo.

* Realización e presentación formal do orzamento.

* Confección da memoria económica.

Produción de programas radiofónicos segundo xéneros.

* Identificación das características formais dos xéneros radiofónicos.

* Análise comparativa de programas do mesmo xénero nas diferentes canles.

* Elaboración de escaletas e plans de traballo segundo as necesidades do programa.

* Selección dos recursos técnicos e humanos para a produción de programas segundo os xéneros e as necesidades específicas.

* Valoración de anteproxectos de programas de diferentes xéneros radiofónicos e as súas posibilidades de produción.

Produción discográfica.

* Identificación das casas discográficas segundo a súa adscrición empresarial e territorial, a composición accionarial e as relacións que manteñen con outras empresas.

* Análise das vendas discográficas: número de unidades producidas, tempo de gravación, orzamento, facturación económica, a súa distribución no mercado, etc.

* Realización de organigramas dos recursos humanos, técnicos e artísticos que interveñen nun estudio de gravación.

* Planificación do proceso de produción dun disco, desde a composición musical ata o produto final.

* Elaboración dos principais documentos organizativos e de planificación da produción na industria discográfica.

* Elaboración de orzamentos de produción discográfica.

* Elaboración de resumos sobre a protección dos dereitos do autor e do produtor na industria discográfica.

Produción de dobraxe.

* Identificación das empresas de dobraxe que operan en Galicia, segundo a súa adscrición empresarial e territorial, a composición accionarial e as relacións que manteñen con outras empresas de comunicación.

* Planificación do proceso de produción de dobraxe.

* Realización de organigramas funcionais das infraestruturas, os recursos humanos técnicos e artísticos que interveñen na industria da dobraxe.

* Identificación dos principais documentos organizativos e de planificación da produción na industria da dobraxe, segundo guión, takes, mestura final, etc.

* Elaboración de orzamentos de produción de dobraxe.

Contidos conceptuais

Industria radiofónica.

* Tipoloxía das emisoras de radio segundo a súa titularidade, a programación, etc.

* Financiamento das emisoras e dos programas de radio.

Radio e sociedade.

* Evolución histórica e tecnolóxica da radiodifusión.

* Audiencia radiofónica: tipoloxías e medición.

* Xéneros radiofónicos.

* Programación radiofónica.

Estrutura física e loxística dunha emisora de radio.

* Infraestrutura técnica.

* Recursos humanos: organigrama.

Proceso de produción de programas radiofónicos.

* Valores de produción.

* Fases e desenvolvemento do proceso segundo o tipo de emisoras e programas.

* Plan de traballo. Técnicas de planificación.

* Permisos e credenciais.

* Empresas de servizos.

Supervisión e control na produción de programas radiofónicos.

* Control de recursos técnicos e humanos, así como de invitados.

* Seguimento do proceso e da situación na oferta de programación.

Arquivo e documentación nos programas radiofónicos.

* Soportes sonoros: condicións e técnicas de informatización e conservación.

* Copia xudicial e normativa.

* Técnicas de documentación e procura de información.

* Xestión dos dereitos de autor na documentación sonora.

* Comercialización de materiais de arquivo.

Orzamentos na produción radiofónica.

* Tipoloxías orzamentarias na radio.

* Custos internos e custos externos.

* Control orzamentario.

Programas informativos.

* Estrutura organizativa.

* Boletíns horarios.

* Fontes de información.

* Tipoloxía de informativos.

* Entrevista, opinión, programas de diálogo, etc.

* Programas deportivos. Retransmisións especiais.

* Desagregación económica dun programa informativo.

Programa de revista.

* Estrutura organizativa.

* Evolución e tipoloxías do xénero.

* Microespazos.

* Desagregación económica dun programa de revista.

Programas dramáticos.

* Estrutura organizativa.

* Evolución e tipoloxías do xénero.

* Narración sonora: locución, ambientación e efectos.

* Desagregación económica dun programa dramático.

Programas musicais. Radiofórmulas.

* Estrutura organizativa.

* Evolución do xénero

* Listas de éxitos. Catalogación dos discos.

* Locución e autocontrol.

* Audiencia específica e mensaxe dirixida.

* Dereitos de autor da música.

* Financiamento e orzamento dun programa musical.

Anuncios radiofónicos.

* Tipoloxías.

* Técnicas de produción: estudio sonoro.

* Orzamento dos anuncios radiofónicos e custos de emisión.

Produción discográfica.

* Industria discográfica. Selos discográficos.

* Proceso técnico da gravación discográfica: instalacións, equipamentos e metodoloxía.

* Fases do proceso de gravación: persoal técnico e artístico do proceso musical.

* Produción musical.

* Orzamentos da produción discográfica.

* Distribución e mercado de material discográfico.

* Promoción discográfica.

Produción de dobraxe.

* Sector da dobraxe.

* Proceso técnico da dobraxe: instalacións, equipamentos e metodoloxía.

* Fases do proceso de dobraxe.

* Produtores, tradutores, directores, axustadores, dobradores e técnicos.

* Guión. Convocatorias, takes, etc.

* Orzamento dun proxecto de dobraxe.

* Bases de datos de actores. Probas de selección e cursos de formación.

* Adecuación do proceso e control de calidade.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Actitude razoable na toma de decisións para organizar plans de traballo axustados aos requisitos de calidade e custos.

* Interese pola comprobación sistemática de resultados e opcións que se toman na produción de radio.

* Preocupación pola autocorrección de erros, desviacións ou disfuncións.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola procura da máxima produtividade e do máximo aproveitamento dos recursos nas tarefas de planificación e de control.

* Comportamento responsable nas tarefas de preparación e xestión da produción radiofónica.

Orde e método no traballo.

* Rigor na secuencia e na ordenación das accións de produción de radio.

* Conciencia da importancia da pulcritude e a eficiencia na elaboración, na síntese e na presentación da información do proceso de produción.

Dirección de recursos humanos.

* Valoración da importancia da coordinación dos equipos de traballo coa intención de aproveitar convenientemente os recursos para lograr os obxectivos previstos.

* Delegación noutras persoas daquelas actividades que non sexan prioritarias desde o punto de vista da dirección e a aplicación do plan de traballo.

* Valoración da importancia da capacidade de liderado e mando dos membros do equipo de traballo, tendo en conta as súas funcións de control da produción radiofónica.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Asunción da necesidade de executar os traballos encomendados nos prazos establecidos.

* Actitude de respecto e conservación do estado operativo dos equipamentos e as máquinas que se empregan no proceso de produción radiofónica.

* Hábito de compostura, limpeza, presenza física axeitada, puntualidade, responsabilidade e educación.

* Interese pola conservación da información técnica e administrativa do proceso.

* Rigor no cumprimento dos requisitos do proxecto canto á calidade, orzamento e normativa laboral e de seguridade.

Independencia na execución do traballo.

* Rigor na realización de orzamentos e na formalización da documentación que leva asociada.

* Valoración da importancia da capacidade para improvisar ante situacións non previstas.

Interese polas relacións humanas e polo traballo en equipo.

* Cordialidade, cooperación e amabilidade no trato cos demais.

* Respecto persoal e profesional polas persoas implicadas na produción radiofónica.

* Tolerancia coas ideas, os pensamentos e as actitudes das outras persoas, procurando o consenso entre diferentes puntos de vista.

* Espírito aberto ás experiencias humanas e profesionais que poidan enriquecer a propia.

* Actitude de compañeirismo, interpretando o traballo como a suma das achegas das diferentes persoas.

Mentalidade emprendedora e creativa nas tarefas e accións.

* Rigor na procura e na mellora de métodos orixinais e innovadores que permitan reducir o tempo e os custos e aumentar a calidade e a produtividade nos procesos de produción radiofónica.

* Motivación por emprender tarefas ou accións novas co fin de aproveitar convenientemente os recursos.

* Valoración da creatividade para a mellora dos resultados dos procesos de produción radiofónica.

Apertura ao ámbito profesional e á súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos directa ou indirectamente aplicables á mellora nos procesos de produción radiofónica.

* Asimilación dos novos métodos de traballo como consecuencia da evolución tecnolóxica.

* Interese polo coñecemento do contorno social, económico e laboral, así como pola conservación do medio natural.

* Espírito crítico ao valorar os cambios tecnolóxicos para decidir a súa posible aplicación ao seu campo laboral.

* Vontade de aprender e se adaptar ás novas condicións de traballo.

Actualización do contexto social e artístico.

* Interese pola información mediática.

* Interese polos principais mecanismos de promoción dos programas radiofónicos.

Respecto pola saúde, a seguridade laboral e ambiental e as diferenzas socioculturais.

* Valoración da importancia de aplicar as normas de seguridade laboral nos procesos de produción.

* Consideración pola saúde propia e a dos demais.

* Valoración da importancia do medio natural.

* Trato non discriminatorio e respecto polas diferenzas culturais ou de sexo.

Valoración de resultados.

* Preocupación por achegar argumentacións rigorosas á hora de valorar a consecución ou non dos resultados estimados.

* Espírito crítico sobre o grao de adecuación do proceso ao método produtivo seguido.

* Compromiso para emitir xuízos de avaliación e resultado final dos procesos de produción.

* Autovaloración e confianza en si mesmo.

3.2.4. Módulo profesional 4: produción de espectáculos.

Asociado á unidade de competencia 3: organizar, supervisar e xestionar a produción de representacións escénicas e espectáculos.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describir as empresas ou os profesionais da industria do teatro e o espectáculo que interveñen en cada fase do proceso de produción.

* Sintetizar as principais fórmulas organizativas das compañías de produción de representacións escénicas ou espectáculos, así como das empresas ou industrias auxiliares ou complementarias.

* Realizar a xestión dos dereitos de autor dunha obra ou espectáculo.

* Valorar o interese artístico e comercial, así como a viabilidade dunha obra.

* Identificar, describir e clasificar os espazos escénicos de representación e os materiais escenográficos.

* Identificar as necesidades de vestiario e caracterización do espectáculo e realizar as xestións para a súa manufactura, a súa adquisición ou o seu alugamento, seguindo os criterios do director do espectáculo ou director artístico, en función dun orzamento.

* Deducir a tipoloxía, a cantidade e as características técnicas e estéticas dos materiais técnicos necesarios nas diferentes fases dunha obra teatral ou espectáculo.

* Deseñar e executar medidas de seguridade nunha representación escénica ou espectáculo.

* Describir e comparar as fontes de financiamento directo e indirecto máis usualmente empregadas na produción de obras de teatro e espectáculos, en función da tipoloxía e da finalidade do produto.

* Realizar e xustificar o plan de financiamento dunha representación teatral ou un espectáculo.

* Enumerar e describir as principais medidas lexislativas e convocatorias de axuda ao teatro ou espectáculo.

* Seleccionar e xustificar os distintos recursos humanos precisos para a produción dunha representación teatral ou espectáculo.

* Describir os recursos necesarios e a metodoloxía para a realización de probas de selección.

* Analizar espazos escénicos comprobando que reúnen normas de seguridade, hixiene e protección ambiental, de acordo coa legalidade vixente.

* Elaborar plans de traballo de obras teatrais ou espectáculos.

* Describir os procesos de localización, xestión e control dos recursos que interveñen na produción e xiras de obras teatrais e espectáculos, identificando os trámites administrativos e as empresas de servizos que interveñen.

* Seleccionar as modalidades máis idóneas de transporte e intendencia dos recursos técnicos e humanos, en función dos requisitos do plan de traballo, dos medios loxísticos dispoñibles, da calidade e do orzamento establecido.

* Realizar orzamentos e calcular o custo das partidas orzamentarias dunha obra teatral ou dun espectáculo en función do plan de traballo, os recursos dispoñibles, as características narrativas e expresivas e as ofertas de prezos de mercado.

* Comparar os orzamentos preventivo e final e extraer gráficas e estatísticas que permitan analizar as desviacións de gastos e a evolución do orzamento.

* Elaborar un plan de financiamento dun espectáculo musical en que figuren achegas de entidades públicas e privadas.

* Describir os medios, os soportes e as fases dunha campaña de promoción, desde a estrea ata a xira de promoción.

Contidos (duración: 200 horas)

Contidos procedementais

Industrias do espectáculo.

* Identificación das principais industrias, empresas, mercados e feiras do espectáculo existentes en Galicia e en España.

* Obtención de información sobre os públicos e os circuítos teatrais en Galicia.

* Comparación da estrutura organizativa das compañías estables de produción coa das pequenas empresas e cooperativas.

Historia do espectáculo.

* Análise e interpretación do libreto ou da escaleta do espectáculo e identificación de xéneros e características esenciais do espectáculo, relacionándoo coa evolución do espectáculo ao longo do tempo.

* Xestión de dereitos do texto ou libreto do espectáculo.

-Elaboración de modelos e contratos de permisos de autor: tradución, adaptación e versión orixinal.

-Inscrición do proxecto no rexistro da propiedade intelectual.

-Confección de equipos de dirección e posta en escena.

Espazos escénicos.

* Elaboración de planos e fichas de localización en espazos escénicos en función do libreto ou a escaleta do espectáculo e a súa intencionalidade narrativa ou expresiva.

* Elaboración de desagregacións previas e listaxes xerais de necesidades de escenografía, ambientación, vestiario e efectos especiais, a partir dun proxecto escenográfico.

* Elaboración de plans de traballo do proceso de realización das escenografías, a ambientación ou o vestiario.

* Elaboración de plans de transporte, montaxe e desmontaxe de escenografías e decorados, en función de tempos estipulados

* Identificación de elementos ou situacións susceptibles de producir continxencias no desenvolvemento da produción e determinación de solucións alternativas.

Material técnico.

* Identificación das necesidades de equipamento técnico a partir do guión ou da escaleta mediante listaxes e desagregacións de produción e segundo o proxecto técnico do iluminador, do sainetista e do director artístico.

* Solicitude de ofertas para cubrir necesidades materiais e loxísticas mediante contactos e negociación coas empresas provedoras, en función dos requisitos do proxecto.

* Realización de contratos de compravenda ou alugamento de material técnico axeitado.

* Identificación de elementos ou situacións susceptibles de produciren continxencias e determinación de solucións alternativas.

* Identificación das técnicas e os sistemas de almacenaxe e transporte dos equipamentos técnicos.

* Elaboración de rutinas de seguridade e hixiene no traballo segundo a normativa vixente en materia de seguridade e protección ambiental.

Fontes de financiamento de representacións teatrais e de espectáculos.

* Obtención de información actualizada dos mecanismos e os sistemas de financiamento institucional e privado á produción teatral e de espectáculos.

* Elaboración de informes comparativos e valoración das condicións e dos requisitos que se exixen para as axudas á produción de espectáculos e teatro existentes en Galicia.

* Formalización de solicitudes de subvención ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Elaboración de propostas de financiamento de entidades privadas segundo os termos da Lei de mecenado.

* Formalización de contratos de financiamento.

Recursos humanos en espectáculos e obras teatrais.

* Identificación dos recursos humanos necesarios para a produción dun espectáculo determinado en función do libreto ou espectáculo escollido e segundo os orzamentos.

* Comparación de organigramas funcionais dos postos de traballo nunha produción teatral e nun espectáculo musical.

* Selección e contacto con axencias ou representantes de actores e persoal técnico, valorando a viabilidade da súa contratación.

* Organización de probas para a selección de persoal artístico, cos técnicos e o equipamento necesario.

* Elaboración de calendarios de ensaios e incorporación de persoal técnico, tendo en conta a data da estrea.

* Formalización de contratos co equipo técnico e artístico, segundo o convenio colectivo vixente.

Planificación da produción de representacións escénicas ou espectáculos.

* Identificación e descrición dos documentos de entrada máis usuais utilizados na organización da produción de proxectos teatrais ou de espectáculos.

* Clasificación das empresas de transporte e aloxamento máis comúns que interveñen na produción de obras teatrais e espectáculos.

* Identificación de necesidades de servizos de seguridade, organización da súa actividade e solicitude dos servizos das forzas públicas ou contratación dos servizos de empresas especializadas, en caso necesario.

* Identificación dos permisos e as acreditacións máis usuais na produción de obras teatrais e de espectáculos.

-Elaboración dun esquema das distintas fases da produción, cos procesos e as tarefas para realizar en cada unha delas.

-Identificación dos espazos escénicos, os materiais escenográficos e os recursos materiais, técnicos e humanos a partir do guión ou da escaleta.

-Elaboración de desagregacións, listaxes, convocatorias, formularios, ordes e partes de traballo, coas técnicas e os códigos axeitados.

-Elaboración do plan de traballo que inclúa solucións alternativas para as continxencias máis comúns que poidan xurdir.

-Elaboración dunha memoria explicativa dos criterios seguidos na planificación.

Orzamento de obras teatrais e de espectáculos.

* Identificación dos capítulos orzamentarios específicos da produción teatral e de espectáculos, describindo as súas partidas máis estandarizadas.

* Análise, valoración e aplicación de diversos modelos de orzamento e de control orzamentario para a produción dunha representación escénica ou un espectáculo.

* Desagregación xeral de necesidades humanas, materiais, técnicas e loxísticas a partir do plan de traballo.

* Solicitude e valoración económica das ofertas dos provedores de recursos humanos, materiais e loxísticos das empresas do teatro e espectáculos.

-Determinación do custo de cada unha das partidas do orzamento en función do xeito de produción da obra, os recursos dispoñibles, as fases diversas do proceso, as características narrativas e expresivas determinadas no libreto ou na escaleta, e segundo prezos de mercado.

-Elaboración do orzamento dun proxecto de representación escénica ou espectáculo.

-Confección da memoria económica ou balance cuantitativo e cualitativo da xestión do orzamento.

Xiras e promoción de espectáculos.

* Identificación e elaboración de kits de promoción dun espectáculo teatral, fotografías, etc.

* Identificación do target e impacto de mercado dun espectáculo.

* Elaboración do calendario da xira.

* Planificación das necesidades de aloxamento, desprazamento e loxística dos equipos humanos e técnicos, así como dos equipamentos materiais, xestionando e contratando os servizos necesarios.

* Elaboración dunha campaña de relacións públicas que asegure unha doada difusión e promoción da obra ou do espectáculo.

* Establecemento dun plan de almacenamento en debidas condicións de seguridade do material escénico e técnico durante a xira.

* Organización da estrea dun espectáculo ou concerto musical.

* Contraste de propostas de seguros de diferentes compañías para espectáculos.

Contidos conceptuais

Industrias do espectáculo.

* Tipoloxías e características da industria e das empresas de espectáculos.

* Institucións e empresas de espectáculos artísticos en Galicia.

* Asociacións profesionais do espectáculo.

* Mapa, calendario e características dos principais mercados e feiras do espectáculo.

Historia do espectáculo.

* Evolución histórica do espectáculo e do teatro.

* Produtos: xéneros, tipos, características e función comunicativa.

Libreto e escaleta.

* Dereitos de autor e propiedade intelectual.

* Libreto teatral.

* Escaleta do espectáculo.

* Sociedades de dereitos de autor.

Espazos escénicos.

* Teatros e espazos escénicos: tipos, necesidades e características.

* Rede de teatros, auditorios e aulas de cultura en Galicia.

* Localizacións para espectáculos e representacións escénicas.

Escenografía.

* Materiais escenográficos: atrezzo, almacenaxe e transporte.

* Escenografías: tipos e características. Procesos de fabricación, almacenaxe e transporte.

* Vestiario: fabricación, almacenaxe e transporte.

* Efectos especiais en teatros e espectáculos.

* Caracterización de personaxes en obras teatrais e espectáculos.

Material técnico.

* Equipamentos de iluminación.

* Equipamentos de son.

* Equipamentos informáticos.

* Requisitos técnicos da localización.

* Seguridade na produción de espectáculos e representacións escénicas.

Financiamento.

* Financiamento directo, indirecto e institucional.

* Medidas de apoio á produción de teatro e de espectáculos en Galicia.

* Patrocinio. Lei do mecenado e apoio de entidades privadas.

* Circuítos culturais de institucións e organismos. Vendas de dereitos. Márketing.

* Asociación limitada e cooperativas de produción.

Recursos humanos.

* Criterios de valoración e selección de persoal: probas de selección.

* Axencias ou representantes de artistas.

* Recursos humanos: elenco e equipo técnico.

Planificación da produción.

* Fases e desenvolvemento do proceso.

* Metodoloxía da desagregación.

* Planificación da loxística.

* Plan de traballo e técnicas de planificación.

* Medidas de seguridade. Riscos. Seguros.

Orzamento.

* Modelos orzamentarios: tipos e partidas.

* Tipoloxías de custos, gastos e taxas.

* Elaboración do orzamento. Control e seguimento do orzamento.

* Memoria económica de produción.

Xiras e promoción de obras teatrais e espectáculos.

* Técnicas de presentación do produto.

* Materiais e soportes promocionais.

* Estrutura xeográfica da xira e espazos escénicos.

* Financiamento local.

* Intendencia da xira.

* Relacións públicas e publicidade en praza.

* Seguros e responsabilidade civil.

* Protección civil e policía municipal.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Actitude razoable na toma de decisións para organizar plans de traballo axustados aos requisitos de calidade e custos.

* Interese pola comprobación sistemática de resultados e opcións tomadas na produción de espectáculos.

* Preocupación pola autocorrección de erros, desviacións ou disfuncións.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola procura da máxima produtividade e o aproveitamento dos recursos nas tarefas de planificación e de control.

* Comportamento responsable e eficaz nas tarefas de preparación e xestión da produción de espectáculos.

Orde e método no traballo.

* Rigor na secuencia e na ordenación das accións de produción de espectáculos.

* Consciencia da importancia da pulcritude e eficiencia na elaboración, a síntese e a presentación da información do proceso de produción de espectáculos.

Dirección de recursos humanos.

* Valoración da importancia da coordinación nos equipos de traballo coa intención de aproveitar convenientemente os recursos para lograr os obxectivos previstos.

* Delegación noutras persoas daquelas actividades que non sexan prioritarias desde o punto de vista da dirección e aplicación do plan de traballo.

* Valoración da importancia da capacidade de liderado e mando dos membros do equipo de traballo, tendo en conta as súas funcións de control da produción de espectáculos.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Asunción da necesidade de executar os traballos encomendados nos prazos establecidos.

* Actitude de respecto e conservación do estado operativo dos equipamentos e as máquinas que se empregan no proceso de produción de espectáculos.

* Hábito de compostura, limpeza, presenza física axeitada, puntualidade, responsabilidade e educación.

* Interese pola conservación da información técnica e administrativa do proceso.

* Rigor no cumprimento dos requisitos do proxecto canto á calidade, orzamento e normativa laboral e de seguridade.

Independencia na execución do traballo.

* Rigor na realización de orzamentos e na formalización da documentación que leva asociada.

* Valoración da importancia da capacidade para improvisar ante situacións non previstas.

Interese polas relacións humanas e polo traballo en equipo.

* Cordialidade, cooperación e amabilidade no trato cos demais.

* Respecto persoal e profesional polas persoas implicades na produción de espectáculos.

* Tolerancia coas ideas, os pensamentos e as actitudes das outras persoas, procurando o consenso entre diferentes puntos de vista.

* Espírito aberto ás experiencias humanas e profesionais que poidan enriquecer a propia.

* Actitude de compañeirismo, interpretando o traballo como a suma das achegas das diferentes persoas.

Mentalidade emprendedora e creativa nas tarefas e accións.

* Rigor na procura e na mellora de métodos orixinais e innovadores que permitan reducir o tempo e os custos, e aumentar a calidade e a produtividade nos procesos de produción de espectáculos.

* Motivación por emprender tarefas ou accións novas co fin de aproveitar convenientemente os recursos.

* Valoración da importancia da creatividade na mellora dos resultados dos procesos de produción de espectáculos.

Apertura ao ámbito profesional e a súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos directamente ou indirectamente aplicables á mellora nos procesos de produción de espectáculos.

* Asimilación dos novos métodos de traballo como consecuencia da evolución tecnolóxica.

* Interese polo coñecemento do contorno social, económico e laboral, así como pola conservación do medio.

* Espírito crítico ao valorar os cambios tecnolóxicos para decidir a súa posible aplicación ao seu campo laboral.

* Vontade de aprender e se adaptar ás novas condicións de traballo.

Actualización do contexto social e artístico.

* Interese pola información mediática.

* Interese polos principais mecanismos de promoción dos programas de espectáculos.

Respecto pola saúde, a seguridade laboral e ambiental e as diferenzas socioculturais.

* Aplicación nos procesos de produción das normas de seguridade.

* Consideración pola saúde propia e a dos demais.

* Valoración da importancia do medio.

* Trato non discriminatorio e respecto polas diferenzas culturais ou de sexo.

Valoración de resultados.

* Preocupación por achegar argumentacións rigorosas á hora de valorar a consecución ou non dos resultados estimados.

* Espírito crítico sobre o grao de adecuación do proceso ao método produtivo seguido.

* Compromiso para emitir xuízos de avaliación e resultado final dos procesos de produción.

* Autovaloración e confianza en si mesmo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 5: medios técnicos audiovisuais.

Capacidades terminais elementais

* Identificar os cables e os conectadores máis utilizados na industria audiovisual.

* Enumerar os distintos tipos de emulsións e formatos de películas existentes para a captación e a proxección de imaxes.

* Enumerar as técnicas e os procesos que se empregan na posprodución de películas cinematográficas ata a obtención da copia estándar.

* Identificar os sistemas de procesamento de soportes fotoquímicos utilizados en producións cinematográficas.

* Identificar as posibilidades de tratamento da imaxe cinematográfica mediante a manipulación no laboratorio e as técnicas relacionadas coas aplicacións da informática e a electrónica no cine.

* Identificar os elementos que constitúen os sistemas de proxección de imaxe con medios mecánicos e describir as súas características técnicas e as súas prestacións.

* Identificar os elementos que constitúen os sistemas de captación e rexistro, monitorado de imaxe por medios electrónicos, etc.

* Identificar os modos de edición electrónica e dixital e describir as súas características diferenciais.

* Comparar as características e as prestacións dos sistemas de transmisión e recepción de sinais radioeléctricos.

* Identificar as tecnoloxías multimedia e os seus elementos tecnolóxicos constitutivos, así como a súa incidencia na industria audiovisual.

* Identificar soportes e formatos dos sistemas de captación, rexistro, monitorado e tratamento sonoro e relacionalos coa súas prestacións e a súa calidade.

* Comparar os modos de edición electrónica e dixital de sons e explicar as súas características diferenciais.

* Recoñecer as características acústicas de recintos e localizacións.

* Enumerar as características e as prestacións dos equipamentos e dos sistemas de iluminación nas producións de programas audiovisuais e de espectáculos.

* Relacionar as técnicas, os recursos e os accesorios utilizados para tratar a luz e adecuala aos ambientes lumínicos definidos polo proxecto de iluminación.

* Xustificar os custos dos medios e dos sistemas técnicos empregados en función dos parámetros de calidade exixidos polo proxecto audiovisual ou o espectáculo.

Contidos (duración: 135 horas)

Contidos procedementais

Formatos e soportes fotográficos e cinematográficos.

* Identificación dos tipos e as características das películas utilizadas na fotografía e na cinematografía.

* Identificación dos formatos empregados en fotografía e cinematografía e xustificación da súa elección.

* Identificación dos sistemas de procesamento de soportes fotoquímicos utilizados en producións cinematográficas.

* Elaboración dunha listaxe de tarifas e prestacións de películas fotosensibles a partir dos catálogos das empresas subministradoras.

Cámaras fotográficas e cinematográficas.

* Manexo e utilización de catálogos de sistemas ópticos.

* Análise de manuais técnicos da cámara e accesorios fotográficos e cinematográficos.

* Identificación dos diferentes complementos e equipamentos auxiliares da cámara cinematográfica.

* Elaboración dunha listaxe de tarifas de prestacións e servizos de cámaras fotográficas e cinematográficas.

* Identificación dos medios técnicos relativos á toma de imaxe requiridos para unha rodaxe cinematográfica.

Montaxe, laboratorio e proxección.

* Elaboración dun esquema do seguimento dunha película desde a montaxe ata a elaboración da copia estándar.

* Identificación dos procesos de laboratorio cinematográfico e das empresas auxiliares e valoración das súas tarifas.

* Análise comparativa entre os sistemas de proxección cinematográficos tradicionais e as novas tecnoloxías de proxección.

Cámaras de televisión e formatos de vídeo.

* Utilización de diferentes tipos de cámaras de vídeo e televisión, diferenciando os diferentes formatos e as súas calidades.

* Identificación das características técnicas básicas dos diferentes soportes e formatos de vídeo, relacionándoas coas súas prestacións.

* Comparación das características técnicas de diversas cámaras a partir da análise de tarifas, catálogos e manuais técnicos.

* Relación dos medios técnicos de gravación cos requisitos da produción.

Produción e posprodución de televisión e vídeo.

* Elaboración de esquemas básicos de diferentes configuracións e elementos dun estudio de televisión.

* Comparación das prestacións e da calidade de equipamentos e servizos de produción e posprodución de vídeo e televisión.

* Elaboración de esquemas e organigramas técnicos de salas de posprodución e edición, segundo diferentes tecnoloxías e sistemas de edición.

* Comparación das posibilidades dos diferentes sistemas de transmisión de televisión, relacionándoos cos seus parámetros técnicos: cobertura, potencia e calidade.

Sinal sonoro e o seu rexistro.

* Comparación dos soportes de gravación óptica e magnética.

* Utilización básica de distintos micrófonos, diferenciando segundo tecnoloxías e calidades.

* Comparación das características técnicas de equipamentos de rexistro sonoro a partir da análise de tarifas, catálogos e manuais técnicos.

* Valoración das posibilidades acústicas da localización.

Posprodución sonora.

* Identificación dos diferentes elementos dun estudio de gravación sonora.

* Comparación das características técnicas de equipamentos de posprodución sonora a partir da análise de tarifas, catálogos e manuais técnicos.

* Elaboración de esquemas de seguimento da posprodución sonora en cine, radio, televisión, dobraxe, etc.

* Análise comparativa das posibilidades dos diferentes sistemas de sonorización para a exhibición cinematográfica.

Iluminación.

* Análise comparativa de prestacións e tarifas de equipamentos e servizos de iluminación.

* Identificación dos equipamentos e os accesorios de iluminación nunha produción.

* Identificación de diferentes estilos lumínicos segundo criterios estéticos e narrativos.

* Valoración das posibilidades, a versatilidade, a compatibilidade, o mantemento, as limitacións e a fiabilidade dos equipamentos e dos accesorios de iluminación na realización dun proxecto.

Contidos conceptuais

Espectro visual e audible.

* Ondas acústicas.

* Ondas electromagnéticas. Luz e cor.

* Visión e audición humanas.

* Magnitudes e unidades.

* Sistemas de medida.

Fundamentos de óptica.

* Sistemas ópticos, formación de imaxes e parámetros.

* Distancia focal e ángulo visual.

* Profundidade de campo e de foco.

Electricidade e electromagnetismo.

* Seguridade eléctrica.

* Magnitudes eléctricas. Lei de Ohm.

* Cables e conectadores.

* Gravación electromagnética e magnetoóptica.

* Soportes de gravación.

Formatos e soportes fotográficos e cinematográficos.

* Evolución técnica da imaxe fotoquímica.

* Soportes e formatos en fotografía.

* Soportes e formatos en cinematografía.

* Tipoloxías do material fotosensible.

Cámaras fotográficas e cinematográficas.

* Evolución da toma e do rexistro da imaxe por medios fotoquímicos.

* Tipoloxías das cámaras fotográficas.

* Tipoloxías das cámaras cinematográficas.

* Obxectivos fotográficos e cinematográficos.

* Material complementario e accesorios.

Montaxe, laboratorio e proxección cinematográfica.

* Evolución técnica da montaxe cinematográfica.

* Procesos no laboratorio cinematográfico.

* Etalonaxe e efectos de laboratorio.

* Sistemas de proxección audiovisual.

* Tecnoloxías dixitais nos procesos cinematográficos.

Imaxe electrónica.

* Sinal de vídeo e a súa monitorización.

* Conceptos básicos: cadro, campo e liña.

* Luminancia e crominancia.

* Codificación do sinal de vídeo: composto, separado e dixital. Compoñentes.

Cámaras e formatos de vídeo.

* Equipamentos de captación de imaxe. Especificacións técnicas.

* Camascopios e cadeas de cámara.

* Formatos de gravación en vídeo: dixitais e analóxicos e lineais e non lineais.

Produción e posprodución de vídeo.

* Monitorización do vídeo.

* Estudio de televisión.

* Sincronización de fontes e código de tempos.

* Edición electrónica lineal: configuracións básicas.

* Edicións non lineais: sistemas de edición off line e on line.

Sinal sonoro e o seu rexistro.

* Conceptos básicos de acústica.

* Evolución da toma e do rexistro de son.

* Micrófono e equipamentos auxiliares: tipoloxías e características

* Toma de son directo.

* Formatos e soportes de gravación de son.

Infraestrutura e equipamento sonoro.

* Espazos e estudios de gravación.

* Equipamentos de tratamento analóxico e dixital.

* Monitorado acústico.

* Sonorización de espectáculos: equipamento.

Posprodución do son.

* Técnicas de rexistro e reprodución multipista.

* Efectos sonoros.

* Edición lineal e non lineal.

* Estacións de traballo.

* Sistemas de audio multicanle para exhibición.

Emisión e transmisión.

* Sistemas de modulación de vídeo, audio e datos.

* Normas de televisión: NTSC, SECAM, PAL, HDTelevisión, etc.

* Enlaces e unidades móbiles.

* Emisión terrestre e satélite.

* Servizos de valor engadido na emisión.

Equipamentos de iluminación.

* Fontes de iluminación. Luz natural e artificial.

* Tipos de lámpadas.

* Equipamentos de iluminación.

* Mesas de control e dimmers.

* Materiais complementarios.

* Aparellos de medida da luz.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia dos medios técnicos empregados na realización de calquera obra audiovisual.

* Interese pola utilización axeitada e correcta do léxico e a simboloxía de equipamentos e servizos técnicos.

* Valoración da importancia dunha correcta formulación das cuestións, os problemas e as necesidades técnicas.

* Hábito de correcta utilización do material técnico, cumprindo coas normas e as instrucións establecidas para o emprego axeitado do equipamento.

* Interese pola observación das normas de seguridade e hixiene, así como a orde e a limpeza no traballo e nas instalacións e funcións técnicas.

* Hábito de investigar, espírito crítico e interese pola evolución e o progreso tecnolóxico no sector audiovisual.

* Adaptación ao traballo en equipo e asunción de responsabilidades.

* Respecto polas normas de convivencia ou as normas establecidas nos lugares de traballo.

* Disposición para se adaptar ás novas tecnoloxías e metodoloxías de traballo.

* Constancia na detección, na corrección e na revisión de erros no uso de equipamentos e tecnoloxías.

3.3.2. Módulo profesional 6: linguaxes audiovisuais e escénicas.

Capacidades terminais elementais

* Describir os diferentes tipos de xéneros literarios e as técnicas que se utilizan na produción de programas audiovisuais e radiofónicos e de espectáculos, identificando os elementos estruturais e temáticos.

* Recoñecer e describir os diferentes formatos, os materiais complementarios, as técnicas de escritura de guión e os contratos de guionista máis utilizados na industria de programas audiovisuais ou do espectáculo.

* Valorar e analizar estruturas do guión, identificando a estrutura argumental, o encadeamento de secuencias e os seus elementos máis significativos: personaxes, obxectivos, obstáculos e relacións entre personaxes, etc.

* Identificar e distinguir as características formais, descritivas, expresivas, ideolóxicas, connotativas e manipulativas dos produtos audiovisuais, sonoros e de espectáculos a través da análise dos elementos da linguaxe audiovisual.

* Relacionar o proceso de preparación, rexistro, representación e acabado dun proceso audiovisual ou radiofónico, ou dun espectáculo coas técnicas específicas de dirección e realización empregadas en cada medio e coas funcións desenvolvidas polo director ou o realizador.

* Determinar as modificacións realizables nun guión técnico para facilitar ou mellorar a produción, a partir da análise do guión e dos recursos humanos, materiais e económicos dispoñibles.

* Sintetizar o desenvolvemento histórico do cine, a radio, a televisión e o vídeo, desde a perspectiva da evolución tecnolóxica e expresiva.

* Sintetizar os procesos históricos e a evolución das representacións escénicas e os espectáculos: teatro, ópera, zarzuela, concertos musicais, espectáculos de baile e coreográficos, conferencias, mitins e espectáculos de luz e son.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Guión documental.

* Análise de estruturas de documentais clásicos da historia do cinema.

* Análise, elaboración e presentación de conceptos proposta de documental.

* Identificación e planificación do proceso de investigación e selección de fontes documentais.

* Procura e elaboración de documentación, con selección e achega de material documental.

* Descrición e elaboración de escaletas de documentais segundo diferentes formatos ou xéneros.

Guión de ficción.

* Elaboración e análise de story lines, sinopses e tratamentos.

* Redacción e formateo de fragmentos de guión segundo diferentes tipoloxías.

* Transformación dun fragmento de guión literario a guión técnico, enumerando os códigos e os elementos descritivos utilizados en relación cos métodos de traballo e a información audiovisual.

Redacción e formateo de guións.

* Redacción e formateo de guións segundo diversas tipoloxías.

* Clasificación das principais aplicacións informáticas para escribir un guión.

* Elaboración de guións técnicos a partir de fragmentos de guións literarios.

* Aplicación no guión técnico da tipoloxía de planos, da fragmentación do espazo escénico, das normas de composición, dos movementos de cámara e das leis de continuidade.

* Elaboración de contratos a guionistas.

Dramaturxia.

* Elaboración de cadros sinópticos con obxectivos, conflitos e personaxes.

* Elaboración da escaleta correspondente ou diagrama de bloques de gravación da ficción televisiva.

* Identificación da estrutura argumental e o encadeamento de secuencias.

* Análise e reelaboración de diálogos a partir de fragmentos de guión segundo diferentes tipoloxías e personaxes.

Análise de guións.

* A partir da análise dun guión literario:

-Identificación de códigos comunicativos e expresivos do medio utilizado.

-Identificación da denotación, connotación, manipulación e estereotipos culturais.

-Identificación da interpretación, posta en escena, medios técnicos e tratamento da banda sonora.

-Análise da compoñente sociolóxica e valores de produción.

-Valoración da viabilidade dun guión.

-Realización dun informe de produción.

Narración audiovisual.

* Identificación da tipoloxía de planos na imaxe polo seu tamaño, as angulacións e os movementos de cámara dunha escena ou secuencia.

* Aplicación no guión técnico da tipoloxía de planos, a fragmentación do espazo escénico, as normas de composición, os movementos de cámara e as leis de continuidade.

* Diferenciación entre secuencia narrativa e secuencia mecánica.

* Identificación dos elementos morfolóxicos e dinámicos e planos sonoros.

* Bosquexo de story board a partir da información extraída do guión técnico.

* Establecemento de similitudes e diferenzas entre as solucións de realización adoptadas nos distintos medios (cine, vídeo, televisión, radio, espectáculos, etc.).

* Comparación dos elementos e das variables para considerar na aplicación de técnicas de rexistro cunha soa cámara e na aplicación de técnicas de rexistro con multicámara.

* Análise das principais teorías da montaxe en relación coa intencionalidade narrativa.

Xéneros no audiovisual, no teatro e nos espectáculos.

* Comparación das características estilísticas e formais dos diversos xéneros no audiovisual, no teatro e nos espectáculos.

* Identificación do xénero, as claves xenéricas específicas e os recursos narrativos en distintos tipos de xéneros no audiovisual, no teatro e nos espectáculos.

Evolución histórica dos medios audiovisuais e sonoros.

* Comparación das principais etapas históricas do cine, a televisión, a radio, o teatro e os espectáculos en xeral, indicando os seus principais elementos, as estruturas, os estilos e os títulos máis característicos.

Contidos conceptuais

Función do guión nunha produción audiovisual.

* Escrita do guión: metodoloxía de traballo.

* Tipos e formatos de guión.

* Elementos estruturais do relato e xénero.

* Fases e desenvolvemento do guión segundo o soporte.

* Contratos do guionista. Rexistro e dereitos de autor.

* Analista de guión. Historia dun oficio.

Guión documental.

* Selección do tema. Idea e punto de vista.

* Proceso de documentación e investigación.

* Concepto proposta.

* Análise de estrutura dun documental.

* Documental en televisión. Reportaxe e documental.

Guión de ficción.

* Story lines. Sinopses. Escaleta.

* Función do tratamento.

* Guión literario e guión técnico.

* Criterios de redacción do guión.

* Diálogos e textos.

* Formatos e aplicacións informáticas.

* Especificidade da ficción televisiva. Tipoloxías en televisión.

Dramaturxia.

* Estruturas dramáticas da historia: personaxe, obxectivos e obstáculos.

* Adaptacións ou guións orixinais.

* Tipoloxías, caracterización e construción de personaxes.

* Procedementos estruturais da información na historia. Connotación e denotación.

* Análise do guión. Teoría e práctica.

Narración audiovisual.

* Elementos escalares da imaxe.

* Campo e fóra de campo. Profundidade de campo.

* Tamaño, ángulo e movemento do plano.

* Secuencia narrativa e mecánica. Plano secuencia.

* Montaxe externa e interna. Tipos de montaxe.

* Articulacións espaciais: lei do eixe e raccords.

* Articulacións temporais: continuidade, elipse, flashback e flashforward.

* Espazo sonoro.

* Elementos da posta en escena.

Xéneros no audiovisual, no teatro e nos espectáculos.

* Tipoloxías en cine, televisión, radio e programas sonoros.

* Tipoloxías e xéneros en espectáculos ou teatro.

Evolución histórica dos medios audiovisuais e sonoros.

* Evolución e desenvolvemento do cine, a televisión, a radio, o teatro e o espectáculo.

Contidos actitudinais

Práctica sistemática de comprobación de resultados.

* Valoración da importancia de detectar, corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos diferentes procesos da elaboración do guión.

* Rigor e constancia na autocorrección dos procesos creativos.

Orde e método de traballo.

* Esforzo pola distribución axustada e polo cumprimento dos prazos temporais fixados para o desenvolvemento do guión.

* Consciencia da importancia de desenvolver de xeito ordenado as distintas fases de elaboración do guión.

* Rigor na toma de decisións para lles dar prioridade aos elementos máis relevantes nos distintos procesos da escritura do guión.

* Preocupación por presentar con pulcritude os traballos e polo emprego do formato máis axeitado.

Independencia na execución dos traballos.

* Rigor no axuste dos guións respecto das exixencias comunicativas encomendadas.

* Actitude resolutiva na procura de solucións audiovisuais.

* Comportamento responsable na toma de decisións.

* Preocupación pola autoavaliación durante o proceso de creación e co traballo rematado.

Intercambio de ideas, opinións e experiencias.

* Interese pola comunicación das propias ideas a un equipo de traballo.

* Valoración da importancia da integración do equipo para traballos en proxectos comúns.

* Actitude dinamizadora para favorecer o traballo en equipo e para crear ambiente propicio ao intercambio de ideas.

* Interese por coñecer e contrastar experiencias e respecto polas opinións das demais persoas.

Creatividade.

* Actitude responsable para asumir riscos expresivos e temáticos no marco das dispoñibilidades e prazos de produción.

* Interese pola aplicación dos puntos de vista persoais no desenvolvemento de proxectos.

3.3.3. Módulo profesional 7: xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e de espectáculos.

Capacidades terminais elementais

* Enumerar as diferentes formas xurídicas vixentes de empresas, sinalando a máis adecuada en función da actividade económica, os obxectivos e os recursos dispoñibles.

* Realizar o plan de financiamento da empresa a partir das diferentes axudas públicas, préstamos bancarios e outras achegas ás empresas e aos proxectos de produción audiovisual, radiofónica e teatral.

* Xustificar o proceso de creación dunha pequena empresa de produción audiovisual, radiofónica ou de espectáculos, analizando a súa viabilidade e relacionando os pasos necesarios para a súa creación e o seu desenvolvemento.

* Relacionar a información contida nos documentos e as obrigas formais mercantís, fiscais e laborais requiridas na xestión de produtos audiovisuais, radiofónicos ou de espectáculos a partir da análise da normativa e a lexislación reguladora vixente.

* Xustificar un plan de pagamento e completar procesos de facturación, rexistro e liquidación do IVE, Seguridade Social e retencións do IRPF a través de procedementos informáticos.

* Identificar e describir os documentos básicos e aplicar procedementos administrativos relativos á xestión e o funcionamento da produción de programas audiovisuais, radiofónicos ou de espectáculos de acordo coa lexislación vixente.

* Identificar e xustificar as condicións de pechamento de operacións comerciais de compravenda e alugamento a través de contratos con provedores de materiais, equipamentos e servizos con flexibilidade e seguridade.

* Identificar as características fundamentais dos contratos laborais vixentes e máis habituais no sector da produción audiovisual, radio e espectáculos, establecendo as súas diferenzas máis significativas, requisitos, duración, trámites de formalización e subvencións.

* Realizar contratos e nóminas do persoal técnico-artístico e colaboradores coas retencións do IRPF e a liquidación á Seguridade Social en soporte informático.

* Identificar e clasificar os aspectos máis salientables do marco legal en que se desenvolven as actividades da industria audiovisual, radiofónica e de espectáculos.

* Realizar operacións básicas cun ordenador de xestión, describindo a súa estrutura de funcionamento, os elementos constitutivos ou complementarios e as principais aplicacións informáticas en relación coa produción audiovisual.

* Describir e realizar operacións básicas a través de redes telemáticas: navegación, correo electrónico e transferencia de ficheiros.

Contidos (duración: 185 horas)

Contidos procedementais

Empresa audiovisual.

* Elaboración dos documentos necesarios e as obrigas mercantís e laborais para a constitución dunha empresa audiovisual, radiofónica ou de espectáculos.

* Elaboración do calendario fiscal dunha empresa audiovisual radiofónica ou de espectáculos.

Xestión económico-administrativa da empresa audiovisual.

* Formalización dos libros, formularios e formatos utilizados na empresa para o exercicio da súa actividade: pedidos, albarás, facturas, letras de cambio, cheques, recibos, etc.

* Deseño e formalización dos formularios e os formatos utilizados de xeito específico na produción de programas audiovisuais, radiofónicos e de espectáculos: permisos, desagregacións, orzamentos, citacións, etc.

* Elaboración e utilización de bases de datos con ficheiros de clientes, servizos ou provedores da industria audiovisual e de espectáculos, incluíndo características e condicións de mercado.

* Elaboración de contratos de compravenda ou alugamento de produtos e servizos relacionados co sector audiovisual e do espectáculo.

* Identificación das principais operacións financeiras que se realizan nas entidades bancarias, explicando os conceptos que se utilizan na súa xestión.

Xestión laboral da empresa audiovisual.

* Síntese das características básicas dos diferentes tipos de contratos laborais no sector, establecendo as diferenzas respecto á duración, o tipo de xornada, os convenios vixentes, etc.

* Elaboración de modelos de contratos adecuados ás características e orzamento dun proxecto específico ou unha empresa audiovisual, radiofónica ou de espectáculos.

* Formalización das nóminas co IRPF e a liquidación da Seguridade Social do persoal técnico e artístico.

Xestión legal.

* Resumo dos aspectos máis importantes da lexislación audiovisual relacionada coa produción audiovisual radiofónica, sonora e de espectáculos.

* Localización a través das redes telemáticas de arquivos, ficheiros e enderezos relacionados coa lexislación audiovisual radiofónica e de espectáculos.

* Realización de contratos de opción de compra, compra de dereitos e inscrición no rexistro de propiedade intelectual ou mercantil.

* Análise da lexislación autonómica, estatal e comunitaria sobre seguros e pólizas para a produción audiovisual e de espectáculos.

Aplicacións informáticas á produción.

* Utilización de procesadores de texto, bases de datos, follas de cálculo, programas de presentacións, programas de planificación da produción, programas específicos da produción audiovisual e espectáculos, e redes telemáticas na xestión da produción.

Contidos conceptuais

Empresa audiovisual.

* Formas xurídicas da empresa.

* Libros e impresos oficiais.

* Calendario fiscal: liquidación de IVE e IRPF.

* Xestións da constitución dunha empresa.

Xestión económico-administrativa da empresa audiovisual.

* Documentación administrativa e mercantil da empresa.

* Operacións coas entidades bancarias e financeiras.

* Contratos de alugamento ou compravenda de produtos e servizos.

* Operacións coas empresas de servizos do audiovisual.

Xestión laboral da empresa audiovisual.

* Xestión de persoal e formas de contratación laboral.

* Lexislación laboral básica.

* Convenios específicos do sector

* Contratos laborais e contratación artística.

* Nóminas e seguros sociais.

Xestión legal.

* Lexislación básica do sector: cinematografía, televisión, espectáculos, telecomunicacións, publicidade, etc.

* Lei da propiedade intelectual e Lei do mecenado.

* Seguros.

Aplicacións informáticas á produción.

* Procesadores de texto.

* Bases de datos.

* Follas de cálculo.

* Programas de presentacións.

* Programas de planificación da produción.

* Programas específicos de produción audiovisual

* Posibilidades das redes telemáticas na xestión da produción.

Contidos actitudinais

Execución sistemática do proceso de resolución de problemas.

* Actitude razoable na toma de decisións para organizar a estrutura administrativa con requisitos de calidade e custos emanados dos estudos do proxecto.

* Interese na comprobación sistemática de resultados e opcións tomadas na etapa de preparación do proxecto e no control e xestión da súa aplicación.

* Preocupación pola autocorrección de erros, desviacións ou disfuncións.

Óptimo rendemento do traballo.

* Interese pola procura da máxima produtividade e aproveitamento dos recursos informáticos nas tarefas de planificación e de control.

* Eficiencia nas relacións contractuais establecidas con persoas e provedores.

Orde e método no traballo.

* Rigor na análise da viabilidade e na organización dun proxecto ata a súa copia final.

* Consciencia da importancia da pulcritude e a eficiencia na elaboración, a síntese e a presentación da información do proceso de produción.

Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo.

* Puntualidade na execución dos traballos encomendados.

* Actitude de respecto e conservación do estado operativo dos equipamentos, os programas e as máquinas empregadas no proceso de produción.

* Interese pola conservación da información técnica e administrativa do proceso.

* Rigor no cumprimento dos requisitos do proxecto canto á normativa laboral, administrativa e de seguridade.

Independencia na execución do traballo.

* Autosuficiencia na aplicación das técnicas de valoración de proxectos e a súa xestión executiva.

* Valoración da importancia de improvisar ante situacións non previstas.

Interese polas relacións humanas e polo traballo en equipo.

* Cordialidade, cooperación e amabilidade no trato cos demais.

* Respecto persoal e profesional ás persoas implicades na produción.

* Tolerancia coas ideas, os pensamentos e as actitudes dos outros, procurando o consenso entre diferentes puntos de vista.

* Espírito aberto ás experiencias humanas e profesionais que poidan enriquecer a propia.

* Actitude de compañeirismo, interpretando o traballo como a suma das achegas das diferentes persoas.

Apertura ao ámbito profesional e a súa evolución.

* Interese polos avances tecnolóxicos directamente ou indirectamente aplicables á mellora nos procesos de produción.

* Actitude receptiva dos novos métodos de traballo consecuencia da evolución tecnolóxica.

* Interese polo coñecemento do contorno social, económico e laboral, e pola conservación do medio.

* Espírito crítico na valoración dos cambios tecnolóxicos para decidir a súa posible aplicación ao seu campo laboral.

* Vontade de aprender e se adaptar á novas condicións de traballo.

Actualización do contexto social e artístico.

* Interese pola informática, tanto polo software como polo hardware.

* Interese polos diferentes xeitos de expresión artística: literatura, cine, teatro, pintura, música, ballet e outras manifestacións culturais.

Respecto pola saúde, a seguridade laboral e ambiental, e as diferenzas socioculturais.

* Preocupación pola saúde propia e a dos demais.

* Valoración da importancia do medio natural.

* Trato non discriminatorio ante as diferenzas culturais ou de sexo.

Valoración de resultados.

* Preocupación por achegar argumentacións rigorosas á hora de valorar a consecución ou non dos resultados estimados.

* Espírito crítico sobre o grao de adecuación do proceso ao método produtivo seguido.

* Compromiso para emitir xuízos de avaliación e resultado final dos procesos de produción.

* Autovaloración e confianza en si mesmo.

3.3.4. Módulo profesional 8: relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación, identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e participar en reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición das diferentes xeitos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe en que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e as competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables en grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo en que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación, diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información, sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante cara a elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que pertencemos.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.5. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Identificar e valorar as características específicas do concepto de proxecto e as pautas xerais para a súa xestión.* Identificar as principais fases dun proxecto.

* Contextualizar o produto dentro do perfil de cliente a quen vai dirixido.

* Analizar as distintas tipoloxías dos proxectos segundo o seu concepto, as clases e as características.

* Establecer as funcións do cliente ou promotor do proxecto.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Determinar o alcance dun proxecto segundo o custo, o prazo e a calidade.
* Establecer as funcións do xefe de proxecto.
* Valorar as técnicas e as ferramentas de planificación, seguimento, control e presentación de proxectos.

2.Seleccionar o sector empresarial onde se vai desenvolver o proxecto. * Analizar o contorno de traballo dentro do sector profesional onde se realizará o proxecto.

* Encadrar o proxecto dentro da actividade económica máis relacionada con el, atendendo a factores económicos ou artísticos.

* Xustificar a relación do produto audiovisual, sonoro, multimedia ou de espectáculo co subsector empresarial onde se desenvolve.
* Analizar a viabilidade do produto dentro do subsector en comparación con outras posibilidades.

3.Utilizar os custos habituais dentro do sector empresarial en que se desenvolve. * Identificar as tarifas de prezos de empresas dedicadas á compra e ao alugamento de recursos.
* Utilizar, durante a simulación orzamentaria, financiamento e contratos do proxecto, ademais de tarifas de prezos actualizadas e comunmente utilizadas dentro do sector audiovisual

4.Analizar os procesos e as ferramentas de última incorporación ao sector, potenciando a súa aplicación nas distintas fases do proxecto.* Identificar as aplicacións e o seu campo de traballo.

* Aplicar os novos procesos de traballo no traballo real de produción.

5.Elaborar unha proposta de anteproxecto de acordo coas pautas de negociación co cliente ou promotor. * Identificar as especificacións do proxecto.

* Determinar a dispoñibilidade orzamentaria. * Axustar co promotor ou cliente a proporción entre os tres condicionantes da produción.

* Realizar un concepto proposta do proxecto audiovisual, sonoro, multimedia ou de espectáculo.
* Elaborar a presentación do anteproxecto seleccionando o formato máis axeitado.

6.Elaborar a planificación dun proxecto de produción audiovisual, radiofónica, musical, multimedia ou de espectáculo.* Establecer a estrutura e as fases da produción segundo o plan de traballo. -Deseñar a preprodución. -Determinar as localizacións e as instalacións para utilizar.
-Organizar os ensaios, a captación, o rexistro, o procesamento e o tratamento, de ser o caso.
-Elaborar un plan de comercialización e/ou distribución.
* Deseñar un plan de secuenciación e temporalización.
* Determinar o tipo e o número de recursos necesarios en cada fase.
* Confeccionar o orzamento e o plan de financiamento.

7.Analizar a viabilidade do proxecto audiovisual, sonoro, multimedia ou de espectáculo* Identificar os condicionantes e as limitacións dos aspectos técnicos, artísticos e económicos do proxecto concreto que se desenvolva.

* Valorar as posibilidades técnicas, expresivas e orzamentarias do proxecto.

* Identificar os elementos técnicos e artísticos que non se adapten ás posibilidades e propor modificacións que melloren ou faciliten a súa realización.
* Utilizar as técnicas e as ferramentas informáticas de análise gráfica da planificación e seguimento do proxecto: -Diagramas de Gantt
-Análise do camiño crítico.
-Gráficos de Pert, Cpm, etc.
* Analizar as estratexias de comercialización do produto e a súa rendibilidade económica.
* Verificar a viabilidade do proxecto entre o xefe do proxecto e o cliente.

8.Organizar a execución e o desenvolvemento do proxecto.* Confeccionar un plan de traballo cronoloxicamente axeitado aos obxectivos do proxecto.

* Elaborar os diagramas de seguimento e control.

* Confeccionar as matrices de responsabilidades do equipo humano que intervén no proxecto.
* Elaborar a documentación necesaria para cada unha das fases.
* Asignar os recursos humanos, técnicos e económicos para cada unha das fases do proxecto.

9.Adecuar o proxecto á normativa legal vixente.* Identificar e seleccionar a normativa legal que regula o subsector profesional onde se desenvolve o proxecto.
* Formalizar a documentación legal necesaria para a regulación do proxecto.

10.Establecer os procesos de control de calidade do produto audiovisual, sonoro, multimedia ou de espectáculos.* Analizar e establecer os criterios de calidade no produto e na súa presentación ao cliente.

* Deseñar as estratexias de reconversión do proxecto cando non se logren os requisitos de calidade.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Participar na definición de produtos e proxectos audiovisuais, radiofónicos e de espectáculos. * Participar na análise e na avaliación de proxectos concretos, elaborando os informes pertinentes sobre a súa viabilidade.-Intervir na determinación xeral de necesidades humanas.
-Identificar as necesidades de dietas, viaxes, aloxamentos, etc., que o proxecto pode requirir nas distintas fases da súa produción.
-Clasificar e valorar as necesidades de equipamento profesional e doutros materiais.
* Elaborar documentos de síntese que recollan as principais características dos proxectos, para o seu uso promocional e nas xestión relacionadas co seu posible financiamento.

2.Participar na organización e no desenvolvemento das producións audiovisuais, radiofónicas e de espectáculos da empresa. * Intervir na identificación e na contratación do persoal técnico e artístico necesario para o desenvolvemento das producións.

* Intervir na identificación e na contratación de espazos escénicos e decorados, localizacións e escenografía das producións da empresa.

* Intervir na elaboración, no seguimento e na posta ao día de plans de traballo para a produción de programas, contribuíndo á resolución das posibles continxencias.
* Intervir na xestión de recursos e efectuar propostas para a resolución de continxencias con vistas a lograr en tempo e forma os obxectivos establecidos no plan de traballo.

3.Intervir na elaboración de orzamentos para obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e de espectáculos, e controlar custos ao longo do proceso de produción.* Intervir na clasificación por partidas orzamentarias dos diferentes recursos que interveñen nas distintas fases da realización dos proxectos da empresa.

* Intervir no pechamento de orzamentos agrupados por partidas.

* Intervir na planificación de pagamentos e nóminas de traballadores, provedores e materiais.
* Interpretar a contabilidade de orzamentos facendo uso de libros e modelos oficiais.
* Intervir no control real de custos de produción aproveitando convenientemente os recursos e axustando as previsión orzamentarias.
* Facer uso de programas informáticos de axuda á elaboración de orzamentos: follas de cálculo, bases de datos e programas integrados.

4.Xestionar a documentación necesaria nas distintas fases dos procesos de produción no centro de traballo, utilizando medios informáticos, se procede. * Identificar as necesidades de documentación audiovisual, sonora ou escrita precisas para o desenvolvemento dun proxecto da empresa.

* Obter documentación das distintas fontes documentais (mediatecas, bibliotecas, bancos de datos, fonotecas, etc.) para a realización de proxectos.

* Clasificar información e documentación xerada na resolución do proxecto para o seu posible uso posterior en futuros proxectos da empresa.
* Empregar ferramentas informáticas na xeración e na clasificación de todo tipo de información necesaria para as producións da empresa.

5.Comportarse en todo momento de xeito responsable na empresa, cumprindo as normas establecidas, e actuando con seguridade e precaución cando as condicións de producións o requiran. * Mostrar iniciativa e actitude positiva no desenvolvemento das tarefas que se lle encomenden.

* Mostrar en todo momento actitudes de respecto aos procedementos e ás normas internas da empresa.

* Interpretar e executar as instrucións que reciba e responsabilizarse do traballo que teña que desenvolver, comunicándose eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento.

* Analizar as repercusións do seu posto de traballo no sistema produtivo da empresa.
* Cumprir coas normas para desenvolver o seu labor na orde, no tempo e no modo previstos.
* Identificar os riscos asociados ao desenvolvemento dos procesos, aos equipamentos, aos materiais e ás instalacións, así como a información e os sinais de perigo existentes no ámbito de traballo.
* Coñecer, difundir e aplicar os medios de protección e comportamento que se deban adoptar preventivamente para as diferentes tarefas, así como o comportamento en caso de emerxencia.
* Utilizar e asesorar sobre o uso correcto dos medios de protección dispoñibles, adoptando correccións e medidas adecuadas para a prevención de accidentes.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analizar as causas ou variables que poden influír no investimento, o consumo e o aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio natural como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como os bens libres de uso cotián, como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existisen prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

* Ciencias da natureza e da saúde.

* Humanidades e ciencias sociais.

* Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, en que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

* Economía e organización de empresas.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Produción de cine e vídeoProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

2Produción de televisiónTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesorado técnico de FP

3Produción de radioTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesorado técnico de FP

4Produción de espectáculosProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

5Medios técnicos audiovisuaisProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

6Linguaxes audiovisuais e escénicasProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

7Xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e de espectáculosProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

8Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

ImaxeProcesos e medios de comunicaciónProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de produción de audiovisuais, radio e espectáculos require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m55%

Taller de son90 m90 m15%

Taller de producións audiovisuais180 m180 m30%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional

* Produción de cine e vídeo.

* Produción de televisión.

* Produción de radio.

* Produción de espectáculos.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Produción de cine e vídeo.

* Produción de televisión.

* Produción de radio.

* Produción de espectáculos.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Licenciatura en comunicación audiovisual.

* Licenciatura en xornalismo.

* Licenciatura en publicidade e relacións públicas.

* Diplomatura en óptica e optometría.

* Diplomatura en turismo.

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de telecomunicación (todas as especialidades).

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

265Produción de cine e vídeo

185Produción de radio

135Medios técnicos audiovisuais

185Xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e espectáculos

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

4º, 5º trimestre

240Produción de televisión

200Produción de espectáculos

130Linguaxe audiovisuais e escénicas

90Proxecto integrado

6º trimestre

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA