DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2005 Páx. 13.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 27 de xuño de 2005 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de emitido o informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitir o preceptivo informe favorable a Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería, que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2005.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

-Lino Lago. Pintura sobre pintura. 6 A.

-Nando Lestón. Pecata minuta. 6 A.

-Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004: de abrente ata hoxe. 30 A.

-A onde viaxan os deuses: unha peregrinación ao = A donde viajan los dioses: una peregrinación al = Wo die götter reisen: Eine wallfahrtins peruanische Qoyllur Rit'i en Perú. 23 A.

-Emerxentes no inverno da parra 2005. 14 A.

-3' (galego). 12 A.

-3' (castelán). 12 A.

-Arturo Herrera: Keep in touch: En contacto. 36 A.

-Ramón Conde ¿Son eu?. 12 A.

-Opus Monasticorum: patrimonio, arte, historia y orden. 35 A.

-Pedro Otero. Fotografías. 6 A.

-Ricardo III. 12 A.

-Pautas sobre os servizos das bibliotecas públicas. 8 A.

-Francisco Xavier de Balmis. 6 A.

-O libro galego (ata 2003): Centro Superior Bibliográfico de Galicia. 20 A.

-Unha maré de palabras. 12 A.

-VII Xuntanza Obradoiro-Internacional das Artes Plásticas «A Solaina» de Piloño. 9 A.

-Estatuto jurídico de los peregrinos en la España medieval. 28 A.

-Congreso Un Tesouro Invisible. 8 A.

-Rolos. 9 A.

-Carlota Cuesta. 16 A.

-Concurso literario de relato curto: Camiños de vida. 2,12 A.

-Dionisio Gamallo Fierros. 24 A.