DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2005 Páx. 13.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xullo de 2005 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2005 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Por Orde do 21 de febreiro de 2005 (DOG do 8 de marzo) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2005 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322I.480.0, as axudas que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Denegar as axudas solicitadas, polos motivos que se especifican, ás asociacións que figuran no anexo II desta orde.

Terceiro.-O pagamento das axudas económicas farase unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase de xeito individualizado, por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

Cuarto.-O prazo de xustificación, segundo o punto 11 da orde de convocatoria, remata o 30 de outubro de 2005, para as actividades celebradas ata o 30 de setembro incluído, e o 25 de novembro de 2005 para as actividades realizadas en outubro e novembro do mesmo ano.

Quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as instrucións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Sexto.-Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Convocatoria de axudas a MRP e asociacións

Orde do 21 de febreiro de 2005

(DOG do 8 de marzo de 2005)

Axudas concedidas

1Fundación Quinesia650,00 A

2ANPE8.088,75 A

3ANLLAR1.592,13A

4Asociación Profesores Inglés-Apiga919,57 A

5Confederación Intersindical Galega do Ensino9.100,00 A

6Federación do Ensino de CC.OO. de Galicia6.538,40 A

7Nova Escola Galega5.483,65 A

8Centro Filosofía para Nenos/as Galicia919,60 A

9Asociación Profesores Español Álvaro Cunqueiro820,77 A

10Colectivo Xelmírez919,60 A

11AGAPEMA1.542,72 A

12Sindicato de Traballadores do Ensino-STEG7.529,01 A

13Música na Escola941,23 A

14Grupo Aletheia919,60 A

15Escola para Todos1.839,20 A

16Asociación Profesores Lucense de Educación Física870,18 A

17MRP ASPGP4.604,64 A

18Fundación Valle del Sil2.647,65 A

19Asociación Socio-Pedagóxica Galega7.733,62 A

20Asociación de Ensinantes do Salnés Candea2.511,73 A

21Asociación Cultural Sine Nómine870,18 A

22Asociación Pedagóxico-Cultural Soutullo990,64 A

23Escola Viva5.597,95 A

24FETE-UGT de Galicia2.653,80 A

25MRP Escola de Verán Univ. Pop. Corcubión2.123,36 A

26MRP APJEGP4.246,72 A

27A.R.P. Paides Parthenoi 7.497,30 A

Total:90.152,00 A

ANEXO II

Axudas denegadas

EntidadeNome actividadeMotivo da denegación

Fundación QuinesiaPrevención e intervención nas dificultades da aprendizaxeImcumprir o artigo 1 da Orde do 21 de febreiro de 2005

AptegaV Xornadas de tecnoloxía

de Galicia

Imcumprir o artigo 1 da Orde do 21 de febreiro de 2005

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL