DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2005 Páx. 13.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 204/2005, do 14 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2005-2006.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, establece no seu artigo 81.3º b) que lle corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal estableza o Consello de Coordinación Universitaria do MEC. Para os restantes estudos serán fixados polo Consello Social, artigo 81.3º c) da respectiva universidade, e de acordo co disposto na Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos outórgalle ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagarán os alumnos polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe o Consello de Coordinación Universitaria, que este ano, nas sesións das súas comisións mixta e de coordinación, celebradas respectivamente o 10 e 11 de maio de 2005 (BOE nº 123, do 24 de maio), fixou, para o curso 2005-2006, o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2004 ao 30 de abril de 2005, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas e non renovadas, así como a diferenza entre o prezo da 1ª e 2ª matrícula fronte ao prezo da 3ª e sucesivas matrículas (Decreto 263/1993, do 28 de outubro), e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2005-2006 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, incrementando os prezos do curso pasado na contía correspondente á suba do IPC estatal determinado entre o 30 de abril de 2004 e o 30 de abril de 2005 máis 0,5 puntos (é dicir, o 4%).

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Universidades, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. Os prezos que se pagarán no curso 2005-2006 polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no sistema universitario de Galicia, serán os establecidos segundo as normas deste decreto na contía que se sinala no anexo.

2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo Consello Social, de conformidade co establecido no artigo 81.3º c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades e a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

Artigo 2º.-Modalidades de matrícula.

1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos establecidos nos puntos 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. As materias poderán ser anuais ou cuadrimestrais, de acordo co establecido pola universidade, en función do número de horas lectivas que figure nos plans de estudos. O importe do prezo aplicable para as materias cuadrimestrais será a metade do establecido para as anuais.

2. Ensinanzas renovadas. No caso de ensinanzas renovadas os prezos públicos establecidos nos puntos 1.2 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. Neste último caso, o importe das materias calcularase de conformidade co número de créditos asignado a cada unha delas e o prezo establecido para o crédito.

3. Cando un alumno se matricule nunha mesma materia ou disciplina por terceira vez ou posteriores veces, o importe correspondente á devandita disciplina verase incrementado nun 25%.

Artigo 3º.-Matrícula de materias soltas.

1. Os alumnos poderán matricularse de materias soltas con independencia do curso a que estas correspondan, excepto cando se establezan incompatibilidades académicas pola universidade.

2. O importe do prezo establecido para cada disciplina solta será diferente segundo que o curso ao que corresponda estea constituído por menos de sete materias anuais ou por sete ou máis materias anuais. Para estes efectos unha disciplina anual será equivalente a dúas cuadrimestrais.

3. O exercicio do dereito de matrícula establecido no parágrafo anterior non obrigará a modificación do réxime de horarios xerais determinados en cada centro de acordo coas necesidades dos seus plans de estudo.

4. Non obstante o establecido nos artigos anteriores, aqueles alumnos que empecen os seus estudos de ensinanzas renovadas ou non renovadas, deberán matricularse do primeiro curso completo, coa excepción dos casos en que sexan validadas materias do dito primeiro curso.

Artigo 4º.-Matrícula en créditos de libre elección.

Os créditos correspondentes a libre elección serán aboados de acordo coa tarifa establecida para a titulación que se pretende obter, con independencia do departamento ou centro onde se cursen os ditos créditos.

Artigo 5º.-Forma de pagamento da matrícula.

Consonte co disposto no artigo 20.3º do Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a xestión, liquidación e recadación de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, as universidades galegas, por resolución reitoral, establecerán os prazos de matriculación dos alumnos que cursen os seus estudos nesa universidade.

O feito de non facer efectivo o pagamento da matrícula ou dalgún dos seus fraccionamentos nos prazos que establece cada universidade, poderá comportar a suspensión temporal dos dereitos dos alumnos e, exixiranse os correspondentes pagamentos pola vía de constrinximento consonte co disposto no artigo 48.6º da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as universidades exixirán o pagamento das cantidades pendentes por matrículas de cursos académicos anteriores, como condición previa de matrícula ou de expedición de títulos ou certificados.

Artigo 6º.-Centros adscritos.

Os alumnos dos centros adscritos aboaranlle á universidade, en concepto de expediente académico e de proba de avaliación, o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

Artigo 7º.-Adaptación a novos plans de estudo e validación de estudos.

1. O procedemento de adaptación aos novos plans de estudo será gratuíto. Enténdese por adaptación aos novos plans de estudo a conversión das materias cursadas no plan de estudos de ensinanzas non renovadas, en créditos das materias do novo plan de estudos das ensinanzas renovadas, que conduzan á equiparación da titulación.

2. Os alumnos que obteñan a validación ou adaptación de cursos completos ou de materias soltas

por razón de estudos realizados en centros nacionais non estatais ou en centros estranxeiros aboaranlle á universidade o 25% dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

3. Pola validación de estudos realizados en centros estatais non se aboarán prezos, agás se a validación é para a obtención doutro título académico. O prezo neste caso será do 25% dos prezos establecidos no anexo.

Artigo 8º.-Bolsas.

De conformidade co establecido no artigo 3.1º do Real decreto 2298/1983, do 28 de xullo (BOE do 27 de agosto), polo que se regula o sistema de bolsas e outras axudas ao estudo de carácter personalizado, os alumnos que reciban unha bolsa de estudos con cargo aos orzamentos xerais do Estado non estarán obrigados a pagar o prezo polos servizos académicos.

Os alumnos que no momento de formalizaren a matrícula se acollan á exención de prezos por teren solicitada a concesión dunha das bolsas de estudos xerais convocadas polo MEC e aos que, posteriormente, non se lles concedese esta, polo que resultaría que o alumno non tería dereito á axuda establecida de matrícula, estarán obrigados ao aboamento do prezo correspondente á matrícula que fixeron. De non aboar o prezo da matrícula, exixiranse os correspondentes pagamentos pola vía de constrinximento consonte co disposto no artigo 48.6º da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 9º.-Matrículas de honra.

As bonificacións correspondentes á aplicación dunha ou varias matrículas de honra, levaranse a cabo logo de facer o cálculo do importe total da matrícula, e no caso das ensinanzas renovadas, aplicaranse ao número de créditos correspondentes á disciplina ou materias nas que obtivo a matrícula de honra.

Os estudantes con matrícula de honra global en 2º curso de bacharelato ou con premio extraordinario no bacharelato terán dereito, durante o primeiro ano e por unha soa vez, á exención total do pagamento dos prezos públicos por matrícula.

Artigo 10º.-Materias sen docencia.

No caso das materias de plans de estudos con dereito a exame pero nas que non se imparte xa docencia, pagarase por crédito ou disciplina, segundo corresponda, o 25% dos prezos da tarifa ordinaria.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Tarifa primeira. Actividade docente

1.1. Ensinanzas non renovadas.

Primeira e

segunda

matrícula

Terceira e

sucesivas

matrículas

Epígrafe A)

Curso completo699,03 A

Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias181,74 A227,19 A

Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias120,30 A150,37 A

Epígrafe B)

Curso completo493,71 A

Disciplina anual dun curso de menos de 7 materias125,90 A157,37 A

Disciplina anual dun curso de 7 ou máis materias83,92 A104,92 A

Epígrafe A)

Licenciado en farmacia

Licenciado en bioloxía

Licenciado en matemáticas

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Epígrafe B)

Outros estudos de ensinanzas non renovadas conducentes a títulos oficiais de primeiro e segundo ciclo, distintos dos especificados na epígrafe A)

Licenciado en física
Licenciado en química
Licenciado en medicina
Licenciado en odontoloxía
Licenciado en veterinaria
Licenciado en informática
Licenciado en ciencias do mar
Licenciado en belas artes
Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte
Licenciado en mariña civil
Arquitecto
Enxeñeiro
Arquitecto técnico
Enxeñeiro técnico
Diplomado en enfermaría
Diplomado en fisioterapia
Diplomado en terapia ocupacional
Diplomado en informática
Diplomado en óptica e optometría
Diplomado en mariña civil

1.2. Ensinanzas renovadas (prezo dun crédito).

Primeira e

segunda

matrícula

Terceira e

sucesivas

matrículas

Epígrafe A)11,65 A14,56 A

Epígrafe B)8,23 A10,29 A

Epígrafe A)

Licenciado en farmacia

Licenciado en bioloxía

Licenciado en matemáticas

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos

Epígrafe B)

Outros estudos de ensinanzas non renovadas conducentes a títulos oficiais de primeiro e segundo ciclo, distintos dos especificados na epígrafe A)

Licenciado en física
Licenciado en química
Licenciado en medicina
Licenciado en odontoloxía

Licenciado en veterinaria
Licenciado en ciencias do mar
Licenciado en belas artes
Licenciado en comunicación audiovisual
Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte
Licenciado en máquinas navais
Licenciado en náutica e transporte marítimo
Arquitecto
Enxeñeiro
Arquitecto técnico
Enxeñeiro técnico
Diplomado en enfermaría
Diplomado en fisioterapia
Diplomado en podoloxía
Diplomado en logopedia
Diplomado en terapia ocupacional
Diplomado en óptica e optometría
Diplomado en máquinas navais
Diplomado en navegación marítima

Tarifa primeira. Actividade docente

(prezo dun crédito)

2. Estudos conducentes ao título de doutor

Estudos conducentes a un título de doutor con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe A)43,74 A
Estudos conducentes a un título de doutor con denominación correspondente a un dos títulos especificados na epígrafe B)30,87 A

3. Estudos de especialidades

Estudos de especialidades médicas que non precisen formación hospitalaria do parágrafo 3º do anexo do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, en unidades docentes acreditadas28,28 A

Estudos de especialidades en enfermaría en unidades docentes acreditadas, consideradas no Real decreto 992/1987, do 3 de xullo7,22 A

Estudos das especialidades de farmacia, análises clínicas, en escolas profesionais recoñecidas segundo o Real decreto 2708/1982, do 15 de outubro28,28 A

Tarifa segunda. Avaliación e probas

1. Probas de aptitude de acceso á universidade55,95 A

2. Certificado de aptitude pedagóxica163,71 A

3. Curso de iniciación e orientación para maiores de 25 anos83,49 A

4. Proba de conxunto para homologación de títulos estranxeiros de educación superior102,41 A

5. Proxectos fin de carreira102,90 A

6. Suplemento europeo ao título67,60 A

7. Exame para o grao de licenciado102,90 A

8. Exame para o grao de doutor102,90 A

9. Cursos e exame de reválida/tese de licenciatura nas escolas sociais102,90 A

10. Obtención por validación do título de diplomado en escolas universitarias:
a) Por avaliación académica e profesional conducente á devandita validación102,90 A

b) Por traballos exixidos para a dita validación171,36 A

Tarifa terceira. Títulos e secretaría

1. Expedición de títulos académicos

a) Doutor160,91 A

b) Licenciado, arquitecto ou enxeñeiro108,19 A

c) Diplomado, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico52,82 A

d) Diploma de estudos avanzados52,00 A

e) Duplicados de títulos universitarios oficiais24,69 A

2. Secretaría

a) Apertura de expediente académico ao comezar os estudos19,61 A

b) Certificacións académicas e traslados de expediente académico19,61 A

c) Expedición e mantemento de tarxetas de identidade4,21 A