DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2005 Páx. 13.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de xullo de 2005 pola que se dispón que se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias o director xeral de Relacións Institucionais.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias, cómpre adoptar as medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servizo e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias, que figuran no Decreto 255/2003, do 8 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ao director xeral de Relacións Institucionais.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil cinco.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública