DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2005 Páx. 13.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 203/2005, do 22 de xullo, polo que se dispón que cese Alfonso Vaquero Marín como director xeral de Relacións Parlamentarias.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Alfonso Vaquero Marín como director xeral de Relacións Parlamentarias, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública