DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 21 de xullo de 2005 Páx. 13.002

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 201/2005, do 9 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en hixiene bucodental.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 537/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en hixiene bucodental e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que sexan neesarias para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades

profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, no aspecto tanto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles han permitir realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en hixiene bucodental, regulado polo Real decreto 537/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que pode impartir o profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia, e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposicións adicionais

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior en hixiene bucodental.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Promover a saúde das persoas e da comunidade, programando e desenvolvendo actividades preventivas e asistenciais, como membro dun equipo de saúde bucodental, executando esas actividades mediante a exploración, detección e rexistro do estado de saúde-enfermidade bucodental das persoas, e organizando e programando ao seu nivel o traballo, baixo criterios de calidade, seguridade e óptimo aproveitamento de recursos, e baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Avaliar o estado de saúde bucodental das persoas, detectando e identificando mediante exploración as posibles alteracións, a súa etioloxía e as medidas necesarias para a súa prevención e/ou corrección e, de ser o caso, remitir esas persoas ao facultativo.

* Aplicar técnicas preventivas e asistenciais para previr e corrixir as doenzas bucodentais.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Previr riscos laborais aplicando medidas de hixiene e de protección, tanto persoais como das instalacións.

* Responder ante as continxencias, achegando solucións e resolvendo os problemas xurdidos na realización do traballo.

* Realizar, ao seu nivel, a xestión da unidade ou do gabinete, xestionando o ficheiro de clientes, a adquisición, o mantemento e a reposición de instrumental e material, e obtendo os informes técnicos e os resumos necesarios de actividades.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e/ou programar, ao seu nivel, o traballo da unidade ou do gabinete, adaptando procedementos, producindo información ou instrucións e pre

vendo, asinando ou distribuíndo tarefas, recursos e materiais.

* Realizar o control epidemiolóxico do estado de saúde bucodental dun grupo de poboación, reunindo, analizando e ordenando datos epidemiolóxicos e propondo actuacións correctoras ao seu nivel.

* Participar no deseño e na aplicación de programas e estratexias de promoción da saúde bucodental que potencien os hábitos preventivos e hixiénico-sanitarios da poboación.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo en que está integrado, asumir as súas responsabilidades, cumprir os obxectivos asignados e manter o fluxo de información adecuado.

* Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario nos seus aspectos organizativos, funcionais, sociais e administrativos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia de innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

* Participar na posta a punto de novas técnicas en proxectos de investigación e en programas formativos, así como propor medidas relacionadas coa eficiencia e a seguridade.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e dos obxectivos asignados por técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos das ocupacións concernidas, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización administrativa do gabinete dental.

* Programación do traballo, ao seu nivel, e comunicación aos pacientes e clientes das modificacións nas datas ou nos horarios de consultas ou visitas.

* Previsión das necesidades materiais do gabinete bucodental.

* Recepción, información e rexistro de datos dos pacientes e clientes do gabinete bucodental.

* Realización da entrevista aos pacientes e clientes asignados polo equipo.

* Exploración física da cavidade oral e manexo de equipamentos de diagnóstico odontolóxico.

* Intervención preventiva bucodental sobre os pacientes e clientes asignados polo equipo.

* Control epidemiolóxico bucodental de grupos de poboación.

* Participación no deseño, na planificación e na aplicación de programas de promoción da saúde bucodental.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

2. Explorar, detectar e rexistrar o estado de saúde-enfermidade bucodental das persoas, baixo a supervisión do facultativo.

3. Previr as doenzas bucodentais das persoas mediante intervención directa, segundo normas de seguridade e calidade establecidas.

4. Avaliar a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de vixilancia epidemiolóxica.

5. Promover a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de promoción e educación para a saúde.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou gabinete.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Organizar, desenvolver e xestionar un ficheiro de pacientes e clientes, tendo en conta as diferentes necesidades de atención e nivel de documentación que se manexa.* Creouse unha base de datos con capacidade para conter toda a información sobre pacientes e clientes xerada no servizo, na unidade ou no gabinete.

* Rexistráronse os datos clínicos e de filiación paciente ou do cliente, e os da entidade responsable da prestación, na forma, no modo e no lugar establecidos nas normas internas, e verificouse que os datos rexistrados correspondesen ao paciente ou cliente.

* Informouse correctamente o paciente sobre lugar, data, horario e preparación previa requirida, seguindo as pautas marcadas e o plan de tratamento.
* Comunicáronselle ao paciente ou cliente as modificacións xurdidas sobre a data e hora da cita, coa antelación suficiente.
* O paciente ou cliente acudiu á unidade ou servizo o día e a hora fixados na cita previa, e recibiu un trato correcto e cordial.

1.2.Xestionar o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria do servizo, da unidade ou do gabinete.* Estableceuse o plan de mantemento dos equipamentos e da maquinaria, e confeccionouse unha ficha en que figuraban as datas de revisión, as persoas encargadas dela e os elementos para substituír.
* As revisións dos equipamentos e da maquinaria axustáronse aos prazos previstos, para que os equipamentos se atopasen en estado operativo no momento de seren requiridos.

1.3.Planificar e xestionar a almacenaxe, a reposición e a adquisición, no seu ámbito de competencia, do instrumental e do material utilizado na unidade, no servizo e no gabinete.* Comprobouse que o nivel de existencias dos materiais fose o adecuado para cubrir en todo momento as necesidades do servizo, a unidade ou o gabinete e, en caso contrario, formulouse o pedido correspondente.

* Comprobouse que o material recibido coincidise co solicitado, tanto en cantidade como en calidade.

* Distribuíuse o material necesario para o funcionamento das distintas áreas de traballo segundo as necesidades propias de cada unha delas.

1.4.Crear, desenvolver e manter boas relacións con pacientes e clientes reais ou potenciais.* Atendéronse os pacientes ou clientes cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, promovendo as futuras relacións.

* Comunicóuselles aos pacientes ou clientes calquera modificación ou innovación do servizo, na unidade ou no gabinete que puidese ser do seu interese.

1.5.Obter os informes e os resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.* Emitíronse os informes con todos os ítems e dentro do tempo establecido nos protocolos, dependendo da solicitude e da área de traballo.

* Introducíronse correctamente nas bases informáticas os datos xerados, cos criterios e a periodicidade establecidos, e tras a súa confirmación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Efectuáronse adecuadamente as operacións e/ou os cálculos estatísticos que permitían elaborar os resumos de actividades do servizo, a unidade ou o gabinete, cos resultados expresados nas súas medidas adecuadas.

1.6.Interpretar información científico-técnica (procesos de análise e de calidade, manuais de procedementos e equipamentos, etc.) e adaptar procedementos, producindo información oral ou escrita que permita a execución da actividade cos niveis de calidade establecidos, aproveitando convenientemente os recursos asignados.* A información e as instrucións escritas foron claras, precisas e adaptadas aos medios da unidade.

* A información producida concretou, en cada caso:-A técnica para empregar.-Os equipamentos e instrumentos que interviñan.-A secuencia e as operacións precisas.-Os parámetros que cumpría controlar.-O material auxiliar.-A necesidade de calibraxes.

1.7.Programar o traballo da unidade ou do gabinete prevendo, asignando ou distribuíndo tarefas, os equipamentos, os recursos e/ou os tempos de execución, no seu ámbito de competencia.* Nun caso práctico, a programación permitiu cumprir cos prazos de entrega ou satisfacer as necesidades de asistencia.

* A programación asignou eficazmente e aproveitou optimamente os recursos.

* A programación tivo en conta as características de aprovisionamento e permitiu prever as súas necesidades.

* A programación integrou todas as fases e os obxectivos, e conxugou adecuadamente as necesidades e a situación operativa de medios e dos recursos humanos e materiais.

Dominio profesional

-Equipamentos, instrumental e materiais.

Butaca dental. Equipamentos radiográficos. Equipamentos de esterilización e empaquetado de instrumental. Instrumental odontolóxico. Materiais dentais. Material sanitario.

-Tratamento da información.

Sistemas de rexistro manual e informático. Ficheiros, carpetas e arquivos. Dietario. Libros de contabilidade.

-Resultados e/ou produtos obtidos.

Unidade ordenada e cos equipamentos e materiais adecuados en variedade e número, e en perfecto estado de uso. Listaxe de pedidos. Arquivo manual e informático. Fluxo ordenado de pacientes e clientes. Informes odontolóxicos. Facturas. Orzamentos. Resumos de actividades. Cronograma de traballo.

-Procesos, métodos e procedementos.

Protocolos normalizados de fluxo de información. Protocolos normalizados de sistemas de arquivo e actualización de información. Normas de limpeza e conservación. Normas de seguridade ambiental. Normas de mantemento de equipamentos. Prescricións e plans de tratamento do equipo de saúde bucodental.

-Información.

Aplicacións de rexistro manual e informático. Albarás. Catálogos de produtos, material, instrumental e aparellos. Inventario. Listaxes de material e instrumental. Programas de saúde bucodental. Historia e ficha clínica. PGC.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Pacientes ou clientes directos e indirectos. Xefe e/ou persoal do equipo de saúde bucodental. Xefe e/ou persoal do servizo dental comunitario. Provedores de instrumental e materiais. Servizos técnicos de mantemento dos equipamentos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: explorar, detectar e rexistrar o estado de saúde-enfermidade bucodental das persoas, baixo a supervisión do facultativo.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Avaliar o estado de saúde-enfermidade bucodental das persoas, mediante exploración física da cavidade oral.* Previamente á exploración, realizouse a anamnese do paciente ou cliente e apuntáronse todos os datos de interese relacionados coa saúde bucodental.

* Explorouse a cavidade oral mediante sondas, espellos e manobras exploratorias, seguindo criterios diagnósticos e as normas de seguridade establecidas.

* De ser o caso, realizouse a toma de impresións da cavidade oral como medio de diagnóstico auxiliar.
* Detectáronse as patoloxías máis comúns do aparello estomatognático explorado e rexistrado na ficha dental segundo os códigos establecidos.

2.2.Obter radiografías dentais, aplicando normas técnicas de exposición e angulación e criterios de protección radiolóxica.* A película radiográfica imprimiuse seguindo normas técnicas de exposición e angulación.

* Obtívose, mediante o revelado, fixado e secado, unha radiografía dental útil para o fin perseguido.

* Aplicáronse durante todo o proceso as medidas de radioprotección persoal e do paciente ou cliente.

2.3.Avaliar o estado de saúde das pezas dentarias mediante técnicas de coloración e iluminación.* Utilizouse a técnica de transiluminación con fibra óptica de xeito seguro para a vista e eficaz na detección de carie.

* Seleccionouse e aplicouse o tipo de colorante e o método de visualización correspondente na detección da placa bacteriana.

* A coloración da placa bacteriana permitiu a súa identificación tanto polo hixienista como polo paciente ou cliente.

2.4.Avaliar a susceptibilidade á carie e á doenza periodontal das persoas, mediante probas específicas.* A proba seleccionada para o estudo da composición e da cantidade de segregación salivar foi a adecuada, e aplicouse seguindo as normas técnicas de manexo e seguridade.
* Realizouse o estudo microbiolóxico da flora bacteriana da cavidade oral e da segregación salivar evitando a contaminación da mostra e en condicións de seguridade.
* A interpretación dos resultados das probas de susceptibilidade á carie realizadas foi a adecuada, ao comparala cos estándares de tempo, coloración e contaxe correspondentes establecidos como control.

Dominio profesional

-Equipamentos, instrumental e materiais.

Espellos bucais. Sondas dentais e periodontais. Vitalímetro polpar. Aparello de raios X. Película radiográfica. Negatoscopio. Reveladoras de radiografías. Lámpadas e fibras ópticas. Equipamentos para probas de susceptibilidade á carie. Colorantes para tinguidura de placa. Estufas de cultivo. Colares e protector radiolóxico.

-Resultados e/ou produtos obtidos.

Técnicas de inspección, palpación e percusión do aparello estomatognático. Técnicas de impresión, revelado e conservación de radiografías. Técnicas de transiluminación. Técnicas de detección de placa bacteriana. Técnicas de obtención de segregación salivar. Técnicas de obtención, semente e cultivo de microorganismos.

-Información.

Criterios epidemiolóxicos e clínicos de saúde-enfermidade bucodental da OMS e da comunidade científica internacional. Historia clínica e ficha dental.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Pacientes e clientes directos e indirectos. Xefe e/ou persoal do equipo de saúde bucodental. Xefe e/ou persoal do servizo dental comunitario. Persoal sanitario.

2.5.3. Unidade de competencia 3: previr as doenzas bucodentais das persoas mediante intervención directa, segundo normas de seguridade e calidade establecidas.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Esterilizar o instrumental e o material do gabinete de saúde bucodental.* Realizouse a limpeza, a desinfección e a esterilización do material e do instrumental non desbotable utilizado no gabinete de saúde bucodental.
* Empaquetáronse e seláronse en condicións de asepsia os lotes de material e instrumental non desbotable.
* Verificouse que a secuencia de esterilización, secado e aireado foi a correcta para cada procedemento.

3.2.Obter selaxes de fosas e fisuras, axustando os protocolos técnicos ás características individuais do paciente ou cliente.* Limpouse, gravouse e enxugouse a superficie seleccionada segundo o protocolo técnico establecido.

* Encheuse con resina a totalidade das fosas e fisuras determinadas, conseguíndose unha correcta polimerización e retención, e mantendo durante o proceso as normas de seguridade e calidade establecidas.

* Elimináronse os excesos de material que producen interferencia oclusal, mediante fresas e pedras.

3.3.Aplicar fluoruros tópicos, segundo as necesidades de cada paciente ou cliente.* Os produtos seleccionados para realizar carioprofilaxe e tratamentos da hipersensibilidade dental son os adecuados, segundo a indicación, e aplícanse de acordo coas normas técnicas de manexo e seguridade, especialmente canto á súa deglutición.
* Preparouse a superficie para tratar previamente á aplicación dos fluoruros, de xeito que quedou totalmente seca, no caso de aplicación de vernices de flúor.
* Preparáronse cubetas individuais de autoaplicación de colutorios e xeles de flúor para os pacientes que o requirisen.
* Cumpríronse as normas de aplicación canto a tempos e prohibición de enxaugaduras e inxestión de alimentos durante un tempo determinado.

3.4.Eliminar os cálculos dentais e as tinguiduras, e realizar puídos, cumprindo os protocolos técnicos establecidos e axustándose ás características bucodentais particulares e ao estado de saúde xeral de cada paciente ou cliente.* Elimináronse os cálculos de tartarato, os pigmentos e os depósitos acumulados sobre o esmalte e o cemento dental, utilizándose ultrasóns, curetas e irrigadores, segundo os casos, e seguindo as técnicas establecidas.

* As superficies dentais quedaron exentas de depósitos e limpas de pigmentos e tinguiduras, conservando a integridade das estruturas anatómicas adxacentes.

* A intervención realizouse cumprindo as medidas de hixiene e profilaxe, tanto persoais como do instrumental, prevendo o risco de contaminación por microorganismos.

3.5.Realizar o puído de obturacións, segundo os protocolos técnicos establecidos e as indicacións prescritas.* Utilizouse o instrumental abrasivo adecuado ao tipo de material da obturación.

* A velocidade de rotación e a refrixeración seleccionadas foron acordes co tipo de material da obturación e o instrumental abrasivo utilizado.

* As obturacións presentan unha superficie lisa e puída, conservando o deseño anatómico preestablecido.

3.6.Asistir o paciente ou cliente e actuar como axudante do odontólogo en intervencións asistenciais complexas que se realicen no ámbito da clínica dental.* O paciente está tranquilo, coñece a intervención a que vai ser sometido e colabora durante ela.

* O paciente ou cliente recibiu axuda para colocarse sobre o butaca dental, de ser necesario; está enxoito e o máis cómodo posible.

* O odontólogo recibiu durante a execución dunha intervención complexa, coa anticipación suficiente para non producir demora na intervención e conforme cos procedementos establecidos de ergonomía e seguridade, a axuda requirida canto a:-Manexo do paciente.
-Iluminación do campo operatorio.
-Secado e aspiración do campo operatorio.
-Lavado de condutos polpares.
-Batido de cementos.
-Impresión e revelado de radiografías.
-Instrumentación cirúrxica.

Dominio profesional

-Equipamentos, instrumental e materiais.

Butaca dental. Autoclaves. Chemiclaves. Empaquetadora. Seladora. Ultrasóns para limpeza instrumental. Esterilizador de boliñas de vidro. Instrumentos rotatorios. Contra-ángulos, pezas de man, fresas, pedras, cepillos e pastas profilácticas. Diques de goma. Grampas. Portagrampas. Lámpada de polimerización. Sondas e espellos. Aspirador cirúrxico. Xiringa de tres funcións. Exectores de saliva. Cubetas. Curetas. Ultrasóns para detartaraxe. Tiras e discos de puír. Instrumental cirúrxico dental. Antisépticos. Desinfectantes. Ácidos de gravación de esmalte. Resina de acrilato. Xeles, vernices e colutorios de flúor. Rolos de algodón.

-Resultados e/ou produtos obtidos.

Material e instrumental aséptico. Selaxes de fosas e fisuras. Profilaxe da carie. Limpezas, puídos e detartaraxes dentais. Obturacións puídas.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de limpeza, desinfección e esterilización. Técnicas de selaxe de fosas e fisuras. Técnicas de aplicación de fluoruros. Técnicas de detartaraxe e puído. Técnicas de puído de obturacións. Técnicas de catro e seis mans. Técnicas de utilización de instrumental rotatorio.

-Información.

Historia clínica e ficha dental. Plan de tratamento.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Pacientes e clientes directos e indirectos. Xefe e/ou persoal do equipo de saúde bucodental.

2.5.4. Unidade de competencia 4: avaliar a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de vixilancia epidemiolóxica.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Interpretar e desenvolver os obxectivos dun programa de seguimento epidemiolóxico de saúde bucodental adaptado.* Interpretáronse os obxectivos do programa e adaptáronse ao contorno e ás características do grupo de poboación destinatario del.

* Definíronse os parámetros que permiten obter os datos para avaliar o seguimento epidemiolóxico dun grupo de poboación.

4.2.Definir e planificar as actuacións necesarias para aplicar un programa de seguimento epidemiolóxico de saúde-enfermidade bucodental dun grupo de poboación.* As actuacións programadas para desenvolver o programa nunha determinada comunidade adáptanse ao plan epidemiolóxico preestablecido e ás características desa poboación.

* Prevíronse as necesidades de recursos humanos e materiais, coa antelación suficiente e na cantidade precisa, para a actuación que se ía desenvolver.

4.3.Identificar e avaliar os indicadores do nivel de saúde-enfermidade bucodental dunha comunidade.* Definíronse, estandarizáronse e calibráronse na práctica os criterios de avaliación de saúde-enfermidade bucodental, e varios profesionais avalaron a súa fiabilidade interprofesionalmente e intraprofesionalmente.
* Comprobouse que se aplicaron os criterios prefixados de avaliación de patoloxía bucodental, ao realizar a exploración bucodental.
* Estudáronse os indicadores de saúde-enfermidade (frecuentación de servizos sanitarios, necesidade percibida de asistencia e hábitos de dieta e hixiene) dunha determinada comunidade.
* Realizáronse as enquisas destinadas a determinar as pautas de alimentación e os hábitos de hixiene da comunidade de acordo cos criterios predefinidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Obtivéronse todos os datos dun determinado grupo de poboación requiridos para cumprir os obxectivos dun estudo epidemiolóxico determinado.

4.4.Rexistrar os datos obtidos da exploración bucodental e das enquisas e entrevistas dun grupo de poboación.* O rexistro dos datos obtidos das exploracións, enquisas e fichas clínicas dos pacientes é acorde cos códigos e os índices establecidos (CAO, CPITN e CAOS), e permite a extrapolación dos datos con estudos similares.
* Utilizáronse as fichas e os sistemas de rexistro prefixados na metodoloxía do estudo.

4.5.Describir os niveis de saúde-enfermidade bucodental dunha comunidade, analizando e avaliando os resultados do estudo.* Analizáronse e procesáronse os datos obtidos de acordo co método científico, respondendo ao obxectivo previsto no estudo.

* Describíronse os descubrimentos obtidos de acordo co método científico, que proporcionan a información requirida sobre o estado de saúde bucodental da poboación estudada.

* Emítense as hipóteses sobre as causas e as consecuencias das alteracións bucodentais detectadas baseándose na información recompilada e o coñecemento do contorno.

Dominio profesional

-Tratamento da información.

Sistemas de rexistro, tratamento e cálculo de datos. Programas informáticos de tratamento de textos e representación de datos procesados (tabulación e gráficos). Enquisas. Fichas de saúde bucodental estandarizadas.

-Produtos intermedios.

Datos epidemiolóxicos de saúde bucodental codificados e rexistrados.

-Resultados e/ou produtos obtidos.

Informe epidemiolóxico de saúde bucodental dunha comunidade.

-Procesos, métodos e procedementos.

Métodos de procesamento e tratamento de datos. Método epidemiolóxico. Método científico.

-Información.

Criterios da OMS de saúde-enfermidade bucodental. Historias clínicas e fichas dentais. Estatísticas demográficas de morbilidade bucodental. Datos socioeconómicos da poboación. Manuais operativos de equipamentos e programas informáticos. Bases de datos. Manuais de usuario de calculadoras estatísticas.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Pacientes e clientes directos e indirectos. Xefe e/ou persoal do equipo de saúde bucodental. Unidade de proceso de datos.

2.5.5. Unidade de competencia 5: promover a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de promoción e educación para a saúde.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Proporcionar información, adaptada a outros axentes sanitarios e á comunidade, programando e transmitindo coñecementos sobre etiopatoxenia, prevención das doenzas bucodentais e saúde dental.* Identificouse adecuadamente o nivel de comprensión das persoas receptoras e a súa capacidade de adquirir a información.

* A información emitida é pertinente e relevante, transmitiuse na forma e na cantidade adecuadas ao caso e é adecuada ao nivel de comprensión das persoas receptoras identificado previamente.

* A información inclúe as causas, as consecuencias, a evolución e as formas de prevención e de tratamento das doenzas bucodentais máis comúns.

RealizaciónsCriterios de realización

* As persoas reciben un trato dilixente, cordial e amable.
* Emitíuselles puntualmente información a entidades e grupos de poboación sobre as prestacións e os servizos de saúde bucodental existentes, e respondeuse de xeito comprensible a todas as demandas de información, ademais de comprobarse a súa asimilación polas persoas e entidades receptoras.

5.2.Facilitar a realización dos tratamentos de operatoria bucodental precisos, aplicando técnicas de apoio psicolóxico.* Observouse o paciente e dialogouse con el ata chegar a valorar o grao de ansiedade que presenta e identificar a necesidade de apoio psicolóxico que require para lle facer fronte a un determinado tratamento dental.
* A técnica de apoio psicolóxico seleccionada correspóndese coa conduta e a actitude que presenta o paciente ou cliente.
* Mediante a aplicación da técnica seleccionada, conseguiuse a colaboración do paciente ou cliente durante a realización do tratamento dental requirido.

5.3.Educar e motivar as persoas en técnicas de autoexploración e autocoidado da boca e dos dentes.* As persoas formadas adquiriron coñecementos de autoexploración da súa cavidade oral, coñecen as normas hixiénico-dietéticas para previr alteracións e manter a súa saúde bucodental, e adquiriron actitudes de autocoidado e profilaxe.

* As persoas formadas comprenden a importancia da placa bacteriana na xénese das doenzas dentais e a relación coa súa saúde.

* Introducíronse as persoas nas técnicas de autocoidado da cavidade oral, mediante cepillos e sedas dentais, técnicas de remoción de placa bacteriana, colutorios e substancias remineralizantes.

5.4.Educar e motivar as persoas en pautas de alimentación saudables. * As persoas formadas coñecen a importancia dos azucres na xénese da carie dental e as normas dietéticas para unha alimentación saudable.
* As persoas formadas son capaces de programar a súa alimentación de xeito adecuado para a súa saúde, canto á proporción de substancias nutritivas, presenza de oligoelementos, requisitos nutritivos individuais, variabilidade dos menús e ritmo da inxestión.

5.5.Desenvolver e impulsar estratexias encamiñadas á promoción da saúde dunha comunidade, e actuar como dinamizador de actividades de saúde dental en colectivos e grupos con diferentes niveis de formación e motivación.* Establecéronse e realizáronse as accións que permiten desenvolver e aplicar a estratexia, contando coa colaboración durante todo o proceso das persoas e dos grupos implicados nel.

* Utilizáronse as técnicas de animación e dinámica de grupos cientificamente aceptadas, nas situacións que o requiren.

* Compróbase que se efectuou o desenvolvemento do programa e que se conseguiron os obxectivos de saúde previstos.

Dominio profesional

-Tratamento da información.

Manuais. Folletos. Medios audiovisuais. Enquisas e cuestionarios.

-Resultados e/ou produtos obtidos.

Enquisas formalizadas. Persoas formadas, motivadas e que realizan os coidados bucodentais necesarios. Pacientes ou clientes que colaboran nos tratamentos de operatoria bucodental.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de entrevista persoal. Técnicas de información e comunicación. Técnicas de apoio psicolóxico.

-Información.

Dietas e hábitos de hixiene e alimentación da poboación diana.

-Persoal e/ou organización destinataria.

Grupos de poboación. Autoridades e administracións sanitarias e non sanitarias. Outros sanitarios. Equipo de saúde bucodental. Departamentos de saúde comunitaria.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A doenza dental, pola súa alta prevalencia, é un dos motivos máis frecuentes de dor e de molestias na poboación e, ao mesmo tempo, afecta a afectividade e a autoestima das persoas, por ser a boca unha peza clave nas relacións sociais. A deterioración da dentición afecta de xeito directo a calidade de vida dos individuos e o seu estado de saúde xeral.

Os países que contan con sistemas de protección sanitaria da poboación introduciron tradicionalmente entre as súas estratexias actuacións preventivas e asistenciais das doenzas da cavidade oral. O enfoque intervencionista sobre as lesións instauradas, que en principio foi o predominante, foi cedendo importancia en favor das medidas preventivas e de promoción da saúde. O ciclo de intervencións, que os enfoques reparadores retroalimentan, demostrou ser ineficaz para conseguir un nivel aceptable de saúde oral na poboación, malia os enormes esforzos económicos realizados.

Os coñecementos e a experiencia adquiridos nos últimos anos demostraron que a maior parte das doenzas bucodentais poden ser evitadas por medidas de prevención efectivas, de baixo custo e de escasa complexidade. O emprego de recursos humanos adaptados a este enfoque require a formación de equipos de traballo en que as tarefas de menor complexidade poidan ser realizadas por persoal capacitado para elas.

O equipo de saúde bucodental, dirixido por odontólogos e onde se integran hixienistas dentais e persoal auxiliar, demostrou ser o xeito máis eficiente de prover a poboación de asistencia dental adecuada. A delegación de tarefas segundo a súa complexidade e a adecuación da capacidade dos diferentes tipos de profesionais para xuntalas é a clave da súa eficacia.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Nos próximos anos, o patrón das actividades que se desenvolverán na asistencia bucodental da poboación vai experimentar cambios importantes, que xa comezan a facerse evidentes. A actual preponderancia das tarefas de complexidade tecnolóxica media (obturacións simples, extraccións, etc.), sobre as de baixa complexidade (selaxes, educación para a saúde, etc.) e alta complexidade (implantoloxía, ortodoncia, etc.) será invertida a medio prazo, ao diminuír a necesidade de tarefas de complexidade media e aumentar a frecuencia de realización das de baixa e alta complexidade tecnolóxica. A longo prazo prevese un predominio das tarefas de baixa complexidade tecnolóxica, que serán moito máis numerosas ca as de media e alta complexidade tecnolóxica.

En esquemas de actuación progresistas en curso en España, tal como o Programa de Asistencia Dental Infantil (PADI) da Comunidade Autónoma do País

Vasco, evidéncianse os novos patróns asistenciais. Nos últimos catro anos, a través do PADI, realizáronse 100.000 selaxes de fisuras, fronte a 22.000 obturacións, 250 extraccións e 250 tratamentos polpares. O número e o tipo de intervencións descritas perfila a configuración do equipo de provedores de servizos de saúde dental necesarios para unha maior eficiencia.

2.6.3. Cambios na formación.

Para a correcta formación deste profesional:

* Cumprirán maiores coñecementos de saúde pública bucodental e odontoloxía comunitaria, así como de psicoloxía, socioloxía e pedagoxía aplicadas para desenvolver estratexias e programas de promoción da saúde e educación sanitaria da poboación diana.

* Requiriranse maiores coñecementos de epidemioloxía aplicada ao estudo da prevalencia de doenzas bucodentais para a detección de necesidades de atención e a avaliación de resultados dos programas aplicados.

* Cumprirá un maior coñecemento sobre detección de doenzas e técnicas de exploración bucodental, así como unha actualización nos criterios de saúde-enfermidade bucodental adoptados pola comunidade científica internacional, orientados ao diagnóstico precoz e á intervención preventiva desas patoloxías.

* Cumprirá un maior coñecemento de informática a nivel de usuario, destinado tanto á xestión de ficheiros de pacientes como á tabulación de enquisas e de estudos de saúde bucodental e de hábitos hixiénicos da poboación.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico poderá exercer a súa actividade profesional no sector sanitario, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde dental, de equipos de saúde de atención primaria ou nas unidades de promoción da saúde.

Os principais subsectores onde pode desenvolver a súa actividade son:

* Unidades de promoción da saúde.

* Unidades de apoio: hixiene bucodental.

* Atención especializada:

* Servizos hospitalarios de estomatoloxía e cirurxía maxilofacial.

O técnico en hixiene bucodental integrarase nun equipo de prevención e atención sanitaria formado por outros técnicos do seu nivel e técnicos de grao medio, coordinado e dirixido por un facultativo.

Este técnico poderá participar en todas as actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída a docencia a outros técnicos e a colabo

ración en labores de investigación e control epidemiolóxico que se lle asignen.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

O técnico en hixiene bucodental desenvolve funcións de organización e xestión da unidade ou gabinete de traballo, de prestación de servizos asistenciais e preventivos, de control de calidade (vixilancia epidemiolóxica) e de educación sanitaria.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos que abranguen son:

* Organización e xestión de recursos da súa área de traballo.

* Coñecemento da anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do aparello estomatognático.

* Carioloxía e fisiopatoloxía das doenzas bucodentais.

* Técnicas de exploración do aparello estomatognático: técnicas de entrevista clínica; exploración física; técnicas de transiluminación; técnicas de detección de placa bacteriana; técnicas de obtención e estudo da segregación salivar; técnica de impresión, revelado e conservación de radiografías; técnicas de sementeira, cultivo e identificación de microorganismos.

* Técnicas de intervención bucodental: aplicación de fluoruros, selaxe de fosas e fisuras, tartrectomía, puído de obturacións e instrumentación en operatoria bucodental.

* Deseño, interpretación e tabulación de enquisas.

* Saúde pública dental e odontoloxía comunitaria.

* Planificación e aplicación de estratexias de promoción da saúde.

* Manexo de programas informáticos de xestión de ficheiros.

* Seguridade e protección radiolóxica.

* Dietética aplicada á saúde bucodental.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a seguir un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Hixienista dental.

* Hixienista bucodental.

* Técnico especialista en hixiene bucodental.

* Educador sanitario.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar as técnicas de almacenaxe, distribución e control de existencias dos elementos consumibles relacionados coa clínica ou o gabinete dental.

* Utilizar os paquetes informáticos de carácter xeral adaptándoos á organización, á xestión e ao tratamento da información clínica e administrativa dun gabinete dental.

* Analizar a estrutura orgánica e funcional dos centros, os servizos e as unidades do sector sanitario, así como a normalización vixente relativa a temas de seguridade, hixiene e documentación clínico-administrativa.

* Analizar as características bucodentais das persoas, aplicando os procedementos e as técnicas de exploración da cavidade bucal orientados ao diagnóstico e á prevención das doenzas bucodentais.

* Analizar as técnicas de prevención das doenzas bucodentais das persoas, aplicando os tratamentos que, previamente establecidos, resulten idóneos para a prevención da carie e a hipersensibilidade dental, para o puído de obturacións e para a eliminación de cálculos e tinturas dentais extrínsecas.

* Analizar as especificacións técnicas do instrumental e dos equipamentos empregados en hixiene bucodental, asociando cada elemento aos tratamentos para os cales está ideado.

* Aplicar as técnicas estatísticas para a posterior interpretación e análise dos datos obtidos sobre a saúde bucodental da poboación, todo iso orientado á proposta e aplicación de métodos e estratexias de prevención bucodental e de educación sanitaria e promoción da saúde que corrixan os hábitos das persoas e dos colectivos de risco.

* Analizar e aplicar as técnicas de mobilización, posicionamento, información, relaxación e apoio psicolóxico de pacientes, orientadas a facilitar a realización das intervencións de operatoria bucodental nas condicións de seguridade, calidade e tempo prescritas.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de hixiene bucodental.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar, ao seu nivel, a área de traballo asignada na unidade ou no gabinete.

Capacidades terminais elementais

* Describir a estrutura do sistema sanitario en Galicia e en España.

* Interpretar a estrutura funcional e organizativa dos diferentes tipos de institucións sanitarias, partindo dos seus organigramas.

* Relacionar as competencias do contorno sanitario coas diferentes administracións públicas de Galicia, España e a Unión Europea, os órganos que dependen e as unidades básicas en que se organizan.

* Explicar as funcións e os resultados para conseguir na unidade ou servizo, e os postos de traballo máis relevantes.

* Relacionar os niveis de asistencia co tipo de prestacións para recibir polos pacientes.

* Identificar os factores condicionantes da saúde dunha comunidade determinada a partir de estudos e informes.

* Relacionar as funcións e as competencias propias nos diferentes contornos de traballo en relación con outros profesionais sanitarios.

* Relacionar os procesos de saúde-enfermidade cos niveis de prevención e o tipo de medidas correctivas.

* Identificar os contidos, os fluxos de tramitación e os sistemas de codificación e de rexistro da documentación clínica e non clínica.

* Realizar o proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación recibida ou emitida, segundo os protocolos establecidos e os criterios de confidencialidade.

* Identificar os sistemas de arquivo, conservación e acceso á documentación clínica seguindo as normas do servizo.

* Determinar os métodos e as condicións de almacenaxe e conservación do material xeral de hixiene bucodental, seguindo os criterios de orde e as normas de seguridade e hixiene.

* Determinar a cantidade de existencias para almacenar segundo os niveis óptimo e mínimo establecidos e os datos das fichas de almacén.

* Empregar programas informáticos básicos de organización, xestión e tratamento de datos clínicos ou administrativos da unidade.

* Definir formatos de presentación da información nun soporte informatizado segundo o tipo de información e as finalidades do programa informático empregado.

* Realizar resumos da actividade prestada e informes de resultados a partir dos datos dispoñibles, con claridade, precisión e uso da terminoloxía específica axeitada.

* Elaborar orzamentos dos servizos sanitarios que se prestan na unidade ou gabinete a partir das tarefas establecidas.

* Formalizar a documentación que se xera nunha operación de compra e venda de bens ou de servizos sanitarios, segundo os protocolos establecidos, con pulcritude e precisión.

* Calcular as operacións e comprobar os datos que interveñen nos pedidos e nas facturas, segundo as normas fiscais e mercantís.

* Comprobar e corrixir de forma sistemática os datos e os requisitos fiscais e legais dos diferentes documentos mercantís que se xeran no contorno desta actividade.

* Relacionar os factores e as situacións de risco para a saúde no seu contorno laboral coas medidas preventivas e os medios que se empreguen, coa simboloxía e as situación dos sinais de alarma e coa normativa específica de seguridade e hixiene.

* Programar as actividades da unidade segundo os obxectivos, o tipo e volume do traballo e a situación operativa dos recursos humanos e materiais.

* Identificar os factores que determinan a calidade de atención ou prestación do servizo segundo o tipo de servizo e as funcións que se desenvolvan.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

Organización sanitaria.

* Cálculo dos indicadores de saúde.

* Realización de gráficos representativos dos principais indicadores de saúde.

Documentación sanitaria.

* Análise do contido e do tipo de documentación.

* Identificación dos datos e selección do medio e do soporte.

* Rexistro dos datos. Emisión de informes dos datos.

* Clasificación da documentación. Codificación.

* Rexistro informático e convencional. Distribución ao destinatario.

Xestión de existencias e inventarios.

* Identificación das necesidades de reposición.

* Formalización dos documentos para efectuar o pedido.

* Envío do pedido.

* Comprobación do material recibido.

* Distribución do material ás distintas unidades.

* Realización do rexistro.

Tratamento da información e documentación.

* Definición do tipo de datos que se traten dos clientes e provedores.

* Recompilación da información.

* Integración dos datos.

Aplicacións informáticas.

* Selección da aplicación ofimática adecuada.

* Introdución da información nos medios ofimáticos.

* Almacenamento dos datos.

* Edición e difusión dos datos.

Contidos conceptuais

Organización sanitaria

* Estrutura do sistema sanitario público en España.

* Lei xeral de sanidade.

* Plan de Saúde de Galicia.

* Estrutura do sistema sanitario galego: sector público e privado.

* Funcións e competencias dos diferentes profesionais sanitarios.

* Conceptos de saúde e de doenza.

* Factores condicionantes da saúde: ambientais, biolóxicos, propios do sistema sanitario, de estilo de vida, etc.

* Niveis de prevención sanitaria: primario, secundario e terciario.

* Concepto de saúde pública. Concepto de saúde comunitaria.

* Concepto de medicina preventiva.

* Indicadores de saúde.

* Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do sector.

Documentación sanitaria.

* Documentación clínica e non clínica: tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.

* Tratamento da información e da documentación: arquivo, rexistros, mantemento, conservación e seguridade da información.

Xestión de existencias e inventarios.

* Almacenaxe: sistemas e técnicas.

* Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios.

* Control de existencias: métodos de valoración.

* Stock mínimo e reposición de existencias.

* Fichas de almacén.

* Inventarios: clasificación e elaboración.

* Normas de seguridade e hixiene aplicadas en almacéns sanitarios: condicións de almacenamento dos materiais.

Tratamento da información e documentación.

* Documentación de operacións de compra e venda: propostas de pedido, albarás, facturas e notas de pagamento ou cargo.

* Requisitos legais de formalización da documentación.

* Réximes de aplicación do IVE.

Aplicacións informáticas.

* Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión económica.

* Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e historias clínicas.

* Aplicacións informáticas específicas.

Proceso de atención ou prestación do servizo.

* Obxectivos, fases, actividades e recursos.

* Normativa aplicable.

* Técnicas de control da calidade na prestación do servizo ou do produto.

Calidade da prestación do servizo ou do produto.

* Normas de control de calidade internas.

* Control externo da calidade.

Conceptos fundamentais de economía sanitaria.

* Financiamento, custos e beneficios en empresas do sector sanitario.

* Orzamentos de servizos.

* Documentación mercantil.

* Documentación financeira: cheque e letra de cambio.

* Sistema impositivo: IVE e IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da formalización da documentación atendendo a criterios de prioridade segundo protocolos establecidos.

* Comportamento rigoroso na comprobación dos resultados e na corrección sistemática dos erros detectados na formalización e no arquivo dos documentos.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo e puntualidade no cumprimento dos prazos de presentación dos documentos.

* Comportamento responsable e autónomo no traballo e rigor na tramitación da documentación.

* Espírito aberto e respectuoso no trato cos pacientes, cos familiares e cos membros do equipo de traballo.

* Valoración dos novos métodos de traballo respecto á xestión administrativa da consulta ou unidade.

3.2.2. Módulo profesional 2: exploración bucodental.

Asociado á unidade de competencia 2: explorar, detectar e rexistrar o estado de saúde-enfermidade bucodental das persoas, baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Describir a estrutura anatómica da cabeza e o pescozo, así como as características embriolóxicas e anatómicas do aparello estomatognático.

* Identificar as distintas pezas dentarias e as súas características anatómico-funcionais en función do tipo de peza e a súa localización.

* Comparar as características morfofuncionais dos dentes e tecidos de soporte, e as relacións oclusais, cos patróns de normalidade bucodental, partindo da exploración bucodental.

* Detectar signos e síntomas de carie, traumatismos dentais e restauracións en mal estado, partindo da exploración bucodental e da historia clínica do paciente.

* Detectar signos e síntomas de sarrio, tinguiduras e depósitos sobre o esmalte ou cemento dental partindo da exploración bucodental e da historia clínica do paciente.

* Detectar signos e síntomas de alteracións periodontais, maloclusións e alteracións da mucosa partindo da exploración bucodental e da historia clínica do paciente.

* Interpretar a información farmacolóxica de produtos empregados con frecuencia en odontoloxía, partindo de documentación técnica e comercial.

* Determinar o valor nutricional de dietas tipo e identificar os alimentos carioxénicos e os posibles alimentos substitutos, partindo de táboas de composición de alimentos.

* Identificar, cos termos técnicos de codificación, os diferentes tipos de rexistros dentais segundo as características fisiopatolóxicas das pezas dentarias.

* Explorar a cavidade bucodental coa destreza e o material axeitado, e obter datos de interese para valorar o estado de saúde bucodental.

* Valorar o estado de saúde bucodental partindo da información que facilite o paciente.

* Relacionar as principais alteracións ou patoloxías do aparello estomatognático coa etiopatoxenia, evolución e repercusións locais e xerais.

* Organizar os equipamentos, os instrumentos e os materiais nas condicións requiridas segundo a técnica que se realice.

* Identificar a presenza ou ausencia de factores carióxenos a partir da historia clínica, os hábitos hixiénicos e dietéticos e a exploración do paciente.

* Detectar a placa bacteriana na cavidade bucodental partindo da observación con medios de coloración e iluminación.

* Empregar as fórmulas axeitadas para o cálculo do índice de placa, e valorar o seu nivel.

* Recoller e manipular mostras de saliva e placa bacteriana co material e instrumental axeitado e coa técnica aséptica requirida.

* Diferenciar, a partir dos resultados do cultivo e probas bioquímicas de identificación, as especies bacterianas relacionadas coa susceptibilidade á carie.

* Valorar o grao de susceptibilidade á carie partindo da medida do pH salivar, así como as probas de cultivo bacteriano.

* Identificar as prestacións e as condicións de uso e de mantemento dos equipamentos radiográficos bucodentais partindo de manuais técnicos.

* Determinar os criterios de posicionamento do paciente, o tempo de exposición e a angulación do eixe de raios X segundo o tipo de rexistro radiográfico que se pretenda obter e os protocolos da técnica radiolóxica.

* Seleccionar o tipo de película e os medios de soporte e posicionamento en función do rexistro radiográfico que se obteña, o tipo de proxección e a zona anatómica que se explore.

* Seleccionar e colocar os elementos de radioprotección persoais e do paciente en función da técnica radiográfica, as características do paciente e os protocolos establecidos.

* Obter as impresións radiográficas intraorais, axustando os parámetros de traballo dos equipamentos e tendo en conta os protocolos de radioprotección do paciente, persoais e ambientais establecidos.

* Realizar o revelado, a fixación e o secado das películas radiográficas bucodentais, coa calidade e a pulcritude requiridas segundo os protocolos establecidos.

* Comprobar a calidade das impresións radiográficas segundo o tipo e a técnica prescritos, e os criterios de calidade establecidos.

* Programar dun xeito eficaz as actividades de traballo para a realización das técnicas exploratorias programadas.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Embrioloxía e anatomía rexional da cabeza e do pescozo.

* Observación das zonas da cara e descrición das características morfolóxicas.

* Comparación dos datos obtidos cos patróns de normalidade.

* Identificación de alteracións.

Embrioloxía e anatomía dos dentes.

* Observación das pezas dentarias.

* Identificación da situación das diferentes pezas dentarias.

* Descrición das relacións con outras pezas e estruturas.

* Comparación dos datos obtidos cos patróns de normalidade.

Fisioloxía do aparello estomatognático.

* Estudo da oclusión do paciente.

* Estudo da respiración e fonación.

* Comprobación da función mastigatoria e de deglutición.

Patoloxía do aparello estomatognático.

* Observación das pezas dentarias e localización das pezas no odontograma.

* Asignación do código ao dente e á patoloxía, de ser o caso.

* Identificación da patoloxía polpar.

* Descrición de posibles traumatismos, infeccións, lesións de partes brandas e patoloxía tumoral.

* Busca da presenza de maloclusións.

* Identificación dos posibles trastornos da articulación temporomandibular (ATM).

* Comprobación das posibles alteracións do crecemento e desenvolvemento dentario.

* Identificación de posibles alteracións secundarias a doenzas sistémicas.

Patoloxía xeral con repercusións no aparello estomatognático.

* Descrición de patoloxías con posible repercusión no aparello estomatognático.

Farmacoloxía do aparello estomatognático.

* Interpretación da documentación técnica.

* Comprobación do tipo de fármaco, forma de presentación e dosificación, coa prescrición correspondente.

* Selección do material necesario para a preparación e a administración.

* Cálculo e preparación da dose prescrita, de ser o caso.

Dietética aplicada á saúde bucodental.

* Obtención de información sobre a dieta alimentaria do paciente.

* Interpretación das táboas de composición de alimentos.

* Cálculo do valor nutricional.

* Valoración do nivel de carioxenicidade dos alimentos da dieta.

* Proposta de substitución dos alimentos carioxénicos.

Técnicas de exploración bucodental.

* Elaboración da historia clínica.

* Selección dos instrumentos exploratorios.

* Exploración intraoral e extraoral.

* Detección de signos de alteracións ou patolóxicos.

* Rexistro no odontograma e na ficha clínica.

* Determinación das intervencións necesarias.

* Información ao facultativo, se cumprir.

Radioloxía e radioprotección.

* Comprobación do equipamento radiográfico.

* Interpretación das características da radiografía solicitada.

* Preparación do material necesario e do tipo de película radiográfica.

* Análise das características do paciente e do seu posicionamento nas condicións idóneas.

* Colocación dos elementos de radioprotección.

* Colocación dos elementos de soporte da película intraoral ou extraoral.

* Axuste do equipamento aos requisitos de exposición e angulación.

* Obtención da impresión.

* Comprobación das condicións ambientais e preparación das cubetas cos produtos correspondentes.

* Determinación da secuencia do proceso e control das condicións de reacción dos produtos.

* Visionado da radiografía e comprobación da súa calidade.

* Determinación da oportunidade de repetila.

* Comprobación sistemática do equipamento e detección de situacións de risco.

* Adopción de medidas de protección establecidas no protocolo para cada situación.

* Comprobación periódica dos valores do dosímetro.

* Valoración do grao de radioprotección do espazo e das persoas.

Probas específicas de determinación da susceptibilidade á carie.

* Identificación das características do paciente.

* Interpretación da historia clínica.

* Valoración do grao de risco carioxénico.

* Determinación das medidas preventivas para adoptar.

Probas específicas de determinación da susceptibilidade á doenza periodontal.

* Identificación das características do paciente.

* Interpretación da historia clínica.

* Recollida de mostras da cavidade bucodental e preparación da mostra.

* Selección do medio de cultivo axeitado.

* Sementeira, inoculación e control dos parámetros de incubación.

* Selección de tests bioquímicos de identificación microbiolóxica.

* Inoculación da mostra.

* Control dos parámetros de reacción.

* Interpretación dos datos obtidos.

* Identificación dos microorganismos e valoración do seu grao de patoxenicidade.

* Rexistro de resultados.

Contidos conceptuais

Embrioloxía e anatomía rexional da cabeza e do pescozo.

* Embrioloxía maxilofacial.

* Ósos do cranio e da cara.

* Articulacións temporomandibular e craniofacial.

* Músculos da cabeza, faciais, mastigadores e linguais.

* Anxioloxía da cabeza e o pescozo.

* Nervios craniais. Sistema neurovexetativo da cabeza e do pescozo.

* Glándulas salivares.

Embrioloxía e anatomía dos dentes.

* Embrioloxía dentaria.

* Estrutura, situación e funcións dos dentes.

* Grupos dentarios: nomenclatura, fórmulas e rexistros dentais.

* Histoloxía dentaria e dos tecidos de soporte.

Fisioloxía do aparello estomatognático.

* Oclusión.

* Respiración.

* Fonación.

* Mastigación e deglutición.

* Fisioloxía da segregación salivar.

Patoloxía do aparello estomatognático.

* Carioloxía.

* Patoloxía polpar.

* Doenza periodontal.

* Traumatismos e infeccións.

* Maloclusións.

* Trastornos da articulación temporomandibular (ATM).

* Alteracións do crecemento e do desenvolvemento dentario.

* Lesións de partes brandas e patoloxía tumoral.

* Alteracións secundarias a doenzas sistémicas.

Patoloxía xeral con repercusións no aparello estomatognático.

* Patoloxía cardiovascular.

* Patoloxía endócrina.

* Patoloxía neurolóxica.

* Patoloxía infecciosa.

* Patoloxía alérxica.

* Patoloxía dixestiva.

* Discrasias sanguíneas.

* Outras patoloxías con repercusión no aparello estomatognático.

Farmacoloxía do aparello estomatognático.

* Medicamentos: definición, tipos, formas de administración, absorción, metabolismo e excreción. Toxicidade.

* Fármacos máis comunmente empregados no tratamento das infeccións bucodentais.

* Antisépticos.

* Analxésicos.

* Reaccións alérxicas aos fármacos.

* Fármacos con repercusión no aparello estomatognático.

Dietética aplicada á saúde bucodental.

* Conceptos de alimentos e nutrientes.

* Requisitos nutricionais e enerxéticos.

* Compoñentes carióxenos da dieta.

* Enquisa dietética na saúde bucodental.

Profilaxe bucodental.

* Cepillado dos dentes.

* Hixiene interdental.

* Técnicas de control da placa bacteriana.

* Produtos empregados na hixiene bucodental.

Técnicas de exploración bucodental.

* Anamnese xeral do paciente.

* Instrumental empregado nas distintas técnicas de exploración.

* Técnicas de exploración extraoral.

* Técnicas de exploración intraoral.

* Técnicas de exploración periodontal.

* Niveis de segregación e pH salivar.

* Cultivos bacteriolóxicos da placa bacteriana.

* Técnicas microscópicas e bioquímicas de identificación bacteriana.

Radioloxía e radioprotección.

* Fundamentos físicos das radiacións ionizantes.

* Efectos das radiacións ionizantes sobre os organismos vivos.

* Criterios de limitación de exposición ás radiacións ionizantes.

* Medidas de protección radiolóxica.

* Controis das emisións radiolóxicas.

* Equipamentos de radioloxía dental.

* Tipos de películas radiográficas.

* Principios básicos da radiografía intraoral: técnica da bisectriz e o paralelismo.

* Exploración periapical, oclusal e interproximal.

* Radiografía extraoral.

* Radiografías da mandíbula, maxilar superior, ATM e complexo orofacial.

* Exploración cefalométrica e panorámica.

Probas específicas de determinación da susceptibilidade á carie.

* Niveis de segregación e pH salivar.

* Cultivos bacteriolóxicos da placa bacteriana.

* Técnicas microscópicas e bioquímicas de identificación bacteriana.

* Medidas de asepsia para a manipulación.

Probas específicas de determinación da susceptibilidade á doenza periodontal.

* Técnicas de obtención da placa bacteriana.

* Cultivos bacteriolóxicos da placa bacteriana.

* Medidas de asepsia para a manipulación.

* Técnicas microscópicas.

Contidos actitudinais

* Amabilidade e interese na comunicación co paciente, na procura das súas necesidades.

* Valoración da importancia de distribuír traballo e tempo en función das intervencións programadas.

* Actitude de colaboración con outros técnicos da clínica dental na realización das técnicas de avaliación do estado de saúde bucodental.

* Comportamento rigoroso e pulcro no uso e no mantemento de instrumental e dos equipamentos de exploración.

* Rigor e eficacia na avaliación da cavidade oral a través do método exploratorio axeitado.

* Autosuficiencia á hora de elixir a técnica exploratoria ou preventiva máis axeitada en función das características do paciente.

* Comportamento rigoroso na comprobación dos datos obtidos na aplicación de técnicas de determinación dos índices de placa, de carie, etc.

* Actitude indagatoria na busca de novas técnicas de exploración bucodental.

* Comportamento decidido na toma de decisións para resolver situacións críticas e para informar o facultativo, en caso necesario.

* Valoración da necesidade de realizar a corrección sistemática dos erros ante desaxustes nos equipamentos radiográficos e na aplicación das medidas de radioprotección.

* Comportamento respectuoso no trato cos pacientes aos cales se lles está a realizar a exploración bucodental.

3.2.3. Módulo profesional 3: prevención bucodental.

Asociado á unidade de competencia 3: prever as doenzas bucodentais das persoas mediante intervención directa, segundo normas de seguridade e calidade establecidas.

Capacidades terminais elementais

* Describir a etioloxía e as vías de transmisión das infeccións máis frecuentes na clínica dental e relacionalas cos procedementos e os fundamentos dos métodos de prevención e control de contaminación.

* Relacionar os métodos de desinfección e esterilización en función do seu fundamento físico-químico, a súa utilidade, o grao de eficacia e os equipamentos e produtos que se empregan.

* Controlar os parámetros de traballo dos equipamentos de esterilización e as indicacións de aplicación dos produtos desinfectantes segundo o tipo e as condicións do instrumental ou do material.

* Limpar, desinfectar ou esterilizar as instalacións, os equipamentos, o instrumental e o material odontolóxico segundo as súas características e condicións de uso, os protocolos establecidos e as medidas hixiénico-sanitarias.

* Seleccionar e preparar o material e instrumental nas condicións de asepsia requiridas segundo o tipo e a cantidade de intervencións.

* Describir as características das superficies dentarias e seleccionar o método axeitado para a súa preparación segundo o tratamento indicado.

* Describir as técnicas de illamento dental, absoluto e relativo, e relacionalas coa súa indicación nos distintos tratamentos bucodentais.

* Realizar, sobre un modelo de traballo con dentes naturais, as técnicas de preparación en función das pezas dentarias para intervir e do tratamento previsto.

* Determinar as indicacións, as normas de seguridade, os indicadores de calidade, o nivel de acabamentos, os intervalos e os criterios de avaliación

das revisións dos procedementos de selaxe de fosas e fisuras, segundo as características do paciente ou cliente, das pezas dentarias afectadas e dos protocolos establecidos.

* Preparar e realizar, sobre un modelo de traballo con dentes naturais, selaxes de fosas e fisuras empregando o tempo especificado e a pulcritude necesaria para conseguir a selaxe completa cun nivel óptimo de polimerización, mantendo unha perfecta oclusión.

* Relacionar os datos obtidos na exploración da cavidade bucodental coas indicacións dos diferentes tratamentos cario-profilácticos ou periodontais.

* Identificar as indicacións, os mecanismos de acción, a forma de aplicación, a efectividade e a toxicidade das técnicas e dos produtos de fluoración.

* Seleccionar a técnica de fluoración e a frecuencia de aplicación en función das características do paciente ou cliente e o grao de susceptibilidade á carie.

* Aplicar fluoruros tópicos, preparando adecuadamente as superficies dentarias segundo as necesidades do paciente, con pulcritude e no tempo especificado.

* Identificar a etioloxía, a patoxenia, a localización, os tipos e a composición dos cálculos e das tinturas dentais, e relacionalos coas medidas de prevención convenientes e cos seus tratamentos preventivos.

* Seleccionar a técnica de detartraxe segundo a patoxenia da cavidade oral, as características do dente e a cantidade e localización do sarrio.

* Seleccionar e manexar con destreza, eficacia e seguridade os instrumentos e equipamentos de detartraxe, raspado e puído dental.

* Detectar e eliminar, sobre un modelo de traballo adecuadamente caracterizado, cálculos e tinturas extrínsecas, no tempo especificado e controlando as transmisións de infeccións.

* Determinar as superficies que se deben puír, nun modelo con dentes obturados, e seleccionar o material, o instrumental e os equipamentos necesarios, especificando as condicións de uso e asepsia.

* Realizar, sobre un modelo con dentes obturados, o puído das obturacións axustando os parámetros do instrumental abrasivo segundo o tipo de material de obturación e as características do instrumental empregado, e comprobar a oclusión dental.

* Seleccionar e preparar o material e os equipamentos necesarios segundo as características do paciente ou cliente e o tratamento de operatoria dental, cirurxía oral, prótese dental, periodoncia e ortodoncia que se realice.

* Instrumentar en condicións de asepsia adecuadas, con orde e eficacia en función da técnica operatoria que se realice, mantendo en todo momento o campo operatorio iluminado e nas condicións adecuadas de humidade.

* Bater cementos e pastas de impresión e efectuar a toma de impresión, a confección e colocación de coroas provisionais.

* Describir as técnicas de mobilización e posicionamento de pacientes na butaca dental e relacionalas co tratamento concreto.

* Describir as distintas técnicas de relaxación e apoio psicolóxico que se poden empregar en pacientes odontolóxicos segundo as súas características e as da intervención odontolóxica que se realice.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Infección. Asepsia e antisepsia.

* Clasificación do material e do instrumental para a realización de técnicas de desinfección ou esterilización.

* Selección do produto ou método de desinfección segundo o tipo de material ou instrumental que se empregue.

* Preparación do instrumental, produtos ou equipamentos para a súa desinfección ou esterilización. Empaquetado e selaxe.

* Control dos tempos de aplicación e parámetros de traballo na desinfección ou esterilización.

* Comprobación dos indicadores de esterilización.

Control de transmisións das infeccións na clínica dental

* Identificación dos factores de risco na transmisión das infeccións na clínica dental.

* Adopción das medidas preventivas na transmisión das infeccións.

* Realización das técnicas de descontaminación.

* Verificación periódica da descontaminación das instalacións.

Illamento e preparación do campo operatorio.

* Identificación das pezas dentarias para intervir.

* Identificación das condicións de traballo adecuadas para realizar as técnicas requiridas.

* Selección e preparación do material e do instrumental necesarios para realizar as técnicas de illamento ou preparación do campo operatorio.

* Illamento do campo operatorio.

* Preparación das superficies dentarias cando cumpra.

* Selaxe de fosas e fisuras.

* Identificación dos dentes que precisan selaxe de fosas e fisuras.

* Relación das características persoais do paciente ou cliente coa técnica adecuada.

* Selección e preparación do instrumental e o material adecuado.

* Preparación das superficies dentarias e aplicación da técnica de selaxe de fosas e fisuras.

* Comprobación da calidade da selaxe e axuste da oclusión obtida, de cumprir.

Carioprofilaxe con fluoruros.

* Identificación das características dos dentes que precisan tratamento profiláctico.

* Relación das características do paciente ou cliente coas técnicas adecuadas.

* Selección e preparación do equipamento, o instrumental e o material necesarios.

* Preparación das superficies dentarias e aplicación das técnicas de profilaxe indicadas.

* Comprobación e seguimento dos resultados obtidos tras a aplicación dos tratamentos profilácticos.

Hipersensibilidade dental.

* Identificación das manifestacións clínicas de hipersensibilidade dental, con indicación da súa posible etioloxía.

* Selección e preparación do equipamento, o material e o instrumental necesarios.

* Aplicación das técnicas de desensibilización dental.

* Comprobación e seguimento dos resultados obtidos.

Eliminación de cálculos e puído dentario.

* Detección de cálculos e tinturas, e relación entre estes e a súa posible etioloxía.

* Selección e preparación do equipamento e do instrumental necesarios segundo a técnica que se aplique.

* Realización das técnicas de raspado ou detartraxe, puído e branqueamento dentais.

* Comprobación do nivel de calidade obtido coas técnicas aplicadas.

Puído de obturacións.

* Identificación das pezas obturadas e valoración da necesidade do puído segundo a análise da súa oclusión.

* Selección e preparación do equipamento e do material necesarios para o puído segundo o tipo de obturación realizada.

* Realización das técnicas de puído de diversos tipos de obturacións.

* Comprobación do nivel de calidade de oclusión obtido coa técnica aplicada.

Asistencia ao odontólogo na clínica dental.

* Identificación dos diferentes tipos de tratamentos, con indicación dos equipamentos, os materiais e a preparación do paciente.

* Selección e preparación do equipamento, os instrumentos e os materiais segundo o tipo de intervención que se realice.

* Realización de coroas provisionais.

* Preparación e illamento do campo operatorio.

* Colocación do equipamento e dos profesionais segundo a intervención ou a técnica que se realice.

* Iluminación e aspiración durante as diferentes intervencións.

* Instrumentación a catro e seis mans durante as intervencións.

* Colocación e retirada do fío retractor.

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios na clínica dental.

Asistencia ao paciente ou cliente na clínica dental.

* Colocación e preparación do paciente na butaca dental segundo a técnica que se realice.

* Información ao paciente ou cliente sobre o tratamento que se lle vai realizar e sobre o comportamento que debe seguir durante e despois do tratamento.

* Descrición das técnicas de relaxación e das medidas de apoio psicolóxico ao paciente.

Contidos conceptuais

Infección. Asepsia e antisepsia.

* Conceptos de asepsia, contaminación e infección.

* Axentes patóxenos de interese na clínica dental.

Control de transmisións das infeccións na clínica dental.

* Antisépticos e desinfectantes: concepto, características e tipos.

* Métodos físicos e químicos de desinfección e esterilización.

* Medidas preventivas no control da diseminación de doenzas infecciosas.

-Técnicas de barreira.

-Técnicas asépticas.

-Seroprofilaxe.

-Inmunoprofilaxe.

* Desinfección de impresións, modelos de traballo e próteses.

* Manipulación de residuos tóxicos e biocontaminantes.

Illamento e preparación do campo operatorio.

* Illamento absoluto e relativo.

* Materiais e técnicas de illamento dental.

* Técnicas de preparación de superficies dentarias.

Selaxe de fosas e fisuras

* Materiais para selaxes: tipos e características. Condicións do uso. Fundamento físico de unión á superficie dental.

* Indicacións dos seladores.

* Técnica de aplicación.

* Criterios de avaliación e seguimento das selaxes.

Carioprofilaxe con fluoruros.

* Fluor e carie dental:

-Mecanismos de acción pre-eruptiva e posteruptiva do fluor.

-Indicacións, tipos de preparados, concentración e doses dos produtos fluorados.

-Técnicas de preparación de cubetas individuais para a aplicación do fluoruros.

-Técnicas de aplicación de fluoruros.

Hipersensibilidade dental.

* Etioloxía e fisiopatoloxía.

* Clínica.

* Tratamento: preparados desensibilizantes.

Eliminación de cálculos e puído dentario.

* Tártaros dentais: etioloxía, patoxenia, localización, tipos e composicións.

* Instrumentos manuais.

-Indicacións.

-Movementos e angulación.

-Preparación e afiado.

* Instrumentos ultrasónicos.

-Indicacións.

-Precaucións e contraindicacións.

* Procedementos de detección e eliminación dos depósitos calcarios. Instrumentación. Criterios de avaliación.

* Tinturas dentais: intrínsecas e extrínsecas; diagnóstico diferencial e tratamento.

* Puído dental:

-Dispositivos mecánicos. Puído aire po.

-Técnicas de puído dental.

* Técnicas de branqueamento dental.

Puído de obturacións.

* Necesidade e función do puído.

* Instrumental rotatorio para o puído de obturación: velocidade e refrixeración.

* Abrasivos para o puído de obturacións.

* Técnicas de puído de obturacións.

* Análise da oclusión. Criterios de avaliación.

Asistencia ao odontólogo na clínica dental.

* Equipamentos e instrumental odontolóxico: tipos, características, funcións, mantemento e condicións de uso.

* Materiais dentais:

-Propiedades, clasificación, características e condicións de uso e conservación.

-Materiais de obturación: tipos, composición, características e técnicas de preparación.

-Materiais de impresión: tipos, composicións, características e técnicas de preparación.

-Materiais para coroas provisionais: tipos, composicións, características e técnicas de confección e colocación.

* Fío retractor: función e técnica de colocación e retirada.

* Técnicas de colocación do equipamento e dos profesionais.

* Técnicas de iluminación e de aspiración do campo operatorio.

* Técnicas de instrumentación en operatoria dental.

-Técnica a catro mans e técnica a seis mans.

-Eficacia, economía e criterios de suxeición e pase na instrumentación.

* Técnicas de primeiros auxilios na clínica dental.

Asistencia ao paciente ou cliente na clínica dental.

* Técnicas de mobilización e colocación do paciente ou cliente na clínica dental.

* Técnicas de información, relaxación e apoio psicolóxico ao paciente en odontoloxía.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude na limpeza, desinfección e esterilización dos equipamentos, do instrumental e do material odontolóxico da clínica dental.

* Actitude responsable na prevención e no control da diseminación de infeccións e no manexo de residuos tóxicos e biocontaminantes.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, na conservación e no axuste dos equipamentos, dos instrumentos e dos materiais odontolóxicos, así como nas realizacións das técnicas asistenciais.

* Hábito de observación estrita das normas de seguridade, de hixiene e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipamentos e dos materiais, así como co control da calidade.

* Hábito de comprobación e corrección sistemática, de ser o caso, dos resultados obtidos na descontaminación e na aplicación dos tratamentos preventivos aplicados na clínica dental.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos recursos na programación do traballo diario, valorando a secuenciación e a orde establecida para obter

a calidade requirida de acordo cos criterios de produtividade e calidade, das intervencións programadas e das necesidades do servizo.

* Valoración da importancia da colaboración co facultativo e coordinación cos outros membros do equipo e co paciente ou cliente para o óptimo aproveitamento dos recursos, con eficacia e seguridade.

* Amabilidade, tolerancia e confidencialidade na relación co paciente ou cliente e co equipo de traballo.

* Actitude dilixente, eficaz e segura na instrumentalización e no manexo do instrumental, así como na adaptación do equipo a novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou eficacia dos tratamentos na prevención das doenzas bucodentais.

3.2.4. Módulo profesional 4: vixilancia epidemiolóxica bucodental.

Asociado á unidade de competencia 4: avaliar a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de vixilancia epidemiolóxica.

Capacidades terminais elementais

* Identificar os parámetros estatísticos e os datos demográficos e socioculturais de grupos de poboación e relacionalos coa súa aplicación en estudos epidemiolóxicos e de saúde bucodental.

* Adaptar programas de seguimento epidemiolóxico bucodental ás características do contorno e do grupo de poboación de destino.

* Determinar as etapas e as actividades na aplicación dun programa de saúde dental nunha comunidade concreta.

* Planificar os recursos humanos e materiais segundo as actividades e os tempos determinados nun programa de saúde dental.

* Determinar os criterios epidemiolóxicos estandarizados, precisando os seus índices de aplicación, para a avaliación da placa bacteriana, carie, doenza periodontal, maloclusións e necesidade de tratamento periodontal.

* Avaliar o nivel de saúde-enfermidade de grupos de poboación en función dos índices de patoloxía bucodental e dos indicadores hixiénicos, dietéticos e de frecuencia asistencial.

* Determinar os hábitos hixiénicos e dietéticos dun grupo de poboación e relacionalos coa frecuencia asistencial sanitaria recibida e co nivel de saúde bucodental.

* Determinar o nivel de fiabilidade dos indicadores de saúde bucodental segundo os criterios de calibraxe interexaminador e intraexaminador.

* Realizar a exploración bucodental dun grupo de poboación de acordo cos criterios e cos índices previamente definidos, e rexistrar os datos obtidos no soporte prefixado.

* Elaborar enquisas de hábitos dietéticos e de hixiene bucodental segundo os criterios epidemiolóxicos establecidos e os obxectivos do estudo que se realice, e rexistrar os datos obtidos nos soportes prefixados para a avaliación do nivel de saúde.

* Describir e realizar os procedementos de análise e avaliación de datos da exploración bucodental para a obtención dos distintos códigos ou índices establecidos, de xeito que se poidan extrapolar con outros estudos similares.

* Describir e realizar os procedementos de tabulación de enquisas.

* Obter os índices de saúde bucodental dun grupo de poboación determinada.

* Relacionar os datos da exploración bucodental cos obtidos sobre hábitos de alimentación, de hixiene e de frecuencia de servizos sanitarios odontolóxicos recibidos.

* Formular hipóteses sobre as causas e as consecuencias das alteracións bucodentais detectadas, e comparalas coas conclusións doutros estudos similares.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Demografía.

* Identificación e interpretación dos datos demográficos.

* Relación dos datos demográficos cos indicadores da saúde bucodental.

* Formulación de hipóteses sobre as causas e as consecuencias das alteracións bucodentais.

Estatística.

* Identificación e interpretación dos parámetros estatísticos.

* Relación da estatística coas análises epidemiolóxicas e de saúde bucodental.

* Análise estatística.

-Recolleita, rexistro e ordenación de datos.

-Clasificación das variables.

-Confección de táboas de frecuencia.

-Cálculo, interpretación e análise dos datos.

Epidemioloxía.

* Medición da frecuencia dunha doenza.

* Diferenciación dos tipos de estudos epidemiolóxicos.

* Selección dos obxectivos e das estratexias no deseño de estudos epidemiolóxicos.

Planificación sanitaria.

* Adaptación de programas de seguimento epidemiolóxico bucodental ás características do contorno e ao grupo de poboación a que vai dirixido.

* Deseño dun programa epidemiolóxico de saúde bucodental que inclúa:

-Detección das necesidades.

-Determinación dos obxectivos, do grupo de poboación, da zona e do tempo de actuación.

-Definición das actividades e dos recursos necesarios.

-Aplicación dos parámetros de avaliación.

Economía sanitaria.

* Cálculo da relación entre o custo e o beneficio esperado dun programa epidemiolóxico de saúde bucodental.

Enquisa epidemiolóxica de saúde oral: métodos básicos (OMS).

* Deseño de enquisas.

-Determinación dos obxectivos.

-Selección do grupo de poboación a que se dirixe a mostraxe.

-Elaboración dos contidos.

-Difusión e recolleita do material.

-Rexistro, interpretación e presentación dos datos obtidos.

* Interpretación dos indicadores de saúde-enfermidade bucodental.

* Avaliación do nivel de fiabilidade dos indicadores de saúde bucodental segundo os criterios de calibraxe interexaminador e intraexaminador.

* Suxestións sobre as posibles accións para emprender de acordo cos resultados da enquisa

Informática: programas de análise estatística.

* Manexo e aplicación de ferramentas informáticas.

-Procesadores de texto.

-Base de datos.

-Follas de cálculo

* Manexo de aplicacións estatísticas xerais e sanitarias.

Técnicas de manexo de cuestionarios sobre hábitos hixiénicos e utilización de servizos de saúde.

* Preparación dos cuestionarios.

* Tabulación das enquisas.

* Presentación dos resultados.

Odontoloxía comunitaria.

* Determinación dos niveis de prevención e de aplicación das medidas preventivas.

* Determinación da saúde bucodental da comunidade galega e relación coa española e coa doutros estados.

* Selección e aplicación das estratexias habituais en odontoloxía comunitaria.

Contidos conceptuais

Demografía.

* Conceptos xerais sobre poboacións humanas.

* Demografía estática: fontes e análise de datos.

* Demografía dinámica: natalidade, mortalidade, taxas e evolución das poboacións.

Estatística.

* Estatística descritiva.

* Poboación, mostra e variables.

* Medidas de tendencia central (mediana, media e moda) e de dispersión.

* Técnicas de mostraxe.

* Función da estatística na análise epidemiolóxica.

Epidemioloxía.

* Conceptos: epidemioloxía e saúde-enfermidade.

* Medidas de frecuencia dunha doenza.

* Tipos de estudos epidemiolóxicos: experimentais e non experimentais.

* Obxectivos e estratexias no deseño de estudos epidemiolóxicos.

Planificación sanitaria.

* Enfoque, perspectiva e proceso xeral.

* Criterios para a detección de necesidades.

* Prioridades e criterios de execución.

* Parámetros de avaliación.

Economía sanitaria.

* Conceptos básicos de avaliación económica.

* Análise de custos: custo-efectividade, custo-utilidade e custo-beneficio.

Enquisa epidemiolóxica de saúde oral: métodos básicos (OMS).

* Métodos básicos da OMS.

* Selección da mostra.

* Calibraxe de examinadores.

* Planificación dos recursos humanos e materiais.

* Estandarización de criterios.

-Valoración da placa.

-Estado da saúde bucodental.

-Anomalías dentofaciais.

-Estado das próteses.

-Outros.

* Determinación do estado de saúde oral e das necesidades de tratamento odontolóxico.

* Preparación e presentación de informes sobre os resultados da enquisa.

* Posibilidades de actuación en función dos resultados da enquisa.

Informática: programas de análise estatística.

* Informática básica.

-Conceptos xerais.

-Procesadores de texto.

-Bases de datos.

-Follas de cálculo.

* Aplicacións estatísticas: xerais e sanitarias.

Técnicas de manexo de cuestionarios sobre hábitos hixiénicos e utilización de servizos de saúde.

* Técnicas de preparación dos cuestionarios.

* Métodos de tabulación.

* Formas de presentación dos resultados.

Odontoloxía comunitaria.

* Concepto actual.

* Medidas preventivas: niveis de prevención e niveis de aplicación.

* Saúde bucodental en Galicia e no mundo (antecedentes e situación actual).

* Estratexias en odontoloxía comunitaria.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade na determinación dos obxectivos, das actividades e dos recursos dos programas.

* Rigor na aplicación das técnicas de tabulación das enquisas.

* Eficacia na valoración das características demográficas e socioculturais dun grupo de poboación.

* Valoración da ordenación e da secuenciación das actividades dun programa para lograr o óptimo aproveitamento dos recursos.

* Comportamento rigoroso e pulcro na preparación e na presentación dos informes e dos resultados das enquisas.

* Responsabilidade na distribución do traballo e do tempo, na elaboración e na execución dos programas.

* Valoración da colaboración e da coordinación cos restantes integrantes do equipo implicado no desenvolvemento dun programa para cumprir cos obxectivos.

* Rigor e puntualidade no cumprimento das actividades programadas.

* Responsabilidade no cumprimento das normas de confidencialidade e de tratamento de datos recollidos nos estudos epidemiolóxicos.

* Rigor na análise e no tratamento dos datos estatísticos, así como na elaboración e na aplicación de cuestionarios e enquisas.

* Corrección sistemática dos erros que se poidan producir na aplicación dun programa de odontoloxía comunitaria.

* Rigor na determinación das necesidades dun grupo de poboación e actitude receptiva ante outras opinións na determinación dos obxectivos dos programas.

* Comportamento rigoroso na comprobación dos resultados e na corrección sistemática dos erros detectados.

* Asimilación dos novos métodos de traballo respecto á utilización de medios informáticos.

3.2.5. Módulo profesional 5: educación sanitaria e promoción da saúde.

Asociado á unidade de competencia 5: promover a saúde das persoas e da comunidade a través da saúde bucodental, mediante actividades de promoción e educación para a saúde.

Capacidades terminais elementais

* Describir os indicadores xerais que miden o nivel de saúde e as características sociosanitarias dos grupos de risco que poden influír nel.

* Analizar e clasificar as normas hixiénico-sanitarias que teñen influencia no nivel de saúde das persoas.

* Describir a influencia sobre a saúde das persoas e dos colectivos, así como os factores de risco xerais e/ou específicos.

* Describir os métodos de elaboración de instrumentos de recollida de información e precisar os criterios que marcan a súa especificidade.

* Enumerar os criterios de selección e establecemento dunha mostra de poboación para a realización de enquisas.

* Elaborar o documento idóneo para a obtención da información, nun estudo de grupos de risco, en función do grupo e dos obxectivos definidos.

* Programar as fases de aplicación da enquisa en función do tamaño da mostra e do tempo previsto.

* Describir os métodos de transmisión de información de uso común en actividades de información ou formación sanitaria.

* Describir as peculiaridades psicolóxicas dos grupos de risco, precisando os métodos adecuados para se relacionar con eles.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Indicadores e medidas do estado de saúde.

* Cálculo dos indicadores de saúde-enfermidade.

* Descrición das variables sociolóxicas avaliables nos servizos sociosanitarios.

Factores de risco.

* Análise das variables psicolóxicas que definen os grupos de risco.

* Detección dos factores de risco sociosanitarios e culturais de Galicia.

Tecnoloxía educativa.

* Análise e selección das técnicas de grupo máis axeitadas para cada situación.

* Manexo dos diferentes medios audiovisuais en programas de educación para a saúde.

* Planificación e avaliación de actividades de formación.

Técnicas de investigación social.

* Aplicación de distintas técnicas de observación.

* Realización de sociogramas e tests sociométricos.

* Elaboración de cuestionarios.

Saúde pública dental.

* Identificación e selección das fontes documentais para a obtención de información de saúde bucodental.

* Realización de actividades de saúde bucodental: identificación do grupo receptor, selección e preparación dos recursos e do material necesario, e adaptación ao medio.

* Demostración de técnicas de hixiene bucodental: identificación da persoa ou do grupo, selección e preparación do material e das instalacións e, de ser o caso, información e execución da técnica e comprobación do grao de aprendizaxe.

Educación sanitaria.

* Definición dos obxectivos e dos contidos do programa, segundo o grupo receptor e os recursos dispoñibles.

* Determinación das estratexias, realización e avaliación do proceso educativo.

* Análise dos coñecementos previos do paciente ou do cliente sobre a influencia dos factores hixiénicos e dietéticos sobre a saúde dental, e determinación do tipo e das características da información adecuada.

* Instrución en técnicas de hixiene bucodental, dietéticas e de emprego do material e dos produtos hixiénicos.

* Comprobación da comprensión polo paciente da información facilitada, e avaliación posterior do grao de eficacia das medidas de motivación.

Contidos conceptuais

Indicadores e medidas do estado de saúde.

* Medidas de frecuencia de doenza.

-Incidencia.

-Prevalencia.

-Taxa de risco.

* Índices de saúde-enfermidade

* Clasificación dos indicadores de saúde: segundo a OMS, de exposición, de protección e de resultados.

Factores de risco.

* Definición e propiedades de factores de risco.

* Riscos.

-Riscos sinérxicos.

-Riscos competitivos.

-Cálculo de porcentaxes de risco relativo e risco absoluto.

-Estudo de causalidade epidemiolóxica.

* Factores que definen as situacións fisiopatolóxicas especiais.

Tecnoloxía educativa.

* Técnicas de grupo aplicables á educación.

* Conferencia e traballo en grupo: pequeno, mediano e gran grupo; comisións de traballo, seminarios e estudos de casos.

* Medios audiovisuais en educación sanitaria.

* Recursos didácticos e educación de saúde.

-Bases de información.

-Programas xenéricos.

* Procedementos e etapas de planificación e avaliación de actividades de formación.

Técnicas de investigación social.

* Características e aplicacións.

* Técnicas de observación e tipos.

Saúde pública dental.

* Concepto de saúde pública, saúde comunitaria e odontoloxía comunitaria.

* Factores determinantes da saúde.

* Promoción da saúde dental.

* Factores sociais na prevención da saúde dental.

* Atención primaria en saúde dental.

-Concepto.

-Elementos fundamentais.

-Función do odontólogo e do hixienista dental na atención primaria da saúde.

Educación sanitaria.

* Concepto actual.

* Campos de acción e axentes.

* Métodos e medios directos e indirectos.

* Modificación dos comportamentos de saúde.

* Programas de educación sanitaria bucodental.

* Motivación: teorías e factores que favorecen a motivación.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia da medicina preventiva para mellorar o nivel de saúde de individuos e de colectivos.

* Atención á importancia dos factores de risco relacionados coa saúde dental.

* Rigor na realización do cálculo dos indicadores de saúde-enfermidade.

* Preocupación pola axeitada utilización dos recursos didácticos.

* Rigor e confidencialidade na recollida de datos.

* Responsabilidade e respecto cara ás persoas na aplicación de técnicas de hixiene bucodental, dietéticas e de emprego do material e dos produtos hixiénicos.

* Eficacia na definición de estratexias de planificación de actividades de formación.

* Pulcritude na preparación e na presentación dos instrumentos da investigación social.

* Puntualidade na execución das accións educativas programadas.

* Cumprimento dos criterios establecidos na execución e na avaliación das actividades formativas.

* Conservación do material informativo empregado nos programas de formación.

* Coordinación cos outros axentes sanitarios que participan na planificación e na execución do programa de saúde bucodental.

* Rigor na análise dos factores de risco e dos indicadores de patoloxía bucodental.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 80 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Deseñar un proxecto de promoción de saúde bucodental e establecer os obxectivos analizando as directrices e os condicionantes que inciden no seu desenvolvemento.* Identificar o grupo de poboación a que vai dirixido.

* Definir os obxectivos que se desexan alcanzar en función das características socioculturais e sanitarias do grupo.

* Determinar as actividades e os recursos necesarios.

* Programar as etapas e a súa temporalización para levar a cabo a súa realización.
* Identificar os parámetros de avaliación.
* Calcular a relación entre custo e beneficio esperado.

2.Obter, analizar e aplicar os datos e indicadores do nivel de saúde bucodental.* Realizar técnicas de investigación social dos grupos de poboación.

* Realizar técnicas de exploración da cavidade bucal e estudos de susceptibilidade e de patoloxías periodontais.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Recoller, ordenar e rexistrar os datos das distintas técnicas realizadas no soporte adecuado.
* Analizar os datos obtidos e propor posibles actuacións correctoras.

3.Informar e motivar as persoas sobre os hábitos hixiénicos e dietéticos.* Proporcionarlles información adaptada ao nivel de comprensión a outros axentes sanitarios e á comunidade, sobre causas, consecuencias, evolución, formas de prevención e tratamento das doenzas bucodentais máis comúns.
* Instruír as persoas nas técnicas de autoexploración da súa cavidade oral e informar das medidas de profilaxe e autocoidado para a prevención e o mantemento da saúde bucodental.
* Informar da importancia dos azucres na xénese da carie e das normas dietéticas para unha alimentación saudable.

4.Organizar e xestionar a unidade ou gabinete.* Adaptar e realizar procedementos, información ou instrucións necesarias en función das necesidades da unidade ou do gabinete.
* Prever, asignar ou distribuír tarefas, recursos e materiais.
* Xestionar o ficheiro de pacientes ou clientes.
* Xestionar a adquisición, a almacenaxe, a reposición e o mantemento do instrumental e do material.
* Obter ou realizar os informes técnicos e os resumos necesarios de actividades.

5.Establecer criterios de avaliación para mellorar o proxecto e previr o seu fracaso.* Analizar e/ou establecer os criterios de calidade na execución do proxecto.

* Seleccionar métodos de control de calidade e avaliación dos resultados.

* Deseñar estratexias que permitan reconducir o proxecto cando non se acaden os obxectivos previstos.

6.Realizar cambios no sistema para a mellora da súa funcionalidade, o seu rendemento e a súa seguridade.* Comprobar que se cumpran as normas de seguridade básicas no manexo de información confidencial.

* Comprobar que o rendemento do proxecto sexa o axeitado e, cando non é así, reconducilo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Participar na xestión do ficheiro de pacientes segundo os procedementos establecidos na unidade de hixiene dental.* Comprobar datos de afiliación e os datos clínicos do paciente.

* Rexistrar datos no soporte e co procedemento establecido segundo as normas internas da unidade ou do gabinete.

* Informar o paciente sobre o lugar, a data, o horario e a preparación previa, de ser o caso, da intervención asistencial.
* Comunicarlles aos pacientes e aos responsables da unidade, coa suficiente antelación, as modificacións xurdidas en relación á programación da asistencia.

2.Colaborar na xestión e na realización da almacenaxe, da reposición e da adquisición do material e do instrumental da área de traballo.* Comprobar coa suficiente antelación que se dispoña do material necesario e que estea nas condicións adecuadas para a súa utilización, segundo as actividades programadas.

* Realizar o inventario de existencias.

* Comprobar a correspondencia entre o pedido realizado e o material recibido.

* Almacenar o material e o instrumental recibido no lugar e nas condicións establecidos na unidade ou o gabinete.
* Distribuír o material e o instrumental nas diferentes áreas de traballo.
* Detectar as necesidades de reposición do material e comunicarllas ao responsable coa suficiente antelación.

3.Elaborar informes e resumos e participar na formalización da comunicación propia do servizo ou da unidade.* Redactar os informes e os documentos con todos os puntos establecidos e coa debida pulcritude, orde e dilixencia.

* Respectar en todo momento as normas de confidencialidade.

* Transcribir os datos á documentación e aos informes co rigor e a pulcritude debidos.
* Rexistrar a información no soporte establecido.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

4.Participar na preparación e no acondicionamento da consulta.* Comprobar as condicións ambientais da consulta.

* Seleccionar os equipamentos, os instrumentos e os materiais segundo as intervencións asistenciais programadas, e comprobar a cantidade e as condicións adecuadas.

* Eliminar o material dun só uso nas condicións de asepsia e seguridade requiridas.
* Limpar os tanques de auga destilada e comprobar o seu nivel.
* Lubricar as pezas dos instrumentos rotatorios ao acabar a consulta.
* Limpar e ordenar o material e os equipamentos, e preparar o dito material para a súa esterilización.

5.Participar na atención ao paciente ou cliente.* Preparar o paciente ou cliente e atender as súas necesidades antes da intervención, durante ela e despois dela.
* Comunicarlle amablemente e respectuosamente ao paciente ou cliente o relativo ao tratamento que se lle vai realizar.

6.Colaborar na asistencia ao facultativo.* Preparar e illar o campo operatorio segundo a técnica que se vaia utilizar.
* Manter a cavidade bucodental en condicións operativas e de iluminación adecuadas.
* Preparar o instrumental e o material necesario coa antelación suficiente en cada fase da intervención e facilitarllo ao facultativo.

7.Participar na limpeza, a desinfección e a esterilización do instrumental e do material do gabinete dental.* Seleccionar e aplicar o método de desinfección e esterilización segundo o tipo de material ou instrumental e na secuencia e pauta adecuadas.

* Empaquetar e selar o material e o instrumental en lotes funcionais, respectando as normas de manipulación e o control da contaminación.

* Controlar os parámetros de traballo dos equipamentos de desinfección e esterilización durante o proceso e comprobar a asepsia cos indicadores de esterilización.

8.Colaborar na exploración e na avaliación do estado de saúde-enfermidade da cavidade oral de pacientes ou persoas da comunidade. * Realizar anamnese do paciente ou cliente e rexistrar os datos de interese para a avaliación do estado de saúde-enfermidade.

* Explorar a cavidade oral mediante sondas, espellos e exploradores, segundo criterios diagnósticos e normas de seguridade establecidas.

* Detectar as anomalías ou patoloxías máis comúns do aparello estomatognático e rexistralas na ficha dental, segundo os códigos establecidos.

9.Participar na avaliación do estado de saúde das pezas dentarias mediante as técnicas de coloración e iluminación.* Seleccionar o método de visionado da placa bacteriana segundo as características da cavidade oral e os recursos dispoñibles.

* Preparar e aplicar os colorantes segundo a técnica seleccionada.

* Identificar o grao de placa bacteriana nas pezas dentarias e amosarllo ao paciente ou cliente.
* Aplicar a técnica de transiluminación por fibra óptica coa seguridade e a eficacia necesarias para a detección da carie.
* Calcular o índice da placa bacteriana.

10.Colaborar na realización de técnicas de estudo de susceptibilidade á carie e doenzas periodontais.* Valorar a cantidade e a composición da segregación salivar respectando as normas de seguridade na obtención e na manipulación das mostras.
* Realizar estudos microbiolóxicos da flora bacteriana da cavidade oral evitando a contaminación da mostra e seguindo as normas de seguridade.
* Interpretar os resultados das probas de susceptibilidade da carie e doenza periodontal a partir da comparación entre os datos obtidos e os estándares de control.
* Rexistrar os resultados no soporte adecuado empregando a terminoloxía adecuada e os códigos establecidos.

11.Participar na obtención das radiografías dentais.* Seleccionar o tipo de película segundo a exploración radiográfica que se realice.
* Realizar a impresión radiográfica segundo as normas técnicas de exposición e angulación.
* Aplicar as medidas de radioprotección establecidas, tanto persoais como do paciente ou cliente.
* Realizar o revelado, a fixación e o secado das películas segundo os protocolos técnicos.
* Valorar o nivel de calidade das radiografías obtidas segundo os criterios establecidos.
* Identificar e arquivar as radiografías segundo as normas e os criterios da empresa.

12.Participar na realización das técnicas de selaxe de fosas e fisuras.* Preparar as superficies para selar segundo o protocolo técnico.

* Aplicar os seladores seguindo o protocolo de illamento absoluto ou relativo e no tempo establecido.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Obter a selaxe completa das fosas e das fisuras seleccionadas cunha correcta polimerización e retención, segundo os criterios de calidade e seguridade establecidos.
* Eliminar os excesos de material que interfiran na oclusión.

13.Participar na eliminación de cálculos e tinturas, así como realizar puídos. * Detectar no paciente ou cliente cálculos e tinturas sobre o esmalte ou cemento dental.

* Diferenciar as tinturas extrínsecas e as intrínsecas.

* Seleccionar o instrumental e os equipamentos necesarios.
* Eliminar tártaros, pigmentos e depósitos sobre o esmalte e o cemento dental empregando ultrasóns, curetas ou irrigadores destramente e conservando a integridade das estruturas anatómicas adxacentes.
* Respectar en todo momento as normas de seguridade e de control da contaminación.
* Realizar o puído de obturacións segundo os protocolos técnicos, conseguindo unha superficie lisa e conservando o deseño anatómico establecido.
* Comprobar a correcta oclusión dental con papel de articular.

14.Realizar actividades de educación sanitaria e promoción da saúde bucodental.* Informar o paciente ou cliente sobre as técnicas e o emprego de produtos e materiais de hixiene dental.
* Demostrar sobre modelos as técnicas de cepillado e o uso do fío dental.
* Comprobar a correcta comprensión polo paciente da información recibida.
* Motivar o paciente ou cliente para a adquisición de hábitos dietéticos e hixiénicos saudables para a súa saúde bucodental.
* Informar o paciente ou cliente sobre a importancia das revisións periódicas e a frecuencia idónea segundo o seu estado de saúde.
* Empregar as técnicas de información e motivación máis adecuadas ao tipo de pacientes ou clientes, en función dos recursos dispoñibles.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analizar as actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non

existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

* Ciencias da natureza e da saúde.

* Tecnoloxía.

* O expediente académico, no cal se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

* Bioloxía.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de hixiene bucodental.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de hixiene bucodentalProcesos sanitariosProfesorado de ensino secundario

2Exploración bucodentalProcesos sanitarios

Profesorado especialista (1)

Profesorado de ensino secundario

Prof. especialista (1)

3Prevención bucodentalProcedementos sanitarios e asistenciaisProfesorado técnico de FP

4Vixilancia epidemiolóxica bucodentalProcesos sanitariosProfesorado de ensino secundario

5Educación sanitaria e promoción da saúdeProcesos sanitariosProfesorado de ensino secundario

6Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(1) Profesorado especialista segundo o previsto no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos sanitariosProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais e diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equi

valentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos sanitarios-Diplomatura universitaria en enfermaría.

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de hixiene bucodental require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m45%

Aula bucodental120 m90 m55%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Exploración bucodental.

* Vixilancia epidemiolóxica bucodental.

* Prevención bucodental.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de hixiene bucodental.

* Exploración bucodental.

* Vixilancia epidemiolóxica bucodental.

* Prevención bucodental.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centro de traballo.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Diplomatura universitaria de enfermaría.

* Diplomatura universitaria de fisioterapia.

* Diplomatura universitaria de podoloxía.

* Diplomatura universitaria en terapia ocupacional.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

80Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade ou no gabinete de hixiene bucodental

185Exploración bucodental

185Prevención bucodental

160Vixilancia epidemiolóxica bucodental

130Educación sanitaria e promoción da saúde

55Formación e orientación laboral

80Proxecto integrado

4º trimestre

440Formación en centro de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 85, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.