DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 20 de xullo de 2005 Páx. 12.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xuño de 2005, polo que se aproba definitivamente o Plan sectorial de parques de tecnoloxía alimentaria na costa galega.

Adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 30 de xuño de 2005, relativo á aprobación definitiva dun plan sectorial de incidencia supramunicipal, resulta necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal,

RESOLVO:

1. Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 30 de xuño de 2005, que a continuación se transcribe:

Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ordenación municipal de parques de tecnoloxía alimentaria na costa galega.

2. Este plan sectorial entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co prevido no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2005.

Carmen Bouso Montero

Directora xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL