DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 18 de xullo de 2005 Páx. 12.721

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 199/2005, do 7 de xullo, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Noméase membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da CIG, a Bautista Vega Tato.

Artigo 2º.-Noméase membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da CIG, a Manuel Currás Meira.

Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente