DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 13 de xullo de 2005 Páx. 12.458

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 194/2005, do 9 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en produción de tecidos de punto.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 740/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico en produción de tecidos de punto e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen

resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender, que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en produción de tecidos de punto, regulado polo Real decreto 740/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato que se especifican no punto 4.3.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Úniva.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeira

Primeira.-Autorízase conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: produción de tecidos de punto.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

2.2. Capacidades profesionais.

Preparar, regular, programar, manter en primeiro nivel e controlar as máquinas para producir todo tipo de pezas de roupa e tecidos de punto, conseguindo a produción na cantidade, na calidade, nas condicións de seguridade e nos prazos establecidos.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar a información técnica do produto e de fabricación empregada nos procesos de produción de tecedura de punto, coa finalidade de organizar

e realizar o traballo de xeito autónomo e coas técnicas propias da súa produción.

* Preparar e pór a punto as máquinas, os equipamentos e os materiais que interveñen na fase ou na subfase do proceso no que opera (tecedura de punto por urdido ou recollida), coa finalidade de as dispor nas condicións previstas do proceso.

* Controlar e realizar o desenvolvemento das fases do proceso asignadas, para asegurar o óptimo rendemento dos medios e dos recursos de produción, e para producir a cantidade fixada coa calidade prevista.

* Realizar o mantemento de primeiro nivel dos elementos de produción das máquinas e dos equipamentos que interveñen nos procesos de tecedura de punto, para evitar paradas ou restablecer a produción.

* Propor posibles melloras no proceso produtivo e principalmente nos procedementos e nos modos operativos que emprega no desenvolvemento do seu traballo.

* Comunicarse verbalmente ou por escrito coas persoas responsables dos departamentos de mantemento e control de calidade coas que mantén unha relación de dependencia funcional.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Responder das continxencias técnico-produtivas que se poden presentar na recepción e na manipulación de materias primas e produtos auxiliares, no fluxo de materiais, no funcionamento dos medios de produción e na calidade dos produtos intermedios e finais obtidos na fase ou nas fases nas que opera, coa finalidade de asegurar o desenvolvemento previsto da produción.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos de confección e dos produtos resultantes, e valorar axeitadamente a función e a misión de cada unha delas.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento das tarefas colectivas e cooperando na supervisión das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Ordenar e dirixir o traballo dos operarios que forman parte do seu equipo, supervisando os controis da calidade realizados por aqueles.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse ás diferentes situacións ou postos de traballo existentes no ámbito da súa competencia xeral e aos cambios tecnolóxicos e organizativos que incidan na súa actividade profesional.

* Integrarse nun equipo de traballo produtivo; corresponsabilizarse das tarefas asignadas e desenvolver a súa actividade con seguridade persoal, colectiva e ambiental, co fin de contribuír eficazmente á consecución dos obxectivos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ao seu, e requírenselle as capacidades de autonomía en:

* Preparación e posta a punto das máquinas, os equipamentos e os instrumentos.

* Realización de substitucións sinxelas e axuste correspondente de elementos sometidos a desgaste ou funxibles (directamente produtivos ou non) que non requiran equipamentos, instrumentos ou técnicas complexas ou moi específicas.

* Diagnóstico das causas de avarías dos elementos de máquina directamente produtivos.

* Detección de disfuncións de órganos non directamente produtivos das máquinas que lle ocasionan alteracións ao produto, e orientación dos traballos do equipo de mantemento sobre os elementos que hai que reparar, modificar ou substituír.

* Produción das liñas asignadas na cantidade, coa calidade e nos prazos establecidos.

* Continxencias en relación á materia prima, aos produtos auxiliares e aos medios de produción.

2.4. Unidades de competencia.

1. Preparar as máquinas e producir tecidos de punto por recollida.

2. Preparar as máquinas e producir tecidos de punto por urdido.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: preparar as máquinas e producir tecidos de punto por recollida.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Interpretar fichas técnicas e de produción de tecidos de punto por recollida, co obxecto de organizar o traballo.* A correcta interpretación permite identificar o produto e as tarefas (preparación do fío, programación de máquinas, elaboración de mostras, etc.).

* A interpretación permite a selección do procedemento e a organización do traballo.

1.2.Picar ou introducir os datos da ficha técnica por medio de sistemas mecánicos ou informáticos, co fin de deixar operativo o programa de máquina.* A transcrición da linguaxe técnica aos códigos de máquina está adaptada ao sistema de programación de cada tipo e modelo de máquina.

* A correcta programación permite obter mostras reais ou simuladas de tecidos, compoñentes de peza ou pezas de roupa, que cumpren as especificacións técnicas.

* O proceso de transcrición realízase de xeito ordenado, rigoroso e completo, e no tempo previsto.
* O arquivo da información realízase de xeito ordenado e seguro, e é de doado acceso.

1.3.Montar, axustar e reaxustar elementos dos teares e materiais, co fin de os preparar para a produción de tecidos de punto por recollida.* O cambio dos mecanismos de tecedura (agullas, jacks, disposición de levas, guía-fíos e mecanismos de transferencia de mallas) dos elementos e dos accesorios está adaptado ao tipo e ao modelo de máquina e ás especificacións técnicas de produto.

* O axuste dos elementos de máquina (agullas, guía-fíos, tensores, topes de parada, mecanismos de transferencia de mallas, percorrido de carro, etc.) está dentro das marxes de tolerancia específicas da máquina e do produto que se vai obter.

RealizaciónsCriterios de realización

* Instálanse os conos na posición fixada contendo a materia e a partida adecuadas.
* A enfiada está axustada ao tipo de máquina e ao produto que se vaia obter.
* A máquina programada e en posición inicial permite facela funcionar paso a paso e comprobar o correcto desenvolvemento do programa.
* Obtéñense os parámetros previstos do tecido ou da peza de roupa reaxustando os parámetros de máquina de acordo co estado do fío, o resultado da primeira mostra e as instrucións recibidas.
* Realízase ordenadamente o procedemento de montaxe, con seguridade persoal e dos elementos da máquina.
* Utilízanse con precisión e eficacia as ferramentas, os útiles e os aparellos de medición.
* O tempo de realización está axustado aos límites establecidos pola empresa.

1.4.Controlar o desenvolvemento da produción das máquinas de tecedura de punto asignadas, asegurando o seu óptimo funcionamento e a cantidade e a calidade do produto.* Realízase de xeito ordenado a alimentación da máquina, coa suficiente antelación, idéntico material e mínimo tempo de parada.

* Realízase a evacuación de tecido e compoñentes de peza ou pezas de roupa sen deterioración do produto e restablecendo as condicións de tecedura.

* O produto está axustado aos parámetros de calidade e produtividade fixados.
* Corríxense as anomalías ou os defectos solubles no produto e na máquina baixo a responsabilidade do operario.
* Comunícanselle ao responsable inmediato de xeito rápido as anomalías ou os defectos importantes.
* A calidade da produción cumpre coas instrucións e cos obxectivos da produción.
* Identifícanse correctamente os problemas de calidade, e as súas causas, dentro dos límites da responsabilidade asignada.
* Defínense e transmítenselle ao responsable pertinente os problemas de calidade que superan a responsabilidade asignada con prontitude e exactitude.
* Tómanse as medidas correctivas oportunas para os problemas de calidade, nos límites de responsabilidade asignados.
* Aplícanse os procedementos de control de calidade cos intervalos correctos, asegurando os obxectivos da produción.

1.5.Realizar o mantemento de primeiro nivel, co fin de restablecer a produción ou evitar paradas.* Realízase o mantemento de primeiro nivel de acordo coa documentación técnica, as instrucións da empresa e as normas de seguridade.

* Diagnostícanse correctamente os fallos dos equipamentos.

* A substitución de elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento de xeito seguro e eficaz.
* As restantes pezas non sofren deterioración durante o proceso de reparación.
* Realízase o mantemento de primeiro nivel tendo en conta os procedementos de preparación das máquinas e dos equipamentos.
* A documentación xerada no mantemento é exacta e completa.
* Transmítenselle con prontitude ao persoal apropiado as necesidades de mantemento que superan a responsabilidade asignada.

1.6.Achegar a información técnica referente ao traballo realizado, resultados e calidade do produto, co fin de contribuír aos plans de produción e xestión da calidade.* A correcta formulación contribúe ao bo fluxo da información durante o proceso produtivo.

* Rexístrase a información de maneira clara, concreta e concisa.

* A información rexistrada permite coñecer a tempo a produtividade e as incidencias ocasionadas.

* A identificación dos compoñentes de pezas de roupa e a anotación de anomalías no produto facilita tarefas posteriores de revisión, reparación e clasificación.
* As propostas de mellora da produción conseguen a mellora da produtividade ou da seguridade.

1.7.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa, levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de emerxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e os deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipamentos e os medios de seguridade máis adecuados para cada actuación, que serán utilizados e coidados con corrección.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo e tómanse as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de emerxencia:-Realízase a parada da maquinaria do xeito adecuado e desalóxanse os edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Coneiras. Bobinadoras. Máquinas de tecer (tecedoras mecánicas, circulares de pequeno diámetro, circulares de grande diámetro, etc.). Equipamentos con sistemas de mando, programación e control mecánicos, pneumáticos, electromecánicos, electrónicos e informáticos. Equipamento de axuste, montaxe e mantemento operativo de máquina. Equipamentos informáticos. Máquinas picadoras.

-Materiais e produtos.

Fío e mecha. Produtos auxiliares: parafinas, aceite, etc. Produtos e resultados do traballo: pezas de roupa, compoñentes de pezas de roupa e pezas de tecido de punto por recollida.

-Parámetros que se deben controlar.

Materia prima: adecuación do fío ao produto e ao proceso. Produto: ligamento, densidade, debuxo, medidas de pezas de roupa ou compoñente, etc. Calidade do produto. Procesos e medios de produción: consumo de fío, tensión, centrado, niveis de lubricación e adecuación do programa á ficha técnica.

-Información.

Empregada: orde de produción, ficha técnica, e manual de procedemento e calidade. Normas de seguridade. Manual de mantemento. Instrucións de corrección de proceso.

Xerada: consumo de materiais. Resultados de produción e calidade. Incidencias.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar as máquinas e producir tecidos de punto por urdido.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Interpretar fichas técnicas e de produción de tecidos de punto por urdido, co fin de organizar o traballo.* A correcta interpretación permite identificar o produto e as tarefas (urdir, montar, dobrar, tecer, etc.).

* A interpretación permite a selección do procedemento e a organización do traballo.

2.2. Preparar o fío para a tisaxe para obter os pregadores.* Realízase a montaxe da fileta co fío, a partida e o percorrido adecuados.

* Prográmase o pregador de acordo co seu número de fíos, os metros, as voltas, o perímetro e a anchura.

* O axuste consegue a igualdade de tensión de todos os fíos.
* Identifícanse e encíntanse os pregadores correctamente.

2.3.Introducir os datos de ficha técnica por medio de sistemas informáticos ou mecánicos, co fin de deixar operativo o programa de máquina.* A transcrición da linguaxe técnica aos códigos de máquina está adaptada ao sistema de programación de cada tipo e modelo de máquina.

* A correcta programación permite obter mostras reais ou simuladas do tecido que cumpren as especificacións técnicas.

* Realízase o proceso de transcrición de xeito ordenado, rigoroso e completo, e no tempo previsto.

RealizaciónsCriterios de realización

* Arquívase a información de modo ordenado e seguro, e cun doado acceso.

2.4.Montar, axustar e reaxustar elementos de máquinas e materiais, co fin de as preparar para a produción de tecidos de punto por urdido.* O cambio de elementos, accesorios e mecanismos de tisaxe (agullas, pasadores, platinas, fresados, etc.) está adaptado ao tipo e ao modelo de máquina, así como ás especificacións de produto.

* O axuste dos elementos de máquina (agullas, platinas, pasadores, fresados, etc.) está dentro das marxes de tolerancia fixadas.

* A máquina programada e en posición inicial permite facela funcionar paso a paso e comprobar o correcto desenvolvemento do programa.
* Os pregadores conteñen a materia, a partida e o número de fíos adecuados, instálanse co sentido de xiro necesario e de maneira segura.
* O enfiado está axustado ao tipo de máquina e ao produto que se vaia obter.
* Dispóñense paralelamente os fíos do tendido, segundo distribución e tensión establecidas.
* Obtéñense os parámetros do tecido previstos reaxustando os parámetros de máquina conforme o estado do fío, o resultado da primeira mostra e as instrucións recibidas.
* Realízase ordenadamente a montaxe, con seguridade persoal e dos elementos de máquina.
* Úsanse con precisión e eficacia as ferramentas, os útiles e os aparellos de medición.
* O tempo de realización está axustado aos límites establecidos pola empresa.

2.5. Controlar o desenvolvemento da produción das máquinas de tecedura de punto por urdido, asegurando o seu óptimo funcionamento e a cantidade e calidade do produto.* Aliméntase a máquina de maneira ordenada, coa suficiente antelación, idéntico material e mínimo tempo de parada.

* Evácuase o tecido sen deterioración do produto e restablecendo as condicións de tisaxe.

* O tecido está axustado aos parámetros de calidade e produtividade fixados.

* Corríxense, baixo a responsabilidade do operario, as anomalías ou os defectos solubles no produto e na máquina.
* Comunícanselle rapidamente ao responsable inmediato as anomalías ou os defectos importantes.
* A calidade da produción cumpre coas instrucións e os obxectivos establecidos.
* Identifícanse correctamente os problemas de calidade e as súas causas, dentro dos límites da responsabilidade asignada.
* Defínense os problemas de calidade que superan a responsabilidade asignada e transmítenselle ao responsable pertinente con prontitude e exactitude.
* Tómanse as medidas correctivas oportunas para os problemas de calidade nos límites da responsabilidade asignada.
* Aplícanse os procedementos de control de calidade nos intervalos correctos asegurando os obxectivos da produción.

2.6. Realizar o mantemento de primeiro nivel, co fin de restablecer a produción ou evitar paradas.* Diagnostícanse correctamente os fallos dos equipamentos.

* A substitución de elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento de xeito seguro e eficaz.

* As restantes pezas non sofren deterioración durante o proceso de reparación.
* Realízase o mantemento de primeiro nivel segundo a documentación técnica, as instrucións da empresa e as normas de seguridade.
* A documentación xerada no mantemento é exacta e completa.
* Realízase o mantemento de primeiro nivel tendo en conta os procedementos de preparación das máquinas e dos equipamentos.

2.7.Achegar a información técnica referente ao traballo realizado, aos resultados e á calidade do produto, co fin de contribuír aos plans de produción e xestión da calidade.* A correcta formulación contribúe ao bo fluxo da información durante o proceso produtivo.

* Rexístrase a información de maneira clara, concreta e concisa.

* A información rexistrada permite coñecer a tempo a produtividade e as incidencias ocasionadas.

* A anotación de anomalías no produto facilita tarefas posteriores de revisión, reparación e clasificación.
* O rexistro de anomalías pode incluír propostas de modificación dos procedementos produtivos.

2.8.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa, levando a cabo accións tanto preventivas como correctoras e de emerxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e os deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse, utilízanse e cóidanse correctamente os equipamentos e os medios de seguridade máis adecuados para cada actuación.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo e tómanse as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

RealizaciónsCriterios de realización

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de emerxencia:-Realízase a parada da maquinaria do xeito adecuado e desalóxanse os edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Urdidores directos. Máquinas de tecer: kette, raschel, crochet e circulares de urdido. Equipamentos con sistemas de mando, programación e control mecánicos, pneumáticos, electromecánicos, electrónicos e informáticos. Equipamento de axuste, montaxe e mantemento operativo de máquina. Equipamentos informáticos.

-Materiais e produtos.

Fío. Pregadores. Mecha. Produtos auxiliares: parafinas, aceites, etc.

-Produtos ou resultados do traballo.

Tecido de punto por urdido.

-Parámetros que se deben controlar.

Materias primas: adecuación do fío ao produto e ao proceso. Produto: ligamento, densidade, debuxo e calidade do produto. Procesos e medios de produción: consumo de fío, tensión, centrado, niveis de lubrificación e adecuación do programa á ficha técnica.

-Información.

Utilizada: orde de produción. Ficha técnica. Manual de procedemento e calidade. Normas de seguridade. Manual de mantemento. Instrucións de corrección de proceso.

Xerada: consumo de materiais. Resultados de produción e calidade. Incidencias.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Aumento das velocidades de produción coa conseguinte necesidade de rigor e coñecemento do axuste e valor dos parámetros de produción.

* Aumento da fiabilidade das máquinas e diminución de roturas, defectos e desgastes, que require unha menor atención por parte do operario que pode atender máis máquinas ou efectuar traballos paralelos de verificación de produto e parámetros de máquina.

* Sistemas de programación electrónicos e informáticos que facilitan o cambio de artigos de mostra.

* Tendencia a fabricar máquinas cada vez máis versátiles para unha maior gama de artigos.

* Exixencias dun mercado que demanda series curtas e moi variadas, o que exixe unha organización do traballo con persoal formado na posta a punto da maquinaria e nos axustes de toda a gama de artigos que se poden producir nunha máquina.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Os novos sistemas de programación e control sobre os medios de produción precisan unha menor necesidade de actividades mecánicas e de exercicios constantes de habilidade manual, e unha maior comprensión das variables que determinan o proceso.

O cambio frecuente de artigos e a maior fiabilidade das máquinas exixen a flexibilidade do operario de se adaptar a distintas tarefas, xa sexan de montaxe e axuste, xa de supervisión do proceso ou de verificación de parámetros de máquinas ou de artigos, con coñecemento de análise e resolución de problemas en liña de produción.

2.6.3. Cambios na formación.

O operario deberá dispor de maior formación sobre as posibilidades de funcionamento dos equipamentos e das máquinas nos que traballa ou que interveñen nun proceso produtivo, con coñecemento adicional dos sistemas electrónicos e informáticos de programación e control.

Requirirá coñecemento das técnicas de identificación, análise e resolución de problemas para o mantemento da calidade no proceso de produción.

Tamén se deberá intensificar o coñecemento das novas materias primas, das súas aplicacións e das posibilidades de seren tecidas.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

A figura profesional sitúase no subsector da tecedura de punto e, fundamentalmente, en empresas coas actividades seguintes:

* Produción de tecidos de punto por recollida.

* Produción de tecidos de punto por urdido.

* Deseño e programación de mostras téxtiles.

A estrutura empresarial do subsector da tecedura de punto configúrase na pequena e na mediana empresa, principalmente.

A actividade da figura profesional sitúase na área de fabricación e nos procesos produtivos de transformación de fío en tecidos e pezas de roupa de punto.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Atendendo á estrutura organizativa da empresa e ao proceso produtivo no que opera, pode asumir un maior ou menor número de funcións que poden ir desde a montaxe e/ou o control do funcionamento dun tipo de máquinas (tecedoras automáticas, cotton, raschel, kette, etc.) ata a programación de mostras téxtiles.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos que interveñen no seu traballo abranguen o campo das materias téxtiles e están ligados directamente a:

* Proceso de fabricación: conxunto de máquinas e equipamentos de produción de tecidos de punto por recollida e por urdido.

* Técnicas empregadas no proceso de fabricación.

* Coñecemento das características e das propiedades das materias téxtiles.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Técnico en preparación e control de máquinas de preparación á tecedura.

* Técnico en preparación e control de máquinas téxtiles de punto por urdido.

* Técnico en preparación e control de máquinas téxtiles de punto por recollida.

* Preparador de mostras téxtiles de punto.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Procurar, interpretar e expresar información técnica relacionada coa profesión, analizar e valorar o seu contido e utilizar a terminoloxía e a simboloxía adecuadas, como soporte que posibilite o coñecemento e a inserción no sector téxtil, de confección e pel, así como a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Planificar o conxunto de actividades necesarias para realizar o seu traballo con iniciativa e responsabilidade, identificando e seleccionando a información e medios técnicos necesarios, coa finalidade de obter un produto axustado ás normas e aos parámetros previstos, co máximo aproveitamento de recursos.

* Preparar os equipamentos e as máquinas de tecedura de punto por urdido e recollida de xeito autónomo e metódico, mediante a programación, a regulación e o acondicionamento da materia prima, coa finalidade de conseguir a posta a punto nas condicións prefixadas.

* Producir tecidos e pezas de roupa de punto con autonomía e responsabilidade; realizar as operacións de control do proceso, asistencia e mantemento operativo dos equipamentos e das máquinas, e verificar os parámetros de calidade do produto, coa finalidade de efectuar o traballo co rendemento técnico e económico adecuado.

* Identificar as propiedades e as características máis relevantes das materias téxtiles, así como as súas aplicacións e criterios de utilización, coa finalidade de realizar correctamente o proceso.

* Resolver os problemas que xurdiren nos procesos de produción de tecidos e pezas de roupa de punto; diagnosticar as causas de incidencias ou anomalías e actuar en consecuencia, coa finalidade de dar resposta ás continxencias do proceso.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e adquirir a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poidan presentar neles.

* Recoñecer e aplicar as normas de seguridade persoal, de instalacións e do medio destinadas a resolver tanto situacións de emerxencia como de prevención de accidentes nos diferentes ámbitos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: produción de tecidos de punto por recollida.

Asociado á unidade de competencia 1: preparar as máquinas e producir tecidos de punto por recollida.

Capacidades terminais elementais

* Clasificar tipos de tecidos por recollida ou pezas de roupa para tecer en función das fibras e das máquinas que se utilicen.

* Seleccionar o tipo de tecido ou pezas de roupa para tecer, e recompilar e ordenar toda a información técnica necesaria para a súa realización.

* Definir as características fundamentais do artigo (ligamento, densidade, debuxo, dimensión do artigo ou compoñentes) e, en función delas, seleccionar os fíos e as súas cores.

* Seleccionar o tipo de máquina (galga, prestacións, etc.) de acordo coas características do artigo e o fío.

* Valorar a viabilidade da fabricación do tecido no referente aos materiais e á maquinaria dispoñible no taller.

* Interpretar e representar graficamente o ligado da estrutura dun tecido de punto por recollida, por procedementos manuais ou informáticos, con claridade, con rigor e con concisión.

* Secuenciar o conxunto de instrucións do proceso para a elaboración dun programa de máquina, establecendo os seus parámetros (selección de agullas, movemento de levas e variador, guía-fíos, velocidade, ferrollos, estiraxe, etc.) en función da estrutura do tecido e das características do artigo, e recollelo na ficha técnica.

* Organizar, con criterios de eficacia, as actividades de traballo necesarias para tecer un artigo de punto, a partir da información contida na ficha técnica.

* Expresar en código de máquina o programa elaborado e introducir os datos no sistema de programación de máquina.

* Operar cos equipamentos mecánicos e electrónicos de xeito metódico, ordenado e rigoroso.

* Definir as fases de control e autocontrol, establecer a relación entre o procedemento e o resultado que se debe obter, e identificar os medios e os útiles de control.

* Describir as características do fío en relación coa máquina de tecer e co artigo que se vaia obter, con selección do tipo, a cor e a cantidade dos fíos.

* Realizar o trascanado e o parafinado do fío controlando a uniformidade e a tensión no cono.

* Detectar anomalías e defectos no fío, valorar a súa repercusión no proceso e adoptar as medidas pertinentes en cada caso.

* Enfiar as materias baseándose nunha distribución de engarzamento dada, de xeito adecuado, metódico e preciso, e comprobar a calidade do material.

* Interpretar a información, a documentación e os manuais das máquinas no referente ao funcionamento, á posta a punto, ao mantemento, ás avarías e ás pezas de recambio.

* Diferenciar e describir as máquinas e os útiles de preparación do fío e da tecedura de punto por recollida e establecer a relación entre os elementos que os compoñen e as súas funcións e aplicacións.

* Montar e desmontar os mecanismos das máquinas coas tolerancias habituais ou específicas, de xeito ordenado, metódico e seguro.

* Realizar operacións de lubrificación, engraxe, limpeza, axuste e programación segundo procedementos e normas.

* Resolver sinxelas anomalías nas pezas e nos elementos de tecedura, e identificar as causas ou os factores que as provocan.

* Identificar os parámetros que se deben controlar no tecido ou na peza de roupa para evitar desviacións.

* Alimentar de materia a máquina, controlar o funcionamento e evacuar o produto resultante dese proceso de xeito ordenado, sen o deteriorar e no tempo establecido.

* Realizar habilmente e con seguridade as operacións de fabricación da primeira mostra, en cada tipo de máquina.

* Verificar as características estruturais da mostra respecto ás especificadas na ficha técnica.

* Relacionar as anomalías de funcionamento: alimentación, consumo de fío, equilibrio e tensión.

* Relacionar as desviacións dos parámetros de tecedura establecidos: densidade, gramaxe, elasticidade, estabilidade dimensional, debuxo e dimensións do tecido ou da peza de roupa.

* Reaxustar os parámetros das máquinas con base nas desviacións identificados no produto, con valoración da repercusión que os defectos poidan ter nos procesos téxtiles posteriores e na calidade final do produto.

* Formalizar os documentos de preparación, proceso e control que, de xeito máis habitual, se empregan na fabricación de artigos (fichas técnicas de seguimento, de produción, incidencias, etc.), utilizando a terminoloxía adecuada.

* Describir os factores que inflúen no custo total dun artigo, para poder determinar o seu prezo de venda.

Contidos (duración: 320 horas)

Contidos procedementais

Tecedura de tecido de punto.

* Posicionamento relativo dos elementos de tecedura.

Estrutura do tecido.

* Identificación do tipo de tecido.

* Selección do método de representación.

* Identificación das variables do tecido.

* Representación gráfica.

* Acotación do motivo.

* Comprobación da representación.

* Identificación dos tecidos procedentes dos distintos tipos de máquinas de punto.

Fío.

* Identificación do fío.

* Identificación e elección do proceso de preparación do fío.

* Identificación da disposición dos fíos e número de conos necesarios.

* Realización das operacións de trascanado:

-Interpretación das especificacións técnicas.

-Selección da máquina e do procedemento de preparación.

-Selección de ferramentas, lubricante e soporte.

-Determinación da velocidade e tensión do enconado.

-Determinación das medidas de seguridade e protección persoal.

-Control do trascanado.

-Verificación do parafinado e do enconado.

-Corrección de incidencias.

* Disposición e engarzamento da máquina de preparación do fío.

Máquinas de tecedura.

* Interpretación de fichas técnicas.

* Identificación do tipo de selección de máquina.

* Elección da máquina.

* Identificación do elemento selector do fío.

* Obtención da selección e comprobación do resultado.

* Referenciado, marcaxe e almacenaxe de seleccións.

Preparación e programación das máquinas de tecedura.

* Interpretación da orde de produción.

* Identificación da galga e tipo de máquina.

* Establecemento da secuencia de operacións de preparación.

* Selección de ferramentas e útiles.

* Selección e posicionamento de conos.

* Enfiado da materia.

* Disposición, regulación e afinado dos elementos produtivos.

* Carga do programa.

* Regulación e posta en posición inicial dos mecanismos.

* Comprobación da preparación.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

Afinado de máquinas.

* Interpretación da ficha técnica. Orde de produción.

* Establecemento do proceso de posta a punto.

* Selección de ferramentas e aparellos.

* Posta da máquina en posición inicial.

* Comprobación do funcionamento da máquina e do programa.

* Reaxuste do mecanismo e dos parámetros.

* Realización, análise e verificación da primeira baixada.

* Reaxuste dos parámetros de máquina e comprobación da calidade do produto.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

Control do proceso.

* Interpretación e introdución de datos na máquina, segundo a orde de produción.

* Organización do traballo.

* Alimentación do fío.

* Control operativo das máquinas e da calidade do produto. Resolución de incidencias.

* Evacuación do produto.

* Limpeza das máquinas e preparación dun novo produto.

* Control, marcaxe e almacenaxe do produto obtido.

* Determinación das medidas de seguridade e protección persoal.

Verificación da calidade do produto.

* Identificación dos obxectivos de produción e criterios de avaliación.

* Interpretación das especificacións técnicas do produto.

* Selección do método, disposición do produto e útiles necesarios para a verificación da súa calidade.

* Identificación, análise e causas dos defectos ou das anomalías. Determinación das correccións para realizar na máquina, no programa ou na materia prima.

Contidos conceptuais

Tecedura de tecidos de punto.

* Principios de formación de mallas.

* Variantes.

* Agullas, platinas e guía-fíos: tipos e función.

* Relación de elementos co principio de formación de malla.

Estrutura do tecido.

* Ligado de fíos.

* Variantes de mallas.

* Modificación de mallas por traslado, variante e desprendemento.

* Transferencia de mallas.

Estrutura do tecido realizable con máquinas tecedoras mecánicas, cotton e circulares de grande e pequeno diámetro.

* Longo de peza.

* Labrados e calados.

* Complementos de pezas.

* Conformados.

* Ligados intarsia.

* Medias e calcetíns.

Fío.

* Preparación.

* Trascanado e parafinado.

* Características:

-Coeficiente de fricción.

-Purgado.

-Torcido e retorcido.

-Nós.

-Reunido e recubrimento de fíos.

* Máquinas de preparación do fío:

-Tipos, funcións e prestacións.

-Elementos de regulación e axuste.

-Útiles e instrumentos específicos.

-Utilización das máquinas en función da materia.

-Mantemento das máquinas: limpeza e lubricación.

-Normas de utilización e seguridade.

* Criterios de calidade da preparación do fío. Defectos, correccións e influencia na tecedura.

Maquinarias de tecedura.

* Clasificación e características segundo a estrutura, o grao de automatización e as posibilidades do produto.

* Parámetros definitorios das máquinas. Nomenclatura técnica e comercial.

* Conxunto soporte. Elementos compoñentes, función e características.

* Conxunto de tecedura:

-Compoñentes: forma, disposición e regulación.

-Galga.

* Sistema de goberno de máquinas.

* Sistemas de selección de máquinas. Tipos. Posibilidades de produto.

* Sistemas de transmisión nas máquinas. Tipos, sistemas de arrastre e elementos de regulación.

* Sistemas de alimentación. Alimentadores:

-Tipos.

-Accionamento.

-Elementos: tensores, amortecedores, recuperadores, reguladores e posicionadores.

* Sistemas de estirado e evacuación do tecido:

-Tipos.

-Compoñentes.

-Regulación.

-Accionamento.

* Elementos de seguridade.

* Elementos de limpeza.

* Útiles e ferramentas específicos para a montaxe, o afinado, a regulación e a medida.

Preparación das máquinas de tecedura.

* Enfiado.

* Tensión do fío.

* Alimentación dos fíos.

* Disposición da elección do fío.

* Axuste de anchos, longos e talles.

* Modificación de secuencias de programación.

* Regulación e adaptación da máquina ao produto.

* Cambio de galgas.

* Carga de programa na máquina.

* Organización do proceso de preparación de máquinas. Criterios de calidade e normas de seguridade.

Programación das máquinas.

* Códigos e símbolos de representación de tecidos de punto.

* Diagramas de malla e de cuadrícula.

* Sistemas de programación e máquinas:

-Manuais.

-Mecánicos.

-Informáticos.

* Soportes de selección e mandos.

* Programa de máquina. Características de funcionamento dos programas máis empregados.

* Instrucións de preparación e organización do programa. Sistemas de arquivo.

* Normas de seguridade.

Afinado de máquinas.

* Defectos ou desviacións do produto na primeira baixada. Métodos de identificación.

* Orixe e causas dos defectos do produto:

-Da materia.

-Da máquina.

-Do programa.

-Das condicións ambientais.

* Disfuncións da posta a punto das máquinas: xeitos de as identificar e causas que as producen.

* Afinado e reaxuste de máquinas. Métodos.

Control do proceso.

* Produción e rendemento das máquinas:

-Condicións.

-Nivel.

-Custo.

* Alimentación das máquinas. Métodos.

* Evacuación do produto. Métodos.

* Organización e control dos traballos de aprovisionamento, produción e evacuación das máquinas.

* Incidencias de funcionamento das máquinas:

-Tipos.

-Lecturas de control.

-Métodos de identificación e de control.

* Control do produto. Estrutura e dimensións. Patrón dos compoñentes. Periodicidade de control.

* Defectos de produto. Corrección.

* Sistemas de mantemento das máquinas.

* Criterios e métodos de clasificación, identificación e empaquetaxe de pezas.

* Normas de seguridade.

Documentación da preparación, proceso e control.

* Ficha técnica do produto e de preparación da máquina.

* Orde de produción.

* Follas de control de proceso. Incidencias e produción.

* Manuais de procedemento, de máquinas e de calidade.

* Normas de seguridade.

Contidos actitudinais

* Atención aos principios de formación de mallas.

* Reflexión sobre os distintos tipos de ligado, a súa representación e a estrutura do tecido.

* Aseguramento da operatividade das máquinas: limpeza e lubricación.

* Eficiencia na preparación de máquinas.

* Compromiso por manter a orde e o método de traballo.

* Pulcritude nos traballos para producir con calidade.

* Método na disposición dos útiles e das ferramentas.

* Valoración e aproveitamento do factor tempo e dos custos de produción.

* Valoración da importancia da normalización tecnolóxica.

* Coordinación e colaboración con outros compañeiros na realización de traballos conxuntos.

* Autosuficiencia na realización de tarefas relacionadas coa montaxe e o afinado de máquinas, e coa limpeza e o mantemento.

* Autoavaliación no control da produción.

* Mentalidade emprendedora e procura de melloras no método de traballo.

* Interese polos avances tecnolóxicos e adaptación ás novas situacións de traballo.

* Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.

* Conciencia e esforzo para conseguir o seu progreso dentro da profesión.

3.2.2. Módulo profesional 2: produción de tecidos de punto por urdido.

Asociado á unidade de competencia 2: preparar as máquinas e producir tecidos de punto por urdido.

Capacidades terminais elementais

* Clasificar tipos de tecidos por urdido para tecer en función das fibras e das máquinas que se utilicen.

* Seleccionar o tipo de tecido para obter, e recompilar e ordenar toda a información técnica necesaria para a súa realización.

* Definir as características fundamentais do tecido (ligamento, densidade, debuxo, estabilidade dimensional e elasticidade) e, en función delas, seleccionar os fíos, as súas cores e o tipo de máquina.

* Seleccionar o tipo de máquina (número de peites, galga, mecanismos de regulación e control e prestacións) de acordo coas características do tecido e do fío.

* Valorar a viabilidade da fabricación do tecido no referente aos materiais e á maquinaria dispoñible no taller.

* Interpretar e representar graficamente o ligado da estrutura dun tecido de punto por urdido, con procedementos manuais e informáticos, con claridade, rigor e concisión.

* Secuenciar o conxunto de instrucións do proceso establecendo os parámetros tanto do urdidor (tipo de puga, distribución, pasos do fío, tensión do urdido e do fío, e velocidade do urdido) como da máquina (movementos de peites, o seu posicionamento, velocidade, densidades, alimentación e estiraxe) en función da estrutura do tecido.

* Organizar, con criterios de eficacia, as actividades de traballo necesarias para tecer un artigo de punto, a partir da información contida na ficha técnica.

* Expresar en código de máquina o programa elaborado, e introducir os datos no sistema de programación da máquina.

* Operar cos equipamentos mecánicos e electrónicos de xeito metódico, ordenado e rigoroso.

* Definir as fases de control e autocontrol, e establecer a relación entre o procedemento e o resultado que se debe obter, identificando os medios e os útiles de control.

* Describir as características do fío en relación co urdido, a maquinaria de tecer e o artigo que se vaia obter, seleccionando o tipo, a cantidade e a distribución dos fíos.

* Realizar o urdido, controlando o ancho de faixa, a superficie do pregador, a regularidade de tensión, o número de voltas, e os metros e perímetros de pregador.

* Detectar anomalías e defectos no fío e no pregador, valorar a súa repercusión no proceso e adoptar as medidas pertinentes en cada caso.

* Enfiar as materias baseándose nunha distribución de engarzamento dada, de xeito ordenado, metódico e preciso, e comprobar a calidade do material.

* Interpretar a información, a documentación e os manuais das máquinas no referente ao funcionamento, á montaxe, á posta a punto e á reparación.

* Diferenciar e describir as máquinas e os útiles de urdir e de tecer por urdido, e establecer a relación entre os elementos que os compoñen e as súas funcións e aplicacións.

* Montar e desmontar os mecanismos das máquinas coas tolerancias habituais ou específicas, de xeito ordenado, metódico e seguro.

* Realizar operacións de lubrificación, engraxe, limpeza, axuste e programación segundo procedementos e normas.

* Resolver sinxelas anomalías nas pezas e nos elementos de tecedura, e identificar as causas ou os factores que as provocan.

* Identificar os parámetros que se deben controlar no tecido de punto por urdido para evitar desviacións.

* Alimentar de materia a máquina, controlar o funcionamento e evacuar o produto resultante deste proceso de xeito adecuado, sen o deteriorar e no tempo establecido.

* Realizar habilmente e con seguridade as operacións de facturación de mostras en cada tipo de maquinaria.

* Verificar as características estruturais das mostras respecto ás especificadas na ficha técnica.

* Relacionar as desviacións dos parámetros de tecedura establecidos: densidade, gramaxe, elasticidade, estabilidade dimensional, debuxo, etc.

* Reaxustar os parámetros das máquinas baseándose nas desviacións que os defectos poden ter nos procesos téxtiles posteriores e na calidade final do produto.

* Formalizar os documentos de preparación, proceso e control que de xeito máis habitual se empregan na fabricación de artigos (fichas técnicas de seguimento, de produción, incidencias, etc.), utilizando a terminoloxía adecuada.

* Describir os factores que inflúen no custo dun artigo para poder determinar o seu prezo de venda.

Contidos (duración: 210 horas)

Contidos procedementais

Preparación do fío.

* Identificación das características do fío. Disposición no urdidor e selección do proceso de preparación para empregar.

* Preparación da materia, elección e realización do proceso de urdido.

* Control e valoración do resultado.

Tecedura con máquinas rectilíneas e circulares.

* Identificación e representación gráfica das diferentes estruturas de mallas que forman un tecido.

* Elección da codificación e dos útiles de representación para empregar.

* Acotación do motivo e comprobación da representación.

Preparación do fío e das máquinas de tecedura por urdido.

* Interpretación da ficha técnica. Orde de produción.

* Selección dos útiles, os aparellos, os fíos e os tipos de soporte.

* Carga dos pregadores.

* Engarzado da materia e disposición do fío.

* Regulación da tensión, dos detectores, da velocidade, da metraxe e do número de voltas.

* Referencia e verificación dos pregadores.

* Identificación da galga. Tipos.

* Establecemento da orde da preparación.

* Disposición e regulación dos elementos produtivos, de mando, de selección, motrices, de alimentación, de estiraxe, de almacenaxe, etc.

* Introdución do programa.

* Comprobación da programación.

* Control do proceso de fabricación. Corrección de incidencias.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

Selección e mando das máquinas.

* Interpretación da ficha técnica.

* Elección da máquina de preparación.

* Identificación do elemento selector ou soporte.

* Obtención das seleccións e mandos. Comprobación do resultado.

* Referencia, marcaxe e almacenaxe de seleccións.

* Determinación das medidas de seguridade persoal e informática.

Afinado de máquinas.

* Interpretación da ficha técnica. Orde de fabricación.

* Establecemento do proceso de posta a punto.

* Selección de ferramentas e aparellos.

* Posta das máquinas en posición inicial.

* Comprobación do funcionamento da máquina e do programa.

* Reaxuste de mecanismos e parámetros.

* Realización, análise e verificación da primeira baixada.

* Reaxuste dos parámetros de máquina e comprobación da calidade do produto. Determinación das medidas de seguridade e protección.

Control do proceso.

* Interpretación e introdución de datos na máquina, segundo a orde de produción.

* Organización do traballo.

* Alimentación do fío.

* Control operativo das máquinas e da calidade do produto. Resolución de incidencias.

* Evacuación do produto.

* Limpeza das máquinas e preparación para un novo produto.

* Control, marcaxe e almacenaxe do produto obtido.

* Determinación das medidas de seguridade e protección persoal.

Verificación da calidade do produto.

* Identificación dos obxectivos de produción e criterios de avaliación.

* Interpretación das especificacións técnicas do produto.

* Selección do método, disposición do produto e útiles necesarios para a verificación da calidade.

* Identificación, análise e causas dos defectos ou anomalías. Determinación das correccións para realizar na máquina, no programa e na materia prima.

Contidos conceptuais

Preparación do fío.

* Procesos de urdido:

-Directo.

-Indirecto.

-Seccional.

* Parámetros do proceso:

-Tensión.

-Velocidade.

-Metraxe.

* Lubricación de fíos. Coeficiente de fricción. Produtos lubricantes e antiestáticos.

* Condicións de traballo:

-Temperatura.

-Humidade relativa.

-Electricidade estática e sistemas para a neutralizar.

* Regulación do urdidor. Pregado do fío e equilibrado.

* Proceso de preparación do fío. Criterios de calidade. Influencia no urdido dos defectos da materia prima e a súa corrección.

* Normas de seguridade.

Tecedura con máquinas rectilíneas e circulares.

* Formación da malla. Variantes.

* Alimentación, desprendementos e formación simultánea.

* Agulla, platina e pasada:

-Incidencias e resolución.

-Limpeza e lubricación.

-Útiles e ferramentas específicas.

* Engarzamento. Percorrido e distribución de fíos e pasadores nas máquinas.

* Distribución e separación de peites. Movemento do arco de pasadores.

* Pinzado.

* Montaxe e a ensamblaxe de planos.

* Alimentación dos fíos. Tensión do fío na alimentación e en tecedura. Alimentación positiva e electrónica.

* Montaxe de cadeas. Sincronismos.

* Adaptación da máquina ao produto. Tipos. Cambios de galga.

* Carga do programa na máquina.

* Organización do proceso de preparación de máquina.

* Criterios de calidade da preparación.

* Normas de seguridade.

Máquinas de tecedura de punto por urdido rectilíneas e circulares.

* Clasificación das máquinas segundo a súa estrutura, o movemento, os tipos de agulla, as barras, o produto e a velocidade:

-Parámetros.

-Nomenclatura técnica e comercial.

* Bancada e fileta. Tipos. Aplicacións.

* Tecedura. Forma e disposición de compoñentes. Tipos:

-Regulación.

-Axuste.

-Montaxe.

-Adaptación.

* Sistemas de goberno da maquinaria; función e tipos.

* Sistemas de selección da maquinaria; función e tipos.

* Sistemas de transmisión; función e tipos.

* Sistemas de alimentación; tipos e características. Elementos tensores e regulación.

* Sistemas de estiramento e evacuación; función e tipos. Elementos compoñentes e de regulación.

* Elementos de seguridade; función e tipos.

* Elementos de limpeza; función e tipos.

* Equipamentos de preparación de seleccións e mandos; función e tipos. Regulación e axuste.

* Útiles e instrumentos específicos para a montaxe, a afinación, a regulación e a medida.

Selección e mando das máquinas.

* Codificación e semioloxía de representación dos tecidos de punto nas máquinas de urdido.

* Sistemas de programación das máquinas: mecánicos e electrónicos.

* Soporte de selección e mando.

* Programa de máquinas. Partes. Características de funcionamento. Compatibilidade. Instrucións de preparación.

* Normas de seguridade.

Afinado de máquinas.

* Defectos ou desviacións do produto na primeira baixada. Métodos de identificación.

* Orixe e causa dos defectos do produto:

-Da materia.

-Da máquina.

-Do programa.

-Das condicións ambientais.

* Disfuncións da posta a punto das maquinas. Formas de as identificar e causas que as producen.

* Métodos de afinado e reaxuste de máquinas.

Control do proceso.

* Produción e rendemento das máquinas:

-Condicións.

-Nivel.

-Custo.

* Métodos de alimentación das máquinas.

* Métodos de evacuación do produto.

* Organización e control dos traballos de aprovisionamento, produción e evacuación das máquinas.

* Incidencias de funcionamento das máquinas:

-Tipos.

-Sistemas de control.

-Métodos de identificación e de control.

* Control do produto. Estrutura e dimensións. Prioridade de control.

* Defectos do produto. Corrección.

* Sistemas de mantemento das máquinas.

* Criterios e métodos de clasificación, identificación e empaquetaxe de pezas.

* Normas de seguridade.

Documentación da preparación, proceso e control.

* Ficha técnica do produto e de preparación da maquinaria.

* Orde de produción.

* Follas de control de proceso. Incidencias e produción.

* Manuais de procedemento, de máquinas e de calidade.

* Normas de seguridade.

Contidos actitudinais

* Atención aos principios de formación de mallas.

* Reflexión sobre os distintos tipos de ligado, a súa representación e a estrutura do tecido.

* Aseguramento da operatividade das máquinas: limpeza e lubricación.

* Eficiencia na preparación de máquinas.

* Compromiso por manter a orde e o método de traballo.

* Pulcritude nos traballos para producir con calidade.

* Método na disposición dos útiles e ferramentas.

* Valoración e aproveitamento do tempo e dos custos de produción.

* Valoración da importancia da normalización tecnolóxica.

* Coordinación e colaboración con outros compañeiros na realización de traballos conxuntos.

* Autosuficiencia na realización de tarefas relacionadas coa montaxe e afinado de máquinas, e coa limpeza e o mantemento.

* Autoavaliación no control da produción.

* Mentalidade emprendedora e procura de melloras no método de traballo.

* Interese polos avances tecnolóxicos e adaptación ás novas situacións de traballo.

* Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.

* Conciencia e esforzo para conseguir o seu progreso dentro da profesión.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 3: materias téxtiles.

Capacidades terminais elementais

* Recoñecer os produtos téxtiles segundo a súa natureza e estrutura, e describir características e propiedades das materias téxtiles.

* Expresar e medir os parámetros de fibras, fíos e tecidos polos procedementos adecuados, utilizando para iso os instrumentos necesarios e as unidades e as medidas propias.

* Interpretar e cubrir fichas técnicas de mostras de materiais téxtiles comprobando que recollan os datos máis relevantes delas.

* Describir os procesos necesarios para a obtención de fíos, tecidos, teas non tecidas e outros artigos téxtiles.

* Describir os procedementos de aprestos e acabados, e determinar as substancias empregadas e as características que se conseguen con eles.

* Identificar os defectos debidos a fallos de produción ou tratamentos nos produtos téxtiles, sinalando a súa localización.

* Deducir en fibras, fíos, tecidos e non tecidos, os procesos de fabricación, os tratamentos a que se someteron e as características conseguidas con eles.

* Identificar os criterios para seguir na selección de fibras, fíos e tecidos, segundo o produto que se fabrique.

* Describir os criterios para seguir na selección dos aprestos e/ou acabados que deben ter as fibras, os fíos, os tecidos e as pezas de roupa confeccionadas para conseguir unhas características determinadas.

* Valorar os defectos máis frecuentes debidos ás materias primas, así como a súa repercusión nas características finais do produto.

* Describir o comportamento de fíos e dos tecidos ante as agresións que han sufrir no uso normal da peza de roupa.

* Indicar as condicións de conservación (temperatura, luz, humidade, ventilación, etc.) que debe ter un almacén para manter as materias téxtiles en bo estado.

* Regular nos almacéns as condicións de conservación ás que estarán sometidas as materias téxtiles.

* Identificar as fases de control no proceso de fiadura e tecedura dun produto, indicando útiles e medidas.

* Identificar os medios e os dispositivos de control que se deben utilizar no traballo que se vai realizar.

* Determinar o tamaño da mostra necesario para realizar os controis establecidos no plan de calidade.

* Describir os defectos que se deben ter en conta no control de calidade final.

* Describir os procedementos de selección, toma, preparación e conservación de mostras para realizar ensaios e probas de control de calidade.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

As fibras.

* Identificación organoléptica das fibras, fíos e tecidos.

* Identificación pirognóstica de fibras.

* Análise microscópica de fibras:

-Extracción da mostra.

-Preparación dunha probeta.

-Axuste do microscopio.

Fíos.

* Identificación de fíos:

-Características estruturais.

-Estimación do tipo de acabado.

-Recoñecemento dos defectos máis usuais de estrutura e acabados.

Tecidos non tecidos.

* Determinación das características estruturais dos tecidos non tecidos tendo en conta os procesos de fabricación, o grosor, a gramaxe, a cohesión e a resistencia dos tecidos non tecidos.

Tecidos de punto.

* Localización da face e do envés no tecido de punto: sentido das pasadas e columnas, ligamentos e densidade.

* Determinación de parámetros básicos do tecido de punto: gramaxe, resistencia, elasticidade, estabilidade dimensional e procesos de fabricación.

Tecidos de calada.

* Localización da face e do envés no tecido de calada: urdido, trama, densidade e ligamentos.

* Determinación de parámetros básicos do tecido de calada: gramaxe, resistencia, estabilidade e procesos de fabricación.

Realización de controis e ensaios de calidade.

* Determinación do tipo de ensaio segundo os datos que se queiran obter.

* Interpretación da metodoloxía para empregar.

* Extracción da mostra e preparación dos aparellos para utilizar.

* Realización do ensaio.

* Obtención e presentación dos resultados.

Contidos conceptuais

Fibras.

* As fibras: clasificación, orixe e obtención.

* Características e propiedades fundamentais.

* Aplicacións.

* Mesturas.

* Defectos.

Fíos.

* Os fíos: estrutura e características:

-Propiedades.

-Aplicacións.

-Defectos.

* Fiadura: tipos, etapas e acabados.

Tecidos non tecidos.

* Os tecidos non tecidos: compoñentes e estruturas.

* Características.

* Aplicacións.

* Procesos de obtención.

* Defectos.

Tecidos de punto.

* A malla.

* Tipos: por recollida e por urdido.

* Representación gráfica e terminoloxía.

* Elementos básicos para a formación de mallas.

* Ligamentos básicos.

* Procesos de obtención.

* Aplicacións.

* Defectos.

Tecidos de calada.

* Estrutura.

* Ligamentos: definición e clasificación.

* Procesos de tecedura de calada:

-Etapas e elementos principais.

-Aplicacións.

-Defectos.

Ennobrecemento téxtil.

* O ennobrecemento téxtil segundo os diferentes estados da materia:

-Tratamentos: preparación, branqueo, tintura, estampación, apresto, fixación e acabado.

-Procesos: etapas, produtos químicos e maquinaria.

-Características, propiedades e defectos máis usuais nos produtos acabados.

* Relación entre a confección, os materiais e as características de ennobrecemento do produto.

* Presentación comercial de materias e de produtos téxtiles.

* Condicións de almacenaxe, conservación e manipulación.

Controis e ensaios de calidade.

* Normas de calidade. Tolerancias.

* Equipamentos de medida e ensaio.

* Toma e preparación de mostras.

* Ensaios: concepto e tipos:

-Ensaios físicos.

-Ensaios químicos.

* Tratamento de resultados e de datos estatísticos.

* Normas de seguridade para aplicar.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade na preparación e no uso de útiles e aparellos para a identificación e ensaio de materiais téxtiles.

* Constancia á hora de detectar, corrixir e revisar os datos obtidos a partir da análise de fibras, fíos e tecidos.

* Orde e método de traballo.

* Preocupación pola distribución do traballo e do tempo segundo a documentación técnica.

* Rigor no cumprimento do método de ensaio e das normas establecidas.

* Conciencia da importancia que ten a perfecta conservación dos aparellos empregados.

* Cumprimento das normas para a seguridade persoal e dos equipamentos.

* Actitude emprendedora nas tarefas e nas accións.

* Autoavaliación sistemática do método seguido e da fiabilidade dos resultados.

3.3.2. Módulo profesional 4: Elementos, sistemas e instalacións de máquinas téxtiles.

Capacidades terminais elementais

* Identificar sobre plano os órganos, os circuítos e os elementos de regulación e control das máquinas téxtiles.

* Describir as características técnicas dos sistemas, circuítos e elementos representados nos planos.

* Facer esbozos sinxelos de sistemas, circuítos e elementos utilizados nas máquinas téxtiles, empregando correctamente a simboloxía e a normativa de representación.

* Identificar sobre a máquina órganos, sistemas, circuítos e elementos que a compoñen, seleccionando a información técnica necesaria.

* Identificar sobre a máquina os seus elementos funxibles, a partir do seu manual de plans de mantemento.

* Deducir a misión, o funcionamento e a relación entre os distintos elementos da máquina.

* Interpretar síntomas das disfuncións máis comúns da máquina e identificar as causas que as provocan.

* Relacionar as disfuncións máis comúns coas consecuencias que poden ter sobre o produto ou sobre a máquina.

* Relacionar as causas que orixinan as disfuncións coas medidas correctoras que restablezan o estado operativo das máquinas.

* Seleccionar as ferramentas, os útiles e os instrumentos máis adecuados para efectuar o mantemento sobre diferentes máquinas.

* Identificar as características de aplicación dos diferentes aceites e graxas utilizadas na lubrificación da maquinaria.

* Seleccionar e interpretar a información técnica e os recursos materiais necesarios para desenvolver operacións de mantemento preventivo sobre as máquinas.

* Montar e desmontar elementos mecánicos, pneumáticos, eléctricos e hidráulicos non directamente produtivos e que non requiran equipamentos, instrumentos nin técnicas complexas, con orde, pulcritude e

seguridade, de acordo co procedemento establecido no manual da máquina.

* Respectar as normas de conservación e mantemento de materiais, útiles e ferramentas, así como as de seguridade persoal.

* Enumerar os diferentes sistemas de regulación e control, describindo as propiedades e aplicacións de cada un deles e as súas diferenzas básicas.

* Axustar os elementos non directamente produtivos da máquina ás condicións operativas e de seguridade, con precisión e rigor.

* Medir e comprobar os parámetros dimensionais, mecánicos e eléctricos de control dos elementos máis susceptibles de sufrir anomalías nas máquinas, con método, seguridade e precisión.

* Efectuar operacións de lubricación, engraxe e limpeza das máquinas para as manter en estado operativo.

* Determinar a importancia dunha avaría ou disfunción na máquina e a viabilidade da súa reparación cos recursos e as técnicas propias do mantemento básico, e reflectir todos os datos nas correspondentes fichas.

* Analizar a arquitectura básica dun controlador lóxico programable (PLC) describindo a finalidade e o funcionamento das partes ou dos módulos máis relevantes.

* Comparar as características e as prestacións dos PLC de uso máis común a partir da súa información técnica.

* Montar e interconectar os elementos que constitúen o automatismo do PLC.

* Cargar, axustar e pór a punto o programa no PLC.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Máquinas téxtiles.

* Interpretación de fichas técnicas.

* Interpretación dos tipos e selección de máquinas.

* Selección da materia segundo o produto que se desexe obter.

* Comparación entre os diversos dispositivos de funcionamento de distintas máquinas ata chegar á automatización.

Elementos non directamente produtivos das máquinas téxtiles.

* Identificación dos conxuntos mecánicos:

-Transmisores de forza e movemento.

-Transformadores de forza e movemento.

-Elementos de mando.

-Elementos de regulación.

-Elementos de seguridade.

-Elementos de fricción.

* Unión e conexionado de mecanismos e actuadores:

-Pneumáticos.

-Hidráulicos.

-Eléctricos.

* Identificación dos diversos sistemas de transporte de enerxía:

-Pneumáticos.

-Eléctricos.

-Elementos das conducións.

-Elementos de seguridade e protección.

* Lubricación das máquinas.

Sistemas da parte operativa e de mando de máquinas téxtiles.

* Substitución de compoñentes da parte operativa e de mando das máquinas.

-Identificación do elemento para substituír.

-Selección da información técnica.

-Interpretación dos procedementos.

* Organización da secuencia operativa na substitución de compoñentes.

-Selección e axuste de equipamentos e ferramentas.

-Aprovisionamento de recambios.

-Desmontaxes.

-Substitución.

-Montaxe.

-Axuste e regulación.

-Comprobación dos parámetros e funcionalidade.

-Determinación das medidas de seguridade e protección.

Mantemento básico das máquinas.

* Interpretación do plan de mantemento e da documentación técnica.

* Revisión e identificación do estado dos elementos.

* Detección de disfuncións.

* Selección de ferramentas, equipamentos e materiais.

* Limpeza, lubricación e axuste.

* Verificación da funcionalidade.

* Cumprimento das normas de seguridade.

Metodoloxía, verificación e representación.

* Análise do parámetro para medir.

* Elección do sistema de medida.

* Selección, revisión e posta a punto do aparello de medida.

* Medida e interpretación do resultado.

* Conservación do aparello.

Contidos conceptuais

Máquinas téxtiles.

* Tipos e funcións.

* Materias que transforman e produtos que se obteñen.

* Estrutura operativa, de mando, de comunicación e de transporte de enerxía. A súa función.

* Evolución das máquinas téxtiles. Automatización.

Elementos non directamente produtivos das máquinas téxtiles.

* Conxuntos mecánicos transmisores e transformadores de forza e movemento:

-Tipos.

-Constitución.

-Funcionamento.

* Elementos mecánicos de mando, regulación e seguridade:

-Tipos.

-Constitución.

-Funcionamento.

* Elementos de fricción.

* Axuste e unións mecánicas:

-Tipos.

-Constitución.

-Funcionamento.

* Tipos, características e conexionado de actuadores:

-Pneumáticos.

-Hidráulicos.

-Eléctricos: motores de corrente alterna, motores de corrente continua, motores paso a paso e electroimáns.

* Redes de transporte de enerxía:

-Pneumática.

-Eléctrica.

-Elementos e partes das conducións.

-Elementos de seguridade e protección.

* Sistemas de lubrificación das máquinas.

Sistemas da parte operativa e de mando de máquinas téxtiles.

* Parte operativa das máquinas. Compoñentes. Tipos.

* Función de mando nas máquinas.

* Información. Sinais analóxicos e dixitais.

* Dispositivos de entrada. Tipos, función e conexionado.

* Dispositivos de tratamento da información.

* Dispositivos de saída:

-Ao cadro de control.

-Á parte operativa.

* Esquemas de bloques funcionais.

* Autómatas programables. Función, localización e conexionado.

* Cadros de control e mando das máquinas. Información sobre anomalías e disfuncións.

Mantemento básico das máquinas.

* Tipos de mantemento e plan preventivo.

* Inspeccións rutineiras e substitucións programadas. Periodicidade.

* Elementos funxibles das máquinas.

* Lubricantes. Tipos e aplicacións.

* Operacións de lubrificación e limpeza das máquinas.

* Disfuncións e avarías máis comúns. Factores desencadeantes e formas de corrección.

* Métodos de diagnose. Lectura do control da máquina.

* Desmontaxe e reparación de máquinas.

* Instalación, nivelamento e conexión das máquinas.

* Útiles, ferramentas e aparellos empregados no mantemento básico.

* Documentación técnica de mantemento. Tipos. Función.

* Normas de seguridade.

Metroloxía, verificación e representación.

* Sistemas de medidas. Unidades.

* Tolerancias.

* Instrumentos de medición e verificación.

* Procedementos de medición de parámetros:

-Mecánicos.

-Pneumo-hidráulicos.

-Electro-electrónicos.

* Normas de uso e conservación dos instrumentos.

* Normalización, simboloxía e codificación de elementos:

-Mecánicos.

-Pneumo-hidráulicos.

-Electro-electrónicos.

* Esquemas de elementos e circuítos.

* Planos de máquinas. Tipos e función.

Contidos actitudinais

* Eficiencia nas actuacións de mantemento.

* Constancia ao detectar e corrixir desaxustes nos elementos das máquinas.

* Compromiso coas obrigas asociadas ao traballo (conservación do material en estado operativo, valoración do factor tempo e dos custos de mantemento, e valoración da importancia da normalización tecnolóxica).

* Distribución do traballo e do tempo nas intervencións.

* Pulcritude nos traballos garantindo a súa calidade.

* Método na disposición das ferramentas e dos útiles para manter ordenado o posto de traballo.

* Rigor na detección de disfuncións, substitución de compoñentes e realización de mantemento programado.

* Autosuficiencia na realización do mantemento preventivo e para a consecución da operatividade da máquina.

* Confianza nas intervencións realizadas nas máquinas.

* Interese polos avances tecnolóxicos e asimilación de novos métodos de traballo.

* Observación das normas de seguridade e consideración pola saúde laboral propia e a dos compañeiros.

* Autoavaliación sistemática das tarefas de mantemento realizadas.

3.3.3. Módulo profesional 5: seguridade na industria téxtil, de confección e de pel.

Capacidades terminais elementais

* Comparar plans de seguridade e hixiene de empresas do sector téxtil, de confección e de pel, e identificar os aspectos máis salientables de cada un deles.

* Describir os factores e as situacións de risco para a saúde e a seguridade previstos nos plans de seguridade e hixiene.

* Distinguir as funcións dos responsables da seguridade en caso de emerxencia.

* Relacionar as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* Identificar dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Relacionar e describir normas de limpeza, orde no contorno, simboloxía e situación física de sinais e alarmas, equipamentos contra incendios, así como equipamentos de curas e primeiros auxilios.

* Identificar normas de detención e manipulación de máquinas e instalacións.

* Valorar as normas de distintos plans de seguridade e hixiene, e comparalas coa lexislación vixente.

* Enumerar os diferentes tipos de sistemas para a extinción de incendios e describir as propiedades das roupas e dos equipamentos de protección persoal.

* Describir as alarmas e os sinais regulamentarios para indicar lugares ou situacións de risco e/ou emerxencia.

* Analizar as características dos equipamentos empregados para a realización de curas, primeiros auxilios e traslado de persoas accidentadas.

* Describir o xeito de utilización dos distintos equipamentos de extinción de incendios en función do tipo do incendio.

* Describir e utilizar correctamente os equipamentos de protección persoal, e valorar a importancia da súa utilización.

* Describir o xeito de realizar unha evacuación en función das normas e os tempos establecidos.

* Identificar e describir as causas de accidentes, os factores de risco e as medidas preventivas destinadas a os evitar.

* Avaliar as responsabilidades da empresa e do traballador nos accidentes.

* Identificar as fontes de contaminación ambiental e relacionar os dispositivos de control necesarios para detectar os contaminantes.

* Describir os medios de control de entradas e saídas de produtos (sólidos, líquidos e/ou gasosos) empregados nos distintos procesos de produción téxtil, de confección e de pel, identificando o xeito no que estas industrias depuran substancias perigosas para o medio.

* Describir as normas de hixiene para evitar contaminar e/ou contaminarse.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Factores e situacións de risco.

* Identificación das situacións de risco.

* Enumeración das causas que producen o risco.

* Observación e valoración do risco.

* Identificación da normativa aplicable.

* Propostas de actuacións preventivas e de protección.

Situacións de emerxencia.

* Identificación da magnitude da emerxencia.

* Establecemento das intervencións prioritarias.

* Comunicación da emerxencia.

* Execución das tarefas fixadas no plan de seguridade.

* Identificación da magnitude e do tipo de lume.

* Selección dos equipamentos de extinción e das medidas de protección persoal.

* Determinación das medidas de evacuación e seguridade.

Normativa vixente.

* Análise e avaliación entre as diferentes normativas aplicables en materia de seguridade ao sector do téxtil, a confección e a pel.

* Identificación das fontes contaminantes.

* Descrición e aplicación dos medios de control necesarios para evitar a contaminación.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade.

* Política de seguridade nas empresas.

* Normas sobre simboloxía e situación física de sinais.

* Organización e responsabilidade dos traballadores en situación de emerxencia.

* Condicións de almacenaxe de produtos perigosos.

* Normas de limpeza e orde no posto de traballo.

Factores e situacións de risco.

* Axentes xeradores de risco: concepto, tipos e características.

* Métodos de prevención: concepto, tipos e características.

* Proteccións nas máquinas e nas instalacións: características.

* Sistemas de ventilación: concepto, tipos e características.

Situacións de emerxencia.

* Extinción de incendios: concepto, tipos e características.

* Medidas de evacuación: concepto, tipos e características.

* Traslado de accidentados: concepto, tipos e características.

Normativa vixente.

* Normativa europea, estatal e autonómica sobre seguridade no sector téxtil, de confección e de pel.

Contidos actitudinais

* Consciencia da importancia que para a saúde, para o medio e para a seguridade no traballo ten o cumprimento das normas de seguridade e hixiene establecidas.

* Decisión nas actuacións destinadas a evitar ou a reducir danos persoais e nas instalacións, no caso de se produciren accidentes laborais.

* Colaboración solidaria cos grupos de rescate en caso de emerxencia.

* Capacidade persoal de reacción inmediata ante situacións de emerxencia.

3.3.4. Módulo profesional 6: relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as diferentes vías e os distintos sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instrucións e información.

* Utilizar de xeito eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analizar as relacións humanas en xeral e, en particular, as que se levan a cabo no ámbito laboral.

* Analizar os conflitos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinen no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos ou nunhas directrices predeterminadas.

* Participar e moderar reunións, colaborando activamente e conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsar o proceso de motivación e analizar a súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización dos diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas.

* Identificación dos problemas, os factores e as causas que xeran un conflito.

* Discriminación entre datos e opinións.

* Distinción das diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo.

* Procura e análise de información referida á formación e ao funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conduta que deben adoptar os participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Detección do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferenzas entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distinción entre os factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo e os que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instrucións.

* Mensaxe publicitaria.

* Comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas.

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

Relacións humanas.

* Relacións humanas: personalidade, actitudes, prexuízos e solidariedade.

* Relacións laborais: teorías de Taylor, Ford e Mayo.

* Relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo.

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Papeis dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* Reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* Clima laboral. A súa influencia na produtividade da empresa.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Valoración da efectividade da comunicación.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Hábito de falar en público.

* Creatividade ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Predisposición para aceptar a decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo.

* Valoración das vantaxes do traballo en grupo fronte ao individual.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscitar a falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade de utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realizar a revisión, a posta a punto e o mantemento dos materiais, as máquinas e os equipamentos de produción que interveñen na fabricación de tecidos de punto por recollida ou por urdido.* Preparar o fío e o urdido para a tecedura:-Interpretar as especificacións técnicas.-Identificar o tipo de materia e o título do fío.-Establecer a orde ou o procedemento da preparación.
-Seleccionar as ferramentas, o tipo de parafinado, os fíos e o tipo de soporte.
-Regular a velocidade, a tensión de enconado e o grao de purgado. Dispor e engarzar a máquina de tecido por recollida.
-Engarzar e montar a fileta na máquina de tecido por urdido. Regular a tensión dos fíos, os detectores, a velocidade, o sentido dos cilindros de ensimaxe, o encintado, o número de voltas e a metraxe.
-Observar as medidas de seguridade e protección persoal.
-Controlar o trascanado, o anoado ou o urdido.
-Corrixir as incidencias habituais.
-Referenciar os conos ou os pregadores.
-Verificar o enconado e trascanado ou o encintado dos pregadores.
-Seguir os procedementos de preparación das máquinas e do control do proceso.
* Preparar as seleccións e mandos por sistemas mecánicos ou informáticos:-Interpretar a ficha técnica.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

-Identificar o tipo de selección e o selector ou soporte.
-Transcribir a linguaxe técnica aos códigos de máquina.
-Obter as seleccións e os mandos.
-Comprobar o resultado.
-Referenciar, marcar e almacenar as seleccións e os mandos.
* Preparar e pór a punto as máquinas: tecedoras mecánicas, cotton, circulares de pequeno e grande diámetro, raschel, ketten, circulares de urdido e crochet:-Interpretar as especificacións do produto, do proceso e do manual de procedemento.
-Identificar o tipo e modelo de máquina.
-Establecer a orde ou o procedemento de preparación.
-Seleccionar as ferramentas, os útiles e os aparellos.
-Verificar a adecuación da materia e a partida dos conos, ou o número de fíos do pregador.
-Identificar o estado real do fío e as condicións ambientais.
-Observar as medidas de seguridade e protección.
-Situar os conos ou instala o pregador.
-Engarzar a materia.
-Cambiar os mecanismos de tecedura, os elementos e accesorios.
-Regular e axustar os elementos dispostos.
-Cargar o programa ou montar a cadea de elos.
-Iniciar a máquina, comprobar o programa e regular os parámetros e os mecanismos.
-Comprobar a preparación e efectuar, analizar e verificar a primeira baixada.
-Participar no reaxuste dos parámetros de máquina para obter o produto, e comprobar a súa calidade.
-Seguir os procedementos establecidos de preparación, posta a punto e control del produto.
* Realizar o mantemento en primeiro nivel das máquinas de preparación do fío, das máquinas de punto por recollida e das máquinas de punto por urdido:-Interpretar o plan de mantemento e a documentación técnica.
-Revisar as máquinas identificando o estado real dos elementos.
-Observar as medidas de seguridade e protección.
-Detectar e diagnosticar disfuncións habituais.
-Organizar a intervención, seleccionando ferramentas, equipamentos, materiais e recambios.
-Substituír, axustar e regular elementos funxibles que non requiran técnicas ou equipamentos complexos.
-Limpar e lubrificar os elementos da máquina.
-Restablecer a operatividade dos elementos.

2.Levar a cabo con eficacia a produción de artigos de punto operando con máquinas e equipamentos de tecedura por recollida ou urdido.* Controlar o desenvolvemento de produción das máquinas:-Interpretar e introducir na máquina os datos da orde de produción e as especificacións de calidade.
-Organizar o traballo observando as medidas de seguridade persoal.
-Alimentar a máquina de fío ou produto semielaborado.
-Controlar a operatividade das máquinas, comprobar a calidade do produto e resolver as incidencias máis sinxelas.
-Evacuar o produto.
-Limpar e preparar a máquina para un novo produto.
-Controlar, marcar e almacenar o produto.
-Seguir os procedementos de manutención e control establecidos.

3.Aplicar as normas e os procedementos de seguridade, hixiene e protección do medio.* Seleccionar e usar as pezas de roupa e os equipamentos de protección individual.

* Identificar os riscos asociados ás instalacións e aos equipamentos da empresa.

* Aplicar as normas de seguridade establecidas para o mantemento das instalacións.

4.Integrarse tecnicamente e socialmente na empresa cun comportamento responsable.* Identificar as características da empresa, os equipamentos técnicos de que dispón e as tarefas que se desenvolven nela, e calcular as posibilidades que lle pode ofrecer no ámbito profesional.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Analizar o contorno de traballo e identificar as relacións laborais e o marco organizativo e de funcionamento da empresa.
* Adaptarse ás características do centro de traballo actuando con responsabilidade e con respecto á normativa legal e ás condicións de seguridade.
* Traballar en equipo cunha actitude participativa.
* Realizar as tarefas con axuste aos métodos de traballo da empresa, adaptando os coñecementos obtidos no centro educativo.
* Detectar anomalías, identificar as causas e propor posibles solucións.
* Interpretar e expresar a información coa terminoloxía e a simboloxía propias do sector produtivo no que se atopa.
* Manter a orde e a limpeza no seu posto de traballo.
* Valorar os coñecementos adquiridos no centro educativo, e aplicalos na empresa.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as capacidades e os intereses propios, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso da procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de produción de tecidos de punto.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Produción de tecidos de punto por recollidaProdución téxtil e tratamentos fisicoquímicosProfesorado técnico de FP

2Produción de tecidos de punto por urdido Produción téxtil e tratamentos fisicoquímicosProfesorado técnico de FP

3Materias téxtilesProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

4Elementos, sistemas e instalacións de máquinas téxtilesProdución téxtil e tratamentos fisicoquímicosProfesorado técnico de FP

5Seguridade na industria téxtil, de confección e de pelProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

6Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos e produtos de téxtil, confección e pel-Enxeñaría técnica industrial (especialidade téxtil)

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e Administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de produción de tecidos de punto require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Laboratorio de ensaios60 m60 m15%

Taller de tecedura de punto330 m270 m65%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27 do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Produción de tecidos de punto por recollida.

* Produción de tecidos de punto por urdido.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Produción de tecidos de punto por recollida.

* Produción de tecidos de punto por urdido.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.3.3. Modalidades do bacharelato ás que da acceso.

* Tecnoloxía.

* Ciencias da natureza e da saúde.

4.4. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

320Produción de tecidos de punto por recollida

210Produción de tecidos de punto por urdido

80Materiais téxtiles

130Elementos, sistemas e instalación de máquinas téxtiles

55Seguridade na industria téxtil, de confección e de pel

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA