DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 12 de xullo de 2005 Páx. 12.373

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 7754-2004.

O Tribunal Constitucional, por providencia do 24 de maio actual, admitiu a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 7754-2004 presentada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co inciso primeiro do artigo 19.5º da Lei do Parlamento de Galicia número 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, por posible vulneración do artigo 14 da Constitución.

Madrid, vinte e catro de maio de dous mil cinco.

O secretario de xustiza

Asinado e rubricado