O Tribunal Constitucional, por providencia do 24 de maio actual, admitiu a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 12-2005 presentada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co inciso primeiro do artigo 19.5º da Lei do Parlamento de Galicia número 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, por posible vulneración do artigo 14 da Constitución.
Madrid, vinte e catro de maio de dous mil cinco.
O secretario xeral de xustiza
Rubricado