DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 07 de xullo de 2005 Páx. 12.098

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 191/2005, do 9 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en patronaxe.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 738/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico superior en patronaxe e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2º, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen

resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao cal corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que se sitúa o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en patronaxe, regulado polo Real decreto 738/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e coa práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.-Denominación: patronaxe.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Dirixir, organizar e elaborar patróns axustados ao deseño dos diferentes compoñentes de roupa, calzado ou artigo, co fin de facilitar a produción industrial ou á medida, cumprindo ou asegurando as condicións e os plans de produción establecidos.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Organizar os traballos de elaboración de patróns de compoñentes de roupa, calzado ou artigos, de prototipos e mostrarios, co fin de os realizar nos prazos fixados, co máximo de aproveitamento dos recursos humanos e materiais.

* Participar no deseño do produto, co fin de contribuír a conseguir a súa viabilidade e competitividade.

* Definir e elaborar patróns base, transformacións e escalados axustados a deseño, para posibilitar a produción nas condicións requiridas.

* Xestionar a información para garantir e facilitar o desenvolvemento e o control dos traballos de patronaxe e escalado.

* Comunicarse e actuar de maneira coordinada co fin de contribuír á definición do produto e á viabilidade do proceso de produción.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos, laborais e socioculturais (tendencias, deseño, modas, etc.) que inciden na súa actividade profesional e no sistema de produción da empresa.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Posuír unha visión global integrada dos procesos de confección téxtil e de pel, de calzado e marroquinaría, valorando a función e a misión dos aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos.

* Dirixir un grupo de traballo con eficacia e eficiencia, co fin de lograr a produción de patróns enco

mendada en condicións de seguridade, con óptimo aproveitamento dos custos, nos prazos establecidos e coa calidade fixada.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que estea integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na supervisión das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Responder ás continxencias técnicas, organizativas e laborais que se poidan presentar durante o proceso de elaboración de patróns, co fin de contribuír á consecución dos obxectivos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu, e requírenselle as capacidades de autonomía en:

* Produción e industrialización de patróns e mellora de marcadas.

* Establecemento das especificacións do produto.

* Realización das modificacións básicas no patrón tipo.

* Determinación de certas modificacións do patrón a partir da análise do prototipo, para facer viable a súa industrialización.

2.4. Unidades de competencia.

1. Dirixir e organizar a elaboración de patróns.

2. Colaborar na definición do produto.

3. Realizar o patrón para modelo.

4. Realizar a industrialización do patrón.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: dirixir e organizar a elaboración de patróns.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1Interpretar o deseño do produto, co fin de organizar e programar a elaboración de patróns, prototipos e mostrarios.* A interpretación permite identificar o produto, os medios de elaboración e os prazos.

* A análise das especificacións do produto permite seleccionar os procedementos xerais de elaboración de patróns, recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución.

1.2Programar os traballos para os realizar no prazo fixado e co máximo aproveitamento dos recursos.* A programación ten en conta a totalidade das operacións, as necesidades e a situación operativa dos materiais, dos medios de traballo e dos recursos humanos.
* A programación asigna con criterios de eficiencia e rendibilidade os recursos humanos e os materiais para cada operación.
* As táboas de medida quedan determinadas para a serie de talles ou números.
* A programación determina os momentos de inicio e final de cada operación, establece a secuencia ou simultaneidade das fases e o tempo total de elaboración de patróns segundo:-Os tempos de máquina e do proceso.
-A redución de tempos de espera.
-Os tempos de suplemento por continxencias.

RealizaciónsCriterios de realización

* A programación ten en conta a coordinación con outras seccións (control de calidade, aprovisionamento, mantemento, etc.) e permite o equilibrio coas necesidades de produción.
* A programación ten en conta o absentismo e o nivel de rendementos medios dos equipamentos de traballo.

1.3Asignar e distribuír a carga de traballo, coordinando e aproveitando convenientemente os recursos humanos.* A distribución, a asignación, a coordinación e o control de tarefas e das responsabilidades realízase con criterios de eficiencia.

* As ordes emitidas son claras, precisas, adecuadas, aceptadas e respectadas polos subordinados e apoiadas polos superiores.

* A coordinación do grupo consegue alcanzar o plan de traballo encomendado, co menor custo, nos prazos fixados e nas condicións de seguridade e calidade establecidas.

1.4Supervisar a produción de patróns, prototipos e mostrarios, co fin de se axustaren ao deseño.* O seguimento permite obter os patróns, prototipos e mostrarios nas condicións técnicas e no tempo previsto.

* O seguimento e o control da produción permite detectar e corrixir incidencias e introducir melloras.

* O seguimento da elaboración de prototipos e mostrarios permite obter información que contribúa á definición do proceso industrial de confección.
* Os traballos realizados cumpren as normas de calidade e seguridade.

1.5Xestionar a información coa finalidade de organizar, conducir e controlar os traballos ao seu cargo.* A información xerada e utilizada é a necesaria e suficiente para o inicio, o desenvolvemento e o control dos traballos.

* A correcta xestión garante a transmisión de información de xeito rápido e interactivo entre o persoal ao seu cargo e os departamentos de produción, comercio e deseño.

* As canles establecidas permiten coñecer de xeito constante a evolución dos traballos e as súas incidencias.
* A xestión da información mantén ao día patróns, táboas de medidas, tempos e métodos de produción, programas informáticos, etc.
* A correcta circulación da información permite prever desviacións, intervir a tempo e reaxustar programacións.
* Os criterios mantidos para organizar o arquivo responden á temporada, ao modelo, ao talle, ao compoñente, etc.

1.6Instruír tecnicamente o grupo de traballo para que a produción se realice con eficacia.* A instrución prepara os operarios para a realización da tarefa e consegue:-A correcta execución.-Mellorar os modos de traballo.
-Evitar riscos de accidente e doenzas profesionais.
-Un axeitado aproveitamento de materiais e tempos.
-A calidade prevista.
-A súa motivación.
* A instrución efectúase de xeito continuado e sempre que se inicien novas tarefas, se implanten novos métodos e se dean cambios de posto de traballo ou novos ingresos.
* A detección das necesidades formativas permite coñecer quen debe ser formado, en que traballos e en que prazos.

1.7Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene, participando cos responsables da empresa no seu desenvolvemento, instruíndo os seus colaboradores, supervisando e aplicando as medidas establecidas, e controlando e utilizando os equipamentos e os medios de seguridade asignados ao seu equipo.* Identifícanse os dereitos e as obrigas do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene e asígnanse tarefas para acometer accións preventivas, correctoras e de emerxencia.

* Identifícanse os equipamentos e os medios de seguridade máis adecuados para cada actuación.

* Determínanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo, así como as medidas preventivas máis adecuadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza e orde, e tómanse as medidas de seguridade e hixiene establecidas.
* As propostas que se realizan supoñen unha notable mellora nos sistemas de seguridade do seu contorno de traballo.
* Fórmanse os colaboradores consonte o plan de seguridade e hixiene da empresa.
* En casos de emerxencia:-Prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Tratamento da información.

Equipamentos informáticos.

-Resultados do traballo.

Programa de traballo. Mellora do rendemento dos recursos humanos e materiais, así como da calidade do produto prevista. Información xerada.

-Parámetros que hai que controlar.

Prazos de execución. Calidade de produto e procesos. Recursos humanos (condutas, aptitudes, actitudes, motivación, etc.). Recursos materiais (previsión, dispoñibilidade, etc.). Produtividade. Interactividade de departamentos.

-Información.

Utilizada: deseño do produto; directrices da empresa; táboas de medidas; talles normalizados; manual de procedemento de calidade e tempos de realización; cargas de traballo; situación de pedidos; relación do persoal, cualificación, dispoñibilidade, etc.; relación de recursos materiais (cuantitativa e cualitativa) e dispoñibilidade; escandallos; directrices da empresa; convenio do sector; ordenanza laboral; relación de persoal, cualificación e dispoñibilidade; plans de formación; normas de seguridade e hixiene; convenio do sector e ordenanza laboral; plans de formación da empresa.

Xerada: programa de traballo; fichas de seguimento e control; necesidades formativas; ordes; informes do persoal (promoción, permisos, sancións, etc.); propostas de mellora; arquivos de patróns, modelos, mostrarios, etc.; aplicación das normas e dos procedementos de relacións laborais; creación de relacións de traballo efectivas (motivación e satisfacción do persoal asignado, medios de produción en condicións idóneas para a produción).

2.5.2. Unidade de competencia 2: colaborar na definición do produto.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Interpretar as tendencias da moda, co fin de contribuír ao deseño do produto e actualizar os patróns.* A información permítelle estar ao día respecto das variacións da moda (estilos, cores, materiais e artigos).

* Obtén a información a través da asistencia a desfiles, feiras, revistas especializadas, etc.

* A información actualizada permite facer achegas acertadas ao deseño.
* Propón modificacións ao modelo sen desvirtuar o seu carácter.
* A información permite manter ao día os patróns.

2.2Manterse informado sobre as materias primas do mercado de posible aplicación nos produtos da empresa, nos aspectos técnicos de posibilidades de deseño e fabricación, e nos seus niveis de prezos.* A información permite coñecer características técnicas, calidades, prezos, novidades e novas aplicacións das materias e dos accesorios.

* Mantéñense canles de información externas (provedores, normativa, revistas técnicas, etc.) e internas (comercial, produción, control de calidade, prototipos, etc.).

* A información sobre materias primas e gornicións dispoñibles no mercado está actualizada, é suficiente e cobre a gama de produtos aos cales se dedica a empresa.

* Propóñense materias primas e gornicións alternativas para a obtención dun produto máis competitivo.

2.3Realizar o estudo dos factores que inflúen na concepción e/ou aceptación do produto.* Identifícanse os factores socioeconómicos que inflúen na aceptación ou non do produto:-Tendencias da moda.-Criterio estético do consumidor.

RealizaciónsCriterios de realización

-Sector de poboación.
-Tempada.
-Morfoloxía.
-Función social e de uso.
* Analízase a situación do mercado a partir de:-Comportamento do consumidor.
-Presentación do produto.
-Relación entre calidade e prezo.
-Sistemas de comercialización.

2.4.Intervir no deseño do produto co fin de conseguir a súa viabilidade, así como resolución de problemas técnicos e estéticos.* Valóranse os factores que inflúen na viabilidade do produto.

* Realízanse achegas técnicas e estéticas ao deseño, resolvendo, axustando ou desenvolvendo:-Especificacións técnicas de talles ou números.

-Puntos conflitivos ou difíciles de conseguir.
-Materiais que se deben utilizar no prototipo.
-Dificultades que poida causar o comportamento das materias primas que se van utilizar.

Dominio profesional

-Tratamento da información.

Equipamentos informáticos.

-Resultados do traballo.

Definición das características técnicas e estéticas do produto.

-Parámetros que hai que controlar.

Atualización dos patróns; cambio nas tendencias de moda; competitividade e viabilidade industrial do produto; parámetros estéticos do produto.

-Información.

Revistas especializadas; tendencias da moda; catálogos, mostras, fichas técnicas e informes técnicos de materiais; información obtida de feiras, desfiles, certames, etc.; estudos de mercado; normativa específica; arquivo de modelos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realizar o patrón para modelo.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realizar o estudo do deseño co fin de obter a información necesaria e determinar os distintos compoñentes.* Compróbase que o deseño conteña toda a información necesaria para realizar o patrón e, de faltar algunha, identifícase e solicítaselle ao deseñador.
* A interpretación do deseño permite identificar os compoñentes do produto.
* Identifícanse correctamente as características técnicas de confección: materiais, detalles e instrucións de corte, ensamblaxe, conformado, acabamento e colocación de gornicións.

3.2.Definir e realizar o patrón base dos distintos compoñentes para os adecuar ao segmento de poboación e á estrutura anatómica considerada.* A definición do patrón é adecuada ao segmento de poboación, ás normas, aos talles e ás formas.

* O patrón ten en conta as táboas de medidas e tolerancias respecto do deseño.

* As variacións das medidas anatómicas quedan reflectidas nos distintos patróns.

* O patrón ten en conta as características técnicas dos materiais e dos accesorios seleccionados.
* O desenvolvemento xeométrico do patrón base consegue:-Compoñentes coa forma e coas dimensións correspondentes.
-Identificación dos patróns compoñentes que deben ser dobres.
-As especificacións técnicas de cada patrón compoñente.

3.3.Realizar as transformacións requiridas en cada compoñente coa finalidade de obter o patrón axustado ao deseño e ao proceso de confección.* O patrón da prenda ou do artigo está fielmente axustado ao deseño.

* A transformación do patrón base facilita o proceso de confección e mantén as condicións fixadas de:-Tipo de materia prima.

-Dimensións.

RealizaciónsCriterios de realización

-Exixencias funcionais e estéticas.
-Calidade do produto.
-Exixencias económicas.
-Procedementos de fabricación.
* O patrón facilita a obtención do prototipo e proporciona:-A adaptación e o desenvolvemento das transformacións requiridas no patrón base, segundo deseño.
-A aplicación do diagrama de proporcións de medidas co obxecto de determinar as dimensións dos compoñentes.
-O número óptimo de compoñentes do patrón (visibles e non visibles, primarios, secundarios e auxiliares).
-O emprazamento de adornos ou accesorios nos compoñentes.
-O referenciado interno dos patróns (texto, sentido, ángulo de desprazamento, etc.) coa terminoloxía e simboloxía propias.
-A adaptación dos compoñentes normalizados e produtos preelaborados (tacóns, contrafortes, etc.) ao realizar os patróns.
-As especificacións de costuras, ensanches, montaxe, piquetes, marcas, etc.
-A adaptación das formas construtivas definidas polos patróns ás medidas de fabricación dispoñibles.

3.4.Analizar o prototipo co fin de detectar as desviacións respecto do patrón e do deseño.* A análise permite detectar as posibles desviacións técnicas ou estéticas.

* A análise permite relacionar as desviacións coas súas causas.

* A análise permite obter información respecto do proceso de confección (métodos, tempos, etc.).

3.5.Realizar modificacións do patrón a partir do prototipo para obter o patrón definitivo.* Corríxense os patróns a partir das modificacións resultantes da análise do prototipo.

* Os novos patróns obtidos eliminan as anomalías técnicas detectadas.

* As modificacións de carácter estético quedan reflectidas nos patróns.
* O patrón definitivo facilita o proceso de confección ao economizar tempo, operacións, etc.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Equipamento de deseño asistido por ordenador. Mesa de debuxo. Útiles de debuxo. Máquinas de corte. Formas. Aros, martelos, tesoiras, alicates, etc. Pantógrafos.

-Materias primas e produtos intermedios.

Papel, cartón, plásticos, formas, tecidos, pel, etc. Diferentes patróns de traballo. Prototipo para análise.

-Principais resultados do traballo.

Patrón para o modelo. Información para a realización da ficha técnica.

-Parámetros que hai que controlar.

Comportamento das materias. Viabilidade das solucións técnicas adoptadas. Consumo de material unitario. Medidas anatómicas e deducidas. Dimensión da roupa acabada. Calidade global do produto.

-Información.

Utilizada: fichas de deseño; táboas de medida; manual de procedemento e de calidade; normas; catálogos, mostras, fichas técnicas e informes técnicos de materias primas e accesorios; arquivo de patróns.

Xerada: sobre as desviacións do prototipo.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar a industrialización do patrón.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realizar as modificacións do patrón, co fin de o facer industrialmente viable.* As modificacións teñen en conta os resultados das análises de custos e de viabilidade produtiva da roupa ou do artigo.
* As modificacións están axustadas ao deseño.

4.2.Establecer as especificacións técnicas do produto para contribuír a elaborar a ficha técnica.* As especificacións de costuras, ensanches, montaxe, piquetes, marcas, etc. quedan reflectidas inequivocamente.

* O sentido de marcaxe e do corte queda determinado.

* A lectura da ficha técnica permite identificar o artigo ou a roupa, os materiais, os compoñentes, o proceso de execución, os tempos, as frecuencias e a preparación de avíos.
* Determínase o conxunto de talles ou números da serie.

4.3.Realizar o escalado do patrón industrial, co fin de obter os patróns de todos os talles. * Realízase o escalado segundo normas da empresa por sistema convencional ou informático.

* O escalado axústase con exactitude ao sistema de talles ou números e determínanse:-Incrementos de medidas entre talles ou números.

-Os puntos que se deben escalar en cada patrón.
-O crecemento ou decrecemento dos distintos puntos.
-As especificacións técnicas e de identificación que debe levar cada patrón.
* Realízase informaticamente o escalado cos programas adecuados.
* O escalado permite obter unha preserie axustada ao deseño e aos patróns.

4.4.Participar no estudo da marcación, co fin de mellorar o corte.* O estudo da marcación mellora o aproveitamento do material.

* O estudo da marcada ten en conta o sentido do fío, así como a estrutura e o largo do tecido, do debuxo, etc., segundo:-O conxunto de artigos (talles ou números).

-O número de compoñentes por talle e artigo.
-As dimensións de compoñentes.
-As tolerancias admisibles na colocación dos patróns (sentido, ángulo de desprazamento, aproximación dos patróns, sistema de corte que se utilice, etc.).
* O estudo da marcación permite obter todos os compoñentes da totalidade de roupa ou artigos previstos.
* O axuste adecuado dos compoñentes, por procedemento convencional ou informático, permite obter o máximo aproveitamento de materiais.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Equipamentos de deseño asistido por ordenador. Máquinas de escalar. Mesa de debuxo. Máquinas auxiliares. Bordeadores de patróns. Útiles de debuxo e trazado. Formas. Aros. Martelos e tesoiras. Selos de marcación. Pantógrafos.

-Materiais e produtos intermedios.

Papel e cartón. Patróns do modelo. Formas.

-Principais resultados do traballo.

Patróns escalados de todos os talles. Marcadas individuais ou combinadas segundo ordes. Deseño da forma dos cuños.

-Parámetros que hai que controlar.

Viabilidade industrial do patrón (indicación de marcas, costuras, ensanches, paquetes, etc.) no escalado (incrementos e roturas de talles, piquetes, marcas, recto fío, procedemento de escalado, punto de referencia e auxiliares de trazado) e na marcación (características do tecido ou pel -largo, sentido, estrutura, debuxo, superficie, etc.); aproveitamento.

Combinación de talles, dimensión de compoñentes, aproximación de patróns, etc.

-Información.

Utilizada: ficha de deseño; patrón para modelo; táboa de medidas; manual de procedemento e de calidade; normas; series de talles que hai que obter.

Xerada: especificacións técnicas do produto.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase a seguir unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* As exixencias impostas polo mercado ocasionadas polos frecuentes cambios de moda e o incremento da competencia doutros países, principalmente daqueles que ofrecen produtos estándar a baixo prezo, obrigan a ofrecer cada tempada unha ampla variedade de produtos de alta calidade e cun importante compoñente de deseño.

* Debido a estes factores, téndese a elaborar patróns de artigos máis complexos e cunha grande exixencia de axuste ao deseño e á diversidade de anatomías, o que require unha adecuación dos talles á anatomía actual.

* Estase a producir unha importante entrada de novas técnicas e sistemas de patronaxe asistidos por equipamentos e programas informáticos, que integran a patronaxe, transformacións, escalado e mellora de marcadas.

* Requírese unha gran capacidade de resposta rápida do produto aos cambios e ás tendencias de moda, así como a adaptación da patronaxe ao proceso de confección existente na empresa para facer un artigo industrialmente viable e competitivo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A introdución da informática fará que o patronista se axude nas súas actividades de patronaxe e escalado con equipamentos e programas informáticos.

Prevese que cada vez máis colabore no deseño do produto co fin de garantir a industrialización.

A diversificación dos produtos por parte das empresas de confección, calzado e marroquinaría deberá obrigar o patronista a dominar técnicas de patronaxe dunha maior gama de artigos que na actualidade.

2.6.3. Cambios na formación.

Requirirase un importante coñecemento dos sistemas de patronaxe e escalado por ordenador, aplicados a unha serie ampla de produtos.

Os coñecementos básicos de deseño cobrarán importancia co fin de establecer unha comunicación fluída e eficaz co deseñador e, así, obter produtos máis competitivos.

Requiriranse importantes coñecementos sobre os parámetros e o comportamento dos materiais para axustar o patrón ao deseño.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

A figura profesional sitúase nos subsectores da confección de roupa e artigos e de pel, de tecedura de punto, de fabricación de calzado, de marroquinaría e de confección de roupa de peletaría e, fundamentalmente, en empresas coas seguintes actividades:

* Confección industrial de roupa e complementos téxtiles de vestir.

* Confección industrial de artigos de uso industrial, deportivo e militar.

* Confección industrial de roupa de pel.

* Confección á medida de roupa.

* Produción de compoñentes ou roupa de tecido de punto conformadas.

* Confección de roupa de peletaría.

* Fabricación industrial de calzado.

* Produción de artigos de marroquinaría.

A estrutura empresarial dos subsectores configúrase principalmente en pequenas e medianas empresas.

A actividade da figura profesional sitúase na área de definición do produto e nos procesos de elaboración de roupa de vestir, calzado e artigos de marroquinaría.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Atendendo á estrutura organizativa da empresa, este técnico pode asumir un maior ou menor número de funcións, que poden ir desde o deseño de produtos sinxelos e a supervisión e/ou execución de todo tipo de patróns en empresas pequenas, ata a execución de patróns específicos dunha gama de produtos: roupa exteriores, interiores, calzado, etc.

Coopera en traballos que requiren coordinación de actividades como mantemento ou control de calidade, almacéns e expedición, etc.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos relacionados co seu traballo no campo da elaboración de artigos de confección, calzado e marroquinaría realizados con materiais téxtiles, pel, coiro e outros están ligados a:

* Análises de deseños e prototipos de artigos de confección, calzado e marroquinaría.

* Técnicas de elaboración de patróns de artigos de confección, calzado e marroquinaría e a súa industrialización.

* Proceso de fabricación: conxunto de máquinas e equipamentos de fabricación de roupa, artigos, calzado e marroquinaría.

* Técnicas empregadas no proceso de fabricación.

* Coñecemento das características e propiedades dos materiais téxtiles, pel, coiro e outros materiais.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Departamento de patronaxe.

* Oficina técnica.

* Mostrario.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Recompilar e sistematizar información técnica sobre as tendencias e a evolución do mercado relacionada coa profesión; analizar o seu contido e valorar as fontes de información como soporte que lle permita o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibilite a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Organizar os traballos de elaboración de patróns de roupa, calzado e artigos téxtiles e de pel, así como elaborar o programa de traballo e xestionar a información necesaria, co fin de alcanzar os obxectivos con eficacia e rendibilidade.

* Coordinar un grupo de traballo de xeito eficiente, analizando e avaliando os requisitos dos distintos postos de traballo e as necesidades e rendemento do persoal, co fin de mellorar a actuación dos recursos humanos.

* Analizar e avaliar deseños ou modelos de artigos para os transformar e os adecuar ás exixencias do mercado e/ou facilitar a súa fabricación, utilizando as técnicas de representación por medio de debuxos ou esbozos.

* Elaborar patróns tipo de roupa, calzado e artigos de tecido e pel axustados a deseño e segmento de poboación, ademais de definir o seu número óptimo e as características dos compoñentes, co fin de posibilitar a fabricación do artigo.

* Industrializar patróns de artigos de vestir, realizando o escalado, as modificacións e as correccións adecuadas e determinar a distribución óptima dos patróns para o corte.

* Resolver problemas técnicos, organizativos e laborais que xurdan durante o proceso de elaboración de patróns e diagnosticar as súas causas para poder adoptar as medidas oportunas.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización da produción na industria da confección.

Asociado á unidade de competencia 1: Dirixir e organizar a elaboración de patróns.

Capacidades terminais elementais

* Diferenciar políticas e estilos en empresas de confección para alcanzar uns obxectivos xerais ou por seccións a curto, medio e longo prazo, así como describir as funcións, as tarefas e as actividades para realizar.

* Describir os factores físicos que inflúen nunha actividade produtiva: tempos, horarios, prazos, distribución dos medios de produción, dispoñibilidade e estado de materiais e equipamentos, normas e condicións ambientais no lugar de traballo.

* Describir os factores humanos que condicionan a organización dunha actividade produtiva: número e selección de persoas, estrutura da organización; competencia, formación e experiencia profesional; tensión e fatiga, etc.

* Distinguir os principios que rexen unha organización empresarial e a súa xerarquización (rendibilidade, competitividade, calidade, viabilidade, etc.) e identificar as distintas clases de industrias de confección en función do tipo de produto, do número de unidades producidas, do tipo de proceso, da produtividade, etc.

* Enumerar os distintos elementos e factores que fan que unha organización sexa eficaz.

* Elixir o funcionamento dunha organización dada para a súa análise e avaliación, co fin de mellorala, mantendo ou modificando, segundo proceda, as situacións das persoas ou do proceso.

* Determinar a listaxe de fases de fabricación dun produto a partir dos seus compoñentes e as súas especificacións, incluíndo os tempos.

* Determinar a disposición dun posto de traballo nunha liña de produción, os movementos e o tempo de cada operación, en función do sistema de fabricación, do número de fases para realizar e dos medios de alimentación establecidos.

* Diferenciar os factores máis relevantes que inciden nos custos do produto.

* Determinar os recursos materiais (máquinas, equipamentos, materias primas, materiais auxiliares, etc.) que se precisan en cada operación.

* Asignar e distribuír os recursos humanos segundo a súa competencia e as súas características.

* Seleccionar o sistema de traballo máis adecuado en función do produto, do volume de produción e dos recursos dispoñibles.

* Determinar o tempo de cada operación e establecer, de xeito equilibrado, a carga de traballo en cada posto dunha liña de montaxe, con implantación dos postos e establecendo os percorridos da materia prima a partir da listaxe de fases.

* Organizar a liña de produción, aprovisionamento, fluxo de material e produtos en curso de fabricación, definindo claramente o principio e o final de cada fase produtiva, e determinar as modificacións que cumpran para rectificar as desviacións detectadas sobre o prototipo.

* Interpretar e cubrir follas de instrucións, reflectindo tarefas e movementos, útiles e ferramentas, tempos de produción, etc.

* Especificar o plan de mantemento preventivo dos equipamentos e dos medios de produción, así como o sistema e o procedemento de control, con criterios de seguridade e rendibilidade, e en función do estado operativo, da carga de traballo e das normas e dos manuais de uso e mantemento.

* Identificar e interpretar os distintos documentos empregados na organización da produción: follas de ruta, listaxe de materiais, fichas de traballo, fichas de carga, follas de avance, melloras de produción, manual de calidade, etc.

* Describir as principais dificultades no intercambio de información preocupándose de estar puntualmente informados.

* Aplicar algún programa informático para a elaboración de documentos relativos á organización da produción.

* Interpretar as especificacións da calidade de distintos produtos a partir dun plan de calidade, axustándose ás normas españolas e internacionais, de acordo cunha metodoloxía e cos obxectivos de calidade para conseguir.

* Explicar e asignar as funcións específicas dos elementos da organización de calidade, e describir a súa relación coa estrutura organizativa da empresa.

* Determinar o sistema de mostraxe e os criterios de aceptación ou rexeitamento en función do tamaño do lote e do nivel de calidade establecendo o procedemento de inspección, medida e ensaio das materias primas, dos produtos en proceso e do produto terminado co mínimo custo posible.

* Especificar os procedementos de mantemento, prevención, previsión e calibraxe dos equipamentos de inspección, medidas e ensaio, e determinar a súa viabilidade económica.

* Determinar os procedementos de compra, recepción e control de aprovisionamento que aseguren a calidade do produto.

* Verificar a homologación e o seguimento da calidade dos provedores e avaliar a súa fiabilidade a partir dos resultados das probas realizadas: número e tipos de defectos, comportamento dos produtos no proceso, comportamento dos produtos terminados, etc.

* Establecer as condicións de almacenaxe, manipulación e embalaxe e os sistemas de codificación dos materiais e produtos.

* Determinar as accións e as medidas correctoras en función das desviacións de calidade dos produtos, en relación coas especificadas no plan de calidade.

* Especificar o plan de vixilancia da calidade dun proceso e a documentación necesaria, determinando o método, os criterios de avaliación e a actuación ante posibles defectos ou anomalías.

* Determinar as características, os tipos de datos e a documentación necesarios para seguir e avaliar a calidade.

Contidos (duración: 105 horas)

Contidos procedementais

Estrutura organizativa e funcional das empresas do sector da confección.

* Análise dos distintos tipos de empresas de confección.

* Descrición das funcións que se desempeñan nas empresas de confección.

* Estudo analítico de distintos plans de empresa de confección.

* Establecemento da posición dunha empresa de confección no seu sector.

Procesos de fabricación na industria da confección.

* Análise das especificacións do deseño e identificación de cada compoñente e da súa cantidade.

* Determinación dos factores que condicionan a selección dun proceso, identificando os posibles procedementos de traballo (máquinas, ferramentas, accesorios, etc.), e analizar a adecuación entre o produto, o procedemento e a produción.

* Selección, avaliación e validación dun proceso en función dos recursos técnicos e humanos dispoñibles, sinalando posibles alternativas, e determinación da súa viabilidade.

* Identificación dos compoñentes do produto e elaboración da lista de fases coa súa descrición, o tempo, as máquinas e os accesorios.

* Cálculo da carga de traballo, distribución dos medios materiais e recursos humanos dispoñibles, organización de cada posto de traballo, selección do método operativo e dos tempos de cada posto de traballo.

* Implantación e distribución dos elementos incluíndo os dispositivos de control segundo os sistemas de transporte e mantemento da empresa.

* Elaboración de diagramas do proceso.

* Validación do proceso implantado identificando as características do produto en comparación cos parámetros do prototipo e determinando as posibles desviacións e as súas causas.

* Establecemento das modificacións necesarias para mellorar os rendementos e os procedementos, e avaliación da adecuada calidade do produto segundo as características de calidade establecidas.

Sistemas e métodos de traballo.

* Procedemento para a obtención dun novo método de traballo.

-Selección do traballo para estudar.

-Rexistro de datos do método actual.

-Estudo crítico dos datos.

-Elaboración do novo método.

-Implantación e mantemento do novo método.

-Análise do posto de traballo con determinación dos recursos técnicos e humanos, así como das operacións para realizar, establecendo o tempo de traballo.

* Secuenciación das operacións e valoración e rexistro do novo método.

* Implantación do novo método.

-Elaboración de fichas de instrucións.

-Organización de percorridos.

-Reorganización do posto de traballo.

-Formación de persoal.

-Avaliación do novo método implantado.

-Seguimento do novo método implantado.

Medida dos tempos de traballo.

* Selección do traballo para medir e da técnica do rexistro.

* Anotación das fases de traballo e medida do tempo e do ritmo.

* Exame e comparación das medidas tomadas cos tempos establecidos. Compilación dos datos.

Implantación do proceso e programación da produción.

* Interpretación das características do pedido, do produto e do proceso.

* Identificación dos pedidos en curso de fabricación e dispoñibilidade de recursos.

* Cálculo dos materiais e de recursos necesarios.

* Asignación dos recursos materiais e humanos.

* Organización das liñas de produción e o seu aprovisionamento.

* Determinación do inicio e final de cada fase, con establecemento do programa de produción.

* Elaboración dos documentos de produción e control.

* Lanzamento da produción.

Mantemento dos medios de produción.

* Selección da información necesaria e identificación das operacións de mantemento establecidas polo fabricante dos equipamentos.

* Análise dos traballos de mantemento, determinando as necesidades e os tipos, a periodicidade,

o tempo de parada e a súa influencia no proceso produtivo, así como os métodos, os tempos e as operacións.

Informes e documentos.

* Identificación das fontes de información.

* Recompilación, análise e síntese da información.

* Establecemento dos medios de información externa e interna.

* Establecemento dos sistemas de clasificación, codificación e almacenaxe da información.

Organización da calidade.

* Determinación do procedemento de inspección, medida e ensaio de materias primas, produtos en proceso e produtos acabados.

* Definición de obxectivos e determinación de:

-Materiais e produtos para controlar.

-Pautas de control.

-Identificación, avaliación e clasificación de defectos.

-Xeito de actuación segundo os resultados do control.

-Método de sinalización do estado de inspección.

* Elaboración de documentos de control e certificación de calidade.

* Selección de especificacións de estandarización e elaboración de diagramas de materias primas, produtos en proceso ou produtos acabados.

Imaxe de marca e a súa relación coa calidade.

* Estudo de dispoñibilidade en proxectos de novos artigos.

Plans de control e mostraxe.

* Determinación das características (variables e atributos) para controlar.

* Selección das normas de ensaio e dos medios e os instrumentos de verificación.

* Determinación da frecuencia da inspección, o tamaño da mostra e o método operativo de control.

* Elaboración e verificación das pautas de control.

* Interpretación do nivel de calidade aceptable.

* Definición e clasificación de defectos e unidades defectuosas.

* Determinación do tamaño do lote e do sistema de extracción de mostras.

* Selección do nivel de inspección e dos criterios de aceptación e/ou rexeitamento.

* Determinación do plan de mostraxe e a súa verificación.

* Establecemento dun programa de revisión periódica dos equipamentos de inspección, medida e ensaio.

* Determinación das pautas de inspección e calibraxe, expresando as formas de actuación segundo os resultados.

* Asignación de responsabilidades e elaboración de documentos de inspección.

Custos da calidade.

* Identificación dos custos da calidade e de fallos.

* Selección e valoración dos custos.

* Análise comparativa entre custos da calidade e dos fallos, e decisión sobre a súa viabilidade.

Calidade de aprovisionamento.

* Documentación de compras e realización do pedido.

* Determinación das comprobacións para efectuar na recepción das primeiras materias.

* Determinación do procedemento de inspección, medida e ensaio de materias primas.

* Cualificación e homologación de provedores.

* Determinación das probas para realizar sobre o produto que se verifique, para a súa comparación coas características declaradas polo provedor.

* Definición do período de garantía das subministracións.

* Certificación dos provedores e determinación do sistema da súa valoración.

Controis de produción.

* Identificación do proceso de control e das características para comprobar sobre os materiais e os produtos.

* Elaboración de instrucións de control, da documentación necesaria e do plan de vixilancia da calidade no proceso.

* Seguimento do plan de vixilancia, asignando as funcións e as responsabilidades do autocontrol.

* Identificación da superficie dispoñible no almacén, a súa distribución e as súas condicións ambientais, de orde e de limpeza.

* Establecemento das condicións de almacenaxe dos materiais e do sistema de identificación e etiquetaxe.

* Establecemento dos métodos e dos medios necesarios para a manipulación dos materiais.

* Establecemento das condicións de embalaxe e entrega dos produtos acabados.

* Determinación das responsabilidades no almacén en materia de calidade.

Diagnóstico de artigos confeccionados.

* Determinación do sistema de auditorías.

-Definición dos obxectivos.

-Establecemento das características do auditor.

-Determinación do programa de auditorías.

-Elaboración do cuestionario.

-Seguimento e criterios de valoración das auditorías.

-Determinación das actuacións do auditado en función do resultado da auditoría, así como asignación de responsabilidades.

Determinación do tratamento dos datos obtidos polo control de calidade.

* Identificación, análise e tratamento de datos.

* Presentación de datos e valoración de resultados.

Contidos conceptuais

Estrutura organizativa funcional das empresas do sector da confección.

* Tipos de empresas do sector segundo o tipo de artigo.

* Funcións da empresa: técnica, comercial, financeira, de seguridade social, contable e administrativa.

* Iniciación de mando e a súa responsabilidade.

* Estruturas de funcionamento: lineal, funcional e de staff.

* Organigrama e características propias da industria da confección.

Procesos de fabricación da industria da confección.

* Procesos de fabricación. Tipos segundo o produto, as técnicas e a maquinaria, os medios de transporte e a forma e disposición dos materiais.

* Fases do proceso: tipos de operacións e medios empregados, secuencia de operacións, distribución en planta e diagramas de procesos.

* Requisitos dos procesos de implantación e manutención do proceso e dos controis, da produtividade e da calidade.

Sistemas e métodos de traballo.

* Sistemas de traballo en función da forma e a disposición dos materiais: por unidade e por paquete.

* Sistemas de traballo en función do tipo de transporte: manual e mecanizado (cadeas rectas e de selectores).

* Medios técnicos de manutención e transporte. Tipos e características funcionais.

* Criterios de selección de sistemas de traballo, manutención e transporte.

* Produtividade. Necesidade de redución de tempos improdutivos.

* Estudo das condicións do traballo: ambientais, de seguridade e ordenación do posto de traballo.

* Selección do traballo para estudar: factores económicos, técnicos e humanos.

* Técnicas para examinar e rexistrar os métodos de traballo, o percorrido, a manipulación dos materiais e a súa disposición no taller.

* Diagramas do percorrido.

* Movementos no posto de traballo. Estudo e economía de movementos. Diagrama bimanual.

* Disposición do posto de traballo e dispositivos auxiliares necesarios para a mellora do método.

* Definición e implantación do novo método.

Medida dos tempos de traballo.

* Sistemas de unidades para a medida dos tempos.

* Material necesario para o estudo dos tempos. Cronómetros e sistemas de cronometraxe.

* Selección e descomposición en fases do traballo para medir.

* Etapas do estudo do tempo.

* Cálculo do tempo básico, valoración da actividade e aplicación dos suplementos.

* Sistemas de tempos predeterminados: de primeiro grao ou MTM, de segundo grao e de terceiro grao.

* Programas informáticos para as aplicacións de tempos predeterminados.

Implantación de procesos e programación da produción.

* Listaxes de fases: descrición, descomposición, temporalización e especificacións técnicas.

* Cargas de traballo e persoal necesario.

* Equilibrado de liñas de produción: principios básicos e técnicas de equilibrados.

* Cálculo de superficies.

* Influencia da implantación nos custos e na calidade: implantacións fixas, grupos autónomos e criterios que determinan a implantación.

* Validación do proceso.

* Procesos de obtención do prototipo e da primeira serie. Relación dos defectos observados en ambos os dous e a súa repercusión no proceso industrial.

* Principios fundamentais para o control da produción.

* Programación do traballo: por pedido e por stocks.

* Métodos de coordinación da fabricación: gráfico de Gantt, PERT, tempo e ordes entre faenas e nós.

* Aprovisionamento de materiais e stocks.

* Carga de temporada. Cargas de traballo e prazos de execución.

* Lanzamento e ordes de fabricación.

* Control da produción de pezas, de avance da carga de temporada e de materias.

* Sistemas informáticos de programación e control da produción.

Custos de produción.

* Cálculo de custos: custo directo e custo absorbido.

* Elementos do custo industrial.

-Servizo de compras: consumo de materias e stocks.

-Traballo persoal: custo por minuto, salarios e incentivos, e medida de rendementos.

-Equipamento industrial: amortizacións.

-Servizos.

Mantemento dos medios de produción.

* Plans de mantemento dos medios de produción: tipos, organización e aspectos económicos.

Informes e documentos.

* Información do proceso: tipo, organización e sistemas de tratamento e arquivo.

Organización da calidade.

* Necesidade, política, xestión e organización da calidade na empresa.

* Aseguramento e sistemas de calidade.

* Manual de calidade e procedementos de traballo.

* Normalización: normas ISO 9000, EN 29000, UNE 66900, UNE-EN 45000/GUIA 66900, etc.

* Normas de calidade: especificacións, tolerancias, normas de ensaio e métodos de ensaio.

Imaxe de marca e a súa relación coa calidade.

* Siglas de mercado e imaxe dunha marca ante o consumidor.

* Relación entre unha marca e a súa calidade.

* Calidade de deseño e de fabricación, e concordancia entre ambos os dous.

* Aspectos comerciais das marcas de calidade.

Estatística, resultados de análises e rexistro.

* Probabilidade e distribucións estatísticas.

* Parámetros de posición e de dispersión.

* Erros de medida, marxes e intervalos de confianza.

* Tamaño da mostra.

* Tipos de gráficos de control.

* Programas informáticos de análise e rexistro.

Plans de control e mostraxe.

* Función da mostraxe e os seus tipos: simple, dobre, múltipla, secuencial e progresiva.

* Táboas e plans de mostraxe: características e accións.

* Criterios económicos na elección de atributos ou variables na mostraxe.

Custos de calidade.

* Custo da calidade de proxecto e de concordancia.

* Calidade e produtividade.

* Custos de prevención, verificación e avaliación.

* Custos dos fallos.

* Métodos de valoración dos custos de calidade.

Calidade de aprovisionamento.

* Aprovisionamentos exteriores e calidade dos provedores.

* Control de recepción e métodos de inspección.

* Tratamento de desconformidades, criterios de rexeitamento e aprobación de primeiras materias.

* Calidade concertada e a súa verificación.

Control de procesos de calidade.

Controis de produción: permanentes, periódicos e esporádicos.

* Controis nas seccións de corte, de confección e de acabamentos.

* Controis na manipulación, almacenaxe, embalaxe e entrega.

* Incentivos e primas.

Mantemento dos equipamentos de inspección e verificación.

* Mantemento e calibraxe dos equipamentos de inspección.

* Programas e documentación de mantemento.

Diagnóstico de artigos confeccionados.

* Definicións fundamentais: fallos, defectos e avarías.

* Vida media dun artigo.

* Tipos de ensaios.

* Tipos de fallos. Taxa e distribución estatística dos fallos.

* Comportamento dun artigo. Establecemento e informatización do diagnóstico.

* Auditoría do proceso e do artigo acabado.

-Método.

-Representación gráfica de resultados.

-Criterios de valoración.

-Normas sobre auditorías.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade na toma de decisións para seleccionar o proceso de fabricación máis adecuado ante posibles diferenzas entre os recursos necesarios e os dispoñibles.

* Constancia na corrección sistemática das desviacións de calidade que se producen na confección dun artigo comparado co prototipo.

* Constancia na verificación da viabilidade do programa de produción establecido.

* Hábito de mellora da produtividade nas liñas de produción, sen prexuízo da calidade, o prazo de entrega e as condicións de seguridade.

* Eficacia na implantación de novos sistemas de traballo.

* Interese pola correcta distribución do tempo e do traballo no momento de elaborar a organización do proceso produtivo, con criterios de redución de custos.

* Autosuficiencia na programación dos traballos de produción e control.

* Mentalidade emprendedora e espírito aberto e comprensivo ante os diferentes puntos de vista sobre a programación dun artigo.

* Interese polos avances tecnolóxicos e organizativos.

* Asimilación de novos métodos de traballo, tecnolóxicos e organizativos e flexibilidade para adaptarse aos constantes cambios de artigos, liñas e tendencias.

* Responsabilidade na toma de decisións para definir os controis de inspección, equipamentos e ensaios ante discordancia entre a calidade obtida e a proposta.

* Capacidade de argumentación do programa de control establecido.

* Rigor na corrección dos erros detectados no control de calidade.

* Responsabilidade na distribución do tempo e do traballo para elaborar os procedementos e programas de calidade, dándolles prioridade aos recursos técnicos e humanos.

* Interese polo cumprimento das normas de calidade definidas para aceptar ou rexeitar o produto fabricado.

* Rigor na observación dos criterios de calidade.

* Procura de novas actuacións que garantan un aumento da calidade do artigo que se fabrique, asimilando os novos métodos de control.

* Motivación para transmitir os criterios que permitan unha mellora do grao de calidade establecido pola empresa.

* Hábito de observación das normas de seguridade que afecten todo o sistema produtivo.

3.2.2. Módulo profesional 2: análise de deseños e modelos de artigos.

Asociado á unidade de competencia 2: colaborar na definición do produto.

Capacidades terminais elementais

* Describir e caracterizar os principais estilos na roupa e artigos de vestir, con indicación da súa importancia e da súa evolución histórica.

* Identificar os factores socioeconómicos e culturais que dan orixe aos distintos estilos e ao seu posterior desenvolvemento.

* Analizar as necesidades, as exixencias e os comportamentos do consumidor determinadas polas tendencias da moda e do mercado.

* Recoñecer as canles de comercialización e os factores que inciden no custo, na demanda e na venda do artigo.

* Determinar sobre un deseño ou modelo o tipo de poboación ao cal vai dirixido e os elementos estéticos que contén en relación coas tendencias da moda e realizar unha estimación do seu custo.

* Avaliar a funcionalidade, a vida útil, a viabilidade técnica e as posibilidades de comercialización dun modelo, analizando a relación dos factores de moda, calidade e prezo.

* Establecer sobre un deseño ou modelo os parámetros que cómpre transformar segundo criterios estruturais, de calidade, estéticos, de uso e de presentación.

* Seleccionar os tecidos, as peles e os materiais adecuados ao modelo en estudo segundo criterios funcionais, estéticos e económicos.

* Argumentar a viabilidade da fabricación industrial dun deseño ou modelo desde o punto de vista dos medios de produción dispoñibles, dos métodos de traballo que se apliquen e dos materiais que se utilicen, para lograr un custo competitivo.

* Representar por medio dun debuxo ou esbozo o modelo dun artigo, destacando as súas características esenciais de proporción, formas, texturas, movemento, materiais, cor e adornos.

* Aplicar os conceptos e os principios fundamentais da linguaxe plástica relacionados coa moda, con claridade e criterio estético, sobre os debuxos ou esbozos, e realzar aqueles datos que faciliten a súa interpretación.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Análise do mercado.

* Estudo das necesidades do consumidor e o seu comportamento. Importancia que a climatoloxía ten na súa actitude.

* Clasificación dos distintos sectores do mercado aos cales vai dirixido un artigo segundo sexa de cabaleiro, señora ou neno, en función da idade, do nivel económico, etc.

* Identificación das características do mercado en canto a materiais e produtos do sector referidas a unha campaña segundo a tendencia da tempada.

* Comparación entre os distintos xeitos de comercializar artigos de confección, calzado e marroquinaría.

Artigos de vestir e complementos.

* Identificación do tipo de produto. Función, estilo e as súas prestacións de uso.

* Identificación das características construtivas que definen o produto.

* Esquematización e esbozo do artigo e dos seus compoñentes.

* Identificación dos criterios do mostrario, con verificación da adecuación do deseño a eles.

* Identificación das materias que compoñen o artigo.

* Estimación do custo do artigo.

Nocións de deseño base.

* Interpretación de tendencias por tempada.

* Identificación das cores primarias e das diferentes combinacións cromáticas.

* Harmonía e coordinación, desde o punto de vista da cor, entre distintos compoñentes dun artigo ou de varios.

* Establecemento da relación que debe existir entre o deseño e os materiais con que se pretende elaborar un artigo.

* Realización de deseños de artigos téxtiles e de pel aplicando as técnicas manuais de debuxo ou por medio de programas informáticos.

Figura humana.

* Identificación de puntos anatómicos de referencia.

-Medidas directas.

-Medidas deducidas.

* Interpretación de distintos tipos morfolóxicos.

-Canon exipcio.

-Canons gregos.

-Canons do Renacemento.

-Canons actuais.

-Conformacións. Defectos derivados do esqueleto.

* Representación do movemento do corpo humano.

Factores que definen un produto de confección.

* Diferenzas entre moda, estilo e tendencia.

* Determinación dos factores para ter en conta na creación dun mostrario.

Proceso de creación dun modelo.

* Identificación da liña, o volume, a moda e a cor sobre un modelo.

* Alteracións cromáticas de estampados e texturas sobre un modelo creado.

* Establecemento das posibilidades de realización dun artigo desde o punto de vista da rendibilidade e da utilidade.

* Selección de tecidos, peles e complementos apropiados para o modelo.

* Representación gráfica da caída do tecido, drapeados, peles, aberturas, volumes, etc., sobre a figura humana.

Debuxo aplicado ao deseño de artigos.

* Debuxo de teas, peles e outros materiais marcando a súa relación co deseño do artigo.

* Debuxo de roupa, calzado e artigos de marroquinaría conseguindo a coordinación e a harmonización dos seus compoñentes.

Contidos conceptuais

Análise de mercado.

* Necesidades e comportamento do consumidor. Importancia da climatoloxía.

* Sectores do mercado.

-Cabaleiro, señora e neno.

-Nivel económico.

-Idade.

* Características, comportamentos e tendencias do mercado de materiais e produtos do sector da confección, o calzado e a marroquinaría.

* Sistemas de comercialización.

-Por medio de representantes.

-Franquías.

-Venda por correo.

-Internet.

-Tendas propias.

Artigos de vestir e complementos.

* Estudo de roupa e artigos téxtiles e de pel.

-Tipos.

-Características.

-Partes compoñentes.

* Estudo do calzado.

-Tipos.

-Características.

-Partes compoñentes.

* Estudo de artigos de marroquinaría.

-Tipos.

-Características.

-Partes compoñentes.

* Adornos, gornicións e complementos secundarios e auxiliares.

Nocións de deseño básico.

* Deseño. Funcións e finalidades.

* Deseño de artigos en dúas e tres dimensións.

* Simboloxía que se representa nun deseño.

* Teoría da cor. Luz e cor.

* Psicoloxía da cor.

* Linguaxe plástica.

-Harmonía.

-Proporción.

-Equilibrio.

-Composición.

-Movemento.

-Ritmo.

* Técnicas de debuxo empregadas no deseño de artigos.

* Expresividade dos materiais.

-Movementos do tecido.

-Textura do material.

-Complementos e gornicións.

Figura humana.

* Puntos anatómicos de referencia. Medidas e proporciones.

* Morfoloxía das figuras humanas. Variacións e diversidade das formas.

* Corpo humano en movemento.

Factores que definen un produto de confección.

* Económicos.

-Custos.

-Segmentos de mercado.

-Política de prezos.

* Sectores de poboación.

* En función do seu uso.

* Estéticos.

-Moda.

-Estilo.

-Tendencias.

* Técnicas.

-Viabilidade.

-Produtividade.

-Confeccionabilidade.

* Segundo a función social

* Moda como elemento determinante dun mostrario.

* Estrutura dun mostrario. Etapas na súa creación.

Proceso de creación dun modelo.

* Estética do vestir.

* Roupa, artigos e complementos.

-Formas: liña e volume.

-Moda e cor.

-Tendencias.

* Elementos que caracterizan a calidade e o confort no vestir

-Utilidade.

-Fiabilidade.

-Rendibilidade.

* Selección óptima de tecidos, peles, materiais sintéticos e gornicións.

-Calidades.

-Formas.

-Cores.

* Movemento do tecido ou pel sobre a figura. Efectos ópticos.

Debuxo aplicado ao deseño de artigos.

* Técnicas para o debuxo de modelos.

-Sombras.

-Relevos.

-Profundidade e fondos.

-Tramado.

-Contraste.

* Técnicas de debuxo de teas, peles e outros materiais.

Historia e estilos da indumentaria.

* Evolución estética.

-Función ornamental.

-Función utilitaria protectora.

* A moda no século XX. As tendencias e a súa evolución cíclica.

Contidos actitudinais

* Iniciativa para a selección de materias primas que se adapten aos modelos propostos segundo as tendencias da moda da tempada correspondente.

* Responsabilidade na toma de decisións para elixir entre distintas variantes dun mesmo modelo.

* Orde no estudo do prototipo e claridade na presentación de propostas alternativas para a mellora do produto.

* Interese polo cumprimento das normas necesarias para o desenvolvemento da patronaxe dun artigo no referente a recursos humanos e materiais.

* Interese polos avances tecnolóxicos e capacidade de adaptación aos sistemas de representación gráfica de deseños e artigos.

* Creatividade nas propostas de modificacións para conseguir melloras nos artigos.

3.2.3. Módulo profesional 3: procesos e técnicas de patronaxe.

Asociado á unidade de competencia 3: realizar o patrón para modelo.

Capacidades terminais elementais

* Determinar o patrón base en función dos distintos factores que condicionan o seu desenvolvemento: materia prima, dimensións, exixencias funcionais e estéticas, calidade de proceso, factores económicos, segmento de poboación e tendencia da moda.

* Identificar as características propias (particulares e detalles) de cada modelo e tipo de artigo que deban transferirse ao patrón.

* Definir os distintos patróns en que se pode descompor un modelo, as súas formas, as súas dimensións e a súa nomenclatura.

* Determinar as características dos patróns destinados a tecido principal, forros e entreforros.

* Identificar as técnicas para a obtención de formas e volumes nun patrón base.

* Determinar os elementos xeométricos (liñas, superficies e ángulos) dun modelo que configuran a forma dun patrón.

* Aplicar táboas de medidas para determinar as dimensións do patrón.

* Definir patróns tipo, aplicando distintos sistemas de modelaxe ou axuste sobre manequín ou forma.

* Adaptar ao patrón tipo os afinados e a información técnica precisa para a súa interpretación.

* Realizar os patróns tipo de artigos (roupa, calzado e marroquinaría) partindo dun deseño e dun segmento de poboación determinados.

* Manexar con habilidade e destreza os instrumentos e o material de patronaxe.

* Executar o desenvolvemento do patrón tipo a través de métodos convencionais ou informáticos, utilizando a terminoloxía e a simboloxía apropiadas.

* Elaborar prototipos de artigos (roupa, calzado e marroquinaría) empregando os materiais, as técnicas e os medios adecuados.

* Operar coas ferramentas, os útiles e as máquinas do taller para a fabricación de prototipos.

* Aplicar as técnicas de corte, ensamblaxe e acabamentos máis adecuadas para a realización do prototipo.

* Avaliar os prototipos para determinar as modificacións necesarias e adecualos ao deseño en función do uso, a funcionalidade, a estética, a estabilidade dimensional, o proceso de fabricación, os custos prefixados, a calidade, etc.

* Sobre os patróns do prototipo, localizar as modificacións, corrixir os trazados que correspondan e verificar as correccións realizadas, deixando os patróns afinados.

* Axustar os distintos patróns a partir das modificacións resultantes da análise do prototipo.

Contidos (duración: 290 horas)

Contidos procedementais

Interpretación e representación gráfica

* Interpretación do modelo identificando os compoñentes do produto por medio da información necesaria contida no deseño para realizar o patrón.

* Clasificación das características técnicas do patrón.

-Esbozo.

-Despezamento.

-Normalización.

* Estudo de diferentes tipos de patróns diferenciando liñas básicas e auxiliares.

* A partir do sistema métrico, manexo e equivalencia de escalas.

* Evolución dun patrón a través de simetrías, abatementos, desdobramentos, rotacións e translacións.

Obtención de formas e volumes.

* Selección do tipo de transformación aplicable ao patrón segundo deseño, para obter volumes e formas a través de cortes, plisados ou drapeados.

* Establecemento das folguras que se consideren apropiadas segundo modelo.

Técnicas de obtención de compoñentes.

* Clasificación de roupa, calzado e artigos téxtiles e de pel en función da tempada, das características ambientais e do seu uso.

* Elaboración do patrón base segundo os distintos segmentos de poboación.

* Descomposición nas súas partes correspondentes de artigos de confección, pel, calzado e marroquinaría.

* Localización de puntos anatómicos de referencia e expresión do talle.

-Toma de medidas directas.

-Sistemas de tallaxe. Aplicación de TNE.

* Obtención de medidas deducidas.

-Elaboración de táboas de medidas.

-Estudo e aplicación de longos e largos normalizados.

* Control da proporcionalidade das medidas dos compoñentes de artigos e das táboas de medidas.

* Elección do sistema de elaboración de patróns de todos os compoñentes de artigos de marroquinaría segundo:

-Deseño.

-Destino ou uso.

-Medidas e a súa proporcionalidade.

* Descomposición do artigo en todos os seus elementos.

-Material principal.

-Material complementario.

-Forro e entreforros.

-Gornición e ferraxes.

* Transformación de patróns base.

-Elaboración de ficha técnica que complete o esquema da transformación.

-Obtención de volumes.

Factores que inflúen na execución dun patrón.

* Especificación das características de confortabilidade, uso e calidades das materias primas que se consideren na obtención do patrón.

* Establecemento de tolerancias, formas e modelos.

* Establecemento dos parámetros do patrón, en función do tipo de unión e do material que se utilice.

* Estudo da viabilidade produtiva do artigo.

Técnicas de elaboración de patróns.

* Estudo de artigos e complementos de vestir: roupa, calzado, marroquinaría, gornicións e complementos.

* Elaboración da patronaxe dos compoñentes principais.

* Elaboración da patronaxe dos compoñentes secundarios.

* Elaboración da patronaxe de compoñentes complementarios e de ornamentación.

* Aplicación de folguras, axustes, drapeados, volantes e conformados.

* Realización de patróns de modelos efectuados sobre manequín e forma de calzado.

* Verificación, corrección e afinado de patróns.

Sistema de elaboración e análise de prototipos.

* Elaboración do prototipo utilizando as técnicas, os equipamentos e os útiles necesarios.

* Análise do prototipo:

-Estética anatómica.

-Funcional.

* Detección de anomalías ou desviacións estéticas.

Equipamentos, útiles e ferramentas de traballo.

* Manexo de instrumentos para a obtención de deseños e para o trazado, a sinalización e o corte de patróns, de xeito manual.

* Aplicación de programas e equipamentos informáticos na obtención de deseños de artigos e os seus patróns compoñentes.

Contidos conceptuais

Interpretación e representación gráfica.

* Interpretación de modelos.

* Conceptos de representación gráfica de patróns.

-Normalización.

-Simboloxía.

-Esbozos.

-Nomenclatura específica.

* Tipos de patróns:

-Liñas básicas.

-Liñas auxiliares.

* Escalas. Sistema métrico.

* Conceptos de representación gráfica de figuras xeométricas.

-Simetrías.

-Abatementos.

-Desdobramentos.

-Rotacións.

-Translacións.

Obtención de formas e volumes.

* Por cortes.

-Horizontais.

-Verticais.

-Pinzas.

-Folguras.

* Por corte.

-Forma.

-Godets.

-Nesgas.

* Por plisado.

-Paralelos.

-Non paralelos.

-Pregados.

* Por drapeado.

-Pregados.

-Simetrías.

-Asimetrías.

Técnicas de obtención de compoñentes.

* Tipos de roupa, calzado, artigos téxtiles e de pel.

* Patronaxe: patróns base para os distintos segmentos de poboación.

* Identificación dos compoñentes dun artigo.

-Polo seu nome.

-Pola súa liña.

-Pola súa forma.

* Puntos anatómicos de referencia.

-Toma de medidas.

-Táboas de medidas TNE.

-Medidas deducidas.

* Proporcionalidade de medidas dos compoñentes de roupa e artigos de pel.

* Técnicas de obtención de patróns de calzado.

-Elección de forma.

-Obtención de patrón plano e trepa.

* Técnicas de obtención de patróns de marroquinaría e a súa proporcionalidade.

* Elementos dun artigo e a súa identificación.

* Transformacións de patróns base.

-Esquema da transformación e partes afectadas por ela.

-Movementos necesarios para a obtención de formas ou volumes.

Factores que inflúen na execución dun patrón.

* Características funcionais para ter en conta na obtención do patrón.

-Confortabilidade.

-Uso.

-Calidades da materia prima.

* Características do patrón.

-Tolerancias.

-Folguras.

-Desafogos.

-Tipo de forma.

-Tipo de modelo.

* Influencia do tipo de unión nas características do patrón.

-Costuras, termoselaxe e pegado.

-Largos de unión e sobrantes.

-Piquetes.

* Viabilidade produtiva do artigo. A súa confeccionabilidade.

Técnicas de elaboración de patróns.

* Artigos e complementos de vestir.

-Roupa, calzado, marroquinaría, gornicións e complementos.

-Tipos.

-Características.

-Complementos.

* Patronaxe de compoñentes principais: dianteiros, costas, traseiros, mangas, pas, talóns, laterais, cuartos, etc.

* A patronaxe de compoñentes secundarios: presillas, tapas, puños, colos, petos, soporte de cremalleira, cruzamentos, bordóns, reforzo de tacón, etc.

* A patronaxe de compoñentes complementarios e de ornamentación: vistas, forros, reforzos, entreforros, bordados, gornicións, etc.

* Modelaxe, axuste, folguras e achumbado. Plisados, pinzas, drapeados, pregues, volantes conformados, etc.

* Patronaxe por modelaxe ou axuste: técnicas e aplicación sobre manequín e forma de calzado.

* Técnicas de patronaxe de diversos tipos de artigos.

-Roupa exterior e interior, calzado e marroquinaría.

-Información contida nun patrón.

-Verificación, corrección e afinado de patróns.

Sistemas de elaboración e análise de prototipos.

* Técnicas, equipamentos e útiles necesarios para elaborar prototipos.

* Características da análise estética e anatómica do prototipo.

-Adecuación ao modelo.

-Estabilidade dimensional.

* Características da análise funcional do prototipo.

-Adecuación ao uso.

-Confortabilidade.

* Anomalías ou desviacións estéticas e de confeccionabilidade.

Equipamentos, útiles e ferramentas de traballo.

* Instrumentos de debuxo, medida, trazado, corte e sinalización.

* Equipamentos de patronaxe convencional e informatizada.

* Programas informáticos de patronaxe.

Contidos actitudinais

* Interese por estar informado da moda, as liñas e as tendencias da tempada.

* Creatividade á hora de realizar deseños de artigos e os seus complementos (gornicións, materias téxtiles ou pel, etc.).

* Exactitude na interpretación de modelos de roupa, calzado e marroquinaría.

* Precisión para conseguir un artigo en tres dimensións a partir do seu deseño en dúas.

* Interese polo cumprimento da normativa vixente ao elaborar os compoñentes de artigos (tallaxe, sinalización, largo de costuras, etc.).

* Interese na selección de materias (forros, recheos, fíos, etc.) e afinado de patróns para conseguir a confortabilidade requirida polo artigo.

* Captación das características de modelos de roupa, calzado e marroquinaría para o reflectir nos patróns principais e complementarios.

* Meticulosidade ao realizar a verificación, a corrección e o afinado dos patróns.

* Iniciativa para aplicar correccións que eliminen desviacións ou anomalías no proceso de elaboración do prototipo.

* Destreza no uso de equipamentos de patronaxe convencional e informática.

3.2.4. Módulo profesional 4: industrialización de patróns.

Asociado á unidade de competencia 4: realizar a industrialización do patrón.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os factores que condicionan a selección ou o desenvolvemento do talle prototipo para o seu escalado.

* Clasificar os patróns compoñentes do prototipo segundo as condicións de escalado.

* Efectuar o escalado de patróns de roupa e calzado tras comprobar que se pode realizar.

* Realizar as modificacións no patrón prototipo co fin de obter un modelo diferente ou adaptalo a medidas persoais.

* Mellorar o aproveitamento do material a través do estudo da colocación dos patróns.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Sistemas de talles ou numeracións.

* Estudo dos números e dos talles normalizados.

* Determinación dos incrementos de talles que permitan o crecemento e o decrecemento do patrón.

* Identificación dos factores que inflúen na realización do escalado (tolerancias do patrón, estatura, etc.).

* Elaboración de táboas con inclusión dos incrementos por talles.

Modificacións e correccións sobre un modelo.

* Selección dos patróns que cómpre modificar para obter o novo modelo.

* Determinación das correccións de estilo para efectuar no patrón.

* Obtención das novas medidas que servirán de base para o novo patrón.

Principios e técnicas de escalado.

* Inserción de largos de costuras segundo medidas prefixadas, alargamentos, marcas, piquetes, etc.

* Realización do referenciado interno dos patróns.

* Verificación do conxunto de patróns que compoñen integramente o prototipo.

Equipamentos e instrumentos de escalado.

* Manexo de instrumentos e material de escalado aplicando as técnicas de uso pertinentes.

* Aplicación do diagrama de incrementos de talles para determinar os límites de crecemento e/ou decrecemento dos patróns compoñentes.

* Desenvolvemento do escalado aplicando as técnicas de incremento de talles por medio de instrumentos convencionais ou informáticos.

* Uso da terminoloxía propia nos patróns escalados.

* Verificación da concordancia dos patróns escalados co modelo base.

Especificacións técnicas do produto.

* Elaboración de fichas técnicas que conteñan información sobre unións de compoñentes, puntadas e costuras, especificacións para o corte, especificacións para a ensamblaxe, etc.

Estudo da distribución de patróns para o corte.

* Identificación dos sistemas de marcaxe ou distribución de patróns para o corte.

* Determinación, por procedementos informáticos ou convencionais, da distribución óptima dos patróns, con cálculo do seu rendemento.

Contidos conceptuais

Sistemas de talles ou numeracións.

* Números e talles normalizados españois para roupa e calzado. Orixe e obtención.

* Incrementos e diminucións de talles e medidas.

-Correspondencia de medidas.

-Codificación de alturas.

-Copas e drop en roupa.

Modificacións e correccións sobre un modelo.

* Patróns para modificar.

* Tipo de corrección para obter un novo estilo.

* Novas medidas.

Principios e técnicas de escalado.

* Principios e sistemas de escalado. Determinación da posición dos puntos de escalado.

* Proceso de desprazamento dos puntos de escalado.

* Proporcións fixas e variables de cada compoñente.

* Técnicas de axustes e retoques de proporcións de medidas.

* Talle do prototipo e talles límites.

* Factores que inflúen na execución do escalado.

-Elasticidade e grosor da materia prima.

-Encollementos e estiramentos.

-Tolerancias do patrón.

* Concordancia dos patróns escalados.

* Procedementos de escalado de patróns de distintos artigos de vestir: roupa, calzado, etc.

Equipamentos e instrumentos de escalado.

* Instrumentos de escalado.

* Máquinas de escalar.

* Equipamentos e programas informáticos.

-Características.

-Aplicacións.

Especificacións técnicas do produto.

* Unións de compoñentes.

-Tipos.

-Características.

* Puntadas e costuras.

-Terminoloxía.

-Representación.

-Normalización.

* Información contida nos patróns escalados.

-Identificación.

-Posicionamento.

-Ensamblaxe e axuste.

Estudo da distribución de patróns para o corte.

* Principios e criterios de posicionamento.

-Número de compoñentes por talle e artigo.

-Dimensións dos compoñentes.

-Sentido e ángulo de desprazamento.

-Combinación de talles.

-Sistema de corte para empregar.

* Sistemas e equipamentos para o estudo da distribución dos patróns. Programas informáticos.

* Cálculo do rendemento.

* Procedementos de mellora.

Contidos actitudinais

* Rigor na determinación das variacións do patrón segundo os talles para conseguir os seus crecementos ou decrecementos.

* Consciencia da importancia do cumprimento da normativa vixente ao efectuar a industrialización dos patróns (marcas), piquetes, textos, alargamentos, etc.

* Meticulosidade ao comprobar o número exacto de patróns e ao realizar a súa verificación, a súa corrección e o seu afinado.

* Destreza no uso de equipamentos de patronaxe convencional e informática para o escalado, modificación de modelos e industrialización.

* Actitude analítica na captación das características estéticas que cumpra modificar para obter un modelo diferente ou adaptalo a medidas persoais.

* Iniciativa para aplicar correccións de estilo sobre os patróns de roupa, calzado e marroquinaría.

* Meticulosidade na distribución dos patróns para conseguir o máximo rendemento das marcadas.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 5: materias, produtos e ensaios de calidade téxtil.

Capacidades terminais elementais

* Identificar a natureza, a composición e as propiedades e características estruturais de mostras de fibras, de fíos, de teas non tecidas e de tecidos de punto e de calada, a partir de procedementos organolépticos, de probas e de ensaios físicos e químicos.

* Establecer a relación de fibras, fíos e tecidos empregados como materias primas coas súas aplicacións e o seu comportamento na fabricación de produtos, coas características que se lles confire, coas condicións de conservación, de manipulación e de almacenaxe, así como co uso posterior.

* Relacionar as fases principais dos procesos téxtiles de fiadura, tecedura, ennobrecemento téxtil, acabamentos e confección coas propiedades das materias de entrada á fase, evolución e características conferidas ao produto de saída.

* Seleccionar, en función de criterios técnicos, económicos, funcionais e estéticos, as materias primas necesarias e os tratamentos aos cales serán sometidas.

* Identificar, a través de procedementos organolépticos e ensaios físicos, os defectos máis comúns nos materiais téxtiles, tanto de procesos de obtención e ennobrecemento como de manipulación e conservación, e relacionalos coas súas causas.

* Valorar a repercusión que as anomalías ou os defectos das primeiras materias poden causar nos procesos posteriores de confección e no produto final.

* Seleccionar a información técnica, os métodos, os equipamentos e os instrumentos necesarios para a extracción de mostras, preparación de probetas, parámetros para controlar e normas de calidade establecidas.

* Determinar os parámetros de axuste dos equipamentos de verificación e control en función do tipo de mostra e das instrucións do fabricante para operar con eles e, así, controlar materias e produtos téxtiles de xeito metódico, seguro e preciso.

* Valorar a idoneidade das materias e dos produtos téxtiles a partir da análise, o tratamento e a avaliación dos datos de verificación e control obtidos, de especificacións e das normas de calidade establecidas.

Contidos (duración: 105 horas)

Contidos procedementais

Fibras.

* Identificación da natureza das fibras.

* Enumeración das características e das propiedades selectivas das fibras.

* Selección da técnica de identificación para aplicar.

Fíos.

* Determinación das características dos fíos.

* Establecemento das diferenzas entre os fíos de coser e os destinados á obtención de tecidos.

Tecidos de punto.

* Representación gráfica da estrutura de tecidos.

* Descrición da formación das principais mallas.

* Diferenciación de tecidos de punto por recollida e de urdido.

Tecidos de calada.

* Representación gráfica de ligamentos.

* Creación de ligamentos.

Teas non tecidas.

* Determinación das características de laminados e aglomerados.

Ennobrecemento de materias téxtiles.

* Estimación do tipo de acabamento dos fíos e tecidos.

* Detección de diferenzas de matiz entre distintas tinturas dun mesmo tipo de tecido.

Uso e conservación das materias téxtiles.

* Identificación e interpretación dos diferentes tipos de etiquetas.

* Interpretación da simboloxía normalizada.

Análise e control de materias téxtiles.

* Preparación de probetas.

* Análise cualitativa de fibras.

-Determinación por observación microscópica do tipo ou grupo de fibras.

-Determinación dos sucesivos ensaios segundo a marcha analítica, a verificación e o rexistro.

* Análise cuantitativa de fibras.

-Identificación da natureza e do seu comportamento ante os reactivos e os disolventes químicos.

-Selección do proceso de disolución máis adecuado.

-Determinación do seu peso anhidro.

-Disolución dunha das fibras compoñentes; determinación do peso anhidro do residuo e a súa observación con microscopio.

-Preparación, disolución e exame dos sucesivos ensaios segundo a marcha analítica.

-Cálculo, verificación e rexistro dos contidos porcentuais de peso.

* Identificación dos requisitos das materias téxtiles, con determinación dos parámetros e das características para verificar.

* Selección do sistema de valoración, metodoloxía e instrumental.

* Preparación e axuste do instrumental.

* Realización do ensaio.

* Análise, tratamento, presentación de resultados e rexistro.

* Análise de tecidos.

-Identificación da natureza da materia empregada.

-Identificación de largo, face e envés, peso por metro cadrado, peso por metro lineal, e densidade do urdido e da trama.

-Identificación do ligamento e efectos de cor.

-Estimación do tipo de acabamento do tecido.

-Identificación de posibles defectos estruturais de acabamento e de uso.

Contidos conceptuais

Fibras.

* Natureza e clasificación.

* Orixe, obtención e características.

* Propiedades físicas e químicas.

* Aplicación das fibras. Mesturas.

* Representación e utilización das fibras: floco, filamento e cable.

* Defectos: métodos de identificación e influencia nos procesos posteriores.

Fíos.

* Estrutura e clasificación dos fíos.

* Características e propiedades dos fíos.

* Procesos de obtención. Tipos e operacións básicas.

* Parámetros dun fío. Métodos de identificación.

* Aplicacións dos fíos. Fíos de coser.

* Defectos: métodos de identificación e influencia nos procesos posteriores.

Tecidos de punto.

* Tecidos de punto por recollida e por urdido.

* Malla: terminoloxía e elementos básicos para a súa formación.

* Ligados básicos de tecidos.

* Procesos básicos de obtención de tecidos de punto. Etapas e elementos principais segundo o tipo de máquina que se utilice.

* Aplicación dos tecidos e dos artigos de punto. Criterios de selección da materia.

* Defectos máis comúns dos tecidos de punto. Influencia nos procesos posteriores e no uso.

Tecidos de calada.

* Definición de urdido e trama.

* Ligamentos fundamentais: simples, compostos e especiais.

* Procesos de obtención dos tecidos. Etapas e elementos principais.

* Aplicación dos tecidos de calada. Criterios de selección das materias.

* Defectos máis comúns dos tecidos de calada. Influencia nos procesos posteriores e no uso.

Teas non tecidas.

* Laminados e conglomerados: compoñentes, características e aplicacións.

* Procesos de obtención. Tipos. Operacións básicas.

* Aplicacións das teas non tecidas. Criterios de selección da materia.

* Defectos máis comúns das teas non tecidas. Influencia nos procesos posteriores e no uso.

Ennobrecemento de materias téxtiles.

* Ennobrecemento segundo o estado da materia: floco, cinta, mecha, madeixa, tecido e artigo confeccionado.

* Tratamentos básicos: preparación, branqueo, tintura, estampación, aprestos, termofixación, recubrimentos e acabamentos.

* Tratamentos de ennobrecemento. Equipamentos e produtos químicos empregados nos procesos.

* Aplicación dos tratamentos nos materiais téxtiles. Características e propiedades que lles confiren.

* Criterios de selección dos tratamentos de ennobrecemento para aplicar.

* Colorimetría: coordenadas cromáticas, diferenzas de cor e a metamería.

* Colorantes e pigmentos. Afinidades tintóreas.

* Defectos máis usuais nos produtos ennobrecidos e influencia nos procesos posteriores e nas prestacións de uso.

Uso e conservación das materias téxtiles.

* Presentación comercial.

* Normas de identificación.

* Simboloxía e nomenclatura dos produtos téxtiles.

* Características de uso e conservación de materiais téxtiles.

* Comportamento e condicións de almacenaxe e manipulación.

Análise e control de materias téxtiles.

* Mostraxe e extracción de mostras.

* Ensaios de identificación de fibras, fíos, tecidos crus e tecidos acabados.

* Ensaios de verificación de propiedades: resistencia, elasticidade, estabilidade dimensional e permeabilidade.

* Ensaios de verificación de parámetros: lonxitude e groso da fibra, título e torsión do fío, cor, solideces, tacto e caída.

* Equipamentos e instrumentos de medición e ensaio. Parámetros de axuste e calibración.

* Normas e procedementos.

* Especificacións e tolerancias.

Contidos actitudinais

* Constancia ao detectar, corrixir e revisar os datos obtidos a partir da análise de fibras, fíos, tecidos e outros materiais.

* Sistematicidade no arranxo dos erros detectados tras realizar análises ou ensaios de materiais, sexan procedementais ou sexan dos aparellos e dos equipamentos en uso.

* Valoración da importancia do seguimento do protocolo necesario cando se realiza unha proba física ou química.

* Actitude metódica na realización de análises e ensaios. Pulcritude na comprobación de datos e presentación de resultados.

* Valoración da importancia de actuar con precisión no uso de aparellos, equipamentos e ferramentas.

* Compromiso de mantemento de aparellos e equipamentos en boas condicións de operatividade, aceptando o cumprimento de normas e das recomendacións para a seguridade persoal e dos equipamentos.

* Autonomía na toma de decisións para determinar o método ou procedemento máis adecuado cando se realice unha proba, unha análise ou un ensaio.

* Seguridade ao avaliar os resultados das probas, as análises e os ensaios realizados.

* Rigor na procura de novas aplicacións dos materiais estudados, tratando de mellorar o proceso de traballo.

* Motivación por chegar a coñecer a composición, o comportamento e as reaccións dun determinado material ante novas aplicacións e circunstancias.

* Compromiso para valorar os resultados obtidos no ensaio, na análise ou na proba dun determinado material.

3.3.2. Módulo profesional 6: estudo e calidade das peles.

Capacidades terminais elementais

* Identificar a natureza, as propiedades e as características estruturais de peles e coiros, a partir de procedementos organolépticos, de probas e de ensaios.

* Relacionar os diversos tipos e as propiedades de peles e coiros coas súas aplicacións na manufactura de produtos, así como coas características que lles confiren.

* Contrastar, en cada unha das fases do curtido de peles, as características das materias antes e despois de cada unha das operacións que compoñen o proceso de curtido.

* Seleccionar o tipo de pel e os tratamentos aos cales debe ser sometida para conseguir o seu curtido, en función de parámetros técnicos, económicos, funcionais ou estéticos.

* Relacionar as características de distintas peles co seu comportamento nos respectivos procesos de confección ou manufactura de artigos e no uso posterior, así como coas condicións de conservación, manipulación e almacenaxe.

* Identificar os defectos máis comúns nas peles e nos curtidos, tanto de orixe natural como do proceso de curtido, de manipulación e de conservación, a través de procedementos organolépticos e ensaios.

* Valorar a repercusión que os defectos máis frecuentes das peles poden ter nos procesos aos cales serán sometidas e nas características do produto confeccionado.

* Seleccionar a información técnica, os métodos e os equipamentos necesarios para a extracción e a preparación de mostras, así como para a verificación e o control de peles e de coiros, segundo os parámetros que se van controlar e as normas de calidade establecidas.

* Axustar os aparellos de verificación e control en función do tipo de mostras, normas e instrucións do fabricante, e operar con eles de xeito metódico, seguro e preciso.

* Valorar a idoneidade das peles a partir das probas realizadas e dos resultados obtidos, mantendo as normas de calidade establecidas.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Natureza e características das peles.

* Clasificación e identificación dos distintos tipos de pel: con e sen pelo.

Curtido e acabamento de peles.

* Clasificación e identificación dos distintos tipos de tratamentos de ribeira, procesos de curtido e operacións de acabamento.

Peles acabadas.

* Clasificación e identificación dos distintos tipos de peles acabadas.

Conservación e almacenaxe de peles.

* Establecemento das condicións ambientais e de almacenaxe das distintas peles, para conseguir a súa perfecta conservación.

Roupa e artigos de pel manufacturados.

* Selección de artigos e materiais.

* Deseño de artigos de pel.

* Elaboración de fichas técnicas para a patronaxe e para o proceso de confección e acabamentos.

Análise e control de peles.

* Identificación dos requisitos da pel e determinación dos parámetros e das características que se van verificar.

* Selección da metodoloxía para seguir e do instrumental necesario.

* Mostraxe e preparación de probetas.

* Preparación e axuste do instrumental.

* Realización do ensaio e da medida.

* Análise, tratamento e presentación de resultados.

* Valoración e rexistro dos parámetros obtidos.

* Identificación do tipo de artigo a que vai destinada a pel.

* Comprobación visual da conformidade de cor.

* Clasificación das peles para a manufacturación de artigos.

Contidos conceptuais

Natureza e características das peles e dos coiros.

* Introdución histórica.

* Características das peles: estrutura histolóxica, tipos, taras e defectos das peles en bruto.

* Métodos de conservación das peles en bruto.

Curtido e acabamento de peles.

* Tratamentos de ribeira.

* Procesos de curtido, tintura, engraxamento e secado. Tipos de procesos e características conferidas.

* Operacións de acabamento. Capas e tipos segundo o ligante utilizado e a cantidade de pigmento. Características conferidas.

* Acabamentos dos distintos tipos de coiro comunmente empregados en confección.

Peles acabadas.

* Peles acabadas: concepto e clasificación (pergamiño, rebezo, napa, serraxe, afelpado, dobre face, etc.).

* Características e propiedades das peles acabadas. Parámetros de calidade.

* Aplicacións das peles acabadas. Criterios de selección do tipo de pel en función do produto que se elabore.

Conservación e almacenaxe de peles.

* Presentación e clasificación comercial.

* Condicións de almacenaxe e conservación de peles acabadas.

* Variación das características das peles debido ás condicións ambientais.

* Comportamento das peles no proceso de confección e defectos máis comúns. Causas e influencia na calidade final do produto.

Roupa e artigos de pel manufacturados.

* Tipos de produtos. Aplicacións.

* Materiais empregados e criterios de selección.

* Proceso de confección de roupa de pel: deseño, patronaxe, corte, cosido, montaxe e acabamento.

Análise e control de peles.

* Medidas de superficie e control de peles. Normas. Unidades.

* Técnicas de extracción e preparación de mostras para realizar ensaios.

* Ensaios físicos e químicos: concepto e protocolos de ensaio. Resistencia, solideces e probas de uso.

* Identificación organoléptica das peles: concepto e protocolos de ensaio. Elasticidade, pregado, elongación e cor.

* Parámetros de axuste e calibraxe de equipamentos e instrumentos de ensaio.

* Avaliación, tratamento de resultados e presentación de datos.

* Normas, procedementos, especificacións e tolerancias.

Contidos actitudinais

* Constancia ao detectar, corrixir e revisar os datos obtidos a partir da análise de peles, xa sexan procedementais, xa dos aparellos e de equipamentos en uso.

* Valoración da importancia da distribución do traballo e o tempo establecido para realizar calquera ensaio, proba ou análise.

* Hábito de orde sistemática de todas as accións que comporten a realización dunha marcha analítica, ben sexa dunha proba física ou ben dunha proba química.

* Comportamento metódico na realización de procedementos de análise e ensaios.

* Valoración da necesidade de actuar con precisión no uso de aparellos, equipamentos e ferramentas, co fin de non alterar os resultados das probas realizadas.

* Rigor na comprobación de datos e na presentación de resultados.

* Interese pola conservación de aparellos e equipamentos en boas condicións de operatividade.

* Aceptación e cumprimento das normas que garantan a seguridade persoal e dos equipamentos, cando se realicen análises, ensaios ou probas.

* Iniciativa para determinar o método ou o procedemento máis adecuado ao realizar unha proba, unha análise ou un ensaio, así como rigor no seu cumprimento.

* Seguridade ao avaliar os resultados de traballos, probas, análises e ensaios realizados.

* Interese pola procura de novas aplicacións para os materiais estudados e para a mellora do proceso de traballo.

* Curiosidade para chegar a coñecer a composición, o comportamento e as reaccións das materias ante novas aplicacións e circunstancias.

* Interese pola mellora do resultado do produto final, a partir do coñecemento das características dos materiais usados e coñecendo as propiedades que se lle poidan conferir.

* Procura de alternativas cando, por falta de recursos, non sexa posible a aplicación do procedemento establecido.

* Compromiso para realizar unha valoración propia dos resultados obtidos nos ensaios, nas análises ou nas probas dun determinado material.

3.3.3. Módulo profesional 7: relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as distintas vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición dos diferentes xeitos e tipos de envío de información e de documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe en que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre o estilo de mando que predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión; proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na cal se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Creatividade ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e dos destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto e tolerancia ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias.

* Habilidade para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Responsabilidade e coherencia para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación e para valorar as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza na elección da alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Consciencia da importancia do proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición para aceptar con responsabilidade a toma de decisión que o grupo considerase como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Apreciación da delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos a que se pertence.

Condución ou dirección de equipos de traballo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 55 horas.

Capacidades terminales

elementales

Actividades formativas de referencia

1Obter unha visión xeral das funcións que se realizan nunha empresa de téxtil, confección e pel.* Seleccionar o subsector en que se vai desenvolver o proxecto.

* Definir o proxecto e os obxectivos que se pretenden.

* Procurar información relativa ao subsector elixido.
* Determinar o desenvolvemento do proxecto mediante un esquema das etapas.
* Establecer a metodoloxía de traballo para desenvolver o proxecto.

2Relacionar os recursos necesarios de persoal, maquinaria e instalacións para levar a cabo o proxecto.* Establecer o organigrama de persoal necesario para realizar o proxecto.

* Obter información das características dos equipamentos necesarios (manuais e informáticos) para realizar o proceso de patronaxe do prototipo e a súa industrialización.

* Determinar o equipamento e as instalacións que cómpren para levar a cabo a elaboración do prototipo.

3Establecer as fases do proceso de elaboración dun prototipo en función dos obxectivos do proxecto, dos recursos humanos e materiais, e das instalacións.* Relacionar as tarefas necesarias para a elaboración do proxecto.-Seleccionar o tipo de roupa.-Seleccionar as materias primas.-Establecer talles, medidas, folguras, encollementos, etc.
-Identificar os patróns.
-Enumerar as fases necesarias para a elaboración do prototipo.
-Marcar incrementos e marcas de escala, e industrializar os patróns.
-Establecer os parámetros necesarios para o estudo de marcadas.

4Realizar cada unha das fases do proceso de creación dun prototipo segundo as etapas establecidas.* Executar as tarefas necesarias para a elaboración do proxecto.-Presentar deseños e materias primas para a súa selección.
-Elaborar táboas de medidas indicando folguras, encollementos, incrementos, etc.
-Realizar os patróns de todas as pezas que compoñen o prototipo.
-Estudar a distribución dos patróns do prototipo sobre o tecido.
-Cortar, ensamblar e acabar a roupa prototipo.
-Afinar, escalar e industrializar os patróns.
-Realizar o estudo dunha marcada con base nunha hipotética produción.

5Determinar a calidade e a viabilidade do produto.* Definir as características de calidade, tanto das primeiras materias como do produto acabado.
* Calcular o custo por unidade correspondente ás materias primas empregadas.
* Elaborar conclusións sobre a viabilidade ou non-viabilidade da produción industrial do artigo proposto.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais

elementales

Actividades formativas de referencia

1Realizar tarefas de organización e control dos traballos de elaboración de patróns, prototipos ou mostrarios de artigos de vestir e marroquinaría con autonomía e eficacia.* Recoñecer a organización da empresa, a súa localización no sector e a súa situación no mercado.

* Identificar deseños, modelos, mostrarios, información técnica, sistemas de fabricación e medios de produción do produto.

* Ser consciente do tipo de ensaios que se realizan e do plan de calidade establecido pola empresa.

* Interpretar fichas de deseño, ordes de traballo, listas de fases, etc., que o centro de traballo utiliza para o inicio, o desenvolvemento e o control da elaboración de patróns, prototipos e mostrarios.
* Decidir e executar actividades de organización e control, valorando as repercusións técnicas, económicas, comerciais e humanas que as xustifican.

Capacidades terminais

elementales

Actividades formativas de referencia

2Colaborar no deseño de artigos de vestir ou de marroquinaría con autonomía e eficacia.* Identificar as características dos sistemas de obtención de información (desfiles, revistas, estudos de mercado, etc.) e interpretalas para recoñecer o deseño de artigos no centro de traballo.
* Detectar as particularidades técnicas, estéticas e funcionais, así como o grao de calidade dos produtos que deseña a empresa.
* Participar na definición de artigos, colaborando nas tarefas de deseño e axustándose aos niveis e ás exixencias particulares do centro de traballo.
* Colaborar na toma de decisión, valorando as repercusións técnicas ou económicas que xustifican o desenvolvemento dun deseño ou modelo.
* Procurar a información e os medios necesarios para realizar as actividades encomendadas.

3Realizar tarefas de elaboración e industrialización de patróns de artigos de vestir e marroquinaría con autonomía e eficacia.* Identificar as características do sistema de patronaxe, escalado e medios de traballo implantados pola empresa.

* Axustar os instrumentos para realizar patróns, transformacións e escalados, adaptándose aos programas informáticos.

* Identificar as particularidades dos patróns e dos produtos propios do centro de traballo.
* Executar tarefas de patronaxe, industrialización de patróns e estudos de marcadas.
* Colaborar na análise de prototipos de produtos detectando anomalías ou desviacións técnicas e estéticas respecto do patrón e do deseño; identificar as súas causas e propor modificacións.
* Conseguir a viabilidade industrial do produto en relación co proceso de fabricación existente na empresa.
* Aplicar criterios de calidade no proceso de elaboración dun produto e achegar solucións de mellora ás desviacións de calidade detectadas.
* Informar dos resultados do control de calidade.

4Comportarse en todo momento de xeito responsable na empresa.* Amosar unha actitude de respecto aos procedementos e ás normas internas da empresa.

* Interpretar e executar as instrucións que recibe, e responsabilizarse do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coas persoas adecuadas.

* Analizar as repercusións da súa actividade no posto de traballo e no sistema produtivo da empresa.
* Cumprir cos requisitos das normas do traballo ben feito, demostrando un bo facer profesional, cumprindo o seu labor con orde e desenvolvendo o seu traballo no tempo e no xeito previstos.
* Favorecer a coordinación de accións cos demais membros do grupo.

5Actuar con seguridade e precaución cumprindo as normas establecidas.* Identificar os riscos asociados ao desenvolvemento dos procesos, aos materiais, ás máquinas e ás instalacións.
* Identificar todos os sinais existentes na empresa relacionados coa seguridade laboral.
* Difundir e utilizar os medios de prevención e protección de accidentes, asesorando o grupo sobre o comportamento adecuado en caso de emerxencia.
* Valorar situacións de risco e achegar as correccións e as medidas adecuadas para a prevención de accidentes.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e das variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existiren prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Artes.

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no cal se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Debuxo técnico.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de patronaxe.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización da produción na industria da confecciónProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

2Análise de deseños e modelos de artigosProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

3Procesos e técnicas de patronaxePatronaxe e confecciónProfesorado técnico de FP

4Industrialización de patrónsPatronaxe e confecciónProfesorado técnico de FP

5Materias, produtos e ensaios de calidade téxtilProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

6Estudo e calidade das pelesProcesos e produtos de téxtil, confección e pelProfesorado de ensino secundario

7Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais, diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos e produtos de téxtil, confección e pel-Enxeñaría técnica industrial (especialidade téxtil)-Enxeñaría técnica industrial (especialidade de tecidos de punto)-Enxeñaría técnica téxtil-Enxeñaría técnica en tecidos de punto

Formación e orientación laboral- Diplomatura en ciencias empresariais- Diplomatura en relacións laborais- Diplomatura en traballo social- Diplomatura en educación social- Diplomatura en xestión e administración pública

Patronaxe e confección- Técnico superior en procesos de confección industrial.- Técnico superior en patronaxe.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado técnico de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de patronaxe require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m25%

Aula técnica90 m60 m60%

Laboratorio de ensaios60 m60 m15%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Industrialización de patróns.

* Procesos e técnicas de patronaxe.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Industrialización de patróns.

* Procesos e técnicas de patronaxe.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Enxeñaría técnica téxtil.

* Enxeñaría técnica en tecidos de punto.

* Enxeñaría técnica en deseño industrial.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

105Organización da produción na industria da confección

80Análise de deseños e modelos dos artigos

290Procesos e técnicas de patronaxe

80Industrializacións de patróns

105Materias, produtos e ensaios de calidade téxtil

80Estudo e calidade das peles

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

55Proxecto integrado

4º, 5º e 6º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA