DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 06 de xullo de 2005 Páx. 12.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 30 de xuño de 2005 pola que se modifica a Orde do 7 de decembro de 2004 pola que se particulariza para o exercicio orzamentario 2005 o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, tramitada como expediente anticipado de gasto.

A Orde do 7 de decembro de 2004 pola que se particulariza para o exercicio orzamentario 2005 o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, foi tramitada como expediente anticipado de gasto, para axilizar a presentación de solicitudes.

Coa aprobación definitiva dos orzamento anuais, as sucesivas reprogramacións dos fondos estruturais do IFOP levaron a sucesivas incorporación e xeración de novos fondos que fan que os límites orzamentarios varíen positivamente.

Convocatorias anteriores destas liñas de axudas mostran que sempre se presenta un número superior de solicitantes aos que, de acordo cos orzamentos vixentes, se poden atender.

Tendo en conta o especial dinamismo deste sector, cómpre incrementar os orzamentos para continuar co desenvolvemento destas empresas altamente xeradoras de emprego, e continuar a selección dos proxectos completos de acordo cos baremos establecidos.

Por todo o exposto e, no uso das facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1º da orde mencionada, incluído un novo parágrafo terceiro co seguinte texto:

Estes importes poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2005.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL