DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 06 de xullo de 2005 Páx. 12.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xuño de 2005 pola que se anuncia a adxudicación de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 28 de marzo de 2005 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 8 de abril).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 16 de xuño de 2005 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de catro bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 67, do 8 de abril de 2005, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder catro bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se

desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicarlles a mencionada bolsa a outros candidatos/as, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo da presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 800 euros mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2005.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIF

Proxecto I: Catalogación dos fondos bibliográficos do centro.
Titular:
López Bodaño, Antonio36126105M
Suplentes:
Fernández Núñez, Amparo44448060P
Maceira Rodríguez, Mª Otilia76575375A
Pérez Santos, Raquel44808360J
Arce Méndez, Alejandro44813327N

Proxecto II: Investigación e estudo do galego exterior.
Titular:
Loureiro Porto, Lucía76866375F
Suplentes:
Concheiro Coello, Pilar76367398S
Linares Abella, Sofía44823190P
Gómez Fernández, Cristina34898669X

Proxecto III: Terminoloxía científico-técnica.
Titular:
García Merino, Mª José44816682D
Suplentes:
Díaz Pernas, Carmen36174327L
González Salgado, Mª Luisa44475565M
Sánchez Pérez, Amelia46917551N

Proxecto IV: Lírica medieval.
Titular:
Domínguez Carregal, Antonio A.39453200N
Suplentes:
Cerviño Ferrín, Victoria76816616C
González Lousada, Francisco53168948D
Pumariño Pérez, Victor33350809G
Sánchez Pérez, Amelia46917551N
García Candeira, Margarita52459730L