DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 06 de xullo de 2005 Páx. 12.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xuño de 2005 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal de Rois (A Coruña) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse, en escolas específicas, estudos de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, o Decreto 454/2003, do 26 de decembro (DOG do 19 de xaneiro de 2004), establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

O Concello de Rois (A Coruña) solicita a inclusión da escola de música municipal de Rois no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña informa do cumprimento efectivo dos requisitos que establece a Orde do 11 de marzo de 1993.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música municipal de Rois (A Coruña), segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril).

Segundo.-Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que imparta docencia na escola de música.

Cuarto.-O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados no anexo desta orde.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir

do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Rois.

Localidade: Rois.

Enderezo: Os Dices.

Código do centro: 15032510.

Titular: Concello de Rois.

Denominación: Escola de Música Municipal de Rois.