DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 05 de xullo de 2005 Páx. 11.900

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2005 que modifica a Resolución do 26 de agosto de 2003 que publicaba a relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral de administración e servizos desta universidade.

Despois de que o Consello de Goberno establecese, na súa reunión do día 31 de maio de 2005, a modificación, a creación e a supresión da relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral de administración e servizos desta universidade, e unha vez que o Consello Social emitise o informe favorable, e para lle dar cumprimento ao previsto 15.3º e 15.1º d) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, no uso das atribucións que lle confire a normativa vixente, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar a creación, a supresión e a modificación da relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral da administración e servizos da Universidade da Coruña, que se recolle no anexo a esta resolución.

A Coruña, 8 de xuño de 2005.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña