DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 05 de xullo de 2005 Páx. 11.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial revisada do ano 2004 do convenio colectivo do sector de comercio do metal.

Vista a acta da táboa salarial revisada do ano 2004 do convenio colectivo do sector do comercio do metal, con nº de código 3600365, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 9-5-2005, subscrita pola comisión paritaria do convenio, o 5-5-2005. De conformidade co disposto no artigo 12 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de maio de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector comercio do metal. Pontevedra

Asistentes:

* Representación social:

-Por CC.OO.:

Rosa Pérez Álvarez.

-Por UGT:

Germán Tizón Vázquez.

Roberto Puga Hermida.

-Por la CIG:

Xusto Fernández Vilas.

-Representación económica:

Hermenegildo Rodríguez Novoa.

Francisco José Collado Vázquez.

Félix Rodríguez Regueiro.

Manuel Sáez Ponte.

-Secretario: José A. Porcel Villar.

Acta.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día cinco de maio de dous mil cinco, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio do metal da provincia de Pontevedra, que á marxe se citan, co obxecto de proceder á revisión da táboa salarial correspondente ao ano 2004, en aplicación do disposto no artigo 12 do convenio en vigor.

De acordo cos datos facilitados polo INE, o índice de prezos de consumo correspondente ao ano 2004, situouse no 3,2%, polo que, en virtude do previsto no parágrafo cuarto do artigo 12 do convenio en vigor, retribucións, procédese a revisar a táboa salarial correspondente ao ano 2004, na diferenza entre o citado IPC e o 2,75% de incremento pactado inicialmente para ese ano, isto é, no 0,45%, con efectos do 1 de xaneiro do citado 2004.

Confeccionada esta táboa, os membros da comisión paritaria proceden ao seu asinamento en proba de conformidade, acordando a ssúa remisión á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos de que se proceda á súa inscrición e posterior publicación no DOG e BOP.

E sendo éste o único asunto que se vai tratar, levántase a sesión sendo as dezasete quince horas do día ao inicio citado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Táboa salarial anexa-revisada

(1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2004)

CategoríasS. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I:

Enxeñeiros e licenciados982,7149,1415.723,36

Axudantes e técnicos835,2941,7613.364,64

Formación profesional687,8734,3911.005,92

Grupo II:

Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral982,7149,1415.723,36

Xefe de almacén ou sucursal835,2941,7613.364,64

CategoríasS. mensualCuadrienioS. anual

Xefe de grupo737,0236,8511.792,32

Xefe de sección687,8734,3911.005,92

Encargado establecemento, vendedor, comprador687,8734,3911.005,92

Viaxante662,7433,1410.603,84

Dependente, corredor de praza646,8232,3410.349,12

Dependente maior (10% máis que o dependente)

Axudante623,0031,159.968,00

Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar

Grupo III:

Xefe administrativo884,4144,2214.150,56

Xefe de sección737,0236,8511.792,32

Contable, caixeiro687,8734,3911.005,92

Oficial administrativo662,7433,1410.603,84

Auxiliar administrativo646,8232,3410.349,12

Auxiliar de caixa630,9631,5510.095,36

Grupo IV:

Debuxante835,2941,7613.364,64

Escaparatista769,7738,4912.316,32

Rotulista704,2635,2111.268,16

Cortador720,6036,0311.529,60

Axudante623,0031,159.968,00

Chofer de transporte pesado (1ª)688,0834,4011.009,28

Chofer de transporte lixeiro (2ª)623,0031,159.968,00

Profesional de oficio623,0031,159.968,00

Axudante de oficio623,0031,159.968,00

Mozo especializado623,0031,159.968,00

Capataz623,0031,159.968,00

Telefonista, mozo, envasador, embalador623,0031,159.968,00

Grupo V:

Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza623,0031,159.968,00

Persoal de limpeza por xornada completa512,8325,648.205,28

Persoal de limpeza por hora (incluída pro rata de 4 pagas extras)4,490,2271,84