DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 05 de xullo de 2005 Páx. 11.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da cafetaría do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (Concesionaria Serunión, S.A.).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (Concesionaria Serunión, S.A.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-5-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 25-2-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de maio de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal da cafetaría de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo

Asistentes:

Pola parte empresarial (Serunión, S.A., empresa concesionaria):

Juan Vicente Selva

Agata Piferrer Codinach

Pola parte social:

José Manuel Álvarez Rodríguez (delegado de persoal)

Argimiro González Pérez (CC.OO.)

Na Coruña o 25 de febreiro de 2005 sendo as 12.00 horas, nos locais do centro de traballo reúnense dunha parte, a representación empresarial de Serunión, S.A., concesionaria da cafetaría de personal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo e doutra, a representación social indicada no encabeza

mento deste escrito. Os reunidos chegan aos seguintes acordos:

Primeiro.-Tal como establece o artigo 5 do convenio colectivo do persoal da cafetaría do Complexo Hospitalario Juan Canalejo que, ao cumprir a data do seu vencemento, o convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes contratantes cun mes, como mínimo, de antelación á data da súa expiración. De prorrogarse pola tácita todos os conceptos económicos incrementaranse no IPC (índice de prezos ao consumo) establecido polo Inem.

Segundo.-Que o IPC constatado e publicado polo Inem referente ao período 1-1-2004 ao 31-12-2004 é o de 3,2%.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2005 incrementaranse os conceptos económicos do convenio vixente nun 3,2% quedando estes cuantificados tal e como se detalla a continuación:

Categoría

Salario base

C. cantidad e traballoCompl. tansporte

Total mes

Xerente1.028,90 A78,96 A47,51 A1.155,37 A

Of. adm.786,33 A78,96 A47,51 A912,80 A

Encargado786,33 A78,96 A47,51 A912,80 A

Cociñeiro/a786,33 A78,96 A47,51 A912,80 A

Camareiro/a786,33 A78,96 A47,51 A912,80 A

Aux. caixa786,33 A78,96 A47,51 A912,80 A

Axudante758,03 A78,96 A47,51 A884,50 A

Fregador758,03 A78,96 A47,51 A884,50 A

A contía da compensación establecida no artigo 24 do convenio colectivo para a conservación e limpeza da roupa de traballo pasará a ser para o ano 2005 de 7,48 euros.

Acórdase que os festivos traballados e non compensados con outro festivo ou domingo, compensaranse cun día de descanso engadido aos dous días de descanso semanal, máis unha percepción en diñeiro de 12,70 euros para o ano 2005.

Terceiro.-Acórdase que ao pactar o calendario laboral para o ano 2005 se pactará, así mesmo, a distribución e desfrute dos 6 días de redución de xornada.

O desfrute realizarase nos seguintes períodos:

Dous días o primeiro trimestre, dous días no segundo trimestre e dous días no cuarto trimestre.

Se por motivos persoais se debe modificar a planificación do desfrute de calquera día de reducción de xornada, deberase realizar da seguinte forma:

O traballador comunicarallo por escrito ao responsable da empresa con cinco días de antelación antes do seu desfrute.

A empresa e o traballador solicitante do cambio negociarán outro día de desfrute no mesmo trimestre.

No caso de existir coincidencia, entre varios traballadores, na solicitude do día de desfrute, a empresa concederao por orde de antigüidade de recepción

da solicitude, estas serán recepcionadas conxuntamente pola encargada do centro e o representante legal dos traballadores rexistrando a data e hora de recepción.

Xúntanse calendario laboral negociado para o ano 2005 para o seu rexistro.