DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 04 de xullo de 2005 Páx. 11.834

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 188/2005, do 23 de xuño, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1º c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada polo sindicato independente ANPE, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro do Consello Escolar de Galicia en representación do profesorado de centros do ensino público, Licerio España Galego (sindicato independente ANPE).

Artigo 2º

Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación do profesorado de centros do ensino público, a Manuel Nicolás Vázquez Varela (sindicato independente ANPE).

Artigo 3º

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que desempeña.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA