DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 01 de xullo de 2005 Páx. 11.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2005 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da xestión do servizo público de explotación do Centro Residencial de Castro de Ribeiras de Lea.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar o concurso que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: C.P. 21/2005.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de explotación do Centro Residencial de Castro de Ribeiras de Lea.

b) Prazo de execución: 6 anos contados desde a posta á disposición do adxudicatario do edificio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Praza/día válidos: vinte e nove euros (29 euros).

Praza/día asistidos: corenta e catro euros (44 euros).

5. Garantías.

Provisoria: 60.000 euros.

Definitiva: 361.410 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copistaría Copynino.

b) Enderezo: r/ Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

d) Teléfonos:

Copynino: 981 58 89 38.

Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade-Contratación: 981 54 56 50.

e) Fax (contratación): 981 54 01 18.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=5726

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2. Domicilio: San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 01 18), ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data da apertura: o décimo primeiro día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2005.

P.D. (Orde 2-8-2004)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Xuventude, Deporte e Voluntariado