DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 01 de xullo de 2005 Páx. 11.716

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 185/2005, do 9 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en construcións metálicas.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1656/1994, do 22 de xullo, establece o título de técnico superior en construcións metálicas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades

profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece deste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender, que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo no que radica o centro, non puidesen ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos- do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en construcións metálicas, regulado polo Real decreto 1656/1994, do 22 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacio

nadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Neste decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

DenominaciónConstrucións metálicas

NivelFormación profesional de grao superior

Duración (2.000 horas)Da formación no centro educativoDa formación en centros de traballo

1.620 horas380 horas

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

* Intervir na elaboración de documentación técnica para a definición do produto e do proceso de fabricación e para a montaxe ou reparación de construcións metálicas, así como controlar a produción asignada, asegurando a súa execución coa calidade requirida, dentro do tempo establecido e en condicións de seguridade.

* Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Analizar os anteproxectos, as especificacións técnicas e, en xeral, toda a documentación asociada a proxectos, procesos e programas de construcións metálicas; interpretar adecuadamente todos os parámetros, símbolos e requisitos; extraer as conclusións e os datos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo.

* Elaborar informes de factibilidade de produto e realizar planos de fabricación de construcións metálicas nos que se realicen aplicacións de cálculos de estruturas, se acheguen solucións construtivas e se definan os útiles necesarios.

* Posuír un amplo coñecemento de materiais utilizados en construción metálica e relacionar o seu comportamento nos procesos de fabricación e fenómenos asociados ao proceso de soldadura que lle permitirán introducir cambios nos procesos para compensar ou corrixir posibles desviacións das características especificadas, seguindo criterios de calidade, económicos e produtivos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Pór a punto e controlar a fabricación, a montaxe e a reparación de construcións metálicas, tras establecer as instrucións escritas requiridas (métodos, procedementos, tempos, especificacións de control, programa de produción, etc.).

* Aplicar e/ou controlar os plans de calidade na fabricación, na montaxe e na reparación de construcións metálicas; analizar o plan de calidade e ditaminar sobre resultados de ensaios e medidas obtidas.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que exixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da produción e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instrucións claras con rapidez e informando e solicitando axuda a quen proceda cando se produzan continxencias na operación.

* Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instrucións sobre o control de procesos e procedementos en caso de modificacións derivadas dos programas de produción, e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos produtivos.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes dentro do ámbito da súa competencia, e consultando as ditas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio:

* Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de fabricación, montaxe e reparación de construcións metálicas, de máquinas, equipamentos e instalacións, así como do xeito de os organizar, tendo en conta os aspectos humanos, técnicos, de organización e económicos, e integralos eficazmente ou substituír algún deles segundo requisitos de mellora da produción.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nos materiais, as técnicas, a organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e dos obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacións concernidas, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Participación no proxecto de construcións metálicas, achegando solucións construtivas.

* Establecemento de planos de detalle para unha mellor definición da construción metálica.

* Realización de planos de definición, fabricación e documentos necesarios para a fabricación a partir de anteproxecto e informacións xerais.

* Supervisión de que o arquivo dos planos se leve a cabo consonte a normativa e as especificacións.

* Proposta de desenvolvementos de procesos e procedementos de traballo.

* Desenvolvemento de programación de máquinas automáticas.

* Organización e control do traballo realizado polo persoal ao seu cargo. Emisión de instrucións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control do proceso.

* Organización e distribución das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.

* Xestión dos aprovisionamentos de materiais empregados en construcións metálicas, así como consumibles necesarios para a produción.

* Desenvolvemento da programación da produción en función das necesidades do departamento de loxística e das posibilidades da empresa.

* Supervisión do mantemento realizado nas máquinas e nos equipamentos empregados en construción metálica.

* Posicionamento dos elementos na montaxe, tomando as medidas necesarias e elaborando os bosquexos precisos.

* Dedución de actuacións en casos imprevistos nos procesos produtivos.

* Emisión de instrucións sobre o control dos procedementos de fabricación asignados en caso de modificacións derivadas dos programas ou plans de produción.

* Informes, ao seu nivel, dos ensaios non destrutivos (END) de soldadura, achegando solucións que permitan a corrección dos defectos encontrados

e, en xeral, a emisión de informes técnicos por petición dos seus superiores.

* Coordinación, ao seu nivel, das funcións de fabricación, control de calidade, innovación e melloras.

2.4. Unidades de competencia:

1. Desenvolver proxectos de construcións metálicas.

2. Desenvolver procesos operativos e organizar a produción de construcións metálicas.

3. Xestionar e supervisar os procesos de fabricación, montaxe ou reparación de construcións metálicas.

4. Controlar a calidade en construcións metálicas.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: desenvolver proxectos de construcións metálicas.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Elaborar os planos de conxunto e de detalle necesarios para a definición do produto, coa achega das solucións construtivas precisas e con aplicación dos procedementos de cálculo establecidos, a partir do anteproxecto e instrucións xerais.* As solucións construtivas adoptadas cumpren a normativa exixida e dan resposta adecuada aos requisitos funcionais do produto.

* Interprétanse e aplícanse correctamente as hipóteses e os resultados dos cálculos dos factores de deseño no desenvolvemento dos planos.

* Realízanse os planos aplicando o regulamento, normas xerais e específicas e simboloxía de representación.

* O plano de conxunto define a totalidade da construción metálica e determina a relación de cada unha das partes coas demais.
* Os elementos definidos dan resposta ás hipóteses e ás solicitacións determinadas polos cálculos de resistencia.
* Os planos definen inequivocamente e de xeito completo os aspectos referentes á forma, á dimensión, á funcionalidade, ás tolerancias, aos datos tecnolóxicos e aos acabados requiridos.
* A organización dos planos que compoñen o proxecto permite a identificación inequívoca de cada un deles e o seu posterior arquivo.
* As especificacións técnicas determinan as condicións que evidencian as características e calidade do produto.
* Tense en conta e actualízase a AMFE (análise modal de fallos e efectos) de deseño.
* Téñense en conta os medios de manipulación e transporte.

1.2.Realizar os planos de fabricación dos elementos da construción metálica, achegando solucións construtivas a partir dos planos de definición e de conxunto do produto, do proceso operativo e das instrucións xerais.* Os planos definen todos os elementos comprendidos no plano de conxunto.

* Descríbense todas as especificacións técnicas requiridas na fabricación.

* O plano que define un elemento incorpora a listaxe de pezas que o constitúe.

* As normas aplicables para a construción, a inspección e a proba están adaptadas ás especificacións do produto.

* As formas construtivas definidas polos planos están adaptadas aos medios de fabricación dispoñibles.
* Selecciónanse os materiais tendo en conta a súa idoneidade, a garantía de subministración, o grao de aproveitamento posible e os seus custos.
* Incorpóranse os medios de manipulación e transporte necesarios.
* As inspeccións e probas que se deben realizar durante a fabricación están debidamente especificadas.
* Considéranse ao elaborar os planos os compoñentes normalizados (parafusos, remaches, etc.) e produtos preelaborados, para reducir custos e tempos.

1.3.Desenvolver o proxecto de reparación a partir do informe sobre o estado da construción, os planos existentes e as instrucións xerais.* A solución achegada garante que os elementos reparados queden en condicións de traballo e que estean dentro dos límites da seguridade exixida.

* A solución achegada garante as condicións de funcionalidade do conxunto reparado.

* Considéranse ao elaborar os planos os compoñentes normalizados (parafusos, remaches, etc.) e produtos preelaborados, para reducir custos e tempos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Tense en conta a accesibilidade e os medios de manipulación e transportes.
* Determínase o alcance da reparación e achéganse as solucións construtivas.

1.4.Elaborar os planos de conxunto e de detalle necesarios para a definición dos útiles para fabricación e montaxe de elementos, tendo en conta as condicións de manipulación e execución, considerando o proceso operativo e os planos de fabricación.* Os útiles definidos melloran a realización das operacións do proceso.

* Os planos definidos son completos e permiten a construción dos útiles.

* Os planos definen os elementos de rixidización provisionais que se deben colocar durante o proceso de fabricación.

* Os planos definen os accesorios necesarios para a manipulación dos elementos.

* Os útiles definidos permiten o seu cambio nun tempo mínimo e en condicións de seguridade.

* O custo dos útiles está dentro dos limites admitidos.

1.5.Elaborar os informes técnicos concretos que se lle requiran, relacionados coa factibilidade do deseño e necesidades de fabricación.* Elabórase un informe que contemple os requisitos do proxecto ou necesidades de fabricación no referente a:-Especificacións técnicas.-Materiais e produtos.
-Funcionalidade.
-Condicións de mantemento.
-AMFE de produto e deseño.
-Normativa e regulamentación específica.
-Seguridade.
-Custos.
-Calidade.
-Medios de manipulación, almacenaxe e transporte.
* O informe escrito é sintético e expresa de xeito claro e ordenado as conclusións obtidas, consonte as instrucións recibidas.

1.6.Manter organizado e actualizado o arquivo e a documentación técnica. * A clasificación dos documentos permite a súa doada localización e o acceso.

* O sistema de arquivo permite a conservación dos documentos en estado íntegro e seguro.

* Os métodos implantados dan resposta ás necesidades e ao volume do arquivo.
* Actualízase o rexistro incorporando sistematicamente as modificacións que afecten a planos e documentos técnicos.
* Os procedementos de actualización do arquivo permiten coñecer a vixencia da documentación existente.

Dominio profesional

-Medios de produción:

Utilizados: posto informático de traballo con táboa dixitalizadora e programas informáticos específicos; taboleiro e equipamento de debuxo; calculadora científica; material informático; papel vexetal.

Relacionados: máquinas e equipamentos de mecanizado; equipamentos de corte mecánico e térmico (oxicorte, plasma, etc.); máquina de conformado; equipamentos de soldaxe; sistemas de amarre e útiles específicos; materiais; produtos e compoñentes.

-Principais resultados do traballo:

Definición do produto nos seus aspectos técnicos e funcionais. Planos de fabricación do produto. Plano de montaxe. Planos de reparación. Listaxe de pezas e materiais.

-Información:

Xerada: planos e especificacións técnicas de produto; planos e especificacións técnicas para fabricación, montaxe e reparación; planos e especificacións técnicas de útiles; listaxe e especificacións de materiais necesarios; informes de estudos de factibilidade de produto; AMFE de deseño e de produto actualizado; procedementos de rexistro e arquivo de planos e documentación técnica.

Utilizada: planos de anteproxecto; requisitos contractuais; requisitos do produto; AMFE de produto; cálculos de resistencia mecánica; normas de seguridade específicas do sector; regulamentos; normas de construción: UNE, EN, ISO, ASME e ASTM; normas de sociedades clasificadoras: Veritas, Lloyd, etc.; catálogos técnicos de materiais, produtos e máquinas; procedementos de fabricación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos e técnicas de debuxo informatizado e manual. Métodos de cálculo. Técnicas de análise de fallos e efectos de deseño de produto. Procedementos de arquivo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo:

Enxeñaría de produto. Enxeñaría de proceso. Produción. Instalación e montaxe en obra. Reparación. Control de calidade. Comercialización e cliente. Organismos oficiais para tramitación de formalidades regulamentadas.

Enxeñaría de produto. Enxeñaría de proceso. Produción. Instalación e montaxe en obra. Reparación. Control de calidade. Comercialización e cliente. Organismos oficiais para tramitación de formalidades regulamentadas.

2.5.2. Unidade de competencia 2: desenvolver procesos operativos e organizar a produción de construcións metálicas.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Desenvolver o proceso operacional de fabricación, de montaxe e de reparación en construcións metálicas a partir de planos, especificacións construtivas, plan de calidade e instrucións xerais, asegurando a factibilidade da fabricación e mellorando o custo do proceso.* O proceso operativo desenvólvese de xeito que comprenda todas as fases en orde correlativa na fabricación, a montaxe ou a reparación.

* As fases do proceso determinan:-Máquinas e ferramentas necesarias, así como os seus parámetros de uso-Especificacións técnicas.-Operacións de fabricación e a súa secuenciación.-Tratamento superficial.-Os métodos de traballo.

-Os tempos de fabricación.
-Pautas de control de calidade.
-Folla de ruta.
-Ferramenta (para empregar).
-Cualificación dos operarios.
-Seguridade aplicable.
-Mantemento preventivo.
* Os procesos desenvolvidos permiten realizar a obra nas condicións de calidade, prazo de entrega e seguridade requirida.
* O proceso establece o plan de puntos de inspección (PPI), así como os tipos de control e ensaios que se deben realizar.
* Realízase o proceso operativo tendo en conta a AMFE de proceso.
* Desenvólvese o proceso tendo en conta os custos de fabricación, montaxe ou reparación.
* O proceso desenvolvido consegue un óptimo rendemento das máquinas e os equipamentos dispoñibles.
* O cálculo do tempo de fabricación inclúe os tempos de posta a punto, de operación e de mantemento.
* Mantense actualizada e organizada a documentación do proceso.

2.2.Desenvolver a programación das máquinas automáticas de control numérico (CNC) e de robots para construción metálica.* O programa de CNC establece:-Orde cronolóxica de operacións.-Ferramentas.-Parámetros de operación.-Traxectorias.

RealizaciónsCriterios de realización

* Establécese o programa de CNC tendo en conta:-Prestación da máquina: potencia, velocidades, esforzos admisibles, etc.
-Características do control numérico: tipo de control, formato bloque, codificación de funcións, etc.
-Xeometría da peza, tamaño das series e acabados que se pretenden conseguir.
-Dimensións en bruto da peza antes da súa montaxe na máquina.
-O cero máquina/peza.
-Tipo de ferramentas e útiles necesarios.
-Almacenaxe e alimentación automática de ferramentas.
* O desenvolvemento da programación de robots ten en conta:-Material base.
-Consumibles.
-Perfil do cordón de soldadura.
-Prestacións do robot.
-Parámetros de operación.
-Traxectorias.
-Xeometría da peza.
-Tamaño da serie.
* A programación do robot ten en conta as súas características de posición e o peso do equipamento transferido.
* Obtense a coordinación de accións do robot co resto do equipamento que configura o posto de traballo.

2.3.Desenvolver programas de fabricación de construcións metálicas, conxugando a información técnica, o proceso operativo, as cargas de traballo, o plan de produción, as características de aprovisionamento e as instrucións xerais.* Determínase a carga de traballo para cada posto de traballo, para reducir os atrancos e os tempos mortos.

* A programación permite cumprir cos prazos de entrega.

* Realízase o lanzamento no tempo e no xeito establecidos.

* A programación permite asignar e mellorar recursos humanos e distribuír a carga de traballo.

* Determínase o movemento de materiais entre as distintas seccións e postos de traballo.
* A programación ten en conta a totalidade das operacións, as necesidades, a situación dos materiais, os medios de produción e os recursos humanos.
* Realízase a programación tendo en conta o plan de mantemento dos equipamentos de produción.
* A programación ten en conta a secuencia, o sincronismo ou a simultaneidade das operacións e os puntos críticos.

2.4.Establecer os procedementos homologados de soldaxe para garantir o cumprimento da normativa, das características do produto ou das especificacións do cliente, seguindo instrucións xerais.* O procedemento determina:-Condicións de unión: tipos de materiais que se van unir, espesuras, demasías e exixencias requiridas.-Método de soldaxe: técnica que se debe empregar, equipamentos e parámetros, material de achegamento, preparación de bordos, posición e secuencias, prequecemento e temperatura entre pasadas, tratamento posterior á soldaxe, cualificación do soldador e informe de inspección.
* Determínase o procedemento de inspección en función da anomalía que se ten que detectar, a factibilidade, a aplicación do produto e o custo.

2.5.Determinar o aprovisionamento e xestionar a manutención e a almacenaxe dos materiais, dos produtos, dos compoñentes e dos útiles para garantir a produción.* Establécense as condicións de almacenaxe tendo en conta a natureza dos produtos para asegurar o seu bo estado de conservación.

* Distribúense os materiais no almacén segundo criterios de calidade, volume, rotación, valor, aproveitamento de espazos, etc.

* Os equipamentos e os medios definidos para o transporte de útiles, materiais e elementos son os axeitados para non producir deterioracións, adáptanse ás características do taller e cumpren coas normas de seguridade establecidas.
* O control de almacén permite coñecer en todo momento as existencias, a situación e o movemento dos materiais e dos útiles para garantir a produción.
* Establécense condicións e normas de seguridade, de saúde laboral e ambientais para aplicar nos traballos de almacenaxe.
* O aproveitamento dos materiais reduce ao máximo os refugallos.
* A xestión do almacén garante a dispoñibilidade de materiais e útiles en tempo e forma.
* A xestión de almacén garante os mínimos stocks, a súa redución e a diminución de custos.

Dominio profesional

-Medios de produción:

Utilizados: posto informático de traballo conectado á rede con táboa dixitalizadora e programas informáticos específicos; programas informáticos de xestión e monitorización de sistemas; calculadora científica; material informático.

Relacionados: captadores de datos en taller; posto informático conectado á rede; equipamentos de soldadura (arco manual, oxiacetilénica, arco somerxido, MIG/MAG, TIG, plasma e arco-aire); máquina de soldadura por puntos; equipamentos de soldadura por CNC e robotizadas; fornos de tratamento; quentadores de gas e eléctricos; gatos e ferramentas de armado; ordenador e programa de debuxo 2D; máquina de coordenadas tridimensionais; ferramentas de trazar metais en plano e ao aire; instrumentos de medida e verificación; ferramentas e máquinas de tallar por cortadura; cisalla; punzonadora; trades de columna, radial universal e portátil; fresadora de preparación de bordos; roscadora e tarraxas; cilindro curvador; máquinas de dobrar e rebordar; prensas e útiles de endereitar e curvar perfís e tubos; equipamentos de oxicorte, corte con plasma e láser; máquinas de mecanizado e conformado con CN; pantógrafo; gatos e ferramentas para armado e fixación; medios de elevación e transporte.

-Información:

Xerada: procesos operativos de fabricación, montaxe e reparación; plan de puntos de inspección do proceso; plan de necesidades de materiais (MRP) e de control de stocks; programa planificación e control da fabricación e montaxe; necesidades de máquinas, medios e recursos humanos; programas en soporte informático para máquinas de CN e robots; procedementos de manipulación de materiais; propostas de revisión da información técnica de definición de produto; AMFE de proceso actualizado; diagramas de percorrido dos materiais e produtos; procedementos homologados de soldaxe.

Empregada: planos de produto e especificacións técnicas do produto; planos e especificacións técnicas para fabricación; listaxes de materiais; AMFE de produto e proceso; estudos de factibilidade; táboas de tempos; capacidade dos recursos dispoñibles; métodos de ensaios; métodos de traballo; gráficos, diagramas e organigramas aplicados; normas de seguridade específicas do sector; regulamentos; normas de construción (UNE, EN, ISO, ASME e ASTM); catálogos técnicos de materiais, produtos e máquinas; planificación xeral.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de análise de métodos de fabricación. Métodos de estudo e análise de tempos de fabricación. Técnicas de análise de fallos e efectos nos procesos de fabricación. Métodos e técnicas de metroloxía dimensional. Técnicas de planificación (Pert, Gantt, etc.). Técnicas de preparación do traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo:

Enxeñaría de produto. Enxeñaría de proceso. Planificación e loxística. Produción. Instalación e montaxe en obra. Reparación. Control de calidade. Clientes. Compras.

-Produtos ou resultados do seu traballo:

Información técnica do proceso de produción. Distribución, programación e lanzamento da produción. Control de aprovisionamento, almacenaxe e subministración de materiais para produción. Determinación e control de embalaxe de produtos. Programas para máquinas automáticas (CNC) e robots.

2.5.3. Unidade de competencia 3: xestionar e supervisar os procesos de fabricación, montaxe ou reparación de construcións metálicas.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Asignar racionalmente recursos humanos e distribuír a carga de traballo, en función dos obxectivos de produción establecidos.* A interpretación da información de proceso e especificacións permite extraer a información necesaria para pór en práctica o proceso.

* Asígnanse as tarefas tendo en conta as características dos medios dispoñibles, coñecementos e habilidades dos traballadores.

* As ordes e instrucións emitidas son claves precisas, adecuadas, aceptadas e respectadas polos subordinados, e apoiadas polos coordinadores ou preparadores.
* Valóranse as capacidades de iniciativa, análise e creatividade dos traballadores que supervisa.
* O conxunto de ordes e a distribución de funcións permite iniciar, desenvolver e finalizar a fabricación e instalación.
* A asignación de traballos permite a correcta utilización dos recursos humanos e materiais.
* As instrucións dadas aos operarios definen inequivocamente os traballos que se deben realizar e a orde da súa execución.
* A distribución da área de traballo realizada e a súa organización planificada permiten cumprir as normas de seguridade aplicables.

3.2.Xestionar a fabricación e a montaxe para cumprir cos obxectivos de produción, en cantidade, calidade e prazos establecidos, resolvendo anomalías e continxencias.* O control dos traballos de mantemento permite operar co máximo rendemento, reducindo o tempo de parada das máquinas e dos equipamentos.

* As instrucións de traballo melloran en todo momento os recursos dispoñibles e evitan esperas e movementos innecesarios.

* Os medios de produción están debidamente coordinados e tanto estes como os materiais están en situación de dispoñibilidade.
* O consumo de materiais base e consumibles está axustado á previsión realizada.
* Obtéñense datos das operacións de fabricación e montaxe para actualizar a AMFE de proceso.
* Os consumos de factores da produción son mínimos (enerxía, auga, etc.).
* O control de avance do proceso de fabricación ou montaxe permite coñecer a evolución dos traballos e as súas incidencias, así como establecer os axustes necesarios.
* Os datos sobre dispoñibilidade de materiais base, de achega e auxiliares, permítenlle ao departamento de loxística tomar decisións de compras e reprogramar a produción.
* A xestión asegura a actualización, a doada accesibilidade, a difusión e o coñecemento e control da información de produción relativa a:-Perdas de man de obra directa.
-Información do produto.
-Información do proceso.
-Fluxos de produción.
-Avance da produción.
-Rendemento e calidades de máquinas.
-Rendemento de operarios da unidade.
-Melloras de produción.
-Historial de máquinas e instalacións.
-Manuais de operación.
-Produtividade.
* Transmítese e comunícaselles aos traballadores a información recibida e a xerada, de xeito eficaz e interactivo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Recíbese a información e, de ser o caso, procésase, transmítese a outros departamentos ou responsables e/ou arquívase.
* A xestión da información permite prever desviacións, intervir a tempo e reaxustar programacións.
* Realízase o control de fluxo de materiais, a limpeza e a orde do taller segundo as especificacións establecidas.
* Redúcense ao mínimo as perdas de man de obra directa, créanse alternativas ao proceso e/ou reasígnanse tarefas en cada momento.
* A resposta rápida e inmediata ás continxencias que se presentan durante o desenvolvemento do traballo permite obter os resultados previstos.
* A xestión das relacións humanas reduce ao mínimo a perda de tempo polo empregado e dá solución aos problemas laborais, sanitarios, etc., que se formulan.
* Establécense os axustes necesarios para corrixir as incidencias xurdidas no proceso ou na calidade do produto.

3.3.Supervisar os procesos de marcaxe, trazado, corte, mecanizado e conformado de chapas e perfís en fabricación, montaxe ou reparación coa calidade e seguridade establecidas.* Realízanse conforme o procedemento establecido as técnicas empregadas nas fases de corte, mecanizado e conformado, así como a orde das operacións.

* Contrólanse as modificacións realizadas nos procesos de corte e conformado.

* As preformas obtidas e a situación dos elementos referenciais cumpren cos requisitos de forma, dimensión e posición exixidos polos procesos de ensamblaxe e unión.

* O control permite asegurar que as técnicas e os medios empregados son os adecuados ás características e estado do material, así como aos requisitos de fabricación, montaxe ou reparación.
* Os medios e as ferramentas que se utilizan son os adecuados e os parámetros de uso permiten mellorar o rendemento.
* Cúmprense as normas de seguridade e saúde laboral na execución do proceso.
* As melloras propostas permiten incrementar a produtividade nos aspectos de calidade, seguridade, ergonomía, redución de custos e diminución de esforzos.
* Realízase o trazado e a marcaxe de acordo coas especificacións requiridas segundo a documentación técnica.

3.4.Supervisar os procesos de unión na fabricación, a montaxe ou a reparación coa calidade e a seguridade establecidas.* Compróbase a ausencia de laminacións e rugosidades nos bordos de chapas e perfís.

* Verifícase que as seccións preparadas para a unión cumpren coas condicións de forma e dimensións dos bordos, separación, paralelismo, aliñamento angular e limpeza superficial.

* As técnicas de soldaxe, os parámetros utilizados e a súa secuenciación son os adecuados ao procedemento establecido.
* Os procesos de unión cumpren coa norma de calidade específica do seu campo.
* Verifícase o cumprimento das modificacións introducidas no proceso de unión.
* Determínanse as accións correctivas que se deban seguir nos procesos de soldaxe segundo os defectos observados.
* Reláxanse ou elimínanse as tensións non desexadas producidas nos conxuntos soldados segundo as especificacións do produto e a normativa correspondente.
* Os produtos acabados cumpren coas exixencias de calidade requiridas polo cliente.
* Compróbase a saída de gases para non producir deformacións no material, e determínase a súa execución en caso necesario.

3.5.Validar a folla de instrución de soldaxe e preparar e axustar as máquinas e equipamentos.* Realízase a programación das máquinas automáticas de soldaxe de acordo co procedemento establecido.

* Tómanse as medidas correctivas para evitar os defectos de inicio e final de soldadura.

* As unións soldadas obtidas cumpren cos requisitos de calidade especificados.
* Realízase a instalación do equipamento cumprindo as normas de seguridade eléctricas e de uso.
* Compróbase que as demasías dadas ao material permiten a absorción de contraccións.
* O axuste de parámetros e a posta a punto das máquinas e do equipamento permiten realizar a soldadura segundo a folla de instrucións.
* Verifícase que o tempo real das operacións coincide co tempo tabulado.

RealizaciónsCriterios de realización

3.6.Realizar os ensaios de soldabilidade en prototipos e probetas, analizar os resultados para determinar a súa factibilidade e emitir o informe correspondente.* O ensaio realizado permite determinar a factibilidade da soldadura.

* Realízase o ensaio de acordo coas normas específicas.

* O ensaio de factibilidade do prototipo determina dilatacións e contraccións, situación e valor das contrafrechas, demasías e secuencias de soldaxe.

* O comportamento da probeta determina o procedemento, o material de achega e os parámetros e as técnicas que se deben aplicar durante o proceso.
* O ensaio ten en conta a calidade requirida e o custo da unión determinada.
* A probeta determina a resistencia da unión realizada.
* A análise dos resultados obtidos polo ensaio permite propor melloras de calidade e redución de custos.
* O informe está axustado aos requisitos solicitados.

3.7.Supervisar as operacións de mantemento dos equipamentos de produción, tomando como referencia o plan de mantemento xeral e asegurando a capacidade de produción.* Obtéñense os índices de fiabilidade de funcionamento das máquinas e medios auxiliares de produción durante a fabricación.

* Realízase o programa de parada de máquinas segundo as especificacións do plan de mantemento e as anomalías xurdidas durante o proceso de fabricación.

* Comunícanselle ao persoal de mantemento as anomalías detectadas durante a realización das operacións de mantemento de primeiro nivel, para a súa corrección.
* Cando se detectan anomalías graves nunha máquina, tómanse medidas correctoras para previr riscos persoais e evitar o avance da súa deterioración.
* A supervisión do programa de mantemento permite mellorar o rendemento da instalación e os equipamentos, e reducir o tempo de parada.
* A supervisión permite comprobar que as pezas e os elementos utilizables como recambio están homologados polo fabricante.
* O control garante o mínimo stock de recambio especificado no plan de mantemento.
* A análise do histórico de máquinas e equipamentos permítelle incorporar os repostos mínimos necesarios, cantidade e tempo de reposición non especificado no plan de mantemento.

3.8.Establecer e facer cumprir as medidas de protección e de seguridade que se deben adoptar en cada caso, no referente aos equipamentos, aos medios e ao persoal.* Mantéñense as proteccións para seguridade de uso dos equipamentos e das máquinas, e engádense cando se detectan outros riscos na súa aplicación.

* Paralízase o traballo cando non se cumpren as medidas de seguridade establecidas ou existe risco para as persoas e/ou os bens.

* En caso de accidente laboral analízanse as causas que o produciron e tómanse as medidas correctivas.
* Cando se produce un accidente laboral póñense en coñecemento de todo o persoal as causas que o motivaron e o xeito no que se podería ter evitado.
* A implantación de campañas de seguridade continuas permite que estas sexan unha parte importante das tarefas dos traballadores e fomentan a súa participación no establecemento das normas de seguridade.
* A vixilancia da realización de traballos permite o cumprimento das normas de seguridade establecidas e a incorporación de novas normas que permitan que o traballo en execución sexa máis seguro.
* A vixilancia dos postos de traballo permite comprobar que as medidas de seguridade aplicables en equipamentos e máquinas estean ben visibles por medio de carteis adecuados aos postos de traballo en lugares estratéxicos.

3.9.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene, participando cos responsables da empresa na súa elaboración, instruíndo os seus colaboradores, supervisando e aplicando as medidas establecidas, e supervisando e utilizando os equipamentos de seguridade asignados ao seu equipo.* Identifícanse os dereitos e as obrigas do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene e asígnanse tarefas para acometer accións preventivas, correctoras e de emerxencia.

* Identifícanse os equipamentos e os medios de seguridade máis adecuados para cada actuación e o seu uso, aplicando o coidado e a supervisión adecuados.

* As propostas que se realizan supoñen unha notable mellora nos sistemas de seguridade do seu contorno de traballo.

* Fórmanse os colaboradores conforme o plan de seguridade e hixiene da empresa.

* En situacións de simulacro de emerxencia:-Prodúcese a evacuación dos edificios e das instalacións de acordo cos procedementos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

-O persoal correspondente acomete as funcións establecidas.
-O uso de equipamentos e medios é o adecuado segundo requisitos e especificacións.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

3.10.Instruír os técnicos e os operarios que actúan baixo a súa responsabilidade, sobre a tecnoloxía, os procedementos e as normas de seguridade que interveñen nas tarefas asignadas.* Os plans formativos de tecnoloxías están fundamentados nas últimas novidades e adaptados aos postos de traballo.

* A formación capacita os técnicos e operarios para realizaren correctamente as funcións establecidas.

* A instrución impartida consegue que os traballadores fagan unha correcta interpretación da información de proceso.

* As instrucións dadas permítenlles aos operarios preparar os materiais e as máquinas, así como realizar os traballos con eficacia e seguridade.
* As instrucións son suficientes e precisas, e evitan erros na interpretación e na execución das ordes de traballo.
* A instrución consegue a concienciación en materia de seguridade.
* A supervisión consegue o cumprimento das normas de saúde laboral e a redución de accidentes, danos e baixas.
* A instrución en materia de seguridade permite aos traballadores a identificación dos riscos do traballo e as medidas de prevención que cómpre tomar para os evitar.
* A instrución dálle a coñecer a cada traballador as tarefas que debe efectuar referentes a control de calidade.
* A instrución garante obter a produción coa calidade requirida.

3.11.Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de produción, resolvendo os conflitos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.* Identifícanse os conflitos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude.

* Antes de tomar unha decisión, reúnese información adecuadamente para resolver problemas técnicos ou de relacións persoais, e consúltase, de ser preciso, o inmediato superior.

* Foméntase a iniciativa individual para achegar ideas e solucións que supoñan unha mellora da produtividade.

* Infórmase o superior xerárquico sobre as actividades, os progresos e os resultados, no momento oportuno e de xeito detallado, claro e preciso.
* Propíciase a participación dos traballadores na resolución dos problemas e conflitos que afecten de forma regular e directa o traballo e/ou as relacións laborais.
* Infórmanse os traballadores sobre os seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a información dispoñible coa mínima demora.

Dominio profesional

-Medios de produción utilizados:

Captadores de datos en taller. Posto informático conectado á rede. Equipamentos de soldadura: arco manual, oxiacetilénica, arco somerxido, MIG/MAG, TIG, plasma e arco-aire. Máquina de soldadura por puntos. Equipamentos de soldadura por CNC e robotizada. Fornos de tratamento. Quentadores de gas e eléctricos. Gatos e útiles de armaxe. Ordenador e programa de debuxo 2D. Máquina de coordenadas tridimensionais. Ferramentas de trazar metais en plano e ao aire. Instrumentos de medida e verificación. Ferramentas e máquinas de tallar por cortadura. Cisalla. Punzonadora. Trades de columna, radial universal e portátil. Fresadora de preparación de bordos. Roscadora e tarraxas. Cilindro curvador. Máquinas de dobrar e rebordar. Prensas e útiles de endereitar e curvar perfís e tubos. Equipamentos de oxicorte e corte con plasma e láser. Máquinas de mecanizado e conformado con CN. Pantógrafo.

Gatos e útiles para armado e fixación. Medios de elevación e transporte.

-Información:

Xerada: planificación de taller; cargas de postos de traballo e máquinas; informe de control de avance da produción; informes de mellora de procesos de produción; informe de aptitude de operación de máquinas e equipamentos; informes sobre o estado de operatividade dos medios de produción; informes de factibilidade de probetas de unión e prototipos; produto certificado, semielaborado ou acabado, procedente das seccións de produción.

Utilizada: procesos de fabricación e montaxe; diagramas de percorrido dos materiais e produtos; planos e especificacións técnicas para fabricación e montaxe; planos de verificación; especificacións técnicas do produto; listaxes e especificacións de materiais; AMFE de proceso; estudo de factibilidade; normas de seguridade específicas do sector; regulamentos; normas de construción (UNE, EN, ISO, ASME e ASTM); catálogos técnicos de materiais, produtos e máquinas; información técnica de máquinas e medios; información e instrucións de mantemento de equipamentos. Procedementos homologados de soldadura.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de programación. Técnicas de mando. Técnicas de control de stocks. Técnicas de formación. Técnicas de seguridade e hixiene. Técnicas de mantemento.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo:

Persoal ás súas ordes. Almacén. Mantemento. Servizos de seguridade e hixiene. Planificación. Organización. Cliente externo. Cliente interno.

-Principais resultados do traballo:

Cumprimento de normas de seguridade e de saúde laboral. Coordinación, supervisión e instrución dos recursos humanos. Coordinación e supervisión do mantemento. Lanzamento e control da produción. Supervisión da produción en cantidade, calidade e prazos establecidos. Informes de soldabilidade.

2.5.4. Unidade de competencia 4: controlar a calidade en construcións metálicas.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Supervisar o cumprimento do plan de calidade establecido na fabricación de construcións metálicas.* Compróbase que os materiais empregados no proceso sexan os especificados.

* Realízanse as inspeccións do proceso seguindo as pautas de control establecidas.

* Realízase a inspección de lotes aplicando o plan de mostraxe establecido.
* Formalízanse os gráficos de control segundo especificacións.
* Determínanse as características e a capacidade de calidade do produto e proceso realizando as medicións necesarias.
* Os produtos inspeccionados están debidamente identificados.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase que cada punto de inspección dispón da documentación necesaria (pautas, planos, gráficos, etc.) e que os equipamentos estean en perfectas condicións de uso.
* A supervisión do plan de calidade garante:-O nivel de calidade establecido.
-A motivación pola calidade en toda a organización.
-Os obxectivos e as accións que concreten o control da calidade.
-A estratexia máis adecuada para acadar os obxectivos de calidade.
-Os recursos necesarios para o control da calidade.

4.2.Determinar os procedementos para verificacións, inspeccións e ensaios a partir dos obxectivos de calidade e do plan de control establecido.* O procedemento especifica de xeito claro e conciso:-O obxecto do procedemento.-Os elementos ou materiais para inspeccionar.-As condicións de aplicación.-O diagrama do procedemento.
-Os medios e instrumentos de ensaio.
-O criterio de avaliación conforme a norma establecida.
-As características do informe do resultado da inspección.
-O nivel de cualificación do operario.
* O procedemento define operativamente os resultados precisos que se deben alcanzar.
* As pautas de inspección determinan:-As características de calidade obxecto de verificación.
-Os medios e os instrumentos de verificación.
-Os valores permisibles.
-O tamaño de mostra ou frecuencia da inspección.
* O procedemento de inspección, verificación e ensaio permite detectar os defectos de calidade: dimensións xeométricas, características metalográficas e técnicas, etc.
* O procedemento determina o tratamento de non conformidade.
* O procedemento definido mellora os custos de calidade.

4.3.Determinar os procedementos que se deben aplicar no tratamento de non-conformidade de elementos.* O procedemento determinado especifica:-Criterio de avaliación segundo a norma de aplicación.-Avaliación da magnitude causa de rexeitamento.
-Obxectivo que se pretende conseguir co tratamento de non-conformidade.
-Condicións de aplicación.
-Diagrama do procedemento.
-Informe da avaliación.
* Defínense as medidas preventivas co fin de evitar o rexeitamento por non-conformidade.
* Propóñense modificacións aos procedementos e aos procesos de fabricación a partir dos resultados dos ensaios aplicados.
* O procedemento inclúe instrucións claras e concretas que permitan tomar medidas e aplicar accións concretas.
* O tratamento da non-conformidade mellora os custos de calidade.

4.4.Ditaminar os ensaios realizados na fabricación soldada que se lle requiran, segundo os procedementos e as normas técnicas de ensaio, planos e pautas de control.* A proposta de modificacións aos procedementos e aos procesos de fabricación responde á avaliación das posibles causas que provocaron a anomalía detectada polo ensaio.

* No ditame dos resultados obtidos dos ensaios realizados con partículas magnéticas tense en conta a anomalía detectada, o material sobre o que se aplica, as correntes de magnetización e o diagrama do proceso aplicado.

* No ditame dos resultados obtidos dos ensaios con líquidos penetrantes considérase o estado superficial, a anomalía detectada e o tempo de exposición dos líquidos.
* No ditame dos resultados obtidos dos ensaios realizados con procedementos radiográficos tense en conta o defecto detectado e o diagrama do proceso aplicado.
* O ditame dos resultados obtidos dos ensaios destrutivos e non destrutivos aplicados ás unións soldadas permite coñecer se estas cumpren cos criterios de aceptación especificados.
* O ditame dos resultados obtidos dos ensaios de cualificación do procedemento de soldaxe permite establecer as condicións en que se debe realizar a soldadura, considerando os criterios metalúrxicos.
* Os ensaios e as análises realizadas permiten coñecer o grao de cumprimento da normativa vixente e/ou das prescricións de homologación das marcas de calidade máis relevantes, e/ou do exixido polos clientes.

RealizaciónsCriterios de realización

4.5.Definir os procedementos para a calibraxe periódica e o mantemento dos equipamentos e medios de medición, e de ensaios non destrutivos (END), de acordo coa normativa aplicable e as instrucións recibidas.* O procedemento de calibración e mantemento inclúe:-A frecuencia de realización de calibraxes.-Os patróns que cómpre tomar como referencia.-Os criterios que se aplican para a substitución de compoñentes dos equipamentos.-As precaucións que hai que observar durante o transporte e o uso do equipamento.-Condicións de almacenaxe de materiais e equipamentos de END.
* As fichas necesarias para o seguimento do programa están completas e en perfecto estado de uso.
* Os equipamentos e os instrumentos están etiquetados e marcados coas súas referencias e datas de calibraxe.
* Descríbense e lévanse a cabo as accións correctoras necesarias para manter a mellora continua da medición.
* Na definición do plan tense en conta os arquivos históricos de evolución de medida e a documentación técnica dos equipamentos.

4.6.Definir os procedementos de control de calidade dos aprovisionamentos para garantir a calidade das subministracións e reducir os custos do control de recepción, aplicando a normativa requirida e as instrucións recibidas. * O procedemento de recepción inclúe:-As prescricións que se deban aplicar.-Os criterios que se aplican para a recepción de materiais base, compoñentes ou material de achega.-A clasificación e estiba de materiais recibidos segundo o seu estado e os requisitos.-As precaucións que se deban observar durante a descarga, o manexo e a estiba de materiais, para que estes non sufran dano.
-Os xeitos de control e rexistro de materiais e produtos recibidos.
-Os criterios de trazabilidade.
-A seguridade persoal e de materiais.
-A comprobación do estado e a cantidade dos materiais, produtos, compoñentes e consumibles, en función dos datos do pedido.
* As prescricións de control do aprovisionamento determinan ou aseguran:-O nivel de calidade das subministracións.
-As probas de recepción.
-O custo óptimo dos ensaios.
* A xestión do control de recepción permite asegurar o nivel de calidade das subministracións e é adecuada á planificación da produción.

Dominio profesional

-Medios de produción:

Utilizados: medios informáticos (equipamentos de análise de radiografías e de outros ensaios destrutivos e non destrutivos).

Relacionados: equipamentos de ensaios non destrutivos; equipamentos de ensaios destrutivos; medios e equipamentos de medición.

-Principais resultados do traballo:

Aplicación correcta do plan de calidade. Procedementos de inspección e ensaio. Definición de tratamento da non-conformidade. Plan de ensaios. Sistemas de control de calidade dos aprovisionamentos. Ditames dos resultados dos ensaios destrutivos e non destrutivos. Informe do comportamento metalúrxico da unión soldada.

-Procesos, procedementos e métodos:

Procedementos de ensaio. Táboas e ábacos para determinar o tamaño de mostra necesario. Sistema de avaliación da calidade das subministracións. Prescricións de homologados relativas á calidade ou especificacións de clientes. Técnicas estatísticas. Técnicas analíticas de fallos e efectos. Técnicas de ensaios destrutivos e non destrutivos.

-Información:

Utilizada: normativa estatal e internacional de materiais e produtos; normativa de consumo, segu

ridade, sanidade e medio ambiente; misións do sistema de calidade da empresa; fichas técnicas de características das subministracións e produtos; datos históricos de calidade; plans de control; AMFE; datos de control estatístico; normas; especificacións técnicas e planos; rexistros de inspección; informes de ensaios.

Xerada: manual de calidade; accións clave sobre calidade; resultados da xestión de calidade; prescricións de ensaio definidas ou identificadas; causas e medidas correctivas para solucionar os problemas de calidade do proxecto e en servizo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo:

Control de calidade. Produción. Compras. Enxeñaría de proceso. Enxeñaría de produto. Clientela.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese que os departamentos das empresas de construción metálica sexan máis flexibles e adaptables ás condicións cambiantes que os mercados requiran, polo que se descentralizarán as funcións e se diversificará o uso de novas tecnoloxías.

* A construción naval deberá especializarse modernizando os seus equipamentos produtivos e introducindo novas tecnoloxías.

* Desenvolvemento das normas de seguridade e hixiene, adquirindo maior importancia a exixencia da súa aplicación.

* Incorporación de novos materiais e aliaxes nas construcións metálicas por ofrecer unha mellor relación entre calidade e prezo; é previsible que non afecte en cifras absolutas ao consumo de metais tradicionais.

* Tenderán a desaparecer as empresas de pequeno tamaño debido principalmente á falta de modernización das súas estruturas produtivas.

* Prevese a dispersión territorial das empresas de construción metálica, establecéndose as novas zonas en que se desenvolvan novos sectores produtivos.

* Xorde unha nova estrutura empresarial no sistema de organización do traballo, o que leva consigo a substitución da organización xerárquica do tipo piramidal por estruturas de carácter hexagonal, que permiten unha vinculación máis directa co taller de produción.

* O proceso de concentración e participación do capital foráneo levará a un desenvolvemento de grupos multinacionais que especializarán as súas pro

ducións en función das necesidades daqueles países onde se localicen, logrando unha racionalización da produción.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

O aumento dos niveis de calidade exixidos nos diferentes produtos de construción metálica determinará unha actividade máis rigorosa para o seu control, que se baseará no entendemento e no cumprimento do control de calidade. Do mesmo xeito, a seguridade e o control do seu cumprimento pasará a ser unha actividade importante.

Daranse cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e novas tecnoloxías.

2.6.3. Cambios na formación:

A súa formación en calidade débese enfocar a conseguir unha concepción global dela no proceso produtivo e uns coñecementos sobre materiais e medios de autocontrol que lle permitan actuar neste campo sistematicamente e actualizarse.

Deberá coñecer a utilidade e a instalación dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade en fabricación e/ou montaxe, así como un coñecemento da normativa aplicable e da documentación específica, que o leve a ter en conta de forma permanente este aspecto en todas as súas actuacións.

Outras necesidades de formación que poderían ser deducidas dos cambios previsibles no sector son o coñecemento de novos materiais, os novos procesos de emisión e a utilización de novos equipamentos de fabricación e control; necesidade esta de posterior especialización que poderá ser completada no posto de traballo.

A xestión e as relacións no contorno de traballo adquiren cada vez un maior relevo no contexto formativo, co fin de coordinar tarefas produtivas.

A calidade adquire unha importancia primordial destacando o concepto de calidade total, o que implica a supervisión e o seguimento do proceso de xeito continuo, polo que se demanda un técnico cun alto grao de polivalencia e coñecedor do proceso no seu conxunto que lle permita a interrelación con outros técnicos.

Introduciranse de forma progresiva novos sistemas de control de calidade, entre os que destacan os ensaios non destrutivos (END).

Destaca particularmente o deseño asistido por ordenador, o que ha supor un cambio nos tradicionais procedementos de deseño e irá acompañado da fabricación asistida por ordenador.

2.7. Posición no proceso produtivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura poderá exercer a súa actividade no sector das construcións metálicas, nas áreas de definición de produto, definición de proceso, loxística, fabricación, montaxe, reparación e control de calidade.

Os principais subsectores nos que pode desenvolver a súa actividade son:

* Fabricación de produtos metálicos estruturais; construción de grandes depósitos e caldeiraría grosa; talleres mecánicos independentes; estruturas asociadas á construción de maquinaria; construción de carrozarías, remolques e basculantes; construción e reparación naval; construción e reparación de material ferroviario; construción e reparación de aeronaves; construción de bicicletas e motocicletas; e construción doutro material de transporte.

* En xeral, grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación, montaxe e reparación de construcións metálicas en xeral independentemente de que sexan de carácter público ou privado.

* O técnico superior en construcións metálicas poderá participar nunha unidade de oficina técnica (proxectos, procesos e loxística) ou na área de produción, coordinado por un nivel superior, de quen recibirá instrucións xerais e a quen deberá informar.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións de definición de produto, definición de proceso, loxística, produción, montaxe, reparación e control de calidade.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo xeral das construcións metálicas. Están ligados directamente a:

* Realización de planos de construcións metálicas, achegando solucións construtivas e de deseño.

* Establecemento de procesos operativos incluíndo programación de máquinas e robots, programación da produción e xestión de materiais.

* Distribución de traballos e xestión da produción, coordinando e controlando os procesos produtivos, operacións de mantemento e normas de seguridade.

* Coñecementos de materiais base e de consumibles: coñecementos xerais de características e propiedades dos aceiros ao carbono, aceiros inoxidables, aliaxes, fundición e novos materiais; coñecemento dos cambios metalúrxicos que se producen nas unións soldadas; interpretación dos ensaios non destrutivos aplicados en unións soldadas; características e comportamento dos consumibles.

Coñecementos transversais: física aplicada, matemáticas, electrotecnia e electrónica básicas, mecánica, debuxo técnico e CAD.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Delineante proxectista de construcións metálicas. Delineante proxectista de útiles de construcións

metálicas. Xefe de taller. Técnico en procesos de fabricación, montaxe e reparación de construcións metálicas. Técnico en procesos de soldaxe. Xefe de montaxe e reparación de construcións metálicas. Inspector de soldadura. Inspector de calidade.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar planos de definición de produto e de fabricación de construción metálica, identificar características técnicas e proceso produtivo, e determinar o programa de produción segundo as necesidades de fabricación e a normativa aplicable.

* Elaborar esbozos de conxunto e de detalle mediante a aplicación de cálculos de dimensión e formas en elementos de construcións metálicas, en caso necesario.

* Elaborar planos de fabricación a partir de esbozo ou plano de definición de produto utilizando os materiais e medios máis adecuados, e establecer as solucións construtivas precisas, aplicando a normativa exixida.

* Identificar e aplicar diferentes procedementos de medición.

* Identificar e aplicar as técnicas de determinación de procesos e programación, así como os procedementos de control de avance de produción desde a entrada de materiais ata a entrega do produto.

* Seleccionar o proceso de unión adecuado, atendendo as características do material que se vai unir e os criterios de calidade, seguridade e custo.

* Ditaminar resultados de ensaios destrutivos e non destrutivos aplicados a unións realizadas en construcións metálicas.

* Interpretar, analizar e aplicar o plan de calidade en fabricación e montaxe de construcións metálicas.

* Analizar, determinar e aplicar os procesos básicos de execución de fabricación e/ou montaxe de construcións metálicas, comprendendo a súa ordenación e relacionándoos cos recursos materiais e humanos necesarios, así como avaliar a súa importancia económica en relación coa planificación.

* Utilizar equipamentos e programas informáticos aplicados á súa actividade profesional para elaborar documentación técnica e para procesar datos relativos ao seguimento da planificación de fabricación e/ou montaxe.

* Redactar follas de instrucións e homologar procedementos.

* Identificar e interpretar os defectos que se poidan producir nos diferentes procesos, relacionar causas e efectos, e achegar solucións para a súa corrección.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se

derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e analizar criticamente as diversas fontes de información relacionada coa súa profesión, que mediante o desenvolvemento das técnicas de autoaprendizaxe e pensamento lle posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos que se produzan no sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: representación en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver proxectos de construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Describir a simboloxía normalizada aplicable aos planos de construcións metálicas que se axuste á normativa exixida polo produto.

* Describir as formas construtivas normalizadas (perfís, tubos, platinas, aros, etc.) máis empregadas en construcións metálicas.

* Interpretar e relacionar formas, dimensións, materiais, acabados e tratamentos nun plano de conxunto e de detalle de construcións metálicas.

* Seleccionar soporte, escalas, vistas, seccións e detalles máis adecuados para a representación dos planos de construcións metálicas.

* Representar os planos de construcións metálicas, tanto de conxunto como de despezamento, tendo en conta a normativa de debuxo sobre vistas, acotación, tolerancias, signos de acabados superficiais e tratamentos térmicos, orde de vistas e listaxe de pezas para a mellor definición do debuxo.

* Realizar a partir dun esbozo os planos necesarios para a perfecta definición e fabricación de conxuntos tales como naves industriais, recipientes a presión e conxuntos de entubados.

* Realizar os trazados de desenvolvementos xeométricos e intersección de elementos metálicos, aplicando procedementos gráficos ou analíticos para a obtención das formas desexadas dentro das tolerancias exixidas.

Contidos (duración: 240 horas)

Contidos procedementais

Representación de elementos e conxuntos en construcións metálicas:

* Realización do debuxo (alzado, planta e perfil) dunha peza, elemento ou conxunto de construcións metálicas, cos cortes, as seccións, os abatementos, os detalles, a acotación e as tolerancias necesarias para a perfecta definición da dita peza ou conxunto.

* Execución dos planos de despezamento necesarios para a construción dun conxunto de construcións metálicas.

Representación gráfica de unións:

* Elaboración do debuxo das diferentes unións fixas, unións desmontables e unións móbiles empregadas en construcións metálicas.

Elementos estándares que interveñen en construcións metálicas:

* Descrición e representación de elementos utilizados en construcións metálicas (válvulas, chumaceiras, cóbados, empalmes, parafusos, etc.).

Elementos que interveñen nunha construción metálica:

* Descrición dos elementos que interveñen en construcións metálicas (trabes, cimbros, soportes e piares; planta de estruturas).

* Representación isométrica de conxunto de entubados. Soportes de entubados. Diagramas de fluxo de fluídos. Conxuntos de entubados.

* Representación e esbozamento de elementos de caldeiraría en conxunto e en detalle cos seus correspondentes axustes e tolerancias xeométricas.

* Realización de desenvolvementos de corpos xeométricos, transformacións, interseccións e pezas especiais en verdadeira magnitude.

Deseño asistido por ordenador:

* Realización de planos de definición dun produto dunha construción metálica con axuda dun programa de CAD, conforme a normativa aplicable en construcións metálicas.

* Execución de desenvolvementos de corpos xeométricos correspondentes a pezas de construcións metálicas ou caldeiraría con axuda de programas informáticos de cálculo e debuxo de desenvolvementos xeométricos industriais.

Contidos conceptuais

Representación de elementos e conxuntos en construcións metálicas:

* Vistas (alzado, planta e perfil).

* Cortes, seccións, abatementos e detalles.

* Acotación, tolerancias dimensionais e superficiais.

* Planos de conxunto e de despezamento.

Representación gráfica de unións:

* Unións fixas, desmontables e móbiles.

-Por parafusos simples e de rosca nos dous extremos, etc.

-Soldadas, remachadas, con abrazadeiras e pegadas.

-Móbiles (mediante bisagras, cardán, eixes estriados, etc.).

Elementos estándares que interveñen en construcións metálicas:

* Válvulas, chavetas, chumaceiras, cóbados, empalmes, parafusos, etc. Características.

Elementos que interveñen nunha construción metálica. Características

* Naves industriais.

-Trabes.

-Cimbros.

-Soportes e piares.

-Planta de estruturas.

-Seccións.

* Conxuntos de entubados.

-Diagramas de fluxo de fluídos.

-Representación de conxunto de entubados.

-Detalles.

-Soportes de entubados.

-Representación isométrica.

* Bancadas de máquinas.

* Chasis de material de transporte.

* Representación de elementos de caldeiraría en conxunto e detalle.

-Esbozo.

-Tolerancia e axustes.

-Sistemas de tolerancias normalizados.

-Tipos de axuste.

-Tolerancias na fabricación mecánica.

* Desenvolvementos xeométricos e interseccións.

-Representación de elementos xeométricos: recta e plano.

-Representación de corpos xeométricos.

-Obtención de verdadeiras magnitudes.

-Desenvolvemento de superficies xeométricas.

-Transformacións.

-Interseccións.

-Desenvolvementos de pezas especiais (transformacións e interseccións).

Deseño asistido por ordenador:

* Equipamentos CAD.

* Programa CAD. Introdución.

* Ordes de axuda.

* Ordes de debuxo de entidades.

* Ordes de edición e consulta de debuxos.

* Ordes de control de pantalla.

* Axudas ao debuxo (capas, orto, reixa, forzado de coordenadas, etc.).

* Bloques.

* Ordes de acotación.

* Ordes de raiado e sombreado.

* Debuxo en 3D.

* Ordes de modelado de obxectos.

Procedemento de debuxo cun programa CAD:

* Debuxo de definición dun produto de construcións metálicas.

* Estratexia e uso de diferentes ferramentas de CAD para as construcións metálicas.

* Formulación básica dun proxecto de construcións metálicas (unidades, capas, bloques, etc.).

* Formulación do traballo en 3D. Obtención da terceira dimensión.

* Realización de planos de definición dun produto dunha construción metálica utilizando bibliotecas de chapas, perfís, tubos, parafusos, tocas, etc., conforme a normativa aplicable.

Contidos actitudinais

* Rigor no cumprimento das normas de debuxo e acotación.

* Esforzo por analizar e mellorar os debuxos realizados.

* Hábito de realizar os debuxos con orde e limpeza.

* Interese pola realización dos debuxos de xeito que sexan o máis adecuados posible para a posterior fabricación dos elementos de construcións metálicas.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para o debuxo de planos de conxunto e de detalle.

* Compromiso para o traballo individual e en equipo.

* Interese pola utilización de soporte informático para o deseño e debuxo de elementos de construcións metálicas, así como a realización de desenvolvementos de caldeiraría.

3.2.2. Módulo profesional 2: solucións construtivas en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver proxectos de construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar os datos iniciais para o cálculo e o desenvolvemento de solucións construtivas en construcións metálicas.

* Seleccionar os métodos de cálculo máis adecuados para solucionar os problemas construtivos.

* Realizar os cálculos necesarios manexando ábacos, prontuarios, táboas ou programas, conforme a normativa, os valores e as formas construtivas requiridas.

* Determinar as dimensións e seleccionar os perfís máis adecuados para aplicar nas solucións de construcións metálicas.

* Determinar as dimensións das unións soldadas dunha estrutura metálica.

* Seleccionar a solución construtiva máis adecuada a problemas presentados en construcións metálicas.

* Esbozar as solucións construtivas dun problema estándar tendo en conta as solicitacións de esforzos, formas xeométricas e especificacións requiridas nas construcións metálicas.

* Explicar as características xeométricas e técnicas que definen os puntos e os elementos relevantes das construcións metálicas.

Contidos (duración: 160 horas)

Contidos procedementais

Grafostática:

* Realización da composición, descomposición e equilibrio de forzas.

* Execución do cálculo gráfico de cimbros e trabes de celosía.

* Realización do calculo de momentos estáticos, momentos de inercia, centro de gravidade, momento resistente, radio de xiro, etc.

Estudo analítico de elementos estruturais:

* Identificación e análise dos elementos estruturais sometidos a esforzos de tracción, compresión, cortadura, flexión e torsión.

Construcións metálicas: tecnoloxía construtiva, normas e táboas:

* Elección e cálculo das trabes de distintas solucións construtivas en construcións metálicas (trabes, soportes, pórticos, ancoraxes, entubados, caldeiras, naves industriais, etc.).

Unións soldadas:

* Realización do cálculo práctico de unións soldadas sometidas a carga estática e variable: soldadura en ángulo, características; soldadura a tope; características.

Unións remachadas e aparafusadas:

* Determinación de dimensións e cálculo práctico de unións remachadas e aparafusadas.

Unións pegadas:

* Descrición e características das aplicacións das unións pegadas.

Contidos conceptuais

Grafostática:

* Composición, descomposición e equilibrio de forzas.

* Estruturas trianguladas.

* Cálculo gráfico de cimbros e trabes de celosía.

* Momentos estáticos. Momentos de inercia.

* Centro de gravidade.

* Momento resistente. Radio de xiro.

Estudo analítico de elementos estruturais:

* Elementos estruturais sometidos a esforzos de tracción, compresión, cortadura, flexión e torsión.

Construcións metálicas: tecnoloxía construtiva, normas e táboas:

* Trabes armadas de alma chea.

* Apoios de trabes.

* Trabes de celosía. Trabes caladas. Nós.

* Soportes. Disposición dos perfís nos soportes. Presillas.

* Pórticos. Bases de pórticos. Ancoraxes.

* Ancoraxes. Extremos dos soportes. Soportes de celosías.

* Entubados. Compensadores de dilatación. Soportes para entubados.

* Caldeiras e depósitos. Rexistros. Fondos. Elementos de conexión.

* Naves industriais: solucións tecnolóxicas e elementos construtivos.

* Material de transporte. Chasis e bastidores.

Unións soldadas:

* Descrición dunha unión soldada e características que a definen.

* Cálculo práctico de unións soldadas sometidas a carga estática e variable: soldadura en ángulo, características; soldadura a tope, características.

* Normas e cálculos estandarizados: a súa aplicación e exemplificacións.

Unións remachadas e aparafusadas:

* Descrición e características dunha unión con parafusos ou remaches.

* Dimensións e características dunha unión con parafusos e remaches.

* Cálculo práctico. Normas e táboas.

Unións pegadas:

* Descrición e características dunha unión pegada.

* Compoñentes que interveñen e a súa aplicación.

* Normas e táboas. Aplicacións.

Contidos actitudinais

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade.

* Esforzo por analizar e adecuar os cálculos realizados, así como a obtención das solucións construtivas máis adecuadas.

* Habito de realización das solucións construtivas e cálculo conforme as normas vixentes.

* Esforzo polo aproveitamento racional dos materiais tendo en conta as diferentes técnicas e solucións construtivas.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para a mellor realización dos cálculos e traballos que se realicen.

* Compromiso cara ao traballo individual e en equipo.

3.2.3. Módulo profesional 3: desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver proxectos de construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Realizar o abastecemento de información técnica necesaria para o desenvolvemento dun proxecto de construcións metálicas.

* Identificar as especificacións técnicas e normas estatais, autonómicas ou locais que afecten a construción do proxecto de construcións metálicas.

* Elaborar un informe coa documentación técnica requirida: especificacións, materiais e produtos, funcionalidade, condicións de mantemento, AMFE do produto, normativa e regulamentación específica, seguridade, custos, calidade e medios de manipulación, almacenaxe e transporte.

* Determinar as dimensións dos distintos elementos construtivos realizando os cálculos necesarios en función das súas formas e materiais, tendo en conta tamén a normativa vixente en materia de seguridade.

* Elaborar os planos de conxunto e detalle que compoñen a documentación técnica relativa ao proxecto de construcións metálicas.

* Utilizar as escalas, os sistemas de representación gráfica, a simboloxía, a acotación e a normativa máis adecuadas para a perfecta definición dos planos.

* Idear solucións construtivas a distintos problemas presentados nun proxecto de construcións metálicas.

* Representar graficamente a solución construtiva máis idónea para a súa posterior realización no taller.

* Xustificar a viabilidade das solucións construtivas adoptadas en función dos materiais, o custo e a forma de execución no taller, para a súa perfecta estabilidade e o cumprimento das normas de seguridade exixidas.

* Idear solucións construtivas de útiles necesarios e específicos para a fabricación e a montaxe de construcións metálicas.

* Representar graficamente a solución construtiva de útiles más idónea para a súa posterior realización no taller.

* Xustificar a viabilidade das solucións construtivas dos útiles necesarios en función dos materiais, os custos previsibles e forma de execución no taller, co cumprimento das normas de seguridade exixidas.

Contidos (duración: 180 horas)

Contidos procedementais

Desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas:

* Xustificación da elaboración dun proxecto de construcións metálicas.

* Realización do abastecemento da información técnica e a normativa vixente necesarias para o desenvolvemento dun proxecto.

* Planificación e desenvolvemento dun proxecto de construcións metálicas que conteña: prego de condicións, especificacións requiridas, memoria descritiva, orzamentos, planos de conxunto, de detalle, construtivos e de montaxe, e útiles necesarios.

* Partindo de proxectos de construcións metálicas, como naves industriais, silos metálicos, etc., en que estean definidas todas as condicións técnicas (materiais, organización estrutural, dimensións dos elementos existentes, especificacións e medios de produción):

-Realización do estudo de viabilidade do proxecto en función dos medios de produción dispoñibles.

-Deseño dos planos de fabricación e de detalle, e útiles necesarios.

-Incorporación dos planos aos proxectos de partida.

Contidos conceptuais

Desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas:

* Necesidades para considerar no desenvolvemento dun proxecto de construcións metálicas.

-Fontes de información e consulta.

-Valoración de alternativas.

-Normas exixidas.

-Especificacións técnicas requiridas.

* Compoñentes dun proxecto de construcións metálicas.

-Datos que interveñen.

-Normas exixidas.

-Especificacións.

-Memoria descritiva.

-Prego de condicións.

-Orzamentos.

-Planos. Características dos planos.

-Planos construtivos. Planos de detalle.

-Planos de información tecnolóxica. Planos de desenvolvementos.

-Planos de útiles necesarios.

-Planos de fabricación e montaxe.

Contidos actitudinais

* Esforzo por analizar e mellorar os proxectos desenvolvidos.

* Hábito de realizar os proxectos con orde e limpeza.

* Rigor no cumprimento de todas as normativas aplicables aos proxectos de construcións metálicas para a consecución dos obxectivos de resistencia e calidade.

* Interese pola procura de información técnica e da normativa necesaria para a elaboración dos proxectos de construcións metálicas.

* Compromiso para o traballo individual e en equipo.

3.2.4. Módulo profesional 4: execución de procesos en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 3: xestionar e supervisar os procesos de fabricación, montaxe ou reparación de construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar a documentación técnica e as especificacións necesarias para pór en práctica un proceso de fabricación en construcións metálicas con criterios de seguridade, economía e calidade construtiva.

* Describir os parámetros e a técnica operatoria dos equipamentos e das máquinas que interveñen na fabricación en construcións metálicas.

* Relacionar parámetros, equipamentos, máquinas e procesos coa economía e a calidade requiridas, así como coas normas de seguridade e hixiene aplicadas ás diferentes operacións e equipamentos.

* Describir as características técnicas dos elementos, materiais de construción, materiais de achega e tratamentos superficiais empregados en construcións metálicas, e relacionalos cos seus usos e coa calidade obtida.

* Describir máquinas, equipamentos e medios auxiliares, e o seu funcionamento, así como as ferramentas e os útiles empregados na fabricación e na montaxe en construcións metálicas.

* Relacionar equipamentos, medios auxiliares e ferramentas coa misión que cumpren e cos materiais que se empregan en construcións metálicas, e tomar decisións sobre a súa reparación ou substitución en caso de avaría.

* Pór a punto e operar cos equipamentos e as máquinas que interveñen nos procesos de corte, mecanizado e conformado de chapas, perfís e tubos en fabricación de construcións metálicas.

* Valorar os resultados obtidos nos procesos de corte, mecanizado e conformado de chapas, perfís e tubos, tendo en conta a calidade e as normas de seguridade e hixiene aplicables.

* Operar e pór a punto os distintos equipamentos de soldaxe en función das características técnicas dos materiais que se solden, dos resultados de calidade que se desexen obter e das normas de seguridade que se apliquen.

* Realizar montaxes de construcións metálicas sinxelas nas que interveñan distintos tipos de unións e operacións, utilizando os medios auxiliares necesarios para cumprir as especificacións técnicas.

* Realizar as operacións de control dimensional e das características dos medios de unión que garantan a calidade e as especificacións requiridas.

* Localizar os fallos, relacionalos coas causas que os provocan e idear as solucións para os corrixir, reaxustando equipamentos e máquinas e variando parámetros, materiais ou técnicas operatorias, co fin de obter os resultados requiridos.

Contidos (duración: 425 horas)

Contidos procedementais

Operacións de taller:

* Utilización das ferramentas necesarias para o endereitamento de chapas e perfís, así como para a execución de traballos manuais no taller de construcións metálicas, coa seguridade adecuada ao emprego de cada ferramenta.

* Descrición das ferramentas de uso frecuente en construcións metálicas, tendo en conta as normas de seguridade no seu manexo.

* Realización do control dimensional de elementos de construcións metálicas utilizando os aparellos de medida adecuados e as normas de seguridade para que se alcance a calidade requirida polas especificacións técnicas.

* Execución de operacións de trazado, de corte mecánico, tradeado, punzonado e roscado, cumprindo as normas de seguridade e hixiene, e a calidade requirida polas especificacións técnicas.

* Realización de operacións de conformado de chapas e perfís empregando os útiles, ferramentas e máquinas máis adecuados para conseguir a calidade necesaria e cumprindo todas as normas de seguridade e hixiene.

* Realización da unión de elementos de construcións metálicas por medio de remaches.

* Execución de operacións de corte térmico. Oxicorte. Corte por plasma.

* Descrición doutros tipos de corte (láser e chorro de auga).

Procedementos de soldadura:

* Realización da preparación de materiais para a soldadura con soldadura oxiacetilénica.

* Realización e posta a punto dos equipamentos de soldadura oxiacetilénica.

* Execución da soldadura con chama oxiacetilénica de distintos tipos de soldadura, tendo en conta a calidade requirida e as medidas de seguridade e hixiene adecuadas.

* Preparación dos materiais para a súa posterior soldadura manual por arco eléctrico con electrodo revestido.

* Realización e posta a punto dos equipamentos de soldadura eléctrica por arco con electrodo revestido.

* Execución da soldadura con arco eléctrico con electrodo revestido de distintos tipos de soldadura, tendo en conta a calidade requirida e as medidas de seguridade e hixiene adecuadas.

* Preparación dos materiais para a súa posterior soldadura manual polo procedemento TIG.

* Realización e posta a punto dos equipamentos de soldadura eléctrica TIG.

* Execución da soldadura co procedemento TIG de distintos tipos de soldadura, tendo en conta a calidade requirida e as medidas de seguridade e hixiene adecuadas.

* Descrición do procedemento de soldadura arco-aire.

* Preparación dos materiais para a súa posterior soldaxe manual polo procedemento MIG-MAG.

* Realización e posta a punto dos equipamentos de soldadura eléctrica MIG-MAG.

* Execución da soldaxe polo procedemento MIG-MAG de distintos tipos de soldadura, tendo en conta a calidade requirida e as medidas de seguridade e hixiene adecuadas.

* Realización da preparación de materiais e posta a punto dos equipamentos de soldadura por resistencia eléctrica ou soldadura por puntos.

* Execución de soldadura de chapas por puntos conforme a calidade e seguridade e hixiene requiridas.

* Descrición da soldaxe por arco somerxido.

* Descrición de procedementos de soldaxe por láser, ultrasóns, feixe de electróns, etc.

* Descrición dos automatismos empregados nas industrias de fabricación de construcións metálicas.

* Organización do mantemento de equipamentos e instalacións na industria de construcións metálicas co emprego de soportes informáticos adecuados.

Contidos conceptuais

Principios de máquinas:

* Motores eléctricos: tipos e aplicacións.

* Transformadores e rectificadores: aplicación en equipamentos de soldadura.

* Elementos de máquinas: aplicacións no taller.

* Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor. Perdas de enerxía. Rendementos.

Operacións de taller:

* O taller de construcións metálicas: descrición e características.

* Recepción e almacenaxe de materiais: condicións e seguridade.

* Endereitamento de chapas e perfís: descrición e técnica operatoria.

* Ferramentas de uso frecuente en construcións metálicas: descrición e aplicacións, técnicas de manexo e seguridade.

* Aparellos de medida utilizados en construcións metálicas: descrición, aplicacións e técnica operatoria.

* Operacións de trazado: descrición, aplicacións, útiles e equipamentos, e técnica operatoria.

* Operacións de corte mecánico: descrición, aplicacións, útiles e máquinas, técnica operatoria e seguridade nas operacións.

* Operacións de tradeado: descrición, aplicacións, útiles, ferramentas e máquinas, técnica operatoria e seguridade e hixiene no tradeado.

* Operacións de punzonado: descrición, aplicacións, útiles e máquinas de punzonar, técnica operatoria e seguridade no punzonado.

* Operacións de roscado: descrición, aplicacións, útiles, ferramentas e equipamentos, e técnica operatoria.

* Operacións de conformado de chapas e perfís: descrición, aplicacións, útiles, ferramentas e máquinas de pregado, curvado, etc., técnica operatoria, parámetros no curvado e pregado, influencia da calor no curvado, e normas de seguridade aplicadas nas operacións de conformado.

* Unión por medio de remaches.

-Características da unión por remaches.

-Medios empregados no remachado.

-Técnica do remachado.

-Aplicacións.

* Operacións de oxicorte.

-Procedementos de oxicorte.

-Características técnicas.

-Equipamentos e instalacións para o oxicorte: características, descrición e prestacións.

-Técnica operatoria.

-Parámetros que interveñen e a súa influencia. Deformacións. Defectos típicos nas operacións de oxicorte.

-Mantemento dos equipamentos de oxicorte.

-Seguridade nas operacións de oxicorte.

* Corte por plasma.

-Procedemento de corte por plasma.

-Características técnicas.

-Equipamentos e instalacións para o corte por plasma. Características. Descrición e prestacións.

-Técnica operatoria.

-Parámetros que interveñen e influencia. Deformacións. Defectos típicos nas operacións de corte por plasma.

-Mantemento dos equipamentos de corte por plasma.

-Seguridade nas operacións de corte por plasma.

* Novas tecnoloxías utilizadas en operacións de corte e a súa tendencia.

-Corte por láser: características e aplicacións.

-Corte por chorro de auga: características e aplicacións.

* Estudo comparativo das distintas técnicas de corte: tecnoloxía, economía, acabado, etc.

Procedementos de soldadura:

* Soldadura por chama.

-Estudo das chamas. Propiedades. Gases.

-Equipamento e instalacións de soldadura por chama. Manorredutores. Sopretes.

-Posta a punto dos equipamentos de soldadura por chama.

-Aplicacións da soldadura por chama. Necesidade de fundentes. Características.

-Aplicacións da soldaxe por chama.

-Técnica operatoria. Parámetros e a súa regulación.

-Preparación dos materiais para soldar. Preparación de bordos. Limpeza. Aplicación de fundentes.

-Seguridade e hixiene tanto na preparación das superficies e pezas como na soldaxe por chama.

* Soldadura manual por arco eléctrico con electrodo revestido.

-Estudo do arco eléctrico. Características. Estabilidade do arco. Correntes utilizadas na soldaxe por arco eléctrico con electrodo revestido (corrente continua e alterna).

-Electrodos. Tipos. Nomenclatura.

-Equipamentos de soldaxe por arco eléctrico con electrodo revestido. Descrición. Características. Mantemento.

-Técnica operatoria. Parámetros. Aplicacións da soldadura eléctrica por arco.

-Seguridade e hixiene na soldadura eléctrica por arco con electrodo revestido.

* Soldadura en atmosfera protexida. TIG.

-Procedemento TIG. Características.

-Electrodos. Tipos. Materiais de achega.

-Equipamentos e instalacións de soldaxe TIG. Descrición. Características e mantemento.

-Técnica operatoria do procedemento TIG. Parámetros. Gases empregados.

-Aplicacións da soldadura TIG.

-Seguridade e hixiene no emprego do procedemento TIG.

* Soldadura arco-aire.

-Características da soldadura arco-aire.

-Equipamentos de soldadura. Descrición. Características e mantemento do equipamento.

-Técnica operatoria da soldadura arco-aire. Parámetros.

-Aplicacións do procedemento de soldadura arco-aire. Aplicacións prácticas.

-Seguridade e hixiene na soldadura arco-aire.

* Soldaxe MIG-MAG.

-Procedemento MIG-MAG. Características.

-Regulación do arco. Transporte do metal a través do arco.

-Fíos e gases empregados na soldadura MIG-MAG.

-Equipamentos e instalacións para a soldadura MIG-MAG. Descrición. Características e mantemento.

-Técnica operatoria. Parámetros.

-Aplicacións do procedemento MIG-MAG. Aplicacións prácticas.

-Seguridade e hixiene na soldaxe MIG-MAG.

* Soldadura por arco somerxido.

-Procedemento de soldadura por arco somerxido. Características.

-Equipamento e instalacións. Descrición. Características e mantemento requiridos.

-Técnica operatoria. Parámetros.

-Aplicacións do procedemento. Aplicacións prácticas.

-Seguridade no emprego do procedemento de soldadura por arco somerxido.

* Outros procedementos de soldadura (soldaxe por resistencia eléctrica, por ultrasóns, por puntos, por plasma, etc.).

-Características dos distintos procedementos de soldadura.

-Equipamentos empregados. Descrición. Aplicacións dos diferentes procedementos de soldadura.

-Seguridade e hixiene nos distintos procedementos de soldaxe.

-Estudo comparativo dos distintos procedementos de soldaxe.

* Automatización empregada na fabricación soldada.

-Descrición de distintos procedementos de automatización na fabricación soldada. Soldadura TIG, MIG-MAG, por arco somerxido, automática, etc.

* Organización do mantemento de equipamentos e instalacións na industria de construcións metálicas.

-Mantemento preventivo, preditivo e correctivo.

-Soportes informáticos de mantemento.

Contidos actitudinais

* Esforzo pola realización dos procesos de traballo en construcións metálicas do xeito máis adecuado, tendo en conta as condicións de seguridade e hixiene requiridas.

* Rigor na fabricación de construcións metálicas para a elaboración dos traballos cumprindo as especificacións e a calidade adecuadas.

* Interese polo coidado e o mantemento dos equipamentos e dos útiles empregados nas construcións metálicas.

* Hábito de realizar as tarefas programadas con rigor e máximo rendemento.

* Aproveitamento racional dos materiais tendo en conta as diferentes técnicas de conformado, mecanizado, corte e soldaxe en construcións metálicas.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para a execución dos procesos de fabricación nas industrias de construcións metálicas.

* Compromiso no traballo individual e en equipo.

3.2.5. Módulo profesional 5: definición de procesos en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 2: desenvolver procesos operativos e organizar a produción de construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Determinar métodos de fabricación e orde de operacións, partindo da análise da documentación técnica, os planos construtivos, a calidade requirida e as normas de seguridade e hixiene aplicables.

* Identificar os útiles e as ferramentas, materiais e equipamentos necesarios para realizar o proceso produtivo dun proxecto de construcións metálicas.

* Establecer as diferentes fases e a secuenciación de fabricación, así como os tempos de traballo e as operacións de control e inspección necesarias para a súa correcta realización.

* Elaborar a información de proceso de fabricación, os diagramas de movementos e as follas de

instrucións necesarias para a fabricación, partindo da documentación técnica e a análise dos planos construtivos, así como as follas de control do tempo de fabricación e as de control e inspección que aseguren a calidade requirida.

* Determinar as fases e operacións cronolóxicas, superficies de referencia, coordenadas e puntos de traballo para a realización da programación de máquinas automáticas tendo en conta as características dun CN, a documentación técnica, características da máquina e datos xeométricos das pezas.

* Determinar as fases e operacións cronolóxicas, superficies de referencia, coordenadas e puntos de traballo para a realización da programación de robots, tendo en conta os materiais base, os consumibles, o perfil do cordón de soldadura, as prestacións do robot, os parámetros de operación, traxectorias, xeometría das pezas e o tamaño da serie.

* Realizar as follas de programación de CN ou de robots necesarias para a execución dun proceso de fabricación.

* Identificar as pezas que compoñen un conxunto representado nun plano e relacionar a cantidade, o tipo de material e as formas comerciais.

* Establecer a temporalización das operacións e o movemento de materiais tendo en conta o conxunto de operacións, situación do material, medios de produción, recursos humanos, criterios económicos e cargas de traballo en cada posto de traballo.

* Realizar a documentación técnica necesaria para a programación da fabricación.

* Describir os distintos procedementos de soldaxe (oxigás, electrodo revestido, TIG, MIG, MAG, etc.) e relacionalos cos materiais de achega, custos e requisitos exixidos.

* Describir as características dunha unión soldada previamente establecida conforme unha norma e un proceso especificados.

* Definir un procedemento de homologación, indicando materiais, grosores, preparación de bordos, requisitos exixidos, equipamentos, parámetros, material de achega, prequecemento e cualificación do soldador.

* Describir os diferentes defectos que poden aparecer nun proceso da soldaxe, tanto detectados a simple vista como con ensaios non destrutivos.

* Elaborar a documentación técnica necesaria para a organización da produción nunha industria de construcións metálicas (follas de ruta, listaxes de materiais, fichas de traballo, follas de instrucións, fichas de carga, follas de avance, gráficos e diagramas para a programación e planificación do traballo).

* Realizar o estudo de métodos e tempos de fabricación para a mellora da fabricación nunha industria de construcións metálicas.

* Determinar os custos de fabricación en construcións metálicas, realizar orzamentos e relacionar os parámetros de fabricación cos seus custos.

Contidos (duración: 165 horas)

Contidos procedementais

Departamento de produción:

* Determinación dos métodos de fabricación e orde de operacións, partindo da análise da documentación técnica, os planos construtivos, a calidade requirida e normas de seguridade e hixiene aplicables

* Elaboración de información de proceso de fabricación, diagramas de movementos, follas de instrucións, follas de control de tempo e follas de control e inspección necesarias para a fabricación, partindo da documentación técnica e a análise dos planos, que aseguren a calidade requirida.

Control e programación de máquinas e robots en procesos de construcións metálicas:

* Determinación das fases e operacións cronolóxicas, superficies de referencia, coordenadas e puntos de traballo para a realización da programación de máquinas automáticas ou robots tendo en conta as características do CN, a documentación técnica, características das máquinas, parámetros de soldadura e datos xeométricos das pezas.

* Elaboración das follas de programación de CN ou de robots necesarias para a execución dun proceso de fabricación.

Documentación que intervén nun proceso produtivo:

* Establecemento da temporalización das operacións e movemento de materiais tendo en conta o conxunto de operacións, situación do material, medios de produción, recursos humanos, criterios económicos e cargas de traballo en cada posto de traballo, respectando as normas de seguridade e hixiene.

* Elaboración da documentación técnica necesaria para a organización da produción nunha industria de construcións metálicas: follas de ruta, listaxes de materiais, fichas de traballo, follas de instrucións, fichas de carga, follas de avance, gráficos e diagramas para a programación e planificación do traballo.

Estudo do traballo:

* Realización do estudo de métodos e tempos de fabricación para a mellora da fabricación nunha industria de fabricación en construcións metálicas.

* Determinación dos custos de fabricación en construcións metálicas e realización de orzamentos, relacionando os parámetros de fabricación cos seus custos.

Contidos conceptuais

A empresa de construcións metálicas:

* Estrutura, organización e funcións.

* Tipos de industria. Sistema produtivo. Tamaño. Equipamento.

* Departamento de produción. Áreas funcionais.

Departamento de produción:

* Información e preparación de traballos.

* Documentación de partida. Planos. Listaxe de materiais.

* AMFE. Definición e estrutura.

Documentación que intervén nun proceso produtivo:

* Normas utilizadas en construcións metálicas.

* Especificacións técnicas de fabricación e reparación.

* Programación da fabricación. Elementos para considerar.

* Procesos produtivos en construcións metálicas.

-Fases e operacións típicas dunha fabricación e reparación en construcións metálicas.

-Características técnicas.

-Análise dos diferentes procesos que interveñen nunha fabricación ou reparación de construcións metálicas.

* Relación e interdependencia entre os distintos procesos e áreas de produción.

* Diagramas de procesos en construcións metálicas.

* Análise del fluxo de produción.

* Elaboración de información de procesos para utilizar en fabricación e reparación de construcións metálicas aplicando diferentes normas e especificacións.

Control e programación de máquinas e robots en procesos de construcións metálicas:

* Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores.

* Estrutura dun sistema automático. Sistema de alimentación. Comparadores.

* Elementos de accionamento, regulación e control.

* Circuítos característicos de aplicación en construcións metálicas.

* Aplicacións de sistemas automatizados de construcións metálicas.

* Prestacións e melloras que introducen os sistemas automáticos no proceso produtivo.

* Descrición e manexo de instrucións de programación de máquinas e robots empregados en construcións metálicas.

Programación da produción:

* Cálculo de necesidades. Planificación de cargas.

* Subministracións.

* Técnicas de execución empregadas en fabricación e reparación de construcións metálicas. Parámetros para considerar.

* Especificacións necesarias para preparar e distribuír traballos.

* Plan de produción. Definición. Métodos empregados e xeito no que se determina.

* Documentación empregada en avance de produción. Funcións básicas do control.

* Factores para controlar. Desviacións. Axustes.

* Aplicacións do método PERT á programación de fabricación en construcións metálicas.

-Actividades e eventos.

-Camiño crítico.

-Casos prácticos.

Documentación que intervén na homologación de procesos:

* Normas aplicables.

* Especificacións que debe cumprir o proceso.

Estudo do traballo:

* Métodos de traballo. Análise. Melloras. Gráficos e diagramas.

* Análise de fases e descrición de postos de traballo.

* Tempos de fabricación. Cálculo de tempos. Técnicas. Resolución de casos prácticos.

* Importancia da instrución na mellora de procesos produtivos.

* Instrución en aspectos tecnolóxicos e a súa importancia na competencia.

* Aspectos para considerar na detección de necesidades formativas.

* Deseño de introdución. Elementos que interveñen. Validación.

Contidos actitudinais

* Esforzo por analizar e mellorar os métodos de traballo realizados.

* Habito de elaborar os procesos de traballo máis adecuados para a consecución dos obxectivos de calidade e especificacións requiridas, cumprindo ademais as normas de seguridade e hixiene.

* Aproveitamento racional dos materiais tendo en conta as diferentes técnicas de fabricación existentes á hora de realizar os procesos de traballo para la diminución dos custos de execución e materiais.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para a realización dos procesos de traballo máis adecuados.

* Compromiso para o traballo individual e en equipo.

3.2.6. Módulo profesional 6: xestión da calidade en construcións metálicas:

Asociado á unidade de competencia 4: controlar a calidade en construcións metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Describir a estrutura e os contidos dun plan integral de calidade (manual de calidade, custos da calidade, estrutura organizativa da calidade, actividade produtiva e organización da función da calidade na empresa).

* Aplicar as diferentes técnicas de identificación das características da calidade (tormenta de ideas, diagramas causa-efecto, diagrama de Pareto, análise modal de fallos e os seus efectos AMFE, etc.).

* Utilizar as principais técnicas para a mellora continua da calidade.

* Elaborar un plan de calidade identificando as variables e os parámetros que se deben controlar, especificacións e normas aplicables, materiais, tolerancias, procedementos de control e diagrama de procedemento.

* Supervisar o cumprimento dun plan de calidade establecido na fabricación en construcións metálicas.

* Realizar as inspeccións dos materiais empregados, seguindo as pautas de control e realizando os gráficos de control necesarios para garantir os niveis de calidade establecidos.

* Realizar o estudo da empresa para motivar os traballadores, dotar a empresa dos recursos necesarios para o control e a consecución de obxectivos, así como propor as accións que concreten e tendan á consecución e mellora da calidade.

* Describir as características mecánicas máis sobresalientes dos materiais.

* Describir as técnicas de ensaios destinadas a valorar as características construtivas dun produto (ensaios non destrutivos e ensaios destrutivos).

* Determinar a técnica de control dimensional, os instrumentos e útiles de control e a técnica metrolóxica e de calibración aplicables para garantir a correcta avaliación e calidade do produto ou proceso produtivo en construcións metálicas.

* Aplicar as técnicas de control dimensional e calibración dos instrumentos de medida.

* Determinar os procedementos para verificacións, inspeccións e ensaios a partir dos obxectivos de calidade e do plan de control establecido, para comprobar o cumprimento dos obxectivos da calidade requirida.

* Operar cos instrumentos, medios e equipamentos necesarios para o control de calidade aplicando os procedementos establecidos e normas de seguridade requiridas.

* Elaborar un procedemento de recepción de materiais no que estea contemplado o control, a identificación, o rexistro e as normas de seguridade para a manipulación, carga e descarga dos ditos materiais.

* Elaborar os procedementos de calibración periódica e mantemento dos equipamentos de control de calidade, tanto de control dimensional como de ensaios.

* Avaliar e procesar os resultados dos ensaios, e extraer conclusións oportunas en función das especificacións establecidas para determinar os procedementos de non-conformidade dos elementos.

Contidos (duración: 75 horas)

Contidos procedementais

Xestión da calidade:

* Interpretación do concepto xeral da calidade (calidade na empresa, deseño, compras, proceso, servizo, necesidades do cliente e recursos humanos).

* Cálculo dos custos da calidade.

* Elaboración, nun suposto práctico, da documentación necesaria para un sistema de aseguramento da calidade conforme as normas ISO 9001, 9002 e 9003.

Control visual e dimensional:

* Realización do control de recepción, posicionamento e aliñamento de elementos de construcións metálicas, e detección das posibles desviacións.

* Realización da calibración e contraste de distintos instrumentos de medida.

Ensaios:

* Realización dos distintos ensaios mecánicos (ensaios de tracción e compresión, pregado, resiliencia, dureza, etc.).

* Realización de ensaios metalográficos.

* Realización dos diferentes ensaios non destrutivos (ensaio de líquidos penetrantes, partículas magnéticas, ultrasóns e ensaios radiográficos).

* Interpretación dos diferentes ensaios realizados.

Técnicas estatísticas de control de calidade:

* Realización do control estatístico e probabilidade dun proceso produtivo en construcións metálicas.

* Elaboración dos gráficos de control, secuencia, tendencia e periodicidade da variabilidade dun proceso produtivo en construcións metálicas.

Ferramentas da calidade aplicadas á mellora da calidade:

* Realización dos diagramas de evolución ou xestión (diagrama de Pareto, afinidade, causa-efecto, correlación, dispersión ou distribución).

* Análise do modo de fallos e de defectos e criticidade (AMFE e AMFEC) nun proceso produtivo.

Documentación da calidade:

* Elaboración dos informes e partes de control seguindo as normas para a súa elaboración e presentación.

* Realización da documentación de organización e xestión necesaria: manual de calidade, procedementos e instrucións de fabricación e os rexistros.

Contidos conceptuais

Xestión da calidade:

* Política industrial sobre a calidade.

* Concepto xeral da calidade. A calidade e a produtividade.

-Calidade na empresa, no deseño, nas compras, nos produtos, no proceso e no servizo.

-Necesidades do cliente.

-Calidade e recursos humanos.

* Custos da calidade.

-Clases de custos da calidade: preventivo, fallos internos, fallos externos e de valoración.

-Custos da calidade: evitables e inevitables.

-Custos da non calidade.

* Sistemas de aseguramento da calidade. Calidade total. Mellora continua da calidade. Círculos de calidade.

-Normalización e certificación.

-Requisitos dun sistema de aseguramento da calidade.

-Normas ISO 9001, 9002 e 9003.

-Documentos dun sistema de calidade.

* Plan de calidade industrial vixente.

* Cualificación.

* Inspección.

* Características da calidade.

* O proceso de control de calidade. Calidade do proceso.

Técnicas estatísticas e gráficas do control de calidade:

* Fundamentos de estatística e probabilidade.

-Estatística básica. Media aritmética, percorrido e desviación típica.

-Probabilidade.

* Control por variables e por atributos.

* Estudo da capacidade. Plans de mostraxe.

* Control de recepción. Tendencias.

* Capacidade de proceso.

-Control estatístico dun proceso.

-Variabilidade dun proceso produtivo. Gráficos de control. Secuencia, tendencia e periodicidade. Causas asignables e causas aleatorias.

Ferramentas da calidade aplicadas á mellora da calidade:

* Diagramas de evolución ou xestión, diagrama de Pareto, afinidade, causa-efecto, correlación, dispersión ou distribución.

* Matrices de prioridades, de criterios, de análises, etc.

* Análise de modo de fallos e dos seus defectos e criticidade (AMFE e AMFEC).

Documentación da calidade:

* Informes e partes de control. Normas para a súa elaboración e presentación.

* Organización, xestión e actualización da documentación xerada.

-Manual de calidade. Procedementos e instrucións de fabricación e os rexistros.

Control de calidade nas construcións metálicas:

* Especificacións da calidade.

* Aseguramento da calidade en construcións metálicas.

* Homologacións.

* Certificacións.

Control visual e dimensional:

* Procedementos de control visual da fabricación en construcións metálicas.

* Recepción. Posicionamento e aliñamento.

* Aplicación de procedementos.

* Desviacións.

* Concepto e proceso de medida.

* Instrumentos de medida e comparación.

* Calibración dos instrumentos de medida.

* Rastrexabilidade.

* Tolerancias dimensionais e xeométricas.

* Técnicas e procedementos de control dimensional.

Ensaios:

* Ensaios mecánicos en unións soldadas.

-Ensaio de tracción e compresión. Estudo, realización e interpretación do ensaio de tracción.

-Ensaio de pregado: estudo, realización e interpretación.

-Ensaio de resiliencia: estudo, realización e interpretación.

-Ensaio de dureza: estudo, realización e interpretación. Dureza Brinell, Vickers e Rockwell.

-Ensaio de fatiga: estudo, realización e interpretación.

-Probetas. Tipos. Normas de aplicación en los distintos ensaios. Técnicas de obtención.

* Ensaios metalográficos.

-Construción de probetas. Normas para a execución dos ensaios metalográficos.

* Ensaios non destrutivos.

-Ensaio de líquidos penetrantes. Fundamento. Aplicacións. Normas de execución. Interpretación de resultados.

-Ensaio de partículas magnéticas. Fundamento. Aplicacións. Normas de execución. Interpretación de resultados.

-Ensaio de ultrasóns. Fundamento. Aplicacións. Normas de execución. Interpretación de resultados.

-Ensaios radiográficos. Fundamento. Aplicacións. Normas de execución. Interpretación de resultados.

Defectos nas soldaduras:

* Análise e interpretación dos diferentes defectos de soldaxe: fisuras, cavidade e porosidade, inclusións sólidas, falta de fusión, falta de penetración e defectos de forma.

Contidos actitudinais

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade na realización dos traballos conforme especificacións e calidade requiridas.

* Esforzo por analizar e mellorar os sistemas de calidade.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para o correcto estudo da calidade e mellora continua nas construcións metálicas.

* Esforzo pola elaboración de plans de calidade rigorosos e adecuados á consecución da mellora continua da calidade.

* Compromiso para o traballo individual e en equipo.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 7: materiais e metalurxia da soldadura:

Capacidades terminais elementais

* Describir as propiedades físicas dos materiais metálicos e non metálicos utilizados en fabricación mecánica (densidade, puntos de fusión, calor específica, etc.).

* Describir as propiedades químicas dos materiais metálicos e non metálicos utilizados en fabricación mecánica (resistencia á corrosión, ataque químico, etc.).

* Describir as propiedades mecánicas dos materiais metálicos e non metálicos utilizados en fabricación mecánica (dureza, tracción, resiliencia, elasticidade, fatiga, etc.).

* Describir as propiedades tecnolóxicas dos materiais metálicos e non metálicos utilizados en fabricación mecánica (maquinabilidade, ductilidade, maleabilidade, temperabilidade, fundibilidade, etc.).

* Relacionar as distintas propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas entre si.

* Xustificar a elección dun material segundo as súas propiedades e en función das súas posibles aplicacións.

* Analizar e explicar o diagrama de equilibrio de aliaxes metálicas binarias, así como os factores que inflúen nas transformacións metalúrxicas.

* Describir o diagrama de equilibrio (Fe-C), os constituíntes (ferrita, martensita, perlita, etc.) e as distintas concentracións dunha aliaxe Fe-C, así como a calidade metalúrxica (tamaño de gran, oxidacións, etc.).

* Describir as transformacións que se producen nos tratamentos térmicos e relacionalas coas propiedades mecánicas e químicas que adquire a peza.

* Describir os procedementos de realización dos tratamentos térmicos, superficiais e térmico-superficiais (tempero, recocido, normalizado, etc).

* Describir os procesos de solidificación dos metais e as estruturas granulares observables por medios metalográficos.

* Relacionar os procesos de solidificación dos metais producidos nas unións soldadas coas características e as propiedades mecánicas da dita unión, facendo referencia ás variables que interveñen no proceso de soldadura.

* Relacionar as características dunha unión soldada co procedemento de soldadura utilizado, tendo en conta os materiais soldados e de achega, e efectuar os ensaios oportunos.

* Identificar os cambios de estrutura producidos nunha unión soldada.

* Determinar os materiais de achega para unha unión soldada atendendo a criterios económicos e de calidade.

* Avaliar os ensaios metalográficos e metalúrxicos dos materiais e as unións soldadas para determinar as súas características.

* Comprobar o comportamento de unións soldadas de diferentes materiais para relacionar os diferentes problemas metalúrxicos que poden xurdir en unións soldadas de diferentes metais e aliaxes de uso frecuente cos procedementos utilizados.

Contidos (duración: 80 horas)

Contidos procedementais

Materiais:

* Clasificación dos distintos materiais empregados na fabricación mecánica: aceiros, fundicións, produtos sinterizados, aliaxes do aluminio, bronces, etc.

* Diferenciación dos distintos materiais empregados na fabricación mecánica: aceiros, fundicións, produtos sinterizados, aliaxes do aluminio, bronces, etc.

Tratamentos térmicos e superficiais:

* Realización de distintos tratamentos térmicos e superficiais (tempero, recocido, normalizado, cementado, nitrurizado, pavonado, galvanizado, pintado, etc.) e análise da influencia destes tratamentos nas propiedades dos metais.

Transformacións metalúrxicas:

* Realización do estudo dos diagramas de equilibrio. Diagrama ferro-carbono.

* Identificación das distintas estruturas cristalina dos materiais.

Estruturas metalográficas:

* Identificación de diferentes estrutura metalográficas dos metais (estrutura perlítica, martensítica, etc.) en distintas metalografías.

Propiedades dos materiais:

* Identificación das distintas propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais empregados en fabricación mecánica.

Contidos conceptuais

Materiais:

* Materiais metálicos.

* Materiais non metálicos: plásticos, cerámicas, etc.

* Metais ferrosos. Clasificación. Aceiros e fundicións.

* Metais non ferrosos: aliaxes do aluminio, bronces, latón, etc.

* Fundicións. Tipos. Clasificación. Aplicacións.

* Plásticos. Clasificación. Propiedades dos plásticos.

* Cerámicas.

* Materiais compostos. Endurecidos. Reforzados.

Tratamentos térmicos e superficiais:

* Tipos e aplicacións dos tratamentos térmicos e superficiais. Procedementos: tempero, recocido, endurecemento, normalizado, cementado, nitrurizado, pavonado, galvanizado, pintado, etc.

* Influencia dos tratamentos térmicos nas propiedades dos metais.

Transformacións metalúrxicas:

* Diagramas de equilibrio. Diagrama ferro-carbono.

* Estrutura cristalina dos materiais.

* Constituíntes micrográficos e macrográficos.

Estruturas metalográficas:

* Diferentes estrutura metalográficas dos metais. Estrutura perlítica, martensítica, etc.

Propiedades dos materiais:

* Propiedades físicas. Punto de fusión.

* Propiedades químicas. Corrosión. Oxidación, etc.

* Propiedades mecánicas. Dureza, tenacidade, ductilidade, maleabilidade, etc.

* Propiedades tecnolóxicas. Maquinabilidade, soldabilidade, forxabilidade, etc.

* Estudo da deformación plástica dos metais. Características.

* Estudo da corrosión dos metais. Oxidación dos distintos materiais empregados en construcións mecánicas.

Contidos actitudinais

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade para o uso dos diferentes materiais en construcións metálicas.

* Esforzo por analizar as propiedades dos materiais empregados na construción metálica.

* Hábito orde e limpeza á hora de manexar e utilizar os distintos materiais.

* Aproveitamento e uso racional dos materiais tendo en conta as diferentes técnicas de fabricación existentes e as propiedades dos materiais.

* Interese pola procura de información técnica necesaria para o manexo e o bo aproveitamento e uso dos materiais empregados na industria de construcións metálicas.

* Compromiso no traballo individual e en equipo.

3.3.2. Módulo profesional 8: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describir as distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o

tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Produción de documentos.

* Descrición dos diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos:

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación:

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables en grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflitos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación:

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que pertencemos.

Condución e dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.3. Módulo profesional 9: plans de seguridade nas industrias de construcións metálicas:

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describir os aspectos máis relevantes dun plan de seguridade e hixiene, así como os factores e as situacións de risco para a saúde e seguridade nunha industria de construcións metálicas.

* Describir as medidas preventivas e os métodos de prevención establecidos nun plan de seguridade e hixiene, e avaliar os custos e recursos para a súa aplicación.

* Identificar os dereitos e os deberes dos traballadores máis relevantes en materia de seguridade.

* Identificar e describir as normas relativas á limpeza e á orde no contorno de traballo, parada e manipulación de equipamentos, simboloxía e situación de sinais e alarmas, equipamentos contra incendios e equipamentos de curas e primeiros auxilios nos plans de seguridade e hixiene nas industrias de fabricación mecánica.

* Utilizar os medios e os equipamentos de seguridade empregados nas industrias de construcións metálicas.

* Describir as propiedades e o uso dos equipamentos de protección persoal (roupa, calzado. etc.), equipamentos de extinción de incendios, sinais e alarmas regulamentarias de indicación de lugares de risco ou situacións de emerxencia, equipamentos de primeiros auxilios e traslado de accidentados.

* Utilizar correctamente os equipamentos de protección persoal empregados nas industrias de construcións metálicas.

* Elaborar a documentación técnica necesaria en supostos casos de diferentes contornos de traballo, axustándose á lexislación vixente e na que apareza a localización de equipamentos de emerxencia, sinais, alarmas e puntos de saída en caso de emerxencia.

* Executar as accións de emerxencia e contra incendios de acordo cun plan predefinido.

* Identificar e avaliar as causas de accidentes reais ocorridos en empresas do sector de construcións metálicas, e describir os factores de risco e as medidas que terían evitado o accidente.

* Avaliar as responsabilidades do traballador e da empresa nas causas dun accidente.

* Identificar as causas dos perigos e riscos en determinados supostos, definir un plan de actuación para acometer a situación creada (describindo as medidas para evitar un incidente e determinando os equipamentos e os medios necesarios), e elaborar un informe no que se comparen as causas coa normativa vixente ao respecto.

* Realizar o estudo do custo dos danos producidos por supostos prácticos de accidentes.

* Relacionar a normativa ambiental referente á industria de fabricación mecánica cos procesos produtivos concretos nos que se debe aplicar.

* Analizar as medidas de protección no ambiente dun contorno de traballo e do medio aplicables ás empresas de fabricación mecánica.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Plans e normas de seguridade e hixiene:

* Realización do estudo da normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector da fabricación mecánica: Constitución Española, Estatuto dos Traballadores e Lei de prevención de riscos laborais.

* Recompilación da documentación sobre os plans de seguridade e hixiene en industrias de construcións metálicas.

* Realización dun plan de seguridade e hixiene nunha industria de construcións metálicas.

Factores e situacións de risco:

* Realización do estudo dos riscos máis comúns no sector das construcións metálicas, e proposición dos métodos de prevención máis adecuados a cada tipo (riscos de caída, corte, etc.).

* Elaboración dunha recompilación dos distintos sistemas de protección nas máquinas e nas instalacións, así como os diferentes sistemas de ventilación e evacuación de residuos nas industrias de fabricación mecánica.

Medios, equipamentos e técnicas de seguridade:

* Utilización e uso de roupas e equipamentos de protección persoal: botas, luvas, lentes, casco, etc.

* Identificación de sinais e alarmas, así como os códigos de sinais e cores.

* Utilización dos equipamentos contra incendios (extintores, mangas, etc.).

* Simulación da realización de primeiros auxilios empregando os medios asistenciais para abordar curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.

Situacións de emerxencia:

* Recoñecemento das situacións de emerxencia máis comúns nas industrias de construcións metálicas, técnicas de evacuación, extinción de incendios e traslado de accidentados.

* Valoración de danos nun suposto de accidente.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene:

* Política de seguridade nas empresas.

* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de construcións metálicas: Constitución Española, Estatuto dos Traballadores e Lei de prevención de riscos laborais.

* Normas sobre limpeza e orde no contorno de traballo e sobre hixiene persoal. Responsables da seguridade e hixiene nas empresas. Comités de seguridade e hixiene. O vixiante de seguridade.

* Documentación sobre os plans de seguridade e hixiene nas industrias de construcións metálicas.

* Comunicación oral de instrucións para a consecución de obxectivos.

* Custos da seguridade.

* Normas de precaución e seguridade sobre a manipulación de materiais en construcións metálicas.

* Responsables da seguridade e hixiene. Grupos con tarefas específicas en situacións de emerxencia.

Factores e situacións de risco:

* Riscos máis comúns no sector das construcións metálicas.

-Riscos de caída, choques ou golpes.

-Riscos de cortes por obxectos cortantes.

* Métodos de prevención.

* Proteccións nas máquinas e instalacións.

* Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.

* Medidas de seguridade en produción, preparación de máquinas e mantemento.

Medios, equipamentos e técnicas de seguridade:

* Roupas e equipamentos de protección persoal: botas, luvas, lentes, casco, etc.

* Sinais e alarmas. Códigos de sinais e cores.

* Equipamentos contra incendios. Equipamentos de extinción de incendios. Tipos de lume e extintores.

* Medios asistenciais para abordar curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.

* Técnicas para a mobilización e o traslado de obxectos. Técnicas de transporte e traslado de obxectos nunha industria de construcións metálicas.

Situacións de emerxencia:

* Primeiros auxilios en accidentes.

* Técnicas de evacuación.

* Extinción de incendios. Tipos de lume, extintores, etc.

* Traslado de accidentados.

* Valoración de danos.

Sistemas de prevención e protección do medio nas industrias de fabricación mecánica:

* Factores do contorno de traballo.

* Físicos (ruídos, luz, vibracións e temperaturas).

* Químicos (vapores, fumes e partículas en suspensión).

* Factores sobre o medio.

-Augas residuais (industriais).

-Vertidos (residuos sólidos e líquidos).

* Normativa vixente sobre seguridade ambiental no sector de industrias de construcións metálicas.

Contidos actitudinais

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

* Esforzo por analizar e mellorar os plans de seguridade e hixiene realizados.

* Interese pola procura de información técnica e de normativa necesaria para o estudo da seguridade e a hixiene no traballo.

* Compromiso para o traballo individual e en equipo.

3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Identificar, dentro do contorno profesional e de traballo, o sector no que se vai desenvolver o proxecto.* Seleccionar, dentro da epígrafe do contorno profesional ou de traballo do DBC, o subsector no que se vai desenvolver o proxecto.

* Procurar a información específica sobre o subsector elixido.

* Elaborar un guión de traballo para seguir na realización do proxecto.

2.Clasificar a tipoloxía, a organización e a función do proxecto para planificar os recursos necesarios e analizar a súa viabilidade.* Definir a tipoloxía do proxecto en función do seu destino.

* Establecer o persoal necesario para o desenvolvemento do proxecto.

* Deseñar os métodos de traballo máis adecuados para mellorar os resultados do proxecto.

3.Definir as características técnicas do proxecto e o seu proceso produtivo.* Elaborar a documentación técnica necesaria.-Planos.-Esquemas.-Formularios.-Listaxes de materiais.-Orzamentos.

4.Organizar os espazos, os tempos e o material en función das características do proxecto.* Organizar e describir os espazos nos que se desenvolve o proxecto.

* Seleccionar os recursos humanos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

* Planificar o proceso produtivo e os medios de traballo para o desenvolvemento do proxecto.
* Realizar o estudo de métodos e tempos para o desenvolvemento do proxecto.

5.Elaborar o estudo económico do proxecto analizando os custos e os deseños estratéxicos de promoción da empresa.* Calcular os requisitos económicos necesarios para a execución do proxecto.

* Analizar, se procede, os posibles ingresos que lle poida xerar o proxecto á empresa.

* Determinar a viabilidade económica do proxecto en función do orzamento.

* Elaborar os materiais estratéxicos destinados á difusión do proxecto ante os diferentes colectivos aos que poida ir dirixido.

6.Establecer os criterios de avaliación que permitan introducir as correccións que se requiran para mellorar o proceso.* Analizar e establecer os criterios de calidade do proxecto.

* Seleccionar os métodos de control de calidade, ensaio e avaliación dos resultados.

* Deseñar as estratexias que permitan reconducir o proxecto cando non se cumpran os obxectivos previstos.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementais e actividades formativas de referencia:

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Representar graficamente planos e trazados xeométricos a partir da documentación técnica, esbozos ou bosquexos.* Representar os planos de construcións metálicas tendo en conta a normativa de debuxo sobre vistas, acotación, tolerancias, signos de acabados superficiais e tratamentos térmicos, orde de vistas e listaxe de pezas, xa sexan planos de conxunto ou xa de despezamento, para a mellor definición do debuxo.
* Realizar a partir dun esbozo os planos necesarios para a perfecta definición e fabricación de conxuntos.
* Realizar os trazados de desenvolvementos xeométricos e intersección de elementos metálicos, aplicando procedementos gráficos ou analíticos para a obtención das formas desexadas dentro das tolerancias exixidas.

2.Dar solución a problemas construtivos realizando os cálculos necesarios.* Idear as solucións construtivas máis adecuadas a diferentes problemas presentes na empresa realizando os cálculos necesarios, coa axuda de ábacos, prontuarios, táboas e programas, conforme a normativa correspondente.
* Calcular dimensións de unións soldadas, perfís, formas construtivas, etc. que aparecen nos traballos nas empresas de construcións metálicas.

3.Realizar os informes e a documentación técnica necesarios para o desenvolvemento dun proxecto de construcións metálicas.* Elaborar a documentación técnica necesaria para a obtención dun proxecto de construcións metálicas: os planos de conxunto e detalle que compoñen a documentación técnica relativa ao proxecto de construcións metálicas, utilizando a escala, sistema de representación gráfica, simboloxía, acotación e normativa máis adecuadas para a perfecta definición dos planos.
* Elaborar un informe coa documentación técnica requirida: especificacións, materiais e produtos, funcionalidade, condición de mantemento, AMFE do produto, normativa e regulamentación específica, seguridade, custos, calidade e medios de manipulación, almacenaxe e transporte.
* Determinar as dimensións dos distintos elementos construtivos realizando os cálculos necesarios en función das súas formas e materiais, tendo en conta tamén a normativa vixente en materia de seguridade.

4.Elaborar os procesos de operacións necesarios para a execución dun produto de construcións metálicas.* Elaborar a documentación técnica necesaria para a programación da produción utilizando os medios informáticos máis adecuados: documentación necesaria para a xestión de almacéns e aprovisionamento (necesidades de materiais e ferramentas), gráficos de manutención de postos de traballo, necesidades de recursos humanos, documentación técnica para o control da produción (follas de ruta, follas de control, etc.), documentación para o control e planificación dun produto.
* Realizar as follas de proceso de fabricación de diferentes elementos e conxuntos de construcións metálicas.
* Determinar as fases e as operacións cronolóxicas, superficies de referencia, coordenadas e puntos de traballo para a realización da programación de máquinas automáticas e robots industriais, tendo en conta as características do CN, parámetros de soldadura, parámetros de corte, etc.
* Realizar as follas de programación de CN ou de robots necesarias para a execución dun proceso de fabricación.
* Establecer a temporalización das operacións e do movemento de materiais tendo en conta o conxunto de operacións, situación do material, medios de produción, recursos humanos, criterios económicos e cargas de traballo en cada posto de traballo.

5.Realizar as operacións necesarias para controlar a calidade dunha construción metálica.* Elaborar un plan de calidade no que se identifiquen as variables e os parámetros que se deben controlar, especificacións e normas aplicables, materiais, tolerancias, procedementos de control e diagrama de procedemento.
* Operar cos instrumentos, os medios e os equipamentos necesarios para o control de calidade, aplicando os procedementos establecidos e as normas de seguridade requiridas.
* Elaborar o control estatístico do proceso produtivo da empresa de construcións metálicas.
* Executar e interpretar distintos ensaios destrutivos e non destrutivos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

6.Tratar e identificar os diferentes materiais.* Realizar diferentes tratamentos térmicos e tratamentos superficiais.

7.Realizar un plan de seguridade e hixiene.* Realizar un plan de seguridade e hixiene na industria de construcións metálicas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analizar as actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos Traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do curriculum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

* Ciencias da natureza e da saúde.

* Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursadas as seguintes materias de bacharelato:

* Debuxo técnico.

* Mecánica.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de construcións metálicas:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Representación en construcións metálicas.Oficina de proxectos de fabricación mecánica.Profesorado técnico de FP.

2Solucións construtivas en construcións metálicas.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

3Desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

4Execución de procesos en construcións metálicas.SoldaduraProfesorado técnico de FP.

5Definición de procesos en construcións metálicas.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

6Xestión da calidade en construcións metálicas.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

7Materiais e metalurxia da soldadura.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

8Relacións no contorno de traballo.Formación e orientación laboral.Profesorado de ensino secundario.

9Plans de seguridade nas industrias de construcións metálicas.Organización e proxectos de fabricación mecánica.Profesorado de ensino secundario.

10Formación e orientación laboral.Formación e orientación laboral.Profesorado de ensino secundario.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

MecánicaOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IIOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Organización e proxectos de fabricación mecánica.-Enxeñaría técnica industrial (todas as súas especialidades).-Enxeñaría técnica de minas (todas as súas especialidades).
-Enxeñaría técnica en deseño industrial.
-Enxeñaría técnica aeronáutica (especialidade de aeronaves; especialidade de equipamentos e materiais aeroespaciais).
-Enxeñaría técnica naval (especialidade de estruturas mariñas).
-Enxeñaría técnica agrícola (especialidade en explotacións agropecuarias; especialidade en industrias agrarias e alimentarias; especialidade en mecanización e construcións rurais).
-Enxeñaría técnica de obras públicas (especialidade en construcións civís).
-Diplomatura en máquinas navais.

Formación e orientación laboral.-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.
-Diplomatura en traballo social.
-Diplomatura en educación social.
-Diplomatura en xestión e administración pública.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades

do corpo de profesorado técnico de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Soldadura-Técnico superior en construcións metálicas.-Técnico especialista en construcións metálicas.-Técnico especialista en soldadura.
-Técnico especialista en fabricación soldada.
-Técnico especialista en caldeiraría en chapa estrutural.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de construcións metálicas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente 60 m 40 m 15%

Aula técnica 90 m 60 m 45%

Laboratorio de ensaios 60 m 60 m 15%

Taller de construcións metálicas 300 m 210 m 25%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios:

4.4.1: Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Representación en construcións metálicas.

* Execución de procesos en construcións metálicas.

* Definición de procesos en construcións metálicas.

* Materiais e metalurxia da soldadura.

* Xestión da calidade en construcións metálicas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Representación en construcións metálicas.

* Solucións construtivas en construcións metálicas.

* Execución de procesos en construcións metálicas.

* Definición de procesos en construcións metálicas.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centro de traballo.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios:

* Enxeñaría técnica en mecánica (estruturas e instalacións industriais).

* Enxeñaría técnica en organización industrial.

* Enxeñaría técnica en estruturas mariñas.

* Enxeñaría técnica en instalacións electromecánicas mineiras.

* Enxeñaría técnica en mineralurxia e metalurxia.

* Enxeñaría técnica en estruturas do buque.

* Enxeñaría técnica en construcións civís.

* Enxeñaría técnica en mecanización agraria e construcións rurais.

* Enxeñaría técnica en explotacións de minas.

* Enxeñaría técnica en mecánica.

* Enxeñaría técnica en mecanización e construcións rurais.

* Enxeñaría técnica industrial.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

240Representación en construcións metálicas

160Solucións construtivas en construcións metálicas

425Execución de procesos en construcións metálicas

80Materiais e metalurxia da soldadura

4º e 5º trimestre

180Desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas

165Definición de procesos en construcións metálicas

75Xestión da calidade en construcións metálicas

55Plans de seguridade nas industrias de construcións metálicas

55Relacións no contorno de traballo

Horas totaisDenominación dos módulos

55Formación e orientación laboral

75Proxecto integrado

6º trimestre

380Formación en centros de traballo

1º, 2º e 3º trimestre

55Horas á disposición do centro

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.