DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 29 de xuño de 2005 Páx. 11.502

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 21 de xuño de 2005 pola que se aproba o Regulamento técnico específico de produción integrada de kiwi.

No Decreto 68/2004, do 11 de marzo, defínese a produción integrada como un sistema de produción agraria, que utiliza ao máximo os recursos e os mecanismos de produción naturais mediante a introdución de tecnoloxías respectuosas co medio, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade contrastada, a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes.

Estes requisitos recóllense para cada cultivo ou produto ou grupo de cultivos ou produtos no correspondente regulamento técnico, que recollerá as normas técnicas a seguir desde a fase de obtención da materia prima ata, se é o caso, a elaboración, manipulación, envasado, etiquetaxe, almacenaxe e posta á disposición do consumidor.

A produción integrada reflite a aplicación destas normas ao garantir no seu sistema produtivo a rastrexabilidade das producións agrarias e consecuentemente, ao aplicar os principios de control ao longo de toda a cadea de produción de alimentos. Deste xeito, en calquera punto das devanditas fases produtivas poderase verificar o cumprimento da aplicación das prácticas respectuosas co medio, así como a seguridade e a calidade do produto.

A aprobación do regulamento técnico implica a apertura no Rexistro Oficial de Produción Integrada, da sección correspondente para o cultivo ou produto recollido nesta orde, co fin de que os operadores

soliciten a súa inscrición, segundo as indicacións recollidas na Orde do 30 de maio de 2005 da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural pola que se desenvolve o Decreto 68/2004, do 11 de marzo, que regula a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios.

Así mesmo o cumprimento das normas contidas neste regulamento técnico permitirá, tras as verificacións oportunas, a concesión ao operador do emprego da identificación de garantía de produción integrada da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude do exposto de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Obxecto.

Aprobar o Regulamento técnico específico de produción integrada de kiwi que se incorpora no anexo I desta orde, no que figuran as prácticas obrigatorias, recomendadas e prohibidas para o dito sistema produtivo. Así mesmo como anexo II, figura o modelo de caderno de explotación que deberá ser empregado como xustificación do seguimento das normas técnicas de produción integrada, servindo ademais de instrumento fundamental para o control e certificación do proceso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para ditar as instrucións necesarias de adaptación ou modificación dos anteditos anexos, como consecuencia de novos coñecementos e avances técnicos e científicos, ou para

incorporar normativa de obrigado cumprimento que ao respecto se estableza.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Regulamento técnico específico de produción integrada en kiwi

Requisitos xerais.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-A superficie mínima requirida en produción integrada para kiwi será de 15 ha para as agrupacións de produtores, e disporá cada operador como mínimo de 0,5 ha de cultivo en produción integrada e parcelas de polo menos 3.000 m. No caso de que o operador sexa unha entidade agraria, a superficie mínima será de 5 ha, e as parcelas de polo menos 3.000 m.-Realizar o rexistro das operacións no Caderno de Explotación no mesmo día da súa execución.-Realizar calquera tipo de intervención na plantación sen anotala no Caderno de Explotación.
-O servizo técnico poderá ser levado a cabo por un técnico, ben da propia agrupación ou entidade, ou ben mediante a asistencia técnica de empresas de servizos. En todo caso, este servizo realizará o seguimento e control cumprindo todos e cada un dos seguintes límites máximos por UTA de técnico:

*50 explotacións.

*100 ha.

*300 parcelas.

-Na produción integrada, todas as medidas culturais han de estar coordinadas; é fundamental anotar as observacións e intervencións que se realicen na plantación en todo momento. Para iso establécese un modelo de Caderno Oficial de Explotación.
-O Caderno de Explotación é un rexistro das operacións que se realizan en cada parcela ou subparcela ou Unidade Homoxénea de cultivo (UHC) de produción integrada para garantir o proceso de produción.
-O produtor de produción integrada responsabilizarase da veracidade das anotacións realizadas no Caderno de Explotación.
-O Caderno de Explotación é obrigatorio e estará dispoñible para a súa inspección. Para un funcionamento axeitado do sistema, o rexistro das operacións realizarase dentro da semana de execución.
-Todas as prácticas levadas a cabo na plantación deberán quedar rexistradas, achegando documentación acreditativa (facturas,...) e os resultados de todas as análises realizadas.

(1) Parcela: considérase a superficie continua de terreo xeograficamente definida e inscrita no Rexistro Catastral a nome dun ou mais titulares, na que o operador realiza prácticas de produción integrada.

(2) Unidade Homoxénea de Cultivo (UHC): Para cada cultivo, superficie á que se lle aplican operacións culturais e técnicas de cultivo similares, así como os mesmos tratamentos fitosanitarios. No caso das agrupacións de produtores poderán existir UHC que inclúan o cultivo ou parte do cultivo de varios agricultores.

Situación da plantación.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Antes do establecemento de novas plantacións para verificar a validez da área de implantación, realizarase un estudo que comprenderá clasificación climática, tipo de solo e topografía da/s parcela/s da explotación.-Elixiranse terreos de aspecto favorable, con elevada dispoñibilidade de auga, solos de calidade, evitando os solos non aptos.-Características pedolóxicas:

Profundidade do solo (cm)) 50 cm.

Drenaxe: moderada a alta.

Reacción (pH) 5.5 a 8.0.

% calcaria activa menor de 8.

Evitar realizar plantacións en zonas suxeitas a xeadas tardías e a sarabia, ou con vento excesivo.

-Características pedolóxicas:

Profundidade do solo (cm) ' 50 cm.

Drenaxe: lenta, estancamentos.

Reacción(pH): ' 4,5 a ) 8.0.

% calcaria activa maior de 8.

Realizar novas plantacións en terreos con máis do 20% de pendente.

-Condicións climáticas críticas:

Temperaturas ' -15ºC durante repouso vexetativo ou ' -1ºC en primavera e outono.

Choivas abundantes e persistentes en floración e período vexetativo.

Material vexetal.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-O material vexetal será san. Procederá de produtores oficialmente autorizados. No caso de produción en viveiro propio, realizarase a análise fitopatolóxica en mostra representativa antes de ser plantado. Se o material vén de países estranxeiros, terá o correspondente certificado fitosanitario.-Débese instalar ben distribuídas en toda a plantación un número suficiente de plantas estaminíferas (machos).-En ambientes con posibilidade de danos por frío, aconséllase o uso de plantas procedentes de estaca autoenraizada conservadas en viveiro polo menos durante un ano.-En ambientes con pouca predisposición a danos por frío, pódese utilizar material vexetal enxertado.-No caso de plantas micropropagadas, aconséllase a súa conservación en viveiro polo menos durante dous anos antes de plantar.-Empregar variedades especialmente sensibles a determinadas enfermidades de especial incidencia ou relevancia.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Empregar a variedade Hayward na produción de kiwi. No caso de incorporar novas variedades, requirirase autorización previa da autoridade competente.-Ata o momento no que se seleccione algún cultivar estaminífero adaptado ás nosas condicións, recoméndase a mestura de distintos cultivares (Tomuri, Matua, M51, M52, etc.), que aseguren un solapamento total coa floración de Hayward.

Preparación do terreo.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Antes de plantar ou de iniciar a plantación en produción integrada:

*Examinar en profundidade o terreo, preferiblemente escavando perfís.

*Realizar as análises pertinentes do solo en cada parcela e se é o caso UHC de cultivo.

*Realizar, se é o caso, arranxos no terreo que impidan o estancamento da auga (distribución de rede de drenaxe) e a erosión hídrica.

-A profundidade do burato de plantación será a máxima posible e como mínimo de 40 cm.-Os grandes movementos de terra para evitar traer á superficie estratos de solo pouco fértiles e por resultar perigoso para a estabilidade da pendente.-A desinfección química do solo.-Incluír en produción integrada parcelas ou zonas delimitadas das mesmas con existencia reincidente en máis de 3 anos de Armillaria, non podendo volver a integrarse en PI, ata pasados 5 anos e logo de informe técnico da autoridade competente.
-En parcelas con pendentes entre 10-20%, a plantación realizarase seguindo as curvas de nivel. En casos debidamente xustificados poderanse adoptar outras formas de plantación, sempre e cando se utilicen medidas correctoras que eviten o risco de erosión.-A preparación do solo debe ser profunda, eliminando ben todos os restos vexetais (tocos, raíces, etc.) de cultivos anteriores se os houbese, por seren fonte de problemas fitosanitarios como Armillaria sp, e outros.-En parcelas con risco de contaminación en canles de auga, establecer cando se realice a plantación medidas correctoras para evitar os lixiviados, segundo o Código Galego das Boas Prácticas Agrarias.

Plantación.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Os sistemas de plantación deberán permitir o acceso doado ao persoal e maquinaria de maneira que se garanta a seguridade no traballo.

Marco de plantación e orientación:

-Será tal que permitirá unha achega de luz aos froitos durante o período de vexetación. Débese prever suficiente espazo entre as liñas que asegure unha mínima aireación do cultivo.-Entitorado: instalación dunha estrutura de soporte para poder ser cultivada axeitadamente, cunha altura de 1,6-2 m do chan.-Distribución de polinizadores: nunha relación mínima do 20% de femias.

Marco de plantación e orientación:

*Entre ringleiras superior a 4'5 m.

*Entre plantas máis de 2'5 m.-As ringleiras orientaranse, de ser posible, de norte a sur para lograr unha mellor iluminación do cultivo.-Entitorado: admítense todos os sistemas de condución adaptados a este cultivo. O máis recomendado é o emparrado dobre, recoméndase a cruceta con tres arames a 1,8-2 m do chan.-Os arames serán de aceiro galvanizado ou plastificados para evitar o ensuciamento da froita.-Distribución de polinizadores: recoméndase unha relación femia/polinizador (macho) mínima de 5:1, ou ben supernumerarios. A súa distribución será tal que asegure un cubrimento total da superficie cuberta polas plantas femia. Pódense enxertar pólas de polinizadores (machos) sobre plantas femia.

-Ter outros cultivos asociados ao kiwi nas parcelas incluídas no sistema de produción integrada.

Manexo da plantación-poda.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Durante os dous primeiros anos, a formación dun talo único e dereito e da póla ou pólas principais segundo o sistema de condución elixido.-A poda anual de inverno para obter unha plantación equilibrada e ben ventilada.-Poda de polinizadores. Na poda de inverno débese reducir con cortes de retroceso a madeira vella, asegurando a renovación de madeira e a elevada produción de flores.-As tesoiras de poda deberán estar ben afiadas para realizar cortes limpos. -Os instrumentos de corte deberán desinfectarse cando se cambie de parcela ou subparcela ou UHC.-Realizar a protección dos cortes de diámetro superior a 3 cm con produto selador de feridas.-Queimar os restos de poda daquelas plantas con sintomatoloxía clara de enfermidades.-Na poda anual de inverno das plantas femia, deixar un máximo a cada lado da planta de 3 pólas por metro lineal con cadanseus 14-16 gromos (sen superar os 20 xemas). Para obter unha boa calidade de froito, non se deben superar

os 200.000 xemas por hectárea.-Poda verde (verán) de plantas produtoras: importante para controlar a vexetación e asegurar a ventilación da planta evitando a aparición de enfermidades debidas a fungos e bacterias que atacan flores, pólas e froitos. Nas plantas femia recoméndase retirar precozmente durante o verán os ramos sen interese, pinzar os gromos de renovación e as puntas liadas que provocan enredos entre pólas.-A poda en verde das plantas macho: para evitar que lles dean sombra ás plantas produtoras, debe realizarse ao acabar a floración, reducindo á metade a parte aérea; débese evitar a poda moi drástica.

-Abandono de restos de poda sen triturar ou tallar.-Queima incontrolada de restos de poda.
-Practicar poda de rexuvenecemento cando existan plantas envellecidas ou afectadas por enfermidades da madeira.
-Recoméndase a utilización de produtos cicatrizantes nos cortes da poda de inverno.

Manexo da plantación-arrareo de froitos, polinización.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Dispoñer de colmeas na plantación (8 a 10 por hectárea).-Efectuar un arrareo de froitos; inicialo en prefloración eliminando as flores achatadas, en abano, deformes e as laterais, continuando en postfloración inmediatamente despois da formación do froito, eliminando os froitos deformes, mal polinizados e os laterais que non se eliminaron na prefloración. Non deixar máis de 4 froitos por gromo frutífero.-A aplicación de fitorreguladores para mellorar a formación do froito e crecemento do mesmo.-Excepcionalmente en circunstancias de anos de escaseza de horas de frío e en zonas concretas e baixo prescrición xustificada do técnico competente, poderase empregar como mellorador da xerminación da cianamida de hidróxeno.
-En anos nos que a floración coincide con mal tempo, ou se a floración masculina se anticipa á feminina, recoméndase realizar unha polinización artificial de apoio. Esta polinización pode realizarse con pole recollido previamente e conservado en conxelador, con pole doutras plantacións ou distribuíndo pólas con flores masculinas traídas doutras plantacións entre as plantas femininas.

Manexo da plantación-fertilización.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Estimar as necesidades de macronutrientes, en base á análise fisicoquímica do solo que se realizará ao integrarse as parcelas agrícolas ou UHC ao sistema de produción integrada.-As análises de fertilidade do solo realizaranse cunha periodicidade de polo menos cinco anos.-Farase o seguimento do estado nutritivo mediante análises foliares e de froito realizadas anualmente (co fin de evidenciar posibles carencias ou desequilibrios de elementos minerais).-Realizar análises de fertilidade do solo cunha periodicidade de polo menos 3 anos.-Niveis de materia orgánica superiores ao 3%.-No caso de necesidades de nitróxeno mineral superiores a 50 kg/ha, aconséllase non realizar unha única achega senón a distribución da cantidade en dúas achegas, acabando en todos os casos antes de agosto.-O seguimento do estado nutritivo mediante análises foliares e de froito realizarase cando se evidencien posibles carencias ou desequilibrios de elementos

minerais.

-Aplicacións de nitróxeno en forma nítrica ou de materia orgánica nas marxes das parcelas lindeiras a correntes.-Realizar achegas anuais superiores a 120-90-150 kg/ha de nitróxeno, fósforo e potasio. Excepcionalmente poderán aplicarse cantidades máis elevadas se se xustifica cunha análise do solo ou foliar recente.-As achegas ao solo de quelatos e outras formulacións de micronutrientes limitaranse ás situacións nas que as análises demostren que son indispensables para unha produción axeitada.
-Achegar polo menos un 20% das necesidades nitroxenadas en forma de nitróxeno orgánico procedente de compost organomineral, de estercos ben feitos ou da incorporación de fertilizante sideral (encespado) e con garantías de que están exentos de axentes patóxenos.-Levar a cabo un programa de aplicación para os macronutrientes potenciando a achega de fertilizantes naturais e reducindo os químicos de síntese. Na programación haberá de terse en conta que os fertilizantes provenientes do exterior (materia orgánica, fertilización directa) deben compensar as extraccións das colleitas e as perdas técnicas. O programa determinará as épocas e a forma de aplicación axeitada, segundo a extracción periódica do cultivo, para minimizar as perdas por lixiviación, erosión, etc.-Utilizar fertilización foliar para corrixir carencias ou desequilibrios nutricionais puntuais. O seu emprego debe reducirse aos casos de verdadeiras anomalías e só cando o técnico así o decida.-Non achegar

fertilizante nitroxenado antes do establecemento da planta. Os primeiros anos de cultivo, achegar os fertilizantes localizados na proximidade do aparello radicular.

-A aplicación de produtos reguladores do crecemento.
-A materia orgánica ou outras materias con valor fertilizantes deberá conter a mínima cantidade de metais pesados, patóxenos ou outros produtos tóxicos.

-Realizaranse emendas calcarias anuais en solos de pH inferior a 5,8 e con concentracións de aluminio superiores a 0,5 cmol (+)/kg no CIC.

-A aplicación de nitróxeno realizarase respectando o Código Galego de Boas Prácticas Agrarias.

Manexo da plantación-mantemento do solo.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Sempre que exista unha boa dispoñibilidade de auga, o chan debe manterse con herba en toda a superficie (ringleiras e entrerringleiras).-En terreos con pendente entre 10-20%, o chan deberá manterse con herba permanentemente.-Manterase a flora espontánea cando esta sexa maioritariamente de gramíneas e leguminosas. No caso contrario, aconséllase o seu implante.-No caso de utilizárense herbicidas, deberán usarse os autorizados que figuran no apéndice II deste regulamento técnico e a súa aplicación realizarase no momento no que as malas herbas sexan máis sensibles, utilizando as doses mínimas posibles.-En zonas de pouca dispoñibilidade de auga e nos anos iniciais do cultivo pódese intervir con laboreo do terreo, de maneira que a intervención sexa moi superficial para non danar o sistema radicular.-En cultivos de máis de 10 anos permítese o subsolado e fresado do terreo para provocar a rotura de raíces na zona do corredor e así provocar a renovación

das mesmas na zona de produción. Ademais, permitirá a incorporación de materia orgánica nos primeiros 15-20 cm do terreo.-Nos casos de limitacións por pouca dispoñibilidade de auga, aconséllase cubrir o chan nas filas con mulching, etc. Se isto non fora posible, pódense aplicar herbicidas químicos autorizados nos momentos de máxima sensibilidade das herbas.

-A aplicación de herbicidas nas rúas.-Aplicar produtos herbicidas en plantacións de menos de 2-3 anos.-A aplicación de herbicidas que non figuren no apéndice desta normativa.-O emprego de materias activas que se deran de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación deste regulamento técnico.-A utilización de apeiros que destruán a estrutura do solo ou invirtan os seus horizontes.-A labra a favor da pendente.
-Cando se apliquen herbicidas, as materias activas deberán rotarse para evitar a aparición de resistencias ou inversión de flora.

Manexo da plantación-rega.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Efectuar a análise da auga da rega ao iniciarse no sistema de produción integrada PI e posteriormente cunha periodicidade máxima de 5 anos.-Sistema de rega de microaspersión ou microirrigación.-A colocación dun pluviómetro para medir a auga de choiva.-Rega por anegamento.
-Nos casos nos que se sospeite a posibilidade de elevados contidos en sal ou de utilizarse auga que poida recibir descargas urbanas ou industriais, as análises efectuaranse con maior periodicidade a criterio do técnico.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-O material de rega utilizado nas instalacións novas deberá estar certificado segundo normas UNE, sempre que estas existan para este tipo de material.
-A distribución en toda a plantación dunha rede de rega, que asegure a achega de auga precisa ás plantas en cantidade e calidade, xa que o cultivo da actinidia non pode realizarse racionalmente se non se dispón de auga suficiente.
-O emprego de tensiómetros para determinar a frecuencia e doses das regas.
-Establecer o volume máximo de cada rega e quenda en función do sistema de rega, profundidade radicular, estado hídrico do solo, das súas características fisicoquímicas, do estado vexetativo, densidade de plantación, etc.

Manexo da plantación-control de pragas e enfermidades.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-No control de pragas e enfermidades anteporanse os métodos culturais, biolóxicos, biotecnolóxicos, físicos e xenéticos aos métodos químicos.-Realizar un seguimento e control fitosanitario das parcelas ou UHC, empregando a metodoloxía especificada no apéndice I deste regulamento.-No caso de resultar precisa unha intervención química, as materias activas a utilizar serán seleccionadas de acordo cos criterios de menor perigo para humanos, fauna silvestre e medio ambiente, que proporcione un control efectivo da praga, o patóxeno ou a mala herba, a selectividade (débese evitar a toxicidade para inimigos naturais e polinizadores), os residuos e o risco de aparición de poboacións resistentes.-Os tratamentos localizados, cando sexa posible, evitando os tratamentos xeneralizados.-A revisión periódica da maquinaria de aplicación.-A alternancia de materias activas ou familia destas para evitar a aparición de resistencias.-A aplicación de

tratamentos químicos sen xustificación técnica.-A utilización de materias activas non establecidas neste regulamento técnico.-A utilización de doses diferentes das recomendadas para cada produto.-Utilizar calquera produto fitosanitario que se dera de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación deste regulamento técnico.-Realizar aplicacións de produtos fitosanitarios en condicións meteoroloxicamente desfavorables.

-As substancias activas que se empreguen estarán autorizadas no Rexistro de Produtos e Material Fitosanitario e aprobados expresamente para o cultivo no que se apliquen, respectando sempre as restricións impostas nesta norma, podéndose establecer unha listaxe de substancias activas seleccionadas entre aquelas para o seu posible emprego en produción integrada, de acordo co apéndice I, sobre a base da experiencia coñecida do seu impacto nos correspondentes organismos útiles e outros requisitos ambientais.
-Ampliar no máximo posible os prazos de seguridade dos fitosanitarios, para minimizar a presenza de residuos no momento da colleita.
-A maquinaria de aplicación atoparase en perfecto estado de funcionamento e a pulverización será uniforme. O seu correcto funcionamento será controlado polo menos unha vez ao ano polo operador e técnico competente e cada catro anos, no momento no que estean vixentes os planos de revisión oficial, co fin de asegurar unha eficiente e segura aplicación dos fitosanitarios.
-As aplicacións serán realizadas por persoal que estea en posesión polo menos do carné de nivel básico de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios. Durante a manipulación e aplicación do preparado comercial estará equipado en todo momento co Equipo de Protección Individual (EPI) homologado e máis axeitado á intervención.

Manexo da plantación-colleita.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Realizarase a partir de que o índice refragtométrico, medido no momento da recolleita, sexa superior ao 6.5; hai que lembrar que as medicións realizadas de 24 a 48 horas despois da colleita, en froitos mantidos a temperatura ambiente, elevan os seus índices refragtométricos unha media do 1-2%.-Os froitos deben de recollerse separándoos do pedúnculo (que quedará na póla).-Asegurar a limpeza e asepsia dos elementos utilizados na colleita, manipulación e almacenamento do kiwi.-Operar durante a colleita de maneira que se eviten as feridas e golpes na fase da colleita e durante a manipulación e baleirado de colectores.-As normas de calidade para os kiwis establécense no Regulamento (CE) nº 410/1990, da Comisión, do 16 de febreiro de 1990 (DOCE nº L 43, do 17 de febreiro), que foi modificado polo Regulamento (CE) nº 305/1992, da Comisión, do 7 de febreiro de 1992 (DOCE nº L 32, do 8 de febreiro) e polo Regulamento nº 888/1997, da Comisión, do 16 de maio

de 1997 (DOCE nº L 126, do 17 de maio).

-Está prohibida a aplicación de produtos ás plantas ou aos froitos que aumenten o grao refragtométrico e por tanto que adianten a súa maduración.
-As caixas de campo utilizadas para o transporte aos centros de acondicionamento deberán presentar unha identificación inequívoca da variedade e do produtor e parcela ou subparcela se é o caso.
-A refrixeración rápida do kiwi para preservar a súa calidade.
-A recolección realizarase con data posterior ao 20 de outubro.

Conservación do contorno da parcela e xestión de residuos.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Tomaranse as medidas oportunas para protexer a fauna e flora nas áreas próximas á plantación (evitar derivas que poidan danar outros cultivos lindeiros, etc.)-Efectuarase triple enxaugado de todos os envases que conteñan formulacións líquidas, en xel, po, microencapsulados, etc, durante as aplicacións fitosaniotarias. A auga de lavado destes envases engadirase ao tanque de aplicación.-Procurarase a protección do contorno da plantación. No caso da instalación de estremas, proteccións ou cortaventos, intentarase danar o menos posible o contorno e sempre que sexa posible empregaranse especies autóctonas.-Non almacenar produtos fitosanitarios nin fertilizantes en contacto co solo.-Queda prohibida a vertedura ás augas correntes de produtos agroquímicos sobrantes e dos líquidos sobrantes da limpeza da maquinaria de tratamento.

ObrigatoriaRecomendadasProhibidas

-Dispoñer dun local de almacenamento de praguicidas e fertilizantes, separadas do material vexetal e dos produtos frescos, de forma que se evite calquera risco de contaminación. O almacén disporá de chave e ventilación permanente e suficiente.
-Os produtos fitosanitarios e fertilizantes deben estar debidamente ordenados e separados fisicamente.
-Habilitaranse na explotación recipientes para almacenamento temporal de envases baleiros, utilizados nos distintos tratamentos.
-Os envoltorios, envases e recipientes de produtos de uso agrícola eliminaranse polos medios establecidos.

Apéndice I: pragas e enfermidades documentadas

Botrytis Cirenea (podremia gris).

MostraxeLímites e/ou criterios mínimos de intervenciónOutras medidas complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Control químico

Semanal en épocas de risco (principalmente floración e pre-colleita).No estado fenolóxico: H-I.:

Choivas persistentes

Humidade prolongada

Presenza de inóculos

Preventivos-Favorecer a ventilación da planta.-Eliminación de restos de poda con síntomas.-Boa drenaxe no solo.-Fertilización correcta.Procimidona

Restricións ás substancias activas

Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente.

Último tratamento 7 días antes da colleita.

Phytophothora Cinnamomi.

MostraxeLímites e/ou criterios mínimos de intervenciónOutras medidas complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Axentes biolóxicos

Marcaxe invernal de plantas afectadas.Cando xustificadamente o determine o técnico.-Boa drenaxe.-Eliminación de plantas afectadas.Trichoderma Harzianum

Aplicación na rega.

Armillaria Mellea.

MostraxeLímite e/ou criterios

mínimos de intervención

Outras medidas

complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Marcaxe de plantas afectadas.Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente.En terreos con presenza de fungos, non incluír en produción integrada ata pasados 5 anos.

Pesudomonas viridiflava e Pseudomonas marginalis.

MostraxeLímites e/ou criterios mínimos de intervenciónOutras medidas complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Control químico

Semanal en época de floración e previa (H-I).-Máis de 10% de botóns florais afectados.Eliminación dos restos de poda, e destrución dos mesmos.Oxicloruro de cobre.

Óxido cuproso.

Sulfato tribásico de cobre.

Meloidogyne Hapla Nematodos.

MostraxeLímite e/ou criterios

mínimos de intervención

Outras medidas

complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Marcaxe de plantas con síntomas.Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente.-Análise previa á plantación ou ao incio da P.I.-Planta de viveiro libre de nódulos en raíces.-Arrinque plantas afectadas.

Gasterópodos.

MostraxeLímites e/ou criterios mínimos de intervenciónOutras medidas complementarias aplicables

(culturais, biotecnolóxicas)

Control químicoRecomendacións

Semanal no período máis sensible (en inicio de período vexetativo).Cando se observe perda de follaxe que ameace o crecemento do ramo, dependendo da masa vexetativa.Eliminación manual.Metaldehido.Aplicación con brocha a troncos e crucetas, ou ben como cebo no chan.

Apéndice II: herbicidas para P.I. de actinidia

Cadro 1:

Herbicidas (materias activas) para P.I. de actinidia (kiwi)

Materia activaActividadeDoses de p.c.Observacións

GlifosatoS3-6 l/haContra anuais e vivaces

6-12 l/haContra leñosas

GlufosinatoS-C3-5 l/haContra anuais

5-10 l/haContra perennes

p.c.: produto comercial

Apéndice III: activadores de agromo para produción integrada de actinidia (kiwi)

Activadores de agromo (materias activas) para P.I. de actinidia (kiwi)

Materia activaActividadeDoses de p.c

Cianamida de hidróxeno10 a 20 l/ha

p.c.: produto comercial.

(*) Só se pode permitir a súa aplicación mediante xustificación técnica do organismo oficial competente.