DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 29 de xuño de 2005 Páx. 11.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 21 de xuño de 2005 pola que se aproba o Regulamento técnico específico de produción integrada de viñedo.

No Decreto 68/2004, do 11 de marzo, defínese a produción integrada como un sistema de produción agraria, que utiliza ao máximo os recursos e os mecanismos de produción naturais mediante a introdución de tecnoloxías respectuosas co medio, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade contrastada, a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes.

Estes requisitos recóllense para cada cultivo ou produto ou grupo de cultivos ou produtos no correspondente regulamento técnico, que recollerá as normas técnicas que se deben seguir desde a fase de obtención da materia prima ata, se é o caso, a elaboración, manipulación, envasado, etiquetaxe, almacenaxe e posta á disposición do consumidor.

A produción integrada reflite a aplicación destas normas ao garantir no seu sistema produtivo a rastrexabilidade das producións agrarias e consecuentemente, ao aplicar os principios de control ao longo de toda a cadea de produción de alimentos. Deste xeito, en calquera punto das devanditas fases produtivas se poderá verificar o cumprimento da aplicación das prácticas respectuosas co medio natural, así como a seguridade e a calidade do produto.

A aprobación do regulamento técnico implica a apertura no Rexistro Oficial de Produción Integrada, da sección correspondente para o cultivo ou produto recollido nesta orde, co fin de que os operadores soliciten a súa inscrición, segundo as indicacións recollidas na Orde do 30 de maio de 2005, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se desenvolve o Decreto

68/2004, do 11 de marzo, que regula a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios.

Así mesmo, o cumprimento das normas contidas neste regulamento técnico permitirá, tras as verificacións oportunas, a concesión ao operador do emprego da identificación de garantía de produción integrada da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude do exposto de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Obxecto.

Aprobar o Regulamento técnico específico de produción integrada de viñedo que se incorpora no anexo I desta orde, no que figuran as prácticas obrigatorias, recomendadas e prohibidas para este sistema produtivo. Así mesmo, como anexo II figura o modelo de caderno de explotación que deberá ser empregado como xustificación do seguimento das normas técnicas de produción integrada, servindo ademais de instrumento fundamental para o control e certificación do proceso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria para ditar as instrucións necesarias de adaptación ou modificación dos anteditos anexos, como consecuencia de novos coñecementos e avances técnicos e científicos, ou para incorporar normativa de obrigado cumprimento, que ao respecto se estableza.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Regulamento técnico específico de produción integrada da viñedo

Requisitos xerais.

ObrigatoriaRecomendadosProhibidos

-A superficie mínima requirida en produción integrada para viñedo será de 10 ha, para as agrupacións de produtores e disporá cada operador dedicado á produción como mínimo de 3.000 m de cultivo en P.I. e parcelas de polo menos 300 m. No caso que o operador sexa unha entidade agraria, a superficie mínima será de 3 ha e dispoñendo as parcelas similares requisitos cá agrupación.Realizar o rexistro das operacións no caderno de explotación no mesmo día da súa execución.Realizar calquera tipo de intervención, na plantación, sen anotala no caderno de explotación.
-O servizo técnico poderá ser levado a cabo por un técnico da propia agrupación ou entidade, ou ben mediante a asistencia técnica de empresas de servizos. En todo caso, este servizo realizará o seguimento e control cumprindo todos e cada un dos seguintes límites máximos por UTA de técnico:

*75 explotacións

*100 ha
*500 parcelas

ObrigatoriaRecomendadosProhibidos

-Deberase rexistrar no caderno de explotación todas as prácticas e controis levados a cabo durante o ciclo de cultivo, achegando en cada caso a documentación acreditativa (facturas, análises,..., etc..). Para isto establécese un modelo de caderno de explotación oficial.
-Para un funcionamento axeitado do sistema, o seguimento e rexistro das operacións realizarase semanalmente durante os estados fenolóxicos «C» e «N»; nos demais estados fenolóxicos, polo menos mensualmente.
-O operador de produción integrada responsabilizarase da posesión do caderno de explotación, que estará dispoñible para a súa inspección e veracidade das anotacións realizadas.

(1) Parcela: considérase a superficie continua de terreo xeograficamente definida e inscrita no Rexistro Catastral a nome dun ou máis titulares, na que o operador realiza prácticas de produción integrada.

(2) Unidade Homoxénea de Cultivo (UHC): para cada cultivo, superficie á que se lle aplican operacións culturais e técnicas de cultivo similares, así como os mesmos tratamentos fitosanitarios. No caso das agrupacións de produtores poderán existir UHC que inclúan o cultivo ou parte do cultivo de varios agricultores.

Localización da plantación.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Todas as parcelas que se acollan ao sistema de produción integrada deberán cumprir os requisitos legais para efectos de autorización da plantación de vide.-Características edafolóxicas

Profundidade do solo ) 60 cm.

Capacidade de drenaxe alta.

-Zonas de drenaxe lenta ou de estancamento de auga.
-Antes de iniciarse no sistema de P.I. realizarase un estudo que comprenderá clima, solo e topografía.
-Elixiranse solos aptos para o cultivo do viñedo.
-As plantacións situadas en zonas con pendentes superiores ao 20% estarán establecidas seguindo as curvas de nivel e coas oportunas medidas correctoras.

Materia vexetal.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-O material vexetal será san e controlado fitosanitariamente. Procederá de produtores oficialmente autorizados, se é o caso certificado, e terá o correspondente pasaporte fitosanitario.-Soamente se poderán plantar, replantar ou enxertar os patróns e as variedades recomendadas segundo se indican no apéndice I.-Implantar o patrón que mellor se adapte ás características edafoclimáticas do medio.-Plantar, replantar ou enxertar con variedades non recomendadas e autorizadas para Galicia.-Utilizar material vexetal especialmente sensible a determinadas enfermidades de particular incidencia ou relevancia.
-Nas parcelas que estean acollidas nunha denominación de orixe, deberán cumprir as normas dos seus correspondentes regulamentos en canto a variedades, patróns e densidade de plantación.

Establecemento da plantación.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Ao iniciar a plantación no sistema de P.I. deben realizarse as análises de fertilidade e, de ser o caso, fitopatolóxicas do solo e de virose.-Previamente á plantación, e se é necesario, realizaranse arranxos no terreo que impidan o estancamento da auga (distribución de rede de drenaxe) e eviten a erosión hídrica.-A preparación do solo debe ser profunda, eliminando ben todos os restos vexetais (cepos, raíces, etc...) de cultivos anteriores se os houbese, por seren fonte de problemas fitosanitarios como Armillaria e outros.-Eliminaranse as malas herbas mediante técnicas culturais.-A profundidade do burato de plantación será de 40 cm.-Cando se realice o establecemento de novas plantacións sobre terreo que anteriormente tivera viña, plantacións froiteiras ou forestais (soutos e carballeiras), respectarase un período de tempo (aproximadamente 3 anos) con rotacións de gramíneas antes de volver replantalo co mesmo cultivo.-Os grandes

movementos de terra con estratos de solo pouco fértiles, por resultar perigoso para a estabilidade da pendente.

Plantación.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-A plantación en marco suficientemente amplo para asegurar a achega de luz suficiente á planta durante o período de vexetación.-Os sistemas de plantación deberán facilitar o acceso fácil do persoal e maquinaria de maneira que se garanta a seguridade e ergonomía no traballo.-O sistema de formación e/ou condución será adaptado ao comportamento vexetativo e produtivo da variedade, máis o tipo de solo e clima local.-O marco de plantación, orientación e sistema de condución elixirase en función do vigor da variedade e da fertilidade do solo; será tal que:-As ringleiras se dispoñan de maneira que se minimice a erosión do terreo e orientadas, se é posible, de nordés a suroeste para lograr unha mellor orientación do cultivo.-A distancia entre plantas se adapte ao vigor da cepa, á fertilidade do solo e ao sistema de condución.-Empregar os sistemas de formación e condución que melloren a calidade das colleitas e adaptarse preferentemente ao recomendado na

zona.

-Ter outros cultivos asociados á vide nas parcelas incluídas no programa de produción integrada.
-Unha superficie cuberta dos sistemas de condución en emparrado entre o 50-75%

Manexo da plantación. Poda.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-A poda é obrigatoria e constitúe unha práctica cultural fundamental para o cultivo da vide, xa que serve para mellorar a calidade, evitar a veceira, mellorar a eficacia, reducir o consumo de produtos fitosanitarios e facilitar a colleita dos froitos.-Realizarase en dúas épocas:

-Poda en repouso vexetativo (desde o agostamento ata o choro das cepas).

-Poda en verde, cando o crecemento da planta é excesivo, co fin de equilibrar a vexetación e a produción e mellorar a calidade da uva.

-Executar a poda cunha formulación técnica, tendo en conta os principios fundamentais que rexen esa práctica para maximizar a súa eficacia e rendibilidade, adaptándose ás exixencias de cada variedade, ao seu índice de fertilidade e outros factores agronómicos.-Realizar desfilladas e desfollados como medidas complementarias destinadas á mellora da calidade.-Practicar poda de rexuvenecemento cando existan plantas envellecidas ou afectadas por enfermidades da madeira.-Abandono de restos de poda sen triturado ou tallado destes.-Queima incontrolada de restos de poda.
-As tesoiras de poda deberán estar ben afiadas para realizar cortes limpos.
-A desinfección das ferramentas deberá realizarse periodicamente e máxime cando existan plantas afectadas con problemas sanitarios ou se sospeite dunha posible enfermidade.
-Realizar a protección dos cortes de diámetro superior a 3 cm con produto selador de feridas.
-Queimar os restos de poda daquelas plantas con sintomatoloxía clara de enfermidades.

Manexo da plantación. Fertilización.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Estimar as necesidades de macronutrientes, con base na análise fisicoquímica do solo que se realizará ao integrárense as parcelas agrícolas ou UHCs ao sistema de produción integrada.-As análises de fertilidade do solo realizaranse cunha periodicidade de polo menos cinco anos.-Achegar polo menos un 20% das necesidades nitroxenadas en forma de nitróxeno orgánico procedente de compost órganominerais, de estercos ben feitos ou da incorporación de fertilizante sideral (encespado) e con garantías de que están exentos de axentes patóxenos.-Levar a cabo un programa de aplicación para os macronutrientes potenciando a achega de fertilizantes naturais e reducindo os químicos de síntese. Na programación haberá de terse en conta que os fertilizantes provenientes do exterior (materia orgánica, fertilización directa) deben compensar as extraccións das colleitas e as perdas técnicas. O programa determinará as épocas e a forma de aplicación axeitada, segundo a

extracción periódica do cultivo, para minimizar as perdas por lixiviación, erosión, etc.

-Realizar análises de fertilidade do solo cunha periodicidade de polo menos 3 anos.-Niveis de materia orgánica superiores ao 2%.-No caso de necesidades de nitróxeno mineral superiores a 50 Kg/ha, aconséllase non realizar unha única achega senón a distribución da cantidade en dúas achegas, acabando en todos os casos antes de xullo.-O seguimento do estado nutritivo mediante análises foliares e de froito realizarase cando se evidencien posibles carencias ou desequilibrios de elementos minerais.-Utilizar fertilización foliar para corrixir carencias ou desequilibrios nutricionais puntuais.-Reacción Ph: ' 5,5 a ) 8,0-Realizar achegas anuais superiores a 60-90-120 Kg/ha de nitróxeno (N), fósforo (PO) e potasio (KO) respectivamente. Excepcionalmente poderán aplicarse cantidades máis elevadas se se xustifica con análise de solo ou foliar recente.

-As achegas ao solo de quelatos e outras formulacións de micronutrientes limitaranse ás situacións nas que as análises demostren que son indispensables para unha produción axeitada.

-Aplicacións de nitratos ou materia orgánica en marxes de parcelas lindeiras a correntes de auga ou lagoas.-Superar os niveis de nutrientes nas follas (entre a purga e a cora) que se especifican no apéndice II.-A aplicación de produtos fitorreguladores de crecemento.

-A materia orgánica ou outras materias con valor fertilizante deberá conter a mínima cantidade de metais pesados, patóxenos ou outros produtos tóxicos. Realizaranse emendas calcáreas anuais en solos de pH inferior a 5'8 e con concentracións de aluminio superiores a 0,5 cmol (+)/kg no CIC.
-A aplicación de nitróxeno realizarase respectando o Código Galego de Boas Prácticas Agrarias.

Manexo da plantación-mantemento do solo.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Considéranse para mantemento do solo as seguintes técnicas:

-Laboreo.

-Cuberta vexetal.

-Tratamento herbicida.

-Outras técnicas (mulching, flamexado, etc.)-Se existe cuberta vexetal manterase a flora espontánea cando esta sexa maioritariamente de gramíneas e leguminosas. No caso contrario aconséllase a súa implantación.-Nos casos nos que sexa necesaria a aplicación de herbicidas, as substancias activas seleccionaranse cos mesmos criterios citados na epígrafe de control de pragas e enfermidades. A súa aplicación realizarase no momento no que as malas herbas sexan máis sensibles e axustándose ás técnicas recomendadas na etiqueta do produto.

-Recoméndase a cuberta vexetal en solos con pendentes e/ou suficiente dispoñibilidade de auga.-Cando se realiza laboreo, facelo en situacións de tempero.-Non aplicar herbicidas en plantacións menores de 3-4 anos.-Cando se apliquen herbicidas, as materias activas deberán rotarse para evitar a aparición de resistencias ou inversión de flora.-No caso de control químico de malas herbas, utilizar a mestura de dous herbicidas de tipo de acción diferente,

cando os tipos de herbas adventicias son variados e non son controladas por unha soa materia activa permitida. Para cada tipo de control, elixir a maquinaria que ofreza o menor risco de emisións de CO.

-A aplicación de herbicidas no inverno.-A utilización de apeiros que destrúan a estrutura do solo ou invirtan os seus horizontes.-En parcelas con pendente)10 % e plantadas no sentido desta, non se poderá utilizar laboreo como sistema de mantemento do solo en toda a superficie (máximo 20%).-Emprego de materias activas que se deran de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación deste regulamento técnico.

Manexo da plantación. Rega.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Se existe instalación de rega, realizarase unha análise da auga ao entrar no programa de P.I., e posteriormente cunha periodicidade máxima de 5 anos.-Aconséllase a colocación dun pluviómetro para medir a auga de choiva.-Aplicar rega nos casos non recollidos na normativa vixente referente á viña e ao viño.-Colocar o portagoteiros a 30 cm do talo da planta.
-Nos casos nos que se sospeite a posibilidade de elevados contidos en sal ou se se utiliza auga que pode recibir descargas urbanas ou industriais, as análises efectuaranse con maior periodicidade a criterio do técnico.
-O material de rega utilizado nas instalacións novas deberá estar certificado segundo normas UNE, sempre que estas existan para este tipo de material.
-Utilizar técnicas de rega que garantan unha maior eficiencia no uso da auga, a optimización dos recursos hidráulicos e que cumpra o coeficiente de uniformidade.
-Utilizar augas cuxa calidade cumpra coa normativa específica correspondente.
-Establecer o volume máximo de cada rega e quenda en función do sistema de rega, profundidade radicular, estado hídrico do solo, das súas características físicoquímicas, do estado vexetativo, densidade de plantación, etc.

Manexo da plantación. Control de pragas e enfermidades.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-No control de pragas e enfermidades anteporanse os métodos culturais, biolóxicos, biotecnolóxicos, físicos e xenéticos aos métodos químicos.-A estimación do risco en cada parcela agrícola e/ou UHC farase mediante avaliacións dos niveis poboacionais, calculados mediante os sistemas de mostraxe, estado de desenvolvemento das pragas e fauna útil, fenoloxía do cultivo e condicións climáticas.-A aplicación de medidas directas de control de patóxenos efectuarase cando os niveis poboacionais ou as condicións ambientais superen os límites de intervención e, no caso de enfermidades, cando a estimación de risco o indique (ver apéndice III).-O técnico competente deberá adoptar os sistemas de mostraxe propostos na norma preceptiva, xustificando en cada caso unha posible adaptación deste sistema ás súas condicións particulares. No caso de propoñer unha metodoloxía alternativa de mostraxe avalada tecnicamente, esta deberá ser previamente aprobada pola autoridade

competente.-Metodoloxía de mostraxe:

Os controis sobre a situación fitopatolóxica realizaranse semanalmente desde o estadio fenolóxico C ao N. Nos demais estadios O, A, e B, polo menos unha vez en cada estadio e, en todo caso, sempre con anterioridade a calquera intervención de tipo químico.

-Establecer un inventario e unha valoración de fauna auxiliar e axentes nocivos.-Priorizar no control biolóxico de pragas con organismos útiles autóctonos, máxime cando medran na mesma explotación, fronte a soltas de organismos foráneos.-Usar termohidrógrafos para relacionar as condicións de humidade relativa (HR) e temperatura (T) co desenvolvemento de pragas e enfermidades mediante o uso de modelos de predición, no caso de que existan e foran contrastados na zona de cultivo.-No caso de tratamentos químicos, alternar materias activas de distintos grupos químicos e mecanismo de acción, non realizando máis de 3 tratamentos consecutivos coa mesma materia activa.-Non utilizar produtos fitosanitarios con máis de dous anos desde a

súa data de fabricación salvo que na etiqueta especifique un prazo inferior.-Realizar as aplicacións fitosanitarias como máximo aos 21 días antes do inicio da vendima.-Dispoñer na explotación de zonas preparadas expresamente para encher cubas, lavar equipos, depositar restos de caldos non empregados, etc.-Prioridade das pulverizacións fronte aos tratamentos de espallamento de po.

-Utilizar calendarios de tratamentos e realizar aplicacións indiscriminadas sen prescrición técnica.-Desinfectar o solo mediante tratamentos químicos salvo casos tecnicamente xustificados e autorizados polo organismo oficial competente.-Utilizar calquera produto fitosanitario que se dera de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación do presente regulamento técnico.-Realizar aplicacións de produtos fitosanitarios en condicións meteoroloxicamente desfavorables.-Abandonar o control fitosanitario antes da finalización do ciclo vexetativo do

cultivo.-Empregar produtos fitosanitarios nas marxes de canles, lagoas e correntes de auga.-Realizar soltas de inimigos naturais cuxa introdución non estea prevista na lexislación vixente.-Cultivar viñedo cunha incidencia de máis do 50% de cepas virosadas ou presencia dalguhna cepa con flavescencia dourada.-A mestura de materias activas que conteña algún produto non dirixido contra unha determinada praga e/ou enfermidade, salvo naquelas ocasións nas que se xustifique o tratamento simultáneo contra os organismos nocivos.

-Realizarase como mínimo unha mostraxe por cada UHC, reforzándose as zonas perimetrais e as zonas pouco ventiladas seguindo a metodoloxía reflectida no apéndice III.
-No caso de resultar necesaria unha intervención química, as substancias activas que se vaian empregar serán seleccionadas de acordo cos criterios de menor perigo para humanos, fauna silvestre e medio natural, a efectividade no control da praga, patóxeno ou mala herba; a selectividade (débese evitar a toxicidade para polinizadores e inimigos naturais); os residuos e o risco de aparición de poboacións resistentes.
-As substancias activas que se empreguen estarán autorizadas no Rexistro de Produtos e Material Fitosanitario e aprobadas expresamente para un uso determinado respectando sempre as restricións impostas nesta norma, podéndose establecer unha listaxe de substancias activas seleccionadas entre aquelas para o seu posible emprego en produción integrada, de acordo co apéndice III, sobre a base da experiencia coñecida do seu impacto nos correspondentes organismos útiles e outros requisitos ambientais.
-O uso de produtos fitosanitarios realizarase respectando sempre as indicacións reflectidas nas correspondentes etiquetas con independencia de que, de cara á súa utilización en produción integrada, poidan establecerse restricións maiores.
-Excepcionalmente, cando se detecten no cultivo pragas ou enfermidades que, por non seren habituais nel, non estean reflectidas no apéndice III, ou non se definira criterio de intervención, poderase actuar contra elas con calquera outro produto fitosanitario que estea expresamente autorizado en produción integrada para ese cultivo.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-A maquinaria utilizada nos tratamentos fitosanitarios encontrarase en perfecto estado de funcionamento e perfectamente calibrada. O seu correcto funcionamento será controlado polo menos unha vez ao ano polo operador e técnico competente e cada catro anos, sempre e cando estes non establezan un intervalo menor, no momento no que estean vixentes os plans de revisión oficial, co fin de asegurar unha eficiente e segura aplicación dos agroquímicos.
-Evitar as sobredosificacións e infradosificacións.
-Adoptar as medidas precisas para evitar que a deriva das aplicacións alcance parcelas distintas das que se pretende tratar, así como ao propio solo.
-A presenza de residuos deberá minimizarse mediante a máxima ampliación posible dos prazos de seguridade.
-O técnico competente decidirá, a partir da relación de insectos auxiliares considerados importantes para o cultivo que aparecen no apéndice III, e en función das características particulares da explotación, a fauna auxiliar obxectivo que pretende defender ou implantar mediante solta e concretamente polo menos dúas especies cuxa protección e aumento das súas poboacións se consideren prioritarias para o cultivo.
-Calquera decisión na selección dos insectos auxiliares que se queiran defender ou implantar deberá ser xustificada tecnicamente.
-As aplicacións serán realizadas por persoal que estea en posesión polo menos do carné de nivel básico de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios. Durante a manipulación e aplicación do preparado comercial estará equipado en todo momento co Equipo de Protección Individual (EPI) homologado máis axeitado á intervención.
-Sinalar as áreas tratadas cando así o obrigue a lexislación vixente.

Vendima.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-A vendima realizarase no momento no que cada variedade alcance o grao óptimo de madurez industrial.-Asegurar a limpeza e asepsia dos elementos utilizados na colleita, manipulación, transporte (recipientes e colectores dos vehículos) e no almacenamento da uva.-As caixas de campo ou lotes utilizados para o transporte aos centros de acondicionamento deberá presentar unha identificación inequívoca da variedade, do produtor e da parcela.-Empregar recipientes realizados con materiais inertes que non poidan contaminar a vendima e que sexan de limpeza fácil.-Ademais do grao volumétrico probable, para a determinación da data de vendima deberanse ter en conta outros parámetros que definen o índice de bondade (acidez, cata de uvas, cor, etc...)-Os acios deben recollerse o máis intactos posible. Operar de xeito que se eviten as feridas e golpes na fase de colleita e durante a manipulación e baleirado de colectores. As uvas deben chegar á adega

enteiras.-Evitar o contido de impurezas na vendima (terra, follas, etc.)

-Achegar no menor tempo posible a colleita a adega para ser procesada.

-A aplicación aos froitos de produtos que aumenten o grao refractométrico e que, polo tanto, adianten a súa maduración ou provoquen a súa aceleración.-A aplicación de produtos químicos destinados a adiantar a maduración dos froitos.-Os tratamentos fitosanitarios poscolleita nos froitos.-Superar o Límite Máximo de Residuos (LMRs).

(1) Lotes: conjunto de caixas de uva da mesma variedade procedentes da mesma parcela.

Conservación dos arredores da parcela e xestión de residuos.

ObrigatoriasRecomendadasProhibidas

-Tomaranse as medidas oportunas para protexer a fauna e a flora nas áreas próximas á plantación.-Efectuarase un triple enxaugado dos envases que conteñan formulacións líquidas, en xel, po, microencapsulados, etc., durante a aplicación dos fitosanitarios. A auga de lavado destes envases engadirase ao tanque de aplicación.-Dispoñer dun local de almacenamento de praguicidas e fertilizantes, separados do material vexetal e dos produtos frescos, de forma que se evite calquera risco de contaminación. O almacén disporá de chave e ventilación permanente e suficiente.-Procurarase a protección dos arredores da plantación.-No caso de instalación de peches, proteccións ou cortaventos, integraranse o mellor posible no contorno e, sempre que sexa posible, empregaranse especies vexetais autóctonas.-Non almacenar produtos fitosanitarios nin fertilizantes en contacto co solo.-A vertedura ás canles, lagoas e correntes de auga dos restos dos produtos

agroquímicos ou de caldos sobrantes dos tratamentos, así como os líquidos sobrantes da limpeza da maquinaria de tratamento.

-Os produtos fitosanitarios e fertilizantes deben estar debidamente ordenados e separados fisicamente.
-Habilitaranse na explotación recipientes para o almacenamento temporal de envases baleiros, utilizados nos distintos tratamentos.
-Os envoltorios, envases e recipientes de produtos de uso agrícola eliminaranse polos medios legalmente establecidos.