DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2005 Páx. 11.275

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 164/2005, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 11.138, na disposición adicional segunda c) debe engadirse o seguinte: «O horario de antención ao público será das 9.00 ás 14.00 horas en días laborables e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados».

Na páxina 11.148, no anexo VI, onde di: «Lexislación aplicable: decreto polo que se regulan...», debe dicir: «Lexislación aplicable: Decreto 164/2005, do 20 de marzo, polo que se regulan...».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA