DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2005 Páx. 10.978

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer.

Advertidos erros no Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer, publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de abril de 2005, cómpre facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 6.989, 6.990 e 6.991, nas que se inclúen os anexos relativos aos modelos de solicitude, nas epígrafes de lexislación aplicable, onde di: «Decreto 73/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer», debe dicir: «Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer».