DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2005 Páx. 10.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes.

Advertidos erros na Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes (DOG nº 71, do 14 de abril de 2005), cómpre facer as seguintes correccións:

Artigo 5º.1., na 5ª liña, onde di: «....este último destinado ao persoal das administracións local e estatal...», debe dicir: «....este último destinado, ata o momento da publicación desta orde, ao persoal das administracións local e estatal».

Artigo 19º.4, onde di: «Ás licenciaturas.....galega...», deberá dicir: «Ás licenciaturas de filoloxía galega e filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), e aos diplomas de tradutor especializado en linguaxe administrativa galega, outorgados pola EGAP e/ou pola Consellería de Xustiza daráselles a mesma validez que ao nivel superior de linguaxe administrativa galega e ao nivel superior de linguaxe xurídica galega».