DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2005 Páx. 10.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de marzo de 2005 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba a nova regulamentación das bases reguladoras das axudas para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 58, do 28 de marzo de 2005, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 5.065, punto 3.1.4.1., onde di: «Para o cómputo do dito máximo acumularanse as solicitudes de subvención presentadas por un mesmo solicitante nun período dun ano natural desde a primeira delas.»; debe dicir: «Para o cómputo do dito máximo acumularanse as solicitudes de subvención presentadas por un mesmo solicitante nun período dun ano contado desde a primeira delas.».

-Nas páxinas 5.072 e 5.073, punto 6.4.2.3.3 a), onde di: «..., se así o propuxese, de normativas de aseguramento da calidade (ISO 9000) e/ou ambiente (ISO 14000)...»; debe dicir: «..., se así o propuxese, de sistemas de aseguramento da calidade (ISO 9001, ISO 17025, Q de calidade turística, UNE 175001) e/ou ambiente (ISO 14000)...».

-Na páxina 5.074, punto 6.5.1.3, onde di: «... de sistemas destinados á implantación nunha PEME de sistemas de aseguramento da calidade (ISO 9000, ISO 17000, Q de calidade turística) e/ou ambiente (ISO 14000)»; debe dicir: «... de sistemas destinados á implantación nunha PEME de sistemas de aseguramento da calidade (ISO 9001, ISO 17025, Q de calidade turística, UNE 175001) e/ou ambiente (ISO 14000)».

-Na páxina 5.075, punto 6.7.1, onde di: «... e cubrindo a documentación establecida no anexo VIII segundo cada tipo de proxecto.»; debe dicir: «... e cubrindo por duplicado a documentación establecida no anexo VIII segundo cada tipo de proxecto.».

-Na páxina 5.076, elimínase o punto 6.7.11, pasando o punto 6.7.12 a ser o 6.7.11.

-Na páxina 5.092, substitúese o anexo VIII, modelo 1, polo que se une a esta corrección de erros.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA