DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2005 Páx. 10.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio alimentación, da provincia de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio alimentacion da provincia de Ourense (código de convenio número 3200545, publicado no BOP número 154 do 7-7-2004), pola que se acorda a revisión da táboa salarial para o ano 2005, subscrita coa data 1 de febreiro de 2005, pola mencionada comisión paritaria, en representación tanto da parte económica como dos traballadores do sector e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no BOP e no DOG.

Ourense, 22 de febreiro de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio alimentación da provincia de Ourense

2004-2005

Sendo as 12.00 horas do día 1 de febreiro de 2005, reúnense as persoas que a seguir se relacionan na sede da Confederación Empresarial de Ourense, sita en praza das Damas, nº 1 para proceder á actualización das condicións económicas do convenio colectivo de comercio alimentación da provincia de Ourense, para o seu segundo ano de vixencia.

Pola parte empresarial: José Carlos González Marquina, Francisco Carabel Di Paola, Rafael Souto. Asesores: María de Miguel e José Manuel Pérez Garrido.

Pola parte social: por UGT: Concepción López Caride. Por CC.OO.: José Gómez. Por FETICO: Concepción Rodríguez Salgado. Por USO: Modesto Amorín Fernández.

Iniciada a reunión, as partes acordan proceder á actualización dos conceptos económicos do convenio para o segundo ano e vixencia, conforme as condicións pactadas no artigo 10 do texto, que establece literalmente que: «Para 2005, o incremento salarial será a porcentaxe que resulte de sumar ao IPC real resultante o 31 de decembro de 2004+1%, unha vez que este sexa constatado polo INE. Este incremento tamén se aplicará sobre as axudas de custo e a gratificación de actividade».

Sendo o IPC real de 2004 o 3,2% procédese á actualización dos referidos conceptos no 4,2%, resultando as seguintes cantidades:

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A contía destas será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 34,58 euros.

-Xantar: 12,96 euros

-Cea: 8,64 euros.

-Almorzo: 2,60 euros.

Ou ben, mediante acordo coa empresa, utilizando o sistema de gastos para xustificar.

Artigo 20º.-Gratificación de actividade.

Todos os traballadores percibirán en concepto de gratificación de actividade a cantidade de 44,33 euros mensuais, aplicándose a citada cantidade en 12 mensualidades.

Táboa salarial 2005

GrupoCategoríasSalario

base

Salario

anual

I.A)Director886,29 A13.294,35 A

I.B)Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras830,91 A12.463,65 A

I.C) Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro.775,48 A11.632,20 A

II.A)Xefe de almacén; xefe de supermercado; xefe de sección.731,19 A10.967,85 A

II.B)Analista, responsable de expedición, recepcionista.720,95 A10.814,25 A

II.C)Oficial administrativo, programador697,94 A10.469,10 A

III.A)Mecánico, electricista, oficial de 1ª chofer, operador informática, capataz, viaxante675,82 A10.137,30 A

III.B)Dependente, oficial de 2ª chofer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar administrativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado:642,57 A9.638,55 A

GrupoCategoríasSalario

base

Salario

anual

III.C)Telefonista, mozo de repartición, mozo repoñedor; oficial de 3ª, axudante, persoal de limpeza620,41 A9.306,15 A

E sen máis puntos que tratar levántase a sesión cando son as 12.30 horas no mesmo lugar e día establecido ao inicio, levantándose para o efecto a presente acta, que en proba de conformidade asinan os presentes por sextuplicado exemplar.