DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2005 Páx. 10.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 9 de xuño de 2005 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das prórrogas de bolsas para realizar estudos de doutoramento convocadas no anexo I da Orde do 29 de abril de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 10 de maio).

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 29 de abril de 2005, convocáronse as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores, do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2005.

No artigo oitavo da devandita orde fíxase o prazo de presentación de solicitudes en 40 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

No anexo I da dita orde convócanse as prórrogas de bolsas para realizar estudos de doutoramento, requiríndose entre os documentos para achegar polos solicitantes a certificación académica de ter superados os créditos do primeiro ano de estudos de terceiro ciclo. Tendo en conta que na data de peche da convocatoria as universidades aínda non disporán das correspondentes actas, faise preciso ampliar o prazo de presentación destas solicitudes. En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar en 20 días naturais o prazo de presentación das solicitudes correspondentes ás prórrogas de bolsas para realizar estudos de doutoramento convocadas no anexo I da Orde do 29 de abril de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 10 de maio).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL