DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2005 Páx. 10.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2004-2005, e se ditan instrucións acerca da realización das probas correspondentes.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 13 de abril de 2005, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2004-2005 (Diario Oficial de Galicia do 21 de abril), e de conformidade co establecido no artigo sexto desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

I. Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

II. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos.

1. As probas celebraranse o día 21 de xuño de 2005 de acordo co seguinte horario:

9.30 horas, presentación dos candidatos.

10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

-IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase s/n, A Coruña.

Provincia de Lugo:

-IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

-IES As Lagoas. Rúa Eduardo Blanco Amor, nº 2, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

-IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos.

1. Os candidatos deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o IES en que se encontre o seu expediente académico.

2. Para a realización das probas os candidatos acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2005.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

Tribunal:

Presidente:

Alberto González Armesto, director xeral de Centros e Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.

Secretario:

Gonzalo Sanmartín Brey, xefe do Servizo de Planificación Educativa.

Vogais:

María Luisa Calderón Fernández, profesora de ensino secundario.

José Manuel Facal Díaz, profesor de ensino secundario.

Lila Beatriz Mosquera Pérez, profesora de ensino secundario.

Emilio Pérez Sánchez, inspector de educación.

María Estrella Piñeiro Lorenzo, profesora de ensino secundario.

Belén Santos Lago, profesora de ensino secundario.

José Francisco Serrallé Marzoa, profesor de ensino secundario.

Xesús Valcárcel López, profesor de ensino secundario.