DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2005 Páx. 10.387

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de maio de 2005 pola que se declara a alienabilidade dun inmoble na rúa Valle Inclán número 14, de Monforte de Lemos (Lugo).

Polo Decreto 131/2005, do 12 de maio (DOG nº 100, do 26 de maio), desafectouse un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 3317/1982, modificado polo Real decreto 2708/1983, sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a seguir:

Edificio de planta baixa con dous almacéns anexos, cun total construído de 314 m, asentado sobre un soar de 372 m de superficie, situado no punto quilométrico 115,75 da estrada C-533, hoxe rúa Valle Inclán, nº 14, da vila e municipio de Monforte de Lemos (Lugo). Estrema: norte, estrada de situación, rúa Valle Inclán; sur, con terreo de Herminio Quiroga Vázquez (r/ Eduardo Pondal,13) e con terreo da Diócese de Lugo (r/ Eduardo Pondal, 15); leste, con casa de Josefa Gómez Vázquez (r/ Valle Inclán, 16); e oeste, con casa de Alfredo Paradiñeiro Paradiñeiro (r/ Valle Inclán, 12).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 768, libro 322, folio 29, predio nº 32829, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2005.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda