DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2005 Páx. 10.315

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 13 de xuño de 2005 pola que se acorda o inicio de oficio do procedemento de autorización de novas oficinas de farmacia.

A Lei galega 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, modificada pola Lei 4/2005, do 17 de marzo, establece os principios xerais para a ordenación das oficinas de farmacia dada a súa condición de establecementos sanitarios de interese público e a necesidade de lle garantir á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia unha atención farmacéutica conveniente, oportuna e eficiente.

O necesario desenvolvemento regulamentario da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia, no relativo aos requisitos e condicións que permitan poder utilizar a planificación das oficinas de farmacia como medio de aproximar a atención farmacéutica á poboación e aumentar a súa eficiencia, así como dos diferentes procedementos de autorización administrativa previa aos que estarán suxeitas as oficinas de farmacia, motivou a aprobación do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia.

No título I do devandito decreto establécense os criterios de planificación coa finalidade de que esta se axuste ás características demográficas e xeográficas existentes na actualidade nesta comunidade autónoma. Así mesmo, prevense situacións de planificación que posibiliten a apertura de oficinas de farmacia en zonas e casos especiais e/ou excepcionais que así o aconsellen. Neste mesmo título regúlanse as distancias que deberán gardar as oficinas de farmacia entre elas e cos centros sanitarios públicos, xa sexa por razón de nova apertura ou por traslado, fixándose as pautas para levar a cabo a medición das ditas distancias.

No título II desenvólvese o procedemento de autorización e adxudicación de novas oficinas de farmacia, establecéndose os órganos da Consellería de Sanidade que teñen atribuída a competencia nesta materia, así como o réxime xurídico ao que estará suxeito. No devandito procedemento diferéncianse dúas fases, unha primeira de iniciación do procedemento e autorización de apertura e unha segunda de adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Dentro da primeira fase, o artigo 17 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, establece que a Consellería de Sanidade poderá iniciar de oficio o procedemento para a autorización de novas oficinas de farmacia de acordo cos criterios de planificación previstos neste decreto e seguindo o establecido nos seus artigos 18 e seguintes.

Así mesmo, esta primeira fase permitirá a actualización do mapa farmacéutico, aprobado polo

Decreto 278/2002, do 12 de setembro, do mapa farmacéutico e delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme a módulos de poboación.

Por todo o antedito, e co obxecto de alcanzar estes fins, no uso das facultades que me confiren o artigo 36.4º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,

DISPOÑO:

1. Iníciase de oficio o procedemento para a autorización de novas oficinas de farmacia de acordo cos criterios de planificación establecidos no Decreto 146/2001, do 7 de xuño, e segundo o establecido nos seus artigos 18 e seguintes.

2. As zonas farmacéuticas ou entidades colectivas de poboación para as que se inicia de oficio o expediente de autorización de novas oficinas de farmacia son as que figuran no anexo desta orde.

De acordo co previsto no artigo 19 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, a relación á que se refire o parágrafo anterior farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Sanidade e nos das súas delegacións provinciais.

3. De conformidade co artigo 20 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, porase de manifesto o expediente aos farmacéuticos titulares dunha oficina de farmacia existente na mesma zona farmacéutica, ao correspondente colexio oficial de farmacéuticos e ao concello no que se situaría cada oficina de farmacia, no caso de ser autorizada, para que nun prazo de quince días aleguen e presenten os documentos que coiden convenientes.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de consulta do expediente nas dependencias da Consellería de Sanidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da Consellería de Sanidade para adoptar as medidas adecuadas en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2005.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

ProvinciaÁrea de

saúde

Zona farmacéuticaParroquias

A CoruñaA CoruñaArteixoArteixo (Santiago)

A CoruñaA CoruñaArteixoPastoriza (Santa María)

ProvinciaÁrea de

saúde

Zona farmacéuticaParroquias

A CoruñaA CoruñaArteixoOseiro (San Tirso)

A CoruñaA CoruñaBetanzosBetanzos

A CoruñaA CoruñaBetanzosBetanzos

A CoruñaA CoruñaCambreO Temple (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaCambreO Temple (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaCambreCambre (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaCarballoCarballo (San Xoán)

A CoruñaA CoruñaCarballoBértoa (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaCoristancoSeavia (San Mamede)

A CoruñaA CoruñaCulleredoRutis (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaCulleredoO Burgo (Santiago)

A CoruñaA CoruñaCulleredoO Burgo (Santiago)

A CoruñaA CoruñaCulleredoAlmeiras (San Xián)

A CoruñaA CoruñaLaxeLaxe (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaMalpica de BergantiñosMalpica de B. (San Xulián)

A CoruñaA CoruñaMuxíaOzón (San Martiño)

A CoruñaA CoruñaOleirosLiáns (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaOleirosPerillo (Sta. Locaia)

A CoruñaA CoruñaOleirosDexo (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaOleirosIñas (San Xorxe)

A CoruñaA CoruñaOleirosMaianca (San Cosme)

A CoruñaA CoruñaPontecesoCospindo (San Tirso)

A CoruñaA CoruñaSadaSada (Sta. María)

A CoruñaA CoruñaVimianzoCarantoña (San Martiño)

A CoruñaA CoruñaZasMeaños (San Martiño)

A CoruñaFerrolAresAres (San José)

A CoruñaFerrolNarónXuvia (San Martiño)

A CoruñaFerrolNarónXuvia (N.S, dos Desamparados)

A CoruñaFerrolNarónXuvia (Santiago)

A CoruñaFerrolNedaNeda (Sta. María)

A CoruñaFerrolPontedeumePontedeume (Santiago)

A CoruñaFerrolPontedeumeVilar (San Pedro)

A CoruñaFerrolAs Pontes de García RodríguezAs Pontes de García Rodríguez

A CoruñaFerrolAs Pontes de García RodríguezAs Pontes de García Rodríguez

A CoruñaSantiagoAmesBiduido (Santa María)

A CoruñaSantiagoAmesBugallido (San Pedro)

A CoruñaSantiagoAmesAmes (Santo Tomé)

A CoruñaSantiagoBriónBastavales (San Xulian)

A CoruñaSantiagoLousameTállara (San Pedro)

A CoruñaSantiagoMelideMelide (San Pedro)

A CoruñaSantiagoNoiaBarro (Sta. María)

A CoruñaSantiagoPadrónCruces (Sta. María)

A CoruñaSantiagoA Pobra do CaramiñalO Xobre (Santa María)

A CoruñaSantiagoA Pobra do CaramiñalLesón (Sta. Cruz)

A CoruñaSantiagoRibeiraCarreira (San Paio)

A CoruñaSantiagoTeoCacheiras (S. Simón de Ons)

A CoruñaSantiagoTeoOs Tilos (S. Fco. de Asis)

A CoruñaSantiagoTordoiaBardaos (Sta. María)

LugoLugo centroVilalbaSancovade (Santiago)

LugoLugo centroVilalbaVilalba (Sta. María)

LugoLugo centroCastro de ReiTriabá (San Pedro)

LugoLugo centroCospeitoGoá (San Xurxo)

LugoLugo centroFriolCondes (San Martiño)

LugoLugo centroGuitirizLagostelle (San Xoán)

LugoLugo centroNegueira de MuñizNegueira (San Salvador)

LugoLugo centroOuteiro de ReiGuillar (San Martiño)

LugoLugo norteBurelaBurela (Sta. María)

LugoLugo norteBurelaBurela (Sta. María)

LugoLugo norteFozFoz (Santiago)

LugoLugo norteFozFoz (Santiago)

LugoLugo norteXoveA Rigueira (San Miguel)

LugoLugo surChantadaChantada (Sta. Mariña)

OurenseOurenseBarbadásA Valenzá (San Bernabeu)

OurenseOurenseBarbadásBarbadás (san Xoan)

OurenseOurenseBarbadásPiñor (San Lourenzo)

OurenseOurenseO Barco de ValdeorrasO Barco (San Amaro)

OurenseOurenseO CarballiñoO Carballiño (San Cibrao)

ProvinciaÁrea de

saúde

Zona farmacéuticaParroquias

OurenseOurenseO Pereiro de AguiarMoreiras (Sta. Marta)

OurenseOurenseRibadaviaRibadavia (San Domingos)

OurenseOurenseVerínVerín (Sta. María a Maior)

OurenseOurenseXinzo de LimiaXinzo de Limia (Sta. Mariña)

OurenseOurenseXinzo de LimiaXinzo de Limia (Sta. Mariña)

PontevedraO SalnésA Illa de ArousaIlla de Arousa (San Xulian)

PontevedraO SalnésRibadumiaBarrantes (Santo André)

PontevedraPontevedraAgoladaVentosa (San Xulián)

PontevedraPontevedraCaldas de ReisSaiar

PontevedraPontevedraMarínMogor /San Xurxo

PontevedraPontevedraRodeiroCarboentes (Santo Estevo)

PontevedraPontevedraSilledaEscuadro (San Salvador)

PontevedraPontevedraVilaboaCobres (Santo Adrán)

PontevedraVigoMondarizRiofrío (San Miguel)

PontevedraVigoNigránNigrán (San Fiz)

PontevedraVigoBaionaBaiña (Sta. Mariña)

PontevedraVigoMoañaTirán (San Xoán)

PontevedraVigoPonteareasPonteareas (San Miguel)

PontevedraVigoPonteareasXinzo (Sta. Mariña)

PontevedraVigoRedondelaChapela (San Fausto)

PontevedraVigoRedondelaCedeira (Santo Andrés)

PontevedraVigoO RosalTabagón (San Miguel)

PontevedraVigoSalceda de CaselasParderrubias (Santo Tomé)