Con data do 9 de marzo de 2005, publicouse a Orde do 1 de marzo de 2005 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para o curso 2005/2006.
Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola delegada provincial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida e a tarifa correspondente a cada caso.
Estas reclamacións enténdense resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar tanto nos respectivos centros como nas delegacións provinciais da consellería, DOG, e páxina web da Dirección Xeral de Familia:
(www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm)
Os solicitantes admitidos dispoñen dun prazo de 10 días a partir da publicación da admisión para
confirmaren a súa praza, presentando certificado médico do/a neno/a nas delegacións provinciais desta consellería, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, teráse por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.
Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, no prazo dun mes que comezará a contar desde a publicación desta resolución.
A Coruña, 11 de maio de 2005.
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña