DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2005 Páx. 10.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 154/2005, do 26 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de terminación do acceso á igrexa de Vilalonga (termo municipal de Sanxenxo).

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día trinta de xuño de dous mil catro, aprobou o proxecto de terminación do acceso á igrexa de Vilalonga e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, na mencionada vía lévanse realizando diversas actuacións, consistentes no alargamento da vía, ademais de aparcadoiros e beirarrúas; as devanditas actuacións realizáronse en diversos tramos, quedando pendente de actuar sobre un tramo da vía, polo que se fai necesaria a súa terminación co fin de evitar o efecto de funil que se está a provocar e acometer así mesmo o alargamento da calzada e a continuación das beirarrúas, co obxecto de garantir a seguridade vial e dos peóns, nunha estrada cun elevado tráfico, polo que a actuación reduciría o risco de accidentes de tráfico nun futuro.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Pontevedra para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de terminación do acceso á igrexa de Vilalonga, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obter

as autorizacións que foran necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ao inicio das obras.

Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO