DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2005 Páx. 10.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 152/2005, do 26 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 387 Plan Operativo Local 2004 Ribas de Sil-San Clodio-Alto da Cruz da Moa, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,35-1,35 (termo municipal de Ribas de Sil).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinte e sete de agosto de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 387 Plan Ope

rativo Local 2004 Ribas de Sil-San Clodio-Alto da Cruz da Moa, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,35-1,35 e, na sesión do vinte e oito de febreiro de dous mil cinco, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuacion é necesaria por ser unha vía cun trazado caracterizado por unha calzada moi estreita e de curvas perigosas, polo que o seu alargamento e mellora suporía unha maior seguridade para o tráfico vial e evitaría os perigos que a actual vía supón, dado que constitúe unha estrada moi transitada debido á proximidade da estación do ferrocarril e ao municipio de Quiroga.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra nº 387 Plan Operativo Local 2004 Ribas de Sil-San Clodio-Alto da Cruz da Moa, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,35-1,35, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obter as autorizacións que fosen necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ao inicio das obras.

Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local