DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2005 Páx. 10.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan catro cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios para alumnos de centros de formación agraria.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

Por outra parte, o artigo 6 número 3º da orde prevé a posibilidade de validar algunhas das unidades didácticas das que consta o curso se estas se superasen na formación profesional, debendo, se é o caso, cursar as restantes materias das que consta o curso para poder presentarse á proba de avaliación correspondente.

Nos centros de Formación e Experimentación Agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e nos Institutos de Formación Profesional da rama agraria impártense ciclos formativos da familia agraria nas especialidades agraria ou forestal, e ciclos formativos de grao medio, nas que o alumno debe superar un temario sobre métodos de control fitosanitario; en consecuencia, os alumnos que superasen eses estudos poderán realizar un curso no que se incidirá nos aspectos normativos e lexislación vixente ao respecto, co fin de complementar as ensinanzas recibidas, podendo deste xeito superar o curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico, nun número de horas inferior a aqueles alumnos que non sexan titulados técnicos da rama agraria.

En consecuencia, anúnciase a realización de varios cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios que terán lugar nos Centros de Formación e Experimentación Agraria e nos IFP da rama agraria de acordo coas seguintes bases:

1. Clase e número de cursos que se van impartir.

Catro cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico.

2. Datos dos centros organizadores.

O organizador destes cursos será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos e destinatarios dos cursos.

Impartir unha formación complementaria á cursada polos alumnos que superasen os cursos de capataz agrícola nas especialidades agrícola ou forestal, ou os ciclos formativos de grao medio impartidos

en centros de Formación e Experimentación Agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e nos IFP da rama agraria de Galicia, que vaian manipular ou realizar tratamentos con produtos fitosanitarios, co obxecto de que poidan obter o carné de manipulador destes produtos de nivel básico, que os capacite para exercer a actividade de aplicador de praguicidas.

4. Nº de prazas e criterios de selección.

O número de alumnos que poderán participar por curso será o de matriculados no centro que cumpran os requisitos e que teñan, polo menos, 18 anos.

A estes cursos soamente poderán asistir os alumnos matriculados neste curso e que superasen o ciclos formativos de grao medio nas especialidades de explotacións agrícolas intensivas, xardinaría, explotacións agrarias extensivas ou a de traballos forestais e conservación do medio natural.

5. Realización.

Os centros, lugares e datas de realización dos cursos son os que figuran a continuación:

CENTROENDEREZONº DE

CURSOS

REALIZACIÓN

CFEAPENA DO PICO-BECERREÁ

(LUGO)

1OUTUBRO

CFEASERGUDE-BOQUEIXÓN

(A CORUÑA)

1OUTUBRO

CFEALOURIZÁN

(PONTEVEDRA)

1OUTUBRO

IFP «A GRANXA»PONTEAREAS1NOVEMBRO

Duración e horario:

O curso constará dun total de 9 horas lectivas, 6 horas de teoría e 3 de clases prácticas.

O horario dos cursos será das 9.30 ás 14.15 horas e das 16 ás 18 horas na primeira xornada, e das 9.30 ás 13.30 horas a segunda xornada.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo I.

7. Coordinador técnica do curso.

A coordinación do curso realizarase polo persoal dos centros impartidores.

8. Solicitudes e inscrición.

Os alumnos de un IES matriculados neste curso nun ciclo formativo dos indicados que estean interesados en acudir a estes cursos deberán inscribirse no CFEA ou IFP achegando a seguinte documentación: fotocopia do DNI, certificado de ter superado o ciclo formativo, xustificante de pagamento da taxa de inscrición (modelo A) por importe de 8,12 A, e duas fotografías tamaño carné nun sobre pechado e rotulado co nome, apelidos e DNI do interesado/a.

O centro presentará ao CFITAG a relación dos alumnos que participaran no curso co nº do DNI e título obtido ou solicitado.

9. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Rematado este, os organizadores realizarán

as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e, no caso de superalas expedirase o certificado e o carné de manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico, que é o único documento válido para poder exercer a actividade a nivel nacional e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2005.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Programa do curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico, para titulados dos centros de Formación e Experimentación Agraria e institutos de Formación Profesional da rama agraria:

1. Praguicidas: descrición e xeralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica de protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde; primeiros auxilios no caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evitar os riscos do uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 9.