DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2005 Páx. 10.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 3 de xuño de 2005 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas destinadas á realización de programas de planificación zoosanitaria reguladas pola Orde do 7 de xaneiro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.

A Orde do 7 de xaneiro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia (DOG nº 6 do 11 de xaneiro), regula e convoca, entre outras, axudas destinadas á realización de programas de planificación zoosanitaria.

Á vista das solicitudes recibidas ao abeiro desta orde é preciso incrementar a dotación económica prevista inicialmente para afrontar o gasto correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle no artigo 13 da Orde desta consellería do 7 de xaneiro de 2005 pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia (DOG nº 6 do 11 de xaneiro), tal como se detalla a seguir:

A dotación inicial da aplicación orzamentaria 09.03.613-A.770.1 (2.721.760 euros), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, modifícase para o financiamento das axudas recollidas no artigo 15 incrementándose en 1.081.053,87 euros para programas de prevención sanitaria.

Segundo.-Estas modificacións non afectan ao prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axudas na dita orde do 7 de xaneiro de 2005.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural