DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2005 Páx. 10.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 6 de xuño de 2005 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións do Instituto Enerxético de Galicia.

A lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, establece as obrigas de que os prezos privados os fixen as consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e de que tales prezos se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento deste mandato legal, e unha vez emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas polo Instituto Enerxético de Galicia que se consignan no anexo desta orde.

2. No prezo atópase incluído o imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio ANEXO

-Estudo de optimización enerxética no sector conserveiro en Galicia: 9 euros.-Enerxía solar térmica na Comunidade Autónoma de Galicia: 3 euros.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL